Você está na página 1de 3

na defensa

do patrimonio
industrial
do concello de
Cangas
A riqueza do patrimonio industrial cangués
A tradición de salgar o peixe, ou empregar calquera outro método para
o conservar comestible durante máis tempo, vén de vello. En Pinténs, no
Hío, foron atopadas 3 piscinas da época romana dedicadas a salgadura do
peixe. E nesa mesma beira oeste da ría de Aldán xa no século XVIII había
unha actividade industrial importante, como en moitos outros recantos do
noso impresionante litoral. Un ronsel de factorías nas que a actividade foi
primeiro a salgadura do peixe, desprazada a comezos do século XX pola
industria conserveira. Dentro desta, sen dúbida a instalación do complexo
conserveiro de Massó no 1939, coa que era na altura a meirande fábrica de
conservas de Europa, supuxo un fito histórico que xa por si só merecería
ser o eixo dun programa de recuperación.
Pero é que hai máis. Moito máis.
Sen saír do Salgueirón temos a Baleeira, unha das 3 únicas que existi-
ron no país e mais a fábrica da Congorza. E hai factorías en Rodeira, en
Ameixide, na Alada en Vilanova, en Couso, en Temperáns, en Nerga, es-
tán as naves de Ojea, ..., quizais sexamos o concello con máis patrimonio
marítimo-industrial da Península Ibérica pero hai quen non entende máis
que de praias inzadas de bandeiriñas azuis, -esas que xa non queren os
veciños, conscientes do que traen consigo-, cando ten que promocionar o
concello. Son os mesmos que dubidan entre o abandono, o derrubo ou a
manobra especulativa cando pensan no futuro deste patrimonio industrial .
A nosa proposta
Fronte a estas posicións entre infantís e interesadas, a Alternativa Can-
guesa de Esquerdas propón a creación dun plan de recuperación de todo
o patrimonio industrial espallado polo noso litoral. Primeiramente para fa-
celo visible. Para situalo no mapa. Para que a propia veciñanza de Cangas
coñeza o seu pasado, comesto agora polas silveiras e os voitres da espe-
culación, e poida construír dende el o seu futuro. É moi importante a con-
servación e posta en valor de todos estes espazos para os dotar dun uso
social, un uso cultural e tamén un uso económico.
A nosa proposta pasa pola realización dun estudo previo que analice a si-
tuación de cada unha das factorías, acompañado dun tratamento específico
no PXOM que as protexa da especulación. Tras o que chegaría o momento
de abrir un proceso de diálogo con asociacións e colectivos veciñais para
definir os usos que se lles podería dar a aquelas industrias que pasasen ao
dominio público e cos concesionarios, no caso daquelas instalacións que
manteñan a concesión vixente, para que orienten a súa actividade baixo
criterios de sustentabilidade e respecto do patrimonio.
Ti decides. Chegou o tempo de rebelarse e demostrarlles que si hai alterna-
tiva. Chegou a hora de deixarlles claro que dicir NON á fórmula ladrillo+praia
non é estar contra o progreso. Todo o contrario. É apostar polas fórmulas
sustentables, asentadas na tradición, que demostran ser as que avanzan.
As que progresan.
Cangas debe avanzar sempre construíndo sobre a preservación do seu pa-
sado. De ti depende que o faga.

Você também pode gostar