Você está na página 1de 8

III.

O significado: morfemas e palabras no marco da referencia nominal


1. Categorías de xénero e número

1. Xénero e número nos substantivos


1.1. O xénero
O xénero é nos substantivos un trazo combinatorio que determina que as
palabras con xénero relacionadas con eles concorden cos mesmos. Na maioría dos
substantivos o xénero non é morfema. Este trazo pode ser:
1) Un clasificador, como ocorre na maioría dos substantivos, é dicir, serve só
para dividir os substantivos en clases de xénero masculino e feminino
(asociados de forma xeral a determinadas terminacións).
2) Unha categoría gramatical fundada no criterio semántico de ‘sexo’ polo que
nela hai dous membros opositivos que se expresan mediante morfos de
xénero.

1) Oposición de xénero
1) OPOSICIÓN E NEUTRALIZACIÓN:
a) Oposición: a categoría gramatical de xénero só se pode aplicar, polo
tanto, a seres con diferenza de sexo. Porén, na lingua non se dá unha
correspondencia exacta entre o xénero natural e a súa gramaticalización,
pero nos casos nos que se dá oposición na lingua funciona sen restricións
(o sexo feminino sempre é denotado por un feminino gramatical, o mesmo
có masculino).
b) Neutralización: dáse en palabras nas que hai unha soa forma para os dous
sexos, de xeito que o xénero masculino fica neutralizado. Son os
substantivos tradicionalmente denominados epicenos (salmón, lince).

2) O XÉNERO COMO DISTINGUIDOR LÉXICO: na lingua poden darse


emparellamentos formais entre substantivos masculinos e femininos sen que
teñan unha relación opositiva entre si, nestes casos o xénero actúa como
distinguidor léxico, que pode ser:
a) Redundante, xa que é posible que se dean varias asociacións e
combinacións de temas e xéneros sen que se dea oposición entre os
substantivos emparellados. Nestes casos o xénero é un distinguidor léxico
redundande porque os elementos distintivos son realmente os fonemas. O
cambio pode darse:
→ Dentro dun mesmo xénero (leite, leito; fame, fama).
→ Mudando de xénero (testemuño, testemuña).
→ Asociándose máis de dúas palabras (pan, pano, pana).
b) Pertinente, naquelas palabras que coinciden totalmente na súa expresión
fónica: o capital vs. a capital, o cólera vs. a cólera, o editorial vs. a
editorial, etc.

3) VALORES DOS TERMOS EXTENSIVO E INTENSIVO DA OPOSICIÓN:


a) O termo feminino, intensivo ou marcado, significa sempre ‘sexo
feminino’, pero o masculino, extensivo ou non marcado, pode significar
‘sexo masculino’ ou indiferenza á oposición (‘sexo masculino e/ou
feminino’). Este uso do masculino pode facer referencia a todos ‘machos’,
todos ‘femias’ ou a todos ‘machos e femias’.
b) O feminino pode ser ocasionalmente o termo non marcado: galiña, vaca,
ovella, cabra, besta, etc.
1 Morfoloxía galega
2008/2009
USC
III. O significado: morfemas e palabras no marco da referencia nominal
1. Categorías de xénero e número

c) Actualmente dáse unha tendencia en expansión a usar o masculino e o


feminino para referise a persoas dos dous sexos, de xeito que se deixa de
empregar o masculino para referirse aos dous.
d) En moitos títulos, dignidades cargos ou oficios o cónxuxe adquire
mediante o matrimonio os mesmos. Esta é unha tendencia en retroceso.
2) Xénero e a formación de palabras en substantivos non animados
1) TIPO A POLICÍA / O POLICÍA: son emparellamentos nos que a diferenza
semántica dá lugar a un cambio de clase de xénero, pero sen oposición (a
trompeta, o trompeta; a magnolia, o magnolio). Así, o xénero é só un
distinguidor léxico, redundante ou pertinente, de palabras relacionadas por
derivación.

2) TIPOS OVO / OVA, SACHO / SACHA: son substantivos procedentes de neutros


latinos, de xeito que dunha mesma palabra latina temos en galego unha forma
masculina procedente do singular latino, e unha feminina procedente do
plural. Pódense dar varios casos:
a) As acepcións de conxuntou ou totalidade que tiña o neutro latino:
→ Perdéronse nalgúns casos (marabilla, cereixa).
→ Mantivéronse noutros casos, usándose os termos só en plural (entrañas,
escaleiras).
b) Nos substantivos galegos mantense unha relación semántica de individual
(masculino) / colectivo (feminino) á que se suman outros trazos léxicos:
corno, corna; brazo, braza, etc.
c) O feminino pasa a ter o significado de individual máis extenso (froito,
froita), de xeito que se crea unha relación na que o masculino designa unha
realidade de menor dimensión e o feminino de maior dimensión (horto,
horta; dedo, deda; río, ría; madeiro, madeira). Estas relacións poden ser de
diferentes tipos:
→ Ferramentas ou apeiros de labranza: tamaño do instrumento (mazo,
maza; forcado, forcada; gadaña, gadaño).
→ Obxectos que teñen algún tipo de oco: tamaño interno (cubo, cuba;
xerro, xerra; cesto, cesta; saco, saca; bolso, bolsa; zoco, zoca; pozo,
poza).
→ Extensión (anchura): (chouso, chousa; horto, horta; manto, manta; río,
ría).
→ Diferenzas máis especializadas nas que case non se relacionan os
membros entre si respecto ao tamaño, malia teren a mesma procedencia.

Estamos polo tanto perante relacións de tipo derivativo, que non teñen que ver
coas existentes entre o membros da categoría de xénero xa que:
- Non hai unha relación opositiva entre ‘sexo masculino’ e ‘sexo feminino’,
polo que tampouco atopamos un membro extensivo e outro intensivo.
- Teñen unha morfoloxía particular.

2 Morfoloxía galega
2008/2009
USC
III. O significado: morfemas e palabras no marco da referencia nominal
1. Categorías de xénero e número

1.2. O número
A categoría de número expresa ‘cuantificación’ en diferentes sentidos e
é a única determinación obrigada na maioría dos substantivos comúns.
1) Significado e acepcións
1) O MORFEMA DE PLURAL é o termo intensivo, co significado de ‘pluralidade,
máis dun’:
a) En substantivos descontinuos, nos que o plural é habitual, este expresa
membros ou tipos (bolígrafos, paxaros).
b) En substantivos continuos, nos que o plural é infrecuente, o plural expresa
sempre tipos (aceites, arroces).
2) O SINGULAR é o termo extensivo que, ademais do significado opositivo de
‘singularidade’ ten tamén o de ‘indiferenza á oposición de número’. Pode
ter varias realizacións dependentes da clase de substantivo:
a) ‘singularidade, un’:
→ Substantivos descontinuos: referencia a un membro da clase designada
polo substantivo (aquela cana de pescar).
→ Substantivos continuos: referencia a un tipo da clase (madeira de
importación).
b) Cantidade indeterminada en sentido ‘proporcional ou de
intensificación’, nos que o singular por si mesmo non expresa ningunha
cuantificación e esta pode ser especificada por cuantificadores en singular:
→ Substantivos continuos concretos: porción (bebe leite).
→ Substantivos continuos abstractos: intensidade (pouca paciencia).
c) Usos referidos á clase (indirectamente aos membros, ás porcións ou aos
tipos):
→ Substantivos descontinuos: referencia a tódolos membros da clase (o
gato ten sona de animal falso).
→ Substantivos continuos: ausencia de segmentación interna á clase
(gústame o zume de laranxa).
d) Usos de cuantificadores en singular con substantivos continuos (con
significado de pluralidade) derivados do carácter non marcado do singular
(alí hai moita cousa que ver).
e) Sentido secundario de pluralidade o uso do singular para obxectos
atribuídos a cada membro dun grupo (colgade o abrigo na percha).

2) Neutralización da oposición
1) SUBSTANTIVOS QUE SE USAN SEMPRE OU CASE SEMPRE EN PLURAL:
angarellas, nupcias, cóxegas, exequias, etc.

2) Substantivos que se usan SÓ EN PLURAL OU TAMÉN EN SINGULAR de xeito


máis ou menos LIBRE (alicerce, alicerces; cimento, cimentos), frecuentes en:
a) Obxectos formados por dúas pezas (prismático, prismáticos; tesoira,
tesoiras; alicate, alicates; pantalón, pantalóns). Nos casos nos que as pezas
son separables e numerables hai oposición de número, pero o plural pode
ter en moitas ocasións acepción de ‘par’ (ollos, calcetíns, zapatos).
b) Realidades análogas, nas que os substantivos están neutralizados e só se
usan en plural (antellos, cirolas).
3 Morfoloxía galega
2008/2009
USC
III. O significado: morfemas e palabras no marco da referencia nominal
1. Categorías de xénero e número

3) SUBSTANTIVOS CON NEUTRALIZACIÓN de número que COINCIDEN NA


EXPRESIÓN con outros de significado diferente e que teñen oposición, pero
sen ter entre eles relación opositiva: esposa(s) ‘mulleres’, esposas ‘obxecto’.

1.3. Xénero e número nos adxectivos


O xénero e número do adxectivo está rexido polo substantivo do que
depende. As funcións do xénero e número nos adxectivos poden ser:
1) CLASIFICADORA: o xénero e o número carecen de valor funcional respecto
do significado lexemático do adxectivo. Os adxectivos pódense clasificar así
do seguinte xeito:
2 clases xenéricas e numéricas alto alta altos altas
1 clase xenérica e 2 numéricas leal leais
1 clase xenérica e 1 numérica larafuzas

2) REXIDA POLO SUBSTANTIVO:


a) Se o xénero é un clasificador do substantivo, a clase xenérica do adxectivo
manifestará o xénero do substantivo, pero este inclúese nunha clase de
xénero masculina ou feminina porque existen marcas diferenciadas nos
adxectivos, artigos, pronomes e participios.
b) Se o substantivo ten categoría de xénero as marcas de xénero e número do
adxectivo forman parte dun morfema descontinuo de xénero e número do
substantivo, que poden ser redundantes (nenos indefensos) ou pertinentes.
3) EXPRESIÓN DUNHA RELACIÓN SINTÁCTICO – SEMÁNTICA entre o adxectivo e
o substantivo:
a) Na FN, como Mod. (ríos inmensos).
b) Na O como Atr. (aqueles días eran estupendos) ou como CPvo. (tiña
negro o cabelo).

2. Artigo e pronomes determinantes


2.1. Paradigma do artigo
1) O paradigma do artigo está FORMADO por:
a) Artigo determinado (o, a, os, as).
b) Artigo indeterminado (un, unha, uns, unhas), cuxas formas poden ter
tamén outros significados:
→ En singular pode ser un cuantificador numeral (1).
→ En plural pode significar ‘cantidade pequena’.
2) Tanto a súa PRESENZA coma a súa AUSENCIA co substantivo é significativa.
Así, adoitan ir sen artigo os substantivos continuos en singular (quero pan) e
os descontinuos en plural (comprou mazás), aínda que o adoitan levar en
singular (comprou unha mazá).

2.2. Morfoloxía do artigo


1) O artigo determinado e o indeterminado están compostos polos morfemas de
artigo, xénero e número. Os dous últimos funcional igual ca no adxectivo,
resto de determinantes e pronomes.

4 Morfoloxía galega
2008/2009
USC
III. O significado: morfemas e palabras no marco da referencia nominal
1. Categorías de xénero e número

2) A SEGMENTACIÓN non sempre é doada. Así, cando se producen contraccións


con preposicións ou coa comparativa ca é imposible segmentar o morfema
artigo.
3) No NÚMERO, o morfo de singular carece de realización fónica, mentres que
o de plural é |s|.

2.2.1. Artigo determinado


1) É PROBLEMÁTICO SEGMENTAR os morfos correspondentes ao morfema
artigo e ao morfema xénero, xa que é o mesmo son o que representa á vez os
dous (/o/ ou /a/).
2) O morfema artigo realízase mediante ALOMORFOS EN DISTRIBUCIÓN
COMPLEMENTARIA que dependen da palabra precedente:
a) Primeiro alomorfo ou primeira forma do artigo (o, a, os, as): é a máis
frecuente e os seus contextos de aparición os menos restrinxidos.
b) Segundo alomorfo ou segunda forma do artigo: (lo, lo-s, la, la-s, nos que
-l- pertence tanto ao artigo coma á palabra anterior):
→ O artigo e a palabra anterior deben gardar unha unidade sintáctica.
→ O artigo e a palabra anterior deben formar un mesmo grupo fónico, polo
que a palabra anterior debe rematar en –r ou –s (agás no caso do
adverbio u). Dáse nos seguintes casos:
- Preposicións por e tras.
- Conxunción copulativa (e) máis.
- Formas verbais rematadas en –r ou –s, agás o participio.
- Persoais nos, vos, lles, enclíticos ao verbo.
- Persoa nós, vós + unidade que o determina (xuntouse a nó-los tres).
- Adverbio u.
→ O segundo alomorfo do artigo non aparece en certos casos:
- Por falta de unidade sintáctica: quedamos de vernos o próximo luns ás
nove.
- Porque o suxeito vai posposto ao verbo, caso no que é opcional: a que
hora vai chegar o tren? / a que hora vai chega-lo tren?
c) Terceiro alomorfo ou terceira forma do artigo (o, a, os, as): aparece cando
a palabra anterior é un verbo rematado en –n ou as palabras sen, tamén e
nin. Nestes casos o –n pasa a pronunciarse alveolar.

3) Os ALOMORFOS do ARTIGO e os do persoal P3 e P6 átono acusativo son


semellantes,
a) Cando aparecen nos mesmos contextos a segunda forma do artigo
escríbese con guión e o persoal átono unido á palabra anterior.
b) Nos demais casos a segunda forma do artigo escríbese sempre sen guión.

Nas Normas (2003) só se acepta a representación gráfica da segunda forma do artigo na


escrita tralas preposicións por e u, usando nos demais casos as primeiras formas.

5 Morfoloxía galega
2008/2009
USC
III. O significado: morfemas e palabras no marco da referencia nominal
1. Categorías de xénero e número

2.2.2. Artigo indeterminado


Formas non Morfo xénero Morfo número
Morfo artigo
contractas feminino masculino singular Plural
un, unha,
|un| |a| |Ø| |Ø| |s|
uns, unhas

2.2.3. Contraccións do artigo determinado e indeterminado


1) CONTRAEN CO DETERMINADO E O INDETERMINADO as preposicións con, de e
en.
2) Contraen SÓ CO DETERMINADO a preposición a e a comparativa ca (non ca +
a prep). As representacións escritas poden ser:
a) a: ao(s) / ó(s).
b) ca: ca o(s), ca a(s) / cós, cás.
3) Para que haxa CONTRACCIÓN NA ESCRITA a preposición e o artigo teñen que
formar parte da MESMA UNIDADE SINTÁCTICA, de aí que esta non se dea en:
a) Oracións de infinitivo, xerundio e participio.
b) Cando o artigo é núcleo da frase nominal (quedouse con unha porque eu
tiña moitas).

2.3. Funcións determinativas do artigo


O artigo, tanto o determinado coma o indeterminado, teñen dúas funcións
básicas de referencia nominal:
1) REFERENCIA DE CLASE, cuxa función é de actualización (aínda que pode
haber actualización sen ningún determinante). O indeterminado só se
emprega neste uso en singular.
2) REFERENCIA IDENTIFICADORA:
a) Artigo determinado: funciona como marca de definido para os
interlocutores.
b) Artigo indeterminado: funciona como marca de indefinido para os
receptores, aínda que pode ser definido ou indefinido para o emisor.
eo
2.3.1. Artigo determinado
1) CARECE DE VALOR FUNCIONAL:
a) Cando forma parte de topónimos, antropónimos, alcumes, títulos de
libros, etc. Con todo, nestes casos pode ser relevante para identificar o
xénero e número do nome propio.
b) En construcións coma:
→ Unidades gramaticais compostas: o máis, o cal.
→ Locucións adverbiais: ás veces, ó carón.
→ Ante infinitivos.
→ Noutros sintagmas coma ó que.

2) MARCA DE REFERENCIA DE CLASE acompañando os substantivos, de xeito que


a referencia se dirixe ás características da clase á que se aplica o substantivo
(a xirafa é herbívora). O uso pode ser:
a) Uso xenérico: a clase inclúe todo o que forma parte dela ou o máis típico:
→ Singular: uso segmentador (falou sobre o porco bravo).
6 Morfoloxía galega
2008/2009
USC
III. O significado: morfemas e palabras no marco da referencia nominal
1. Categorías de xénero e número

→ Plural: uso de pluralidade (falou sobre os porcos bravos).


b) Uso non xenérico: interpretable contextualmente cos significados de
número que expresan o singular plural (fun ao circo para ver os leóns;
apareceulle o lobo no camiño).
3) MARCA DE REFERENCIA DEFINIDA, función na que acompaña a substantivos
en singular ou plural nos que a referencia se dirixe aos elementos ou porcións
que integran a clase para marcar que son identificadores para os oíntes. A
identificación consiste só en saber a que entidade se refire o locutor e pode
producirse por tres vías:
a) Contexto extraverbal: retirade a botella da mesa e ao saírdes cerrade a
porta.
b) Contexto verbal: mercou queixo e un molete; o queixo estaba bo, pero o
pan estaba algo reseso.
c) Contexto extraverbal + contexto verbal: xa ves que cerraron as
cafetarías que había antes nesta rúa.

2.3.2. Artigo indeterminado


1) É de USO MÁIS LIMITADO có determinado:
a) É infrecuente con substantivos continuos e cos descontinuos en plural.
b) É necesario cos substantivos continuos en singular.
c) Pode ter valores diferentes aos de artigo:
→ Formas en singular:
- Cuantificadores numerais co significado de ‘1’. Nestes casos poden
xuntarse o significado de indefinido e cuantificador (Mércame un
melón nunha froitería) ou predominar un deles (Mércame un melón
nunha froitería).
- Non son cardinais cando non existe o valor de ‘1’ (unha muller
honrada non fai iso) ou con substantivos continuos e abstractos (ten
unha alegría que non lle colle no corpo).
→ Formas en plural:
- Cuantificadores indefinidos co significado de ‘cantidade pequena’
(tráeme unhas follas).
- Con cardinais expresan ‘aproximación’ (ocorreu hai uns catro
anos).
2) CARECE DE VALOR FUNCIONAL cando forma parte de UNIDADES COMPOSTAS
coma:
a) Cuantificadores: un(s) canto(s), unha(s) canta(s), un(s) pouco(s), unha(s)
pouca(s), un tanto.
b) Identificadores: cada un, cada unha.
3) MARCA DE REFERENCIA DE CLASE só en SINGULAR e de xeito representativo
mediante un dos seus membros e con segmentación interna á clase, de aí
que poida acompañar substantivos continuos (Comprou un pan moi duro) e
ser usado en construcións intensificadoras (Vai un frío!).
a) Casos nos que poden aparecer tanto o determinado coma o
indeterminado: Unha xirafa é un animal herbívoro / A xirafa é un animal
herbívoro.
b) Casos nos que só pode aparecer un dos dous: Merqueino nunha feira do
libro (*merqueino nunha feira dun libro).
7 Morfoloxía galega
2008/2009
USC
III. O significado: morfemas e palabras no marco da referencia nominal
1. Categorías de xénero e número

4) REFERENCIA IDENTIFICADORA acompañando algo indefinido para os


receptores, que pode ser para o emisor definido (usos específicos) ou non
(usos non específicos). Exemplo: Puxen as pernas nunha cadeira (específico)
vs. Tédesme que dar uns libros dos que tendes vós (non específico).

2.4. Características sintácticas do artigo


2.4.1. Artigo indeterminado
1) Pode ser N substituto de FN, asumindo trazos léxicos do substantivo
substituído e podendo constituír el só a FN. Exemplo: Entre as opcións que
tiña escolleu unha que non me gustou.
2) Pode ser N autónomo da FN cando é un feminino de indeterminación, sen
substituír a ningún substantivo e con trazos de substantivo moi vagos.
Exemplo: Fixo o exame e non deu unha.

2.4.2. Artigo determinado


1) N substituto de FN, pero sempre acompañado. Exemplo: A estas mozas non
as coñezo, pero aquelas son as que me presentaches.
2) Núcleo autónomo de FN, pero acompañado. Só é núcleo autónomo cando
se trata dun feminino de indeterminación en expresións fixadas. Exemplo:
Fixo as de Deus.
3) Atribúeselle a función de substantivación de diferentes unidades, pero
nestes casos mantén os trazos de determinante.

8 Morfoloxía galega
2008/2009
USC

Você também pode gostar