Você está na página 1de 5

4.

O teatro na posguerra

1. Etapas
1.1.Ata os anos 60
1) A escrita teatral coma un acto privado: acto de creación individual
comparable á poesía, sen conciencia escénica (os autores non pensan na
escenificación nin manteñen relacións coas compañías teatrais, que neste
momento non existen).
2) Longo proceso de construción textual, de xeito que adoita haber
importantes desfases entre a época de redacción e a de publicación.
3) Dificultade de situar os autores na cronoloxía da literatura
galega, un problema que deriva do anterior. Así, cómpre ter en conta:
a) O momento no que foi escrita a obra.
b) O momento no que foi publicada.
4) Textos non realistas: pretenden transcender a realidade pola
imposibilidade de tratar abertamente os problemas do momento, de xeito
que abordan conflitos existenciais do ser humano.

1.2.Desde os anos 60
1) Incipiente preocupación social:
a) Temas:
→ Falta de liberdade.
→ Perda da identidade.
b) Exploración das posibilidades do teatro como instrumento de intervención
social (como xa acontecera na época das Irmandades da Fala).
c) Preocupación por facer textos coidados e que funcionen na súa
representación.
d) Textos:
→ Acurrados (1961) de Mariñas del Valle.
→ Obras de Manuel María.
2) Acontecementos fundacionais do teatro galego
contemporáneo:
a) Concurso Castelao de Textos de Teatro (1963-1965):
→ Convocado pola agrupación cultural O Galo.
→ Recádanse fondos por medio da “campaña do peso” (pídenlle á xente
un peso para o premio), o cal amosa a implicación social para potenciar
o teatro.
b) Creación de agrupacións culturais:
→ Agrupacións:
 O Galo (Santiago).
 O Facho (A Coruña).
 A Auriense (Ourense).
→ Razóns:
 Momento de certa apertura.
 Son a tapadeira para outras actividades políticas que doutro xeito
non se poderían realizar.

1
Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC
4. O teatro na posguerra

c) Teatro Circo (1967):


→ Primeiro grupo de teatro organizado con vocación de continuidade.
→ Trae a Galiza o espírito do “teatro independente” dos 60 e 70, un teatro
xeralmente vinculado á universidade que nalgúns casos é o xermolo de
compañías profesionais
→ O teatro independente desenvolverase desde 1973 en Abrente.
d) Outros fitos:
→ I Concurso Nacional de Teatro Infantil (1973), promovido pola
agrupación O Facho.
→ Cadernos da Escola Dramática Galega (1978).
→ Primeiras compañías profesionais (1978).

2. Autores
2.1. Cunqueiro
1) Cronoloxía: produción teatral entre os 50 e os 60.
2) Obras: Hamlet e outras.
3) Produción teatral coherente co resto da súa produción
literaria.

2.2.Carvalho Calero
1) Produción teatral coherente co resto da súa literatura, en
especial coa poesía, con elementos recorrentes coma:
a) Cuestión existencial.
b) Figura da muller, como interrogante.
2) Produción extensa e moi variada.
3) Obras:
a) O fillo (1935):
→ Estaba preparada para ser publicada en Nós e 1935.
→ Gaña o Premio Castelao de Teatro do Centro Galego de Bos Aires en
1947.
→ Non se publica ata 1982, no volume que contén as súas obras teatrais
completas.
→ Presenta unha temática mítico-simbólica que será recorrente no resto
das súas pezas teatrais.
b) Isabel: publícase no volume de 1982.
c) A sombra de Orfeu (1948):
→ Aparece no volume Catro pezas (1981).
d) A árbore (1948):
→ Aparece no volume Catro pezas (1981).
→ Peza simbólica sobre o amor:
 Tres personaxes simbólicos: home, muller e árbore (árbore bíblica do
ben e do mal).
 Concepción escéptica e desencantada do amor.
e) O redondel (1951): adaptación dunha peza chinesa.
2
Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC
4. O teatro na posguerra

f) O auto do prisioneiro (1969):


→ Aparece no volume Catro pezas (1981).
→ O autor considéraa coma a máis representativa do seu teatro.
→ Influencias vagas do teatro existencial de Sartre.
→ Angustia existencial do home: conciencia dos seus límites vs. desexo de
transcendencia.
g) A forza das zocas (1948):
→ É a súa peza máis coñecida, pero tamén a menos representativa do seu
teatro xa que a escribe para representala cos seus alumnos do Colexio
Fingoi de Lugo, é dicir, ten só unha finalidade pedagóxica
→ Inspiración popular, pero con elementos que a afastan do realismo e
que a achegan ao teatro épico:
 Elementos metateatrais coma que o apuntador anuncie ao final da
obra que esta rematou.
 Personaxes que se presentan a si mesmos (tamén no teatro chinés).

Despois desta etapa Carvalho Calero abandona a escrita teatral.

2.3. X. Mariñas del Valle


1) Cronoloxía problemática, xa que foi un autor moi lonxevo.
2) Influencias:
a) Valle Inclán.
b) Unamuno.
c) Lorca.
d) Blanco Amor.
e) Pirandello.
3) Liñas:
a) Teatro abstracto e filosófico, preocupado polos grandes temas (morte, paso
do tempo, patria, poder, etc.).
b) Teatro máis poético ou esperpéntico, desenvolto nas farsas e pequenas
pezas dos 60-70.
4) Reflexións teóricas: destaca o discurso de ingreso na Real Academia
Galega, “A importancia do público na revelación teatral” (1978).
5) Obras:
a) A revolta:
→ Obtén o Premio Castelao de Teatro en 1965.
→ Publícase en 1965 no volume A revolta e outras farsas, xuntou con
outras 6 pezas breves que lembran as farsas de Blanco Amor.
→ Drama simbólico que reflicte a situación dun home explotado que ten
tres saídas: a emigración, a morte ou a revolta. Elixe esta última pero
vólvese demasiado violenta, polo que a abandona e fica na mesma
situación ca estaba.
→ Personaxes estereotipados.
→ Espazo e tempo indefinidos.
3
Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC
4. O teatro na posguerra

b) Pezas curtas nos 60-70 publicadas en Grial e nos Cadernos da Escola


Dramática Galega.
c) Ramo cativo (1990):
→ É a súa peza máis sólida.
→ Defínea coma un folcdrama.
→ Escenifica supersticións populares relacionadas coa loucura, a
epilepsia, etc.
→ É unha homenaxe a Valle Inclán no seu centenario e está inspirada en
Flor de santidad.

2.4. Manuel María


1) Teatro extenso, en número de obras e no tempo.
2) “Pezas circunstanciais”: escritas con motivo dalgún acontecemento
(Entremés da OTAN, 1986) ou a petición de diversos colectivos.
3) Dimensión didáctica: claridade na transmisión da mensaxe.
4) Inspiración nas formas dramáticas populares, como acontece no
caso dos autos, nos que os personaxes principais tamén son representativos
dunha colectividade:
a) Auto do taberneiro (1957).
b) Auto do labrego.
c) Auto do mariñeiro.
d) Auto da costureira.
5) Barriga Verde (1968): obra para un público infantil e xuvenil na que
homenaxea ao personaxe de monicreques que percorría as feiras Barriga
Verde.

2.5.Xohana Torres
É autora de:
a) Á outra banda do Iberr (1965).
b) Un hotel de primeira sobre o río (1968).

2.6. Arcadio López Casanova


É o autor de Orestes (1963), unha obra que inaugura unha corrente de
tema mítico vixente ata a actualidade na que destacaría Manuel Lourenzo (que
comeza en Abrente nos 60). As razóns do interese por esta corrente son:
a) Está de moda na Europa da época, polo que é un xeito de estar en
contacto coa literatura do momento.
b) É unha temática que lle achega prestixio á literatura galega.
c) Permite abordar desde unha perspectiva atemporal a falta de liberdade, a
figura do tirano, etc.

2.5.1.Daniel Cortezón
1) Dramaturgo serodio de difícil situación cronolóxica.

4
Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC
4. O teatro na posguerra

2) Temas históricos:
a) Pode ser considerado o pai do teatro histórico contemporáneo, case
sempre de tema medieval ou máis antigo.
b) Influencia de Bertol Brecht na exploración das posibilidades didácticas
do teatro histórico.
3) Obras:
a) Prisciliano (1970).
b) Pedro Madruga (1971).
c) Os Irmandiños (1971).
d) Tetraloxía sobre Castelao (80-90).

5
Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC

Você também pode gostar