Você está na página 1de 23

2.

Algunhas nocións fundamentais de lingüística románica e lingüística histórica

1. Latín clásico e latín vulgar


1.1. Consideracións sobre o concepto de latín vulgar
Latín vulgar é un termo da lingüística do XIX, moi criticado pero que se
sigue usando. Con todo, debémolo empregar con matices xa que a etiqueta vulgar
achega consideracións negativas que o opoñen ao latín clásico de Virxilio, Tácito,
Tito Livio ou Cicerón. Ese era o latín ilustre descrito polos tratados de gramática,
pero non todo o latín escrito e falado era ese, xa que existían outros rexistros que
foron concibidos como vulgares no sentido de propios de individuos con menos
formación. Esta é unha consideración que se fai nun momento no que aínda non
nacera a sociolingüística nin a sociolingüística variacionista, pero na actualidade
temos que ter matizar o concepto:
1) O latín vulgar é unha variedade de latín que, desde o punto de vista da
variación social, non é característico só das clases baixas iletradas, senón que
é unha variedade usada polos diferentes estamentos do Imperio, xa que todos
estes individuos posuían un rexistro coloquial (caracterizado seguramente por
un maior uso de preposicións, menor complexidade na morfoloxía nominal,
diferenzas no sistema fonolóxico, etc.)
2) Non é o latín dunha determinada zona do Imperio Romano xa que, aínda que
existiría variación diatópica, seguramente as elites das provincias dominasen
o latín clásico e dentro do Lacio1 tamén existiría o latín vulgar.
3) O latín vulgar non é o latín tardío (séculos III – V d.C.). É frecuente confundir
latín vulgar co latín que non é o da época clásica.

En conclusión, o latín vulgar é o empregado nos contextos informais


independentemente da zona do Imperio ou da clase social dos falantes, xa que o
latín era unha lingua con variación interna, coma calquera outra lingua viva.
Ademais, dada a multitude de individuos diferentes que falaban latín, esta variación
debía ser considerable.

1.2. Estudo do latín vulgar na actualidade


1) Só podemos chegar a un coñecemento parcial do latín vulgar, debido ao grande
problema metodolóxico da lingüística histórica: fontes escasas e limitadas.
2) As fontes das que dispoñemos son:
a) Testemuños elaborados por gramáticos e preceptores latinos coa
intención de ensinar a falar o bo latín e evitar o uso de formas ou estruturas
consideradas erróneas. Isto parte dunha actitude prescritivista baseada na
convicción de que existe un bo latín e un mal latín. O exemplo máis famoso
disto é o Appendix Probi, que nos achega moitos datos sobre as mudanzas
no latín vulgar.
b) Inscricións, que poden ser de dous tipos:
1. Inscricións encargadas a operarios que as tiñan que esculpir. Nelas non
hai moita información sobre o latín vulgar xa que o que existía un
control previo sobre o que se debía escribir.
2. Inscricións espontáneas e máis ricas para o coñecemento do latín
vulgar. As máis coñecidas son os graffiti de Pompeia.

1
Considérase o latín do Lacio coma o referente do bo latín.
1 Historia da lingua galega
2008/2009
USC
2. Algunhas nocións fundamentais de lingüística románica e lingüística histórica

c) Entre os textos conservados tamén hai algúns que non responden ao modelo
de latín clásico:
1. Cartas privadas de Cicerón, nas que hai diferenzas lingüísticas respecto
das súas obras literarias ou discursos no senado. É dicir, o mesmo
individuo pode manexar diferentes rexistros segundo o contexto.
2. Textos literarios nos que aparece a fala considerada propia das clases
baixas, que nos pode achegar información sobre o latín informal. É o
caso das pezas dramáticas de Plauto ou do Satiricón de Petronio (onde
o latín do relato é diferente ao que se emprega cando se expresan certos
personaxes).
3. Obras técnicas escritas por individuos menos preocupados das normas
gramaticais e dirixidas a persoas que tampouco tiñan esa preocupación e
probablemente tivesen menos coñecementos gramaticais. Poden ser:
 Tratados de veterinaria: Mulomedi Chironis, de Chirón.
 Tratados de cociña: De re cocinaria de Apicius.
 Tratados de arquitectura, coma os de Vitrubio, quen di que o
arquitecto non ten porque ser gramático, polo que non se preocupa
por usar unha variedade próxima ao bo latín.
4. Autores cristiáns, máis preocupados por facer chegar a súa mensaxe ca
pola corrección gramatical, polo que poden ser unha boa fonte para o
coñecemento do latín vulgar. Así, Santo Agostiño di que é mellor que
nos reprendan os gramáticos antes de que deixen de entendernos as
persoas.
5. Glosas, que aclaraban o significado de pasaxes que podían resultar
escuras, polo que nos permiten facer comparacións entre a lingua
clásica (texto) e a informal (glosa). As glosas máis tardías están xa en
romance, non en latín vulgar.
d) Reconstrucións feitas a partir dos resultados románicos. Por exemplo:

gal. comezar Os documentos latinos conservados non nos


port. começar permiten saber cal é o étimo de todas estas voces
cast. comenzar románicas que tiveron que ter unha orixe común.
cat. comensare Deste xeito, os resultados románicos autorizan a
fr. commencer concluír que no latín vulgar existiu o verbo
it. cominciare *COMINITIARE.

1.3. Características do latín vulgar


1.3.1. Acento
1) As palabras latinas bisílabas levaban sempre o acento na penúltima sílaba,
agás excepcións que se explican por procesos de apócope, fóra delas en latín
non había palabras agudas.

PŎRTA
DOMUS ILLĪC (de ILLĪCE)
RŌGO

2) Nas palabras de máis de dúas sílabas pódense dar dúas situacións:

2 Historia da lingua galega


2008/2009
USC
2. Algunhas nocións fundamentais de lingüística románica e lingüística histórica

a) Que teñan na penúltima sílaba unha vogal breve que fai que o acento
recaia na sílaba anterior:
ANĬMA
OCŬLUS
MULIĔREM

b) Que a penúltima sílaba teña unha vogal longa ou un ditongo, ou ben


estea trabada por un grupo consonántico ou unha consoante longa.
Nestes casos o acento recae sobre esa penúltima sílaba:

MARĪTUS(vogal longa)
BALLAENA (ditongo)
CABALLUS (consoante longa)

QUINGENTI (grupo consonántico)

En xeral, as linguas románicas manteñen o acento latino nas palabras


patrimoniais (porta, rogo, alma, ollo, marido, balea, cabalo), pero nalgúns casos
aparece desprazado, o que obriga a reconstruír unha forma do latín vulgar co
acento desprazado. Isto adoita acontecer nas seguintes situacións:
1) Voces con hiatos con i tónico, nas que o acento se despraza cara á vogal
aberta: –ÍO > ió e –ÍE > ié.

MULIĔREM > l.v. muliére > muller


AVIOLU > l.v. aviólu > avolu > avoo > avó

PARIETE > l.v. pariéte > parete > parede

2) Desprazamento do acento en casos de grupos consonánticos que no uso


popular non se realizaban como tales (senón como consoante simples). É o
que acontece cando temos unha vogal breve seguida dunha oclusiva e unha
vibrante:

CATHĔDRA > l.v. cathédra > cadeira (cátedra)


TENĔBRA > l.v. tenébra > tẽ(n)ebra > tẽebra (tenebroso)
COLŬBRA > l.v. colúbra > coobra > cobra
ĬNTĔGRU > entrego / enteiro (íntegro)

1.3.2. Vocalismo
A) Vocalismo tónico
O latín clásico tería en posición tónica dez vogais:

+pechada
Ī Ū
s
Ĭ Ŭ
Ē Ō
Ĕ Ŏ
Ā Ă + abertas

palatais ou velares ou
centrais
anteriores posteriores
3 Historia da lingua galega
2008/2009
USC
2. Algunhas nocións fundamentais de lingüística románica e lingüística histórica

Como vemos, existía oposición entre:


1) Graos de apertura (3 graos).
2) Punto de articulación (palatais, centrais, velares).
3) Cantidade ou duración: longas (ˉ) e breves (˘).

Este sistema debeu dar lugar a un sistema de sete elementos no latín


vulgar (o maioritario na Romania, aínda que houbo máis), que xa debía funcionar no
século III d.C.:

i u +pechada
(<Ī) (<Ū) s
e o
(<Ĭ, Ē) (<Ō, Ŭ)
ε 
(<Ĕ) (<Ŏ)
a
(<Ā, Ă2)
+ abertas

palatais ou centrai velares ou


anteriores s posteriores

Nestoutro sistema, igual ao do galego actual, as oposicións son diferentes:


a) 4 graos de apertura.
b) 3 puntos de articulación.
c) Non hai distinción de cantidade.

Algúns exemplos son:

Vogais palatais Vogais velares


VĬR(I)DE> verde AUTŬMNU > outono
ACĒTU > acedo TŌTU > todo
FĔRRU > fεrro PŎRTA > prta

B) Vocalismo átono final


O vocalismo átono final é moi relevante desde o punto de vista fonético e
morfolóxico. No noroeste ibérico debeu haber un sistema vocálico átono en posición
final con ata cinco vogais:

i u
(<Ī) (<Ū)
e o
(<Ē, Ĕ Ĭ) (<Ō, Ŏ, Ŭ)
a

No galego actual non as vogais átonas en posición final son só tres, xa


que non temos resultados patrimoniais con –u e –i átonos finais, pero hai
testemuños que nos permiten concluír que debeu existir o sistema anterior:
2
A distinción entre Ā e Ă debeuse dar desde moi antigamente.

4 Historia da lingua galega


2008/2009
USC
2. Algunhas nocións fundamentais de lingüística románica e lingüística histórica

1) No galego medieval documéntanse voces con –i en posición átona final: eu


pugi (puxen), eu fizi (fixen), polo que no século XIII aínda non se producira a
mudanza –i > –e. O caso de –u > –o debeu ser unha mudanza máis antiga.
2) Os datos que nos achega a dialectoloxía actual amósannos que no territorio
astur – leonés aínda se distingue entre –i átono final e –e átono final, ao igual
ca entre –o átono final e –u átono final. Exemplos:

Vogais palatais Vogais velares


TARDE > tarde QUOMODO > como
HĒRĪ > ayeri HIBĔRNU > ibiernu

O vocalismo átono en posición final é relevante desde o punto de vista


morfolóxico porque pode producir metafonías (que á súa vez son testemuños
indirectos da existencia dun sistema de cinco vogais en posición átona final).
Exemplos:

A aparición da forma coa vogal tónica pechada é a


consecuencia dunha asimilación (tendencia a igualar
articulacións próximas), xa que u é unha vogal de apertura
mínima que ten efecto sobre a vogal tónica pechándoa (ε >
MĔTU > mεdo > medo e).
É unha asimilación anticipativa.

En casos coma sgra / sogro o cambio morfolóxico ten


repercusións tamén na oposición de xénero.
FĔCĪ > fizi (fixen) O –i átono final pecha a vogal tónica.

C) Hiatos
No latín vulgar, ao igual ca na lingua actual, dábase unha tendencia á
destrución dos hiatos, que se podía levar a cabo de diferentes xeitos:
1) Crase / coalescencia / fusión de dúas vogais iguais: PREHENDERE > prendere
(EE>E).
2) Conversión do hiato nun ditongo crecente:

Latín clásico Latín vulgar Galego


VINE-A vinja viña
PALE-A palja palla
ARDE-O ardjo arço (ardo)

Nos casos anteriores a vogal e é núcleo de sílaba no latín clásico, pero no


latín vulgar convértese nunha semiconsoante palatal na marxe prenuclear doutra
sílaba. Esta semiconsoante, o iode, caracterízase por:
a) Ser moi pechada, polo que provoca inflexión ou pechazón de vogais: VĔNI-O >
ve-njo > veño; TĔNI-O > te-njo > teño.
b) Por ser palatal, polo que pode provocar palatalizacións (coma nos tres
exemplos anteriores). Isto é moi importante porque daría lugar á aparición de
consoantes palatais descoñecidas no latín clásico.

5 Historia da lingua galega


2008/2009
USC
2. Algunhas nocións fundamentais de lingüística románica e lingüística histórica

D) Ditongos decrecentes

Latín Latín vulgar


clásico (monotongación completa)
Œ CŒNA > cēna > cẽa > cea
1. CÆCU > cecu > cεgo
Æ 2. SÆPE > sepe > sebe

1. Zonas de monotongación máis antiga: fr. or; it. e cast. oro; pt. ouro
(pronuncia monotongada no portugués común).
2. Zonas sen monotongación:
AU
a) Permanencia da fase au: prov. aur; romanés.
b) Aproximación da vogal tónica á semiconsoante (AU > ou): gal.
ouro.

1.3.3. Consonantismo

A) Palatalización

A aparición de consoantes palatais, inexistentes no latín clásico, é unha


das innovacións máis importantes que se dá no latín vulgar. As causas da súa
aparición son sempre de tipo asimilatorio e poden ser de dous tipos:
1) Palatalización das oclusivas velares seguidas de vogal palatal (e, i), que
tenden a pronunciarse máis adiantadas e prodúcese unha transformación cara
á palatalización:
/k/: oclusiva velar xorda GENĔSTA > gẽesta
/g/: oclusiva velar sonora CĬTU > *fase africada > cedo

2) Iode [j]: é o alófono de /i/ en posición marxinal (prenuclear ou posnuclear).


Polo seu carácter palatal produce palatalizacións nas consoantes coas que
está en contacto:

tj PALATIU > paaço (africada predorsodentoalveolar)


kj LANCEA > lança
nj VINEA > viña
lj PALEA > palla

B) Lenición consonántica
A lenición consiste no debilitamento dos sons en determinados
contextos, que mesmo pode dar lugar á súa desaparición.
1) Oclusivas:
a) Xordas > sonoras en posición intervocálica ou entre vogal e consoante
líquida: P >b, T > d, K > g. Exemplos: LĔPORE > lebre; RŎTA > roda; ŬRTICA >
ortiga3.
b) Sonoras > aproximantes en posición intervocálica ou entre vogal e
consoante líquida. Exemplos: DEBER > deβer (aproximante bilabial:
<dever / deuer>); PLAGA > chaγa; PĚDE > pee.
3
A gheada está relacionada con este fenómeno, xa que: k > g> γ > h > Ø. Exemplo: ŬRTICA > ortiga >
ortiγa > ortiha > ortía.
6 Historia da lingua galega
2008/2009
USC
2. Algunhas nocións fundamentais de lingüística románica e lingüística histórica

2) Consoantes longas ou xeminadas > breves ou simples. Exemplo: ABBATE >


abade.

3) -L- e -N- intervocálicos acaban por desaparecer en posición débil logo dun
proceso de lenición. Exemplo: MOLERE > moer (sen deixar rastro no contexto
vocálico); ORPHANU > orfãno > orfão (deixando resonancia nasal na vogal
anterior – asimilación anticipatoria –). Esta é unha mudanza característica do
latín galaico.

4) Betacismo: resultados das labiais B > β (AMABAT > amaua) , P > b (POPULU >
poboo) e F > v (DEFENSA > devesa). No primitivo romance había entón tres
consonantes labiais, que se simplifican:
a) Primeiro queda só a oposición b / β.
b) Despois só β.

5) Consonantes en posición final, que se reducen no latín vulgar:


a) As oclusivas en posición final desaparecen no latín vulgar e no romance.
Exemplos: ET > e; FAC > fa.
b) A nasal bilabial desaparece en posición final, o que ten unha gran
transcendencia morfosintáctica por ser marca de acusativo e de P1 en
moitos tempos verbais. Isto levará á necesidade de modificar o xeito de
sinalar as relacións sintácticas e, polo tanto, á progresiva desaparición do
sistema casual. Exemplos: ROSAM > rosa; AMABAM > amaba (puido deixar
resonancia nasal na vogal anterior, pero perdeuse).

6) Tendencia á simplificación dos grupos consonánticos, que se desenvolvería


posteriormente nas linguas romances.
a) Homosilábicos:
PL PLANU> chãano > chão
CL CLAMARE > chamar
FL FLAMMA > chama
glandŭla >landra (neste caso non se dá palatalización
GL
coma nos anteriores)

b) Heterosilábicos, que adoitan desaparecer polo debilitamento da primeira


consoante (marxe silábica posnuclear):

C/T NŎCTE > noχte > noite


N/S MENSA > *messa > mesa

 Exemplos no Appendix Probi (século III)

Fenómeno Exemplos
Vocalismo
Evolución do vocalismo - ĭ > e: non atopamos exemplos
tónico - ŭ > o:
~ turma non torma (59, 145).
~ columna non colomna (20): colomna > med. coona, no
galego actual non temos ningún resultado patrimonial,
7 Historia da lingua galega
2008/2009
USC
2. Algunhas nocións fundamentais de lingüística románica e lingüística histórica

só o cultismo columna.
~ coluber non colober (177).
Monotongación de AU: auris non oricla (83), debeu haber
Ditongos decrecentes
unha forma AURICULA (-cula: sufixo diminutivo) da que
(Æ, Œ, AU)
derivaría oricla > orella.
- ea > ja: vinea non vinia (55), lancea non lancia (72),
Hiatos (tendencia a
tinea non tinia (117).
desfacelos)
- eo > jo: faseolus non fasiolus (141).
- viridis non virdis (201) > verde.
Síncope vocálica: - Desaparición de u en posicións coma:
tendencia á ~ –c(u)l: auris non oricla < auricula (83), speculum non
desaparición dunha speclum (3), masculus non masculs (4), vetulus non
vogal en posición átona vetlus (5), articulus non articlus > artello (8), baculus
interna non vaclus (9), oculus non oclus (111).
~ –b(u)l: tabula non tabla (130).
- camera non cammara (84).
Asimilación - formica non furmica (25): harmonización vocálica (na
sílaba tónica hai unha vogal fechada).
Disimilación
- amygdala non amiddula (140) > cult. amígdala, patr.
améndoa.
Consonantismo
Palatalizacións
consonánticas
- theofilus non izofilus (46): contacto co iode.
- digitus non dicitus (79): a forma dicitus é unha
ultracorrección dos alumnos de Probo, xa que suporía
Lenicións unha evolución en sentido contrario á habitual
consonánticas (sonorización) e, ademais, non é unha forma con
resultados nas linguas románicas, mentres que digitus
si: deedo > dedo.
Perda de consoantes en
- Perda de –m (relevancia morfolóxica): passim non passi
(217); numquiam non numqua (219); olim non oli
posición final
(224); idem non ide (226).
- -UCT- > -ut-: auctor non autor (154); auctoritas non
autoritas (155).
- -NS- > -ss- > -s- (cambio por asimilación): ansa non asa
Simplificación dos
(76); tensa non tesa (152).
grupos consonánticos
- -KS- > -s- (grafada <x>): meretrix non meretris (147);
ultracorreccións dos alumnos que se deducen en miles
non milex (30) ou aris non arix (148).
- -GD- > -dd-: amygdala non amiddula (140).
Asimilacións
consonánticas - -RS- > -ss-: persica non pessica (PERSICU > péssego >
pexego).
Disimilación
consonántica
- R...R > n...r: meretrix non menetris4 (147)

4
Tamén se podería considerar unha asimilación pola nasal inicial
8 Historia da lingua galega
2008/2009
USC
2. Algunhas nocións fundamentais de lingüística románica e lingüística histórica

2. Posición do galego e do portugués na Romania


2.1. Romania oriental e Romania occidental
Con Romania referímonos a todo o territorio no que se falou latín e
posteriormente as linguas neolatinas. Este territorio foi dividido por Wartburg en
Romania oriental e Romania occidental. É unha división que tivo bastante éxito,
malia as críticas que recibiu.
1) A liña fronteiriza entre as dúas partes da Romania sitúase na zona centro –
setentrional de Italia, entre La Spezia e Rimini.
a) Romania Occidental: o territorio que está ao norte e lestes desta liña
(territorios alpinos, Galorromania e Hispanorromania).
b) Romania Oriental: territorio situado ao sur e o leste desta liña (sur de
Italia e zona romanesa).
2) Os trazos lingüísticos nos que se basea esta división son:
a) Lenición: só se produce na Romania Occidental (con excepcións
nalgunhas illas). Nesta zona atopamos a simplificación das xeminadas, a
sonorización das oclusivas xordas e o debilitamento das consoantes
longas.

it. popolo
POPULU
gal. poboo > pobo

b) -ss > -h > Ø: no latín vulgar xa existía unha tendencia á aspiración do –s en


posición final, que se consolidou antigamente na Romania Oriental e non
na occidental5, o que tivo consecuencias morfolóxicas na constatación do
plural:

it. cani 6
CANES
gal. cans

O galego e o portugués son variedades da Romania Occidental con


lenición e conservación de –s en posición final.

2.2. Fronteiras do galego respecto doutros romances


2.2.1. Leste
O territorio románico desde Fisterra ata Trieste (norte de Italia) non ten
fronteiras lingüísticas nítidas, xa que o que atopamos é un contínuum lingüístico con
isoglosas que se van sucedendo, sen ser habitual que por un mesmo lugar pasen
moitas isoglosas. Un exemplo disto é a transición entre o galego e o astur – leonés,
unha transición pouco nítida que fai que o establecemento da fronteira convencional
entre o galego e o astur – leonés sexa discutida:

5
Na actualidade tamén se dá en zonas da Romania Occidental (Andalucía, variedades seseantes do
galego).
6
O feminino plural márcase en italiano con –e (rose).

9 Historia da lingua galega


2008/2009
USC
2. Algunhas nocións fundamentais de lingüística románica e lingüística histórica

1) -L-: é a isoglosa máis occidental.


gal. doer
DOLERE
ast.l. doler

2) L-: é unha isoglosa un pouco máis oriental cá anterior.


gal. leite
LACTE
ast.l. lleite

3) Ĕ e Ŏ: no leste prodúcese un ditongo decrecente (ie, ue), mentres que no oeste


non hai ditongación.
gal. trra
TĔRRA
ast.l. tierra

gal. ovo
ŎVU
ast.l. huevo

4) -N-: isoglosa que coincide máis ou menos coa anterior.


10 Historia da lingua galega
2008/2009
USC
2. Algunhas nocións fundamentais de lingüística románica e lingüística histórica

gal. lúa
LŪNA
ast.l. lluna

5) Mantemento dos ditongos EI e OU, isoglosa que decorre polo centro de Asturias
e León, aínda que o seu mantemento na fala dos territorios asturianos e
leoneses occidentais non é notable, está presente na toponimia.
a) Ei é un ditongo que pode ter varias orixes, unha delas é -ARIU > -airu
(metátese) > -eiro (asimilación do [a] por causa do [j]) > -ero(u)
(monotongación).

CALDARIU > caldairo > caldeiro > caldero(u)

b) Ou procede do latín AU: AU > ou (asimilación provocada pola vogal velar) >
o.
TAURO > touro > toro(u)

6) F-: trátase dunha isoglosa situada moi ao oriente, polo que boa parte do
territorio astur – leonés comparte co galego – portugués este fenómeno.

FABA > haba (con aspiración da consoante) > aba (desaparición da consoante)

Podemos observar neste mapa seis fenómenos fonéticos que nos amosan
que a transición entre o territorio galego – portugués e o astur – leonés e progresiva,
sen ningún lugar no que haxa unha concentración notable de isoglosas. Tendo en
conta isto, o establecemento de fronteiras lingüísticas desde unha perspectiva
estritamente lingüística é imposible, polo que é preciso recorrer a criterios
convencionais. Así, establécense convencionalmente as fronteiras entre o galego –
portugués e o astur – leonés nas isoglosas do -N- e os ditongos EI e OU, por
considerárense fenómenos relevantes e por coincidiren en grande parte no seu
trazado.

2.2.2. Sur

Desde o punto de vista dialectal estamos de novo perante unha transición


progresiva, que non nos permite establecer unha fronteira nítida entre galego e
portugués, polo que esta só se pode establecer de xeito convencional.

11 Historia da lingua galega


2008/2009
USC
2. Algunhas nocións fundamentais de lingüística románica e lingüística histórica

Lidley Cintra sinala os seguintes trazos fonéticos:


1) Diferenciación ou non entre /v/ e /b/, que permite establecer unha isoglosa desde
o sur de Aveiro ata o sur de Bragança: ao norte non se produce esa diferenciación
e ao norte si. Cómpre ter en conta que a non diferenciación entre /v/ e /b/ non é
un trazo considerado negativamente, polo que non é ocultado.

Norte Sur
12 Historia da lingua galega
2008/2009
USC
2. Algunhas nocións fundamentais de lingüística románica e lingüística histórica

VACCA > vaca /b/ /v/


BŬCCA > boca /b/ /b/

2) Mantemento ou desafricación da africada palatal xorda [], isoglosa que


discorre desde Viana do Castelo ata a provincia española de Cáceres. Ao norte
desa isoglosa mantense a africada, mentres que ao sur so aparece [] (fricativa
palatal xorda). O mantemento da africada é un fenómeno cunha consideración
social negativa, polo que moitos falantes tenden a evitalo.

Norte Sur
PLORARE > chorar // / /

3) [] apicoalveolar e [s] predorsal, cuxa isoglosa parte de entre Porto e Aveiro
cara á Castelo Branco:
a) Apicoalveolar ou apical []: o ápice da lingua roza os alvéolos e os
incisivos superiores. É o /s/ do galego común, dunha importante zona do
norte de Portugal e do castelán común. Exemplo: moço.
b) Predorsodental ou dorsal [s]: a lingua adopta unha posición convexa e o
ápice roza cos incisivos inferiores. Aparece en zonas seseantes de Galiza
(área fisterrá, etc.), no portugués común e nalgunhas variedades do
castelán andaluz.
As isoglosas que Lindley Cintra establece en Galiza non se corresponden
coa realidade, quizais pola escaseza de datos dos que se dispoñía nos anos 70.

4) Mantemento ou monotongación do ditongo OU, isoglosa que parte da Ría de


Aveiro. No portugués común prodúcese monotongación, aínda que a ortografía
é conservadora neste sentido, mentres que ao norte desa isoglosa sigue
manténdose o ditongo.

norte: touro [ow]


TAURO
sur: touro [o]

norte: amou [ow]


AMAV(I)T > amaut > amou sur: amou [o]

5) Mantemento ou monotongación do ditongo decrecente ei, que se mantén no


galego e no portugués falado ao norte da isoglosa que parte do Atlántico ao sur de
Leiria, bairxa cara a Lisboa e despois continúa cara ao norte. Con todo, podemos
atopar tres solucións, pero Cintra inclúe ao norte desta isoglosa dúas ([ej] e [j]):
1. [ej]: galego e portugués setentrional.
2. [j]: trátase dunha apertura do núcleo do ditongo que podemos atopar
nalgunhas variedades do portugués situado ao norte da isoglosa sinalada por
Cintra. É a variante do portugués común.
3. [e]: monotongación que se produce ao sur de dita isoglosa.

gal.
[ej]
pt. setentrional
ferreiro pt. común [j]
pt. meridional [e]

13 Historia da lingua galega


2008/2009
USC
2. Algunhas nocións fundamentais de lingüística románica e lingüística histórica

6) Fronteira da desonorización das sibilantes, que coincide máis ou menos coa


fronteira política entre Galiza e Portugal (aínda que con excepcións na Limia
Baixa e en zonas de Zamora). Tamén coincide máis ou menos coa fronteira de /
/. Os sistemas de sibilantes que podemos atopar no galego común e no portugués
común son:
Galego común Portugués común
- //: fricativa palatal xorda (xente,
- // - //: fricativa prepalatal sonora e
baixo).
xorda (gente vs. baixo, chorar).
- //: fricativa interdental xorda (pazo,
- // - //: fricativa predorsodental
cocer).
- // fricativa apicoalveolar xorda sonora e xorda (cozer, casa vs. paço,
nosso).
(casa, noso).

Coma no caso do galego e o astur – leonés, establecer fronteiras


lingüísticas entre o galego e o portugués atendendo só á variación dialectal é
imposible. Polo que o establecemento destas fronteiras só pode ser convencional.
Unha das propostas é a que achega F. Fernández Rei, atendendo aos seguintes
fenómenos fonéticos:
1. //: só existente no territorio galegofalante.
2. // e //: sibilantes sonoras que só aparecen no territorio portugués, agás na
Limia Baixa e en zonas de Zamora.
3. Vogais nasais con valor fonolóxico, só existentes no portugués (aínda que
tamén no galego da área ancaresa).

man
mao
gal.
ma
pt.
MANU > mão
gal. mão
Ancares

4. Gheada, presente nunha parte importante do territorio galego e ausente no


portugués.
Amicu > amigo > amiho

Cómpre ter en conta tamén que o avance dos estándares fai que a
variación diatópica se faga máis difusa.

3. Voces patrimoniais, cultas e semicultas


Tanto as patrimoniais coma as cultas e as semicultas son sempre voces de
orixe latina (ou de orixe grega que chegan a nós a través do latín). Trátase de
diferentes estratos que podemos distinguir no léxico latino do galego e doutras
linguas neolatinas.

Para definir estes estratos cómpre ter en conta dous aspectos:


14 Historia da lingua galega
2008/2009
USC
2. Algunhas nocións fundamentais de lingüística románica e lingüística histórica

1) Como e a través de que vías chegan ao galego.


2) Configuración fonética e contido semántico das voces (que se deriva do
anterior).

3.1. Voces patrimoniais7


1) Vías de transmisión: chegan nos primeiros momentos da latinización e
transmítense fundamentalmente a través da lingua oral. É dicir, pertencen ao
estrato latino máis antigo.
2) Configuración fonética e contido semántico:
a) Configuración fonética: responde aos cambios fonéticos que se estaban
producindo nos primeiros momentos da latinización.
b) Contido semántico: poden ser palabras gramaticais (artigo, pronome,
preposición, conxunción) ou léxicas. Neste último caso, adoitan pertencer a
campos semánticos propios da vida cotiá (relacións de parentesco,
obxectos e prácticas da actividade diaria, configuracións do terreo, etc.).

- sonorización do /t/ entre vogal e consoante


vibrante
ARATU > arado
- -u > -o
- disimilación entre vibrantes
- /li/ > palatalización da consoante líquida
MILIU > millo latina e aparición da palatal lateral.
- -u > -o
- velarización do /l/ en posición de marxe
silábica e posterior conversión nunha
ALATARIU > outeyro
semiconsoante velar: au > ou
- -ARIU > -eiro
- Ĭ > e + nasalización provocada pola consonante
nasal
SEMĬNĀRE > semẽar
- desaparición de /n/ intervocálico
- desaparición do –e final
- Ŭ > o
LŬNGU > longo
- -u > -o

- Ĭ >e
- desaparición do e inicial
ĬLLU > elo > lo > o
- lo > o en contexto intervocálico. Exemplo:
malo lo carneiro > mato o carneiro
ĬSTE > este - Ĭ > e
ĬLLA > ela (la é máis
- Ĭ >e
tardía)
- /k/ > /g/
- Ĭ átono desaparece en posición débil
ALĬCUNU > algũu
- U nasalízase ante consoante nasal
- /n/ intervocálico desaparece

3.2. Voces cultas / latinismos

7
Tamén coñecidas como voces herdadas, hereditarias ou populares.
15 Historia da lingua galega
2008/2009
USC
2. Algunhas nocións fundamentais de lingüística románica e lingüística histórica

1) Vías de transmisión: proceden da lingua escrita ou de rexistros orais


formais e, máis modernamente, poden ser introducidas por outras vías coma
os gabinetes de planificación lingüística.
2) Configuración fonética e contido semántico:
a) Configuración fonética: non presentan as mudanzas fonéticas máis
antigas, só algunhas acomodacións morfolóxicas (-U > -o; -I > -e).
b) Contido semántico: son substantivos, adxectivos ou verbos, pero non
palabras gramaticais xa que estas eran usadas necesariamente na lingua oral
desde os primeiros momentos. Adoitan inscribirse en campos semánticos
relacionados coa actividade intelectual propia das clases letradas (ciencia,
técnica, teoloxía, filosofía, etc.).

PHYSICU > físico > *fesgo (forma patrimonial esperada, non existente)

Formas patrimoniais do
galego medieval que tiñan o
mãefestar > meenfestar significado de confesar e que
non perviven na actualidade.
MANIFESTARE >
Cultismo que desde a Idade
Media lle foi gañando terreo á
manifestar
voz patrimonial polo seu
significado máis xeral.
redondo
ROTUNDU > rotundo

Voz patrimonial
delgado
Voz que mantén en parte a
configuración fonética da
DELICATU > delicado forma latina, pero non
totalmente: é un
semicultismo.

Cómpre ter en conta que a etiqueta cultismo pode resultar confusa e


quizais sexa preferible a de latinismo, xa que son voces en orixe pertencentes a
rexistros formais pero que co tempo poden pasar aos informais sen perder a
configuración fonética dos latinismos:

Formas patrimoniais.
chor / chur > chorima
FLOR > Forma culta que penetrou en tódolos
flor rexistros do idioma

Voz patrimonial de uso preferente nos


cast. raudo rexistros formais

RAPIDU > Voz culta con máis uso nos rexistros


cast. rápido
informais.

3.3. Voces semicultas


16 Historia da lingua galega
2008/2009
USC
2. Algunhas nocións fundamentais de lingüística románica e lingüística histórica

1) Vías de transmisión: penetran na lingua por vías intermedias entre as das


patrimoniais e as cultas. Son usadas en estilos máis ou menos formalizados de
lingua oral ou escrita nos que penetran os hábitos articulatorios da lingua
oral:
a) Homilías: lidas en lingua latina, pero é probable que os que as
pronunciaban realizasen estratexias de aproximación á lingua oral para ser
entendidos.
b) Documentos notariais con apelo a determinadas fórmulas transmitidas de
xeración en xeración. Usábase un rexistro de lingua distante da lingua oral
espontánea, pero tamén tiñan que ser entendidos por testemuñas que en
moitas ocasións non dominarían estes rexistros, polo que é probable que se
lesen con realizacións propias da lingua oral (toponimia, antroponimia,
determinadas voces...)
2) Configuración fonética e contidos semántico:
a) Configuración fonética: Non experimentan tódalas mudanzas das voces
patrimoniais nin se presentan tan próximas ao latín coma os cultismos.

Resultado patrimonial esperable, pero non


documentado.
*chergo
Resultado semiculto:
a) Características cultas:
→ Non palatalización do grupo /kl/ en
posición inicial.
b) Adaptacións:
→ Transformación da lateral nunha
crego
vibrante (cambio frecuente).
→ Desaparición dunha sílaba átona en
posición interna (ri).
→ Sonorización de /k/ > /g/.
→ -u > -o.

a) Características cultas:
→ Mantemento do grupo /kl/ en posición
inicial.
→ Mantemento da sílaba átona en
clérigo posición interna.
b) Adaptacións:
CLĒRĬCU > → Sonorización de /k/ > /g/.
→ -u > -o

Cultismo pleno derivado de CLĒRĬCU que se


debeu introducir tardiamente (despois da
Idade Media).
clerical

APOSTOLĬCU > Semicultismo de vida efémera e pouca


difusión (tradución galega da Crónica Geral
e outros textos afonsinos).
a) Características cultas:
→ Ausencia de sonorización /p/ > /b/.
17 Historia da lingua galega
2008/2009
USC
2. Algunhas nocións fundamentais de lingüística románica e lingüística histórica

→ Ausencia de transformación de Ĭ > e.


→ Mantemento do /l/ intervocálico.
apostóligo b) Acomodacións:
→ Sonorización de /k/ > /g/
→ -u > -o

Semicultismo:
a) Características cultas:
→ Mantemento da posición do iode.
vigario b) Acomodacións:
→ Sonorización de /k/ > /g/.
→ -u > -o
VICĀRIU >
(substituto) Semicultismo:
c) Características cultas:
→ Mantemento de -AIRO (-eiro nas
vigairo solucións patrimoniais).
d) Acomodacións:
→ Sonorización de /k/ > /g/.
→ -u > -o

En conclusión, os semicultismos son un estrato reducido composto por


elementos cuxa vida é efémera en moitas ocasións. Ademais, as vías de
penetración na lingua son máis difíciles de precisar ca no caso das voces
patrimoniais e as cultas.

4. Tipoloxía básica dos cambios fonéticos8


4.1. Cambios por indución
4.1.1. Indución fonética
Prodúcense por causa da influencia dun son vocálico ou consonántico
sobre outro, provocando unha alteración do segundo. Pode ser de varios tipos:
1) Asimilación: conduce cara á igualación de elementos fonéticos contiguos ou
próximos.
a) Habitualmente é o elemento máis forte (tónico) o que produce a igualación
do máis débil (átono):
Á–B>Á–A

b) Pode ser de dous tipos:


 Completa: o elemento asimilado é igualado totalmente ao asimilador.
ANIMALES > animaes > animaas

 Parcial: o elemento asimilado só igualado parcialmente ao asimilador,


tomando algúns trazos deste, pero non todos.
8
Ferreiro Fernández, Manuel: Gramática histórica galega.

18 Historia da lingua galega


2008/2009
USC
2. Algunhas nocións fundamentais de lingüística románica e lingüística histórica

O núcleo do ditongo está en contacto cunha


AURU > ouro
semiconsoante velar [w], e vólvese velar [o]
O núcleo do ditongo palatalízase por
AMĀVI > *amai > amei
influencia do [j]
AMANT ĬLLUM > aman lo > aman no > A consoante final do verbo asimila a inicial
ámano do pronome seguinte (-nl- > -nn-)

2) Disimilación: cambio por indución que conduce cara á diferenciación de


articulacións, mesmo ata a desaparición dos elementos implicados. Ao igual
cá asimilación, está relacionada coas limitacións do aparello fonador. Adoita
ser o elemento tónico o que exerce a influencia, pero non sempre.

A–A>A–B
A–A>A

Diferenciación de dúas articulacións


FOLIOLA > *folloa > filloa
vocálicas en sílabas contiguas.
Mesmo caso có anterior. No caso de
fremoso prodúcese unha transposición
FORMOSU > formoso > fermoso / fremoso
fonética (metátese), na que está implicada
unha consoante vibrante (habitual).
ARATRU > arado Desaparición dun dos elementos: r – r > r.
-n’m- > -l’m-: /n/ e /l/ son alveolares, pero /l/
ANIMA > anma > alma
distánciase de /m/ por non ser nasal.

3) Equivalencia acústica entre consoantes: é un fenómeno menos frecuente


cós anteriores e adoita darse con consoantes oclusivas. Son cambios que se
producen normalmente na lingua oral por mor de confusións entre consoantes
pola súa proximidade acústica e en falantes pouco familiarizados coa escrita.

b > m: as dúas son oclusivas bilabiais


MORBU > morbo > mormo sonoras, pero a primeira é oral e a segunda
nasa.
/g/ e /b/ son oclusivas sonoras orais, pero a
SEGŪSIO > segujo / sagujo > sabuxo primeira é velar, mentres que a segunda é
blabial.
*CŬBITU > cotobelos > cotomelos /b/ > /m/

4.1.2. Indución morfoléxica


Hai unha serie de cambios que non son explicables desde o punto de vista
fonético, senón que hai que acudir a unha explicación morfolóxica.
1) Alteracións de prefixos e de sílabas iniciais: son intercambios entre
prefixos que xa se documentan desde a idade media. Exemplos:

Forma documentada
Étimo Formas esperables con alteración de
prefixo
EX- > eis- / es- ensaio
EXAGIU ensaio/ eisaio/ eisaxio
ĬN- > en- (atribución de en-)
19 Historia da lingua galega
2008/2009
USC
2. Algunhas nocións fundamentais de lingüística románica e lingüística histórica

ABS- > as esconder


ABSCONDERE asconder
EX- > eis- / es- (atribución de es-)

2) Cruzamentos léxicos: prodúcense cando dúas voces fonética e


semanticamente próximas dan lugar á aparición dunha terceira voz, como
resultado do cruzamento entre elas. Exemplo:

- Semellanza fonética:
RUGIRE > ruxir existencia da palatal e a
> runxir vibrante nas dúas voces.
(*RUNGIRE) - Semellanza semántica: as
RINGĔRE > renxer dúas formas fan referencia
a un ruído.

3) Etimoloxía popular: consiste na atribución dunha determinada orixe a unha


voz por parte dos falantes. Exemplos:

Étimo Formas esperables Etimoloxía popular


SACRISTANU
sacristán (*-ão ) 9
sancristán (< santo)
(lat. tardío)
amãescer > amẽescer
ADMANESCERE amañecer (< mañá)
> amencer / ameicer

En conclusión, a maioría dos cambios fonéticos son cambios por indución


(asimilación e disimilación), pero tamén podemos atopar cambios por indución non
fonéticos, algúns esporádicos (alteracións de prefixos e sílabas iniciais) e outros por
etimoloxía popular.

4.2. Cambios por subtracción


4.2.1. Aférese (posición inicial)
ECLESIŎLA
10
(lat. vulgar) > *egrijoa > Grixoa
HEBDOMADA (semana) > med. domaa (forma pouco
frecuente)
Debeuse manter moito tempo o
a-, porque a sonorización de /k/
ACUMINE > *agume > gume só pode explicarse en posición
intervocálica.
Non é un cambio
EPISCOPU > ebisc’po > ebispo > obispo > o bispo > exclusivamente fonético, xa que
bispo xorde da interpretación da vogal
inicial como artigo.

4.2.2. Síncope (posición interna)

EPISCOPU > ebisc’po > ebispo > obispo > o bispo >
bispo
9
Non se documentan este tipo de formas, polo que é probable que fose unha voz tomada non do latín,
senón doutro romance.
10
-ŎLA é un sufixo moi produtivo no latín vulgar, do que atopamos numerosos resultados na toponimia
actual.
20 Historia da lingua galega
2008/2009
USC
2. Algunhas nocións fundamentais de lingüística románica e lingüística histórica

APERIRE > abrir


- síncope da vogal átona
pretónica.
- O grupo m’r non pode ser
homosilábico en galego,
MEMORĀRE > mem’brar > membrar > lembrar polo que se introduce unha
consoante de apoio, /b/, que
é bilabial, ao igual ca /m/.
- O l- inicial aparece por mor
dunha disimilación.

4.2.3. Apócope (posición final)


En galego foi regular a apócope de e despois de consoantes que poden ser
final de sílaba (r, l, s). Exemplos:
MARE > mar
SALE > sal

Con todo, tamén se pode dar noutros casos:

DOMĬNU > dom’no > don’no > dono > don


Apócope de –o
-u > -o n’n > n:
m’n > n’n: átono final
Ĭ > Ø: síncope simplificación da
asimilación (evolución posible,
vocálica consoante longa
pero non regular)

4.2.4. Haploloxía
Fenómeno que se dá en contextos nos que atopamos dúas sílabas
consecutivas coa mesma consoante, de xeito que desaparece unha delas. Neste
senso está en relación coa disimilación, xa que hai un movemento cara á
diferenciación que acaba coa desaparición dun dos elementos implicados. Exemplos:

HEREDITARE > *her’dedar > herdar

-E-> Ø: síncope da Desaparición


vogal átona dunha das
Apócope do –E sílabas
final

*SŬBSOLANA > sosoãa > soá


Desaparición
Ŭ > [o]
dunha das
-l- > Ø sílabas
-n- > Ø

4.2.5. Monotongacións

Consisten na conversión dun ditongo nunha voga simple. Exemplo:

Monotongación popular do ditongo [je], xa que este é estraño nas

21 Historia da lingua galega


2008/2009
USC
2. Algunhas nocións fundamentais de lingüística románica e lingüística histórica

palabras patrimoniais (ĕ > ). Exemplos:


pacencia
concencia
convenencia

4.3. Cambios por adición


4.3.1. Prótese (posición inicial)
MINANCIA > amẽaça
LOCARE > alugar

4.3.2. Epéntese (posición medial)


1) En galego é moi frecuente a epéntese anti-hiática mediante a introdución
dunha semiconsoante: [j]. Isto pódese dar nunha soa palabra ou na cadea
sintagmática. Exemplos:
VADAM > vaa > vaia
a auga > a iauga

2) Tamén podemos atopar epénteses consonánticas condicionadas por


dificultades de pronuncia. Exemplos:
MEMORARE > mem’rar > membrar
AUDIRE > ouír > ouvir / ouguir

4.3.3. Paragoxe (posición final)


A vogal paragóxica máis frecuente en galego é e, en especial despois de
consoante vibrante, pero tamén aparece tras ditongo ou vogal tónica. A paragoxe é
un fenómeno que manifesta a tendencia de manter a estrutura silábica simple de
consoante + vogal. Exemplos:
Paragoxe de e despois de Paragoxe de e despois de Paragoxe de e despois de
consoante vibrante vogal tónica ditongo
cantar > cantare papá > papae eu > eue

4.3.4. Anaptixe
Pode considerarse un tipo de epéntese, xa que consiste na introdución
dun son no interior dun grupo consonántico, homo ou heterosilábico. Exemplos:
Grupos homosilábicos Grupos heterosilábicos
CLUNIA > Cruña > Coruña administrar > adeministrar
CHORICA > crónica > corónica

Como vemos, é un fenómeno que tamén contribúe a manter a estrutura


silábica de consoante + vogal.

4.3.5. Ditongacións
No caso do galego non se produciron ditongacións de Ĕ e Ŏ coma noutras
zonas da Romania. Así, podemos atopar ditongacións que se poden explicar máis por

22 Historia da lingua galega


2008/2009
USC
2. Algunhas nocións fundamentais de lingüística románica e lingüística histórica

analoxía con outras formas ca polo cambio fonético, e outras nas que a analoxía non
está tan clara.
1) Ditongacións por analoxía:
O cambio fonético non nos permite explicar
esta ditongación, polo que pode que se produza
ouriente (med.) < ORIENTE
por analoxía con oucidente < OCCIDENTE (OC >
ou)

2) Ditongacións non xurdidas da analoxía, provocadas quizais pola alta


frecuencia de aparición do ditongo ou en galego:
ORICLA > orela > ourella
OUVICULA > ovella > ouvella

4.4. Cambios por transposición


4.4.1. Transposición fonética: metátese
É un cambio de posición que afecta a vogais, consoantes ou sílabas e que
podemos atopar frecuentemente, tanto do punto de vista diacrónico coma na sincronía
actual. Prodúcese regularmente nas terminacións latinas que desenvolveron un iode
no latín vulgar.

1) Vogais e consoantes:
MA-TE-RI-A (lat. clásico) > MA-TE-RIA (lat. vulgar) > madeira
-ARIU / -ARIA > -eiro / -eira
ĬNTER > entre
SEMPER > sempre

2) Sílabas:
MAGDALENA > Madalena > Madanela

4.4.2. Transposición acentual: hiperbibasmo


PERSICU > péssego > péxego > pexego
PASSARU > pássaro > páxaro > paxaro

***

De todos estes fenómenos os máis frecuentes son a asimilación e a


disimilación, seguidos do apócope de –e átono final.

23 Historia da lingua galega


2008/2009
USC

Você também pode gostar