Você está na página 1de 20

Bloque II: a fonética

1. Divisións da fonética
A fonética é a disciplina que se ocupa de estudar os aspectos fisiolóxicos
dos sons da fala e a súa estrutura e características físicas. Isto pódese levar a cabo
desde tres perspectivas básicas:
1) Emisor: podemos estudar as operacións necesarias para que un falante produza
sons lingüísticos, é o que fai a fonética articulatoria.
2) Canle: cando o son é producido polo emisor viaxa a través dunha canle cara ao
receptor, polo que se converte en materia sonora, é dicir, adquire substancia
física. Isto é estudado pola fonética acústica.
3) Receptor: o oído do receptor recibe os sons e descodifícaos, é o que estuda a
fonética auditiva ou perceptiva.

2. A fonética articulatoria
2.1. O aparello fonador: a produción de sons lingüísticos

O aparello fonador humano está composto por órganos do aparello


dixestivo e o respiratorio, dous aparellos que no caso do ser humano non están
separados. Isto é o que fai posible que, a diferenza doutros animais, poidamos
esganarnos. Así, a función de producir sons lingüísticos sería secundaria, e nela
interveñen:

1 Lingua Galega I
2008/2009
USC
Bloque II: a fonética

1) Diafragma, encargado de empuxar os pulmóns para que produzan unha


corrente de aire.
2) Pulmóns, que xeran correntes de aire. É a maneira principal de xerar
correntes de aire para a produción de sons lingüísticos, pero non a única (si no
caso do galego).
3) Traquea.
4) Cordas vocais, que coa súa vibración, producida pola corrente de aire
procedente dos pulmóns, permiten a emisión de voz.
5) Larinxe.
6) Farinxe.
7) Veo do padal, que permite que o aire saia ou non pola cavidade nasal. Así, se
o temos abaixado permitimos o paso do aire cara á cavidade nasal, pero no
caso de estar levantado impedirmos que a corrente saia polo nariz.
8) Cavidade bucal: é onde se produce a modificación da corrente de aire
procedente dos pulmóns, polo que é onde se dá a articulación propiamente
dita. Nela podemos atopar diferentes zonas:
a) Parte superior:

b) Parte inferior, na que se atopa a lingua (amais dos labios e os dentes):

2 Lingua Galega I
2008/2009
USC
Bloque II: a fonética

Estes órganos poden ser activos (lingua, dentes superiores, labios) ou


pasivos (padal, dentes inferiores, etc.).

2.2. Os parámetros articulatorios


O son lingüístico, fono, ou segmento fonético é a unidade secuencial
mínima na que podemos dividir un enunciado e prodúcese ao modificarmos
correntes de aire no tracto vocálico ( larinxe, farinxe, cavidade bucal e cavidade
nasal). Estamos polo tanto perante materia fónica, tanxible.

Malia todo, para definirmos os segmentos recorremos a unha


abstracción, pois todos son diferentes debido:

a) á existencia de tantos aparellos fonadores diferentes coma persoas,


b) á imposibilidade dunha perfecta segmentación, pois aínda que percibamos
segmentos diferentes o que en realidade se produce é unha sucesión continua
de sons (contínuum),
c) á coarticulación ou asimilación, isto é, á influencia que uns segmentos
exercen sobre outros, cambiándoos e influíndo mesmo na evolución das
linguas.

Por outra banda, estes segmentos pódense analizar, pois cada un posúe
uns trazos que se dan máis ou menos no mesmo intre. Estes trazos refírense a cada
unha das operacións que se deben realizar para producir un determinado son
lingüístico. Ademais os trazos dos segmentos gozan de independencia respecto
deles. Así, o feito de que malia estas diferenzas categoricemos os sons está
relacionado coa existencia de trazos característicos.

2.3. Descrición articulatoria dos sons

1) Iniciación: xérase unha corrente de aire de modo que as súas partículas


producen ondas sonoras. A iniciación pode ser:

a) Pulmónica egresiva, consistente na expulsión do aire dos pulmóns (galego


e maioría das linguas).

3 Lingua Galega I
2008/2009
USC
Bloque II: a fonética

b) Clics, a corrente prodúcese por movementos de aire que xorden na boca ou


nos labios.
c) Implosivas sonoras: xeración dunha corrente de aire mediante un
mecanismo faringal ou glotal.
d) Exectivas xordas: correntes egresivas mediante un mecanismo faringal ou
glotal.

2) Fonación: a corrente de aire sofre modificacións ao seu paso polas cordas


vocais, producíndose así diferentes tipos de son:

a) Voceados ou sonoros, é dicir, que teñen voz. Estes prodúcense cando as


cordas vocais están fechadas e non permiten o paso do aire, mais este ten
unha forza tal que é quen de facelas xuntar e separar moi axiña, isto é,
vibrar.
b) Non voceados ou xordos, son aqueles segmentos producidos sen unha
vibración das cordas vocais.
c) Murmurio, consiste nunha vibración moi leve coas cordas vocais
separadas (ao contrario ca na voz).

3) Articulación: son os movementos que se producen no tracto vocálico e que


modifican os sons (constrición, vías de saída do aire e punto de articulación):

a) Graos e tipos de constrición

 Fonos interruptos, son aqueles nos que se dá unha completa fechazón


nalgún punto da farinxe ou da cavidade bucal e poden ser:

 Oclusivos [p], [t], [k], [b], [d], [g]): non hai ningún estreitamento
despois da interrupción e o aire sae libremente.
 Africados []: despois da interrupción o aire pasa por unha canle
estreita ocasionando un intre de fricción (oclusión+fricación).

 Fonos continuos, dáse unha aproximación dos órganos articuladores, mais a


corrente de aire non se interrompe en ningún momento. Poden ser:

 Fricativos: nos que os órganos articuladores se achegan de tal xeito


que o aire pasa a través deles dando lugar a un ruído de fricción (teñen
ruído, non voz). Ademais, polo tipo de constrición podemos atopar
dous tipos de segmentos fricativos:
o Sibilantes [s], [s], [], nos que a corrente de aire se envía cara
un obstáculo despois do punto de maior constrición (dentes,
alvéolos). Son máis perceptiblemente máis intensos
o Non sibilantes [],[], a corrente de aire non atopa obstáculos
despois do punto de maior constrición.

 Aproximantes [l], []: os órganos achéganse cun estreitamento menor e


non se produce fricción (teñen voz).

4 Lingua Galega I
2008/2009
USC
Bloque II: a fonética

Ademais, segundo o modo de articulación amais de oclusivos, africados,


fricativos e aproximantes tamén podemos atopar segmentos:

 Laterais [l]: nos que se contrae a lingua e se apoia a súa parte central
no ceo da boca de xeito que o aire pasa polos laterais da mesma e non
pola parte central. Os fonos laterais galegos teñen un grao de
constrición aproximantes e son voceados.

 Róticas:
o Golpeada ou batida [].
o Vibrantes [r].

b) Vías de saída do aire

 Segmentos orais: elevamos o veo do padal e impedimos que o aire entre no


nariz.
 Segmentos nasais: baixamos o veo do padal e deixamos que o aire entre na
cavidade nasal.

c) Puntos de articulación:

Con punto de articulación referímonos ao lugar onde se produce a


constrición ou estreitamento. Así podemos atopar fonos:

 Bilabiais [b], [p], [m]: participan os dous labios.


 Labiodentais [f]: os incisivos superiores apóianse no labio inferior.

Estes dous anteriores adóitanse etiquetar como labiais.


5 Lingua Galega I
2008/2009
USC
Bloque II: a fonética

 Dentais [d], [t], []: a coroa da lingua aproxímase á parte posterior dos
dentes.
 Alveolares [r], [], [s], [s], []: a coroa da lingua aproxímase aos alvéolos.

 Postalveolares []: a coroa da lingua aproxímase á zona posterior dos

alvéolos.
Nestes tres casos o articulador activo é a lingua e segundo que parte dela
participe poden ser:

 Apical: punta da lingua.


 Laminal.
 Sublaminal.
Todos estes segmentos se se producen na zona dental, alveolar ou
postalveolar son coronais.

 Palatais [], []: a zona anterior do dorso da lingua actúa sobre o padal duro.
 Velares: a zona posterior do dorso da lingua actúa sobre o padal brando ou
veo do padal.
 Uvulares: a zona posterior do dorso da lingua actúa sobre a úvula.
 Faringais: a raíz da lingua actúa contra as paredes da farinxe.

6 Lingua Galega I
2008/2009
USC
Bloque II: a fonética

3. A transcrición fonética e o cadro da AFI

1. Consoantes pulmónicas: téñense en conta os puntos de articulación, modos de


articulación e parte da lingua que intervén de ser o caso. Porén, non se fai
referencia a cales son as diferentes partes da coroa da lingua que interveñen nas
consoantes coronais (apicais, laminais ou sublaminais), só no caso das
sublaminais (= retroflexas).

2. Vogais: podemos considerar as vogais coma segmentos dorsais articulados sen


opoñer resistencia á saída do aire, aínda que este se modifique no tracto
vocálico. Con todo, cómpre ter en conta que hai sons consonánticos, coma [h],
7 Lingua Galega I
2008/2009
USC
Bloque II: a fonética

que tamén teñen estas características (aínda que por algúns autores é considerado
coma un son vocálico). Tamén poderiamos considerar vogal aquel segmento que
pode funcionar como núcleo silábico (criterio fonolóxico), pero nalgunhas
linguas hai sons consonánticos que poden desempeñar esta función. En xeral,
podemos considerar que, como dixemos, son segmentos producidos sen opoñer
resistencia á saída do aire, e que se clasifican polos seguintes parámetros:
→ Localización: anterior, central ou posterior.
→ Abertura: máxima, media (media aberta e media pechada) e mínima, ou
alturas 1, 2, 3 e 4.
→ Arredondamento, que no caso do galego ten correspondencia coa
localización: as vogais anteriores son non arredondadas e as posteriores
arredondadas.

Tendo en conta estes parámetros, as vogais tónicas do galego son:

i u Abertura mínima/ altura 4

e o Abertura media pechada / altura 3

ε  Abertura media aberta / altura 2

a Abertura máxima / altura 1

palatais ou
velares ou posteriores
anteriores
central
arredondadas
non arredondadas

3. Diacríticos:
→ [  ]: indica que un son é aproximante. En galego as oclusivas sonoras
poden ter tres realizacións:
Oclusiva [] [] [] []
Aproximante [] [] [] []
Fricativa [] [] [] []

→ [  ]: apical, como é o caso do [] galego, aínda que nalgúns dialectos pode
ser [s] (laminoalveolar), pero nunca en posición implosiva [a].
→ [  ]: dental.
→ [  ]: retraído.

8 Lingua Galega I
2008/2009
USC
Bloque II: a fonética

Tendo en conta isto, imos analizar algunhas realizacións dalgúns fonemas:

Casos nos que imposible indecente inchar dinlle ingrato


/n/ en posición [in] (ou [in]) [di] (ou
[im] [in] []
implosiva é adopta o [in] ou [in])
adopta o adopta o adopta o
asimilada polo trazo adopta o
trazo bilabial trazo dental trazo velar do
son seguinte postalveolar trazo palatal
do son [p] do [d] []
(coarticulación) do [] do []
Casos nos que Ons canle un ovo
/n/ en posición []
se fose asimilada []
implosiva non é
[u ]
asimilada polo polo [] a pronuncia se fose asimilada polo [l] a
son seguinte pronuncia sería [n]
sería []
ben
non
Casos nos que a
tamén
pronuncia da + pronome acusativo Pronuncia tradicional do alomorfo do
alguén
nasal é sempre (o, a, os, as) artigo en casos coma comín o caldo.
ninguén
alvelolar
nin
sen
cozo coso coxo cocho
[]
[] []
Fricativas [] apicoalveolar na
postalveolar postalveolar
interdental maioría dos
fricativa africada
dialectos
caldo cardo cando
Oclusiva dental
[ld] (tamén pode
sonora /d/ [] ou [] [nd]
aparecer [l])

Exemplos de transcrición:

Vía os libros á venda. a   a: a


     []  
¿Cal dos dous era o máis vendido?
[]
         
Nunca tal vira: un bar que só daba iogur.
[]
Goio dixo: algo lles tiña que gardar.        
Piaba pouco  
Vivía en Poio   
Apoiábase no que sabía.    
Soubo que non morreu.    
O Santiago actual.   
Actualmente en Lobios.   
Perdeu a paciencia.   
O conto do inglés.    

9 Lingua Galega I
2008/2009
USC
Bloque II: a fonética

4. A fonética acústica
4.1. A onda simple
Unha onda sonora é a vibración lonxitudinal perceptible polo oído que
se produce como resultado do compresións e rarefaccións nas partículas que
compoñen o aire.

Poden ser transmitidas en calquera medio elástico. Todas as ondas sonoras posúen:
1) Período: refírese ao tempo que tarda en repetirse un fenómeno, é dicir, o
tempo que tarda en pasar por diferentes fases até repetir unha anterior ou, o
que é o mesmo, en completar un ciclo. Deste xeito podemos delimitar un
ciclo, cuxa duración nos indicará o período.

O período é a duración dun ciclo, é dicir, abrangue


desde un punto calquera ata o punto no que
comeza a repetirse de novo o evento.

2) Frecuencia: fai referencia ao número de veces que se repite un mesmo


fenómeno nun período de tempo, polo que é inversamente proporcional ao
período. Isto é, canto meirande é o período menor é a frecuencia do fenómeno
e viceversa (F= I/T). Cada corpo ten unha determinada frecuencia xa que pode
vibrar a unha determinada velocidade.

10 Lingua Galega I
2008/2009
USC
Bloque II: a fonética

Podemos observar que neste caso o período é


máis curto ca no anterior, polo que a frecuencia
será maior, xa que período e frecuencia son
inversamente proporcionais. (F = 1/T)

3) Amplitude: refírese ao afastamento das partículas de aire respecto da


posición de repouso. A amplitude depende da enerxía con que se fai vibrar o
corpo e mídese en decibelios. Cómpre ter en conta que é independente da
frecuencia, xa que unha maior ou menor amplitude non implica cambios na
frecuencia.
Nesta ilustración podemos observar o
movemento dun diapasón desde a súa posición
inicial > punto de repouso > maior distancia
respecto do punto de repouso > punto de
repouso > menor distancia respecto do punto
de repouso

Esta é outra posible representación do


movemento do diapasón.

Podemos observar como (a) e (b) teñen a mesma precuencia, independentemente de que as
amplitudes de onda sexan menores, ao igual ca (c) e (d).

11 Lingua Galega I
2008/2009
USC
Bloque II: a fonética

4.2. A onda complexa


A maioría das ondas sonoras son ondas complexas, xa que os corpos
elásticos vibran na súa totalidade, pero tamén cada unha das súas partes (metades,
terceiras partes, cuartas partes...). O son complexo pode ser:
1) Periódico (harmónico): existe un ton fundamental, o primeiro, que se
corresponde á vibración do corpo enteiro e o resto dos compoñentes gardan
unha relación matemática con el (o segundo correspóndese coa vibración das
metades, o terceiro coa das terceiras partes...). Para acharmos a frecuencia dun
harmónico temos que multiplicar o número de orde pola frecuencia do ton
fundamental.

2) Non periódico (ruídos): son sons complexos entre os que non hai relación
matemática, senón que esta é aleatoria.

Así, no proceso de produción da voz o ton fundamental depende do


número de veces que as cordas vocais se abran e fechen por segundo (100/200 no
home e 200/300 na muller). A vibración das cordas vocais prodúcese por causa do
efecto Bernoulle: o aire procedente dos pulmóns fai aumentar a presión infraglótica
ata que as codas vocais se separan, cando isto acontece diminúe a presión e vólvese
xuntar, pero de novo o aire procedente dos pulmóns fai aumentar a presión e que as
cordas vocais se separen, e así sucesivamente:

12 Lingua Galega I
2008/2009
USC
Bloque II: a fonética

A resonancia, pola súa banda, é o reforzo dalgúns compoñentes da onda


complexa grazas a un resoador ou caixa de resonancia: cando un son complexo
coincide coa frecuencia natural do resoador a amplitude do son vese aumentada.
Isto é o que fan as cavidades bucofarínxeas durante a produción da voz, sen estas
caixas de resonancia a voz sería case inperceptible.

Espectro de frecuencias que representa unha onda


complexa que podería ser emitida polas cordas vocais
(cada liña é un harmónico).

Curva do filtro con función resoadora.

13 Lingua Galega I
2008/2009
USC
Bloque II: a fonética


A onda pasa polos filtros ou resoadores (cavidades
farínxea, bucal e nasal), que reforzan os harmónicos máis
próximos á súa capacidade de vibración e atenúan os máis
afastados. A frecuencia fundamental da onda complexa
segue a ser a mesma, xa que depende do número de veces
que as cordas vocais vibren por segundo, non do resoador.

4.3. Os formantes
Chamamos formantes ás resonancias do tracto vocal, é dicir, ás
amplificacións do son que se producen debido ás propiedades físicas deste. Así,
cando estas coinciden coa frecuencia do son producen unha vibración espontánea,
dando lugar a un harmónico ou harmónicos con maior enerxía. Xeralmente os sons
formánticos teñen máis dun formante porque o resoador é complexo. Por outra
banda, nos sons aperiódicos ou ruídos a enerxía non se concentra en bandas
específicas senón que é máis uniforme.

4.3.1. Relacións entre os formantes e as configuracións articulatorias


Son as vogais os sons que presentan unha estrutura formántica máis
definida:
a) Primeiro formante (F1): canto máis alta é a súa frecuencia máis aberta é a
vogal. Esta depende das cavidades farínxea e bucal:
→ Se o maxilar descende domina a cavidade bucal sobre a farínxea,
dando así lugar a unha frecuencia maior.
→ Se o maxilar inferior se aproxima ao superior estréitase a cavidade
bucal e a farínxea tórnase máis ampla, diminuíndo a frecuencia.
b) Segundo formante (F2): a frecuencia depende da posición da lingua:
14 Lingua Galega I
2008/2009
USC
Bloque II: a fonética

→ Terá maior frecuencia se a lingua se ergue na parte anterior.


→ Terá menor frecuencia se a lingua se ergue na parte posterior.

Tamén está relacionada coa abertura das vogais: canto máis abertas son as
vogais anteriores menor é a frecuencia e cando máis abertas son as
posteriores maior é a frecuencia.
c) Terceiro formante (F3): a súa frecuencia depende dos beizos:
→ Será maior canto máis estirados estean os beizos.
→ Será menor canto máis arredondados e abucinados se atopen os
beizos.

4.4. Representacións gráficas da materia acústica


4.4.1. Esquema e carta das sete vogais tónicas do galego

15 Lingua Galega I
2008/2009
USC
Bloque II: a fonética

4.4.2. Espectro

Non podemos representar o tempo, pero si os harmónicos de xeito moi


exacto.

16 Lingua Galega I
2008/2009
USC
Bloque II: a fonética

4.4.3. Espectrograma

1) Evolución do son no tempo.


2) Amplitude representada mediante escala de grises (formantes).
3) É menos exacto cós espectros, pero permítenos obsrvar a evolución temporal.

Para a análise de espectrogramas ver o tema 2 de Gramática galega I: Fonética da


lingua galega
[http://www.adrive.com/public/8f2539349500d7a4739c01096578e3f62a1f114118491554e0bbfaf3d25fccce.html]

4.5. Trazos suprasegmentais ou prosódicos: acento, entoación e ritmo


As características suprasegmentais son aquelas que afectan ao conxunto
da cadea fónica, por enriba do ámbito do segmento.
1) Ámbitos aos que afectan:
b) Acento: característica que destaca unha sílaba nas palabras con acento
léxico (non teñen acento léxico os artigos, pronomes átonos, preposicións e
conxuncións). Ademais, o acento de diferentes palabras poden establecer
relacións entre si no nivel da frase.
c) Ritmo: é unha característica relacionada co peso ou duración das sílabas,
pero o seu estudo está pouco desenvolvido xa que a análise acústica da cadea
fónica non avala a percepción.
d) Entoación: melodía que lle imprimimos aos enunciados para engadir así
significados necesarios. Os principais índices acústicos que cómpre ter en
conta para o estudo da entoación son a F0 e a duración.

17 Lingua Galega I
2008/2009
USC
Bloque II: a fonética

2) Índices acústicos:
a) Duración. Exemplo: en galego as vogais tónicas duran máis cás átonas1 e
tamén as vogais finais (para compensar que adoitan ser non voceadas); a
duración das sílabas e a distancias entre os acentos repercuten no ritmo.
b) Intensidade ou amplitude: tradicionalmente considerouse importante para o
acento e a entoación, pero os estudos actuais non demostran que sexa
relevante para estes trazos. Así, ao final do enunciado tende a diminuír a
intensidade, independentemente de cal sexa a vogal tónica.
c) F0 (frecuencia fundamental): na actualidade considérase o índice principal
para a entoación, xa que é xogando con graves e agudos como construímos a
melodía do enunciado. Tamén é importante para o acento, xunto coa duración,
e inclúese nos estudos actuais sobre o ritmo.
3) Correlatos perceptivos: a relación entre a materia acústica e o que
percibimos non é absoluta, senón relativa. Así, para percibirmos un ton agudo
nunha voz aguda a distancia respecto do ton grave desa mesma voz ten que ser
maior ca no caso dunha voz grave.

4.5.1. Finalidade da entoación


1) Funcións non lingüísticas:
a) Reflicte o estado de ánimo do emisor, sendo necesario ter en conta o
contexto lingüístico para a súa interpretación (ironía).
b) Reflicte a imaxe que o emisor proxecta ou quere proxectar de si mesmo.
2) Funcións lingüísticas:
a) Distintiva (modalidade do enunciado). Neste senso cómpre ter en conta que
en galego existe variación prosódica dialectal. Así, por exemplo, en Camelle
rexístrase unha entoación dos enunciados interrogativos que noutras
variedades do galego sería interpretada como exclamativa. As curvas de
entoación máis comúns no galego son:
Función distintiva

400

350

300

250
F0 en Hz

200

150

100

50

Enunciativa Interrogativa Imperativa

1
Esta diferenza é máis acusada no portugués, pero non existe en español.

18 Lingua Galega I
2008/2009
USC
Bloque II: a fonética

Neste senso cómpre ter en conta que en galego existe variación


prosódica dialectal, sobre todo no que se refire ás interrogativas:
1. Galego común, na que a sílaba tónica vai asociada á baixada final da
curva2 e xa se marca ao comezo:
sílaba tónica

2. Camelle, onde se rexistra unha entoación dos enunciados interrogativos que


noutras variedades do galego sería interpretada como exclamativa:

3. Rías Baixas:
a) O Grove:

b) Cangas, Baixo Miño:

b) Delimitativa, é dicir, pode ter unha finalidade sintáctica, sendo importante


para determinar as relacións entre as unidades do enunciado. Exemplo: Foi
arrestado onte Manuel Ferreiro, o ministro de Xustiza vs. Foi arrestado onte Manuel
Ferreiro. O ministro de Xustiza [...] .

2
Isto non é o máis habitual nas linguas, xa que o normal é que se produza un contorno ascendente ao
final da interrogativa, como acontece en español, portugués, inglés, alemán, etc. De feito, estoutra
curva é tan frecuente que se mesmo se chegou a defender coma un universal lingüístico.

19 Lingua Galega I
2008/2009
USC
Bloque II: a fonética

c) Función focalizadora:
Función focalizadora

400
350
300
250
F0 en Hz

200
150
100
50
0
[es] ti ve mos[es] tu dan do

Foco [estudando] Non foco [estudando]

20 Lingua Galega I
2008/2009
USC

Você também pode gostar