Você está na página 1de 13

1. Historia da lingua, lingüística histórica e dialectoloxía.

O cambio lingüístico

1. Historia da lingua e lingüística histórica


A lingüística histórica é a disciplina que se encarga do estudo do cambio
lingüístico, pero para iso é indispensable ter en conta a historia social ou externa da
lingua. Algúns exemplos disto son:
A) Evolución do plural das palabras polisílabas que en singular rematan en
consoante líquida lateral :

animaas → animás
animaes
ANIMALES animais

animales

1) No latín galaico da época xermánica prodúcese unha mudanza que é


particular do noroccidente da Península: a perda do /l/ intervocálico, que
dá lugar á forma animaes da que xa se conservan testemuños nos textos
latinos anteriores ao século XIII.
2) A partir de animaes aparecen as formas:
 Animaas, unha forma xerada por asimilación (o /a/ tónico asimila o
fonema átono posterior). É unha forma xa documentada nos século XIV.
Posteriormente prodúcese unha crase que dá lugar á forma animás, un
resultado aínda presente na onomástica (Feás, Currás, Toxás...)
 Animais é unha forma resulante do debilitamento da segunda vogal do
hiato, que deixa de ser núcleo para converterse en marxe silábica
posnuclear. Estas formas documéntanse desde a etapa posmedieval.
3) Coas anteriores sigue convivindo a forma animales, unha forma minoritaria
que se rexistra só en certo tipo de textos.

1 Historia da lingua galega


2008/2009
USC
1. Historia da lingua, lingüística histórica e dialectoloxía. O cambio lingüístico

Se analizamos os datos deste gráfico podemos distinguir tres fases na propagación da


forma animales:
1) Primeira fase de propagación lenta dos séculos XIII ao XVIII (entre os séculos
XIII e XV documéntase en traducións de orixinais casteláns, polo que é posible
que sexa unha forma inducida pola fonte que se traduce). Ademais, non
dispoñemos de fontes para coñecer a lingua oral deste momento.
2) Fase de difusión rápida desde o século XIX.
3) Situación actual, na que só quedan reliquias da situación lingüística pasada,
como é o caso da forma cadrís.
Independentemente da orixe da forma animales (atribuída por algúns estudosos ao
contacto co castelán), observamos que a súa propagación rápida coincide co momento de
propagación máis rápida do coñecemento e uso do castelán. Do mesmo xeito, a expansión
da forma animais fóra da súa área dialectal prodúcese canso se propaga o coñecemento da
variedade estándar, na que é a variante seleccionada.
Como vemos, nos dous casos é preciso ter en conta a historia externa da lingua á hora de
explicar a propagación dunhas ou outras formas.

B) Gheada, consistente na aspiración do fonema oclusivo velar xordo // que dá


lugar a un oclusivo aproximante e, finalmente, a un oclusivo aspirado
farínxeo xordo // (e mesmo pode dar lugar á desaparición da consonante:
estruga > estruγa > estruha > estrúa). Existen tres hipóteses que intentan
explicar esta mudanza, pero tendo en conta a historia externa observamos que
as dúas primeiras non son posibles:
 Hipótese substratística: atribúe a gheada á influencia das linguas
prelatinas sobre o latín da Gallaecia, porén os datos amosan a que gheada
é unha mudanza tardía (os primeiros testemuños son do século XVII,
aínda que seguramente xa existía antes na lingua oral).
 Hipótese castelanista: considera a gheada coma unha consecuencia da
castelanización de Galiza, pero na época na que se comeza a documentar
os individuos bilingües era moi poucos, polo que é moi difícil que isto
desencadease o cambio.
 Hipótese estruturalista-interna: explica a gheada coma unha
transformación espontánea que se produce na lingua oral popular máis ou
menos a finais da Idade Media.

Como vemos, neste caso tamén é necesario ter en conta a historia social
da lingua á hora de explicar unha mudanza lingüística.

2. Lingüística histórica e dialectoloxía


Todas as linguas teñen variación interna, que pode ser de diferentes
tipos:
1) Diatópica.
2) Social, no caso do galego aumenta desde a segunda metade do século XX,
cando o galego comeza a ser usado por individuos de clases sociais que antes
non o empregaban.
3) Contextual ou situacional.
4) Diacrónica.

2 Historia da lingua galega


2008/2009
USC
1. Historia da lingua, lingüística histórica e dialectoloxía. O cambio lingüístico

O grao de variación das linguas depende do seu desenvolvemento ou


expansión. Así, o inglés ten un maior grao de variación có galego por ter máis
falantes e o galego aumentou a súa variación social e contextual nos últimos cen anos.

Así, a dialectoloxía pode ser entendida en sentido amplo coma a


disciplina lingüística que estuda as variedades xeográficas, sociais, contextuais e
diacrónicas. Todas estas variedades poden recibir a denominación de dialectos. Porén,
desde o punto de vista tradicional a dialectoloxía restrínxese ao estudo das
variedades diatópicas, e é disto do que se pode beneficiar principalmente a lingüística
histórica xa que os materiais dos que dispoñemos para o estudo da variación
diatópica, social e contextual en épocas pasadas é moi escaso.

3 Historia da lingua galega


2008/2009
USC
1. Historia da lingua, lingüística histórica e dialectoloxía. O cambio lingüístico

Un exemplo de que a dialectoloxía pode ser de axuda para a lingüística


histórica é a análise do seseo, un fenómeno que debeu ir recuando de leste a oeste. Na
actualidade podemos distinguir tres zonas:
1) Seseo explosivo (lus : luses), zona na que se atopan os sistemas máis antigos, nos
que non apareceu a innovación // e que, polo tanto, están máis próximos ao
galego medieval.
2) Seseo implosivo (lus : luces), a innovación consolídase en posición intervocálica.
No galego medieval existía a oposición entre // predorsal e apical, o que supuña
un sistema moi complexo que se puido simplificar de dous xeitos:
a) Só /s/ (seseo explosivo)
b) /s/ > // en posición inicial de sílaba, e mantense o /s/ apical en posición final.
3) Non seseo: a innovación impúxose nas dúas posicións, polo que é un sistema máis
afastado do galego medieval.

Así, a dialectoloxía é unha fonte importante para a lingüística histórica,


xa que ao lado das formas maioritarias estuda outras que poden ser vestixios de
formas que no pasado puideron estar máis estendidas. Con todo, a dialectoloxía é
unha disciplina autónoma, en ningún caso é auxiliar da lingüística histórica.

3. O cambio lingüístico
Desde unha ollada inxenua pode parecer que a lingua é inmutable, unha
percepción que parte da consideración de que a lingua é só a que se describe nas
gramáticas. Porén, desde unha perspectiva máis coidada obsérvase que as linguas
varían ao longo do tempo e nun determinado momento sempre conteñen un certo
grao de variación dentro delas. Esta variación interna adoita anunciar procesos de
cambio lingüístico que poden camiñar en diferentes direccións dependendo de moitos
factores.

Exemplos disto son:


a) O Appendix Probi, unha listaxe de erros que aparece ao final dun libro usado para o
ensino do século IX. Nel condénanse as formas usadas polos alumnos e ao lado
aparecen as formas latinas que debían ser usadas (OCULUS non oclus; VINEA non vinia).
A maioría das formas condenadas foron as que acabaron triunfando, polo que a
lingua continuou mudando.
b) A convivencias das seguintes formas:

Forma Significado Usos


Sentir Sentir é máis usado entre os individuos de maior idade e
menos entre os de menor idade.
Percibir un son sen
Oír tende a ser usado polos individuos de menor idade en
necesidade de
Oír detrimento de sentir. Ademais, é a forma coincidente co
prestarlle atención
castelán, polo que estamos perante unha mudanza en
marcha que pode ter a súa orixe no contacto co castelán.
Actualmente tende a neutralizarse a oposición semántica
entre oír / sentir e escoitar, de xeito que se usa escoitar en
Percibir un son con contextos nos que tradicionalmente se usaba oír ou sentir.
Escoitar
atención Estamos tamén perante un cambio lingüístico en marcha
que, ademais, tamén se está a producir no castelán con
escuchar.
c) Outros trazos do galego actual:
1) Plano fónico: retroceso da gheada e do seseo.
2) Plano morfolóxico: formación dos plurais das palabras que en singular rematan
4 Historia da lingua galega
2008/2009
USC
1. Historia da lingua, lingüística histórica e dialectoloxía. O cambio lingüístico

en –l.
3) Plano sintáctico: colocación do clíticos.
4) Plano léxico: recuperación de léxico tradicional perdido na fala popular para a
substitución de castelanismos (avó por abuelo, etc.)

3.1. Limitacións do lingüista histórico


O lingüista histórico ten moitas máis limitacións no seu traballo có
lingüista sincrónico:
1) O lingüista sincrónico pode recorrer a diversas fontes de información, todas
elas moi ricas:
a) Lingua oral, na que pode analizar textos de diverso tipo e diferentes tipos
de variación:
 Variación diatópicas (gravacións en diferentes lugares);
 Variación social;
 Variación contextual.
b) Lingua escrita: literatura, textos xornalísticos, administrativos...
c) Gramáticas (descritivas ou prescritivas) e estudos diversos sobre o uso
actual da lingua.
d) Opinións dos falantes sobre o fenómeno lingüístico que se estuda
(mediante cuestionarios, etc.)

2) O lingüista histórico ten unhas fontes máis limitadas, que non permiten facer
unha reconstrución completa. Por iso, segundo Labov, o lingüista histórico
debe facer o mellor uso posible de datos deficientes.
a) Hai linguas para as que mesmo se pode carecer te textos escritos, polo que
é preciso recorrer a idiomas veciños ou realizar deducións indirectas.
b) Nas linguas paras que contamos só con textos escritos, como é o caso do
galego medieval, a mostra é moi reducida:
 En número de textos, xa que non chegan a nós tódolos textos
elaborados en galego entón, polo que non é unha mostra variada e
representativa coma a que pode facer o lingüista sincrónico.
 En variedades, xa que só chegan a nós textos da variedade escrita cos
trazos característicos da mesma, polo que non son un reflexo da
variedade oral.

Isto fai que o estudo de aspectos fonéticos sexa máis difícil, xa que os sistemas
alfabéticos non reproducen con exactitude a lingua oral, senón que obedecen a
lóxicas moi diversas.

- // e // represéntanse co grafema <e>


- // e // represéntanse co grafema <o>

Isto xa acontecía no galego medieval, de xeito que en moitas ocasións non sabemos cal era
a realización das vogais de altura media.
Isto é o que acontece no caso de medo, xa que nin no galego escrito actual nin no medieval
podemos saber cal é a realización da vogal e, pero sabemos que a realización máis
próxima ao latín sería /ɛ/ (MĚTU> mɛdo), pero a influencia da vogal átona fixo que o e se
fechase, unha innovación que tería moito éxito.
Con todo, ao lingüista histórico pódenlle ser de utilidade:
5 Historia da lingua galega
2008/2009
USC
1. Historia da lingua, lingüística histórica e dialectoloxía. O cambio lingüístico

a) Os textos poéticos, xa que as esixencias de ritmo, medida e rima poden


achegar indicios das realizacións:
1
- Sabemos que a realización da vogal tónica en cedo é /e/ (CĬTO > cedo ), polo que ao
aparecer cedo e medo en posición de rima nalgunhas cantigas deducimos que a
realización da vogal tónica en medo tamén debe ser /e/. É dicir, esta é unha
realización que xa se debía coñecer na Idade Media.
- A métrica tamén nos pode achegar información sobre a realización ou non de hiatos.
Por exemplo: PALATIU > paaço > paço.

b) As formas que contraveñen os usos escritos consagrados: aínda que na


escrita medieval non existían normas, había certas convencións que adoitaban
seguirse. Cando isto non acontece é probable que se reflictan mudanzas que se
están a producir na lingua oral.

- /dz/ > /z/: o fonema africado comeza a realizarse axiña como fricativo e, desde un
determinado momento, comezan a aparecer nos textos formas coma faser ou diser
(sobre todo en documentos notariais, non en textos literarios), que son realizacións
dos sistemas seseantes actuais.

En conclusión, o lingüista histórico ten unha grande desvantaxe de


partida. Así, no caso do galego:
1) Para o galego medieval só contamos con textos que nos permiten reconstruír
unha variación moi limitada e, ademais, son opacos ás realizacións fonéticas.
2) No século XVI xa podemos citar o Glosario do Bacharel Olea, aínda que é
moi escaso.
3) No século XVIII destacan os estudos de Sarmiento, Sobreira e Cornide.
4) No século XIX o Rexurdimento e o galeguismo favorece que aparezan as
primeiras gramáticas e dicionarios.
5) Desde a segunda metade do século XX xa podemos falar de estudos de
lingüística galega.

3.2. A reconstrución
Ás veces cómpre reconstruír formas que non están documentadas en
ningures, pero que sabemos que tiveron que existir na lingua oral. Así, atendendo ás
leis fonéticas anteriores:

- HĔRBA > hɛrba; SĔMPER > sɛmpre


- CĬTO > cedo

Tendo en conta isto, a evolución do latín NĬVEM debería ser neve, pero o certo é que esta
forma dá nɛve en galego e portugués e nieve en castelán2. Deste xeito, os resultados
románicos inducen a pensar que no latín vulgar hispánico debeu haber unha forma *NĔVE,
que substituíu a forma clásica e que sinalamos cun * por non estar documentada

Outro exemplo é o seguinte:

1
É unha lei fonética que ĭ (i breve) > e, ao igual que ě (e breve) > ɛ.
2
As vogais breves latinas dan un resultado con ditongación no centro da Península.
6 Historia da lingua galega
2008/2009
USC
1. Historia da lingua, lingüística histórica e dialectoloxía. O cambio lingüístico

- Ŭ > o (SŬM > son; BŬCCA > boca)


- Ŏ >  (RŎTAM > roda)

Pero a forma NŬCEM > noz (cast. nuez), polo que os resultados nas linguas románicas esixen
concluír que no latín vulgar tivo que haver unha forma *NŎCE.

3.3. A análise do cambio lingüístico


3.3.1. Evolución da análise do cambio lingüístico
1) Saussure chegou a dicir que o cambio lingüístico non se pode analizar no seu
desenvolvemento (a súa produción e propagación), senón que só se podían
estudar as súas consecuencias. Este axioma mantívose ata a segunda metade
do século XX.
2) A mediados do século XX W. Labov desenvolve metodoloxías para estudar as
mudanzas lingüísticas en marcha no inglés falado nos EUA, dentro da
sociolingüística variacionista. Así, saber como se producen as mudanzas
lingüísticas no presente pode axudarnos a comprender como se produciron en
épocas pasadas.

3.3.2. Cuestións a ter en conta na análise do cambio lingüístico


1) Relación de variantes existentes.

No caso dos plurais dos nomes oxítonos rematados en –l no singular no galego


actual, serían:
 –is
 –les
 –s
 –ls
 –es

2) Descrición pormenorizas da distribución desas variantes por contextos:


a) variedades diatópicas,
b) variedades sociais,
c) variedades contextuais.

No exemplo anterior:
 –les é a forma maioritaria desde o punto de vista da variación
diatópica.
 –is é, desde o punto de vista social, máis usada por individuos urbanos
de formación media-alta
 –is, desde a perspectiva da variación contextual, é máis usada nos
contextos formais.

Así, a variante –is pode comezar a propagarse en determinadas variedades


sociais e contextuais e chegar a variedades diatópicas nas que antes non
estaba presente.

A análise destas dúas cuestións permitiranos facer unha descrición


rigorosa de como se está a producir e propagar unha mudanza lingüística. Así, a

7 Historia da lingua galega


2008/2009
USC
1. Historia da lingua, lingüística histórica e dialectoloxía. O cambio lingüístico

investigación sociolingüística demostra que é posible estudar o cambio lingüístico en


marcha, o que tamén nos permite avanzar no estudo de mudanzas lingüísticas
pasadas.

Por outra banda, as mudanzas lingüísticas prodúcense en períodos longos


de tempo3, nos que podemos distinguir dous momentos:

1) Innovación: aparición dunha forma lingüística descoñecida antes.

bõno (forma conservadora)


BONU
bõo (innovación)

2) Difusión, momento do que depende que a innovación se constitúa en mudanza


lingüística ou quede abortada. A difusión debe producirse en dúas dimensións:
a) No sistema lingüístico: as mudanzas non se producen simultaneamente en
todas as unidades susceptibles de incorporalas, senón que en cada unha
aparecen cunha cronoloxía particular. É o que a sociolingüística
variacionista denominou difusión léxica.

Na actualidade a forma maioritaria para o plural dos nomes oxítonos


rematados en –l no singular é –les, pero non en todos os casos xa que son
maioritarias formas coma cadrís.

b) Na comunidade de falantes: cando unha innovación triúnfa ten que ser


usada cada vez por máis falantes e en máis contextos. Así, hai innovacións
que se difunden:
 Do rexistro coloquial ao formal, como é o caso da gheada, aínda que
nace nos rexistros coloquiais e non chega a ter éxito nos formais.
 Do rexistro formal ao coloquial, como é o caso de certas formas do
estándar actual, algunhas con máis éxito (plurais en –is, isto) e outras con
menos (cantasemos, cantabamos).

No galego hai na actualidade moitas mudanzas lingüísticas en marcha,


por estar nun momento de fortes cambios (aparición do estándar, perda de falantes,
contacto co castelán, oficialidade), pero non todas serán innovacións que se
difundan.

3.4. Modelo da curva en s ou modelo lento – rápido – lento


3
Aínda que pode que isto estea a cambiar desde a segunda metade do século XX, xa que o avance nas
comunicacións podería facer que as mudanzas lingüísticas se propagasen máis rapidamente.

8 Historia da lingua galega


2008/2009
USC
1. Historia da lingua, lingüística histórica e dialectoloxía. O cambio lingüístico

lento

rápido

lento

O modelo da curva en s é o máis frecuente na expansión de innovacións


lingüísticas, e consta de tres fases:
1) Expansión lenta: aparición da innovación nunha determinada variedade
da lingua e expansión lenta no sistema lingüístico e na comunidade de
falantes.
2) Expansión rápida: a innovación e adoptada con rapidez por un número
considerable de falantes en diferentes variedades diatópicas e sociais,
deixando de estar marcada diatopica ou socialmente para converterse nun
trazo característico da comunidade lingüística.
3) Expansión lenta: é a última fase, na que aínda quedan unidades lingüísticas
e falantes que se resisten á mudanza.

Por exemplo, a evolución do plural dos nomes oxítonos rematados en –l no singular


sigue este modelo:
1. Expansión lenta das formas rematas en –les durante a Idade Media e
probablemente ata o século XIX (cando aínda é considerable o número de
plurais en –ás).
2. Expansión rápida das formas rematas en –les na segunda metade do século
XX (Atlas lingüístico), que se corresponde co avance do coñecemento e uso
do castelán.
3. Expansión lenta, fase que concluirá cando as voces e falantes que se
resisten á mudanza a incorpore. Con todo, neste caso aparece un novo
factor: o estándar, que favorece a expansión das formas rematas en –is.

Outro exemplo é o da expansión do inglés estándar en Escocia nos século XVI e


XVII estudada por Wardhaugh4, de xeito que se substitúen trazos propios do inglés
escocés por outros dos estándar:
Inglés estándar Inglés escocés
which quhilk
-ed (arrived) -it
no na
an ane
-ing -and
Segundo Wardhaugh, nos textos analizados datados entre 1520 e 1659 pásase dun
15% de uso das innovacións (1520) a un 90% (1659), polo que se dá unha fase de
expansión lenta e outra de expansión rápida. O trazo que se introduciu con máis
rapidez foi –ing, seguido de no.

4
Wardhaugh, R. (1992): Introducción á sociolingüística. Santiago de Compostela: Universidade.

9 Historia da lingua galega


2008/2009
USC
1. Historia da lingua, lingüística histórica e dialectoloxía. O cambio lingüístico

Pero ademais, como tamén apunta Wardhaugh, a introdución das


innovacións non é simultánea:
a) En todos os trazos (-ing expándese máis rapidamente ca outros): xeralmente as
formas nas que as innovacións progresan máis rapidamente son as de máis
uso.
b) En todos os tipos de texto. No caso anterior as innovacións triúnfan primeiro
nos textos relixiosos, seguidos da correspondencia oficial, os documentos
privados, a correspondencia privada e, finalmente, os documentos públicos.

3.5. Causas do cambio lingüístico


As principais causas do cambio lingüístico son:
1. Causas externas ou sociolingüísticas, é dicir, condicionadas polo contexto
social no que a lingua se fala. Dentro destas destacan:
a) Contacto entre linguas: o contacto entre individuos que falan linguas
diferentes dá lugar á aparición de importantes grupos bilingües que poden
producir fenómenos de transferencia dunha lingua a outra. Este é un dos
principais detonantes do cambio lingüístico.

Algúns exemplos son:


a) Influencias de substrato, que no caso do galego son máis perceptibles
no léxico, pero que tamén se deron en trazos fonéticos coma a
sonorización de oclusivas xordas (-T > -d: RŎTA > roda) ou a desaparición
dalgunhas oclusivas sonoras en posición intervocálica (-D- > -Ø-: PĔDE >
pee > pé). Estas influencias no latín da Gallaecia prodúcense porque
durante o proceso de latinización aparecen grupos numerosos de
individuos bilingües que favorecen a transferencia de trazos dunha
lingua a outra.
b) Durante a época da dominación xermánica non se constitúe un grupo
importante de individuos bilingües e, ademais, moitos dos xermanos
que chegaron á Gallaecia xa estaban latinizados, de aí que o latín
nunca chegara a ser substituído polas linguas xermánicas na
Gallaecia.
c) Na Galiza actual o contacto entre linguas provoca que, por exemplo, o
galego falado en Vigo teña o sistema vocálico do castelán5.

b) Cambio social: os cambios que se producen na sociedade que usa unha


determinada lingua tamén inflúen na mesma. Así, Galiza sufriu un rápido
cambio social nas últimas décadas, de xeito que a sociedade agraria
tradicional está practicamente desaparecida e, con ela, oficios tradicionais,
formas de diversión, instrumentos de traballo... Isto fai que o léxico que os
designaba tamén fora caendo en desuso. Ademais, este cambio tamén leva
consigo mudanzas na relación entre as persoas: por exemplo, mudaron as
normas de respecto no núcleo familiar, o que fai que formas documentadas no
XIX coma Vós moito falás (dirixíndose a un pai) estean practicamente
desaparecidas.

5
Vidal Figueroa, Tiago (1997): Estructuras fonéticas de tres dialectos de Vigo, en Verba, vol. 24, p.
313 – 332.

10 Historia da lingua galega


2008/2009
USC
1. Historia da lingua, lingüística histórica e dialectoloxía. O cambio lingüístico

En conclusión, as linguas son faladas nun determinado contexto social e


se este muda terá consecuencias nos falantes e na lingua.

2. Causas internas, debidas ao funcionamento do sistema lingüístico:


a) Cambios fonéticos, mediatizados polas tendencias e limitacións do aparello
fonador humano.

Algúns exemplos son:


a) Asimilación e disimilación, que conducen á igualación e diferenciación
de sons:
1. Asimilación: a ... b > a ... a (Coruña > Curuña). O elemento máis
forte é o que a adoita producir, así no exemplo anterior: o ... ú > u ...
ú.
2. Disimilación: a ... a > a ... b (VICĪNU > VECĪNU: i ... í > e ... í)

b) LĬNGUA > lengua sería a evolución esperable no paso do latín ao galego ( Ĭ


> Ɛ), pero convive coa forma lingua, que é froito dunha mudanza
producida polo grupo heterosilábico –ng– (Ɛ > i). Esta é unha mudanza
que tamén se dá noutras linguas, como é o caso do inglés: England ( e >
i).

c) Cambios producidos polas normas que regulan o funcionamento do sistema


lingüístico.

Exemplos disto son:


a) A evolución da P3 e a P6 do presente de indicativo de ter dá lugar ao
~
mesmo resultado: TĔNET > tɛn; TĔNENT > tɛ en > tɛn (perda da oclusiva
final de sílaba; Ĕ > ɛ; -n- asimila a vogal anterior e confírelle unha
resonancia nasal que despois desaparece). Pero nos documentos
posmedievais xa comeza a aparecer a innovación teñen para a P6, que
se constrúe co lexema da P1 e as desinencias da P6, de xeito que se
desfai a igualación resultante da evolución fonética simple (como
tamén acontece en vir e poñer).
b) No léxico atopamos casos coma os de spaghetti > espagueti, que tende
a recibir adaptacións para que funcione coma un substantivo galego, de
xeito que aparece a forma espaguetis aínda que spaghetti xa sexa
masculino plural en italiano.

***

Unha das preguntas recorrentes á hora de estudar o cambio lingüístico é se


este leva consigo decadencia ou progreso:
1) A percepción do cambio lingüístico como decadencia é moi antiga e chega
mesmo á actualidade. Así, o paso do latín ao romance considerouse coma
unha corrupción do primeiro.

11 Historia da lingua galega


2008/2009
USC
1. Historia da lingua, lingüística histórica e dialectoloxía. O cambio lingüístico

2) Pero o cambio lingüístico tamén pode entenderse como mellora dos sistemas
lingüísticos, que pasan a ser máis eficientes para as funcións de
comunicación.

Con todo, o que é certo é que as linguas vivas tenden a ter un equilibrio
inestable, xa que nelas adoitan darse cambios en direccións opostas.

QUAERIT > quer é a evolución esperada no paso do latín ao galego ( AE > ɛ; I átono
> e; E átono final despois de vibrante > Ø). Pero fronte a esta tendencia fonética
hai outra morfolóxica, xa que as P3 da 2ª conxugación presentan –e como
desinencia, e téndese á igualación con formas coma teme, bebe ou come. Esta é
a razón pola que na actualidade conviven as dúas formas aínda que quere é a
maioritaria (ao contrario ca na Idade Media, que era quer).

Ademais, tamén cómpre ter en conta que6:


1) O cambio fonético (e noutros planos) é, polo xeral, regular dentro dunha
mesma lingua. Así o podemos comprobar en fenómenos coma a lenición
consonántica: as consonantes intervocálicas e as seguidas de vibrante adoitan
debilitarse e adoptar características propias do seu entorno: -T- > -d-; -P- > -b-;
-K- > -g- (AMICU7 > amigo; CAPRA > cabra) .
2) Esta regularidade do cambio fonético está condicionada por algunhas
restricións:
a) Contexto: así a evolución -T- > -d- restrínxese aos casos nos que -t- está en
posición intervocálica ou seguida de vibrante, pero non se produce coas
semiconsoantes coma [j] (FORTIA > força). O mesmo acontece co -N-
intervocálico, que desaparece nesa posición pero non en posición inical:
(RES)NATA > nada.
b) Cronoloxía e forma de transmisión da palabra: a evolución -T- > -d- só se dá
nun determinado período histórico e en palabras que entraron na lingua por vía
oral (palabras patrimoniais), pero non nas que foron incorporadas tardiamente
de forma non oral (palabras cultas: VĪSITĀRE > visitar; HUMANU > humano).
c) Área xeográfica. Seguindo co exemplo anterior, a evolución -T- > -d- só se dá
ao oeste e norte dunha liña que atravesa a Península Itálica desde La Spezia
ata Rimini.

Así, as excepcións non invalidan a regularidade do cambio fonético.

En relación con isto, tamén fai referencia Lloyd ao concepto de lei


fonética, xurdido na lingüística histórica do século XIX, un momento no que se
formulou establecendo un paralelismo coas leis científicas das ciencias naturais.
Podemos manter esta etiqueta, pero cómpre ter en conta a diferenza entre as leis
humanas (como é o caso das leis fonéticas) e as naturais:

6
Lloyd, M. Paul (1993): Del latín al español, pp. 1 – 8.
7
No paso do latín ás linguas románicas tómase como forma base para os nomes o acusativo singular
sen o –m final, xa que este desapareceu desde moi antigo.

12 Historia da lingua galega


2008/2009
USC
1. Historia da lingua, lingüística histórica e dialectoloxía. O cambio lingüístico

1) Ás leis naturais non se lles pode asignar unha cronoloxía nin un lugar
concretos, xa que se producen sempre e en calquera lugar.
2) As leis humanas e, polo tanto, as leis fonéticas, posúen:
a) Unha cronoloxía concreta. Así, os cambios lingüísticos teñen un comezo e
un final difusos e, ademais, non dispoñemos das fontes necesarias para
precisalos. Por exemplo, a evolución -N- > -Ø- só se produce a partir do
século V.
b) Un lugar concreto. Así, a evolución anterior só se dá en parte do noroeste
ibérico.

13 Historia da lingua galega


2008/2009
USC

Você também pode gostar