Você está na página 1de 16

BLOQUE II: FONOLOXÍA

Tema 3: A fonoloxía estrutural e a descrición do sistema fonemático galego

1. A fonoloxía estrutural: conceptos básicosi


No século XVIII comézanse a observar semellanzas entre as linguas
europeas e o sánscrito, o que dá lugar ás teorías da existencia dunha lingua
indoeuropea da que derivarían diversas linguas. Estes son os antecedentes da
lingüística histórica (da que tamén é precursor o Padre Sarmiento). Nos estudos de
lingüística histórica observouse a existencia de leis fonéticas na evolución das
linguas.
A fonoloxía comeza a desenvolverse nos anos 20 do século XX e
perfecciónase nos 30 no chamado Círculo de Praga, dentro do que destacan Roman
Jakobson e Nicolai S. Trubetzkoy, os dous de orixe rusa e exiliados por mor da
revolución. Compartían unha ideoloxía que se opoñía ao eurocentrismo, que se
reflicte na obra póstuma Principios de fonoloxía (1939) de Trubetzkoy, editada por
Jakobson. Nela faise referencia á equivalencia estrutural das linguas (unha postura
achegada á do relativismo cultural).

1.1. Oposición e fonema


1) Oposición: dous elementos opóñense cando teñen unha base común pero á
vez trazos diferentes que permite distinguilos:

pito pato pito peto


/i/ /a/ /i/ /e/
vogal vogal vogal vogal
anterior central anterior anterior
pechada aberta pechada nin aberta nin pechada
oral oral oral oral

Os trazos que nos permiten distinguir os elementos son os trazos


distintivos ou pertinentes. Así, segundo Trubetzkoy a función distintiva só se pode
dar por oposición de particularidades fónicas que dan lugar á oposición de signos
lingüísticos. Por exemplo, nas palabras alemás rose e riese é distintivo /o:/ e /i:/,
porque é o que as fai diferentes, pero non as diferentes pronuncias do r inicial.

mĩto pito
/i/ /i/ Neste exemplo a única diferenza entre os dous casos é a nasalidade do
vogal vogal primeiro /i/ e a oralidade do segundo. Porén, este non é un trazo distintivo,
anterior anterior xa que non permite distinguir dous significados da lingua.
pechada pechada
nasal oral
Así, esta fonoloxía pon o límite no fonoloxicamente distintivo, sen ter en
conta o que está alén diso. Deste xeito establécese o inventario de fonemas e as
oposicións entre eles, é dicir, a estrutura fonolóxica dunha lingua.

2) Fonema: Trubetzkoy defíneo coma o conxunto das particularidades


fonoloxicamente pertinentes dunha imaxe fónica, é dicir, refírese aos trazos
pertinentes dun segmento, polo que estamos a falar dunha unidade
abstracta.

1 Gramática Galega I
2008/2009
USC
BLOQUE II: FONOLOXÍA
Tema 3: A fonoloxía estrutural e a descrición do sistema fonemático galego

[pato] [mãkar] [kã] [mã] No caso do galego o /a/ oponse ás demais vogais
vogal vogal vogal vogal por ser aberta, polo que este é o seu único trazo
central posterior posterior anterior distintivo, as demais diferenzas que podemos
oral oral nasal nasal atopar nestes explos non son trazos pertinentes
aberta aberta aberta aberta do punto de vista fonolóxico.

/i/ /u/ /a/ Toda vogal ten que ser necesariamente arredondada ou non
vogal vogal vogal arredondada, pero no caso do galego este non é un trazo
pechada pechada aberta distintivo, xa que non permite establecer oposicións
anterior posterior fonolóxicas.

Cómpre distinguir, polo tanto, entre:


a) Fonema: unha unidade abstracta na que non se inclúen os trazos
fonoloxicamente non pertinentes, é un construto teórico, non unha realidade
física.
b) Son: realidade concreta que se pode analizar.
c) Alófono: é cada unha das diferentes realizacións dun fonema.

Segundo Martinet a linguaxe ten unha dobre articulación:


1) Primeira articulación da linguaxe: fai referencia ás unidades mínimas con
significado (léxico ou gramatical). Exemplo: nen/a pequen/a.
2) Segunda articulación da linguaxe: composta por unidades que non teñen función
significativa, pero si distintiva, é dicir, os fonemas.

Amable Veiga define o fonema coma un segmento mínimo da segunda


articulación da linguaxe con función distintiva, constituído por trazos pertinentes que
o opoñen a tódolos demais que poden aparecer no mesmo lugar. Desta definición
tiramos tres características do fonema:
1. Pertence á segunda articulación da linguaxe, xa que só ten función distintiva,
pero non significativa.
2. Componse só dos trazos pertinentes.
3. Oponse a tódolos demais que poden aparecer no mesmo contexto e / ou
posición (isto está relacionado co concepto de neutralización).

Tendo en conta isto podemos establecer o INVENTARIO DE FONEMAS E


OPOSICIÓNS POSIBLES. Trubetzkoy demostra así que trala variación das linguas hai un
sistema moito máis compacto e reducido que pode ser determinado e do cal se pode
explicar o seu funcionamento. Isto é o que fai Martinet nun estudo sobre unha fala dos
Alpes franceses, aplicando un método que posteriormente sería usado nas linguas europeas.
Con todo, é un método limitado xa que non abonda para explicar outros elementos
coma a sílaba.

Esta fonoloxía establece dous grupos de trazos diferentes para vogais e


consoantes:
1. Vogais (son os son máis abertos, polo que os seus trazos están relacionados
coa abertura):
a) Grao de abertura: abertas, pechadas, abertura media.
b) Localización: anterior ou posterior.
2 Gramática Galega I
2008/2009
USC
BLOQUE II: FONOLOXÍA
Tema 3: A fonoloxía estrutural e a descrición do sistema fonemático galego

c) Acción dos labios: labializadas ou non labializadas.


d) Resonancia nasal ou oral.
2. Consoantes (sons caracterizados por un obstáculo na saída do aire e o xeito de
superalo):
a) Modo de articulación (xeito de superar os obstáculos na saída do aire):
oclusivas, fricativas, etc.
b) Localización.
c) Resonancia nasal ou oral.

Esta diferenciación entre vogais e consoantes vén xustificada tamén polo


seu papel na sílaba:
→ Elementos centrais, é dicir, que poden constituír sílaba por si mesmos
(vogais).
→ Elementos marxinais: só poden constituír sílaba agrupados con outros
(consoantes).

Ademais, os fonemas vocálicos e consonánticos non manterían entre si


relacións paradigmáticas, pero si sintagmáticas1. É dicir, non poderiamos substituír
un fonema vocálico por un consonántico, aínda que esta afirmación teórica pode dar
lugar a contradicións na práctica.

1.1.1. Tipos de oposicións


Trubetzkoy establece os seguintes tipos de oposicións que, segundo el, se
dan de xeito universal en tódalas linguas.
1) Bilaterais ou multilaterais:
a) A base de comparación entre elementos que se opoñen só aparece en dous
elementos do sistema. Exemplo:
/p/ /b/
consoante consoante
oclusiva oclusiva
labial labial
non voceada voceada

b) A base de comparación entre elementos que se opoñen aparece en máis de


dous elementos do sistema. Exemplo:
/m/ /n/ // //
consoant consoant consoant consoant
e e e e
nasal nasal nasal nasal
labial alveolar palatal velar

1
- Relacións paradigmáticas: son as que se establecen, por exemplo, entre o e a en neno / nena, xa que
son unidades pertencentes ao paradigma do xénero.
- Relacións sintagmáticas: son relacións de combinación que se producen entre elementos que non
forman parte do mesmo paradigma. No exemplo anterior, a relación entre nen e o sería unha relación
sintagmática.
3 Gramática Galega I
2008/2009
USC
BLOQUE II: FONOLOXÍA
Tema 3: A fonoloxía estrutural e a descrición do sistema fonemático galego

2) Proporcionais ou illadas:
a) Proporcionais: trazos que permiten distinguir entre membros de
diferentes oposicións do sistema. Exemplo:
/t/ /d/ /p/ /b/
consoant consoant consoant consoant
e e e e
dental dental labial labial
xorda sonora xorda sonora

b) Illadas: trazos que só permiten distinguir membros dunha oposición do


sistema. Exemplo: o trazo simple / múltiple só permite distinguir entre /r/ e /
/.

3) Privativas, graduais e equipolentes:


a) Privativas: son oposicións que veñen dadas pola presenza dunha marca
nun dos membros e a súa ausencia no outro. Exemplo:
/t/ /d/
non
voceada
voceada

b) Graduais: son oposicións dadas pola aparición da mesma particularidade


ou característica nos membros da mesma, pero en diferente grao.
Xeralmente aplícase case de xeito exclusivo á abertura das vogais. Así,
temos graos extremos (abertura máxima, abertura mínima / pechada) e
medios (abertura media).

c) Equipolentes: son oposicións que se dan entre características que están no


mesmo nivel, é dicir, que non implican a presenza ou ausencia dunha marca
nin teñen diferenzas de grao. É, por exemplo, o caso de trazos coma labial,
dental, velar, etc. Exemplo:
/p/ /t/ /k/
labial dental velar

Tendo en conta todo isto poderiamos establecer o inventario dos fonemas


de calquera lingua.

1.2. Neutralización e arquifonema


1) Neutralización: prodúcese cando un trazo distintivo deixa de selo en certos
contextos, de xeito que se suspende a oposición, quedando como trazos
distintivos só os da base de comparación. Exemplos:

Singular Plural
tat ‘feito’ taten [ta:tn]
[‘ta:t]
A oposición /t/ vs. /d/ suspéndese en final de sílaba
rad ‘roda’ räder [r:de]
[ra:t]

4 Gramática Galega I
2008/2009
USC
BLOQUE II: FONOLOXÍA
Tema 3: A fonoloxía estrutural e a descrición do sistema fonemático galego

[r] []
[caro] [cao] A oposición entre [r] e [] dáse en posición medial, pero
[para] [paa] non en posición final de sílaba, un contexto no que se tende
[carejro] [caejro] a facer unha vibrante (en especial en final de palabra), como
acontece no caso de [partir]2. Así, as realizacións [partir] e
[pati] non dan lugar a oposicións, polo que neste contexto
[partir] [pati]
o trazo vibrante simple vs. vibrante múltiple non é
distintivo, neutralízanse.

2) Arquifonema: cando se produce a neutralización estamos, en realidade,


perante unha unidade diferente, definida só polos trazos da base de
comparación, é o que denominamos un arquifonema.
a) Os arquifonemas represéntanse con letras maiúsculas: /R/, /T/, etc.
b) A representación faise en relación ao fonema non marcado. Por exemplo,
entre /t/ e /d/ o arquifonema sería /T/, xa que é o non voceado.

Segundo Trubetzkoy, en principio só se poderían neutralizar as oposición


bilaterais e non as multilaterais. Exemplos:
/p/ /b/ /m/ /n/ // //
consoante consoante consoante consoante consoante consoante
oclusiva oclusiva nasal nasal nasal nasal
labial labial labial alveolar palatal velar
non voceada voceada
Non sería posible a neutralización, por exemplo, entre a labial e
Sería posible a neutralización a alveolar, porque senón no seriamos quen de distinguir a
palatal e a alveolar.

Porén, sabemos que se poden producir neutralizacións entre nasais. Para


explicar isto Trubetzkoy di que as oposicións multilaterais poden neutralizarse
sempre que tódalas oposicións establecidas entre os seus membros, alén dos trazos
comúns, se neutralicen simultaneamente. Exemplo:
[‘ka]
[‘kam pe’keno] O punto de articulación en posición final de
[‘kan do’ntI] sílaba nunca establece oposicións. Isto daría
lugar á aparición dun arquifonema nasal: /N/
[‘kani ejrento]

2
Unha solución cada vez máis estendida e que se afasta da fonoloxía tradicional, na que predominaba a
realización dunha vibrante simple seguida, en moitas ocasións, dun [e] paragóxico: [patie].
5 Gramática Galega I
2008/2009
USC
BLOQUE II: FONOLOXÍA
Tema 3: A fonoloxía estrutural e a descrición do sistema fonemático galego

Nas oposicións graduais Trubetzkoy decátase de que non se poderían


neutralizar, xa que os trazos dun arquifonema estarían á vez noutros. Pero en francés
(e quizais tamén en galego) dáse unha neutralización entre as vogais medias abertas
e as vogais medias pechadas.

2. Estrutura fonemática da lingua galega


2.1. Subsistema vocálico
2.1.1. Vocalismo tónico
[‘l] [‘de]
[‘l] [‘dees]
[le‘amos] [de‘emos]
[le’ar] [de‘er]

Para explicar isto Trubetzkoy di que a oposición gradual pasa a converterse en


privativa:
i u abertura 1
e o abertura 2
ε  abertura 3
a
abertura 4

palatais ou anteriores central velares ou posteriores

Así, temos que:


/i/ /e/ //
vogal vogal vogal
anterior anterior anterior
abertura 1 abertura 2 abertura 3

Se /e/ e // se neutralizan, os trazos do seu


arquifonema tamén estarían en /i/, polo que
a neutralización non sería posible.

Polo que, segundo Trubetzkoy, cando hai oposicións graduais neutralizadas estas
son especiais, xa que pasan de graduais a privativas. É dicir, dentro da abertura
media habería unha oposición dependente entre abertas e non abertas:

abertura mínima (1): /i/, /u/

non aberto: /e/, /o/


abertura media (2): aberto: //, //

abertura máxima (3): /a/

6 Gramática Galega I
2008/2009
USC
BLOQUE II: FONOLOXÍA
Tema 3: A fonoloxía estrutural e a descrición do sistema fonemático galego

Así os trazos ‘media’ e ‘aberta’ / ‘non aberta’ serían dous, non un. Con
todo, isto parece contradicir o principio básico de que os trazos distintivos do
fonema son simultáneos e non xerarquizados, xa que a oposición entre vogais
medias parece sinalar unha certa xerarquía.
Con todo, en galego poderiamos falar da neutralización das vogais
medias en certos ditongos:
1) Neutralización:
a) [] / [e]: a realización do primeiro elemento deste ditongo é máis aberta ca
[e], pero máis pechada ca [], polo que se produce unha neutralización da
oposición neste contexto, polo que teríamos que referirnos a un
arquifonema [].
b) [] / []: coma no caso anterior, prodúcese unha neutralización das
vogais medias neste contexto [].
2) Non neutralización:
a) [] vs. []: as vogais medias neste contexto opóñense, xa que permiten
distinguir parellas nalgunhas falas, coma [bu] e [beu].
b) [] vs. [] tamén se opoñen.

En casos nos que existen variantes coma d[]nte e d[]nte non poderiamos falar de
neutralización das vogais medias, xa que o sistema non deixa de ter sete unidades. Pero si
que é un fenómeno que pode ter outras repercusións:
1) Adaptación de cultismos (impertin[]/[]nte), aínda que a súa realización é sempre
aberta en [i], polo que formas coma ambi[]nte estarán presentes tanto na zona de
d[]nte coma na de d[]nte.
2) Metafonía nominal en palabras con flexión de xénero, unha oposición que se dá só na
parella s[o]gro / s[]gra, aínda que pode que se dese noutras e que posteriormente
recuperasen o timbre (*c[e]go / c[]ga > c[]go / c[]ga), xa que tamén se produce
noutras parellas non relacionadas directamente (p[o]rto / p[]rto; t[e]sto / t[]sto).
Con todo, malia ter estas repercusións, a existencia destas variantes non altera o sistema.

2.1.2. Vocalismo pretónico

l[]vo t[e]rmo
l[]vas t[e]rmas p[]dra > p[e]dreira
l[]va t[e]rma f[]rro > f[e]rreira
l[e]vamos t[e]rmamos

Tendo en conta exemplos coma estes, parece que se dá unha


neutralización das vogais medias en posición pretónica. Con todo, hai situacións nas
que non é así, coma o que acontece con diminutivos e aumentativos:
p[]dra > p[]driña b[]la > b[]liña
f[]rro > f[]rriño b[]la > b[]liña

7 Gramática Galega I
2008/2009
USC
BLOQUE II: FONOLOXÍA
Tema 3: A fonoloxía estrutural e a descrición do sistema fonemático galego

1) Amable Veiga explica isto considerando que nos diminutivos e aumentativos


parece darse unha dobre tonicidade, de xeito que a primitiva vogal tónica non
se volve totalmente átona.
2) A. Santamarina considera que o que realmente se dá é un cambio lingüístico
en marcha, de xeito que se pasa dun sistema tradicional de cinco vogais en
posición pretónica, a un novo sistema de sete vogais en posición pretónica.
Así, fomas coma Alías ou axacto non serían máis ca adaptacións de Elías e exacto
aos patróns fonolóxicos do galego tradicional.

p[o]rteiro > p[]rteiro


r[]seira > r[]seira

2.1.3. Vocalismo postónico


1) Vocalismo postónico en posición interna: en galego o acento pode situarse
como máximo na terceira sílaba contando desde o final da palabra (palabras
esdrúxulas3), de xeito que só pode haber unha sílaba postónica interna.
a) Na lingua tradicional atopamos poucos exemplos de palabras
esdrúxulas, e nas existentes parece haber só tres vogais en posición
postónica interna: /a/, /E/ e /O/4. Exemplos:
/a/ bácaro, pícaro, Láncara, chícharo, cágado
/E/ cádega / cádiga, cóxegas / cóxigas, nádega / nádiga
/O/ bácoro, víspora

b) Na lingua actual parece aumentar o número de vogais nesta posición


debido á introdución de novas palabras. Así, aparecen palabras con /u/
coma cálculo, círculo, rótulo ou realizacións con // coma número. A
inexistencia destas vogais postónicas en posición interna é a que dá lugar a
adaptacións coma círcolo, teléfano, polígano, etc.

2) Vocalismo postónico en posición final:


a) Lingua tradicional: segundo Amable Veiga, en posición final
distinguiriamos /a/, /E/ e /O/, de aí a existencia de formas adaptadas coma
Lole ‘Loli’ ou Pile ‘Pili’.
b) Lingua actual: na lingua actual cada vez son máis frecuentes formas coma
taxi, campus, corpus, etc., de xeito que pasamos de distinguir tres vogais a
distinguir cinco: /i/, /u/, /E/, /O/ e /a/. Cómpre ter en conta tamén que en
posición final non distinguimos vogais abertas do punto de vista
fonolóxico, pero si hai realizacións abertas en casos coma [] ‘lévoo’
ou [] ‘amontóoos’

 OS CAMBIOS NO VOCALISMO
3
No caso dalgúns verbos con clíticos poderíase pensar que o acento pode recaer mesmo na cuarta
sílaba desde o final, con todo estes clíticos deben ser tratados como engadidos xa que non parece
posible ese tipo de acento no nivel da palabra.
4
Parece producirse unha neutralización das vogais medias neste contexto, por iso facemos referencia
aos arquifonemas /E/ e /O/.
8 Gramática Galega I
2008/2009
USC
BLOQUE II: FONOLOXÍA
Tema 3: A fonoloxía estrutural e a descrición do sistema fonemático galego

Como puidemos observar, estanse a producir unha serie de cambios no


vocalismo do galego:
Galego tradicional Galego actual
Vocalismo tónico /i/, /e/, //, /a/, //, /o/, /u/ /i/, /e/, //, /a/, //, /o/, /u/
Vocalismo pretónico /i/, /E/, /a/, /O/, /u/ /i/, /e/, //, /a/, //, /o/, /u/
Vocalismo postónico /E/, /a/, /O/ /i/, /u/, /E/, /O/, /a/

Estes cambios están moi relacionados coa adaptacións de palabras


novas, que entran na lingua principalmente por vía oral (a través do español), aínda
que tamén por vía escrita. Moitas proceden do inglés e á súa vez do latín, polo que a súa
adaptación pode parecer máis doada, pero non o é tanto a daquelas formas procedentes do
inglés de orixe non latina. Na adaptación deste tipo de palabras podemos distinguir
dous grandes grupos:
1) Adaptacións máis regulares:
a) Palabras esdrúxulas: a maioría entran con vogal aberta (mdico,
econmico, sincrnico, lxico), agás sépolo, pétalo e océano e o caso máis
variable de céspede.
b) Vogais iniciais absolutas (que forman sílaba por si mesmas) tamén son
abertas en xeral: mitir, mitir, quilibrio, xacto, etc.
c) As trabadas por oclusiva, tónicas ou átonas, tamén son abertas en xeral:
adptar, acptar, rcto, dircto, xame, xidar, etc. Nestes casos a oclusiva
non adoita pronunciase.
2) Adaptacións máis variables: tomo / tmo, Venus / Vnus, etc. En casos deste
tipo poden entrar en conflito dúas regras. Por exemplo, isto pode acontecer en
tolueno xa que, por unha banda, no ditongo [w] a vogal media é aberta, pero
na terminación [] é pechada (rabeno, cacheno), de aí que a pronuncia de
termos coma tolueno poida variar segundo se atenda a unha ou outra regra.

2.2. Subsistema consonántico


Para establecer o inventario de elementos do sistema consonántico do
galego necesitamos, coma no caso das vogais, levar a cabo un proceso de
segmentación e despois de conmutación das unidades mínimas, para identificar así
as unidades contrastivas. Estas unidades resultantes son os fonemas, as unidades
mínimas da segunda articulación, é dicir, con significante pero sen significado (son
unidades distintivas pero non teñen significado de seu).

2.2.1. Sistemas consonánticos do galego


9 Gramática Galega I
2008/2009
USC
BLOQUE II: FONOLOXÍA
Tema 3: A fonoloxía estrutural e a descrición do sistema fonemático galego

oposición: oposición:
oclusiva vs. fricativa voceada vs. non voceada

10 Gramática Galega I
2008/2009
USC
BLOQUE II: FONOLOXÍA
Tema 3: A fonoloxía estrutural e a descrición do sistema fonemático galego

11 Gramática Galega I
2008/2009
USC
BLOQUE II: FONOLOXÍA
Tema 3: A fonoloxía estrutural e a descrición do sistema fonemático galego

O galego, coma tódalas linguas, ten máis dun sistema xa que o concepto
de lingua non é lingüístico, senón histórico – político.

2.2.2. Nasais
1) Posición inicial de sílaba: prodúcense oposicións coma as seguintes:

/n/ata
/m/ata

2) Posición final:
a) De sílaba: prodúcense neutralizacións, xa que non se dá unha oposición
respecto ao punto de articulación, polo que podemos falar dun
arquifonema /N/. Exemplo:

d
5


b) Absoluta aparece sempre //.


c) De palabra:
→ Nasal en posición final de palabra + palabra que empeza por vogal:
sempre //. Exemplo: [ ]
→ Nasal en posición final de palabra + palabra que comeza por
consoante: prodúcese unha neutralización, xa que os puntos de
articulación non son distintivos (non hai unha oposición de labial vs.
palatal vs. alveolar vs. velar), polo que estamos de novo perante un
arquifonema /N/. Exemplo:

 
 
 

 Cantos fonemas nasais hai en galego?6


En galego hai polo menos tres nasais: //, // e // (aínda que // en
posición inicial só aparece nalgúns cultismos coma ‘ñu’7). O problema está en []:
1) Veiga é o primeiro en tocar esta cuestión, explicándonos que neste caso caben
dúas posibilidades:
a) //: considerar // coma un fonema que opón unidades coma unha, uña e
una ou dunha e duna. Neste caso o número de oposicións é moi reducida e
en interior de palabra en posición intervocálica só aparece nalgúns
cultismos grafados con <nh> e non de xeito sistemático (inherente,

5
[] = palatalizado; [] = velarizado, aínda que no caso da nasal o habitual é usar o símbolo []. Cómpre
puntualizar que [n] ≠ [] e [] ≠ [], aínda que sexan semellantes, mentres que [] = [] e [] = [].
6
Ver tamén: Dubert García, F.: Reflexións sobre o silabeo de unha, algunha e ningunha
7
Con todo, estas novas palabras son adaptadas ao sistema fonolóxico sen problemas, ao igual cós
castelanismos que comezan por <ll-> (en galego non hai palabras patrimoniais deste tipo).
12 Gramática Galega I
2008/2009
USC
BLOQUE II: FONOLOXÍA
Tema 3: A fonoloxía estrutural e a descrición do sistema fonemático galego

inhumano, enherbar ‘facer saír a herba’), mentres que outros semellantes


grafados sen <h> presentan sempre pronuncia alveolar (inútil). Tamén
formas grafadas con <n> teñen [] como pronuncia estándar, como é o caso
de benestar.
b) /N/: unha segunda opción que xorde da consideración de que o [] en [ua]
non é máis ca outro exemplo da neutralización das nasais en posición final
de sílaba (u > u.a). Desde esta perspectiva o trazo velar estaría
neutralizado e non sería pertinente, polo que o galego tería só tres nasais
(uNa). Con todo, esta posición presenta algúns problemas:
→ Noutros casos non se mantén a nasal velar, coma en  >
 vs.  > a.
→ Ademais se en  >  a nasal pasa a formar parte da sílaba
seguinte, o que non é coherente con considerar que en [a] a división
silábica sexa [.a] e non [.a]. Ademais o caso de  >
 prodúcese tamén entre palabras (ma.ra.zul; ma.la.mi.go)

2) O problema reside, polo tanto, na segmentación silábica de [a], unha


forma que sabemos que ten dúas sílabas, pero sobre a que non hai acordo
respecto á súa segmentación8:
a) Porto Dapena foi o primeiro en realizar un traballo experimental sobre
esta cuestión, no que concluía que a segmentación silábica debía ser [.a].
Con todo, este traballo non ten valor científico.
b) M. González9 expón que o [] de [u ] e o de [ ] son
idénticos acusticamente, pero non por iso teñen que estar na mesma
posición silábica.
c) Non é doado, polo tanto, establecer de xeito obxectivo cal é a segmentación
silábica de [a]. Con todo, algúns traballos apuntan a que cando a nasal
está en posición implosiva o veo do padal baixa antes, nasalizando parcial
ou totalmente a vogal anterior, mentres que cando está en posición
explosiva o veo do padal baixa máis tarde. Exemplos:

implosiva explosiva

. .
. .

Se opoñemos [a], [kka], [] e [] parece que no caso de [a]


se produce unha nasalización coma no caso das implosivas do exemplo anterior, polo
que a segmentación silábica sería [.a]. Con todo, isto está baseado en datos
parciais sobre un estudo de tan só cinco falantes, polo que non podemos consideralo
coma un feito obxectivo.
8
O concepto de sílaba fonolóxica constrúese en boa medida sobre o argumento de que os falantes son
quen de contar intuitivamente as sílabas, pero no caso de [ua] non parece existir acordo entre os
falantes.
9
González, Manuel e María González (1997): “Algunhas consideracións ó redor do [1] en galego”, en
Benigno Fernández Salgado (ed.) Actas do IV Congreso da Asociación Internacional de Estudios
Galegos (Oxford, 26-26 de setembro de 1994), Oxford: Centro de Estudios Galego, pp. 291-308.
13 Gramática Galega I
2008/2009
USC
BLOQUE II: FONOLOXÍA
Tema 3: A fonoloxía estrutural e a descrición do sistema fonemático galego

d) Como apuntamos anteriormente, o concepto de sílaba fonolóxica


fundaméntase en boa parte en que os falantes son quen de realizar a
segmentación silábica. Porén, no caso de formas coma [a] parece que os
falantes teñen percepcións diferentes respecto da segmentación silábica,
que pode que respondan a comportamentos diferentes, de xeito que
calquera das dúas hipóteses ([.a] ou [.a]) sería certa.
O problema da pronuncia do <-n> como [] ou [n] é un problema morfolóxico, non
fonolóxico. Así, en formas coma ben, nin, non, quen... en contextos coma ben o sei o <n>
forma parte do clítico, que se une a unha raíz truncada, ao igual ca en formas verbais coma
dixérono.

2.2.3. Róticas
Como xa vimos anteriormente (1.2) [r] e [] neutralízanse en posición
final (mesmo pode aparecer calquera das dúas realizacións), dando lugar ao
arquifonema /R/:
[r] []
[caro] [cao] A oposición entre [r] e [] dáse en posición medial, pero
[para] [paa] non en posición final de sílaba, un contexto no que se tende
[carejro] [caejro] a facer unha vibrante (en especial en final de palabra), como
acontece no caso de [partir]10. Así, as realizacións [partir] e
[pati] non dan lugar a oposicións, polo que neste contexto
[partir] [pati]
o trazo vibrante simple vs. vibrante múltiple non é
distintivo, neutralízanse.

2.2.4. Laterais
1) Sistema 1:

En posición final o punto de articulación (palatal ou alveolar) non é


pertinente, xa que as líquidas laterais son asimiladas á consoante seguinte, dando
lugar ao arquifonema /L/. Exemplos:

 
 11
10
Unha solución cada vez máis estendida e que se afasta da fonoloxía tradicional, na que predominaba
a realización dunha vibrante simple seguida, en moitas ocasións, dun [e] paragóxico: [patie].
11
[] = velarizada.
14 Gramática Galega I
2008/2009
USC
BLOQUE II: FONOLOXÍA
Tema 3: A fonoloxía estrutural e a descrición do sistema fonemático galego

  ...

2) Sistema 1b:

Ao só existir a lateral /l/ e non a // non se produce neutralización, xa que


non hai elementos que neutralizar.

2.2.5. Oclusivas
O galego ten seis oclusivas (p, t, k, b, d, ), pero en final de sílaba só
aparecen en cultismos. Nestes casos parece que non hai oposición entre voceadas e
non voceadas, de xeito que teriamos os arquifonemas /P/, /T/ e /K/12. Exemplo:



Con todo, isto non explica que tamén existan na fala formas con
variacións coma [], []ou [].

3. Fonoloxía e sociolingüística: o sistema estándar e os sistemas


alternativos

12
Lembremos que para representar o arquifonema se escolle a forma non marcada, neste caso as non
voceadas.
15 Gramática Galega I
2008/2009
USC
i
Bibliografía:
 Trubetzkoy, N. S.: Principios de fonología.
 Anderson, Stephen R: La fonología en el siglo XX.
 Moreno Cabrera, J.C.: La dignidad e igualdad de las lenguas: críticas de la discriminación lingüística.

Você também pode gostar