P. 1
2. Lírica medieval

2. Lírica medieval

|Views: 460|Likes:
Publicado porLuz Varela Armas

More info:

Published by: Luz Varela Armas on Jun 26, 2009
Direitos Autorais:Attribution Non-commercial

Availability:

Read on Scribd mobile: iPhone, iPad and Android.
download as DOC, PDF, TXT or read online from Scribd
See more
See less

12/08/2012

pdf

text

original

2.

Lírica medieval

1. Orixe da lírica medieval galego-portuguesa
1.1.A lírica provenzal

Parte da lírica medieval galego- portuguesa deriva da lírica culta escrita en lingua d’oc que se deu na Provenza a comezos do século XII. Esta lírica supuxo unha revolución cultural por ser unha lírica culta escrita en romance e, ademais, dáse nunhas condicións sociais que favorecen a aparición do chamado amor cortés. Esta lírica estenderíase por Europa, feito ao que axudaría a guerra contra os cátaros que se produciu neste territorio e que provoca o exilio de moitos trobadores a diferentes cortes europeas. Espállase por diferentes áreas: 1) Áreas máis achegadas á Provenza (Catalunya e norte de Italia): escríbese en provenzal. 2) Áreas afastadas, coma Alemaña, nas que se escribe ao estilo provenzal pero non en lingua d’oc (minnesanger alemán). 3) Áreas máis afastadas (occidente da Península Ibérica e Sicilia), nas que as diferenzas con respecto á Provenza non se aprecian só na lingua, senón tamén na organización social. A lírica galego-portuguesa é moi complexa retoricamente pero os seus moldes temáticos son moi limitados e, aínda así, mantense durante século e medio (século III – primeira metade do XIV). A distinción de xéneros na lírica galego-portuguesa tamén ten semellanzas coa provenzal:
Provenzal temática amorosa: cansó temática satírica: sirventés xéneros menores Galego-portuguesa temática amorosa: cantiga de amor e cantiga de amigo temática satírica: cantiga de escarnio e maldizer xéneros menores (menos ca na lírica provenzal)

1.2.As orixes da cantiga de amigo

a) b) c)

A cantiga de amigo é un xénero autóctono, que se relaciona con: Un lirismo pretrobadoresco existente en Galiza do que non conservamos máis ca datos indirectos, pero do que sobreviviría a cantiga de amigo e o feito de ser o galego-portugués a lingua da lírica. As carxas mozárabes, composicións breves cuxa voz lírica era feminina, mais que se inscribían en composicións máis extensas escritas en árabe ou hebreo. A chanson de toile (canción de tear), posterior.

2. Trazos formais Nas 1679 cantigas conservadas podemos apreciar unha grande homoxeneidade formal. Cómpre ter en conta que ningún trazo formal é definitorio dun determinado xénero, aínda que hai trazos que son máis frecuentes nuns xéneros ca noutros. As principais características formais das cantigas galego-portuguesas son:

1

Comentario Literario de Textos Galegos 2007/2008 USC

2. Lírica medieval

a) Dimensión dos textos: caracterízanse pola súa brevidade xa que arredor de 1000 cantigas están compostas por 3 cobras e unhas 400 por 4 cobras. As cantigas restantes presentan posibilidades diversas. b) Cobras: I) a) Arredor dunhas 1000 cantigas están construídas sobre tres fórmulas estróficas que dan como resultado un total de sete esquemas: Sete versos e tres rimas (máis común nas cantigas de mestría):
abbacca
tetrástico de rima alterna + dístico + retorno á rima inicial

tetrástico de rima abrazada + dístico + retorno á rima inicial

ababcca

abbaccb
tetrástico de rima abrazada + dístico + retorno á rima inicial

ababccb
tetrástico de rima alterna + dístico + retorno á rima inicial

b)

Seis versos e tres rimas (máis común nas cantigas de refrán):
abbaCC1
tetrástico de rima alterna + dístico + retorno á rima inicial

tetrástico de rima abrazada + dístico + retorno á rima inicial

ababCC

c)

Tres versos e dúas rimas (máis común na cantiga de amigo paralelística):
aaB
dístico monoasonantado ou monoconsonantado+ 2ª rima

Neste senso temos que lembrar que a rima se dá a partir da última vogal acentuada e que pode ser asonante ou consonante. Cando se mestura a asonancia e a consonancia nunha composición diremos que esta é asonante. II) Segundo a relación que manteñen entre elas en canto á súa estrutura e realización fónica, as cobras poden ser:
Exemplo de cobras singulars: Falei un dia, por me baralhar con meu amigo, con outr’ , u m’ el visse e direi-vos qui lhi dix’ , u m’ el disse porque lhi fezera tan gram pesar: se vos i, meu amigo, pesar fiz, non foi por al, se non porque me quix. Por baralhar con el e por al non falei con outr’ , en tal que provasse, e pesou-lhi mais ca se o matasse e preguntou-m’e dixi-lh’eu enton: se vos i, meu amigo, pesar fiz, non foi por al, se non porque me quix. Ali u eu con outr’ ant’ el falei preguntou-m’ ele porque lhi fazia tan gran pesar ou se o entendia e direi-vos como lhi salvei: se vos i, meu amigo, pesar fiz, non foi por al, se non porque me quix. Johan Soarez Coelho

a b b a C C a b b a C C a b b a C C

1)

Cobras singulars: danse cando as cobras dunha cantiga teñen o mesmo esquema estrófico pero con realizacións fónicas diferentes. Aínda que se considera que teñen menos dificultade, son as máis frecuentes na lírica galego – portuguesa.

1

Na métrica medieval non se usan as maiúsculas e as minúsculas para adistinción entre versos de arte maior e de arte menor, xa que non se fai tal distinción. Neste caso as maiúsculas refírense aos versos de refrán, que normalmente aparecen nestes dous esquemas posíbeis (abbaCC e ababCC).
2

Comentario Literario de Textos Galegos 2007/2008 USC

2. Lírica medieval
Exemplo de cobras unissonans: Se eu podesse desamar a quen me sempre desamou, e podess' algun mal buscar a quen mi sempre mal buscou! Assy me vingaria eu, se eu podesse coyta dar, a quen mi sempre coyta deu. Mays sol non posso eu enganar meu coraçon que m' enganou, per quanto mi faz desejar a quen me nunca desejou. E per esto non dormio eu, porque non poss' eu coita dar, a quen mi sempre coyta deu. Mays rog' a Deus que desampar a quen mh' assy desamparou, ou que podess' eu destorvar a quen me sempre destorvou. E logo dormiria eu, se eu podesse coyta dar, a quen mi sempre coyta deu. Vel que ousass' en preguntar a quen me nunca preguntou, per que me fez en ssy cuydar, poys ela nunca en min cuydou. E por esto lazero eu, porque non poss' eu coyta dar, a quen mi sempre coyta deu Pero da Ponte (A 289 / B 980 / V 567) a b a b c a C a b a b c a C a b a b c a C a b a b c a C

2)

Cobras unissonans: repetición do mesmo esquema e a mesma realización fónica.

Exemplo de cobras alternas: Mandad' ey comigo ca ven meu amigo: E irey, madr', a Vigo! a a B a a B a a B a a B a a B a a B

3)

Cobras alternas ou alternadas: dentro do mesmo esquema estrófico dáse unha alternancia da realización fónica.

Comigu' ey mandado ca ven meu amado: E irey, madr', a Vigo! Ca ven meu amigo e ven san' e vivo: E irey, madr', a Vigo! Ca ven meu amado e ven viv' e sano: E irey, madr', a Vigo! Ca ven san' e vivo e d' el-rey amigo: E irey, madr', a Vigo! Ca ven viv' e sano e d' el-rey privado: E irey, madr', a Vigo! Martin Codax (B 1279 / V 885 / N 2)

3

Comentario Literario de Textos Galegos 2007/2008 USC

2. Lírica medieval

Exemplo de cobras dobras: Os que non amam nen saben d' amor fazen perder aos que amor am. Vedes porque: quand' ant' as donas vam, juram que morren por elas d' amor, e elas saben poys que non é 'ssy; e por esto perç' eu e os que ben lealmente aman, segundo meu sén. Ca sse elas soubessen os que an ben verdadeyramente grand' amor, d' alguen sse doeria ssa senhor, mays, por aqueles que o jurad' am, cuydan-ss' elas que todus taes son; e por esto perç' eu e os que ben lealmente aman, segundo meu sén. E aqueles que ja medo non an que lhis faça coita sofrer amor, vÊen ant' elas e juran melhor ou tan ben come os que amor an, e elas non saben quaes creer; e por esto perç' eu e os que ben lealmente aman, segundo meu sén. a b b a c D D a b b a c D D a b b a c D D

4)

Cobras dobras: a realización fónica repítese, pero de xeito non alterno, podéndose dar os seguintes casos:  Unha realización nas dúas primeiras estrofas e outra nas dúas últimas.  Unha realización na primeira e cuarta cobra e outra na segunda e terceira.  Unha realización nas dúas primeiras e outra na última.

Cobras ternas: unha realización nas tres primeiras cobras e outra nas E os ben desanparadus d' amor a tres últimas. Son moi raras juram que morren con amor que an, b sseend' ant' elas, e menten de pran; b xa que non son moitas as mays, quand' ar vÊen os que an amor, a cantigas de 6 cobras. ja elas cuydan que vÊen mentir; c e por esto perç' eu e os que ben D 6) Sistemas mixtos: son moi lealmente aman, segundo meu sén. D frecuentes dada a complexidade formal das Johan Baveca cantigas. Así, pódense dar (B 1108 / V 699) casos de cobras singulars pola rima b, dobras pola rima b e á vez unissonans pola rima c. III) Outros recursos retóricos son:
Exemplo de cobras capdenals: Ai, dona fea, fostes-vos queixar que vos nunca louv[o] en meu cantar, mais ora quero fazer un cantar en que vos loarei toda via; e vedes como vos quero loar: dona fea, velha e sandia! Dona fea, se Deus mi pardon, pois avedes [a]tan gran coraçon que vos eu loe, en esta razon vos quero já loar toda via; e vedes qual será a loaçon: dona fea, velha e sandia! Dona fea, nunca vos eu loei en meu trobas, pero muito trobei; mais ora já un bon cantar farei, en que vos loarei toda via; e direi-vos como vos loarei: dona fea, velha e sandia! Johan Garcia de Guilhade

5)

1)

Cobras capdenals: repetición dunha palabra ou secuencia de palabras que se sitúa en inicio de verso noutra cobra da composición na mesma altura estrutural. Esta repetición non ten porque darse ao longo de toda a composición e, ademais, o refrán non participa deste fenómeno.

4

Comentario Literario de Textos Galegos 2007/2008 USC

2. Lírica medieval

Exemplo de cobras capfinidas:

2)

Cobras capfinidas: recurso que serve para ligar cobras consecutivas. Consiste na aparición dunha palabra ou palabras no verso inicial dunha cobra que xa aparecían no verso final da cobra anterior. Esa palabra pode ser derivada e nas cantigas de refrán o fenómeno pódese dar sobre o último verso do corpo da cobra, sobre o último do refrán ou sobre os dous.

Ai, dona fea, fostes-vos queixar que vos nunca louv[o] en meu cantar, mais ora quero fazer un cantar en que vos loarei toda via; e vedes como vos quero loar: dona fea, velha e sandia! Dona fea, se Deus mi pardon, pois avedes [a]tan gran coraçon que vos eu loe, en esta razon vos quero já loar toda via; e vedes qual será a loaçon: dona fea, velha e sandia! (...) Johan Garcia de Guilhade

Exemplo de cobras capcaudadas: (...) Bem soub', amigo, por certo que o pesar d' aquel dia vosso, que par nom avia; mais pero foi encoberto, e porem seede certo que nom foi o vosso pesar que s' ao meu podess' iguar. Ca o meu nom se pód' osmar nem eu nom o pudi negar. Don Denis (B 553 / V 156)

3)

Cobras capcaudadas: recurso que liga cobras sucesivas mediante a rima, xa que consiste en que o primeiro verso dunha cobra teña a mesma rima có último da anterior.
Exemplo de mordobre e rima derivada (▪): (...) E pois vos vós da coita non nembrades nen do afán que mi o Amor faz sofrer, por meu mal vivo máis ca vós cuidades, e por meu mal me fezo Deus nacer e por meu mal mon morrí u cuidei como vos viss', e por meu mal fiquei vivo, pois vós por meu mal ren non dades. Desta coita en que me vós tẽedes, en que hoj'eu vivo tan sen sabor, que farei eu, pois mi a vós non creedes? Que farei eu, cativo pecador? Que farei eu, vivendo sempre assí? Que farei eu, que mal día nací? Que farei eu, pois me vós non valedes? E pois que Deus non quer que me valhades nen me queirades mia coita creer, que farei eu? Por Deus, que mi o digades! Que farei eu, se logo non morrer? Que farei eu se máis a viver hei? Que farei eu, que conselh'i non hei? Que farei eu, que vós desemparades? Martin Soarez

4)

Mozdobre ou mordobre2: repetición de palabras da mesma familia léxica con derivación (o máis frecuente é que se dea sobre o verbo). É un recurso moi frecuente, mais que está relacionado co contido, coa intencionalidade que teña o autor de lle dar énfase a certos aspectos conceptuais. Se esta repetición se dá en posición de rima, o fenómeno denomínase rima derivada3.

2 3

É o que denominamos figura etimolóxica nos textos actuais. Os provenzais facían un uso moi frecuente deste recurso, como acontece na cantiga de Pero da Ponte (“Se eu podesse desamar”).
5

Comentario Literario de Textos Galegos 2007/2008 USC

2. Lírica medieval
Exemplo de palabra rima: Se eu podesse desamar a quen me sempre desamou, e podess' algun mal buscar a quen mi sempre mal buscou! Assy me vingaria eu, se eu podesse coyta dar, a quen mi sempre coyta deu. Mays sol non posso eu enganar meu coraçon que m' enganou, per quanto mi faz desejar a quen me nunca desejou. E per esto non dormio eu, porque non poss' eu coita dar, a quen mi sempre coyta deu. (...) Pero da Ponte (A 289 / B 980 / V 567) Exemplo de palabra volta: (...) Ca non vej' eu, pero vej' eu: quanto vej' eu non mi val ren; ca perdí o lume por en, porque non vej' a quen mi deu esta coyta que oj' eu ey, que ja mays nunca veerey, se non vir o parecer seu. Ca ja ceguey, quando ceguey; de pran ceguey eu logu' enton, e ja Deus nunca me perdon, se ben vejo, nen se ben ey; pero, se me Deus ajudar e me cedo quiser tornar u eu ben vi, ben veerey. Johan Garcia de Guilhade (A 231 / B 421 / V 33)

5)

Palabra rima: repetición da mesma palabra en posición de rima en diferentes cobras e á mesma altura estrutura. Se esta repetición se dá ao longo de toda a cantiga falaremos de palabra rima perfecta, senón de palabra rima imperfecta. Non se ten en conta o refrán

6)

Palabra volta (mot tornat): é o mesmo fenómeno có anterior, pero sen se dar á mesma altura estrutural, polo que tamén se pode dar dentro da mesma cobra.

Exemplo de dobre: Pero que eu mui long' estou da mha senhor e do seu bem, nunca me dê Deus o seu bem, pero que m' eu tam long' estou, se nom é o coraçom meu mais preto d' ela que o seu. E pero long' estou d' ali d' u agora é mha senhor, nom aja bem da mha senhor, pero m' eu long' estou d' ali, se nom é o coraçom meu mais preto d' ela que o seu. E pero longe do logar estou, que nom poss' al fazer, Deus nom mi dê o seu bemfazer, pero long' estou do logar, se nom é o coraçom meu mais preto d' ela que o seu. C' a vezes tem em al o seu, e sempre sigo tem o meu. Don Denis (B 515 / V 98)

7)

Dobre: é un recurso sen correlato na lírica provenzal é que consiste na repetición da mesma palabra inalterada dentro da cobra e que na mesma altura estrutural se repita outra palabra en cada cobra. Ten que se dar en toda a composición.

6

Comentario Literario de Textos Galegos 2007/2008 USC

2. Lírica medieval

Exemplo de palavra perduda: Os que non amam nen saben d' amor fazen perder aos que amor am. Vedes porque: quand' ant' as donas vam, juram que morren por elas d' amor, e elas saben poys que non é 'ssy; e por esto perç' eu e os que ben lealmente aman, segundo meu sén. Ca sse elas soubessen os que an ben verdadeyramente grand' amor, d' alguen sse doeria ssa senhor, mays, por aqueles que o jurad' am, cuydan-ss' elas que todus taes son; e por esto perç' eu e os que ben lealmente aman, segundo meu sén. E aqueles que ja medo non an que lhis faça coita sofrer amor, vÊen ant' elas e juran melhor ou tan ben come os que amor an, e elas non saben quaes creer; e por esto perç' eu e os que ben lealmente aman, segundo meu sén. E os ben desanparadus d' amor juram que morren con amor que an, sseend' ant' elas, e menten de pran; mays, quand' ar vÊen os que an amor, ja elas cuydan que vÊen mentir; e por esto perç' eu e os que ben lealmente aman, segundo meu sén.

8)

Palavra perduda: verso que queda libre en canto á rima, non rima con ningún outro da estrofa. Non se ten en conta o refrán e pódense dar dúas situacións:  que as palavras perdudas non rimen entre si  que as palavras perdudas rimen entre si

Exemplo de cantiga de atehuda até a fiinda: Ay eu coitado! e quand' acharei quen me dé consello como possa ir a un logar u eu querria ir? e non posso! nen ar poss' achar quen me dé consello como possa ir veela dona que por meu mal vi, mais fremosa de quantas donas vi, E por que moiro, querendo lle ben; ca tan fremosa dona nunca fez Nostro Sennor de quantas donas fez, nen tan comprida de tod' outro ben. Por esta moiro, que Deus atal fez, e non llo disse, se me valla Deus! ca non ousei, assi me valla Deus! Ca me quis ante mia coita 'ndurar ca me perder con tan bÔa sennor a que deu tanto ben Nostro Sennor, e quero m' ante mia coita 'ndurar. Mais rogarei tanto Nostro Sennor que el me lev' u a possa veer, ca muit' á ja que non pude veer Niun prazer, ca non fuy a logar u a eu viss', e por aquesto non vi nunca mais prazer, nen ja mais non mi ar veerei, se non for a logar u veja ela, ca sei eu que non verei prazer e sempr' averei mal, se non vir ela que vi por meu mal. E meus amigos, se non est' assi, non me dé Deus dela ben, nen de si! E se non, leve Deus u son os seus, estes meus ollos que vejan os seus! E se os viren, veran gran prazer, ca muit' á que non viron gran prazer! Leve os Deus cedo, que pod' e val, u veran ela que tan muito val!

9) Cantiga de atehuda: son aquelas cantigas nas que non se interrompe o pensamento ou contido desde o comezo até o final (ten que se dar en toda a cantiga). É típica do trobadorismo galego-portugués (preocupación pola unidade do poema) o que conséguese mediante dous procedementos:  Encabalgamento das estrofas, procedemento ao que se fai referencia na Arte de Trovar e o único a ter en conta para algúns teóricos.  A presenza de partículas ilativas ao comezo das cobras (e, ca, pois, quando).
Johan Baveca (B 1108 / V 699)

Pero Garcia Burgalês ()

Se a cantiga ten fiinda diremos que é unha cantiga de atehuda até a fiinda.

7

Comentario Literario de Textos Galegos 2007/2008 USC

2. Lírica medieval

Exemplo de paralelismo literal: Mandad'hei comigo ca ven meu amigo: e irei, madr', a Vigo! Comigu'hei mandado, ca ven meu amado: e irei, madr', a Vigo! Ca ven meu amigo e ven san'e vivo: e irei, madr', a Vigo! Ca ven meu amado e ven viv'e sano: e irei, madr', a Vigo! Ca ven san'e vivo e del-Rei, amigo: e irei, madr', a Vigo! Ca ven viv'e sano e del-Rei privado: e irei, madr', a Vigo!

10) Paralelismo: é moi importante na estrutura das cantigas. Pode ser de tres tipos:  Paralelismo literal: dáse en pares de estrofas e durante toda a cantiga. Consiste na repetición literal de gran parte do verso, presentando variación a parte final do mesmo, unha variación que se pode articular de dous modos:  Mediante termos ou expresións sinónimos (paralelismo conceptual).  Mediante o uso de termos alterados de orde, é dicir, un quiasmo (paralelismo conceptual).

 Paralelismo estrutural: atinxe a elementos estruturais coma os tempos verbais ou a Exemplo de paralelismo estrutural (formas verbais): estrutura introdutora do refrán.
O que foi passar a serra e non quis servir a terra, é ora, entrant’a guerra, que faroneja? Pois el agora tan muito erra, maldito seja! O que levou os dinheiros e non troux’os cavaleiros, é por non ir nos primeiros que faroneja? Pois que ven cõnos prestumeiros maldito seja! O que filhou gran soldada e nunca fez cavalgada é por non ir a Graada que faroneja? Se é ric’omen ou á mesnada, maldito seja! O que meteu na taleiga pouc’aver e muita meiga, é por non entrar na Veiga que faroneja? Pois chus mol[e] é que a manteiga, maldito seja! Afonso X, O Sabio

Martin Codax

Exemplo de paralelismo estrutural (estrutura introdutora do refrán): Ai, dona fea, fostes-vos queixar que vos nunca louv[o] en meu cantar, mais ora quero fazer un cantar en que vos loarei toda via; e vedes como vos quero loar: dona fea, velha e sandia! Dona fea, se Deus mi pardon, pois avedes [a]tan gran coraçon que vos eu loe, en esta razon vos quero já loar toda via; e vedes qual será a loaçon: dona fea, velha e sandia! Dona fea, nunca vos eu loei en meu trobas, pero muito trobei; mais ora já un bon cantar farei, en que vos loarei toda via; e direi-vos como vos loarei: dona fea, velha e sandia! Johan Garcia de Guilhade

8

Comentario Literario de Textos Galegos 2007/2008 USC

2. Lírica medieval

Paralelismo conceptual: repetición de conceptos en dúas estrofas como mínimo e na mesma altura estrutural, o que provoca habitualmente unha estrutura conceptual bipartita na cantiga.

11) Leixa - pren: repetición literal do último verso dunha estrofa como primeiro doutra. Poden darse dous casos:  Que se dea en combinación co paralelismo literal, polo que é necesario deixar unha cobra no medio. Por exemplo, repetiríase o último verso da primeira cobra como primeiro da terceira.  Que non se dea canda o paralelismo literal, polo que pode producirse entre estrofas contiguas.

Exemplo de leixa-pren (con paralelismo literal): Mandad'hei comigo ca ven meu amigo: e irei, madr', a Vigo! Comigu'hei mandado, ca ven meu amado: e irei, madr', a Vigo! Ca ven meu amigo e ven san'e vivo: e irei, madr', a Vigo! Ca ven meu amado e ven viv'e sano: e irei, madr', a Vigo! Ca ven san'e vivo e del-Rei, amigo: e irei, madr', a Vigo! Ca ven viv'e sano e del-Rei privado: e irei, madr', a Vigo! Martin Codax

c) Versos:  Case a metade das composicións son monométricas decasílabas, as demais poden ser monométricas ou polimétricas (até 113 combinacións diferentes). Debemos ter en conta que o decasílabo era o metro preferido dos provenzais. Neste senso, non debemos esquecer:  que na Idade Media domina o mantemento dos hiatos, polo que non son frecuentes as sinalefas. Con todo, ás veces é necesario facer algunha sinalefa:
(...) E pois vos vós da coita non nembrades nen do afán que mi o Amor faz sofrer, por meu mal vivo máis ca vós cuidades, e por meu mal me fezo Deus nacer e por meu mal mon morrí u cuidei como vos viss', e por meu mal fiquei vivo, pois vós por meu mal ren non dades. (...)

Martin Soarez

para que os versos non resultasen hipermétricos elidíanse algunhas das vogais en contacto (nas edicións actuais indícase isto cun apóstrofo).

9

Comentario Literario de Textos Galegos 2007/2008 USC

2. Lírica medieval

O ictus está na última sílaba (actualmente na penúltima). É dicir, se un verso ten como palabra de rima unha palabra grave non se contaría a última sílaba. Exemplo:
Senhor fremosa, pois me non queredes creer a coita'n que me ten Amor, por meu mal é que tan ben parecedes e por meu mal vos filhei por senhor, e por meu mal tan muito ben oí dizer de vós, e por meu mal vos vi: pois meu mal é quanto ben vós havedes. (...) Martin Soarez 10’4 10 10’ 10 10 10 10’

En relación a isto temos que dicir que a rima tamén pode ser: • Masculina: palabra aguda. • Feminina: palabra grave. Cómpre ter en conta tamén que non riman vogais nasais con orais non abertas con fechadas. Cómpre dicir que a primeira cobra marca a estrutura de toda a composición, de aí que a música so se transcriba na primeira cobra (por exemplo, no Pergamiño Vindel).

Esteticamente hai autores que tanto elaboran composicións isosilábicas (máis rigorosas) coma anisosilábicas (menos rigorosas). Nas cantigas de amigo paralelísticas a medida do verso non é importante e nelas tamén é posíbel que se dea rima asonante. Algúns recursos formais importantes son:
Refrán:

a)

repetición literal dun ou máis versos, sempre no mesmo lugar (xeralmente ao final de cada cobra). Cando non hai refrán falamos de cantigas de mestría que, xeralmente, teñen máis complexidade retórica. Poden darse os seguintes casos:  O máis habitual é que apareza ao final de cada cobra.  Intercalar: refrán intercalado con outros versos, é o que acontece na cantiga profana XXIV de Afonso X (“O que foi passar a serra”).  Pode aparecer ao comezo da composición e repetirse logo ao final de cada cobra, como acontece na cantiga de Santa María XXIII de Afonso X. Nesta cantiga aparece tamén a rúbrica ou razó, pequeno texto en prosa que se refire ao contido da cantiga.  Adoita estar integrado conceptualmente na cantiga, pero hai casos nos que chega un momento no que o refrán xa non ten sentido en relación aos versos das cobras que o preceden. Aínda que o refrán non é unha característica formal que defina o xénero dunha cantiga, a situación ideal sería:

4

O apóstrofo indica que o verso continúa, pero con sílabas átonas.
10

Comentario Literario de Textos Galegos 2007/2008 USC

2. Lírica medieval

Cantiga de amor → mestría, xa que é herdeira directa da cansó provenzal, que era sempre de mestría. Arredor do 50% das conservadas son de mestría Cantiga de amigo → refrán, xa que é un xénero máis popular no que, polo tanto, predomina a repetición. Das arredor de 500 conservadas só 30 non son de refrán. Escarnio e maldizer: domina a mestría, pero tamén as hai de refrán.

b)

Fiinda:

cobra de menor extensión situada ao final da cantiga. Relacionada coa tornada provenzal, mais difiren na súa funcionalidade:
Fiinda Pode aparecer ou non. Ten a finalidade de recapitular o contido da cantiga. Formalmente hainas que repiten a rima precedente e outras que xogan con elas.

-

-

Tornada Aparece (unha ou máis) ao final de case tódalas cansós. Contén o envío5 da composición, é dicir, o autor enviáballa á amada6 ou ao mecenas. Formalmente está relacionada coas cobras que a preceden, xa que repite a rima.

A fiinda non é un trazo que defina o xénero dunha cantiga, pero é máis frecuente nas cantigas de amor. ***
Consideracións sobre a fonética medieval: Existencia do sibilante sonoro (<-ss-> e <s->) e do xordo (<-s->). Existencia dun fonema africado sonoro (<-ds->) e doutro xordo (<c> + <e>, <i>; <ç> + <a>, <o>, <u>) O fonema labiodental /v/ non sabemos se o galego o perdeu ou se non existía e o portugués o creou. As grafías medievais: - As grafías <nh> e <lh> son introducidas no século XIII por Afonso III o Boloñés e proveñen da Provenza. Úsanse no Cancioneiro da Vaticana e no da Biblioteca Nacional, pero non no Cancioneiro da Ajuda nin nas Cantigas de Santa María, nos que se usa <ll> e <ỹ> / <nn>.

3. Xéneros
3.1. Cantiga de amor

As principais características da cantiga de amor son:
 

Voz lírica masculina que se dirixe á súa senhor. Desenvólvese sobre catro campos sémicos (G. Tavani): 1) Gabanza da dama, tema secundario.

5 6

Medievalistas coma Anna Ferrari consideran que o envío era físico, non só literario. Xa que a amada era unha muller concreta e casada o trobador non podía dar o seu nome, polo que inventaba un sinónimo poético: o senhal.
11

Comentario Literario de Textos Galegos 2007/2008 USC

2. Lírica medieval

Exemplo de cantiga de amor: Senhor fremosa, pois me non queredes creer a coita'n que me ten Amor, por meu mal é que tan ben parecedes e por meu mal vos filhei por senhor, e por meu mal tan muito ben oí dizer de vós, e por meu mal vos vi: pois meu mal é quanto ben vós havedes. E pois vos vós da coita non nembrades nen do afán que mi o Amor faz sofrer, por meu mal vivo máis ca vós cuidades, e por meu mal me fezo Deus nacer e por meu mal mon morrí u cuidei como vos viss', e por meu mal fiquei vivo, pois vós por meu mal ren non dades. Desta coita en que me vós tẽedes, en que hoj'eu vivo tan sen sabor, que farei eu, pois mi a vós non creedes? Que farei eu, cativo pecador? Que farei eu, vivendo sempre assí? Que farei eu, que mal día nací? Que farei eu, pois me vós non valedes?

2) Amor do poeta: expresións nas que o poeta amosa o seu amor cara a dama. É tamén secundario. 3) Coita: un dos campos sémicos principais, cun léxico máis amplo e un maior número de situacións. Xeralmente comeza pola vista, é dicir, a presenza da dama provócalle coita ao trobador. 4) Reserva da dama: actitude da dama perante o trobador, sempre negativa pero variábel (preocupación, indiferenza, saña...)

Como vemos, a partir de poucos campos desenvólvense moitas composicións. Ademais estes campos son todos compatíbeis entre si, aínda que non teñen porque aparecer E pois que Deus non quer que me valhades todos. nen me queirades mia coita creer, Cómpre dicir tamén que na lírica que farei eu? Por Deus, que mi o digades! Que farei eu, se logo non morrer? galego – portuguesa o trobador non é Que farei eu se máis a viver hei? correspondido, polo que nunca se chega ao joi Que farei eu, que conselh'i non hei? Que farei eu, que vós desemparades? provenzal (correspondencia), como moito Martin Soarez albíscase certa esperanza. Por outra banda, a crítica actual defende que o que o trobador conta nas cantigas de amor non é un sentimento real, senón unha invención literaria, xa que a dama é abstracta, non se achegan características concretas dela.

3.2. Cantiga de amigo

As principais características da cantiga de amigo son:

Voz lírica feminina:

doncela namorada, de orixe popular e solteira nai Podemos atopar cinco campos sémicos (Tavani):
 

secundario Campos sémicos principais
panexírico temática amorosa

paisaxe concordia de amor amor non correspondido prohibición

1) Paisaxe (secundario): achéganse pequenos trazos da paisaxe, non é unha descrición exhaustiva. Pode ser:  Localización: • Rural. • Preto de lugares con auga (marítima ou fluvial).
12

Comentario Literario de Textos Galegos 2007/2008 USC

2. Lírica medieval


Nunca é urbana, malia aparecer topónimos nunca se fai unha descrición dunha vila ou cidade. Significación: • Simple ambientación. • Valor simbólico (cervo, fonte...)

2) Panexírico (principal):  Gabanza da doncela: • Por ela mesma. • Pola nai (menos frecuente).  Gabanza do amigo por parte da doncela, do que di que é un grande poeta e músico que lle compón fermosas cancións. Esta é unha autogabanza por parte dos autores e é un recurso usado xeralmente polos xograres (máis humildes cós trobadores) para autoafirmarse como poetas. 3) Concordia de amor: amor correspondido. 4) Amor non correspondido: normalmente é o amigo o que non corresponde7, pero tamén se pode dar o caso contrario. É incompatíbel cos campos sémicos da concordia de amor e da prohibición. 5) Prohibición: o elemento inhibidor pode ser:  A nai, que xeralmente non lle dá permiso á doncela para ver o seu amigo (aínda que en ocasións si que llo dá e aconséllaa). 8  As obrigas do amigo, xeralmente militares . Como vemos, a cantiga de amigo ten unha maior riqueza temática cá cantiga de amor.
Mandad'hei comigo ca ven meu amigo: e irei, madr', a Vigo! Comigu'hei mandado, ca ven meu amado: e irei, madr', a Vigo! Ca ven meu amigo e ven san'e vivo: e irei, madr', a Vigo! Ca ven meu amado e ven viv'e sano: e irei, madr', a Vigo! Ca ven san'e vivo e del-Rei, amigo: e irei, madr', a Vigo! Ca ven viv'e sano e del-Rei privado: e irei, madr', a Vigo!

◄ Do autor desta cantiga sabemos que debeu ser un xograr da zona de Vigo. As súas composicións chégannos a través de: 1) Os dous apógrafos italianos (Cancioneiro da Biblioteca Nacional e Cancioneiro da Vaticana). 2) O Pergamiño Vindel, un manuscrito dunha única folla que contén as sete cantigas de amigo deste autor, seis delas con notación musical (falta a da sexta). No que respecta ao contido, desta cantiga de amigo podemos dicir que:  A voz emisora, a doncela, diríxese á súa nai para lle dicir que recibiu recado do seu amigo e que o vai ir ver a Vigo. Dille tamén que volve en bo estado e amigo do rei.  A doncela está en contacto con outros personaxes, neste caso dáse un monólogo con interlocutor presente, pero tamén sería posíbel que a cantiga fose dialogada9.  Concordia de amor.  Paisaxe (topónimo Vigo).

Martin Codax En canto á forma: É unha cantiga paralelística (como debía ser a lírica pretrobadoresca).

7 8

Así, a amiga pode sufrir coma o trobador na cantiga de amor (relación especular). O ferido ou o fossado son sinónimos da guerra. 9 Se o diálogo é entre o amigo e a doncela consideraremos a voz emisora a primeira que apareza, servíndonos isto para distinguir entre cantigas de amor e cantigas de amigo.
13

Comentario Literario de Textos Galegos 2007/2008 USC

2. Lírica medieval En relación co anterior, é o que se denomina unha cantiga inmóbil (numerosas repeticións), pero a pesar diso transmítenos moita información. *** Johan Soarez Coelho foi un trobador portugués, ► un novo nobre non moi apreciado pola alta nobreza. En canto ao contido, apreciamos: O dominio da situación por parte da doncela, algo frecuente. Transmítenos un diálogo co seu amigo. Campo sémico do amor correspondido.

Falei un dia, por me baralhar con meu amigo, con outr’ , u m’ el visse e direi-vos qui lhi dix’ , u m’ el disse porque lhi fezera tan gram pesar: se vos i, meu amigo, pesar fiz, non foi por al, se non porque me quix. Por baralhar con el e por al non falei con outr’ , en tal que provasse, e pesou-lhi mais ca se o matasse e preguntou-m’e dixi-lh’eu enton: se vos i, meu amigo, pesar fiz, non foi por al, se non porque me quix. Ali u eu con outr’ ant’ el falei preguntou-m’ ele porque lhi fazia tan gran pesar ou se o entendia e direi-vos como lhi salvei: se vos i, meu amigo, pesar fiz, non foi por al, se non porque me quix. Johan Soarez Coelho

3.3. Cantiga de escarnio e maldicir

É o único xénero satírico da lírica galego-portuguesa medieval. Con todo, houbo intentos de separar o xénero en escarnio (sátira indirecta) e maldicir (sátira indirecta), xa desde a Idade Media. Pero non é posíbel facer estar división xenérica e, ademais, os cancioneiros tiñan unha estrutura xenérica que xa era só tripartita. a)
Características:

Xocosidade: rinse até das propias creacións literarias. A xocosidade só desaparece na sátira moral. Obscenidade: é unha característica moi frecuente neste xénero e que provocou un maior descoñecemento destas cantigas por mor do pudor dos editores. Así, aínda que se coñecían, non se publica unha edición sobre o xénero até 196510. Sátira persoal: adoita aparecer o nome da persoa á que se refire a cantiga no texto da mesma ou nunha rúbrica (texto en prosa que aclara o contido da composición e / ou a quen se dirixe). É habitual que se pase do plano individual ao colectivo, é dicir, que a persoa satirizada sexa exemplo dunha colectividade. Satirízase toda a sociedade agás o rei (é o cumio da pirámide social e ademais é mecenas). A temática é moito máis ampla11 ca nas cantigas de amor e de amigo, polo que o vocabulario tamén. O rexistro é máis vulgar ca nas cantigas de amor e amigo.


10

Esta edición, publicada en Galaxia, está preparada por Manuel Rodrigues Lapa. Xa Carolina Michaëlis de Vasconcelos publicara estudos sobre elas. 11 Mesmo se dan ciclos temáticos. Por exemplo os político-guerreiros: o ciclo da covardía dos cabaleiros da guerra de Granada e o xira arredor da temática da guerra de 1245.
14

Comentario Literario de Textos Galegos 2007/2008 USC

2. Lírica medieval

b)

Campos sémicos (Tavani)

:

1) Campos sémicos tomados doutros xéneros:

Panexírico da cantiga de amigo: paródiase a gabanza da dama, que se fai de xeito irónico cunha función denigratoria. Dá pé a moitos poemas xocosos. Coita, que tamén é parodiada. Concordia de amor: satirizada (temática da infidelidade). Paisaxe: pode aparecer como mera ambientación ou servir para satirizar. É máis rica ca na cantiga de amigo xa que, por exemplo, aparece a paisaxe urbana. Ethos trobadoresco (valores éticos): habitualmente secundario, agás na sátira moral. Aldraxe: reacción do aldraxado (afrontas, burlas, pelexas, castigos...) Alimenticio: burla da miseria e avaricia dos ricos homes e os infanzóns. É cultivada normalmente por xograres, que eran convidados a comer polos ricos homes e infanzóns, mais de xeito miserábel, por iso fan burla deles. Polémica social: satirízanse todo tipo de grupos sociais, até o propio Papa. Obscenidade: son moitas as cantigas obscenas e é frecuente léxico referido aos órganos sexuais e a prácticas eróticas, tanto homosexuais coma heterosexuais. É incompatíbel co ethos trobadoresco e co alimenticio (case sempre).

  

2) Campos sémicos específicos:

 

Ai, dona fea, fostes-vos queixar que vos nunca louv[o] en meu cantar, mais ora quero fazer un cantar en que vos loarei toda via; e vedes como vos quero loar: dona fea, velha e sandia! Dona fea, se Deus mi pardon, pois avedes [a]tan gran coraçon que vos eu loe, en esta razon vos quero já loar toda via; e vedes qual será a loaçon: dona fea, velha e sandia! Dona fea, nunca vos eu loei en meu trobas, pero muito trobei; mais ora já un bon cantar farei, en que vos loarei toda via; e direi-vos como vos loarei: dona fea, velha e sandia! Johan Garcia de Guilhade

◄Escarnio literario no que se fai un retrato irónico dunha muller satirizando a gabanza da dama da cantiga de amor (dise que é fea, vella, sandia12).

12

Sandia: parva. Oponse a sem (asisada).
15

Comentario Literario de Textos Galegos 2007/2008 USC

2. Lírica medieval Pertence ao ciclo político – guerreiro da covardía dos ► cabaleiros da guerra de Granada13. É un escarnio político. Vocabulario: Entrant’ Faroneja Taleiga Meiga Aver Ric’omen e mesnada Chus Non é xocosa. volvendo (V. Beltrán) comezando (R. Lapa) presume (V. Beltrán) dubida (R. Lapa) peto mentira realidade clases sociais14 máis (de plus)
O que foi passar a serra e non quis servir a terra, é ora, entrant’a guerra, que faroneja? Pois el agora tan muito erra, maldito seja! O que levou os dinheiros e non troux’os cavaleiros, é por non ir nos primeiros que faroneja? Pois que ven cõnos prestumeiros maldito seja! O que filhou gran soldada e nunca fez cavalgada é por non ir a Graada que faroneja? Se é ric’omen ou á mesnada, maldito seja! O que meteu na taleiga pouc’aver e muita meiga, é por non entrar na Veiga que faroneja? Pois chus mol[e] é que a manteiga, maldito seja! Afonso X, O Sabio

-

O caparon do marvi que vos a testa ben cobre, con pena veira tan nobrealfaiat’ou peleteiro, dized’ora, cavaleiro: qual vo-l’apostou assi? Tal caparon vos conven con tal pena que tragaes; mais [i] dos dous mesteiraes me dixed’o que vos digo, cavaleiro, meu amigo, qual vo-l’apostou tan ben?

◄ Estevan da Guarda é un autor dos últimos momentos do trobadorismo. Foi protexido polo fillo de Don Denís, o Conde de Vasconcelos. A cantiga contén unha rúbrica en prosa na que se dá o nome e motivos da persoa que se satiriza. Vocabulario:

Marvi é mais sabedor Tecido Do que Pena veira empenado Tecido de caparaon
e non seja encoberto de como vós sodes certo: qual vo-l’apostou melhor? Estevan da Guarda

É unha cantiga xocosa, unha burla dun cabaleiro, un novo rico que pretende ocultar que é calvo.

13

En 1264 o rei de Granada sublévase contra Afonso X e ao ano seguinte este contraataca, é cando se produce este comportamento por parte dos cabaleiros. 14 A nobreza estaba dividida en ric’omens, infanzóns e filhos d’algo.
16

Comentario Literario de Textos Galegos 2007/2008 USC

2. Lírica medieval

3.4. Cantiga de Santa María

As cantigas de Santa María eran poesía lírica e, como tal, tiñan que estar escritas en galego-portugués. Aínda que teñen isto en común coa poesía profana, existen moitas diferenzas respecto a ela:  Temática: gabanza da Virxe.  Son máis narrativas (a maioría contan milagres). Conservamos 420 cantigas de Santa María escritas na corte de Afonso X, todas elas con notación musical agás unha. As Cantigas de Santa María: 1) Son de dous tipos que se intercalan na obra:  De milagres: narración de milagres da virxe, son as máis numerosas.  De loor: gabanza da Virxe, son moitas menos xa que só son deste tipo as cantigas número 1, 10, 20, 30... 2) Chegan a nós a través de catro cancioneiros, tres deles moi ricos en miniaturas. 3) Son a obra deste tipo máis importante do momento en Europa (polo número de cantigas e pola súa calidade literaria), aínda que houbo outras coma:  Les Milacres de Nostre Dame, de Gautier de Coincy, obra que inflúe na de Afonso X.  Milagros de Nuestra Señora, de Gonzalo de Berceo.

17

Comentario Literario de Textos Galegos 2007/2008 USC

2. Lírica medieval

Esta é como Santa Maria acrecentou o vỹo no tonel, por amor da bõa dona de Bretanna. Como Deus fez vỹo d’agua ant’Archetecrỹo ben assi depois sa Madr’acrecentou o vinno. Desto direi un miragre que fez en Bretanna Santa Maria por hũa dona mui sen sanna, en que muito bon costum’e mui bõa manna Deus posera, que quis dela seer seu vezỹo. Como Deus fez vỹo d’agua ant’Archetecrỹo ben assi depois sa Madr’acrecentou o vinno. Sobre toda-las bondades que ela avia, era que muito fiava en Santa Maria; e porende a tirou de vergonna un dia del Rei, que a ssa casa vẽera de camỹo Como Deus fez vỹo d’agua ant’Archetecrỹo ben assi depois sa Madr’acrecentou o vinno. A dona polo servir foi muit’afazendada e deu-lhe carn’e pescado e pan e cevada; mas de bon vỹo pera el era mui menguada, ca non tĩia senon un pouco en un tonelcỹo. Como Deus fez vỹo d’agua ant’Archetecrỹo ben assi depois sa Madr’acrecentou o vinno. E dobrava-se-ll’a coita, ca pero quisesse ave-lo, non era end’en terra que podesse por dĩeiros nonpor outr’aver que por el désse, se non fosse pola Madre do Vell’e Menĩo. Como Deus fez vỹo d’agua ant’Archetecrỹo ben assi depois sa Madr’acrecentou o vinno. E con aquest’asperança foi aa eigreja e diss’ ”Ai, Santa Maria, ta mercee seja que me saques daquesta vergonna tan sobeja; se non, nunca vestirei ja mais lãa nen lỹo.” Como Deus fez vỹo d’agua ant’Archetecrỹo ben assi depois sa Madr’acrecentou o vinno Mantenent’a oraçon da dona foi oyda e el Rei e ssa companna toda foi conprida de bon vinn’,e a adega non en foi falida que non achass’y avond’o rique’e o mesqỹo. Como Deus fez vỹo d’agua ant’Archetecrỹo ben assi depois sa Madr’acrecentou o vinno Afonso X, O Sabio

◄ Rúbrica introdutoria breve na que se presenta o tema. É unha cantiga de refrán na que este aparece ao comezo da composición e ao final de cada cobra. Esta é unha diferenza estética importante con respecto á cantiga profana. Ademais, cómpre dicir que, agás sete, tódalas cantigas de Santa María son de refrán.

18

Comentario Literario de Textos Galegos 2007/2008 USC

You're Reading a Free Preview

Descarregar
scribd
/*********** DO NOT ALTER ANYTHING BELOW THIS LINE ! ************/ var s_code=s.t();if(s_code)document.write(s_code)//-->