Você está na página 1de 14

4.

A renovación poética na preguerra: Manuel Antonio, Bouza Brey, Cunqueiro, Amado


Carballo

1. Introdución ao século XX
Na literatura do século XX distínguense tres períodos principais:
1) Inicial, até as Irmandades da Fala.
2) 1916 – 1936, momento moi importante para a creación literaria xa que é cando
se desenvolve a actividade do Grupo Nós (segundo rexurdimento).
3) Posguerra – actualidade, no que se distinguen dúas partes:
a) Até 1975 / 1980, é dicir, até os inicios da democracia e da autonomía.
b) Dos anos 80 en diante.

Méndez Ferrín (De Pondal a Novoneyra) establece diferentes grupos:


1) Antes da guerra:
a) Escola formalista, inaugurada por Pondal e que supón unha reacción
idealista a finais do século XIX contra o realismo anterior (Rosalía). Forman
parte dela autores nacidos na década dos 60 do século XIX, como é o caso de
Ramón de Lores ou Lugrís Freire.
b) Promoción antre dous séculos, formada por autores nados na década dos 70
do século XIX ou algo antes, como é o caso de Noriega Varela, Francisca
Herrera Garrido, Cabanillas, López Abente, A. de Nóvoa. É un grupo que non
ten coherencia como tal, de feito autores coma Cabanillas integraranse no
grupo seguinte.
c) Xeración Nós, un grupo cohesionado, con obxectivos comúns e cunha
doutrina política. Levan a cabo moitas actividades culturais e establecen
canles para o seu desenvolvemento.
d) Xeración de 1925, formada por autores nados entre 1895 e 1909 e que
coincide no tempo coa Generación del 27 española. Non se dá unha ruptura
ideolóxica co grupo anterior e, ademais, usan as súas mesmas canles de
expresión xa que son coetáneos. Hai unha estreita colaboración entre as dúas
xeracións, de aí o esplendor cultural e literario. Pero aparecen con esta
xeración novas actividades:
 Seminario de Estudos Galegos.
 Revista Ronsel.
 Creación do Partido Galeguista.
2) Despois da guerra aparecen tres grupos xeracionais ao mesmo tempo porque
entre 1936 e 1950 se interrompe a publicación de obras en galego e dáse un
illamento a tódolos niveis. Estas xeracións son:
a) Xeración de 1936, formada por autores nados entre 1910 e 1920 que xa
iniciaran a súa actividade antes da guerra. Descríbeos Ferrín como escritores
accidentados, traumatizados e interruptos pola guerra, pero que aínda así
son quen de poñen de novo en marcha o sistema literario galego. Forman
parte desta xeración autores coma Aquilino Iglesia Alvariño, Cunqueiro ou
Celso Emilio Ferreiro.
b) Promoción de Enlace, grupo formado por autores nados nos anos 20 e que
ten pouca cohesión e moitas dificultades vitais, xa que son persoas que xa se
educan na ditadura. Son unha especie de elo entre a Xeración de 1936 e a das

1
Comentario literario de textos galegos
2007/2008
USC
4. A renovación poética na preguerra: Manuel Antonio, Bouza Brey, Cunqueiro, Amado
Carballo

Festas Minervais. Forman parte da Promoción de Enlace Antonio Tovar, Luz


Pozo Garza, Cuña Novás, Neira Vilas ou Alonso Montero.
c) Xeración das Festas Minervais, formada por autores nados entre 1930 e
1940 e á que pertence o propio Ferrín. Non viviran a guerra pero críanse nos
seus resultados e están en estreita relación coa Xeración do 36, co que
romperán axiña no que se refire á creación literaria e á política. Ademais, xa
son coñecedores das tendencias europeas (nova narrativa). De entre os seus
feitos colectivos temos que nomear:
 Restauración das Festas Minervais en Compostela.
 Colaboración en La Noche.
 Creación da colección Illa Nova en Galaxia.
 Fundación da editorial e grupo Brais Pinto.
 Aparición do nacionalismo revolucionario.

2. A Xeración de 19251
É a xeración coa que se leva a cabo a renovación da poesía galega. A súa
obra literaria ten só finalidade artística, non política e distinguimos tres estéticas
principais:
1) Vangardismo, na que só se pode incluír a Manuel Antonio que en vida
publica De catro a catro (1928) e de xeito póstumo, en 1979, publicaríase o resto
da súa obra (influíndo así nos autores do momento).
2) Hilozoísmo (C. Calero), Imaxinismo (Ferrín) ou Impresionismo
eglóxico (A. L. Casanova). É Amado Carballo o máximo representante desta
estética coas súas obras Proel (1927) e O galo (1928, póstuma). Imos ver a
explicación das diferentes denominacións:
 Hilozoísmo: uso da prosopopea a nivel absoluto.
 Imaxinismo: a imaxe como núcleo.
 Impresionismo eglóxico: trazos impresionistas e paisaxismo.
3) Neotrobadorismo: a denominación desta estética achégaa Rodrigues Lapa
nunha carta a Bouza Brey, na que describe a súa poesía como neotrobadoresca.
Dáse así un diálogo entre a estética medieval e a actual.

2.1. O neotrobadorismo
2.1.1. Descuberta dos cancioneiros

No século XIX publícanse diversas edicións de cantiga medievais, pero


todas elas con pouca difusión:
1) 1823: versión parcial do Cancioneiro da Ajuda editada por Lord Stuart.
2) 1875: edición paleográfica do Cancioneiro da Vaticana da man do
medievalista italiano Monaci.
3) 1878: Teófilo Braga elabora unha edición crítica do Cancioneiro da
Vaticana baseándose na anterior.
4) 1880: E. Molteni publica o Cancioneiro da Biblioteca Nacional de xeito
parcial.

1
Á que Carvalho Calero denominou Os novecentistas e Arcadio López Casanova a Xeración de 1922.

2
Comentario literario de textos galegos
2007/2008
USC
4. A renovación poética na preguerra: Manuel Antonio, Bouza Brey, Cunqueiro, Amado
Carballo

5) 1904: edición crítica do Cancioneiro da Ajuda feita po C. Michaëlis.

Nestes momentos estase a desenvolver en Galiza o Rexurdimento e é


posíbel que non chegasen as novas sobre a lírica medieval. Con todo aparecen dúas
publicacións en relación a isto:
1) En 1876 Teodosio Vesteiro Torres publica en El Heraldo Gallego as sete
cantigas de amigo de Martín Codax cunha visión moderna, xa que as
considera como unha unidade narrativa.
2) En 1886 Antonio de la Iglesia publica a antoloxía El idioma gallego, na que
se recollen un bo número de cantigas.

Con todo, non será até os anos 20 do século XX cando se difundan


grazas ás edición das Cantigas de amigo (1928) e das Cantigas de amor (1932) de
José Joaquim Nunes. Ademais, existe xa un público preparado para achegarse á
literatura medieval.

2.1.2. Antecedentes

O feito de considerar ou non o neotrobadorismo como unha vangarda


aínda é debatido, xa que supón unha renovación, pero non unha ruptura. Pero si
podemos dicir que foi unha estética con moito éxito, que se mantivo no tempo até a
actualidade, aínda que foi na preguerra cando máis se cultivou.

Entre os antecedentes ao neotrobadorismo debemos destacar:


1) “O canto do vixía” (aproximadamente de 1905) de Pondal, poema no que se
aprecia a influencia de Johan Zorro.
2) Carles Riba, autor de 5 cantares de amigo datados en 1911 e editados en 1987
(Papers de juventut), dedicados á súa moza galega Pepita Vila. No seu cantar nº 2
atopamos:
 Características propias da lírica medieval: leixa – prén, paralelismo literal
por pares de estrofas, coita de amor, paisaxe, refrán, dísticos, estrofas alternas,
rima asonante...
 Características que difiren das da lírica medieval: léxico moderno (xeitosa),
a voz emisora non é feminina senón que hai dúas voces: a dun narrador
omnisciente e a do amigo.
3) Afonso Lopes Vieira, quen escribe un poema neotrobadoresco que se publicaría
en A Nosa Terra en 1917.
4) Xan Vicente Viqueira, autor do “Poemeto da vida” (1919), publicado en
Ensayos y poesías (1930), no que atopamos:
 Unha rúbrica introdutoria en prosa, coma na cantiga V de Martín Codax.
 Catro dísticos con refrán, coma na cantiga de amigo paralelística.
 Unha ambientación que lembra á das albas provenzais (ao raiar do sol)

2.1.3. Etapas

A) Xurdimento (anos 20 e 30, até a Guerra Civil), na que destacan autores coma:

3
Comentario literario de textos galegos
2007/2008
USC
4. A renovación poética na preguerra: Manuel Antonio, Bouza Brey, Cunqueiro, Amado
Carballo

1) Bouza Brey con Nao senlleira (1933), obra que contén 20 poemas dos cales
15 xa se publicaran nos anos 20 en revistas coma Nós. Son 9 os propiamente
neotrobadorescos, nos que distinguimos:
 Elementos medievalizantes: diálogo con algún poeta, vocabulario, forma
(dísticos, procedementos paralelísticos...)
 Elementos de vangarda como:
• algunha imaxe hilozoísta;
• elementos populares (costumes, oficios tradicionais, tipos humanos,
crenzas, tradicións...), moi definidores da súa poesía.
2) Cunqueiro con Cantiga nova que se chama riveira (1933) na que mestura:
 Elementos vangardistas.
 Elementos medievalizantes:
• Formais: técnicas de repetición (refrán, paralelismo...)
• Caracterizadores de xénero, en especial da cantiga de amigo: termo
amigo, aínda que xeralmente inverte os esquemas de xeito que o amigo
é o confidente dunha voz emisora tamén masculina.
3) Blanco Amor con Romances galegos (1928), que contén algún poema
neotrobadoresco.
4) Carvalho Calero co seu poemario Vieiros, do que unha das seccións é
“Cantigas do amor lonxano” (D. Denís).
B) A partir de 1950 reaparece o neotrobadorismo pero de xeito diferente xa que hai
un maior coñecemento da poesía medieval (en 1952 comézase a publicar a
escolma de Galaxia, cuxo primeiro volume foi preparado por Álvarez Blázquez) e
ademais os autores tamén están influídos polo neotrobadorismo da primeira
etapa. Autores desta segunda etapa son:
1) Cunqueiro:
 Dona do corpo delgado (1950) e, en especial, a sección “Cantigas do
amor cortés”, onde amplía os elementos medievais:
• Introduce elementos da cantiga de amor.
• Hai unha maior fidelidade ás características do xénero.
• Introduce alusións literarias a cantigas concretas.
 Reedítase Cantiga nova que se chama riveira en 1957 con novos poemas.
2) Filgueira Valverde con Seis cantigas de amor in modo antico (1941).
3) Bouza Brey con Seitura (1955), obra na que o diálogo coa lírica medieval non
é tan claro.

C) A partir de 1975 / 1980 ata a actualidade acódese de xeito esporádico, pero


relativamente frecuente, á tradición medieval. Isto fano tanto autores de novas
xeracións coma outros que aínda seguen escribindo:
1) Cunqueiro introduce en Herba aquí e acolá (1980) o poema “Pero Meogo
no verde prado”.
2) Carvalho Calero con Cantigas de amigo e outros poemas (1986).
3) Outros coma Xabier Seoane, Álvarez Cácamo, Darío Xohán Cabana,
Antón Reixa...

4
Comentario literario de textos galegos
2007/2008
USC
4. A renovación poética na preguerra: Manuel Antonio, Bouza Brey, Cunqueiro, Amado
Carballo

2.1.4. Elementos da literatura medieval

a) Formais: dístico + refrán, leixa – prén, paralelismo... Son os máis comúns.


b) Temáticos: morte por amor, paisaxe, ausencia do namorado... Adoitan aparecer
mesturados cos anteriores.
c) Léxicos: termos caracterizadores de xénero, sobre todo da cantiga de amigo2.
Podemos atopar poemas que:
a) Dialogan cunha cantiga medieval concreta.
b) Toman como modelo un xénero concreto para seguilo ou subvertelo.

► Comentarios
→ “Con auga de sede vella” (Cunqueiro, Cantiga nova que se chama riveira)
Elementos medievalizantes Elementos innovadores

Forma
- Dístico + refrán exclamativo.
- Leixa – prén
- O amigo como confidente dunha
Contid - Elementos da natureza: voz emisora masculina,
o auga, herba... invertendo así o esquema da
cantiga de amigo.

→ “Triadas no mar e na noite” (Bouza Brey)


Elementos que remiten a
“As froles do meu amigo” de P. Elementos innovadores
Gomez Charinho
- Mestura de metros breves
(pentasílabos) e longos - Uso da tríada e non do dístico.
(octosílabos). - Imaxes hilozoístas: O faro de
- Termos coma navío ou frol. Corrubedo / co seu ollo largasío;
- Existencia de dous planos Leda vai a nao; Deitouse o mar.
temporais: pasado e presente.

→ “Lelías ao teu ouvido” (Bouza Brey)


Elementos medievalizantes Elementos innovadores

2
Os poemas neotrobadorescos que fan referencia a cantigas de escarnio son máis tardíos porque estas
non se publican até 1965, antes coñecíanse pero non eran de fácil acceso. Así, Alonso Montero
escribirá poemas neotrobadorescos satíricos. Tense falado tamén da obra Cantigas de escanio e
maldecir (1968) de Celso Emilio Ferreiro (pero asinada co pseudónicmo de Arístides Silveira) coma
unha obra neotrobadoresca e satírica, peor o certo é que non hai máis elementos medievalizantes có
título.
5
Comentario literario de textos galegos
2007/2008
USC
4. A renovación poética na preguerra: Manuel Antonio, Bouza Brey, Cunqueiro, Amado
Carballo

- Imaxes:
• Hilozoístas: nosos dous corazóns
- Dístico – refrán. beilan.
- Verso breve que sigue ao “refrán”e
• Creacionistas: O pumariño da
noite quer froitificar estrelas;
repite o final do verso anterior a ese
madurecen os luceiros.
“refrán”. Esta repetición lembra ao
leixa-prén. - Inspiración popular:
- Temática amorosa. • As nove ondas do ensono.
• a fror da auga fría.
• herbiñas de namorar.
→ “Contrabando de amigo” (Antón Reixa) 3

Elementos
Elementos innovadores
medievalizantes
- O tempo real é o momento de reflexión da moza nas dúas
composicións, pero o tempo poético varía:
• Na cantiga de Mendiño o tempo está diluído para crear
unha atmosfera suxestiva. Así, nas dúas primeiras cobras
úsase o pasado contrastando co futuro do refrán (que
leva ao presente reflexivo); nas cobras terceira e cuarta
mestúrase presente e pasado; nas dúas últimas aparece
Respect - Lugar: Illa de San unha liña lóxica, xa que como resultado dun presente vai
oá Simón. haber unha consecuencia no futuro (morrerei).
cantiga - Actante: a moza.
de
• Porén, no texto de Reixa a voz emisora fala desde o seu
- Situación de presente na primeira estrofa e o primeiro pseudorefrán,
Mendiño espera. despois usa o pasado até a última estrofa, onde aparece
o futuro para dicir o que vai facer (Sentada non vou
quedar).
- Non se usa a paisaxe con valor suxestivo e simbólico4
(soidade), senón que se actualiza para plasmar un conflito
da sociedade actual (contrabando). Este uso social da
poesía constitúe unha novidade respecto á lírica medieval.
- Texto destinado
para ser cantado.
- Posíbel referencia
a Pero Mego no
verso “Mentiches
Xerais meu amigo,
mentiches meu
amor”, que lembra
a “mentís mia
filla, mentís por
amigo”.

→ Composición II de “María das Falas5 di mal do noso tempo”, en Versos


satíricos para hoxe ó xeito medieval6 (1998) (Alonso Montero)
3
Incluído no apartado “Cantares mercenarios” da obra Viva Galicia beibe (1994) na que se recollen
letras de cancións e, neste apartado en concreto, letras escritas para outros intérpretes.
4
Segundo a lectura simbólica que fai Luz Pozo da cantiga de Mendiño, esta sería o relato da decisión
de entrega amorosa por parte da moza.
5
Filgueira Valverde considera no prólogo da obra que María das Falas é un heterónimo, xa que é
unha personaxe caracterizada. Ademais, sinala que as composicións da obra de Alonso Montero son de
escarnio, máis ca de maldicir, porque non se trata de ataques persoais.
6
Esta obra está dividida en dúas partes (“María das Falas di mal do noso tempo” e “Airas Nunes volve
ó camiño”). Consta tamén de dous apéndices: unha gabanza trobadoresca do viño do Condado (a
partir dun poema de Bernal de Bonaval) e unha cantiga de amigo baseada na de Mendiño.
6
Comentario literario de textos galegos
2007/2008
USC
4. A renovación poética na preguerra: Manuel Antonio, Bouza Brey, Cunqueiro, Amado
Carballo

Elementos medievalizantes Elementos innovadores


- Comezo da composición:
Respect Estando eu...
oá - Referencia a San Simón.
cantiga
- Non se sitúa na Illa de San Simón, senón na casa
de
- Dístico + refrán. de Rosalía.
Mendiño - Leixa-prén.
- Número de estrofas (6)
Referencias literarias:
- a Pondal: feros corvos.
Xerais - Razó introdutoria.
- A Rosalía: Casa Santa de Padrón; lar de Rosalía.
- A Hamlet de Shakespeare: fede en Dinamarca.
→ Composición IV de “María das Falas di mal do noso tempo”, en Versos
satíricos para hoxe ó xeito medieval (1998) (Alonso Montero)
Elementos medievalizantes Elementos innovadores
- Razó introdutoria, na que se explica
- Voz feminina, dato que só podemos
que se fai referencia á Cantiga 260 de
tirar da razó.
Afonso X.
- Dístico + refrán.
- Variación no refrán.

→ Composición V de “María das Falas di mal do noso tempo”, en Versos


satíricos para hoxe ó xeito medieval (1998) (Alonso Montero)
Elementos medievalizantes Elementos innovadores
- Razó introdutoria, na que se explica
que se fai referencia a:
• “Porque no mundo menguou a
verdade”, cantiga de escarnio e
maldicir de Airas Nunes. - Voz feminina, dato que só podemos
• “Bailemos nós já todas tres, ai tirar da razó.
amigas”, cantiga de seguir de Airas - Variación no refrán.
Nunes elaborada en relación a outra
de Johan Zorro.
- Dístico + refrán.
- Paralelismo.

2.2. A vangarda: Manuel Antonio


Manuel Antonio Pérez Sánchez (Rianxo 1900 – 1930) é un poeta
individualista, de vida breve e que non creará escola na súa época, senón terá
influencia nos autores dos anos 70 do século XX, que é cando se publica a maior
parte da súa obra (en vida só publica De catro a catro en 1928).

2.2.1. Fontes poéticas

Manuel Antonio rompe coa tradición poética galega adheríndose ás


vangardas europeas e americanas, que procuran unha poesía baseada na imaxe e na
que estea ausente todo sentimentalismo, que o autor se afaste da obra e na que non
ten cabida a poesía social. Isto rompe coa tradición do didactismo na poesía galega,
de xeito que Manuel Antonio crea unha estética persoal, sendo o seu labor
fundamental a reflexión arredor da creación poética.

7
Comentario literario de textos galegos
2007/2008
USC
4. A renovación poética na preguerra: Manuel Antonio, Bouza Brey, Cunqueiro, Amado
Carballo

Nun dos seus tres artigos en prosa, “Prólogo dun libro de poemas que
ninguén escribeu”, fai unha reflexión sobre a súa creación e refírese á influencia que
exercen na súa obra algúns ismos:
a) Creacionismo (Vicente Huidobro):
1) Características do creacionismo:
■ o poeta como creador;
■ imaxes visionarias, é dicir, que relacionan dous termos moi distantes
creando así algo novo;
■ uso do humor para conseguir o afastamento do autor.
2) O creacionismo en Manuel Antonio:
■ non é tan puro coma o de Huidobro;
■ é a vangarda máis presente na súa obra;
■ cando Manuel Antonio se achega á expresión dos sentimentos usa o
humor para afastarse diso.
b) Futurismo (Marinetti): non está moi presente na obra de Manuel Antonio,
quen mesmo chega a criticalo por cantar a cousas novas pero cun estilo vello.
c) Dadaísmo (Tristan Tzara): movemento destrutor que se opón á construción
dun camiño propio que sigue Manuel Antonio.

Como vemos, non se adscribe estritamente a ningún deles, aínda que sexa
o creacionismo o máis presente na súa obra. Con todo, rompe coa tradición poética
galega anterior en canto a:

a) Contido: ausencia de expresións persoais e sentimentos.


b) Forma: eliminación da rima, a métrica, a división estrófica, o ritmo, a
sintaxe, novidosa disposición dos espazos, tipografía... De xeito que o poema
se condensa nunha xustaposición de imaxes novidosas.

É, en conclusión, un camiño de despoxamento de todo o tradicional.

2.2.2. Obras

Poesía

Data na que se escribiu Obra Características


Modernista e patriótico,
1919 Soneto
escrito en alexandrinos
1920 – 1922 Con anacos do meu interior 18 poemas
28 poemas nos que xa se
1922 – 1925 Foulas
inclúen trazos vangardistas
1926 – 1927 De catro a catro 19 poemas
1923 – 1924
segundo X. Luís Axeitos (xa
Carvalho Calero considera que a
Sempre e máis dispois
estética desta obra sería un paso
atrás), aínda que García Sabell
cría que fora escrito en 1928
1928 Viladomar 6 poemas, inacabada

A súa obra poética é editada por Galaxia en 1972, preparada por García
Sabell, e en 1979 publícase tamén o seu epistolario, preparado polo mesmo autor.
8
Comentario literario de textos galegos
2007/2008
USC
4. A renovación poética na preguerra: Manuel Antonio, Bouza Brey, Cunqueiro, Amado
Carballo

Ademais da súa obra poética, destacan os seus artigos e, sobre todo, o


Manifesto ¡Máis Alá!

2.2.3. De catro a catro. Follas sen data dun diario de abordo (1928)

Son dúas as principais interpretacións que se teñen dado de De catro a


catro:
1) Primeira lectura: viaxe por mar en orde cronolóxica a bordo dun veleiro
(Manuel Antonio era mariño de profesión e navegara nun veleiro). Así, a obra
sería un diario da viaxe mentres se fai a garda de catro a catro:
Paradas en terra
“Intencións” “Adeus”
“Recalada” “Navy Bar”

2) Lectura máis profunda (Arcadio López Casanova): viaxe iniciática.


■ En tres etapas:
1. Abandono do coñecido: “Intencións”.
2. Aventura: 17 poemas seguintes.
3. Regreso: “Adeus”.
■ Con diferentes símbolos:
Barco: identifícase co eu lírico e asociado a el están o mastro, a proa (abre
camiño) e o ronsel (ataduras de terra).
Terra vs. mar:
- Terra: seguridade, estatismo, protección materna... Representa todo
aquilo que hai que deixar atrás.
- Mar: dinamismo vital, camiño que se percorre. É menos seguro e
provoca dúbidas .
Vento: pode ser positivo ou negativo dependendo de se está presente ou
ausente.
Noite: símbolo negativo das forzas ocultas.

Como vemos, De catro a catro ten unidade temática e estrutural, un


trazo que se opón ao vangardismo.

2.2.4. Manifesto ¡Máis Alá!

É o único texto considerado claramente un manifesto até entón7. Está


asinado por Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro, se ben é o primeiro quen o escribe
e Cebreiro pode que só inflúa nos trazos dadaístas do mesmo.
1) En canto ao contido, é un manifesto de tipo:
a) Principalmente literario.
b) Político, polas ideas lingüísticas (defensa do monolingüísmo).
2) Fronte a outros manifestos vangardistas, non busca atraer a ninguén xa que
nel dise que cada un ten que seguir o seu camiño persoal.

7
Tamén se teñen interpretado como manifestos outros textos coma os prólogos de Rosalía.

9
Comentario literario de textos galegos
2007/2008
USC
4. A renovación poética na preguerra: Manuel Antonio, Bouza Brey, Cunqueiro, Amado
Carballo

3) É un manifesto intransixente cos creadores do pasado, aínda que non é tan


duro cos mestres directos (Xeración Nós), dos que non se dan nomes.
4) Ten un título ultraísta, mais Manuel Antonio non se adscribe a este movemento.

Introdució
Diríxese á mocidade intelectual galega.
n
- Conciencia da diferenza de ¡Máis Alá! respecto a
O xesto outros manifestos.
- Intención de protesta contra os vellos.
- Crítica a algúns coma Vaamonde Lores, Lugrís Freire
Os vellos
ou Carré.
A nosa razón - Propugnan unha selección artística.
Parte I
- Crítica ao ruralismo temático da literatura galega e,
O ruralismo polo tanto, a homes de Nós coma Castelao que
buscan a identidade de Galiza no rural.
- Crítica á submisión dos devanceiros á cultura castelá.
Os devanceiros - Crítica a Pondal por unha renovación estética
insuficiente.
- Crítica a escritores sometidos á hexemonía castelá, en
especial a Valle – Inclán, admirado pola Xeración Nós
“Pollitos bien”
e Manuel Antonio pero criticado por escribir en
Parte II
castelán.
Tamén hai
- Referencia a aqueles que se expresan en castelán.
outros
- Comeza unha parte máis positiva cás dúas anteriores
Nós na que se di que cada un ten que seguir o seu propio
camiño-.
- Intransixencia (Manuel Antonio rexeita a ortografía
Parte III A fala portuguesa por considerala allea, como explica nas
súas cartas).
Desbotando - Crítica indirecta a Risco (non se dá o seu nome).
Individoalismo - Síntese do anterior.
Parte IV Mocedade - Apóstrofo á mocidade

É, polo tanto, un manifesto que se caracteriza pola súa intransixencia


lingüística, por reivindicar a creación dun camiño persoal e polo gusto pola
paisaxe.

► Comentarios
→ “Excelsior”, Foulas (1923)
Elementos vangardistas Elementos tradicionais
- Tipograma que lembra á rosa dos
ventos.
- Xogo cos tipos de letra (maiúscula e
minúscula). - Rima (instintos, laberintos).
- Ausencia de estrofas.
- Puntuación escasa.
- Uso expresivo do espazo en branco.

→ “Rima de noite e cidade antiga”, Foulas (1923)


Elementos vangardistas Elementos tradicionais

10
Comentario literario de textos galegos
2007/2008
USC
4. A renovación poética na preguerra: Manuel Antonio, Bouza Brey, Cunqueiro, Amado
Carballo

- Repetición de grupos fónicos


- Ausencia de rima. (aliteración) en posición de rima.
- Imaxes xustapostas. - Medida: versos de 7 sílabas, agás o
- Ausencia de nexos. último que é de 8.
- Certa estrutura, unidade temática.

→ “O cartafol do vento”, De catro a catro (1928)

Elementos
Elementos vangardistas Interpretacións
tradicionais
- Sucesión de imaxes, en xeral - Símbolos: vento
imaxes visionarias e / ou de base ausente, un símbolo
hilozoísta: negativo (por iso o
pailebote non ten velas)
Fan referencia a unha realidade e que marca o paso do
(vento, chuvascos, mastros, gavotas, dinamismo ao
velas...) da que se distancian por ser
estatismo.
unhas imaxes non convencionais.
Exemplo: As gavotas non teñen - Lecturas:
quitasol / pero fan raudos equilibrios /
pol-o aramio transparente / de todal- Barco parado.
as ortodrómicas d’o ceo. A imaxe é
convencional, pero o feito de que os - Certa Angustia, estatismo.
equilibrios os faga unha gaivota non. unidade
temática.
Referencias específicas á navegación:
mastro, pailebote, velas, ortodrómicas
(liñas imaxinarias de navegación).

Uso do humor para conseguir un efecto


de distanciamento: - cai-lle a baba- /
está mirándo-nos o babión d’o Sol.
- Ausencia de estrofas, medida,
ritmo e puntuación.
- Referencia á mecanografía:
futurismo.

→ “Lied onhe Worte”8, De catro a catro (1928)


Elementos vangardistas Interpretacións
- Futurismo: estranxeirismos, - Interpretacións biográficas.
vocabulario técnico. - Interpretacións existencialistas.
- Afastamento do sentimentalismo
8
“Canción sen palabras”.
11
Comentario literario de textos galegos
2007/2008
USC
4. A renovación poética na preguerra: Manuel Antonio, Bouza Brey, Cunqueiro, Amado
Carballo

mediante o humor:

“Noiva miña
vestida de azul
que romantizas - Interpretacións amorosas (ecos
¡tan cursi!
en Cunqueiro, Ferrín e María Xosé
pol-o xardín”
Queizán).
“Sentei-me na proa
fumando a miña pipa
Pero outra noite pensarei en tí. ”

→ “Ao reverso da noite”, De catro a catro (1928)


Elementos vangardistas Interpretacións
- Visión negativa do paso da noite
- Imaxes creacionistas: ronseles ao día (LOCEIROS degolados /
infecundos. desangran-se de ouro n-o Mar) e
do mundo en xeral.

2.3. Hilozoísmo: Amado Carballo (1901 – 1927)


Amado Carballo foi mestre, xornalista, tradutor... e é o grande
representante do hilozoísmo. Foi tamén o fundador da revista Alborada (catro
números).

2.3.1. Prosa

1) Os probes de Deus (1925), novela breve escrita en 1923. Non é unha obra
pesimista malia desenvolverse nun asilo de anciáns.
2) Maliaxe (1922).

2.3.2. Poesía
A) Características

1) Conxuga a tradición e a innovación:

a) Tradicional na forma, xeralmente de gusto popular: metro breve, rima


asonante, mantemento da estrutura.
b) Vangardista nas imaxes: uso absoluto da imaxe prosopopeica.
2) O seu tema fundamental é a paisaxe:
a) Ten como antecedentes a poetas europeos ou a Noriega Varela.
b) É unha paisaxe humanizada.
c) A paisaxe é esencialmente rural, con moitos elementos da cultura
tradicional (cruceiros, elementos agrícolas), pero tamén pode ser
marítima (da ría) ou, en menor medida, urbana.

Tamén se pode apreciar o tema do patriotismo, pero diluído nas imaxes.


3) Poesía alegre, vistosa, colorista, persoal, elitista e vangardista.
4) Ten moito éxito no momento e, polo tanto, moitos seguidores.

12
Comentario literario de textos galegos
2007/2008
USC
4. A renovación poética na preguerra: Manuel Antonio, Bouza Brey, Cunqueiro, Amado
Carballo

A) Obras

1) (1927), a única obra que publica en vida. Escrita en 1924. Consta de 35


Proel
poemas divididos en varios apartados.
2) O Galo (1928), obra póstuma publicada polos seus amigos. É unha
recompilación de diferentes poemas nos que non se aprecia un avance
estético con respecto a Proel. O título é o do primeiro poema.

► Comentarios
→ “O cruceiro”, Proel (1927)

Elementos
Elementos vangardistas Temática
tradicionais
- Paisaxe rural:
- Ausencia de estrofas.
- Rima
- Ausencia de medida. Elementos da cultura
asonante.
- Imaxes xustapostas. tradicional coma o
cruceiro.

→ “Misa da mañán”, Proel (1927)

Elementos vangardistas Elementos tradicionais

- Afastamento da realidade galega na


- Elemento relixioso, pero é unha
relixiosidade popular (non hai
última estrofa: opio do día.
reflexión filosófica)
- Ausencia de estrofas.
- Rima asonante nos versos pares.
- Imaxes hilozoístas.
- Versos octosílabos.

→ “Romaxe”, Proel (1927)

Elementos vangardistas Elementos tradicionais


- Estrofas.
- Imaxes auditivas. - Elementos de cohesión e estrutura
circular.

→ “Saudade”, Proel (1927)

Elementos vangardistas Elementos tradicionais Interpretacións


- Existencialista
(saudade).
- Elementos de cohesión e - Amorosa: polo
estrutura circular. apóstrofo a unha meniña
- Imaxes auditivas - Presenza do eu lírico. e por estar incluído na
- Sentimento de angustia parte inicial da obra, na
que lembra a Rosalía. que se atopan os
poemas amorosos e
patrióticos.

13
Comentario literario de textos galegos
2007/2008
USC
4. A renovación poética na preguerra: Manuel Antonio, Bouza Brey, Cunqueiro, Amado
Carballo

14
Comentario literario de textos galegos
2007/2008
USC

Você também pode gostar