Você está na página 1de 21

AGALI Journal Journal of Social Sciences and Humanities, N 2, 2012

O Discurso dos Xornais Surinameses sobre os Inmigrantes Brasileiros (20072010)1


DA SILVA OLIVEIRA, Rafael [rafasolufrr@gmail.com] Universidade Federal de Roraima
[Received May 2012; accepted December 2012] Resumo Dende mediados da dcada de 1980, brasileiros migran para o Surinam coa intencin de traballar na minera do ouro a pequena escala. Tal dinmica contribuu para constitucin dunha comunidade brasileira no Surinam, cada vez maior e mis participativa da vida econmica dese pas. Con todo, os brasileiros sofren diversos estigmas e preconceptos que dificultan a sa integracin, sendo os medios de comunicacin grandes vectores das imaxes estereotipadas sobre os brasileiros. O artigo ten como obxectivo reflexionar sobre as imaxes estereotipadas dende o discurso dos xornais online surinameses sobre os inmigrantes brasileiros. Palabras clave: Inmigrantes brasileiros, comunicacin, Imaxes estereotipadas Abstract Since the mid-1980s, Brazilians are migrating to Suriname with the intention to work in small-scale gold mining. These dynamics contributed to establishment of a Brazilian community in Suriname, growing and more participative of economic life this country. However, the Brazilians are stigmatized, and the media contribute to stereotypical images about Brazilians. This research aims to reflect on the stereotypical images from the discourse of Suriname's online newspapers about Brazilian immigrants. Keywords: Brazilian immigrants; Suriname; Media; Stereotypical. Surinam, Medios de

1 O presente artigo unha adaptacin dun fragmento da Tese de Mster en Planificacin e Estratexias Territoriais na Sociedade da Informacin, defendida na Universidade de Santiago de Compostela, en marzo de 2012, titulada Da construcin de imaxes estereotipadas as prcticas excluntes: o discurso dos xornais online surinameses sobre os inmigrantes brasileiros. Aproveito para rexistrar os meus agradecementos a Profa. Dra. Rosa Maria Verdugo Mats, pola direccin e apuntamentos ao longo da investigacin, e aos professores Dr. Xos Carlos Maca Arce e Dr. Francisco Xos Arms Quint, polas valiosas suxestins e crticas.

11

DA SILVA OLIVEIRA, Rafael

1. Introducin Os medios de comunicacin posen papel preponderante na (re)construcin e no fortalecemento de imaxinarios racistas (Wieviorka, 2007), sobre todo debido ao dinamismo dos fluxos de informacin sen precedentes vivenciado pola chamada Sociedade da Informacin. Fernandes (2010: 01), ao escribir sobre o tema, sublia que a prensa e os demais medios de comunicacin colaboran para un comportamento segregacionista, podendo as ocasionar en diversos problemas e obstculos nas relacins sociais cotis. Polo tanto, cmpre resaltar que os medios de comunicacin contriben sobre maneira na construcin da psicosfera2, ademais de ocuparen lugar central nas disputas pola hexemona e pola fixacin dos significados sociais (Mendona, 2008: 143). Tal contextura trnase anda mis complexa cando agrgase, nesa trama entre medios de comunicacin e racismo, a figura do inmigrante. Mats (2008) nos chama atencin de que a creacin e a difusin de preconceptos contra os inmigrantes, por parte dos medios de comunicacin, som grandes obstculos para levar a cabo a integraom dos imigrantes (Mats, 2008: 03). Fronte ao exposto, fra de dbida que a imaxe estereotipada do inmigrante como problema est presente en distintos puntos da superficie terrestre, asumindo contornos, dinmicas e involucrando actores a partir das mis variadas particularidades. De entre os numerosos casos de prcticas violentas, veiculadas polos medios de comunicacin en detrimento de grupos minoritarios, convn destacar aqueles involucrando inmigrantes brasileiros que traballan nos garimpos3 de pan-Amazonia, especialmente no Surinam. Dende o principio dos anos 1980, garimpeiros4 realizan arriscadas travesas visando cruzar a fronteira cara ao Surinam para traballar na minera de pequena escala, ocorrida maioritariamente dentro dos territorios quilombolas (Hoogbergen; Kruijt, 2004; Oliveira, 2011a). Tal fluxo migratorio BrasilSurinam tornouse anda mis intenso a comezos da dcada de 1990, no transcurso dos cambios ocorridos na lexislacin
Milton Santos (1998) ao estruturar discusin terica para comprender o espazo, propn anlise da realidade dende o par dialctico psicosfera e tecnosfera, no cal ambos constiten o medio tcnicocientfico informacional. Nas palabras do autor, a tecnosfera o resultado da crecente artificializacin do medio ambiente (Santos, 1998: 32), a travs da sa racionalizacin e tecnificacin. Xa a psicosfera entendida como o resultado das crenzas, desexos, vontades e hbitos que inspiran comportamentos filosficos e prcticos (Santos, 1998: 32), sendo, tamm, a construcin das subxectividades e normas de convivencia establecidas no medio das relacins interpersoais. 3 Utilizaremos o termo garimpo como sinnimo de minera en pequena escala. 4 Cmpre salientar que o nome dos traballadores implicados directamente na minera de pequena escala vara segundo a nacionalidade, por exemplo: barequeros (Colombia); porknockers (Surinam e Giana); chichiqueros (Per); garimpeiros (Brasil). Polo tanto, empregaremos o termo garimpeiro exclusivamente en referencia aos brasileiros que traballan na minera do ouro en pequena escala, independentemente do pas onde exercen tales actividades.
2

12

O Discurso dos Xornais Surinameses sobre os Inmigrantes Brasileiros (2007-2010)

brasileira que alteraron considerablemente a prctica e a fiscalizacin da garimpagem (Silva; Oliveira, 2008). A partir das presins establecidas polo Estado brasileiro, miles de garimpeiros comezaron a emigrar, a partir de longas xornadas de travesa no medio da selva amaznica, para os pases limtrofes que integran a pan-Amazonia, especialmente aqueles situados no extremo norte do pas sendo o Surinam un dos principais destinos. Dende ese marco migratorio at a actualidade, o referido eixe migratorio BrasilSurinam ten se consolidado progresivamente. Tal afirmacin pode ser referendada coa observacin dos datos publicados polo Algemeen Bureau voor de Statistiek5 (ABS, 2009). En 2004 rexistrouse a entrada de 4.260 brasileiros, mentres que nos anos seguintes foron 5.818 (2005), 7.013 (2006) e 7.474 (2007). Ademais, os brasileiros representan actualmente o cuarto grupo que mis migra a este pas, despois s de Holanda, Giana e Francia (a travs da Giana Francesa). Tal fluxo tan significativo dbese pola busca por mellores condicins de vida nas reas de garimpo (e nos servizos indirectamente atrelados a esta actividade), atraendo as miles de brasileiros que buscan mellores oportunidades de vida no Surinam. Diante dos incontables fluxos irregulares e de traballadores inmigrantes que entran como turistas e permanecen a vivir e traballar no medio da selva, imposible precisar o continxente de brasileiros no Surinam. Con todo, algunhas estimacins contriben para ter unha idea da dimensin da presenza brasileira no Surinam. O Ministrio das Relaes Exteriores do Brasil calcula a existencia de, aproximadamente, 20 mil brasileiros (entre regulares e irregulares), representando as case 5% da poboacin dese pas (MRE, 2011)6. Con base nesa exposicin sumaria, cmpre rexistrar que o presente artigo ten como obxectivo reflexionar sobre o papel dos medios de comunicacin, particularmente dos xornais online surinameses, na construcin de imaxes, en sa maiora estereotipadas, dos traballadores inmigrantes de orixe brasileira. Polo tanto, recorreuse anlise das reportaxes publicadas nos dous principais xornais online dese pas (o De Ware Tijd e o Times of Surinam) coa intencin de entender a cobertura dese medio de comunicacin, entre os anos de 2007 e 2010, dos principais acontecementos que inclen traballadores inmigrantes brasileiros. Xa a investigacin e a recollida de datos ocorreron a travs dos sitios dos dous xornais supramencionados, pois ambos divulgan dixitalmente as mesmas reportaxes que son publicadas na sa versin impresa. Logo, se pode analizar as noticias que chegan aos lectores surinameses en soporte tradicional (xornal impreso). Ademais, tamn foron realizadas investigacins de campo, entre 2009 e 2011, co principal obxectivo de
Servizo Xeral de Estatstica. Segundo o ltimo censo realizado no Surinam en 2004, o pas pose 492.829 habitantes (ABS, 2005).

5 6

13

DA SILVA OLIVEIRA, Rafael

entrevistar brasileiros e surinameses (a partir de conversacins informais e entrevistas abertas). Fronte ao exposto, faise necesario explicitar a estrutura do artigo, que est subdividido en tres seccins. Na primeira, disctese brevemente sobre a presenza brasileira no Surinam (na sa maiora irregular e fluda), a importancia do garimpo para a economa do pas e os principais sectores da economa onde os inmigrantes brasileiros traballan. A continuacin, analzanse os discursos sobre os traballadores inmigrantes brasileiros a partir dos dous principais xornais do Surinam (De Ware Tijd e Times of Suriname), entre 2007-2010. Anda, trata o alcance e as consecuencias dos estereotipos creados, reflexionando sobre como tales estigmas reforzan o preconcepto da sociedade do Surinam en relacin crecente presenza demogrfica e importancia econmica dos brasileiros como un grupo etnicamente diferente de emigrantes. Por fin, son abordadas algns exemplos de consecuencias atreladas (in)directamente a tales imaxes estereotipadas tanto aquelas que dificultan a integracin da comunidade brasileira no Surinam canto iniciativas dos propios inmigrantes visando a superacin de tales barreiras (i)materiais. 2. Brasileiros no Surinam Conforme xa rexistrado, dende a dcada de 1980 o Surinam ten sido o destino de brasileiros, que migran para ese pas, atrados polo ouro. Con intensa mobilidade entre as fronteiras, desconsiderando os lmites dos Estados da pan-Amazonia, os garimpeiros realizan travesas cotis, por moitas veces arriscadas, para traballaren en reas de garimpo (Theije; Heemskerk, 2009). Os territorios do garimpo no Surinam estn situados, especialmente, no sueste do pas, na fronteira coa Giana Francesa. A presenza predominante de traballadores nas reas de garimpagem de orixe brasileira, sobre todo, dos estados do Maranho e Par (Hfs, 2006; Oliveira, 2011b). A maiora dos garimpos est situada dentro dos territorios quilombolas. A pesar de estar en situacin irregular para o Estado surinams, os territorios da garimpagem son controlados polos quilombolas a partir do establecemento de taxas, regras e normativas para o funcionamento desta actividade. Os quilombolas, ademais de controlaren e administrarem os garimpos, tamn actan na venda exclusiva de combustibles e produtos necesarios para o mantemento da minera en pequena escala. Cmpre mencionar que mesmo actuando de forma irregular, os quilombolas lexitiman a presenza dos garimpeiros, chegando, nalgns casos, a establecer control do pagamento de taxas mediante a emisin de comprovantes de recebimento. A relacin e acordos establecidos entre

14

O Discurso dos Xornais Surinameses sobre os Inmigrantes Brasileiros (2007-2010)

brasileiros e quilombolas, as como os recibos de pagamento nada valen para o Estado que, periodicamente, acta reprimindo a presenza dos garimpeiros. Mesmo coas leis, cdigos e normas establecidas, a territorialidade brasileira est presente a travs dos diferentes usos (i)materiais, cuxo idioma, as msicas, as comidas, entre outros, contriben cara obxectivar eses territorios e reterritorializar un anaco do Brasil no medio da floresta surinamesa. Outro aspecto caracterstico nos territorios da garimpagem, e que demostran os fortes lazos topoflicos co Brasil, a presenza da bandeira brasileira e a construcin de infraestrutura tcnica para conectar os programas de televisin brasileiros. comn, ao visitar un acampamento de garimpo, atopar os garimpeiros reunidos para asistiren novelas ou partidas da liga de ftbol do Brasil. Neste sentido, pdese argumentar que nese trnsito entre a territorialidade brasileira e a quilombola, ambos sofren influencias desa relacin, atribundo especificidades aos territorios. Nos territorios da garimpagem, quilombolas falan portugus, brasileiros falan o sranantongo e outras linguas, establecen matrimonios, entre outros. Con todo, unha relacin marcada por pacto social fragilizado e baseado nas relacins garimpeiras, no cal se producen conflitos. A pesar do nome minera en pequena escala, os garimpos actualmente posen maquinaria como retroescavadeiras (Figura 1) que potencializam a extraccin do ouro. Tal introducin tcnica nos territorios da garimpagem contribuu expresivamente dentro da balanza de exportacins do Surinam, superando a producin da minera do ouro en gran escala (Tabla 1). Entre 2005 e 2009 a exportacin do ouro procedente dos garimpos contabilizou 70.153,67 kg, mentres que a gran escala no mesmo perodo rexistrou 50.698,66 Kg. Polo tanto, dos 120.852,33 Kg da producin oficial de ouro, a minera en pequena escala contribuu con 58,04%. Cmpre aclarar que actualmente a IAMGOLD a nica que acta efectivamente na minera en grande escala no Surinam. A travs dun acordo co goberno do Surinam, a IAMGOLD exporta a sa producin, pagando 2,25% de royalties para o Surinam. Todo o ouro producido pola IAMGOLD exportado para o Canad e almacenado no Royal Canadian Mint (Heemskerk, 2010). Con todo, dentro do circuto da garimpagem unha significativa parte da producin aurfera non contabilizada. Ese ouro ten varios destinos: vendido para compradores e interceptadores clandestinos; transportado sen licenza polos garimpeiros para a Giana Francesa, Venezuela, Giana e Brasil, ou, at mesmo, circula na economa do Surinam.

15

DA SILVA OLIVEIRA, Rafael

Figura 1 - Desmonte hidrulico de barranco co auxilio da retroescavadeira. Garimpo do Reinaldo (rea de garimpagem Manlobi), Distrito de Sipaliwini, Surinam.

Fotografado polo Rafael da Silva Oliveira en xaneiro de 2010. Tabla 1 Total de ouro exportado do Surinam, 2005-2009.
Exportacin procedente da minera en pequena escala (garimpos) Kg 2005 2006 2007 2008 2009 11.655,16 11.955,67 13.833,52 16.222,71 16.486,61 Participacin da producin oficial de ouro da minera en pequena escala (garimpos) % 51,6 55,8 63,5 61,2 57,7

Ano

Exportacin procendente da IAMGOLD Kg 10.917,32 9.455,45 7.962,49 10.264,15 12.099,25

Total de ouro exportado

Kg 22.572,48 21.411,12 21.796,01 26.486,86 28.585,86

Fonte: Heemskerk (2010: 64).

Tal fluxo de capital, contribe a intensa mobilidade garimpo-cidadegarimpo de garimpeiros e demis brasileiros que traballan como comerciantes, intermediarios, traballadoras sexuais, entre outros, tornando esa trama territorial anda mis fluda e complexa (Oliveira, 2011b).

16

O Discurso dos Xornais Surinameses sobre os Inmigrantes Brasileiros (2007-2010)

Moitos deses traballadores inmigrantes brasileiros, tras pasaren meses nos garimpos (ou anos), se desprazan cara capital, especialmente, para a rea coecida popularmente como Klein Belm (Belenzinho). Esta rea, de predominio brasileiro, considerada como o principal exemplo territorial urbano da centralidade brasileira no Surinam. Localizada no Tourtonne (situado no Ressort Blauwgound, norte de Paramaribo) ten as ras Prinsesstraat, Anamoestraat e un fragmento da Tourtonnelann como principais referencias da afluencia brasileira na capital. Nesa porcin da cidade de Paramaribo concntranse as principais ofertas de bens e servizos, voltos para os brasileiros e para o garimpo do pas. Belenzinho un territorio (i)material que expresa e sintetiza a territorialidade brasileira no Surinam. Logo, nesa porcin da cidade a brasilidade se traduce na paisaxe, cuxas placas e os letreiros estn en portugus e presentan marcas e produtos de orixe brasileira. Camiar polas principais ras do Tourtonne como estar nunha cidade con vocacin garimpeira na rexin norte do Brasil: os produtos vendidos, a msica nos lugares e o idioma practicado nada se parecen con o holands, idioma estrao para a esmagadora maiora brasileira que migra ao pas vecio. En consecuencia, Belenzinho pose infraestrutura e modus vivendi voltos para acoller os brasileiros recn chegados nas sas redes sociais xa establecidas. Con todo, tales redes e relacins, segundo Hfs (2006) son construdas e marcadas desde catro clases definidas no centro da comunidade brasileira no Surinam: os comerciantes (considerados a elite da comunidade), os garimpeiros, as plocs7 e os relixiosos (sobre todo da relixin protestante). Porn, a pesar de existir tales distincins no seo da comunidade brasileira, esas non son hermticas, xa que moitos individuos estn presentes en mis dunha categora, cuxo posicionamento identitario est intimamente atrelado aos intereses e circunstancias impostas. ese pedazo do Brasil no Surinam que desempea a funcin de centro loxstico e de apoio ao desenvolvemento da actividade garimpeira. Desde ferramentas para garimpo, pasando por restaurantes, compra-venda de ouro, lavanderias, hoteis e night clubs cheos de traballadores de orixe brasileira poden ser atopados ao camiar nas ras de Belenzinho. Diariamente chegan e parten garimpeiros, plocs e comerciantes, movendo a economa co ouro extrado nas reas de garimpagem. A movimentacin de significativa parte do capital que circula dentro de Paramaribo oriunda das relacins establecidas pola compra e venda de ouro nestes establecementos (licenciados ou non), cuxa significativa parte destes establecementos est situada en Belenzinho.

7 Oliveira (2011b: 203) aclara que ploc a expresin utilizada entre os garimpeiros para referirse a unha traballadora sexual ( ploc) ou ben a unha actividade sexual comercial (facer ploc).

17

DA SILVA OLIVEIRA, Rafael

Diante da exposicin, fra de dbida que o pulsar da vida no Surinam e funcionamento da engrenaxe econmica do pas estn enganches presenza brasileira. Con todo, a pesar da participacin e importancia desta comunidade no Surinam, estes traballadores inmigrantes sofren estigmas que reflicten no seu cotin, tanto nos garimpos canto na cidade. Estas imaxes estereotipadas son construdas, reforzadas e proxectadas tamn polos medios de comunicacin do Surinam, potencializando as as tensins das relacins socioespaciais e dificultando a insercin da comunidade brasileira. As, a seguinte seccin dedcase a presentar unha anlise sobre os discursos dos medios de comunicacin surinams, a partir dos xornais dese pas. 3. Discursos surinameses e imaxes estereotipadas presentes nos xornais

Como apuntado anteriormente, cara refletirmos sobre os estereotipos reforzados polos medios de comunicacin surinameses, comprendendo os principais elementos que compoen a psicosfera dos surinameses sobre a comunidade brasileira no Surinam, recorremos anlise das reportaxes publicadas, entre 2007 e 2010, nos dous principais xornais do pas: Times of Suriname (TS) e De Ware Tijd (DWT). Ao contrario dos xornais brasileiros, que raramente publican noticias do seu vecio, os xornais surinameses divulgan materias atreladas ao Brasil sobre todo nas seccins de deporte e de economa e poltica internacional. Polo tanto, como o noso foco central analizar unicamente o tratamento discursivo sobre a comunidade brasileira no Surinam, consideramos soamente as materias publicadas na seccin Binnenland (asuntos nacionais) que abordan directa ou indirectamente ese grupo de inmigrantes e, tamn, reportaxes de opinin. Convn rexistrar que na pxina web do DWT (http://www.dwtonline.com) o acceso ao contedo completo ocorre de balde, mentres que no TS (http://www.surinametimes.com) foi necesario pagar sinatura de US$9.00 mensuais. Durante a seleccin das reportaxes, dentro dos criterios supramencionados, se recolleron 944 materias, sendo 531 do TS e 413 do DWT. Significa dicir que entre os anos analizados na investigacin, en media, o TS publicou polo menos unha materia sobre os brasileiros no Surinam a cada 2,74 das, mentres que o DWT a cada 3,53 das. Con intencin de mellor explicitar a anlise dos datos recollidos nos xornais TS e DWT, elaboramos un cadro aglutinando as reportaxes dende os asuntos informados sobre os brasileiros no Surinam (Tabla 2).

18

O Discurso dos Xornais Surinameses sobre os Inmigrantes Brasileiros (2007-2010)

Tabla 2 - Asuntos abordados e tratamento dos contedos sobre os brasileiros no Surinam.


ASUNTO Prostitucin Belenzinho Garimpo/garimpeiros Danos ambientais (uso de mercurio nos garimpos e deforestacin) Conflitos/problemas con grupos quilombolas e/ou indxenas inmigracin ilegal Prisin e asasinato Tensin/conflito coa minera en gran escala Fuga de capital para o Brasil (envo de dieiro e transporte ilegal de ouro) carnaval e festa junina Acordos bilaterais/visitas oficiais Relixin8 TOTAL CONTEDO POSITIVO --1 2 CONTEDO NEGATIVO 56 8 215 180 TIMES OF SURINAME 22 3 119 97 DE WARE TIJD 34 6 98 83

------------20 27 1 51

51 156 138 63 24 2 ----893

23 89 96 42 13 9 18 --531

28 67 42 21 11 13 9 1 413

Elaborado por Rafael da Silva Oliveira en xaneiro de 2012 (a partir do levantamento nos sitios web dos xornais DWT e TS).

Conforme explicitado na tabla 5, 94,60% do universo analizado ten tratamento negativo ao abordar sobre os brasileiros no Surinam, representando as 893 materias publicadas. Nas reportaxes con contedo que presentan perspectiva positiva (nfimos 5,40%), os asuntos carnaval e festa junina e acordos bilaterais/visitas oficiais concentran 92,16%, dicir, 47 noticia mentres que os demais temas sumados perfazem s 4. Tales materias con discurso positivo versan, en particular: a) sobre a cultura popular brasileira e as festividades que se celebran en Belenzinho durante os meses de febreiro (carnaval) e xuo (festa junina) (DWT, 2009a) e; b) visita de polticos e diplomticos brasileiros no Surinam, cuxos noticiarios remiten promesas de mellora no tratamento aos brasileiros en
O asunto relixin, a pesar de pouco abordado - con s 1 ocorrencia (Boer, 2009), est cada vez mis presente no centro da comunidade brasileira no Surinam. O nmero de brasileiros desa fronte pioneira relixiosa e de evangelizacin nos garimpos vn ampliando progresivamente ao longo dos anos. Denominacins pentencostais, como a Assembleia de Deus e a Deus Amor, vn ampliando a sa capilaridade a travs da implantacin de igrexas nos corrutelas de garimpo (Theije, 2008).
8

19

DA SILVA OLIVEIRA, Rafael

situacin irregular, sobre todo atrelados garimpagem (Zandgrond, 2008b; DWT, 2009b). Os tres temas que mis figuran entre os con contedo negativo a imaxe dos brasileiros no Surinam (61,70%), son garimpo/garimpeiros, danos ambientais e inmigracin ilegal. Prisin e asasinato que inclen brasileiros outro tema moi explotado negativamente polos xornais surinameses, sendo rexistradas 138 materias que totalizan 15,45% da amostraxe. Mesmo non representando un cuantitativo tan significativo como os garimpeiros (principal foco das materias atreladas aos brasileiros no Surinam), as traballadoras sexuais tamn aparecen con frecuencia nos informativos de cuo despectivo (56 rexistros, representando 6,27%). Convn resaltar que mesmo co establecemento da diferenciacin dos asuntos tratados nas distintas materias, o garimpeiro e a traballadora sexual son os personaxes que mis aparecen nas pxinas dos dous xornais, sempre cargados de imaxes estigmatizadas, hosts e depreciativas. A pesar da comunidade brasileira non ser constituda s por garimpeiros e traballadoras sexuais, no Surinam, os brasileiros teen a sa imaxe asociada garimpagem e ao sexo, sendo esas referencias para as relacins interpersoais (Hfs, 2006: 79). Como demostrado no cuantitativo de reportaxes que conteen discurso negativo, tal situacin ten a contribucin, en gran parte, da actuacin dos medios de comunicacin nacionais que reafirman tales preconceptos. Theije (2010: 09) cando fala sobre a percepcin dos surinameses en relacin aos inmigrantes brasileiros e s reas de garimpagem, sublia que a maiora dos surinameses xamais puxo os ps nun garimpo, a opinin deles sobre os brasileiros est baseada nestas observacins illadas. Tal afirmacin corrobora co posicionamento de Len (2011: 11) ao dicir que os medios de comunicacin forman parte das institucins de lite e ten credibilidade suficiente para que o pblico receptor acepte a avaliacin que fan dos eventos actuais. Sendo as os inmigrantes son mis coecidos polo que os medios de comunicacin falan deles que polo contacto directo que ten con a poboacin autctona (Len, 2011: 09-10). Fronte ao exposto, garimpeiros e traballadoras sexuais son os principais focos dos medios de comunicacin surinameses, atrelando a eses dous actores sociais a culpa de diversos problemas e mazelas enfrontados no Surinam, como, por exemplo, SIDA, criminalidade, deforestacin, contaminacin dos ros polo uso indebido de mercurio nos garimpos, crise financeira, drogas, desestabilidade familiar, entre outros (Leeuwin, 2008; Orban, 2010).

20

O Discurso dos Xornais Surinameses sobre os Inmigrantes Brasileiros (2007-2010)

Xa Belenzinho, mesmo con poucas reportaxes dirixidas directamente a ese barrio demarcado afectivamente polos brasileiros (s 9 rexistros), presenta elementos interesantes para a nosa reflexin. Dentro do recorte temporal establecido, s unha materia aborda positivamente sobre esa territorialidade emerxente. Co ttulo Integracin de brasileiros no Surinam. Taki Taki9? Non, fala portugus!, sublia principalmente sobre o gran fluxo de brasileiros no chamado Belenzinho, atraendo diversos comerciantes chineses que investen cada vez mis nesa rea con produtos dirixidos aos brasileiros e garimpagem (Chang, 2008). Ademais de tratar o grande nmero de comercios e da forte presenza da lingua portuguesa en Belenzinho, o autor aborda sobre os estigmas que os brasileiros sofren no Surinam. Logo, rexistra a declaracin de un brasileiro: queremos fomentar mis a visita de surinameses [en Klein Belm]. O Brasil rico en cultura, podemos facer mis que ftbol e carnaval. (...) Queremos demostrar que os brasileiros non son s garimpeiros e prostitutas (Chang, 2008: 01). Este artigo publicado no xornal DWT presenta un panorama sobre a importancia da comunidade brasileira no Surinam, influenciando na culinria, na msica e na moda do pas a consecuencia do gran nmero de grupos musicais, de restaurantes e de tendas de roupa. Con todo, a referida reportaxe unha excepcin, xa que a regra que predomina o discurso xornalstico atrelando unha imaxe negativa presenza brasileira no Surinam. As, os Surinameses incorporan tales narrativas para compoer un imaxinario preconceituoso sobre a comunidade brasileira no seu pas. Xa no que concerne o tema carnaval e festa junina ocorre o contrario, pois o predominio de reportaxes que contean mensaxes positivas. De entre as 22 reportaxes atreladas ao tema, s das depreciam tales manifestacins folclricas, atrelando estas conmemoracins a desorganizacin, a falta de respecto, a violencia e a prostitucin (Bhikharie, 2008). Aquelas dedicadas abordaxe sobre a tensin/conflito coa minera en gran escala (7,05% das reportaxes, dicir, 63 rexistros entre as 893 que conteen tratamento negativo), vlvense para reafirmacin do garimpeiro (inmigrante ilegal) como problema e obstculo para o desenvolvemento da actividade legalizada da minera en gran escala (TS, 2010b). Len (2011) argumenta que os problemas procedentes da convivencia entre autctonos e inmigrantes un tema que sempre interesa os medios de comunicacin. A pesar de representar s 5,71% (51) do
9 Taki Taki unha forma popular, mis ntima, para referirse ao idioma Sranantongo. Taki Taki en Sranantongo significa "falar" (Oliveira; Ribeiro, 2011: 80).

21

DA SILVA OLIVEIRA, Rafael

universo das reportaxes con contedo negativo, o asunto Conflitos/problemas con grupos quilombolas e/ou indxenas xeralmente tratado envolto de gran repercusin na sociedade surinamesa. A existencia dun fragilizado e precario pacto social establecido entre quilombolas e garimpeiros, no transcurso da actividade aurfera, contribe para que se produzan conflitos e posicionamentos contrarios a presenza brasileira nos seus territorios. As reportaxes que abordan sobre o devandito tema, en especial, presentan a insatisfaccin dos lderes quilombolas sobre a presenza, os costumes e as prcticas cotis dos brasileiros. De entre os exemplos, vale rexistrar a reportaxe titulada Manlobi quer se librar dos brasileiros (Zandgrond, 2009), onde destaca que os moradores [quilombolas] estn moi incomodados co estilo de vida dos brasileiros (Zandgrond, 2009). Mesmo coa existencia dun respectado pacto de convivencia entre quilombolas e garimpeiros que, a pesar de tenue, ocorre desde mediados dos anos 1980, os medios de comunicacin difunden e buscan incutir a idea de que a territorialidade brasileira ameaza a territorialidade quilombola: en breve a direccin da aldea estar integrada por brasileiros (Zandgrond, 2009); ou que a presenza brasileira nas reas quilombolas dbese a falta de actuacin mis ostensible por parte do Estado: a autoridade tradicional [quilombola] sempre protestou contra a presenza de garimpeiros brasileiros no interior (TS, 2010a). Ante o exposto, destacamos cinco discursos recorrentemente reproducidos en diversas reportaxes enganches aos asuntos demostrados na tabla 2. A partir desas imaxes estereotipadas posible comprender a dimensin dos discursos que contriben para reforzar os preconceptos e establecer o mantemento da segregacin da comunidade brasileira no Surinam. a) As brasileiras son prostitutas: o recorrente discurso de que nos night clubs todas as prostitutas son brasileiras (Peneux; Chaturi, 2007) contribe para fortalecer a equivocada asociacin da muller brasileira co traballo sexual. Este proceso de exotizacin e sexualizacin exacerbada entorno da inmigrante brasileira ocasiona consequente inferiorizacin do Brasil e das brasileiras (Pontes, 2004). b) Garimpeiros = delincuentes: imaxe amplamente difundida en medio s reportaxes analizadas, transitando nas mis distintas temticas. Tal estereotipo fortalecido a partir de dous discursos: i) a travs dos informativos relatando prisins, roubos e asasinatos involucrando brasileiros e; ii) a partir da criminalizacin da actividade garimpeira. c) Os brasileiros viven ilegalmente no Surinam: o rtulo de ilegais ou invasores comunmente evocado nas reportaxes sobre os

22

O Discurso dos Xornais Surinameses sobre os Inmigrantes Brasileiros (2007-2010)

traballadores inmigrantes brasileiros. Son raros os casos en que a palabra irregular utilizada para designar os inmigrantes que teen visto en situacin irregular. d) Minera de ouro ilegal = brasileiros ilegais = enormes danos ambientais: A asociacin nos discursos que contriben na construcin de imaxes estereotipadas entre minera ilegal, brasileiros ilegais e danos ambientais recurrente nos xornais analizados. Conflitos que inclen traballadores da minera en pequena escala e minera en grande escala, xeralmente se enfatiza a nacionalidade (garimpeiros brasileiros). Outro tema presente son os conflitos que os medios de comunicacin destacan que os brasileiros invaden terras en territorios quilombolas e/ou indxenas. e) Os brasileiros rouban o noso ouro: o sentimento dos surinameses e o ton dos discursos se dirixen cara ao fortalecemento do estereotipo de que os brasileiros extraen e levan o ouro para o Brasil. Tal imaxinario pose dous sentidos, a saber: i) envo de remesas de dieiro ou transporte ilegal de ouro para o Brasil; ii) inmigracin brasileira temporal, pois o obxectivo s acumular ouro e volver para o Brasil. As, as imaxes estereotipadas contriben para a manifestacin de diversas prcticas excluntes contra os inmigrantes brasileiros, ademais de influr decisivamente no xogo e nas negociacins territoriais dese grupo que cada vez mis procura reivindicar o seu espazo dentro da sociedade surinamesa, ao mesmo tempo en que realiza a manutencin dos seus lazos co Brasil. Tales asuntos sern abordados na seguinte seccin. 4. Prcticas excluntes e redes de solidariedade: alguns exemplos Wagman (2006: 202) reflexiona que este tipo de estereotipos negativos dominan gran parte do discurso sobre a inmigracin e son un dos factores que mis inflen no lugar que os inmigrantes ocupan na nosa sociedade. A este respecto, a maiora dos brasileiros resalta nas sas declaracins unha certa sensacin de desencaixe territorial xa que ante unha sociedade tan complexa e pautada na etnicizacin da divisin do traballo, os brasileiros senten o seu rexeitamento ao seren rotulados, diante das identidades colectivas surinamesas, como relegados garimpagem e a prctica da prostitucin mesmo existindo moitos brasileiros que desempean outras actividades en situacin regular no pas (como, por exemplo, empresarios e comerciantes). Neste sentido, a exclusin e o racismo se manifestan a travs da etnicizacin e da divisin do traballo, cuxos brasileiros estn coa porcin estigmatizada. Tales prcticas excluntes presentan contornos explcitos de discriminacin e segregacin manifestada non s no traballo, pero nos espazos onde o brasileiro sofre diversas modalidades de racismo. Esta etnicizacin produce territorios pechados que impoen fronteiras de

23

DA SILVA OLIVEIRA, Rafael

exclusin social no propio interior da sociedade surinamesa, onde as prcticas de acceso-control, liberdade-privacin, humanidadedesumanidade gaan denotaes mis contundentes (Fernandes, 1995). Tal naturalizacin de estigmas estereotipados que estimulan prcticas excluntes e hosts contra a comunidade inmigrante poden ser exemplificados pola Operacin Clean Sweep. Baixo o discurso do combate as actividades ilcitas no interior do pas, como o trfico de drogas e armas na fronteira e, tamn, a extraccin ilegal de ouro e madeira, o Estado surinams (a partir da actuacin do Ministerio de Xustiza e Polica, en cooperacin co Ministerio de Recursos Naturais e o Ministerio de Desenvolvemento Rexional) inicia a chamada Operacin Clean Sweep, en xullo de 2008. A travs da accin das forzas militares e policiais, a referida operacin, que durou at febreiro de 2009, se despregou en tres etapas: i) Clean Sweep I: na vila de Brownsberg; ii) Clean Sweep II: en Benzdorp e no ro Lawa; iii) Clean Sweep III: en Matawai (Figura 2).
Figura 2: Operacin Clean Sweep.

Elaborado por Rafael da Silva Oliveira en febreiro de 2012.

24

O Discurso dos Xornais Surinameses sobre os Inmigrantes Brasileiros (2007-2010)

A pesar da Operacin ter como obxectivo a accin contra os garimpos ilegais e a extraccin de madeira, a forma organizada de crime e a contaminacin ambiental xeneralizada (Jagan, 2009), a cobertura da Operacin Clean Sweep nos xornais locais exaltava a importancia en supervisar os garimpos e os garimpeiros para combater a criminalidade e restablecer a lei e a xustiza no Surinam (Zandgrond, 2008a). Logo, nos xornais os discursos volvanse para estimular unha preciptada asociacin do inmigrante brasileiro cos problemas ocorridos no interior do pas. Esta afirmacin pode ser constatada na reportaxe que trata da Operacin Clean Sweep II e da garimpagem na rexin, sendo a maiora formada por brasileiros: a minera ilegal de ouro nesta rea [ro Lawa, no territorio quilombola Aluku] vn xunto coa prostitucin, o trfico de drogas e a violacin da Lei de Minera (Dundas, 2009). Vale destacar que a sociedade surinamesa non considera a nocin de apanjaht10 para a comunidade brasileira, pois non recoece a territorialidade dese grupo como integrante da sa sociedade, mesmo cos brasileiros representando case 5% da poboacin do pas. A pesar do apanjaht ser a expresin surinamesa para comprender a sa sociedade plural, no cal procura agregar os diferentes en vez de consolidar un nico discurso dedicado ao ns surinams, non existindo no seu cerne o predominio dunha narrativa sobre os surinameses, pero diversas sobre os distintos grupos sociais - indxenas, chineses, crioulos, quilombolas, indios e xavaneses (Frana, 2004) -, o brasileiro sumariamente eliminado. En consecuencia, segundo a ptica de gran parte dos surinameses (e corroborada cos discursos rexistrados nos xornais do pas), os brasileiros son considerados s como un grupo tnico dedicado a explotacin do ouro e da prostitucin, cuxo obxectivo acumular riqueza e volver para o Brasil. Neste sentido, a presenza maioritaria de brasileiros en situacin irregular sumados a hostilidade dos surinameses, tanto nas prcticas cotis como no discurso dos medios de comunicacin, contriben para que os brasileiros establezan estratexias de supervivencia e solidariedade, ademais de estruturarem redes co Brasil. Polo tanto, as redes sociais distanciadas poden ser entendidas como un marco referencial dese brasileiro reterritorializado, pero que vive en situacin de desencaixe territorial no Surinam. Outro aspecto a ser resaltado a solidariedade tnica presentes no xogo e nas negociacins territoriais, no cal brasileiros axudan seus
O apanjaht, segundo Frana (2004:147), se refire literalmente polos surinameses como o estado de equilibrio ou de balanza entre as expresins pblicas de todos os grupos tnico-culturais que compoen a sociedade surinamesa. Dese modo, o apanjaht supn, por un lado, o dereito e o deber de cada un dos grupos expresar publicamente, e, por outro, a outorga de valor equitativo a todas as manifestacins.
10

25

DA SILVA OLIVEIRA, Rafael

compatriotas recentemente chegados no Surinam ofrecendo abrigo, alimentacin e, at mesmo, indicacin para traballar no Surinam. Ao falar sobre o asunto JPR (49 anos, empresario que vive hai mis de 14 anos no Surinam) salienta: se os brasileiros non se axudaren os novatos que chegan sofren moito, pois se depender dos surinameses eles deixan a xente pasar fame... eles non lles gusta a xente! En medio s disputas (i)materiais fortemente marcadas por imaxes estigmatizadas, os brasileiros tamn encontran nas relixins neopentecostais dirixidas por brasileiros (igrexas na lingua portuguesa) unha posibilidade de fortalecemento dos lazos territoriais. Tales centros relixiosos veen ampliando as sas redes de actuacin no Surinam, pois propagan a fe cristi para a comunidade brasileira que vive e traballa no Surinam (Theije, 2008). A igrexa, ademais de volver as sas actividades para a evanxelizacin e conversin dos brasileiros, tamn desempea papel importante no estreitamento dos lazos entre a comunidade brasileira no Surinam e os seus familiares no Brasil. O idioma pasa a ser un factor decisivo para o fortalecemento da territorialidade brasileira nestes espazos relixiosos neopentecostais. Como destaca Theije (2008), gran parte deses lderes espirituais non domina o holands e, tampouco, o Sranantongo, cuxas actividades e servizos relixiosos son ministrados en portugus, atraendo as diversos brasileiros que pasan a ser membros de igrexas como Deus Amor e Assembleia de Deus na lingua portuguesa. En medio a rede relixiosa establecida entre as igrexas matrices en Brasil (case todas oriundas de Belm do Par) e as filiais no Surinam, os brasileiros envan correspondencia, recordos e fotografas para parentes e familiares que viven no Brasil. Con todo, mentres eses territorios em rede producen aproximacin coas redes sociais distanciadas, os brasileiros reivindican a sa insercin e o seu lugar na cidade de Paramaribo e no Surinam. Comerciantes brasileiros e representantes dos garimpeiros buscan participar das discusins en torno da legalizacin dos brasileiros que traballan nos garimpos e viven en situacin irregular e, tamn, a posibilidade de establecemento de empresas sen precisar recorrer a asociacins con surinameses. Entre estas accins de recoecemento da sa participacin e reivindicacin dos dereitos da comunidade brasileira no Surinam destacamos a Stichting Ontwikkeling Brazilianen in Surinam (Fundacin para o Desenvolvemento Brasileiro no Surinam - Fundacin BRASUR). A BRASUR unha fundacin creada e administrada por brasileiros, entre eles comerciantes e garimpeiros que buscan xunto s autoridades surinamesas mecanismos para lograr regularizar a situacin de brasileiros, establecer acordos de axuda e cooperacin econmica entre empresarios brasileiros e surinameses, aln de promover a cultura brasileira no Surinam.

26

O Discurso dos Xornais Surinameses sobre os Inmigrantes Brasileiros (2007-2010)

Un dos exemplos da importante actuacin da Fundacin BRASUR, en favor dos inmigrantes brasileiros, pode ser exemplificada polo fragmento dunha reportaxe que retrata a preocupacin da referida fundacin en dialogar co Estado surinams durante a Operacin Clean Sweep e, sobre todo, demostrar que os inmigrantes brasileiros desexan traballar de forma regularizada no Surinam: os garimpeiros deixaron claro que eles estn dispostos a pagar impostos. Jos Ribeiro, representante da Fundacin BRASUR, explicou que os garimpeiros estn dispostos a usar mtodos que respecten o medio ambiente na sa lia de traballo, dende que o goberno ofreza as posibilidades (TS, 2008). Sendo as, a territorialidade brasileira consubstancia non soamente a mobilizacin interna no cerne do seu grupo tnico, pero tamn establece reivindicacins polticas, econmicas e culturais a travs da aprehensin dos seus territorios e da negociacin da sa insercin na sociedade surinamesa. 5. Palabras finais A pesar de diversas accins do Estado surinams e da imaxe estereotipada veiculada constantemente nos xornais do pas, inmigrantes que saron do Brasil, na sa maiora pola forza desterritorializadora do capitalismo, atoparon na reterritorializacin en solo surinams a posibilidade dunha vida mellor, constitundo unha identidade e narrativa colectiva que resulta nunha etnizacin da nacionalidade brasileira (Hfs, 2006), tendo Belm do Par (situada na rexin norte do Brasil) como principal referencia nacional. Esa dispora brasileira, cuxa inseguridade e a vulnerabilidade son mis constantes no seu da a da do que o propio ouro que os atraeu ao Surinam, negocia na sa vida coti seu espazo (e dereitos) nese pas. Os brasileiros perciben que para seren inseridos no contexto de equilibrio tnico-cultural, establecido polo apanjaht, precisan dun recoecemento dos surinameses en relacin sa importancia como grupo significativo e representativo social e economicamente. Con todo, os estigmas e as imaxes negativas fortalecidas polas medios emerxen como barreiras que son traspostas e contornadas polos brasileiros no seu da a da. Vale resaltar que a asociacin directa e perversa do garimpo coa nacionalidade brasileira, de certo modo, ofusca o tema que mis importante nesa pauta de discusin: pensar posibles camios para regularizar e optimizar a minera en pequena escala, as como buscar concienciar os traballadores para uso de prcticas mis sostibles. dicir: non se debate o garimpo en si, pero buscan apuntar e crear un culpable para a actual situacin da minera en pequena escala do pas - o brasileiro. Logo, o brasileiro estigmatizado s a parte mis vulnerable desa complexa relacin que implica sobre todo unha cuestin de soberana territorial, cuxos

27

DA SILVA OLIVEIRA, Rafael

principais implicados son o Estado e os quilombolas que disputan o control da actividade aurfera en pequena escala no pas. REFERENCIAS ABS, Algemeen Bureau voor de Statistiek. Landelijke resultaten volume I demografische en sociale karakteristieken. Paramaribo: ABS, 2005. ABS, Algemeen Bureau voor de Statistiek. statistieken: 2000-2008. Paramaribo: ABS, 2009. Verkeers-en vervoers

BHIKHARIE, Radjoe. Overheid moet optreden tegen ordinaire carnavalsviering [en lia]. Times of Suriname, Binnenland, 2008 [ref. de 05 de febreiro de 2008]. Dispoible en Internet: http://www.surinametimes.com. BOER, Hugo den. Portugees sprekenden evangeliseren in Albina [en lia]. De Ware Tijd, Binnenland, 2009 [ref. de 12 de xaneiro de 2009]. Dispoible en Internet: http://www.dwtonline.com. CHANG, Charles. Ivo. Integratie van Brazilianen in Suriname 'Taki taki? Nao, fale Portugues! [en lia]. De Ware Tijd, Binnenland, 2008 [ref. de 02 de agosto de 2008]. Dispoible en Internet: http://www.dwtonline.com. DUNDAS, Humphrey. Alukus kunnen onderdrukking niet meer aan: President om interventie gevraagd [en lia]. Times of Suriname, Binnenland, 2009 [ref. de 21 de outubro de 2009]. Dispoible en Internet: http://www.surinametimes.com. DWT, De Ware Tijd. Brazilianen in Suriname [en lia]. De Ware Tijd, Binnenland, 2009a [ref. de 06 de xuo de 2009]. Dispoible en Internet: http://www.dwtonline.com. DWT, De Ware Tijd. Kraag bespreekt bilaterale relaties met Brazili [en lia]. De Ware Tijd, Binnenland, 2009b [ref. de 15 de setembro de 2009]. Dispoible en Internet: http://www.dwtonline.com. FERNANDES, Antnio Teixeira. Etnizao e racizao no processo de excluso social. Sociologia - Revista da FLUP. (Srie I, Vol.5, 1995). p. 767. FERNANDES, Ricardo Luiz da Silva. Mdia e racismo: ideologias e discursos. Revista frica e Africanidades. (Ano 3, N 10, agosto de 2010). p.01-07. FRANA, Maria Stela de Campos. Apanjaht: a expresso da sociedade plural no Suriname. Braslia: Programa de Programa de Posgrao en Antropoloxa Social, 2004. Tese de doutoramento presentada ao Programa de Programa de Posgrao en Antropoloxa Social da Universidade de Braslia (UnB).

28

O Discurso dos Xornais Surinameses sobre os Inmigrantes Brasileiros (2007-2010)

HEEMSKERK, Marieke. The Gold Marketing Chain in Suriname. Paramaribo: World Wildlife Fund Guianas, 2010. HFS, Carolina Carret. Yu kan vertrouw mi: voc pode confiar. Braslia: Programa de Posgrao en Antropoloxa, 2006. Tese de Mster presentada ao Programa de Posgrao en Antropoloxa da Universidade de Braslia (UnB). HOOGBERGEN, Wim e KRUIJT, Dirk. Gold, garimpeiros and Marrons: brazilian migrants and ethnic relationships in post-war Suriname. Caribbean Studies. (v.32, n. 2, xullo-decembro de 2004). p. 3-44. JAGAN, Wiedja. Evaluatie clean sweep-operaties in februari [en lia]. Times of Suriname, Binnenland, 2009 [ref. de 27 de xaneiro de 2009]. Dispoible en Internet: http://www.surinametimes.com. LEEUWIN, Wilfred. Suriname verliest grip op goudsector [en lia]. De Ware Tijd, Binnenland, 2008 [ref. de 21 de novembro de 2008]. Dispoible en Internet: http://www.dwtonline.com. LEN, Maritza Sobrados. La inmigracin como problema. Percepciones sociales y representaciones mediticas. Prisma Social - Revista de Ciencias Sociales. (N 6, xuo de 2011). p.01-26. MATS, Rosa Maria Verdugo. Mdios de comunicaom e imigraom: criaom de images estereotipadas. Comunicacin e Cidadana. (N 6, 2008). p.01-10. MENDONA, Maria Luiza Martins de. Mdia e minorias: migraes e imigrantes nos dirios gratuitos de Barcelona. Anagramas. (Vol. 6, N 12, xaneiro-xuo de 2008). p. 141-156. MRE, Ministrio das Relaes Exteriores. Brasileiros no mundo: estimativas. Braslia: MRE, 2011. OLIVEIRA, Rafael da Silva. Garimpeiros no Suriname: panorama histrico e atuais implicaes. Meridiano 47 (UnB). (v. 12, n125, maio-xuo de 2011a). pp.53-60. OLIVEIRA, Rafael da Silva. As redes de brasileiras para o trabalho sexual nos garimpos da Guiana, Suriname e Venezuela. En: RIBEIRO, Miguel Angelo; OLIVEIRA, Rafael da Silva (orgs.). Territrio, sexo e prazer: olhares sobre o fenmeno da prostituio na Geografia brasileira. Rio de Janeiro: Gramma, 2011b. p.185-207. OLIVEIRA, Rafael da Silva; RIBEIRO, Jos Paulo. Wortubuku: sranantongo para brasileiros. Braslia: Fundao Alexandre de Gusmo, 2011. ORBAN, Gilliamo. Vestiging Braziliaanse gouddelvers Para verontrust dorpshoofden [en lia]. Times of Suriname, Binnenland, 2010 [ref. de 11 de xaneiro de 2010]. Dispoible en Internet: http://www.surinametimes.com.

29

DA SILVA OLIVEIRA, Rafael

PENEUX, Julien; CHATURI, Asha. Diamond is clean [en lia]. De Ware Tijd, Binnenland, 2007 [ref. de 23 de xuo de 2007]. Dispoible en Internet: http://www.dwtonline.com. PONTES, Luciana. Mulheres brasileiras na mdia Portuguesa. Cadernos Pagu. (N 23, 2004). p.229-256. SANTOS, Milton. Tcnica, espao e tempo: globalizao e meio-tcnicocientfico informacional. So Paulo: Hucitec, 1998. SILVA, Cidia Maria Lima da; OLIVEIRA, Reginaldo Gomes de. Vida garimpeira: garimpo de Roraima dcada de 1980. En: VIEIRA, Jaci Guilherme (org.). O Rio Branco se enche de histria. Boa Vista/RR: EdUFRR, 2008, p. 117-48. THEIJE, Marjo de. Ouro e Deus: sobre a relao entre prosperidade, moralidade e religio nos campos de ouro do Suriname. Religio e Sociedade. (vol. 28, n1, 2008). p. 69-83. THEIJE, Marjo de. Insulamento pesa contra brasileiros. Folha de So Paulo, Mundo, 2010 (03/01/2010). p.9. THEIJE, Marjo de; HEEMSKERK, Marieke. Moving frontiers in the Amazon: Brazilian small-scale gold miners in Suriname. European Review of Latin America and Caribbean Studies. (87, outubro de 2009). p. 5-25. TS, Times of Suriname. Operation Clean Sweep must be put on hold [en lia]. Times of Suriname, Binnenland, 2008 [ref. de 15 de agosto de 2008]. Dispoible en Internet: http://www.surinametimes.com. TS, Times of Suriname. Regering heeft geen oor voor signalen traditioneel gezag [en lia]. Times of Suriname, Binnenland, 2010a [ref. de 12 de xaneiro de 2010]. Dispoible en Internet: http://www.surinametimes.com. TS, Times of Suriname. Operatie Clean Sweep ad hoc en ineffectief [en lia]. Times of Suriname, Binnenland, 2010b [ref. de 15 de xaneiro de 2010]. Dispoible en Internet: http://www.surinametimes.com. WAGMAN, Daniel. Los medios de comunicacin y la criminalizacin de los inmigrantes. En: BASTIDA, Manuel Lario (coord.). Medios de comunicacin e inmigracin. Murcia: Convivir sin racismo, 2006. p.201.214. WIEVIORKA, Michel. O racismo, uma introduo. So Paulo: Perspectiva, 2007. ZANDGROND, Fenny. Vergunning voor Braziliaanse ondernemers te Benzdorp [en lia]. De Ware Tijd, Binnenland, 2008a [ref. de 01 de setembro de 2008]. Dispoible en Internet: http://www.dwtonline.com.

30

O Discurso dos Xornais Surinameses sobre os Inmigrantes Brasileiros (2007-2010)

ZANDGROND, Fenny. Brazilie wil stopzetting razzia's op Brazilianen [en lia]. De Ware Tijd, Binnenland, 2008b [ref. de 26 de setembro de 2008]. Dispoible en Internet: http://www.dwtonline.com. ZANDGROND, Fenny. Manlobi wil af van Brazilianen [en lia]. De Ware Tijd, Binnenland, 2009 [ref. de 16 de xuo de 2009]. Dispoible en Internet: http://www.dwtonline.com.

31

Você também pode gostar