Você está na página 1de 5

6. Poesía de posguerra II: X. L.

Méndez Ferrín

1. A obra de Ferrín
Poesía Relatos Novela
Voce na néboa (1957) Percival e outras historias (1958) Arrabaldo do norte (1964)
Antoloxía popular (1972) O crepúsculo e as formigas (1961) Retorno a Tagen Ata (1971)
Poesía enteira de Heriberto bens (1980) Elipsis e outras sombras (1974) Antón e os inocentes (1976)
Con pólvora e magnolias (1976) Crónica de nós (1980) Arnoia, Arnoia (1987)
O fin dun canto (1982) Amor de Artur (1982) Bretaña, Esmeraldina (1987)
Homes e illas (1986) Arraianos (1991) No ventre do silencio (1999)
Morte de Amadís (1990)
Erótica (1992)
Estirpe (1994)
Era na selva de Esm (2004)

Algunhas notas sobre a súa obra:


 Antoloxía popular asínaa como Heriberto Bens, mais era doado saber que a obra
pertencía a Ferrín porque moitos dos poemas que contén xa foran publicados en
revistas.
 Poesía enteira de Heriberto Bens é un dos primeiros libros que publica Xerais.
 Homes e illas, Morte de Amadís e Erótica pasan desapercibidos na primeira
edición, xa que é unha edición moi luxosa e cara. En Era na selva de Esm
inclúense os tres.

2. Características xerais da súa poesía


A obra de Ferrín é un macrotexto no que os seus textos están relacionados
entre si, pero tamén con obras doutros autores. As principais influencias na súa obra
son:
1) Formalismo pondaliano: é Claudio Rodríguez Fer quen sinala esta
característica, xa que para Ferrín Pondal é o primeiro poeta galego moderno. A
influencia que Pondal exerce sobre el obsérvase nos seguintes trazos:
a) Distanciamento vaticinante: do mesmo xeito que Pondal se afastaba para
situarse nun pasado glorioso (grego, celta) que se opón ao presente, Ferrín
achégase a un pasado combativo (Roi Xordo, Bóveda), dunha Galiza que se
revela e que é exemplo para o presente. Porén, o pasado ao que se achega
Ferrín é un pasado real, histórico, mentres que o de Pondal é lendario.
b) Clasicismo narrativo: usa a épica para gabar ese pasado combativo, do
mesmo xeito ca Pondal, pero Ferrín céntrase, como xa dixemos, en feitos
históricos (Irmandiños, guerrilleiros antifranquistas) que mesmo traspasan
o ámbito galego (Che Guevara, Jian King).
c) Lingua: se a linguaxe de Pondal buscaba afastarse dos hiperenxebrismos, os
vulgarismos ou os castelanismos achegando cultismos, a de Ferrín é unha
linguaxe afastada, moi especializada, pero plenamente galega. Así,
afástase da linguaxe intelixíbel dos socialrrealistas.

Onde mellor se aprecia a influencia de Pondal na Poesía enteira de Heriberto


Bens.
2) Superrealismo: participa del do mesmo xeito ca toda a poesía moderna.
Podemos observar a súa influencia en trazos coma:
a) Distorsión da pausa rítmica e semántica.
b) Versolibrismo.
c) Asimetría estrófica.
1
Curso monográfico de poesía galega
2006/2007
USC
6. Poesía de posguerra II: X. L. Méndez Ferrín

d) Aparente desorganización textual, aínda que sempre existe un fío


condutor.
3) Beat – Beatnicks: na literatura estadounidense existe a chamada Beat
Generation, xeración que ten a súa orixe no existencialismo parisiense dos anos
50 (Sartre), é dicir, nas reflexións sobre o sentido da vida trala II Guerra Mundial.
É Jack Kerouac (On the road) quen lle dá nome a este movemento e é o poema
“Howl” de Allen Ginsberg o que define o movemento. Este movemento observa
con temor a hexemonía dos Estados Unidos polo que protesta contra o american
way of life. Gustan do jazz, das tertulias en espazos fechados, do sedentarismo1.
A influencia da poesía beat en Ferrín apréciase nas seguintes características:
a) Derrota fronte a sociedade: “en Compostela estamos moitos xa para sempre
derrotados” (Con pólvora e magnolias).
b) Negación da tradición: non é unha negación do pasado, senón do presente
tomado como pasado (“señoras do pasado”).
c) Determinismo: visión cíclica da Historia e da vida de Galiza,
imposibilidade de progreso2.
d) Importancia da conciencia máis ca do pensamento do individuo concreto.
Isto é unha constante en toda a súa xeración.
e) Obsesión coa morte, un dos seus temas fundamentais (Con pólvora e
magnolias).
4) Outras influencias:
a) Non galegas:
 Dylan Thomas: poeta galés cuxa influencia en Ferrín se aprecia nos
seguintes trazos:
● Gusto pola aliteración.
● Preocupación pola morte.
● Crenza nunha linguaxe revolucionaria.
● Simboloxía de carácter natural.
 Georges Brassens: cantautor belga (que inflúe en Serrat) da xeración
de Jacques Brel que inflúe en Ferrín na temática:
● Decadencia das relacións amorosas.
● O amor visto como complemento do odio.
b) Galegas:
 Otero Pedrayo: é clave para entender a obra de Ferrín.
 Díaz Castro.
 Cunqueiro.

5) Mundo medieval.

“Adeus”, Voce na néboa


- É o poema que pecha Voce na néboa.
1
O movemento seguinte será o hippie, que nace deste pero xa é plenamente estadounidense. Ademais
caracterízase polos acontecementos multitudinarios en espazos abertos (macroconcertos coma o
Woodstock de 1969), o rock ou o consumo de novas drogas coma o LSD (os beatnicks consumían
alcol). Bod Dylan está entre os dous movementos.
2
Isto apréciase tamén no poema “Penélope” de Díaz Castro.

2
Curso monográfico de poesía galega
2006/2007
USC
6. Poesía de posguerra II: X. L. Méndez Ferrín

- Simboloxía natural:

“Como a lembranza de unha folla seca


que o carballo ceiba
e a folla cai,
cai,
saudade rosaliana
e o carballo estremécese de saudades da folla...”

- Morte.
- Certo superrealismo: “un ano comicamente morto...”.
- Disociación semántica.
- Intensidade.

3. Poesía enteira de Heriberto Bens (1980)


Estrutura
1. Cantos
Conto
“Terra de proseguir e non dar nada”
Na memoria de Ponte
Espranza xorda
2. Sonetos
Pra Alexandro Bóveda, asesinado
Epitalamio 1
Epitalamio 2
Hespaña
3. Homes
Aparición do vagamundo
Oleiro
Cantiga do amante preso
4. Elexías nacionais
Roi Xordo
Ós líderes mariñeiros que fuxiron na dorna e morreron no Atlántico, lonxe do terror
Proclama do novo agricultor
Sirventés pola destrución de Occitania

Poemas comentados
- Inmobilismo, visión cíclica (coma en “Penélope” de Díaz
Castro).
“Terra de proseguir e non - Negatividade + rebelión (pero non é escoitado: “Quixera alzar
dar nada” meu canto coma un puño/ e pór na miña voz teu nome ergueito/ pero non
hai ninguén para escoitarme”)
- Paráfrase de Curros: “grande arado sen bois, feira sen xente”.
- Negatividade.
“Conto”
- Certa esperanza no último verso, pero “espranza angosta”.
- Poema épico sobre unha figura histórica dun pasado
“Pra Alexandro Bóveda, combativo.
asasinado” - Proclama no último verso: “Galicia hase de erguer en pe de guerra”.
- Lembra a “A derradeira lección do mestre” de Castelao.
“Epitalamio3 1”
- Maquis.
“Epitalamio 2”
- Aliteración: “que rebeldes, de ferrro foron,”
- Determinismo cíclico, monotonía.
“Cantiga do amante preso” - Experiencia carceraria, ausencia de liberdade.
- Sensibilidade e lirismo pouco habituais en Ferrín.
4. Con pólvora e magnolias (1976)

3
Lembremos que un epitalamio é un canto de vodas.

3
Curso monográfico de poesía galega
2006/2007
USC
6. Poesía de posguerra II: X. L. Méndez Ferrín

É un dos grandes libros da poesía galega, que marca un antes e un


despois. Un dos seus temas fundamentais é a morte, pero non vista dun xeito
pesimista xa que moitas veces aparece asociada á felicidade e ao amor.
Caracterízase, coma toda a súa obra, por un léxico luxoso.

Poemas comentados
- Visión contraditoria da morte:
“Chamémoslle
libro de silencio,
“Saudemos á morte” pórtico terminal da escravitude,
escritura feliz da opacidade,
lus que desata e nome da ledicia.”

“Momento último” - Poema identificador do libro.


- Morte.
- Amor como complemento do odio.
- Decadencia da relación amorosa, tempo que marcha (Brassens).
- Aliteracións: “de que o perdo todo,/ miña Señor perdida antes de ser perdida”;
“e sobre as correntes do mar que fora limpo arrómbame con forza”.
- Sinatroísmo: “¿Ves, miña Señor de fume, miña Señor de vento,/ miña Señor de
cinza, como sedas e vasos e pedras/ de silencio, e libros que non houbo e sorrisos
mentidos/ atravesan o espléndido aire diste crepúsculo,/convócannos a loito?”
- Léxico luxoso.
- Ecos bíblicos.
- Vázquez de Neira e Cabanillas: “miña Señor de fume, miña Señor de vento,/
miña Señor de cinza”.
- Manuel María: “morro a cada intre”.
- Habilidade técnica nas estruturas paralelísticas:
● 6 preguntas: verbo de coñecemento + partícula (como ou que) +
conxunción (e) + apóstrofe variable (miña Señor)
● Parte non interrogativa: “Porque morro (...) un tempo novo empeza”.

“- miña Señor amada?”


Cunqueiro

¿Sintes, miña Señor amada, neste intre das trompetas do adeus


como a magnolia cobra un matiz espantoso
e ven a tristura do mundo a pórseme no pubis?
¿Notas como a caída do vran sobre das illas
e sobre das correntes do mar que fora limpo arrómbame con forza
e desfigura o xílgaro, oh miña Señor deixada?
¿Aprecias, miña Señor odiada, como se perde o vento
antre as miñas pestanas e como se me abren pozas verdes nas mans
e pódense ver nelas petroglifos de morte?
¿Decátaste de que a tristura da despedida era antes da despedida
e que teño ollos de non ter ollos e de que o perdo todo,
miña Señor perdida antes de ser perdida?
¿Ves, miña Señor de fume, miña Señor de vento,
miña Señor de cinza, como sedas e vasos e pedras
de silencio, e libros que non houbo e sorrisos mentidos
atravesan o espléndido aire diste crepúsculo,
convócannos a loito?

Porque morro a cada intre e morres, miña


Señor de rápidos intres tamén perdidos,
sinalo algunha cousa no fondal dos teus ollos,
pedra cecáis ou rosa, e ó avanzar das sombras
pérdome en min e pérdote, e declárote
miña, e un tempo novo empeza.

¿Decátaste, miña Señor querida,


que un tempo novo mátanos e que o meu corpo enteiro
navegará nas turbias augas do teu recordo?

4
Curso monográfico de poesía galega
2006/2007
USC
6. Poesía de posguerra II: X. L. Méndez Ferrín

- Homofonía.
“Posturas pra - Asociación de termos moi dispares (coma Celso Emilio).
copular en - Certo erotismo.
homenaxe” - Manuel Antonio: “tan cursi polo xardín”.
- Santa Teresa: “sen vivir en min”.

5. Estirpe (1994)
Poemas comentados
- Historia dun mundo perdido (soños, mocidade).
- Enumeracións.
- Intertextualidade:
● Textos seus (Amor de Artur).
“En las orillas del Sar” ● Rosalía: “mientras graznan los cuervos”
- Epanadiplose: “cáseque non duraron./ Cáseque non duraron porque se
non trataba precisamente/ de rosas bildadas”
- Increpación quevedesca: “maldita mocedade,”
- Urbano + rural: “Chorimas, codeseira, alquitrén, mascatos,/ plumas
estilográficas, cabalos, un disparo no ventre do/ Berbés,”
- Habilidade técnica (uso das mesmas palabras en tódolos versos,
cambiando a orde).
“Bóveda en Otero Pedrayo” - Intertextualidade: “Ó lonxe” de Otero Pedrayo, perda de algo que
soa ao lonxe. O poema de Otero Pedrayo quizais sexa unha
lembranza de Bóveda.

5
Curso monográfico de poesía galega
2006/2007
USC

Você também pode gostar