Você está na página 1de 2

Boletín informativo para pemes e autónomos

Servizo Xurídico

Centro Multiusos ASPANAS. Avda. de Portugal, 93 Baixo. 32002 Ourense. Tfno: 988 39 29 26. Fax: 988 39 29 45
E-mail: juridico@updintegrou.org . direccion@updintegrou.org . Web: www.updintegrou.org

Diario Oficial de Galicia


xoves, 06 de xullo de 2009

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

Orde do 23 de xullo de 2009 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 28 de


abril de 2008, modificada pola Orde do 9 de xaneiro de 2009, pola que se establecen as
bases reguladoras para a concesión de subvencións a pequenas e medianas empresas galegas
para apoiar as accións de implantación e certificación de modelos de xestión e a elaboración
e verificación de memorias de responsabilidade social empresarial, así como para a
selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa
convocatoria (procedemento IN514B)

http://www.xunta.es/dog/Dog2009.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/a8e507bc1a5ec2e7c
125760a00304ea8/$FILE/15300D010P016.PDF

Obxecto: incremento da dotación orzamentaria para a concesión de axudas para a implantación de


políticas de responsabilidade social empresarial en pequenas e medianas empresas.

A ampliación de crédito prevista no artigo único desta orde non afecta o prazo de presentación de
solicitudes establecido na Orde do 28 de abril de 2008 modificada pola Orde do 9 de xaneiro de 2009

Diario Oficial de Galicia


xoves, 06 de agosto de 2009

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Orde do 28 de xullo de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en
réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a Pemes, para o impulso de actuacións en
materia de responsabilidade social empresarial, no ámbito da Comunida

http://www.xunta.es/dog/Dog2009.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/a8e507bc1a5ec2e7c
125760a00304ea8/$FILE/15300D011P016.PDF

Obxecto: Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión das axudas, en
réxime de concorrencia competitiva, dirixidas ao impulso de actuacións de fomento, difusión e
sensibilización no ámbito da responsabilidade social empresarial, mediante o financiamento dos
gastos que as pequenas e medianas empresas (Pemes) galegas leven a cabo neste eido durante o ano 2009.

Beneficiarias: poderán beneficiarse destas axudas as empresas con domicilio social ou centro de traballo
na Comunidade Autónoma de Galicia, que reúnan a condición de pequena e mediana empresa (Peme).

Actuacións e gastos subvencionables: terán que adecuarse as seguintes liñas de actuación:


– Liña I: actividades para o fomento, difusión e sensibilización da responsabilidade social da
empresa tanto de xeito interno coma externo.
– Liña II: actividades para incorporar plans e medidas de responsabilidade social da empresa que
promovan o emprego estable e a reinserción laboral, ante situacións que así o demanden.

Contía das axudas: non poderán superar o 60% dos gastos necesarios para a realización das actividades,
ata un máximo de 3.000 euros por beneficiaria, se se trata de axudas previstas na liña I, e ata un máximo
de 8.000 euros por beneficiaria na liña II.

Solicitudes e prazo: as solicitudes destas axudas e subvencións deberán formalizarse por separado para
cada unha das liñas referidas e poderán presentarse dende o 7 de agosto de 2009 ata o 7 de setembro de
2009.

Diario Oficial de Galicia


martes, 11 agosto 2009

CONSELLERIA DO MEDIO RURAL

Orde do 6 de agosto de 2009 pola que se regulan e se convocan as subvencións de apoio á


viabilidade das explotacións leiteiras galegas.

http://www.xunta.es/dog/Dog2009.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/fe56022d67bc05c9c
125760e004dd331/$FILE/15600D002P006.PDF

Obxecto e finalidade: O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras e convocar axudas en
réxime de concorrencia competitiva polo sistema de rateo, destinadas aos titulares de explotacións de
vacún de leite na Comunidade Autónoma de Galicia coa finalidade apoiar a viabilidade das explotacións
leiteiras nunha situación xeral de custos de produción elevados e prezos de leite baixos.

Beneficiarios e requisitos: os titulares de explotacións leiteiras que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que sexan titulares dunha explotación con cantidade de referencia para a produción de leite a 31 de
marzo de 2009.

b) Que estean a realizar entregas de leite na campaña actual, 2009/2010.

c) Non ter sido sancionado polo incumprimento da normativa vixente en materia de calidade do leite cru,
nos tres anos anteriores ao 2009.

d) Que, estando acollido a un programa de calidade do leite, non se detectaran incumprimentos sobre el
nos controis realizados.

Tipo de axuda: consistirán nunha subvención aos titulares de explotacións leiteiras, que poderá chegar
ata 1 céntimo por quilo, dependendo do rateo final sobre o orzamento previsto, cun importe máximo de
7.500 euros

Prazo de presentación de solicitudes: a presentación de solicitudes poderanse realizar a partir do día 12


de agosto ata o día 12 de setembro de 2009.

Você também pode gostar