Você está na página 1de 3

A narrativa dos anos 60

 Escritores consolidados: Blanco Amor, Cunqueiro e Fole


 Escritores de temática realista: Neira Vilas
 Escritores da Nova Narrativa Galega

NEIRA VILAS (Gres, Vila de Cruces, 1929)

_______________________________________________________VIDA
 Infancia e adolescencia marcadas pola vida no rural.
 1949 emigra á Arxentina
 1961 emigra a Cuba
 Intensa actividade cultural. Destacamos a creación da
editorial Follas Novas xunto coa súa muller Anisia
Miranda.
 regresa a Galicia

_______________________________________________________OBRA
 Tema: novelas e relatos realistas
 Espazo:
 A Galicia rural: miseria, opresión, prexuízos...
(Memorias dun neno labrego, Xente no rodicio...)
 A Galicia emigrante: problemas de adaptación á
urbe, saudade, illamento... (Historias de
emigrantes, Tempo novo...)
 Personaxes:
 Infantís e adolescentes (Cartas a Lelo, Aqueles
anos do Moncho...).
 Adultos (A muller de ferro, Querido Tomás,
Remuíño de sombras..).

A NOVA NARRATIVA GALEGA

 Integrantes: escritores que publican obras entre 1954


e 1971 (Gonzalo Mourullo, Xohana Torres, Xohán Casal,
Camilo González Suárez-Llanos, Carlos Casares e X. Luís
Méndez Ferrín).

Coñécense por traballar en asociacións como A Liga


Nórdica ou A Unión de Artistas Ceibes, por colaborar co
xornal La Noche, co grupo Brais Pinto ou por publicar na
colección Illa Nova, de Galaxia.

 Labor: Renovar e revitalizar o xénero narrativo.


Inspíranse en autores americanos e europeos como: Kafka,
J. Joyce, W. Faulkner, Marcel Proust, Sartre ou Camus
entre outros.
Actividade cultural e política de carácter galeguista e
total compromiso coa lingua.

 Innovacións literarias:

 Trazos xerais:
 Expresión do absurdo da existencia nun mundo
sen sentido.
 Intimismo e introspección.
 Mundos simbólicos.
 Obxectalismo (descrición detallada de
obxectos como o faría unha cámara).

 Puntos de vista do narrador:


 Multiperspectivismo (pluralidade de voces).
 Monólogo interior.

 Espazos e tempo:
 Ambientes urbanos e claustrofóbicos.
 Alternancia de planos temporais.

 Personaxes:
 Antiheroes (personaxes anónimos, marxinais,
desorientados, vilolentos, agresivos e sumidos,
moitas veces, na loucura ou o delirio).

Xosé Luís Méndez Ferrín (Ourense, 1938)

_______________________________________________________VIDA
 Licenciado en Filosofía e Letra e Filoloxía Románica.
 Reside en Vigo e combina o labor literario e docente
coa actividade política.
 Funda o UPG en 1965, xunto con Celso Emilio.
 Funda outros partidos e organizacións de carácter
nacionalista, ideoloxía que o levou a estar varias veces
preso.

_______________________________________________________OBRA
 Narrativa:

 Escribe contos e novelas

 As primeiras (Percival e outras historias (1958),


O crepúsculo e as formigas (1961) e Arrabaldo do norte
(1964)) están incluídas dentro da Nova Narrativa galega.
Aquí os personaxes son antiheroes que se moven en
ambientes sórdidos.
 Outros eixos cmúns á súa narrativa son:
 A temática fantástica (Percival, Artur...)
 A exploración do absurdo da existencia
humana (angustia, violencia...)
 mundo mítico que crea o escritor para situar
as historias (Tagén Ata é metáfora de Galicia)

Carlos Casares (Ourense, 1941 – Vigo, 2002)

_______________________________________________________VIDA
 Licenciado en Filosofía e Letra.
 Intensa relación co grupo Vicente Risco.
 En Vigo combinou a docencia coa dirección da editorial
Galaxia.
 En 1995 é nomeado presidente do Consello da Cultura
Galega.
 Destaca como narrador, porén tamén escribiu ensaios e
teatro ademais de colaborar en numerosos actos culturais
e na prensa.

_______________________________________________________OBRA
 Narrativa:

 Escribe contos e novelas

 Vento Ferido(1967) e Cambio en tres (1969)


pertencen á Nova Narrativa Galega.

É o último integrante deste movemento e afástase un


pouco dos demais porque:
 O espazo narrativo fai referencia a lugares
coñecidos polo lector ou localizables,
 os personaxes son seres sacados da
cotidianidade, especialmente adolescentes,
 e os temas son os problemas do entorno, dos
cales fala con claridade e ton de denuncia.

Pero hai outros elementos que si o relacionan coa Nova


Narrativa:
 a ruptura temporal,
 a presenza de diversas voces narrativas,
 a violencia kafkiana,
 o mundo do subconsciente que nos achega os
medos, as miserias e os conflitos que os personaxes
lembran e nos transmiten a través do monólogo
interior.

Você também pode gostar