Á Xunta Reitora da CMVMC de Darbo, Cangas

(Pontevedra)

Antonio Fernández Cordeiro (doutor en Bioloxía) con DNI XXXXXXX e Alberto
Pastoriza Barreiro (técnico superior na xestión e organización dos recursos
naturais e paisaxísticos) con DNI XXXXXXXX, presidente e secretario da
asociación GRUPO DE ANELAMENTO ANDURIÑA, inscrita no Rexistro de
Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia, co nº
2008/0083 e domicilio en rúa O Tobal 35
EXPOÑEN QUE:
Como asociación especialmente interesada na conservación dos valores
naturais e paisaxísticos, levamos máis de 20 anos a promover o espazo de
Punta Balea - Areamilla (Darbo, Cangas) como Espazo Natural ante a
sociedade. Contamos cun amplo corpus documental que ilustra a
preocupación da nosa asociación pola conservación deste singular espazo, a
utilización dos seus terreos para realizar actividades de educación e
sensibilización ambiental e a nosa acción de defensa para garantir o apartado
1 do artigo 45 da Constitución española, e solicitando ante os poderes públicos
que cumpran os apartados 2 e 3 do artigo 45 da Constitución.
Queremos informar aos comuneiros de Darbo, por medio da Asemblea de
comuneiros, de que os montes da Porteliña, da Vela, Areamilla, Barreiras, etc
situados na zona de Balea – Areamilla – Santa Marta (ver localización no
anexo cartográfico adxunto), posúen unha extraordinaria riqueza natural e
paisaxística. Esta zona destaca pola concentración de multitude de hábitats en
moi pouca superficie dando lugar a unha gran riqueza natural e a unha alta
diversidade biolóxica, ocupando unhas 31 ha, das que a práctica totalidade son
de propiedade comunal e boa parte delas en zona de servidume de protección,
e ao Dominio Público Marítimo Terrestre (a partir de agora DPMT). Este lugar
atópase en solo rústico catalogado como de Protección de Espazos Naturais
dende 1990, polas normas complementarias e subsidiarias da provincia de
Pontevedra ditadas pola entón Consellería de Ordenación do Territorio e Obras
Públicas.
Por suposto este espazo non é unha illa, senón que se atopa no extremo da
franxa de territorio catalogado como de Protección de Espazos Naturais, antes
citado, que vai dende aquí ata Cabo Home, pasando polas interesantísimas
paraxes botánicas das dunas de Liméns e de Nerga - Barra, que actúan de
Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no
Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083.
1 de 6
O Tobal 35, Cangas (36940-Pontevedra) • E-mail anelamento.andurinha@gmail.com • Tel. 645 934 980

Á Xunta Reitora da CMVMC de Darbo, Cangas
(Pontevedra)

corredor garantindo a entrada e o intercambio xenético das diferentes especies
de flora e fauna.
Segundo a Lei 9/2001, de Conservación da Natureza, este territorio de
protección de espazos naturais non incluída na Rede Natura 2000, podería
declararse como "zona de especial protección dos valores naturais", xa que de
acordo co artigo 16 desa lei, "polos seus valores, interese natural, cultural,
científico, educativo e paisaxístico, é preciso garantir a súa conservación, ao
non ter aínda asignada unha protección específica". Pese á súa importancia e a
que conserva unha altísima diversidade e algunhas especies de plantas xa
desaparecidas na meirande parte da costa da ría de Vigo, nada se tivo andado
nos últimos anos de cara a unha protección efectiva deste espazo, que se está
a deteriorar progresivamente, e que se verá estragado de non se decretar
unhas medidas axeitadas. Por suposto a situación actual de degradación
imposibilita o desenvolvemento normal dos ecosistemas e inhabilítao para o
uso adecuado da sociedade.
Esta zona é o nexo de unión de dous espazos libres propostos no novo
documento de aprobación inicial do PXOM de Cangas, a “senda costeira
Liméns-Areamilla-Cangas” e o “paseo costeiro do Salgueirón”, dos que forma
parte, o que de facto imposibilitaría calquera outro uso de índole urbanístico
intensivo da zona (urbanizacións, infraestruturas portuarias, etc.).
A figura de protección máis axeitada para á zona sería o Espazo Natural de
Interese Local (dende agora ENIL), regulada polo Decreto 124/2005, do 6 de
maio. A Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, define a
categoría de ENIL: “Por petición dos concellos e logo de informe da Consellería
de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, a Consellería de Medio
Ambiente poderá declarar como espazos naturais de interese local aqueles
espazos integrados no termo municipal, que polas súas singularidades sexan
merecedores dalgún tipo de protección dos seus valores naturais”.
As vantaxes desta figura para a CMVMC de Darbo son a obrigatoriedade da
administración local de establecer unha partida no Orzamento anual para
garantir a conservación do Espazo, unha defensa por parte da administración
contra as usurpación urbanísticas de particulares ao tratarse dun Espazo
Natural propiciando á defensa dos terreos comunais, e por último é unha vía
Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no
Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083.
2 de 6
O Tobal 35, Cangas (36940-Pontevedra) • E-mail anelamento.andurinha@gmail.com • Tel. 645 934 980

Á Xunta Reitora da CMVMC de Darbo, Cangas
(Pontevedra)

para recibir axudas económicas posto que segundo se desprende do artigo 5º
do Decreto 124/2005 os ENIL “poderán ter preferencia na obtención de axudas
para a súa conservación e xestión”.
Algúns exemplos do que se propón, dentro do mesmo ámbito da ría de Vigo e
con valores semellantes son: o ENIL “Ecosistema dunar praia América –
Panxón” (Orden de 4 de xullo de 2014. DOG. Núm. 135, páx. 31452) e o ENIL
“Complexo dunar e Areal do Vao – Baluarte” (Orden de 26 de agosto de 2013.
DOG. Núm. 165, páx. 34610).
Será preciso elaborar un proxecto de rexeneración integral e de uso do espazo
natural corrixindo a tendencia actual de progresiva degradación. Este proxecto
de recuperación natural deberá contar con asesoramento técnico, na fase de
elaboración e antes de cada actuación, de cara a evitar novos males que
orixinen un efecto destrutivo.
A súa proximidade ao núcleo urbano de Cangas, facilita a realización de
actividades de educación ambiental que se poden orientar aos escolares e aos
transeúntes. Debérase estudar en detalle a creación de itinerarios e módulos
didácticos de xeito que permita asistir a visitas guiadas nas que se amose a
fauna e a flora da localidade na que viven. Os modelos didácticos da zona
deberán incluír o estudo da baixamar, a fin de achegar os nenos á vida mariña.
Esta riqueza biolóxica tamén se pode visualizar como unha fonte de recursos
para a poboación da comarca. O turismo e as actividades recreativas
constitúen na actualidade un dos usos máis habituais neste tipo de espazos
situados no litoral.
O antigo edificio do matadoiro semella idóneo como aula de natureza, que
sirva de centro de interpretación, onde se explique aos visitantes as
características dos diferentes ecosistemas e as especies que se poden
observar, introducíndoos no estudio do medio ambiente e amosándolles a
enorme riqueza ecolóxica na procura dunha maior sensibilización cos
problemas derivados da humanización do medio natural.
O cabo máis meridional de Punta Balea, situado fronte á Borneira, foi
empregado durante anos para a acampada. Esta actividade, totalmente ilegal,
Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no
Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083.
3 de 6
O Tobal 35, Cangas (36940-Pontevedra) • E-mail anelamento.andurinha@gmail.com • Tel. 645 934 980

Á Xunta Reitora da CMVMC de Darbo, Cangas
(Pontevedra)

situada en terreos dos que hoxe é titular a CMVMC de Darbo, incumpriu a Lei
de Costas, e deixou fortes secuelas nunha zona con presenza de numerosas
especies de plantas escasas no contexto do Morrazo (sería a zona máis
interesante desde o punto de vista botánico despois das praias - dunas).
Aínda se conservan as cimentacións realizadas para instalar as caravanas e
artefactos de acampada, así como restos dalgún pozo negro. Estas
cimentacións ocupan uns 900 metros cadrados que impiden a colonización
pola vexetación. Debera executarse a retirada destas estruturas artificiais,
abordando o desmantelamento en varias fases, xa que a penetración de
maquinaria tamén suporá unha agresión á interesante vexetación que na
actualidade rodea a estas estruturas. Nesta parcela as plantas invasoras
medran sen control, eliminando ás especies autóctonas, un bo exemplo é o
gramón (Stenotaphrum secundatum).
Os parques e áreas de lecer, os “merendeiros” coas súas correspondentes
infraestruturas (mesas, fogóns, árbores, etc) necesarios para o esparexemento
da poboación, deben instalarse en lugares sen valor ecolóxico.
O extraordinario potencial deste espazo natural, tan próximo coma
descoñecido, verase estragado de non decretarse unha axeitada protección.
Por iso e tomando en consideración o exposto con anterioridade
SOLICITAMOS:
1. Contar co apoio da actual Xunta Reitora para informar do exposto neste
escrito aos comuneiros.
2. Poñan en coñecemento da Asemblea de comuneiros (propietarios
maioritarios dos terreos afectados) esta proposta a fin de someter a
votación a creación dun espazo natural na zona de As Barreiras, Outeiro
Balea, Santa Marta, Balea, Areamilla e Punta do Corveiro, baixo a figura
de ENIL.
3. Promovan a restauración ecolóxica do terreo situado fronte á BorneiraPunta Corveiro, empregado durante anos para a acampada.

Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no
Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083.
4 de 6
O Tobal 35, Cangas (36940-Pontevedra) • E-mail anelamento.andurinha@gmail.com • Tel. 645 934 980

Á Xunta Reitora da CMVMC de Darbo, Cangas
(Pontevedra)

4. Contribúan á posta en valor deses terreos con tarefas como: eliminación
progresiva de especies exóticas invasoras (eucalipto, acacia, mimosa,
etc), restauración de áreas degradadas, promoción da vexetación
autóctona (toxeiras costeiras, laurisilvas, ripisilvas, etc), restauración do
tramo final e desembocadura do rego Pontillón, restauración da zona
lindante á furna de Santa Marta,
Sen máis, poñémonos a disposición da Xunta Reitora para que, no caso de
que se aprobe a proposta de creación do ENIL “Punta Balea - As Barreiras”,
colaborarmos nas medidas a adoptar para a creación do mesmo perante a
administración competente (concello de Cangas) e a súa promoción ante os
colectivos de veciños, administración de Costas do Estado (propietaria dunha
parte dos terreos), movementos sociais, organizacións de empresarios, etc.
Saudámolos atentamente.

Cangas, XX de abril de 2015

Antonio Fernández Cordeiro

Alberto Pastoriza Barreiro

Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no
Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083.
5 de 6
O Tobal 35, Cangas (36940-Pontevedra) • E-mail anelamento.andurinha@gmail.com • Tel. 645 934 980

Á Xunta Reitora da CMVMC de Darbo, Cangas
(Pontevedra)

ANEXO CARTOGRÁFICO:

Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no
Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083.
6 de 6
O Tobal 35, Cangas (36940-Pontevedra) • E-mail anelamento.andurinha@gmail.com • Tel. 645 934 980

Sign up to vote on this title
UsefulNot useful