Você está na página 1de 5

ELENA BAULUZ 2009 - 2010

XOGAMOS COS PATÍNS


OBXECTIVOS:
1. Desenvolver as capacidades físicas e motrices a través da práctica do
patinaxe.
2. Coñecer a mecánica das técnicas básicas de desprazamento no
patinaxe.
3. Traballar o control do propio corpo sobre os patíns.
4. Aprender a levantarse.
5. Conseguir desprazarse cara adiante.
6. Ser capaz de frear en T e co taco do freo.
7. Iniciarse no desprazamento cara atrás.
8. Realizar xiros básicos, saltar e ser capaz de agacharse sobre patíns.
9. Ser capaz de manterse patinando sobre un pe.
10. Conseguir unha disposición favorable cara a práctica habitual do
exercicio físico.
11. Disfrutar enriba duns patíns.
12. Colaborar cos compañeiros para alcanzar unha mellora e crear un
ambiente de traballo positivo.
13. Descubrir e analizar as posibilidades recreativas do patinaxe.

CONTIDOS:
– Posición base.
– Equilibrio estático e dinámico.
– Levantarse do chan.
– Técnica básica de deslizamento.
– Destrezas motrices básicas (desprazamentos, xiros, saltos,
arrastres, empuxes, lanzamentos, recepcións, freadas) sobre patíns.
– Práctica das técnicas de desprazamento (adiante, atrás, oitos, cruce
de pernas, patíns a 180º ...).
– Práctica de actividades lúdico - recreativas sobre patíns.
– Experimentación de diferentes prácticas deportivas sobre patíns.
– Superación do medo ás caídas.
– Actitude de cooperación e superación tanto individual como de grupo.
– Valoración e aceptación do propio nivel de execución.

Páxina
1
ELENA BAULUZ 2009 - 2010

ACTIVIDADES DE ENSINANZA/APRENDIZAXE:
 Coñecemento do patín e o seu funcionamento.
 Desprazamentos sen patíns nos pes.
 Desprazamentos cun patín.
 Cuadrupedias.
 Desprazamentos e caídas controladas sobre colchonetas.
 Desprazamentos sobre superficies deslizantes.
 Equilibrios, xiros e saltos.
 Transportes e lanzamentos.
 Xogos sobre patíns.
 Deportes sobre patíns.

SECUENCIA DE APRENDIZAXE
1. POSICIÓN BASE:
Intentar manter a seguinte posición:

– Cabeza erguida e mirando adiante, non ao chan.

– Tronco lixeiramente inclinado cara adiante,


BRAZOS ADIANTE
ombreiros relaxados.

PERNAS FLEXIONADAS
– Cadeira e perna lixeiramente flexionadas
PATÍNS EN PARALELO

– Pes paralelos mirando cara adiante e separados á altura dos ombreiros.

1. TÉCNICA BÁSICA DE DESPRAZAMENTO:


– Desde a posición básica, abrir as punteiras dos pes (coma un pato),
e empuxar cunha perna o chan cara abaixo, fóra e atrás,
desequilibrándose cara adiante e a dentro.
– Cambiar o peso do corpo á outra perna sobre a que nos deslizamos,
mentres recollemos a do empuxe á posición básica, e volvemos a
empezar o proceso pero coa outra perna.

1. LEVANTARSE DUNHA CAÍDA:


– Poñerse de xeonllos coas mans apoiadas no chan.
– Apoiarse sobre un patín, de xeito que o xeonllo estea entre o
peito e os dous brazos (as mans seguen apoiadas no chan).
Páxina
2
ELENA BAULUZ 2009 - 2010

– E empezamos a levantarnos apoiando o outro pe.

1. FREADA CO TACO:

Colocar o patín que ten o taco de freo, máis ou menos, á altura da


primeira roda doutro patín.

– Mans cara adiante.


– Corpo inclinado adiante (peito para abaixo).
– Pernas flexionadas.
– Patín de freo adiantado ao outro e lixeiramente levantado
para cravar o taco no chan.

1. FREADA EN T:
– Apoiar todo o peso do corpo nun patín.
– Levantar o outro patín e posalo en perpendicular (T) á dirección
do desprazamento, freando grazas ao rozamento das rodas.

1. CAMBIAR A DIRECCIÓN DO DESPRAZAMENTO:


Para curvar e cambiar de dirección nos patíns podemos facelo sen
levantar as rodas do chan.
– Desde a posición básica e xuntando máis ou menos os pes (en
función da nosa habilidade e a velocidade á que vaiamos) inclinar o
corpo adiante ao lado que queremos ir, poñendo o noso peso na
parte exterior do patín dereito se queremos ir a nosa dereita.
– Canto máis xuntos estean os patíns máis pechada será a curva, pero
maior dificultade terá, e, a maior velocidade debemos abrir máis as
pernas se no queremos caernos.

Páxina
3
ELENA BAULUZ 2009 - 2010

1. TÉCNICA BÁSICA DE DESPRAZAMENTO CARA ATRÁS:


Comezar ensinando o patinaxe en oito, que aínda que non é a forma
máis eficaz si é unha boa forma de iniciarse.
– Posición inicial: corpo erguido, os xeonllos flexionados e xuntos, as
punteiras dos patíns mirándose e moi xuntas.
– Empuxamos o chan cara adiante, abaixo e afora co resultado de
desprazarnos cara atrás á vez que se abren as pernas; mentres
isto ocorre debemos ir dobrando as pernas e cambiando a posición
dos patíns de forma que cando teñamos as pernas abertas son os
talóns os que teñen unha dirección converxente.
– Tiramos das pernas cara a dentro co resultado de deslizarnos cara
atrás e as pernas xúntanse chegando á posición inicial para
empezar de novo o ciclo.

EXERCICIOS E XOGOS BÁSICOS


1. EQUILIBRIO ESTÁTICO:

Sobre colchonetas na posición básica:

• Saltar e manter a posición.


• Levantar unha perna e dar unha palmada por debaixo do xeonllo.
• Facer que corremos no sitio.
• Talón punta.
• Cruzar pes.
• Movemento de esquí de fondo no sitio.
• Camiñar arredor da colchoneta, de lado e cara atrás.
• Saltar e xirar 180º - 240º.

1. POSICIÓN BÁSICA EN MOVEMENTO:

Por parellas un deles sen patíns:

• Empuxar ao compañeiro pola cintura cara adiante e que rode cos


patíns en paralelo.
• Collerse das mans e empuxalo cara atrás ou cara adiante. ( )
• Ídem. ao anterior pero os dous levan patíns.
• Paso de Charlot: patíns en V , camiñar como Charlot, talóns
xuntos.
Páxina
4
ELENA BAULUZ 2009 - 2010

Xogo: van en parellas empuxando só o que va detrás e van collendo a


outras para formar entre todos unha cadea.

1. FREADA CO TACO:
Partindo da posición básica, explicar a posición de freada con taco.
Por parellas:
• Un vai empuxando por detrás e o outro va tomando posición de
freada, adiantando o patín e cravándoo no chan repetidas veces.
• O de diante camiña collendo ao compañeiro polas mans como se
fora un carro, e este vai patinando e freando.
• Separados a certa distancia, patinan un cara ao outro e frean
para darse a man, unha aperta…
• Ídem. pero sen chegar a tocarse.

Xogo: 1,2,3 palometa branca é.

1. EQUILIBRIO DINÁMICO:
• Coma un patinete: sobre un só patín podemos empuxarnos co
outro e deixarnos ir, xogar á pilla, a cadea…
• Cunha pica: collela coas dúas mans, balanceala a dereita e a
esquerda, ao tempo que imos desprazándonos (coma un vals).
Podemos facelo de 1, 2, 3 ,4, ….

Páxina
5

Você também pode gostar