Você está na página 1de 20

Son María

Unidade
Didáctica
3º ciclo
escribe

investiga

debate

le

debuxa

mira

realiza
gráficos
Son María

3
Ola, eu son María, xa teño once anos e estu-
do 6º no Colexio Castelao. Na miña casa
vivimos cinco persoas: a mamá, o papá,
miña avoa e meu irmán pequeno, que só ten
cinco anos.
Meus pais son labregos, é polo seu traballo
polo que eu estou aquí. Seguramente moitos
de vós pensades que a vosa nai, o voso pai,
fan traballos moi importantes: un é albanel,
outra conduce un autobús, ou é avogada.
Todos os traballos son moi importantes, pero
estaredes de acordo comigo en que aquelas
persoas capaces de producir algo que nos é
imprescindíbel a todos os homes e mulleres
do planeta realizan, seguramente, o traballo
máis importante de todos os posíbeis. Máis
importante que alguén capaz de descubrir un
medicamento que curase o cancro, máis
importante que alguén que atopase un com-
bustíbel limpo, barato e renovábel. Máis
importante.
¿Que, que fan os meus pais? Producen ali-
mentos. Estás de acordo comigo, ¿verdade?.
Neste caderno que tes entre as mans vas
coñecer a miña familia, os nosos amigos, a
Lois o meu mestre e vouche contar como vivi-
mos e o que facemos.

Imos comezar con algo moi fácil. Ordena esta frase


agricultura gandaría Unha e unha sociedade servizo ao toda de

Completa

¿Que sabes de agricultura e ¿Que che gustaría saber?


gandaría?

Que o leite se obtén das vacas.


¿Sabíasqque...?

4
...hai produtos frescos como as patacas e
os tomates que aumentaron os seus prezos
na tenda no último ano nun 60%.

...hai estudos feitos con algún produto


como o café nos que se demostra que só o
3% do seu prezo final é para o agricultor.

...o 80% do leite que producimos en Galiza


se comercializa por empresas de fóra.

...só o 20% da terra de Galiza ten uso agrí-


cola.

...só son galegas dúas empresas que co- Eu nacín nunha aldea pequena,
mercializan leite. Fisteus. Un lugar impresionante. Noto
que hai un medo na xente a decir que é
...cada tres minutos pecha unha de aldea. Eu tiven ese medo. Aínda non
sei seguro se o superei. Habería que
explotación labrega na Unión Europea.
superar tantos medos ... Ser de aldea
en Galicia é como ser doutro planeta.
...Galiza, que conta co 54% das Como se fósemos marcianos. Cando en
explotacións do Estado, ten só o 30% de realidade Galicia sempre foi rural.
cota láctea. Temos que deixar de ser nenos tontos e
facernos adolescentes e medrar.
...se tomas medio vaso de leite cada mañá Medrar, para non termos vergoña de
durante 1.200 meses vivirás máis de 100 ser como somos. Fillos e amantes do
anos. campo.

Fisteus era un mundo, Lupe Gómez.

Propoñémosche un traballo de investigación.


¿Que leite mercas?, ¿de que marca é?. Pregunta na túa casa porque mercan ese e non
outro. ¿A que se lle chama leite do día?, ¿que marcas hai dese leite? Trae a clase varios
cartóns de leite baleiros para comparalos. Mira composición, orixe, prezo, etc.

Escribe dez actividades que ti coides que fai un labrego ao longo do día. Comenta
o que apuntache cos teus compañeiros/as.

1. 6.
2. 7.
3. 8.
4. 9.
5. 10.
Isto é un roubo!

5
Algunhas veces, cando había alimentos que
nos sobraban, miña nai ía vender ao merca-
do. Eu sempre a acompañaba. Pero desde o
mes de maio imos todos os sábados. Meu pai
di que a culpa é de Anxa.

Anxa é a nosa veciña. Antes vivía na cidade


e viña todas as fins de semana á aldea, tiña
un pouco de horta e unhas galiñas ... e un
domingo dixo que non volvía para o piso,
que quedaba aquí.

Ela foi a que convenceu a mamá. Un día


entrou pola porta berrando: ¡isto é un roubo!
¡onde tal se viu, feixós a catro euros! Veñen
de Valencia, nin que viñeran en taxi.

- Carme, ímonos facer ricas. A mamá sorría.

E así comezamos a plantar moitas máis


cousas: tomates, freixós, nabizas... de todo
en bastante cantidade e a converternos a
mamá e mais eu un día á semana en vende-
doras.

¿Sabes de onde veñen as mazás que comes?


Pregunta na tenda. ¿E o mel dalgunha marca moi famosa, sabes de onde o traen? Averigua
se existe unha asociación de apicultores de Galiza. Se che é posíbel entra nesta páxina web:
www.apiculturagalega.org .
Comenta cos teus compañeiros a información que tedes. Apunta aquí as conclusións:

Ás veces a xente chama á consellaría que se ocupa dos asuntos da agricultura e


gandaría Consellaría de Agricultura pero o seu verdadeiro nome é Consellaría de Política
Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, ¿que temas pensas que son da súa competencia?,
¿cales serán as principais cuestións ás que atende?
¿Queres saber
oq
que comes?

6
Anxa di que os consumidores - ela chámalle
así á xente que compra - queren saber de
onde procede o que compran e que, ás
veces, até están dispostos a pagar algo máis
se teñen a plena confianza de que eses ali-
mentos son naturais.
¿Sabías que hai cooperativas de consumo en
moitos países de Europa nas que un grupo
de xente inviste cartos para que un ou varios
labregos cos que están asociados produzan
alimentos para eles?. Tamén no estado
español existen explotacións onde ti podes
mercar un porco ou un xato cando nace e
logo o labrego vaino alimentando un pouco
como ti lle vaias indicando.

¿Que mercados e feiras coñeces? Visita un mercado/feira e apunta logo aquí que produ-
tos viches, quen os vendía, que foi o que máis che chamou a atención, etc.

¿Quen pensas que podería tomar medidas para axudar a mellorar a venda direc-
ta de produtos frescos? Os consumidores, os concellos, a Consellaría de Política
Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, a Comunidade Europea...

Ao Ilmo. Sr. Conselleiro

Escribe unha carta ao


Conselleiro expoñen-
do a necesidade de
mellorar e potenciar
a venda directa.
¡Canta viaxe!

7
Hoxe Anxa díxolle a mamá que o goberno
debería potenciar os circuítos curtos de co-
mercialización. A mamá asente, pero eu
poño cara de parva ¿e iso que é?
- Mira nena, canto menos viaxe unha mazá
máis rica é.
- E máis sa e barata- engade a mamá.

- Vamos que segundo vós a xente debería


mercar o que se planta aí ao lado.
- Así é. A xente debería mercar o que se
planta perto porque non precisará conser-
vantes, será máis barato e máis san.

- Deberíamos facer algo para que nós


poidamos vender os nosos produtos ás per-
soas que os queiran.

Observa que camiño superlongo segue esta pataca até que ti a comes.

Mercar Sementar, arar, Mércaa un Envásanse en bol- Distribúenas as


Mercas ti
a semente recoller maiorista sas de 10 kg tendas

Debuxa en viñetas o camiño máis curto posíbel para un tomate.

Debatide sobre as vantaxes dun camiño moi curto (con tres ou catro viñetas só).
Con bo leite

8
Na nosa explotación temos 30 vacas, todas
son de raza frisona, vacas que dan moito
leite. Ao primeiro tivemos que mercar algun-
has fóra pero agora xa temos moitas vacas
que naceron na casa. Meu pai quere mercar
máis pero non nos chega a cota, que é como
un límite e non podes pasar, se vendes máis,
múltante.
O noso leite está moi controlado. O leite das
explotacións galegas analízase nun laborato-
rio oficial para ver que cumpre todas as
medidas de calidade: graxa, proteínas, que
non leve antibióticos ... Así os consumidores
teñen todas as garantías de estar bebendo
leite de calidade.

Averigua que aporta o leite para a nosa alimentación:

¿ Por que pensas que é un alimento básico na dieta?

1 2 3 4 5 6 7 8 9
Resolve este encrucillado.
1
Horizontais: 1- Produtos lácteos. 2- Letra nº 11. 2
Cincuenta. Ao revés, brando. Mil. 3- Vocal. Período de
tempo. Ao revés, pronome de 3ª persoa. 4- Marchar. Ao 3
revés, bota auga ás plantas. 5- Produto da horta. Noventa
e nove. 6- Arbusto de madeira moi dura, a súa raíz empré- 4
gase para elaborar carbón vexetal. Un. Cantidade asigna-
da aos produtores para a súa venda. 7- Conxunto de ani- 5
mais ou reses mansas. 8- Vocal aberta. Vocal pechada. Ao
6
revés, utilice. Vocal. 9-Agricultor.
Verticais: 1- Planta coa que facemos as ensaladas. 2- 7
Letra nº 18. Corta os toxos. Consoante. 3- Percibe o cheiro.
Letra nº 13. Espida, sen roupa. 4- Vocal. Letra nº 14. Ó 8
revés, período de tempo. Primeira consoante. 5- Ao revés,
9
nome familiar de home.Consoante. Ao revés, troita de mar.
6- Interxección para deter o cabalo. Ao revés, como pola
noite.Conxunción condicional. 7- Ao revés, mamífero rumiante da familia dos cérvidos. Ao revés, conduzo. 8-
Morfema do plural. Mámao o becerro. Vocal. 9- Comercio público que se fai nun lugar determinado.
Temos de todo
Agro Actual
bliblilaifklalfdkalñdam
sklñdmbliblilaifklalfdk
alñdamsklñdm
bliblilaifklalfdkalñdam
sklñdmblibli

9
bliblilaifklalfdkalñdam

Escándalo alim
sklñdmbliblilaifklalfdk
alñdamsklñdm

Hoxe, na escola, Lois, o meu mestre, dixo que ía


bliblilaifklalfdkalñdam
sklñdmbliblilaifklalfdk
alñdamsklñdm

enta- Escándalo se
n
rio en Holanda falar sobre alimentación. Eu leda. Grazas a
precedentes
bliblilaifklalfd
kalñdamsklñdmblib
damsklñdmbliblilaifk
lalfdkalñdamsklñdm lilaifklalfdkalñ-
lalfdkalñdamsklñdm bliblilaifk-
bliblilaifklalfdkalñda

Anxa e a miña nai agora son unha experta. Pero


bliblilaifklalfd msklñdm-
bliblilaifklalfdk kalñdamsklñdmblib
damsklñdmbliblilaifk
alñ - lilaifklalfdkalñ-
lalfdkalñdamsklñdm lalfdkalñdamsklñdmbliblila
damsklñdmbli blilaifklalfdkalñ bliblilaifklalfdkalñdam ifk-
blilaifklalfd- - bliblilaifklalfd
kalñdamsklñdm damsklñdmblib blilaifklalfdkalñ kalñdamsklñdmblib sklñdm-
bliblilaifk - - damsklñdmbliblilaifk lilaifklalfdkalñ-
lalfdkalñdams kalñdamsklñdmlilaifklalfd- damsklñdmbli lalfdkalñdamsklñdm lalfdka lñdamsklñdm
klñdmbli- bliblilaifklalfdkalñdam bliblilaifk-
bliblilaifk- kalñdamsklñdmblilaifklalfd-

non, el do que quería falar era da falta de ali-


lalfdkalñdam sklñdm-
sklñdmbli-
A alimentac
bliblilaifklalfdkalñda
lalfdkalñdamsklñdmmsklñdmbliblilaifk-
dams klñdm
ión
bliblilaifklalfdkalñ
dams klñdm
dams klñdm blibli laifkl alfdk alñ -
- dams klñdm blibli laifkl alfdk alñ - en perigo
mentos, da fame, vamos. Segundo Lois, a terra
blibli laifkl alfdk dams klñdm blibli laifkl alfdk alñ - damsklñdmbliblilaif
dams klñdm alñ - dams klñdm blibli laifkl alfdk alñ - kalñdamsklñdmbli - klalfd-
dams klñdm blibli laifkl alfdk alñ - blibli laifkl alfdk bliblilaifklalfdkalñda
msklñdmbliblilaifk-
dams klñdm blibli laifkl alfdk alñ - dams klñdm
blibli laifkl alfdk
alñ - lalfdkalñdamsklñdm
dams klñdm blibli laifkl alfdk alñ - dams klñdm bliblil alñ - kalñdamsklñdmblib bliblilaifklalfd-
dams klñdm blibli laifkl alfdk damsklñdmbliblilaifk aifkla lfdkal ñ - dams klñdm bliblil lilaifklalfdkalñ-
blibli laifkl alfdk alñ - damsklñdmbliblilaiflalfdkalñ - damsklñdmbliblila
aifkla lfdkal ñ-
alñ -

produce alimentos en cantidades suficientes


dams klñdm l a l f d k a l ñ- k- ifklalfdkalñ
dams klñdm blibli laifkl alfdk alñ - damsklñdmb -

ctual
dams klñdm blibli laifkl alfdk alñ - bli damsklñdmbliblilaif klalfdkalñ-
blibli laifkl alfdk dmbli liblilaif
damsklñdmbliblilaifklalfdkalñ-
damsklñdmbliblilaif msklñ
dams klñdm bliblil klalfdkalñ-
alñ - alñda damsklñdmbliblilaifk klalfdkalñ-
alfdk
aifk- blilaifkl lalfdkalñ-
lalfdkal dmbli damsklñdmbliblila
ñ- msklñ ifklalfd -

A
kalñdamsklñdmblib
alñda

para alimentar a toda a poboación. O problema


alfdk lilaifk -
blilaifkl lalfdkalñdam
dmbli b l i l a i f k l a sklñdm bli-
msklñ

Agro
lfdkalñ-
alñda dams klñdm bliblil
fklalfdk aifk-
bliblilai lalfdkalñdamsklñdm
bli-
blilaifklalf
damsklñdmbdliblilaifk k a l ñ-

a da fame é de mal reparto dos recursos.


-

mita T
l a l f d k a
dams klñdm ñ- l
bli -
blilaif klalfd kalñ-

er
dm dams klñdm bli-
msklñ

p
alñda
alfdk

E S
blilaifkl

U B
dmbli
msklñ

que a hormona
alñda
fklalfdk
bliblilai

Fixemos un debate. Eu falei, como lle teño oído


dm
msklñ
alñda

e
alfdk

d
blilaifkl

i
dmbli

.p a
msklñ

EE.UU de leite co
alñda
fklalfdk
bliblilai

a Anxa:
a
vend
-Se producimos alimentos variados non
teríamos necesidade de mercar produtos
doutros países e poderíamos ter aquí todo o
fk la
ib lil ai la lfd
ka

lfd ka lñ -
-

lñ -
-
necesario para unha alimentación rica e varia-
da.
dm bl ib lil ai fk la lfd ka lñ
sk lñ bl fk la lfd ka
da m sk lñ dm bl ib lil ai fk ka lñ --
lñ- da m sk lñ dm lil ai
lfd ka - bl ib la lfd lñ
fk la lfd ka lñ - da m sk lñ dm ib lil ai fk la lfd ka -
ai
lil fk la m bl fk lñ
bl ib ka lñ da lñ dm ib lil
ai lfd ka d -
sk lñ dm bl ib lil ai fk la lfdd k a l ñ- da m sk lñ dm bl lil ai fk lablilaifklalf ifk-
ib lila
da m sk lñ dm bl ib lil aii f k l a l f d-
sk bl
da m sk lñ dm msklñdm
bli mblib
lñd
- da m sk lñ dm b l i b l i l a blilaifklalf fk - da m da lñdamsk dm -
blilaifk - da m s k l ñ d m sklñdmbli mbliblilaibli - ka msklñ
dmbli alñ - alñda d -
msklñ fklalfdk dam dam amsklñd sklñdm dm - lalfdk fklalf
alñda bliblilai lfd ka lñ lñ - kalñdkalñdamdamsklñl ñ - bliblilai
fklalfdk klñdm fk la lfd ka

Lois dixo que non depender das grandes


bliblilaialñdams bl ib lil ai fk la lalfd alfdkalñ fdk
a -
lalfdk sk lñ dm lil ai blilaifkl klal alñ
m dm bl ib
b l i laif laifklalfdk
da sk lñ bli blibli fk -
da m klñdm blilai
damssklñdmbli -
dam d k a l ñ
lalf

empresas, que só lles interesan os beneficios


económicos, faría que os labregos e labregas
producísemos a maior parte do que precisamos
aquí.
Claro, pensei para min, isto ten que ver cos cir-
cuítos curtos de comercialización. Pero Lois
púxose moi serio e dixo. ISTO É A SOBERANÍA
ALIMENTARIA. Debeunos ver cara de
quen non sabe do que se fala e expli-
counos:
- A soberanía alimentaria é o dereito e a
capacidade dun pobo para producir ali-
mentos para a súa cidadanía. Alimentos
sans e suficientes.
- Isto é o que fan meus pais, o que fan
todas as explotacións familiares.

Fai un comentario curto para esta


viñeta.
¡É un escándalo!

10
Hoxe meu pai está enfadado. Di que estes
escándalos fan que a xente non confíe nos gan-
deiros, pero que son precisamente os gan-
deiros as primeiras vítimas destas malas prácti-
cas. Hai xente e empresas ás que só lles intere-
sa gañar cartos aínda que a saúde das persoas
padeza por isto.
¿Sabías que cando pasou o das vacas tolas o
consumo de carne reduciuse un 40%? Os pre-
zos caíron a metade. E, como di meu pai, moita
xente facéndoo o mellor que sabía, e mercan-
do penso para que as vacas estivesen mellor
alimentadas, e resulta que ese penso era de
orixe animal e foi o causante do mal.
- O mellor é producir sempre leite e carne de
calidade en base a herba xa que deste xeito tes
toda a garantía que os teus produtos non están
contaminados. E, ademais, con esta práctica
respectaríase a natureza, sen utilizar substan-
cias que aceleren de forma artificial o proceso
de produción de alimentos.

Serías quen de crear un lema a partir de dúas palabras. Escolle unha parella e a pensar.

Alimentación - prezo / Agro - futuro / Rural - progreso / Alimentación - dereito

Fai un mural recollendo o lema que viras máis axeitado


¿Transxénicos?
Non, g
grazas

11
Imos facer no cole un traballo sobre a saúde e
o deterioro na calidade dos alimentos. Hoxe
Lois falounos dos transxénicos. Son -dixo-
organismos, animais ou plantas que se modifi-
can na súa xenética, no seu interior, pero no
seu interior máis interno. E tamén nos falou
dos aditivos. Son substancias que se lles
botan aos alimentos para enmascarar o
deficiente contido en principios nutri-
tivos. Segundo Lois, poden ser
responsábeis de alerxias e
doutros problemas de saúde.
Lois di que os labregos realizan un traballo moi
valioso porque son máis importantes que o
médico; el cúrate cando estás enfermo, pero os
labregos e as labregas co seu traballo, co xeito
de producir alimentos contribúen á calidade de
vida de toda a sociedade. Un dos factores bási-
cos para a saúde das persoas é que estas tomen
alimentos nutritivos, naturais, con composicións
adecuadas para o seu desenvolvemento, para
vivir, e tamén para resistir mellor diante de dis-
tintas enfermidades. A nosa agricultura practica
a seguridade alimentaria porque produce ali-
mentos que reúnen estas características.

¿Tes oído o lema: A carne con carné? ¿sabes o que é TERNERA GALLEGA?
Se cadra podes pedir datos na túa casa ou na tenda na que vas mercar. Ou tamén podes entrar
na páxina web. www.terneragallega.com ¿Parácheste algunha vez a pensar por que moitos pro-
dutos con denominación de orixe levan o seu nome en castelán? ¿atópaslle algunha explicación
razoábel?
Pregunta a teus pais ou consulta nun libro xeitos de conservar os alimentos en base a
calor, frío, salmoeira ou outro método natural. Apunta e explica aquí algún deses métodos:

Apunta unha receita de cociña de algunha sobremesa que che guste moito. Xa
sabes, que sexa o máis natural posíbel. Podes, se queres, pasar á práctica (facer
un bo pastel para traer á clase). Seguro que o profe, ou a profe cho teñen en conta.
p
¡Un respecto!

12
Se o traballo de todas as labregas e labregos é
importante para a saúde das persoas porque Hai moitas actividades que
producen alimentos, tamén o é por que o seu teñen un impacto moi negativo
traballo axuda a conservar o medio ambiente. no medioambiente, entre elas as
Segundo o profe dixo hoxe o maior coñecemen- novas técnicas de produción
to, uso e conservación da biodiversidade (de intensiva que buscan só máis
todas as plantas e animais do mundo) corre- beneficios a curto prazo, abu-
sponde aos labregos. Lois di que en Galiza se fai sando de fertilizantes e de ali-
unha agricultura que ten un grande repecto polo mentos hormonados para o
entorno e que garantiza a diversidade e úsanse gando. O uso dos pesticidas e
uns métodos de produción que non degradan o herbicidas utilizados na agricul-
medioambiente. Tanto na agricultura como na tura poden chegar a través dos
gandaría hai unha grande experiencia acumula- alimentos ata o noso organismo
da ao longo de anos o que permitiu controlar os e tamén poden contaminar as
recursos naturais disponíbeis, racionalizando o augas. Pero a agricultura tradi-
seu uso, utilizando os necesarios pero sen os cional, a familiar, a que se fai
esquilmar, considerando que detrás veñen out- aquí en Galiza é na meirande
ras xeracións que precisarán tamén deles, gar- parte dos casos moi respectuosa
dando pois, unha relación harmónica co medio. co medioambiente.
- Como di meu pai os labregos somos os máis
interesados en que non se degraden os recursos
naturais e mesmo practicando o aforro con eles,
pois son a base da nosa actividade produtiva.
Porque diso vivimos e creamos riqueza.

Remuíño de ideas:
Propoñémosche un debate sobre este tema: A ALIMENTACIÓN NATURAL.

Cada un de vós apunta unha frase na pizarra


Cada un volve saír á pizarra a subliñar ou tachar algunha das frases
Un de vós fai o resumo final recollendo as ideas "marcadas" como máis interesantes.

Une cada definición coa súa palabra:

Organismos aos que se lles engadiu información xenética OMC


procedente de plantas, animais, bacterias ou calquera outro
ser vivo co que nunca poderían cruzarse. Transxénicos
Organización Mundial do Comercio, (regula o comercio a
nivel mundial) PAC
Política Agraria Comunitaria (regula as preoduccións na
Crotal
UE)
Substancias que se engaden aos alimentos para conser- Frisona
valos, darlles sabor, olor, textura,...
Chapa colocada na orella que serve de identificativo. Aditivos
¡Moito coidado!

13
Síntome orgullosa do traballo que facemos
na miña casa e sei que son moi importantes
as boas prácticas que fan meus pais:
Non usando de xeito masivo fertilizantes
porque iso contamina o solo.
Non utilizando praguicidas.
Tendo moito coidado na manipulación e
distribución do xurro.
Porque todos eles se concentran na superfi-
cie do solo, fan que este empeore, que di-
minúa a diversidade biolóxica (que haxa
menos animais, plantas e toda clase de
organismos), enduréceno e, a longo prazo,
convérteno en infértil, mátano.

¿Sabías que algúns insecticidas tardan


moitos anos en desaparecer do solo?. O DDT
Hainos
pode tardar até 30 anos. Meu pai di que o
barbaros!!. mellor é, sempre que se poida, usar ferti-
Eses fannos dano lizantes orgánicos, como o esterco que me-
lloran a estrutura do solo, aumentan a diver-
a todos. sidade biolóxica e incrementan a capacidade
de retención da auga.
É verdade que, ás veces, algunha xente do
rural e das cidades non ten moito tino e
parece que non se dan conta que nós e o
medio ambiente temos que levarnos ben
necesariamente: nós vivimos do solo e
este enriquécese gracias a nós. Pero ás
veces, a algún desalmado ocorréselle
cambiar o aceite ao tractor no monte, ou
verter o xurro no río.

¿ Sabes o que é o DDT? Se atopas información fai aquí un pequeno resumo.


¡Somos ricos!

14
¿Sabías que Galiza é a máxima produtora de
leite do estado? Imaxínate a importancia que nos
damos na miña casa como productores dun ali -
mento tan principal. Logo ese leite transfórmase:
fanse iogures, doces, queixos e comercialízase.
¡Que barbaridade de postos de traballo debe dar
iso!
- ¡Aos galegos tócanos moi pouco! Dixo meu pai.
Só dúas empresas das que recollen e comercia-
lizan o leite son galegas.
O papá contou que hai moitos anos, 10 ou máis,
estivo a punto de formarse un GRUPO LÁCTEO
GALEGO, sería como unha empresa moi grande
que tería capacidade para recoller, transformar e
comercializar máis da metade do leite que se
produce en Galiza. Cando meu pai conta iso
ponse un pouco triste porque eles investiron
moitas cartos na explotación e agora hai veces
que se atopan algo desanimados..
A avoa di que aquí hai máis cartos metidos que
en moitos negocios da cidade. A verdade é que é
certo. Miña nai e meu pai tiveron que investir
moitos cartos en máquinas e trebellos novos.
Desde un circuíto de muxido máis amplo e mo-
derno, até un novo tractor con rotativa e pincho
para os rolos, autocargador...

¿Cales son as fábricas galegas que recollen, transforman e comercializan o leite?

e
¿Onde están situadas? Sinálaas no mapa de Galiza.

Traede a clase varias etiquetas de postres feitos con leite ¿De que empresas son? ¿Onde
están ubicadas¿ ¿Que prezo teñen respecto ao leite que conteñen?

Apunta a continuación o nome de produtos que leven leite, ou derivados, na súa composición:
Hai que ir a
Millor xuntos

15
Os prezos
reunion do Meu pai foi hoxe á reunión da cooperativa,
non cobren todos os veciños e veciñas pertencen a ela E
sindicato
os gastos ASÍ PODEN VENDER O LEITE XUNTOS.
Todos saben que xuntos teñen máis forza.

Mirade
como esta a subir
todo e a nos pagan-
nos polo leite o
mesmo que hai
dez anos

As multina-
cionais e as
grandes dis-
tribuidoras imponen
os prezos

Sempre nos esta- Meu pai pertence a un Sindicato e alí van falar
mos queixando pero, de que é necesario: esixir da Consellaría que
? garantice que os prezos agrícolas contemplen
que facemos nos?
os custos de produción e a remuneración do
traballo.
Se non o conseguen queren facer unha ma-
nifestación.
Eu xa me ofrecín a facer un cartaz para a
mani.

PREZOS XUSTOS
PARA OS NOSOS
P R O D U T O S
Apunta ti outras ideas:
¿Nós contamos?

16
Le este texto de Manuel Rivas do seu libro
Toxos e flores:

Despois das medicinais chuvias de maio,


chegan as primeiras calores e o vello labrador
mira para o neto que lambe larpeiradamente
un xelado. Drácula, auga conxelada con co-
lorantes, equivalente, en prezo, a un quilo de
patacas.
O vello desque tivo uso de razón renunciou a
entender a economía. Só sabe que canto
menos cobre el polo leite máis caro lle sairá ao
consumidor. E que se é excesiva a colleita,
obterá menos beneficios.
Pero o ministro dixo esta vez que sobran a
metade dos compesiños de España.
Imaxinemos que pasaría se o ministro afir-
mase que sobra a metade de calquera outro
oficio en España. A metade de funcionarios,
banqueiros, psicólogos, ferroviarios, mineiros,
curas, incluso de ministros...

Ponlle título ao texto anterior:

¿ Que pensas ti que o autor nos quixo contar con este texto?

Bótalle unha ollada a estes datos sobre o número de explotacións leiteiras en


Galiza e realiza un gráfico de barras. ¿Que conclusións extraes?

ANO NÚMERO

1987 111.592
1993 64.581
1996 54.924
2000 35.000
Aquí hai campo
para todos
p

17
Mamá contounos que cando ela era pequena
había dúas escolas na aldea, cheíñas de
rapaces e rapazas. Agora non queda ningun-
ha. Todos os días toca coller o transporte; a min
non me importa, xa teño doce anos, pero o
retaco de meu irmán é tan pequeno! Agora hai
moita menos xente en todas as parroquias.
Miña nai di que só desde que eu nacín tiveron
que pechar case un tercio das explotacións do
Concello. Anxa di sempre:
-Precisamos UN RURAL VIVO, cunha produción
baseada en explotacións familiares.
Todos sabemos que é moi importante que a
xente do medio rural poida vivir dignamente
cobrando polo seu traballo. O profe dixo que
incluso hai axudas á xente para a mellora e
modernización de explotacións.
-É moi importante- di a avoa- que os mozos e as
mozas poidan quedar a vivir e traballar aquí.
-Para iso é necesario que tamén nas aldeas
teñamos acceso a todos os servizos que hai nas
cidades: garderías, locais de lecer, centros de
saúde debidamente dotados, internet, etc.

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) realizou unha campaña


publicitaria baixo o lema NO RURAL GALEGO HAI CAMPO PARA TODOS, serías
ti quen de facer unha campaña que incidise na necesidade, polo ben de Galiza, de todos e
todas, dun rural vivo.

Existen moitas vantaxes de vivir no rural, pero precísanse tamén moitos servizos: centro de
saúde debidamente dotado, liñas de transporte, locais de esparcemento,..
Até logo
g

18
Hai traballos moi importantes: ser médico,
mestra, carteiro, veterinaria.... pero quen
produce os alimentos que comemos, eses
son os máis importantes de todos. O trabal-
lo que fai miña nai, que fai meu pai, os
labregos galegos responsábeis, aportan
saúde, traballo, riqueza e calidade ambi-
ental.

Eu, por iso, de maior serei labrega, porque


sei que a alimentación é unha parte funda-
mental do benestar social.

¿Que aprendiches con esta unidade?


Edita: Asociación Socio-Pedagóxica Galega
Cámara Agraria Provincial

Ilustracións: Carlos Silvar.


Maquetación: Chus Freire.
Autora: Mª Xosé Bravo San José.

ISBN: 84-89679-72-X - DL.: C-2.186-04


Cámara Agraria
Provincial de Lugo

Você também pode gostar