COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS

EN MAN COMÚN DE DARBO

SR. ALCALDE DO CONCELLO DE
CANGAS
Asunto: Creación do Espazo Natural de Interese Local de “Punta Balea - As
Barreiras”.
Xosé Manuel Cordeiro Fandiño con DNI 76.807.754, como presidente da Xunta
Rectora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Darbo e
Antonio Fernández Cordeiro con DNI 36.053.534 e presidente da asociación
Grupo de Anelamento Anduriña,
EXPOÑEMOS:
A vontade de promover a creación dun Espazo Natural de Interese Local nos
montes da Porteliña, da Vela, Areamilla, Barreiras, etc. situados na zona de
Balea – Areamilla – Santa Marta (ver localización no anexo cartográfico
adxunto), dado que posúen unha extraordinaria riqueza natural e paisaxística.
Esta zona destaca pola concentración de multitude de hábitats en moi pouca
superficie dando lugar a unha gran riqueza natural e a unha alta diversidade
biolóxica. Ocupa unhas 35 ha, das que a práctica totalidade son de propiedade
comunal (boa parte delas en zona de servidume de protección) e Dominio
Público Marítimo Terrestre (a partir de agora DPMT). Este lugar atópase en
solo rústico catalogado como de Protección de Espazos Naturais dende 1990,
polas normas complementarias e subsidiarias da provincia de Pontevedra,
ditadas pola entón Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas.
Os comuneiros de Darbo decidiron en Asemblea o pasado 9 de maio de 2015
incorporar os terreos propiedade da CMVMC de Darbo á proposta de creación
do citado Espazo Natural de Interese Local.
Este espazo non é unha illa; atópase no extremo da franxa de territorio
catalogado como de Protección de Espazos Naturais, antes citado, que vai
dende aquí ata Cabo Home, pasando polas interesantísimas paraxes botánicas
das dunas de Liméns e de Nerga - Barra, que actúan de corredor garantindo a
entrada e o intercambio xenético das diferentes especies de flora e fauna.
Segundo a Lei 9/2001, de Conservación da Natureza, este territorio de
protección de espazos naturais non incluído na Rede Natura 2000, podería

1 de 5

COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS
EN MAN COMÚN DE DARBO

declararse como "zona de especial protección dos valores naturais", xa que de
acordo co artigo 16 desa lei, "polos seus valores, interese natural, cultural,
científico, educativo e paisaxístico, é preciso garantir a súa conservación, ao
non ter aínda asignada unha protección específica". Pese á súa importancia e a
que conserva unha altísima diversidade e algunhas especies de plantas xa
desaparecidas na meirande parte da costa da ría de Vigo, nada se tivo andado
nos últimos anos de cara a unha protección efectiva deste espazo, que se está
a deteriorar progresivamente, e que se verá estragado de non se decretar
unhas medidas axeitadas. Por suposto a situación actual de degradación
imposibilita o desenvolvemento normal dos ecosistemas e inhabilítao para o
uso adecuado da sociedade.
A figura de protección máis axeitada para á zona sería o Espazo Natural de
Interese Local (dende agora ENIL), regulada polo Decreto 124/2005, do 6 de
maio. A Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, define a
categoría de ENIL: “Por petición dos concellos e logo de informe da Consellería
de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, a Consellería de Medio
Ambiente poderá declarar como espazos naturais de interese local aqueles
espazos integrados no termo municipal, que polas súas singularidades sexan
merecedores dalgún tipo de protección dos seus valores naturais”.
As vantaxes da declaración do ENIL para o pobo de Cangas son a
dispoñibilidade dun espazo natural próximo ao casco urbano para a realización
de actividades de lecer, beneficios para a saúde e o benestar, educación
ambiental que se poden orientar aos escolares e resto de cidadáns, a creación
de itinerarios e módulos didácticos de xeito que permita asistir a visitas guiadas
nas que se amose a fauna e a flora da localidade na que viven e a defensa e
conservación do Patrimonio. Esta riqueza biolóxica tamén se pode visualizar
como unha fonte de recursos para a poboación. O turismo e as actividades
recreativas constitúen na actualidade un dos usos máis habituais neste tipo de
espazos situados no litoral. Por último, é unha vía para recibir axudas
económicas posto que segundo se desprende do artigo 5º do Decreto
124/2005 os ENIL “poderán ter preferencia na obtención de axudas para a súa
conservación e xestión”.
Algúns exemplos do que se propón, dentro do mesmo ámbito da ría de Vigo e
con valores semellantes son: o ENIL “Ecosistema dunar praia América –
Panxón” (Orde de 4 de xullo de 2014. DOG. Núm. 135, páx. 31452) e o ENIL

2 de 5

COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS
EN MAN COMÚN DE DARBO

“Complexo dunar e Areal do Vao – Baluarte” (Orde de 26 de agosto de 2013.
DOG. Núm. 165, páx. 34610).
Será preciso elaborar un proxecto de rexeneración integral e de uso do Espazo
Natural corrixindo a tendencia actual de progresiva degradación. Este proxecto
de recuperación natural deberá contar con asesoramento técnico, na fase de
elaboración e antes de cada actuación, de cara a evitar novos males que
orixinen un efecto destrutivo.
O antigo edificio do matadoiro semella idóneo como aula de natureza, que sirva
de centro de interpretación, onde se explique aos visitantes as características
dos diferentes ecosistemas e as especies que se poden observar,
introducíndoos no estudo do medio ambiente e amosándolles a enorme riqueza
ecolóxica na procura dunha maior sensibilización cos problemas derivados da
humanización do medio natural.
Os parques e áreas de lecer, os “merendeiros” coas súas correspondentes
infraestruturas (mesas, fogóns, árbores, etc.) necesarios para o esparexemento
da poboación, deben instalarse en lugares sen valor ecolóxico.
O extraordinario potencial deste espazo natural, tan próximo coma
descoñecido, verase estragado de non decretarse unha axeitada protección.
Por iso e tomando en consideración o exposto con anterioridade
SOLICITAMOS:
1. Poñan en coñecemento de tódolos partidos políticos con representación
no concello de Cangas a seguinte proposta a fin de someter a votación
no Pleno municipal a creación dun espazo natural na zona de As
Barreiras, Outeiro Balea, Santa Marta, Balea, Areamilla, Punta do
Corveiro, Lagoa de Massó e A Congorza-Peirao da Baleeira baixo a
figura de ENIL.
2. En caso de aprobación por parte do Pleno, realizar os traballos técnicos
e administrativos que conduzan á tramitación do ENIL coa
administración competente (Xunta de Galicia).
3. Contribúan á posta en valor deses terreos con tarefas como: a creación
dun centro de interpretación na Congorza, a eliminación progresiva de

3 de 5

COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS
EN MAN COMÚN DE DARBO

especies exóticas invasoras (herba da Pampa, eucalipto, acacia,
mimosa, etc.), restauración de áreas degradadas, promoción da
vexetación autóctona (toxeiras costeiras, laurisilvas, ripisilvas, etc),
restauración do tramo final e desembocadura do rego Pontillón,
restauración da zona lindante á furna de Santa Marta, restauración do
sistema dunar de Areamilla e Ribeira do Medio,
Sen máis, poñémonos a súa disposición para que no caso de que se aprobe a
proposta para a creación do ENIL “Punta Balea - As Barreiras”, colaborarmos
nas medidas que se adopten para a súa creación perante a administración
competente.
Tamén ofrecemos a nosa colaboración para a promoción do futuro ENIL aos
colectivos veciñais, administración de Costas do Estado (propietaria dunha
parte dos terreos), movementos sociais, organizacións empresariais, etc.
Así mesmo facilitaremos a información que o Concello precise (inventarios de
flora, fauna, áreas de maior interese, etc,).
Saudámolo atentamente.

Cangas, 27 de outubro de 2015

Xosé Manuel Cordeiro Fandiño

Antonio Fernández Cordeiro

4 de 5

COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS
EN MAN COMÚN DE DARBO

ANEXO:

5 de 5

Sign up to vote on this title
UsefulNot useful