Você está na página 1de 1

ciencias >>

mircoles, 20 de abril del 2016 | la voz de la escuela

actividades
Argumentos
Neste artigo exponse algns argumentos a favor do cambio de
horarios (uso do tempo), pero
non en relacin ao cambio da
hora (fuso do tempo). Que vantaxes e inconvenientes veslle a
adoptar a mesma hora que Inglaterra ou Portugal? Hai profesins ou actividades que se
vaian ver prexudicadas. Prefires amenceres temperns ou
anoiteceres tardos? Por que?

A costura do tempo
Como a Terra unha esfera,
cando imos situando fusos horarios engadindo unha hora
mis a medida que avanzamos
cara ao leste acabaremos por
chegar ao momento de partida.
Por que rexins do planeta
pasa esa fronteira? Podes
aproveitar esa singularidade
para facer desaparecer un da
cunha curta viaxe? Quen son
os primeiros en celebrar o ano
novo? E os ltimos?

Viaxar velocidade
da sombra

A lia dos crepsculos vai cambiando a sa inclinacin ao longo do ano

A lonxitude dos paralelos vaise


reducindo a medida que nos
desprazamos aos polos. No
ecuador duns 40.000 quilmetros e no crculo polar de
16.000. Tendo en conta que un
avin comercial ten unha velocidade de cruceiro prxima aos
1000 km/h, a que latitude teriamos que voar cara ao oeste
para manternos xusto sobre a
lia do crepsculo a medida
que pasa o da?

Fusos horarios, usos do tempo


O Goberno sacou a discusin un posible cambio horario para racionalizar a xornada laboral
Hai uns das o presidente do Goberno en funcins propuxo racionalizar
os horarios de modo que a xornada
laboral termine cara as 18.00 horas,
achegndonos as ao que costume no
resto de Europa. A da de hoxe, mis
ou menos almorzamos unha hora mis
tarde, comemos unha hora e media despois e, cando o resto dos europeos xa
se deitaron, a ns anda nos quedan un
par de horas por diante. dicir, temos a
mesma hora no reloxo que o resto dos
europeos, pero mantemos uns horarios
distintos. Isto fai que pasemos mis horas no traballo ou na escola, durmamos
menos e se recorte o tempo para estar
en familia, algo que en principio afecta
negativamente nosa calidade de vida.
Para acompaar estas medidas sobre
o uso do tempo, Mariano Rajoy tamn
propuxo recuperar o fuso horario que
xeograficamente lle corresponde
maior parte de Espaa, que o mesmo
que o que seguen Inglaterra, Portugal,
Marrocos ou as illas Canarias. Esta medida supora que os amenceres e anoiteceres tivesen lugar unha hora antes
que na actualidade. Anda que hoxe nos
resulta normal falar dunha hora comn
para varios pases, ata finais do sculo
XIX o habitual era que cada cidade seguise a sa propia hora solar. Pero coa

xeneralizacin das comunicacins fxose necesario harmonizar os horarios


e optouse por dividir o planeta en 24
cuarteirns verticais, dentro de cada cal
se mantn a mesma hora. Como se ve
no mapa, os fusos horarios non constiten fronteiras naturais, como as que
definen ros ou cordilleiras, senn que

son unha convencin xeogrfica como


a de meridianos ou paralelos. Espaa,
igual que Francia ou os Pases Baixos,
cambironse ao fuso horario de Alemaa en 1940, situacin que manteen
na actualidade. Galicia atpase nunha
situacin peculiar, porque boa parte da
nosa superficie, do mesmo xeito que

ocorre en Irlanda ou Portugal, atpase


xa no seguinte fuso horario.
No debate sobre esta medida convn
ter en conta que o sol non sae mesma
hora en todos os lugares do mesmo
meridiano. Isto s ocorre nos equinoccios, cando a lia dos crepsculos que
separa o da da noite corre en direccin
norte-sur. O resto do ano esta lia vai
cambiando, e alcanza a sa mxima
inclinacin nos solsticios de inverno e
vern. Isto implica, por exemplo, que
cando no inverno aqu anda nos queda
unha hora de luz, no norte de Europa xa
noite pechada. E, ao revs, cando no
vern en Espaa comeza a prse o sol,
as rexins de Europa setentrional anda
dispoen de varias horas de crepsculo,
xa que nesta poca do ano al os das
son moito mis longos. Estes cambios
son os que motivan a existencia de horarios distintos para o vern e o inverno
(o famoso cambio de hora) e os que fan
que calquera decisin sobre o horario sexa mis dramtica nos pases do
norte que nos do sur. fin e ao cabo, a
medida que nos achegamos ao ecuador,
a diferenza entre a duracin do da e a
noite ao longo do ano vaise reducindo
ata desaparecer por completo.

> Marcos Prez

Você também pode gostar