Você está na página 1de 3

Alba Vidal Soliño

AS TRIBULACIÓNS DE HERMINDO

Nunha Lagoa, moi lonxe, onde pega a volta o vento,vive un parrulo chamado

Hermindo. Hermindo é pequeno, moi feitiño, de bonitas plumas amarelas, un

pouco tatexo e é moi tímido.

Hermindo está perdidamente namorado de Dorinda. Dorinda é unha pata ben

feitiña e de grandes, brilantes e amarelas plumas, e moi guapa.

Un día pola mañá cedo, habían de ser as sete, Dorinda espertou e foi dar un

baño. Máis tarde, habían de ser as nove, apareceu pola orilla Hermindo, e

facéndolle sinais a Dorinda, que estaba na auga, colleu unha pedra moi

grande para ensinarlle o forte que era intentou levantala. Xa a tiña a altura

do peito cando se lle dobraron as plumas das ás e caeulle o chan, pero como

non lle deu tempo a apartar foi bater enriba dos pes. Despois diso,

Hermindo estivo un mes na cama sen se poder mover. Cando pasou o mes,

Hermindo volveu intentar conquistar o corazón de Dorinda. Ese día pola

tarde, na lagoa, intentou voar marcha atrás cos ollos pechados. Cando iniciou

o voo non foi capaz de esquivar unha rocha e caeu a auga. Cando saíu todos

ríronse del, e a pobre Dorinda, moi triste polo pobre Hermindo, que tiña un

ollo morado e con dous dentes de menos, marchou para a súa casa.

Ao día seguinte, as nove da mañá, Hermindo aproveitando que estaban todos

ao redor da lagoa dixo:


Alba Vidal Soliño

- -Vou ser o pa-pa-parrulo máis ra-ra-rápido de to-todos.

Entón meteuse na auga e empezou a nadar. Cando xa levaba medio minuto

nadando, empezou a ir máis e máis rápido, ata que de tan rápido que ía non

foi capaz de frear a tempo e saíu voando. Cando chegou onde estaban os

outros parrulos caeu o chan de cansazo. Cando espertou xa era o solpor,

como viu que non había ninguén marchou todo amolado para a súa casa. O

cabo dunhas cantas semanas aí aparece Hermindo cun caravel na boca e

empeza a bailar. Xa ía pola metade do seu baile cando tropezou con unha

rocha caeu o chan, deu un golpe tan forte, que escordou unha pata. A pobre

Dorinda, xa dolorida de velo dar tantos golpes achegouse a el e díxolle:

- Se me queres non fai falla que rompas unha pata, ou que sexas o

mellor nadador. Ti a min gústasme tal e como es. – dixo Dorinda.

- De ve-ve-verdade? – preguntou Hermindo.

- Sí, de verdade – dixo Dorinda.

- E entón ... que-que-quérote moito – dixo Hermindo.

- E eu a tí – contestoulle Dorinda.

Dende aquela Hermindo e Dorinda fixéronse noivos e nunca se separaron o

un do outro.

Hermindo, dende aquela, sabe que as parrruliñas que máis che gusta

conquístanse por ser un mesmo e non querer aparentar o que non eres.
Alba Vidal Soliño

Nome: Alba Vidal Soliño

Idae: 10 anos

Enderezo: Carretera de Bueu 61 – 2B

Vilariño – Hio (Cangas)

Teléfono: 697 623 361 986 329 652

Você também pode gostar