Você está na página 1de 6

2

Mercado Laboral. Paro Rexistrado


3
Mercado Laboral. Paro Rexistrado

Índice

Páx.

1. Poboación Parada Rexistrada ...............................................................4

2. Poboación Parada, segundo Sexo ........................................................5

3. Poboación Parada, segundo Sector Económico .................................6


4
Mercado Laboral. Paro Rexistrado

1. Poboación Parada Rexistrada

Rematado o mes de outubro imos ofrecer un avance dos datos de paro rexistrados no
territorio do Pacto de Lemos e nos concellos e comarcas que forman parte do mesmo. En
vindeiros días amosaremos unha máis detallada do comportamento do desemprego no noso
territorio.

Evolución do paro rexistrado


Out./09 Set./10 Out./10 Vr. Out.09-Out.10 Vr.Set-Out.
Carballedo 113 114 118 4,42% 3,51%
Chantada 473 486 524 10,78% 7,82%
Taboada 112 122 139 24,11% 13,93%
Com. Chantada 698 722 781 11,89% 8,17%
Folgoso do Courel 84 78 77 -8,33% -1,28%
Quiroga 261 238 278 6,51% 16,81%
Ribas do Sil 69 79 85 23,19% 7,59%
Com. Quiroga 414 395 440 6,28% 11,39%
Bóveda 76 88 85 11,84% -3,41%
Monforte de Lemos 1.370 1.431 1.473 7,52% 2,94%
Pantón 154 157 163 5,84% 3,82%
A Pobra de Brollón 92 81 92 0,00% 13,58%
O Saviñao 231 215 228 -1,30% 6,05%
Sober 137 102 111 -18,98% 8,82%
Terra de Lemos 2.060 2.074 2.152 4,47% 3,76%
Pacto de Lemos 3.172 3.191 3.373 6,34% 5,70%
Provincia de Lugo 19.687 20.705 21.790 10,68% 5,24%
Galicia 208.923 216.095 223.894 7,17% 3,61%

O número de parados a finais de outubro situouse no Pacto de Lemos en 3.373


persoas, o que supón un incremento do 5,70% e 182 desempregados en relación ó mes de
setembro, sendo este aumento superior ó rexistrado a nivel provincial ( 5,24%) e autonómico
( 3,61%). Respecto as cifras de outubro de 2009, advertimos que a cifra de desempregados
se incrementou no Pacto de Lemos nun 6,34% e 201 desempregados sendo este crecemento
inferior ó observado na provincia de Lugo ( 10,68%) e Galicia ( 7,17%).

A nivel comarcal apreciamos que as evolucións menos adversas corresponden a Terra


de Lemos que presenta un aumento do 3,76% ( 78 parados) en relación ó mes anterior e do
4,47% ( 92 parados) respecto a outubro de 2009. A comarca de Chantada rexistrou neste
último mes un aumento do desemprego do 8,17% ( 59 desempregados) mentres que na
variación anual o incremento elévase ata o 11,89% ( 83 desempregados). Na comarca de
Quiroga, a contía de parados medrou un 11,39% ( 45 parados) respecto a setembro e un
6,28% (  26 desempregados) en relación as cifras de outubro de 2009.

A nivel municipal significar que o desemprego soamente se reduciu neste último mes nos
concellos de Folgoso do Courel e Bóveda pero trátase de diminucións mínimas de 1 e 3
parados, respectivamente. Os crecementos de maior entidade corresponden as tres cabeceiras
de comarca e acada os 38 desempregados ( 7,82%) en Chantada, os 40 ( 16,81%) en
Quiroga e os 42 ( 2,94%) en Monforte de Lemos. Subliñar tamén o aumento de 17 parados
acontecido en Taboada que supón unha suba do 13,93% en relación a setembro. Taboada e
Ribas de Sil presentan os maiores aumentos porcentuais de parados respecto ás cifras de
outubro de 2009 cifrándose estes nun 24,11% ( 27 parados) e nun 23,19% ( 16 parados),
5
Mercado Laboral. Paro Rexistrado

respectivamente. En valores absolutos, son os concellos de Monforte de Lemos e Chantada os


que experimentan unha maior suba de desempregados situándose estes crecementos en 103
( 7,52%) e 51 parados máis ( 10,78%), respectivamente. O bando oposto agroman os
concellos de Folgoso do Courel, O Saviñao e Sober que amosan, no último ano, unha caída
nas cifras de desempregados sendo destacable a diminución de 26 parados ( 18,98%)
rexistrada en Sober.

2. Poboación Parada Rexistrada, segundo Sexo

Evolución do paro rexistrado segundo xénero


Paro feminino Paro masculino
Vr. Vr.Set- Vr. Vr.Set-
Out./09 Set./10 Out./10 Out./09 Set./10 Out./10
Out.09-10 Out. Out.09- 10 Out.
Carballedo 38 39 39 2,63% 0,00% 75 75 79 5,33% 5,33%
Chantada 240 248 262 9,17% 5,65% 233 238 262 12,45% 10,08%
Taboada 49 51 60 22,45% 17,65% 63 71 79 25,40% 11,27%
Com. Chantada 327 338 361 10,40% 6,80% 371 384 420 13,21% 9,38%
Folgoso 31 29 28 -9,68% -3,45% 53 49 49 -7,55% 0,00%
Quiroga 140 116 140 0,00% 20,69% 121 122 138 14,05% 13,11%
Ribas do Sil 41 37 43 4,88% 16,22% 28 42 42 50,00% 0,00%
Com. Quiroga 212 182 211 -0,47% 15,93% 202 213 229 13,37% 7,51%
Bóveda 42 51 46 9,52% -9,80% 34 37 39 14,71% 5,41%
Monforte 783 799 822 4,98% 2,88% 587 632 651 10,90% 3,01%
Pantón 64 70 72 12,50% 2,86% 90 87 91 1,11% 4,60%
A Pobra 47 34 38 -19,15% 11,76% 45 47 54 20,00% 14,89%
O Saviñao 112 100 106 -5,36% 6,00% 119 115 122 2,52% 6,09%
Sober 67 47 51 -23,88% 8,51% 70 55 60 -14,29% 9,09%
Terra de Lemos 1.115 1.101 1.135 1,79% 3,09% 945 973 1.017 7,62% 4,52%
Pacto de Lemos 1.654 1.621 1.707 3,20% 5,31% 1.518 1.570 1.666 9,75% 6,11%
Provincia 10.395 10.917 11.343 9,12% 3,90% 9.292 9.788 10.447 12,43% 6,73%
Galicia 115.796 118.211 121.601 5,01% 2,87% 93.127 97.884 102.293 9,84% 4,50%

No eido do Pacto de Lemos o desemprego masculino, a pesar de ser inferior ó feminino,


está a amosar unha evolución peor de xeito que, en outubro, medrou un 6,11% ( 96 parados)
fronte o 5,31% ( 86 desempregadas) que aumentou o paro feminino. A variación anual
acrecenta esta conxuntura posto que o desemprego masculino experimentou unha suba do
9,75% ( 148 parados) mentres que no paro feminino o incremento sitúase no 3,20% (53
desempregadas). A provincia de Lugo e Galicia non son allea a esta situación xa que o paro
masculino presenta variacións superiores ó feminino tanto no último mes coma na evolución
anual.
6
Mercado Laboral. Paro Rexistrado

3. Poboación Parada Rexistrada, segundo Sector Económico

Evolución do paro rexistrado segundo sector económico


Primario Secundario Construción Servizos Sen emprego anterior
Set.10 Out.10 Vr.Mes Set.10 Out. 10 Vr.Mes Set.10 Out. 10 Vr.Mes Set.10 Out. 10 Vr.Mes Set.10 Out. 10 Vr.Mes

Carballedo 11 13 18,18% 18 19 5,56% 22 23 4,55% 52 51 -1,92% 11 12 9,09%


Chantada 25 37 48,00% 47 52 10,64% 78 82 5,13% 269 281 4,46% 67 72 7,46%
Taboada 5 6 20,00% 10 12 20,00% 16 18 12,50% 76 86 13,16% 15 17 13,33%
Chantada 41 56 36,59% 75 83 10,67% 116 123 6,03% 397 418 5,29% 93 101 8,60%
Folgoso 9 10 11,11% 11 11 0,00% 15 13 -13,33% 38 38 0,00% 5 5 0,00%
Quiroga 13 15 15,38% 38 42 10,53% 50 53 6,00% 106 130 22,64% 31 38 22,58%
Ribas de Sil 2 3 50,00% 15 15 0,00% 17 15 -11,76% 37 41 10,81% 8 11 37,50%
Quiroga 24 28 16,67% 64 68 6,25% 82 81 -1,22% 181 209 15,47% 44 54 22,73%
Bóveda 7 10 42,86% 11 8 -27,27% 13 13 0,00% 46 45 -2,17% 11 9 -18,18%
Monforte 39 57 46,15% 172 168 -2,33% 229 226 -1,31% 780 805 3,21% 211 217 2,84%
Pantón 5 5 0,00% 18 18 0,00% 34 35 2,94% 68 69 1,47% 32 36 12,50%
Pobra Brollón 5 8 60,00% 3 6 100,00% 9 10 11,11% 50 52 4,00% 14 16 14,29%
Saviñao, O 10 12 20,00% 19 19 0,00% 49 53 8,16% 100 103 3,00% 37 41 10,81%
Sober 6 8 33,33% 11 14 27,27% 11 14 27,27% 59 61 3,39% 15 14 -6,67%
Terra Lemos 72 100 38,89% 234 233 -0,43% 345 351 1,74% 1.103 1.135 2,90% 320 333 4,06%
Pacto 137 184 34,31% 373 384 2,95% 543 555 2,21% 1.681 1.762 4,82% 457 488 6,78%
Lugo 611 781 27,82% 2.058 2.146 4,28% 3.326 3.552 6,79% 11.815 12.435 5,25% 2.895 2.875 -0,69%
Galicia 5.335 6.063 13,65% 32.896 33.858 2,92% 33.054 34.371 3,98% 117.816 122.416 3,90% 26.994 27.186 0,71%

A análise do desemprego segundo o sector de actividade económica de procedencia dos


desempregados presenta como feito máis destacado o importante aumento de parados
procedentes do sector primario acontecido no mes de outubro. No Pacto de Lemos
observamos que a contía de parados neste sector se incrementou nun 34,31% e 47 parados.
No sector servizos, o número de parados aumentou en 81 persoas, nembargante, en termos
porcentuais, esta suba equivale a un 4,82% máis de parados. Por baixo, dos sectores primario
e servizos, agroman o aumento dos parados “sen emprego anterior” cifrándose o mesmo nun
6,78% e 31 desempregados. Finalmente, os sectores secundario e da construción tamén
experimentaron un incremento na contía de contratos pero trátase de subas máis mornas que
nos demáis sectores. Así o sector secundario presenta no mes de outubro unha medranza de
11 parados ( 2,95%) mentres que no sector da construción o crecemento cuantíficase en 12
parados o que equivale a un 2,21% máis de desemprego que en setembro.

Você também pode gostar