Você está na página 1de 1

Outono cultural.Concello de Fisterra.

O Departamento de Cultura do Concello de Fisterra comezou fai unhas semanas coa programación
de outono destinada a todas as idades.Dentro da mesma, contamos cun amplo número de
actuacións ,das cales podemos destacar nos meses de outubro, novembro e decembro o programa
“Outono teatral”, con varias obras de teatro no municipio de Fisterra e na parroquia de San Xoán
de Sardiñeiro.

O pasado 17 de outubro realizamos a primeira delas coa obra “Pingueiras e Tarteiras, do grupo de
teatro De Andamio, a cal se levou a cabo na lonxa de Fisterra contando con numeroso público,
arredor de 120 persoas.

A seguinte obra será na Casa da Cultura de Sardiñeiro o vindeiro 5 de Novembro coa obra Historia
dunha Semente do Grupo Caramuxo teatro,(ás 19:30h).
Unha fábula que reflexiona sobre a naturaza e os cambios que se producen nela.Espectáculo cómico
de títeres.
Está destinada ao público infantil, a partir de 3 anos, e ten unha duración de 50 minutos.

Neste mes de novembro tamén poderemos desfrutar na lonxa de Fisterra da obra de títeres, a cal se
estrea este ano, Alicia no País das Marabillas, de Titeres Falcatrúa (19:30h)

E xa no mes de decembro o programa que estamos a elaborar conta con varias citas destinadas a
todas as idades, no que destacamos o día 11 de decembro máis teatro en Sardiñeiro acompañado
cunha unidade didáctica da Verdadeira historia dos tres porquiños (19:00 h), o dia 12 “Os
Bolechas” na lonxa de Fisterra, o 19 “Contos mariñeiros” tamén na lonxa (19:30 h).

Pero os máis pequenos asistirán o día 26 a xa tradicional desta de Nadal que todos os anos se
celebra no pabillón municipal coa visita de personaxes de animación infantil, Papá Noél, xogos e
música. Esto será a partir das 18:00 horas nunha tarde cargada de festa.

En canto os máis maiores o dia 10 e 18 realizaráse en Sardiñeiro e Fisterra un curso de elaboración


de centros de mesa de Nadal para adornar as nosas mesas nesas datas tan especiais.

E coma non, os xóvenes do municipio durante o fin de semana do 17-18 e 19 contaran con varios
eventos deportivos no pabillón municipal , aínda pendentes de pechar.

E coma novidade este ano a agrupación de Novas Xeración de Fisterra, colaborará co noso
Concello na celebración na tarde de Noiteboa dun Belén vivinte que percorrerá as rúas da Vila
cantando panxoliñas e coa posterior visita de Papá Noél na Praza da Constitución.

E xa para rematar o programa de Nadal o dia 5 de xaneiro,e debido ao Ano Santo, os Reis Magos
de Oriente rematarán o Camiño Xacobeo en Fisterra, no Fin do Camiño, onde virán coas súas
mochilas cargadas de agasallos e caramelos para todos os nen@s. Eles serán os primeiros
peregrinos do ano 2011 e remaratán, despois de recibir aos nenos na praza da constitución ,o seu
camiño no Faro de Fisterra. Este ano na cabalgata os Reis deixarán as súas coronas aún lado e
virán vestidos de auténticos peregrinos onde serán guiados,non pola estrela fugaz, senón pola
propia flecha que nos dirixe no Camiño.

Você também pode gostar