Você está na página 1de 1

SERVIZO DE PRÉSTAMO

1. A petición de libros realizarase directamente ao profesorado de garda na


biblioteca, durante o primeiro recreo.

2. O profesorado de garda encargarase de coller e colocar os libros nos


andeis.

3. Unha vez localizado o libro o alumno ou alumna cubrirá o caderno de


préstamos seguindo as instrucións que lle indique o profesorado de garda.

4. A duración do préstamo será de 15 días. Poderase solicitar unha prórroga


dunha semana máis. O profesorado de garda reflectirá no caderno de
préstamos a data da renovación.
O período máximo de préstamo de DVDs e CDs é de 4 días.

5. A devolución do CD, DVD ou libro realizarase directamente ao


profesorado de garda que asinará na casa correspondente do caderno de
préstamo.

6. Pódense levar en préstamo ata un máximo de tres libros, CDs ou


DVDs.

7. Nos períodos vacacionais tamén funciona o servizo de préstamo. Neste


caso a devolución farase no prazo dos dous días seguintes á incorporación
ás clases.

8. O alumno/a reporá ou abonará o importe do libro, CD ou DVD que


deteriorase ou perdese.

9. A Biblioteca notificará aos titores legais do alumno/a as devolucións fóra


de prazo.

10. Non serán obxecto de préstamo os dicionarios e enciclopedias nin os


xornais e revistas.

Você também pode gostar