Você está na página 1de 15

A BOTICA DE FRIANMEIGO

2
C.E.I.P. Frian - Teis
Biblioteca
Ola, chicos!
Que tal vai esa saúde?
Estes días, con tanta choiva e
tanto frío, ando eu un pouco
acatarrado.

Por iso vouvos aprender a facer


vahos ou inhalacións de
eucalipto.
Pero... que sabedes desta árbore...?

Aprende cousas do
eucalipto empregando este
enlace:

http://es.wikipedia.org/wiki/Eucalyptus
Descubre:

• o nome científico desta árbore;


• o país de procedencia;
• a súa altura;
• o tipo de folla;
• como chegou a España.
A folla do eucalipto cambia a medida que este se
fai adulto.
Empregando o enlace da diapositiva anterior e estas
fotografías, describe a folla segundo sexa nova ou
vella.
Estes que ves aquí son unha rama de eucalipto
adulto, o froito e a flor desta árbore.
O eucalipto ten unha cortiza
moi particular.
Coa axuda desta fotografía e
dos datos que atoparás no
enlace que tes empregado,
descríbea.
En Galicia, os bosques
de eucaliptos son cada
día máis numerosos.
Indica dúas razóns
económicas polas
cales os nosos
montes son
repoboados con
esta especie
arbórea.
Os bosques de eucaliptos son moi perigosos en caso
de incendio. Indica dúas razóns polas cales
estas árbores son tan desfavorables en
caso de lume.
Agora imos investigar sobre as
propiedades curativas do
eucalipto.

Para descubrilas, busca na


Biblioteca este libro:

Guía práctica ilustrada de las plantas medicinales

55
THO
gui
Xa o tes localizado?

Pois ábreo e le o Índice.

Deberás investigar nos seguintes capítulos:

• Dolencias y enfermedades.
• Sustancias curativas y su efectividad.
A folla do eucalipto ten un
efecto expectorante, polo
que, seguramente, será moi
boa para curar o meu
catarro.

Descubre:

• como recolectar as follas de eucalipto;


• como secalas;
• como preparar unha inhalación de eucalipto;
• que precaucións tomar cando fagamos unha
inhalación de eucalipto.
E agora tócavos traballar a vós...!
Con todo o que tes aprendido a través das
pistas que te teño dado, terás que presentar
un traballo sobre o eucalipto. (Podes
incluír debuxos ou fotos; pero, sobre todo, tes
que redactalo coas túas palabras).

Coa axuda do teu profe, organizaredes unha


enquisa entre os vosos familiares e
amigos. O tema será: debemos
continuar a plantar eucaliptos nos
nosos montes?
Noraboa!
Tes chegado con éxito ó remate desta proba!
E, como agasallo, déixovos con este fantástico vídeo.
Seguro que vos encanta!
Trata sobre uns simpáticos habitantes dos
eucaliptos australianos. Recoñécelos?

http://www.youtube.com/watch?v=1-4oPJiqnSE&feature=related

Você também pode gostar