Você está na página 1de 1

ELEMENTAL, QUERIDOS HUMANOS_JUAN LUIS ARSUAGA!!

Esta obra de Juan Luis Arsuaga está estruturada da seguinte forma: un


prólogo, vinte e catro capítulos e un epílogo. Trata temas en relación a vida,
as súas teorías, o home e a evolución deste relacionando as diferentes
especies de antepasados comúns.

Este libro é dos moitos exemplares que podemos atopar en relación os


temas que trata, pero elixín este e non outro, xa que mostra unha linguaxe
moi comprensiva e sinxela de ler, ademais vai acompañado de imaxes que
fan que é o libro en sí gañe moito máis, sendo máis divertido e tamén polo
feito de incluír algún que outro chiste ou anécdotas do tema do que vai a
tratar o capítulo. “Elemental, queridos humanos” é un libro dirixido para
todos os públicos e recomendaríallo a calquera persoa que se interese por
este tipo cuestións científicas.

Juan Luis Arsuaga en relación o Ano Internacional da Biodiversidade 2010


xurdiulle a idea de crear esta obra. O que quere conseguir este autor
mediante o libro que nos presenta é que entendamos un pouco de onde
proceden esas respostas que lle damos a algunhas preguntas, como por
exemplo, que é Gaia. Sabemos que ten diferentes significados e tamén é
considerada como unha hipótese, as condicións físicas e químicas da
superficie da Terra, da atmosfera e dos océanos foron e son adecuadas para
a vida debido a presenza de vida. Por que a división dos reinos non se
poden colocar en fila? Como a evolución se representa mediante arbores
xenealóxicas faise o mesmo para os reinos, porque se considera que tamén
evolucións os diferentes tipos que constitúen cada reino. Que é un anfioxo?
É un animal que vive no fonde mariño, non o podemos considerar como un
peixe, pero ten notocorda e tubo neural, polo tanto é un cordado. A súa
farinxe está comunicada co exterior de fendeduras branquiais. Ten boca,
pero non cráneo, nin mandíbula, nin cerebro, nin “ollos”.Por que as especies
se encontran repartidas por todo o mundo e non están presentes en todas
partes? A resposta a esto atopámola, xa que os climas varían coa latitude,
por iso cada clima ten as súas características diferenciadoras.Aínda que
atopamos climas totalmente similares. Un exemplo moi curioso é o
seguinte: Poden crecer chícharos nos Polos, nos Desertos do Sahara, de
Australia, de Namibia, do Taklamakán? O certo é que se non hai existencia
de selvas tropicais como poderían cultivarse. As condicións nas que deben
vivir estas plantas é a unha temperatura arredor dos 25 e a 30°C, porque
precisan calor, non necesitan demasiada auga, xa que teñen raíces moi
profundas e son capaces de atopar auga baixo a terra, o lugar idéeno é
Turquía, a India, Canada e México.

Você também pode gostar