Você está na página 1de 14

A BOTICA DE FRIANMEIGO

3
C.E.I.P. Frian - Teis
Biblioteca
Empeza a primavera, e estes
cambios de temperatura
fan proliferar as gripes.

Para combatir os accesos de


febre, heivos aprender a
facer cocementos de
acivro.

Pero, antes, imos coñecer


algunhas curiosidades sobre
esta bonita planta.

Preparados...?
A árbore

Emprega o enlace e coñece:

• o nome científico deste arbusto;


• os lugares do mundo onde crece;
• tipo de ambiente e chan que require;
• o tipo de bosques ós que adoita ir asociado;
• a altura que pode acadar este arbusto;
• a súa característica forma;
• os anos que adoita vivir;
• a descrición da súa cortiza;
• as características da súa madeira;
• os usos que se lle adoita dar a esta planta.

http://es.wikipedia.org/wiki/Ilex_aquifolium
A folla

Emprega o enlace e coñece:

• se é perenne ou caduca;
• a súa forma;
• a súa cor;
• a súa vida;

http://es.wikipedia.org/wiki/Ilex_aquifolium

Debuxa a folla do acivro


As flores
O acivro é unha árbore dioica. É dicir, cada
planta presenta só un tipo de flores (ou
masculinas, ou femininas).

As flores masculinas presentan ovarios, aínda que


non son funcionais; as femininas teñen
estambres, pero tampouco teñen funcionalidade.

As flores aparecen na primavera. As masculinas


son amarelas, e están agrupadas. As flores
femininas son brancas e de pequeno tamaño (6
mm.). Aparecen soas ou en grupos de tres ou
catro.
Os froitos

Por ser unha árbore dioica, os froitos do acivro só aparecerán nos


arbustos femininos que teñan perto outros masculinos que os poidan
fecundar.

Emprega o enlace e coñece:


• a forma dos froitos;
• a súa cor;
• o seu tamaño;
• o xeito no que aparecen distribuídos;
• a época do ano na que saen;
• os consumidores dos froitos do acivro;
• os efectos do seu consumo polo home.

http://www.ancares.info/web/ancares.asp?mun=General&s=Naturaleza&id=213
Os nomes do Acivro

Xa coñeces o nome científico deste arbusto.

En inglés chámase Holly Tree.

En castelán recibe multitude de nomes. Selecciona no seguinte enlace


tres deles que comecen coas letras:
• a;
• c;
• m.
http://es.wikipedia.org/wiki/Ilex_aquifolium#Nombre_com.C3.BAn
O Acivro na Tradición Oral de Galicia

En galego existen nomes moi curiosos para designar o acivro. Coñéceos


no seguinte enlace:

http://gl.wikipedia.org/wiki/Acivro#Sinonimia

A existencia de acivros deu lugar a moitos nomes de lugar (topónimos).


Coñece os principais neste enlace:

http://gl.wikipedia.org/wiki/Acivro#Toponimia

Descubre as historias máxicas do acivro neste


enlace.
O Acivro, especie protexida e protectora
Como lembrarás, as follas do acivro soamente presentan picos nas ramas
inferiores. A razón é protexerse da agresión dos animais herbívoros.

Por outra banda, o uso navideño ten provocado que, en numerosos países
de Europa, o acivro silvestre estea considerado unha especie protexida.

En Galicia, as bagas do acivro son o único


alimento que, durante o inverno, inxire a
pita do monte dos Ancares, tamén
chamada urogalo, unha especie típicamente
galega que está en perigo de extinción.

(Preme na imaxe para ver unha pequena reportaxe sobre esta ave)
Xa sabedes un montón de cousas
sobre o acivro!
Agora, menciñeiros, a coñecer
como empregalo cando
teñamos gripe!

Para descubrilo, busca na


Biblioteca este libro:
Guía práctica ilustrada de las plantas medicinales

55
THO
gui
Xa o tes localizado?

Pois ábreo e le o Índice.

Deberás investigar nos seguintes capítulos:

• Dolencias y enfermedades.
• Sustancias curativas y su efectividad.
A folla do acivro ten un
efecto diaforético (que fai
sudar), polo que, seguramente,

será moi boa para curar a


túa gripe.

Descubre:

• como recolectar as follas do acivro;


• como secalas;
• como preparar un cocemento de acivro;
E agora tócavos traballar a vós...!
Con toda a información que tes
recopilado, xa hai material dabondo para
facer de periodista e redactar unha
reportaxe sobre o acivro. (Lembra que
debes dividir o texto en epígrafes, e que podes
incluír debuxos ou fotos).

E, coma sempre, faino coas túas


palabras.

Você também pode gostar