Você está na página 1de 2

O desastre de Annual

Trala perda de Cuba e Filipinas, España orientou a súa


política colonial cara a zona norte de Marrocos (Macizo do Rif e
Yebala) froito dos acordos hispano-franceses que se produciron
entre 1904 e 1906. As razóns do interese por esta zona habitada
principalmente por tribos berbere eran principalmente dúas: a busca
de prestixio internacional e a explotación económica do territorio.
Isto contou co descontento das masas populares españolas.

A ocupación española foi lenta, xa que o exército español tivo


que facerlle fronte aos ataques por parte dos rifeños. Isto, unido ao
abrupto do territorio e á oposición da poboación indíxena, fixo que
fose preciso desprazar cara a Marrocos grandes continxentes
militares; polo que a cuestión marroquí se converteu nun problema
prioritario para os gobernos españois.

En 1909 os rifeños atacaron as posicións españolas preto de


Melilla (que pertencía a España dende o Século XV) o que obrigou
ao goberno español a enviar máis tropas. En 1912 estableceuse o
protectorado (acordado cos franceses) na zona de influencia no
norte de Marrocos. Pero para mantelo, era preciso ocupalo e
pacificalo, polo que se crearon a Legión (Millán Astray) e os
Regulares (con soldados recrutados entre os indíxenas).

Lexionario Regular
En 1921 o exército realizou unha manobra moi arriscada
ao adentrarse no Rif coa intención de ocupar máis territorio. Pero
descoidouse a retagarda e dispersáronse demasiado as tropas.
Polo que as cábilas rifeñas ao mando de Abd el-Krimat atacaron as
posicións españolas obrigándolles á retirada cara a Melilla,
morrendo a gran maioría na Cidade de Annual. En poucos días os
rifeños fixéronse co control da zona e proclamaron a independencia
da zona ocupada.

O desastre de Annual coas súas enormes perdas en homes,


materias, territorio e prestixio provocou un grande impacto na
opinión pública española e acentuou a impopularidade da guerra e
do exército. Os grupos políticos e a prensa de esquerdas esixiron
responsabilidades, polo que se abriu unha investigación sobre o
comportamento dos militares : o denominado Expendiente Picasso.
Mentres a guerra hispano-marroquí durou até 1927.

Para concluír aquí queda un vídeo resumo do exposto:


http://www.youtube.com/watch?v=zdgAitG5y-Q

José Ramón Picos Varela


2º BAC A Nº3

Você também pode gostar