Você está na página 1de 5

Recursos TIC:

Nivel: 3º ciclo E.P.


Smart Notebook 10
EdiLim 3.2
GIMP 2.6
Format Factory

The World of
Maruxa
Temporalización: 4 sesións Mallo

Competencias básicas:

Comunicación Lingüística
Matemática
Tratamento da Información e
Competencia Dixital
Social e Cidadá
Cultural e Artística
Autora: Belén Pérez Vijande Aprender a aprender

Xustificación

A área de educación artística é fundamental para que o noso alumnado acade unha axeitada
competencia cultural e artística. Esta competencia, segundo aparece reflexada no decreto 130/2007
polo que se estabelece o currículo de educación primaria, supón coñecer, comprender, apreciar e
valorar distintas manifestacións artísticas e, asemade, consideralas como parte fundamental do patrimonio
dos pobos.

Para desenvolver as capacidades anteriormente mencionadas, precísase traballar dentro da


aula habilidades de pensamento, de percepción, de sensibilidade e de sentido estético. Xa que logo, co
estudo e análise da obra desta grande pintora e artista, Maruxa Mallo, as alumnas e os alumnos
iniciaranse na observación reflexiva dunha obra de arte, para despois aplicar estas características nas
súas creacións.

Belén Pérez Vijande Maruxa Mallo' Art – CLIL – 3rd Cycle Páxina 1 de 5
Esta autora foi a escollida polas seguintes razóns:

• Foi unha muller realmente importante no movemento surrealista do seu tempo. Así, promovemos a
coeducación. Isto é, ao estudar a obra dunha muller que se pode considerar como trunfadora
ráchanse, en certa maneira, os estereotipos machistas dunha sociedade na que parece que o
xénero masculino é único capacitado para destacar profesionalmente.

• Ao ser esta artista nada nunha localidade da Galicia, en Viveiro, potenciamos a valoración do
propio. Así, o noso alumnado será quen de ollar para o seu contorno cunha nova mirada,
valorando a súa realidade e crendo nas súas propias posibilidades.

Obxectivos

• Desenvolver mecanismos para educar unha sensibilidade estética á hora de valorar a obra de
Maruxa Mallo.
• Coñecer e valorar a figura da artista galega Maruxa Mallo, favorecendo a percepción da
orixinalidade coma un valor engadido na creación artística.
• Identificar algunha das características das súas pinturas, en especial nos seus retratos femininos.
• Explorar e coñecer técnicas específicas da pintura á hora de realizar o retrato dunha persoa.
• Incentivar a expresión oral do alumnado ao describir unha obra propia, das súas compañeiras e
compañeiros ou da pintora.
• Ler de forma comprensiva distintos parágrafos sobre a vida de Maruxa Mallo coa fin específica
de ordenala cronoloxicamente.
• Incentivar a expresión oral do alumnado ao ter que describir de forma sinxela unha pintura de
Maruxa Mallo ou das compañeiras e compañeiros, expresando a súa opinión sobre a mesma e
utilizando vocabulario específico de partes da cara e pelo.
• Valorar a lingua inglesa como medio de comunicación cas súas compañeiras e compañeiros, de
expresión das súas propias ideas e de coñecemento de contidos relacionados con Maruxa
Mallo.

Belén Pérez Vijande Maruxa Mallo' Art – CLIL – 3rd Cycle Páxina 2 de 5
Contidos

• Observación de volumes e de texturas, de perspectiva, de bidimensionalidade e de


características notorias e definitorias nas imaxes e nas obras de Maruxa Mallo.
• Exploración das características, elementos e técnicas que algunha das obras artísticas de
Maruxa Mallo ofrecen e suxiren para a súa recreación e creación de obras novas.
• Diálogo ante unha obra de arte expresando o que gusta e non gusta, como se sente cadaquén,
o que pensan ou o que lles recorda, identificando o significado que poidan ter certos elementos
da obra (a cor, a liña, a técnica empregada, a luz, a perspectiva...) coas sensacións producidas.
• Valoración positiva da diversidade de opinións, de xuízos, de gustos e de argumentos
relacionados coa expresión plástica.
• Interese por coñecer producións artísticas do patrimonio cultural galego e por obter información
sobre as persoas que as produciron.
• Composición dunha peza artística recreando as aspectos das obras artísticas analizadas de
Maruxa Mallo, logo de informarse sobre a obra, a época de elaboración e a autora.
• Apreciación da orixinalidade como fundamento da conduta creativa e respecto ás obras
doutras persoas.
• Exploración das posibilidades expresivas de estruturas sintácticas sinxelas e de vocabulario
relativo á figura humana para describir obras da pintora Maruxa Mallo.
• Emprego da lingua estranxeira como instrumento para unha aprendizaxe integrada, coa
finalidade de acadar novos coñecementos artísticos.
• Lectura e comprensión dun texto sobre a vida de Maruxa Mallo en soporte papel e dixital,
adaptadas á competencia lingüística do alumnado, para utilizar información global e específica,
no desenvolvemento da tarefa de ordenar a súa vida.

Materias relacionados
• Educación artística
• Lingua Inglesa
• Coñecemento do Medio
• Matemáticas

Belén Pérez Vijande Maruxa Mallo' Art – CLIL – 3rd Cycle Páxina 3 de 5
Educación en valores
• Coeducación
• Valoración do contorno

Proposta de actividades por sesións


A presente unidade poderá ser desenvolta en 4 sesións:

• 1ª SESIÓN
◦ Introdución á figura de Maruxa Mallo (formato EDI).
◦ A súa vida e principais características da súa obra (formato EDI).
◦ Pautas para a realización dunha retrato (formato EDI).

• 2ª SESIÓN
◦ Obras de Maruxa Mallo (formato LIM).
◦ Vocabulario relacionado coa realización dun retrato (formato LIM).

• 3ª SESIÓN
◦ Realización dun bocexo dun retrato.
◦ Iniciación da realización do retrato.

• 4ª SESIÓN
◦ Realización e finalización do retrato.

Criterios e instrumentos de avaliación

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

• Organizar información sobre a vida e obra da artista Maruxa Mallo.


• Formular opinións propias e persoais acerca das manifestacións artísticas tanto da autora
estudada, coma das realizadas polo resto das compañeiras e compañeiras.
• Producir obras plásticas que impliquen unha organización espacial e o uso de instrumentos e
materiais axeitados.

Belén Pérez Vijande Maruxa Mallo' Art – CLIL – 3rd Cycle Páxina 4 de 5
• Crear de forma persoal e autónoma un retrato seguindo algunhas directrices da obra de
Maruxa Mallo.
• Identificar algunha das obras e principais liñas pictóricas de Maruxa Mallo.
• Describir unha obra de Maruxa Mallo utilizando estruturas e vocabulario traballado previamente.
• Identificar información específica nun texto escrito sobre a vida de Maruxa Mallo.
• Valorar a lingua inglesa como un instrumento válido de comunicación, expresión e coñecemento
dentro dun contexto non puramente lingüístico.
• Amosa tolerancia e respecto cara as diferenzas de todo tipo, así coma das opinións alleas.

INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN

• Observación directa do traballo realizado en cada unha das catro sesións. Prestarase unha
atención especial ao esforzo e interese que se amose en cada unha das actividades.
• Análise dos traballos presentados, valorando unha presentación coidada e de calidade mínima.
• Cuestionario ao final do proxecto, no que o alumnado reflexionará sobre o que aprenderon,
cales foron as actividades máis difíciles e cales as que lles resultaron máis útiles.

Belén Pérez Vijande Maruxa Mallo' Art – CLIL – 3rd Cycle Páxina 5 de 5

Você também pode gostar