ANO 1 - Nº 8

XORNAL

GALEGO DE DEPORTES E CULTURA

Setembro de 2011 - 2€

SALCEDA DE CASELAS Salceda aprobará a humanización do Campo da Feira da Devesa
Páx. 16

Tomiño promove as súas fortificacións
Páx. 19

O PORRIÑO Cándido Gómez: “Este premio faime pensar que, aínda que estou lonxe, en Porriño non me esqueceron”
Páx. 15

A GUARDA O Concello da Guarda organiza novas rutas de sendeirismo este outono
Páx. 24

PONTEAREAS A 12ª etapa da Vuelta Ciclista, Ponteareas-Pontevedra, saiu da vila do Tea

O Club de Patinaxe Covelo organiza un trofeo propio
Páxs. 4 e 5

Páx. 9

2

Opinión - Setembro de 2011

EDITORIAL

Non o toquen que o fan peor
están ao día do que é a programación dun centro na que se teñen que coordinar horas lectivas por asignatura, horas de estudo (por desgracia cáseque desaparecidas), preparación de clases por parte do profesorado, horas para cualificar e corrixir traballos encomendados aos alumnos/as, horas de lecer, consultas en biblioteca, horas de atención aos pais/nais, etc., etc.? Estamos atravesando uns momentos moi convulsos; atravesamos, como diría un piloto de avión, zonas de fortes turbulencias económicas. Coma sempre os políticos botan man do que resulta máis fácil, do que teñen á man e para o que non precisan pensar demasiado. Conxelan o soldo aos profesionais do ensino, reducen as prazas de docentes, agrupan alumnos de cursos distintos, reducen as becas de estudo e de comedor, eliminan as axudas para libros de texto, fan cadrar as contas como sexa e problema resolto. Estamos no 30% de fracaso escolar; camiñamos cara a dispoñer dun conxunto de mozos/as sen preparación suficiente para abrirse camiño na vida que dá medo. Escoitamos dicir “aos que din saben do asunto” que as novas sociedades teñen que apostar en I+D+i porque o mundo corre, non se detén e o que quede atrás pasará a incrementar o exército de descamisados, de necesitados que non teñen oficio nin beneficio. Logo, como é que as nosas autoridades teñen o descaro, por dicir algo amable, de entrar a saco no eido do ensino desta maneira? Hai moita xente que opina sobre a necesidade de que os políticos, os que ocupan cargos de responsabilidade política e social, sufran unha especie de proba, de exame, para saber se realmente teñen os mínimos coñecementos para tal cargo. Á vista do que están facendo non nos parece un despropósito a idea. Deixemos, por hoxe, a cousa aquí. En próximos comentarios seguiremos falando deste serio problema que nos vén enriba.

S

empre que se fala dos problemas do ensino lémbrome dunhas declaración de Ruiz Jiménez cando era ministro de Educación no goberno de Franco. Dicía entón Ruiz Jiménez: “cando se reunen os ministros do goberno nun Consello de Ministros cada quen leva os seus deberes feitos; expón aos demais os plans do seu departamento e, polo xeral, todos damos por bos os informes presentados por cada ministro, agás cando falaba eu sobre temas educativos e proxectos que pretendía desenvolver. Entón erguían a man practicamernte todos os ministros, que opinaban e discutían o que eu presentaba”. Nestes momentos estamos asistindo a unha situación semellante; todos opinan sobre educación, sobre maneiras de ensinar, sobre cantos profesores precisa un centro, sobre que fan ou non fan os profesores no seu horario lectivo, etc., etc. Pero, realmente coñecen o mundo educativo na súa propia salsa todos os políticos e comentaristas que falan destes temas? Cantos dos opinantes

D

e vergoña en vergoña, como no xogo da oca, ...e tiro porque me toca.

De vergoña en vergoña
*Baldomero Iglesias Dobarrio, Mero: Mestre e músico

Si, ...imos de cadro en cadro. Por aquí buscando o Catecismo do Códice. Din que anda por preto, igual nin chegou lonxe, igual mesmo nin saíu da casa. Cousas veredes. Vergoñas, ...sei que roñas! De vergonzas, ...sete onzas. E refírome ao espectáculo dun sector da Igrexa, que celebrou en Madrid -cos de sempre, eses que prefiren calar, que apoian estes actos con millóns de luces, de ouros, de silencios- esa reunión tan numerosa da Xuventude co Papa, á que xa chaman “a excursión de Susan” –Su san... tidade...- e con 70 quilómetros de teas bordadas en xoias preciosas multicolores que van lucir os actores, no escenario dunha nova farsa. Adorando un deus de ouro, de novo. Xa imaxinaba o evento, nada novo. Moita xente,

mozos vidos de todo o mundo coa fe por bandeira e mirando para o mesmo sitio, celebran en nome dun deus -por eles inventado- unha concentración conciliadora, para mesmo reconfortarse nas múltiples xuntanzas. Dirixirá todo, o Papa do sorriso finxido no medio da cara. Ese que xa cando saíu elixido deixou claras sospeitas de pucheirazo. Ese que di unha cousa e fai o que lle peta, pero que anda sempre subido na opulencia. Ese, o mesmo, que convoca –coa axuda dos de sempre- un encontro como este e no momento menos oportuno. Tempos de crise. Tempos nos que en distintos puntos do mapa terreal hai xente que morre do esquecemento, ... e por parte

deles tamén –dos que alí se xuntaron. En moitos sitios, digamos Somalia, morren de fame porque os que alí se xuntan gastan naquela montaxe o que eles precisaban para alimentos. Son 700 mil nenos que están en risco de morte. Noutros sitios morren de sede, porque os que alí se xuntan beberon moito do que eles precisaban para buscar auga. En moitos sitios, por todos nós sabidos, haberá xente en guerras inútiles, sabéndose deixados da man e da ollada dos que alí se xunten e de moitos outros. Non chega con lembralos no medio de eufemismos consoladores. En moitos sitios hai miseria perenne, non só en Somalia e en todo o Corno de África, tamén en moitos países

que, os que isto lean, xa saben deles. E mentres, aqueles, veña espectáculo, ...a todas luces e hoxe máis que nunca, inmoral. Eu creo que ese deus que eles din, nin estará con eles, ...mais o Deus cristián –por eles esquecido- estará, chorando en grande pena, ...chorando avergoñado de que se use o seu nome para tapar, para ocultar a súa verdadeira palabra, aquela liberadora e aquela que xustamente obrigaba a superar a indignación e a actuar, poñendo diante o propio exemplo e estando cos pobres compartindo as súas miserias e, desde alí, aliviar a súa e nosa dor. Nada que ver con todo isto. Pena sobre pena e vergoña allea! Por iso veñen ben as verbas dun vello e sabio da miña aldea que, o outro día, cando sentiu os xuramentos dun rapaz polas provocacións deste acto, dixo: “non blasfemes máis sobre ese deus, ...de abondo ten con este Papa!

Porto Ucha, Xoan Xosé Pérez Labaca, Raúl Daniel Sotelo, Manuel Rosende, Inma Otero, Miguel Andión, Juan Louzán (Madrid), Coki (Nova Iorque), Carlos Barros Director: Carlos Rey Bárcenas. director@hermeseatenea.com Edita, maqueta e imprime: Publicaciones Tameiga, S.L. redaccion@hermeseatenea.com publicidade@hermeseatenea.com Enderezo: Avenida do Aeroporto, 83 Tameiga, Mos. Galicia. Teléfonos: 986487480/658585049 Coordinador: Guillermo Rodríguez Colaboradores: Alicia Rocha, Vicente Alló, X. A. Pérez Lema, Pablo Glez Mariñas, Anxo Fernández Saborido, Antonino García, Emilio Ínsua, Anxo S. Fotografía: Arquivo, Guillermo, Hernández Publicidade:Sandra Araujo, Guillermo Rodríguez, Suso Vieito e depto propio Depósito Legal: VG195-2011

Setembro de 2011- Ponteareas

3

Volverán sonar as gaitas en Ponteareas
alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, acompañado polo concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro Fernández, presentou o xoves 15 de setembro, no salón de plenos da Casa do Concello, a 44ª edición do Concurso de Gaitas de Ponteareas.

O

Na presentación, Salvador González Solla aseguraba que, logo de corenta e catro anos ininterrompidos de celebración, “o concurso de gaitas de Ponteareas constitúe a cita máis importante de Galicia coa música tradicional e dende o Concello fanse os esforzos precisos para seguilo mantendo como tal”. Andrés Sampedro, concelleiro de Cultura, daba a coñecer polo miúdo na súa intervención todos os pormenores deste evento que se celebrará o vindeiro 25 de setembro no Auditorio Reveriano Soutullo. Sampedro sinalaba que “o concurso de Gaitas, non só contribúe a preservar, manter e espallar a música popular de Galicia na súa máis pura esencia, como é a de grupos formados por dúas gaitas, un bombo e un tamboril, senón que fai que os grupos participantes, tal e como especifican as bases, vistan o traxe tradicional completo e, nese sentido, tamén buscan e investigan sobre vestimentas tradicionais da nosa terra”. Poderán participar tódolos grupos de gaitas de Galicia e dos Centros Galegos de España e do estranxeiro que toquen con gaita tradicional. Nese sentido, recalcaba o concelleiro de

FOTO:HERNÁNDEZ

Cultura “as gaitas non poderán ter ningún tipo de modificación, preservando dese xeito o seu son orixinal, sen variacións”. Dende hai xa un tempo, segundo explicaba o alcalde Salvador González Solla, na rolda de prensa, e para que este Concurso de Gaitas poida ser vivido de xeito máis intenso polos veciños e veciñas, “os grupos participantes, o mesmo día do Concurso, farán un pasarrúas dende a Casa do Concello ata o Auditorio Reveriano Soutullo, interpretando melodías galegas”. A ese desfile, que comezará as 10,15 h. da mañá do domingo 25 de setembro, seguirá ás11.00 e xa no Auditorio Reve-

riano Soutullo a celebración do XLIV edición do Concurso de Gaitas de Ponteareas. Os grupos participantes interpretarán dúas pezas de libre elección que serán de raíz melódica galega. O tempo total de ámbalas dúas pezas será como máximo de 8 minutos, e non se admitirá interpretación de suites nin de popurrís. A comisión organizadora aboará a tódolos grupos participantes que non obteñan premio 200 euros, cantidade que se destinará a sufragar os gastos de desprazamento.

a mañá do 13 de setembro, o Salón de Plenos da casa do Concello de Ponteareas acolleu a presentación dos actos que, co gallo do 60 aniversario da Sociedad Deportiva Juvenil, se desenvolverán este vindeiro sábado, 17 de setembro. Na presentación das actividades o presidente da Sociedad Deportiva Juvenil, José Manuel Rodríguez Rodríuez, estivo acompañado polo alcalde, Salvador González Solla e o concelleiro de Deportes, Alberto Novoa.

N

O Juvenil celebra o seu 60 aniversario
O programa dará comezo as 18.30 horas cun encontro de fútbol entre ex xogadores da SD Juvenil no Campo Municipal de Pardellas. Posteriormente terá lugar unha cea de confraternidade no Restaurante Cuevas de Bugarín, no que se homenaxeará a personalidades relevantes na historia do Juvenil, como é o caso do seu presidente-fundador, José Castro Álvarez, ou José Teixeira, primeiro fondista galego en acadar a internacionalidade, entre outros. O alcalde de Ponteareas expresou a súa satisfacción por estes 60 anos de historia da SD Juvenil, un club que é “un referente no deporte ponteareán e o lugar onde moitos xogadores, que logo chegarían a categorías máis altas, deron os seus primeiros pasos”. O concelleiro de Deportes, Alberto Novoa, convidou a todos os ponteareáns a participar na que será unha “auténtica festa do deporte e un xeito de agradecer o traballo que, durante este tempo, fixo a SD Juvenil a prol do deporte”.

4

Covelo - Setembro de 2011

Sonia Mª Gil Castaño, presidenta do Club Covelo de Patinaxe

“Organizamos o Trofeo ‘Cruceiro de Covelo’ para promocionar a patinaxe na comarca e dar a coñecer este precioso deporte”

D

urante todo o ano o Club Covelo de Patinaxe desenvolveu unha intensa actividade, esforzo que terá o seu corolario coa organización do II Trofeo de Patinaxe “Cruceiro de Covelo”, os días 30 de setembro e 1 de outubro. Para falar destas e doutras cousas relacionadas co Club tivemos a satisfacción de conversar con Sonia Mª Gil Castaño, a súa presidenta. - Canto tempo levas á fronte deste Club e cales foron as túas máis gratas satisfaccións como presidenta? - En setembro cumpriranse tres anos e as satisfaccións, todas. Sobre todo destacaría a progresión dos nenos e nenas, que aumentaron sensiblemente nos últimos tempos; o Campeonato de España que organizamos o pasado ano;... E todo en xeral para min son satisfaccións. O concello de covelo pórtase moi ben connosco; os comerciantes igual, así como dos arredores (Ponteareas, Mondariz, etc,). Realmente non aprezo cousas negativas neste cargo que desempeño con plena satisfacción. Contamos coa entrada de máis nenos e con dezaoito nenas, se non me falla a memoria. - Cantas categorías tedes no Club? - Empezamos polo que chamamos “niveis”, a categoría de inicia-

- Cal é a intensidade dos adestramentos destes deportistas? - Patinan todos os días agás xoves e domingos. Sempre con adestradora. - Non se vos ocorreu solicitarlle ao Concello unha pista de xeo? - Non; son deportes diferentes. - Falemos agora dese Trofeo de Patinaxe “Cruceiro de Covelo”. Como se vos ocorreu metervos nestes fregados? - É un proxecto da nosa adestradora, Silvia Varela, que levaba tempo matinando nisto. Quería facer un campionato, un trofeo exclusivo do Club Covelo. É un campionato extra-oficial, que organizamos nós para promocionar a patinaxe na comarca e dar a coñecer este precioso deporte. ción, na que dan os primeiros pasos na competición; aquí temos arredor de dezaseis (patinadores), dos que algúns se están a preparar para pasar á primeira categoría. Logo temos un en benxamíns, tres en alevíns, dous en cadetes e un en xuvenís. En total, andamos polos vinte e tres nenos e nenas. - De que premios e trofeos pode presumir o Club de patinaxe de Covelo? Temos tres rapazas que se clasificaron para o Campeonato de España: logo temos dúas das que unha quedou primeira para o Campionato Galego e a outra quedou subcampiona galega; no Campeonato de España quedaron unha novena en libre e outra décimo primeira en xuvenil. - Todo este traballo de mantemento dun club nun concello como Covelo, como se sostén? - O apoio máis importante son os pais e nais dos patinadores, sempre dispostos a axudar en todo o que faga falla. Temos socios colaboradores, temos patrocinadores, temos o apoio da Deputación, do Concello e da Xunta de Galicia, e logo vendemos rifas, lotería... Pedimos por todos lados. A verdade é que a xente pórtase moi ben connosco. - Como cualificarías o Club de Covelo respecto dos restantes de Galicia? - Estamos entre os que teñen máis participación en todas as categorías: bo nivel. - Trofeo internacional, porque contades con Portugal, non? - Si, claro; queriamos traer xente de Italia pero saía moi caro, porque todos este nenos veñen con gastos pagos (aloxamento, comida..), pero deben pagar a viaxe pola súa conta. Tamén veñen nenos de Asturias, da Coruña e patinadores da comarca. Estamos en xestións coa Deputación para que nos bote unha man. Os patinadores vanse aloxar en Barciademera, nunha casa de turismo rural chamada “Alentea”. Os adestradores quedarán aloxados no Restaurante-Pensión Costa, de Covelo. Serán un par de días; dende o venres ata o domingo.

ANÚNCIESE

AQUÍ
publicidade@hermeseatenea.com

Setembro de 2011 - Covelo

5

BO TRABALLO E
Nayara, Miriam e Carla Alex, Albino, Saul, Samuel e Diego

ste ano en categoría benxamín Nair Pimentel foi campiona provincial e subcampiona galega en Libre, e en F.O. acadou o ouro nas dúas competicións, o máximo ao que poden aspirar, xa que non hai campionato de España nesta categoría. En alevíns, Carmen Moreira foi subcampiona provincial e terceira no Campionato galego en Libre; María Moreira acadou a quinta praza no provincial e a quinta no galego en Libre; na mesma modalidade Antía Pimentel foi sexta no provincial e décima no galego. Ademais, Carmen e María Moreira conseguiron praza para representar o Club no Campeonato de España Alevín, que se celebrará en Alicante a finais de outubro. Candela Alonso, en categoría cadete, foi campiona provincial e subcampiona galega e no Campeonato de España quedou novena en modalidade Libre; Sheila Sánchez foi campiona provincial e galega na modalidade F.O. Ademais, Sheila logrou praza para o Campeonato de España, no que obtivo o décimo segundo posto. Estas tres patinadoras obtiveron moi boas puntuacións en F.O., que lles reservaron o 1º e o 2º posto no podium, ainda que ao final non foi suficiente para representar o Club no Campeonato de España de F.O.

María, Nair, Laura, Diego e Álex

Sandra, Silvia, Lucía, Ainara e Xabi

Foto de grupo

Sheila, Erea e Candela

En categoría Xuvenil Erea Abalde foi subcampiona provincial e terceira no Campionato galego. Tamén participou no Campeonato de España, no que obtivo a novena posición. Os patinadores van conseguindo os logros pouco a pouco e disfrutando dun deporte que eles elixiron e que require pola súa banda moito esforzo e dedicación; desde o Club están moi satisfeitos con todos, desde o máis pequeno ao maior e deséxanlles que manteñan a mesma ilusión coa que están traballando.
Antía, Nair, Carmen e María, no Campionato Galego BenxamínAlevín

Noelia, Noa e Albino

6

Mondariz - Setembro de 2011

José Pérez Souto, presidente do Club de Fútbol Mondariz

“Esperamos que nesta nova categoría a xente se anime máis e suba á Lagoa”

D

espois dun montón de anos disfrutando do fútbol e de ter dado ao mundo balompédico estupendos xogadores, os afeccionados de Mondariz poden sentirse ledos polo ascenso a Rexional Preferente do Mondariz F.C. Falamos con José Pérez Souto, actual presidente, para que nos informe destas e doutras cousas arredor do fútbol en Mondariz. - Canto tempo levas como presidente do Club e cal foi a túa maior satisfacción neste mundillo deportivo? -Con esta temporada hai tres anos. (...) Subir a Rexional Preferente é unha das maiores satisfaccións, porque é unha categoría que non todos os clubs de pequenos concellos coma o noso poden acadar. Agora toca traballar para poder aguantar na categoría o maior tempo posible. - Ao teu xuizo, que foi o que contribuiu a este ascenso? - Entendo que a renovación dos últimos anos e ter acertado cun adestrador que comprende perfectamente aos xogadores e lles saca o mellor rendemento. Así como o noso traballo diario para poder darlles aos rapaces alomenos para os seus gastos de gasolina e tomar un bocadilllo. - A propósito, os xogadores cobran? - Non podemos falar de soldo; teñen estipuladas unhas dietas que van dende os 80 aos 120 euros, segundo de onde procedan. - O Mondariz ten máis equipos, non? - Temos os máis pequeniños, os babies; logo os prebenxamíns, benxamíns, alevíns, infantís e cadetes. Logo está o equipo de xuvenís que está acoplado aos maiores, como canteira. Temos un equipo feminino, que milita en 2ª Autonómica e, ademais de todo isto, está o Club de Vilasobroso, en 3ª Rexional, que é filial do Mondariz. Co equipo feminino temos un problema cos

desprazamentos. Sempre nos mandan xogar a sitios moi alonxados, na zona de Arousa, Pontevedra, etc. Xa instamos á Federación para que nos solucione este problema, porque os pais das xogadoras, que son todas moi noviñas, néganse a viaxar tanto coas súas fillas. Esperemos que nos atendan. - Para soster todo este entramado deportivo de onde saen os recursos, presidente? - Pois traballando arreo. Temos as vallas do campo onde están anunciados os nosos espónsores, temos unha especie de bingo que facemos todas as semanas e na escola temos unha cuota de 15 euros por xogador. -Das entradas nos partidos que sacades? - A asistencia aos partidos é escasísima. Esperamos que nesta nova categoría a xente se anime máis e suba á Lagoa. Antes xa non sacabamos para o árbitro; agora que van cobrar máis do triple xa me dirás. Coa nosa boa xestión puidemos rebaixar unha débeda de 6.000 euros que tiña o club e rematamos a tempada a cero. Agora hai que poñer de novo cartos. Esperemos rematar outra vez a cero. - Cal é o comportamento das institucións públicas (Concello, Deputación, Xunta)? - A maior axuda procede do Concello, que reparte ao longo do ano e pode acadar os 12.000 euros en total. Logo a Deputación pouco nos ten dado. Din que para este ano coa nova categoría nos vai tocar algo máis, pero xa veremos. En canto á Xunta, temos unha pequena axuda pola puntuación que nos adxudican; pouco, pero benvida sexa. - Cantos xogadores tedes entre todas as categorías? - Se non me confundo, na escola debe haber sobre 120 ou 130 xogadores. Logo están os outros clubs, que deben facer en total máis de 200 participantes. -Obviamente, toda esta xente non procede só do concello de Mondariz? -Claro; nós temos xogadores de toda a comarca; sobre todo porque temos categorías que noutros lados non hai. Estamos en todas as categorías; incluindo os babies, que non compiten oficialmente: buscámoslles torneos para que poidan xogar con outros clubs. -Dende que idade están aquí os nenos e nenas? - Aproximadamente dende os cinco anos. Depende un pouco do desenvolvemento físico. - Cantos adestradores tedes para todas estas categorías? - Hai cinco monitores e un para os porteiros; ademais do adestrador dos maiores. - Esta xente cobrará algo, non?

Setembro de 2011- Mondariz

7

- Bueno, van cobrando para gasolina e pouco máis. Ao adestrador dos maiores, que vén dende Vigo, dáselle un chisco máis. - Con estes dous campos podedes adestrar e xogar con tantos equipos? - Sí; neste campo de herba natural só xogan os maiores; aos outros equipos dáselle, como premio, a posibilidade de xogar un partido neste campo. Logo tamén dispomos doutro no centro da vila

que non foi homologado para competicións pero que usamos para adestramentos. E así imonos arreglando. - Co ascenso de categoría é lóxico que tiverades que reforzar o equipo, non? -Moi pouco. Como xa viñamos renovando anteriormente só van entrar catro novas fichaxes. Esperamos que cos 24 xogadores que temos no equipo maior sexa suficiente para afrontar a tempada con éxito.

8
Na imaxe superior da páxina anterior, presentamos ao equipo mondaricense ascendido recentemente. Debaixo, outros dous equipos de categorías inferiores e o momento no que celebran no campo o triunfo. Na fotografía do lado, un dos equipos de categoría inferior que forman parte da Escola Deportiva de Mondariz. Na fotografía inferior, presentamos o Club de Vilasobroso que, nestes momentos, é filial do equipo de Mondariz; canteira da que se pretende saian xogadores xa avezados e curtidos para que poidan pasar a Rexional Preferente, categoría á que como ben sabemos ascendeu o equipo mondarizano.

Mondariz - Setembro de 2011

Setembro de 2011 - Ponteareas

9

Arranca na Praza maior de Ponteareas a 12ª etapa da Vuelta a España 2011

Momento no que o alcalde e a viuda de Rodríguez cortan a cinta da saída

Fotografías: HERNÁNDEZ

Praza Maior de Ponteareas converteuse o pasado 1 de setembro en punto de referencia para os amantes do ciclismo. A Vuelta Ciclista a España volveu á localidade e os seus veciños botáronse ás rúas para vivir os prolegómenos da saída da décimo segunda etapa da ronda de 2011.

A

se cumpren 25 anos da victoria de Álvaro Pino na proba, 66 da victoria de Delio Rodríguez e 61 da de Emilio Rodríguez”. É por tanto, “un homenaxe aos nosos campións, sendo a única localidade de España que pode presumir de tres gañadores de Vuelta a España”. O Concello ofreceu aos ciclistas unha degustación de viños e productos típicos de Ponteareas.

Representantes de Adega Rubén, a concelleira Marisol Valado e a deputada Marta Iglesias

O alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, sinalou que tiveron que pasar 24 anos para que a rolda española voltara a esta vila, “pero o momento é o máis axeitado, cando

10

Ponteareas - Setembro de 2011

A ilusión e o traballo non puideron coa voracidade materialista

Onza de Lira, o adeus dun histórico
Roberto Álvarez sta é a historia dun club pioneiro no fútbol feminino en Galiza que se ve abocado a desaparecer pola deixadez e falta de axudas das diferentes institucións. Un equipo, enraizado nunha pequena aldea galega de pouco máis de 300 habitantes, que chegou a competir contra grandes entidades, sobre todo a nivel económico e estrutural, no máis alto nivel autonómico.

E

cultades que esta tendo a tódolos niveis pese á súa grande evolución. Esperemos que a nosa sociedade siga madurando e cada vez máis se mire o que e non o quen. Os que formamos parte, en calquera momento da súa historia, deste club, sabemos que foi un dos promotores do que hoxe é a competición feminina en Galiza, colocando a Lira no epicentro da xestión da primeira gran liga galega. Así mesmo todas as rapazas que pasaron polo campo da Chan son coñecedoras do respecto que se lle tiña ao noso equipo no ámbito deportivo. Tivemos momentos de gloria, pasamos malos ratos, disfrutamos xuntos da festa... E o máis importante é que formamos parte da historia de moita xente e moita xente forma parte da nosa historia. O que si nos gustaría é non deixar pasar a oportunidade, dende estas liñas, de agradecer a todas aquelas persoas que fixeron posible todos estes anos de historia do fútbol feminino en Lira, directivas, xogadoras, colaboradores, afeccionados..., a súa dedicación e compromiso logrando co seu traballo facer posible este soño que agora remata. Eramos coñecedores das dificultades que ía supoñer manter un equipo nun ámbito de poboación tan reducido; inda así conseguimos atraer a xogadoras de diferentes concellos e facer

Onza de Lira 10/11 Arriba: Ana, Rubi, Barbi, Letty, Conchi, You, Sheila, Alba, Cris, Noelia Abaixo: Paula, Ernes, Bea, Patri, Vanesa, Maca. Faltan: Carla, Montse, Mara

Este equipo conseguiu chegar a ser o equipo do concello de Salvaterra que xogou a máis alto nivel, e o primeiro do Condado en ascender de categoría, o que non supuxo ningún recoñecemento nin un maior apoio por parte das entidades mais próximas; pola contra si que mostraron a súa preocupación polo que suporía a nivel económico polo aumento dos gastos. Pese a todo a súa aportación non variou nin o máis mínimo noutra nova mostra de desinterese. Os números evidencian que o único equipo feminino do concello e que xogou a nivel de toda Galiza so recibía un 60% do que se lle dá a calquera equipo de terceira autonómica. Xa non entraremos a valorar a posibilidade de que o fútbol feminino estivera discriminado, inda que si somos conscientes das difi-

isto posible. O noso palmarés: Finalista de copa temp. 00/01 Finalista de copa temp. 01/02 Finalista de copa temp. 03/04 Campión do Armando Cajaraville 2006 Campión Liga 09/10 Agora só nos queda tentar seguir coa nosa afección alá onde nos brinden a oportunidade de poder seguir disfrutando do que nos gusta, xogar ao fútbol. Para a tempada 11/12 fusionamos os equipos O Condado máis o Onza de Lira, formando o Vila do Corpus, co que esperamos seguir colleitando éxitos, ou polo menos continuar coa practica deste deporte que tantos momentos insertou na nosa memoria. O proxecto é crear un equipo de fútbol once, que xogará na autonómica galega grupo dous, e un de fútbol sete que participará noutra liga. Os obxectivos, en principio serán que o acoplamento das xogadoras sexa óptimo, centrándonos despois en facer uns equipos competitivos. Quizais sexa o maior obxectivo para o conxunto de F-11, co que pretendemos poder estar loitando polo ascenso a preferente ou polo menos estar no grupo de cabeza. Co equipo de F-7 centrarémonos máis en traballar a canteira e formar xogadoras, sen que isto queira dicir que o equipo non vaia ir a por todas. Sempre cunha filosofía moi clara, tentar xogar ben ao fútbol e ter un bo trato do balón. Que as rapazas, e o público, poidan disfrutar do fútbol nos nosos partidos. Con esta intención comezamos. Vémonos nos campos.

Vila do Corpus De pé, de esq. a der.: Laura, Fani, Sara, Aisha, Andrea, Iria, Laura, María, Vanesa, Carla, Bea e Barbi. Agachadas, de esq. a der.: Itziar, Laura, Ana, Paula,Patri, Vanesa, María e Mara. Outras xogadoras que non saen na foto son:Lorena, Roci, Ernes, Silvia, Fernanda, Elisa, Nerea, Cris

Setembro de 2011-

Ponteareas

11
Víctor Sobral “Cholo”, presidente da Sociedade Deportiva Ponteareas

“Financiámonos con traballo, traballo e máis traballo”
Sociedad Deportiva Ponteareas adestra e disputa os seus partidos no Campo Municipal de Pardellas, e ten equipos senior, feminino e infantil. A próxima tempada aumentará o número de equipos en categorías inferiores. Falamos con Víctor Sobral Fernández “Cholo”, presidente da agrupación.

A

- Cal foi a razón de poñela en marcha? - A principal razón de poñela en marcha foi nun principio a de tapar un oco que existía no fútbol afeccionado en Ponteareas, feito este que queda máis que demostrado ao atoparse a S.D. Juvenil en terceira rexional con máis de 50 anos de historia; o ano da nosa creación conseguimos o ascenso, pero a falla de medios nese momento devolveunos a terceira. A pesar disto estamos orgullosos de que todo o noso equipo de afeccionados estea composto só por xogadores de Ponteareas e das súas parroquias. - Cantos equipos e de que categorías compoñen a agrupación neste momento? - Agora mesmo a S.D.Ponteareas está formada por seis equipos; benxamín, alevín, infantil, cadete, feminino e senior. - Por que se incluiron tamén as féminas? - Pois porque había un número importante de rapazas que viñeron falar con nós pedíndonos que o fixeramos e logo varias directivas do club tamén practicaban o fútbol feminino e dese xeito nun ano formamos un equipo que na súa primeira tempada quedou segundo e xogou a fase de ascenso. - Obviamente, todo este complexo deportivo ten uns gastos importantes. Como se financia? - Os gastos fináncianse con traballo, traballo e máis traballo, torneos de futbito e de fútbol que organizamos en verán, publicidades para o campo e para unha revista que sacamos cada mes e pouco máis, xa que como non ingresamos moito tampouco gastamos moito, pero desta maneira non lle debemos nada a ninguén. - Cal é o papel das institucións públicas na agrupación? Axudan o suficiente tratándose de nenos e nenas ou pasan de todo? - As institucións axudan; nunca saberemos se todo o posible ou non porque non estamos

Equipo feminino

Cadetes

Infantís

dentro delas para sabelo, pero creo que algo máis, cando se trata de nenos e deporte, sempre se pode facer. - Que dependencias deportivas usades para adestrar? - Adestramos e xogamos no campo de herba artificial do Campo Municipal de Pardellas. - Como son as relacións deportivas coas outras agrupacións existentes? - Pois a relación coa outra agrupación existente en Ponteareas é nula. Nós cremos que os monopolios en calquera cousa son malos e que a xente ten que ter o dereito de poder elixir. Eles pola súa parte fannos unha guerra sucia intentando que non medremos de todas as maneiras posibles xa que queren copar todo o relacionado co fútbol infantil en Ponteareas. Será que o negocio é o negocio.

- Quen son os responsables deportivos de todos os equipos que ten a agrupación? - Os equipos están dirixidos por persoas totalmente cualificadas e con titulacións. É moi fácil coller ao primeiro que atopas para adestrar, pero nós sempre intentamos buscar o mellor e non nos agarramos ao primeiro que atopemos aínda que sexa máis fácil ou máis barato. - Como contribuen os pais e nais? Pagan algo por cada neno ou nena? - O prezo por neno é de 20 euros e se son irmáns 30 euros por dous nenos e 40 por tres. - Que empresas ou particulares aportan cartos para soster a agrupación deportiva? - Moitas empresas botan unha man. Sen todas elas non sería posible que a S.D. Ponteareas existira.

12
Salvador Pérez, presidente do C.F As Neves

As Neves - Setembro de 2011

“Os veciños das Neves non se implican co club”
Guillermo Rguez. Fdez.

C

orrían os anos de 1960 e tantos, cando o destino me situou no concello de As Neves para atender a escola pública de Liñares-Tortoreos na que permanecín cinco anos. Anos que lembro con moita satisfacción polo que significaron para min como mestre e como membro dunha colectividade que pretendía desprenderse dos corsés ríxidos que os tempos impoñían. Foi así como me vin involucrado na construción do novo campo da Caíña e na posta en marcha dun club de fútbol federado: o Nieves F.C. Dende entón permanece en min unha especial querencia por esta vila do Condado. Alí fixen amigos que ainda perduran a pesar dos tempos. As tardes de verán á sombra das árbores da praza ou a carón do edificio do Concello onde se constituían tertulias informais que remataban falando do divino e do humano. Sempre cunha pinga de humor crítico e saudable que lle daban un ton especial. A constitución do equipo de fútbol serviu de enlace entre todos nós. Nunha pequena vila como As Neves isto significa a implicación dos máis activos nunha actividade, a deportiva, que pola súa neutralidade podía xunguirnos a todos ainda mantendo as nosas diferencias ideolóxicas que, polo demais, pouco significaban naquelas datas. Hoxe teño a satisfacción de entrevistar ao presidente do club, Salvador Pérez Gil, quen

me confesa que el poucas lembranzas ten daquelas primeiras andanzas. Sen embargo nestes momentos vese metido a fondo nunha escola deportiva e en varios equipos que compoñen o panorama deportivo nevense, xunto coa organización do Club de Bádminton, que tamén está facendo historia. Salvador Pérez Gil dinos que pasou de vicepresidente a presidente porque o anterior tivo que deixar o cargo por motivos familiares. Acompáñano na directiva Vicente González, vicepresidente e encargado da cantinas; Jose Manuel Soto, secretario; Julio Alonso, tesoureiro e director deportivo e os vogais: Jose Manuel Prieto, Manuel Alves, Jaime Ubeira, Manuel Fernández e Rafael Rodríguez. Segundo Salvador os veciños/as de As Neves non se implican demasiado co club, ainda que a cuota a pagar é pouco máis que simbólica; vintecinco euros ao ano. O club tiña arredor de 120 socios cando el se fixo cargo da presidencia; dende entón xa conseguiu uns 25 socios máis e pretende chegar aos 200 socios. Bota en falta a colaboración dos pais e nais para acompañar aos seus fillos cando van xogar fóra, sobre todo aos máis pequenos, xa que o club das Neves ten varias categorias e en todas hai que acompañar aos pequenos cando saen xogar. Sabe que noutros concellos os clubs cobran unha pequena cuota por cada rapaz ou rapaza que xoga; mais propoñer iso aquí parécelle difícil, ainda que entende que

sería necesario, para conseguir sen demasiados apuros eses preto de 40.000 euros que supón o presuposto anual da entidade. Este orzamento conségueno coas achegas das de Concello e Deputación, coa rifa dun coche en colaboración con outros clubs e con outros sorteos, coa cantina do Centro da Terceira Idade onde celebran unha especie de bingo (o Concello concedeulle ao club a explotación da cantina para colaborar coa entidade), coas entradas do campo, coa publicidade estática e algunha outra que conseguen, etc. Dinos Salvador que teñen que facer bolillos para chegar a eses cartos. Unha implicación maior dos pais dos nenos e nenas aos que preparan fisicamente non estaría mal. O Neves F.C. non só ten un equipo de maiores; tamén ten equipos de xuvenís, cadetes, infantís e alevíns. Para poder preparar a todos estes xogadores o club dispón de varios adestradores voluntarios que axudan na tarefa de preparar aos equipos dos máis pequenos; para os maiores teñen contratado un adestrador que vén dende Atios.

Setembro de 2011 - As

Neves

13

Os xogadores non cobran un soldo coma tal pero dánselles primas para os gastos máis perentorios; gasolina, un bocadillo, etc. Segundo Salvador sería necesario dispor doutro campo. porque este, que é de herba artificial, ten unha duración determinada. Ademais teñen que prestar continuamente atencións ao terreo de xogo porque cos adestramentos e partidos deteriorase moito. Podería construirse un novo campo, ainda que fora de terra, nos aledaños do actual, pero trátase de terreos comunais e os comuneiros non están polo labor. Ao parecer a Deputación ten previsto arranxar todas as deficiencias que teñan os

preto de setenta campos que contruiron na provincia e logo cedelos aos concellos para a súa manutención. A dúbida que ten Salvador é como vai atender o concello das Neves o campo cos problemas económicos que teñen tódolos entes municipais neste momento. Para rematar, Salvador quere facer un chamamento aos pais e nais dos máis de cen nenos e nenas que están inscritos na Escola Deportiva para que, xa que non se lles cobra cuota ningunha, se fagan socios do club, porque na súa maioria non o son.

Nós, pola nosa conta, queremos opinar sobre este punto alegando que nos parece obrigado que estes pais se conciencien dos beneficios que supoñen para os seus fillos e fillas o feito de que o Club de As Neves os atenda deportiva e moralmente, para que acheguen o seu gran de area sendo, como ben di Salvador, alomenos socios do club. Outras escolas deportivas da zona cobran 15 euros aos pais dos nenos que xogan nos dintintos equipos. Agradecemos a Salvador a súa atención para con este xornal desexándolle que consiga facer vibrar esa fibra sensible dos pais e nais para que lle presten unha maior colaboración. Desexamos que este club poida manterse moitas tempadas en segunda división e logo, cando xa estea ben asentado nesa categoría, poida dar o salto á 1ª rexional. Que así sexa.

14

O Porriño - Setembro de 2011

Medio cento de parados porriñeses fórmase en cociña, informática e deseño industrial
res novas accións formativas (AFD) están en marcha no Multicentro de Torneiros. Programador de aplicacións informáticas, técnico auxiliar en deseño industrial e Xefe de cociña son os cursos que ocuparán ata final de ano a medio cento de desempregados porriñeses que adquiren coñecementos co obxectivo último de poder polos en práctica coa súa pronta inserción no mundo laboral.

T

polo cal, precisamente, estamos traballando a diario desde o Goberno local coa posta en marcha de múltiples accións, das cales xa cultivamos uns bos resultados, como os son os últimos datos publicados polo SEPE de número de desempregados, que neste mes de xullo descendeu en 157 persoas", explica Santos, anunciando o aumento da partida destinada a emprego dentro dos orzamentos para o próximo ano 2012. Precisamente, a través da posta en marcha de diferentes accións como os cursos AFD, a propia Bolsa Porremprego, o PIEP, o Plan Experimental de Emprego para Inmigrantes e os programas de cooperación, ademais das xestións directas da Concellaría con diferentes empresas, o Concello do Porriño inseriu directamente no mercado laboral a máis de 150 persoas no que vai de ano.

O alcalde Nelson Santos e o concelleiro de Emprego e Formación, M. Alejandro Lorenzo, visitaron as aulas onde se están realizando devanditos cursos para comprobar de primeira man o seu correcto desenvolvemento. Ambos falaron tanto co profesorado como cos alumnos para coñecer as súas impresións e propósitos, encamiñados todos eles á consecución dun posto de traballo, "obxectivo

Unha trintena de pilotos de motociclismo disputou o X Dirt Track Xacob Agra no velódromo municipal

U

n ano máis, e é o décimo consecutivo, o velódromo municipal de Porriño acolleu a Dirt Track Xacob Agra, unha proba de motociclismo organizada polo Moto Club Papaya que conta coa colaboración do Concello do Porriño. A proba desenvolveuse en eliminatorias por grupos (clasificatorias, repescas, semifinais e finais. Joaquín Agra, presidente de Moto Club Papaya, apuntou que a novidade deste ano foi o Speed Trial, unha proba de motos de trial que se realizou por primeira vez en Galicia, desenvolvéndose nos intervalos entre as diferentes mangas. O circuíto foi un óvalo de terra ao que os pilotos, que participaban en grupos dun máxi-

mo de 7, tiñen que completar varias voltas, "entre 5, 10 e 15 segundo fosen clasificatorias, repescas, semifinais ou finais". Entre os pilotos participantes destacaron Xacob Agra, con varios títulos de subcampión de España de Enduro e da Copa do Mundo de Enduro; Aaron Bernárdez, con varios títulos de Campión de España de Motocross; Dani Rivas, piloto participante no Campionato de España de Velocidade con importantes resultados; Román Pérez, con varios títulos en campionatos de España e trofeos nacionais de motocross e de supercrós e o portugués, con licenza española, Nuno Pinto, piloto destacado nos campionatos de España e de Portugal de Supermotard.

O

pavillón municipal de Deportes de Porriño foi o 2 de setembro unha festa. O Balonmán Porriño, logo de case dous meses de pretempada, disputou o seu primeiro encontro ante a súa afección e fíxoo, ademais, como colofón a unha xornada festiva dedicada completamente a este deporte. Porque antes de que as xogadoras de Abel Estévez se enfrontaran ao Cleba León co Trofeo Festas do Cristo en xogo, presentaronse os equipos das diferentes categorías do Balonmán Porriño para esta tempada 2011-2012. A directiva do Balonmán Porriño

O Balonmán Porriño presentouse ante a súa afección cunha gran festa

rendeu unha sentida homenaxe a todas as persoas, xogadoras, técnicos e directivos que pasaron pola entidade desde a súa creación e que contribuíron igualmente a que esta campaña, dez anos logo da última ocasión, o conxunto porriñés volva estar na máxima categoría do balonmán feminino nacional. A entidade aproveitou a cita para pór en marcha a súa campaña de captación de socios a só sete días do comezo oficial da tempada na División de Honra feminina, xa que o día 10 de setembro o Balonmán Porriño recibiu ao Ro Casa canario na primeira xornada ligueira.

Setembro de 2011- O

Porriño

15
A praza Arquitecto Antonio Palacios acolle observacións astronómicas
Júpiter, Saturno ou a Lúa serán algúns dos obxectos astronómicos que poderán ser observados desde a praza Arquitecto Antonio Palacios, en pleno centro da vila do Louro. Trátase dunha serie de actividades do programa “A túa vila no ceo” organizadas pola Concellaría de Mocidade do Porriño, nas que se ofrece a posibilidade de utilizar telescopios profesionais, así como de participar en experimentos e talleres científicos. As observacións serán todos os xoves de setembro, ás dez da noite. Os dous últimos xoves adaptarase o horario para que os escolares poidan participar. Deste xeito, o xoves 22 adiantarase ás 20.30 horas, coa celebración dun taller de lanzamento de foguetes de auga, e o día 29 será ás 21 horas.

Cándido Gómez, mención especial na I Gala do Deporte

“Este premio faime pensar que, aínda que estou lonxe, en Porriño non se esqueceron de min”

F

oise moi novo de Porriño pero di levar a este pobo e a toda a súa xente no corazón. Cándido Gómez, un gran deportista e recoñecido polos seus méritos en diferentes cidades da xeografía española, está de visita estes días en terras galegas e, como sempre que vén a Galicia, non deixa de achegarse á súa vila natal. Nesta ocasión, aproveitando a súa recente mención especial a personaxe histórico na I Gala do Deporte organizada polo Concello do Porriño, Cándido Gómez -Candi para os amigos- foi recibido polo alcalde Nelson Santos e o concelleiro de Deportes, M. Alejandro Lorenzo, que lle entregaron en man un diploma e un galardón a modo de recoñecemento á súa longa e exitosa traxectoria deportiva como porteiro de fútbol profesional. “Un premio que recibo con moito valor sentimental porque me recorda a miña vila e faime pensar que aínda que estou lonxe en Porriño non se esqueceron do meu”, sinalaba. Para recordar vellos tempos, o alcalde acompañouno a visitar o campo de fútbol do Lourambal, agora convertido nun auténtico Complexo Deportivo con catro terreos de xogo, onde Cándido deu as primeiras patadas ao balón cando de mozo xogaba no Iberia e no Zeltia. Con apenas 18 anos e por motivos de traballo, Cándido viuse obrigado a deixar a vila do Louro con rumbo á capital rioxana. Unha vez alí instalado incorporouse a un filial do Logroñés e ao pouco tempo deu comezo a súa vida como porteiro de fútbol profesional. Foi o Athletic Club de Bilbao onde iniciou esta etapa para continuala no Valladolid. Un ano

despois desprazouse a Granada onde permaneceu dúas tempadas, converténdose no porteiro menos goleado de España. Sería neste equipo andaluz onde terminaría a súa carreira como deportista pero antes aínda disputou outras dúas tempadas no Zaragoza. “Retireime novo -aos 33 anos- pero así o crin oportuno, tiña outras cuestións ás que atender aínda que nunca me desvinculei do mundo do fútbol”, afirma. Por iso é polo que no ano 1948 se converte no presidente do Selecta CF, “foron 15 anos nos que se cultivaron moitos éxitos e ascendemos a Primeira División”. Pero chegou o momento da retirada, “pois un ten que deixar paso a xente máis nova, que vén con máis ganas, forza e vitalidade”. Agora Selecta, a súa cidade adoptiva, continúa sendo o seu lugar de residencia, onde formou unha familia e fixo amigos, aínda que admite ter gran devoción pola súa terra. Por iso, sempre que pode, sobre todo no verán, non dubida en vir pasar uns días.

A exposición “Coca ¿Que?” conciencia á mocidade
A Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD) de Porriño, dependente da Concellaría de Benestar Social, puxo en marcha unha nova campaña en materia de prevención do consumo de cocaína. Baixo o título “Coca ¿Que?”, durante todo o mes de setembro unha exposición itinerante mostrará as consecuencias e efectos do consumo desta droga facendo paralelismos con situacións xerais e cotiás alleas ás drogas. A mostra comezou a súa andaina na praza Arquitecto Antonio Palacios e ao longo de todo o mes visitará diferentes edificios públicos. O obxectivo desta exposición céntrase en disuadir aos mozos de comezar a consumir cocaína, ao tempo que promove unha actitude crítica cara a diferentes condutas ou prexuízos de tipo individual e social, con e sen relación con esta sustancia, que contribúen a xerar unha sociedade insolidaria e pouco sostible.

16

Salceda de Caselas - Setembro de 2011

Salceda humanizará a Devesa
Concello de Salceda de Caselas vai aprobar no Pleno que se celebrará o próximo venres 26 de setembro o Convenio polo que se desenvolverá o Proxecto de Humanización do Antigo Campo da Feira da Devesa e facultará ao Alcalde para a súa sinatura. Esta actuación pretende pór en valor o centro neurálxico e histórico da vila, creando unha nova praza que mellora a mobilidade dos peóns e a ordenación dos tráficos.

O

O Convenio denominado “Urbanización do Antigo Campo da Feira” é un convenio bilateral entre o Concello de Salceda de Caselas e o Ministerio de Fomento, a través da Secretaría de Estado de Vivenda e Actuacións Urbanas. É froito da subvención nominativa que figura nos orzamentos do estado do 2011, negociada entre os deputados do BNG, Olaia Fernández Davila e Francisco Jorquera co PSOE no Parlamento Español. No proxecto, redactado por Pettra, contempla un espazo para a parada do transporte público, un espazo propio para o Centro de Servizos Sociais, unha área de xogos infantís (161 m2), zonas verdes (294,84 m2), renovación das redes de saneamento, drenaxe de augas pluviais, de telefonía e eléctricas (soterradas), novo alumeado público, bancos, papeleiras, etc. Os materiais principais serán os pavimentos de formigón (2596.93 m2), aínda que tamén haberá firmes de granito (716,47 m2) e firmes de baldosa hidráulica (195,28 m2).O orzamento ascende a 471.680,00 € e ten un prazo de execución de 13 semanas. Será presentado publicamente e está aberto a posibles modificacións que o melloren. “O resultado final é un novo espazo de 4.000 m2 que vai mellorar a paisaxe urbana da vila, revitalizando tamén as rúas contiguas, nunha zona actualmente pouco atractiva”, segundo comenta Marcos Besada,alcalde de Salceda. “O goberno municipal amosa a súa capacidade de negociación coas distintas administracións para levar a cabo proxectos fundamentais para mellorar servizos e a calidade de vidas dos cidadáns de Salceda”

Setembro de 2011 - Salceda

de Caselas

17

Salceda saneará a zona industrial do Cerquido e Budiño
s veciños e veciñas de San Estevo de Budiño están de noraboa xa que proximamente se procederá ás obras de instalación do saneamento nesta parroquia, despois de que o Pleno do Concello do 26 de agosto aprobara por unanimidade e puxera á

O

disposición da Consellería de Medio Ambiente os terreos necesarios para executar o Proxecto de Saneamento de San Estevo de Budiño. O pequeno tramo, que transcorre por O Porriño, foi aprobada tamén no último Pleno. Este proxecto supón o maior investimento en saneamento de Salceda e vai dar servizo á Zona Industrial do Cerquido, a unhas 130 vivendas dos barrios de Rubindo, O Coto, A Lomba, A Urgueira, Bouzapanda e O Cerquido e mellorar e eliminar os verquidos ao espazo protexido da Rede Natura-2000 “As Gandaras de Budiño” no

Cerquido. O custo estimado destas obras, con 5.852 metros de colectores e financiadas por Augas de Galicia, ascende a 1.276.723 €. Marcos Besada, alcalde de Salceda, resaltou que “esta é unha obra importantisima para Salceda, xa que desta maneira quedará saneada a única zona industrial do concello e que, dende hai anos, tiña varias advertencias da Confederación Hidrográfica para cancelar os verquidos aos ríos Tinto e Louro.

18

Salceda de Caselas - Setembro de 2011

Salceda repartiu 15.000 racións de callos na XIX edición da súa tradicional festa

O

Concello de Salceda de Caselas celebrou o pasado 4 de setembro a XIX edición da súa Festa dos Callos, que pechou o ciclo festivo de verán na localidade da Louriña. Arredor de 20.000 persoas acudiron a degustar as 15.000 racións do contundente prato, que foi servido por máis de 50 voluntarios e preparado unha vez máis pola empresa Frigolouro. Este ano a Comisión da festa da Concepción

2011 colocou un stand onde tanto foráneos como veciños puideron degustar os callos desde o sábado pola mañá ata o domingo pola noite, nunha sesión de Callos “non stop”. Alí servironse, ademais de callos, e durante máis de 24 horas, polbo, orella, viño branco e tinto, licores e café. O festexo, que leva celebrándose dende 1993, irmanda a Salceda de Caselas co veciño concello do Porriño, xa que as dúas loca-

lidades comparten a súa afección polos callos. Ademais, e segundo afirmaba o alcalde de Salceda, Marcos Besada trátase de dous concellos que van da man en moitos proxectos e no día a día. Este ano o monologuista Quico Cadaval doi o encargado de dar a entrada ao festexo. O 3 de setembro o actor ofreceu o seu espectáculo no Auditorio Municipal, para deleite dos asistentes.

Setembro de 2011- Tomiño

19

Tomiño promove as súas fortificacións

Concello de Tomiño promove o coñecemento das fortificacións do municipio a través de roteiros a pé, en bicicleta ou en canoa. A actividade que leva por nome “descubrindo as nosas fortalezas” está pensada para grupos que queiran coñecer as fortalezas dun xeito didáctico e ao mesmo tempo disfrutando da natureza. Para elo póñense en práctica con tres modalidades:

O

Rota en bicicleta. Ten unha duración aproxima de 3 horas e custa 5 euros. E rota en canoa. Tamén ten unha duración aproximada de 3 horas e custa 9 euros. As rotas pódense facer nos meses de agosto e setembro en grupos de 10 ou 20 persoas. Para máis información pódese consultar na páxina Http://descubrindoasnosasfortalezas.bol gspot.com . Para inscripcións no mail descubrindofortalezas@gmail.com ou no teléfono 622 051 640.

O concelleiro de Urbanismo e Patrimonio, Uxío Benítez, explicou que “ a actividade tivo moito éxito o ano pasado e en vista das demandas decidimos voltar a ofertala. O seu formato permítenos promover o noso patrimonio tan rico e tan particular sen esquecernos da presenza do río” A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, pola súa parte, avanzou que “se trata dunha actividade lúdica pero cun contido cultural importante. É un xeito pedagóxico de tomar conciencia do noso patrimonio e de difundilo entre os veciños e veciñas”.

Rota a pé. Cunha duración aproximada de 75 minutos percorrerase o sistema de fortificacións ao abeiro do río Miño. Esta actividade é gratuita.

20

Tomiño - Setembro de 2011

O Concello de Tomiño celebra unha nova xuntanza do Foro Fortaleza
Lourenzo e do entorno da Praia de Goián. O Foro Fortaleza constituíse o pasado 21 de maio do 2010 sendo presidido polo xornalista e director da Academia da Televisión, Manuel Campo Vidal. Dende entón, de forma periódica o Foro se reune para canalizar e dar forma a variopintos pensamentos en torno ao proxecto da fortaleza e da praia de Goián. Nesta terceira edición foron 19 os asistentes onde destacamos a presencia da Secretaria xeral para o Turismo, Mª Carmen Pardo López, o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoan Vázquez Mao, o presidente da cámara de Vila Nova de Cerveira, Jose Manuel Vaz Carpinteira e a Alcaldesa de Tomiño, Sandra González Álvarez. Tamén contamos coas presencia e o asesoramento de personalidades do mundo da arquitectura como do catedrático da Universidade de Porto, Nuno Portas, e dos arquitectos Xavier Rivas e Pablo Gallego. Os ámbitos da xeografía e da socioloxía tamén estiveron representados nos persoeiros Rubén Camilo Lois e Daniel Pino Vicente. Do campo empresarial estiveron presentes Xose Manuel Otero, presidente do grupo Pousadas de Compostela e do presidente de ADETO, Manuel Riveiro. Finalmente, entidades asociativas da parroquia como as comunidades de augas e montes, e as asociacións de veciños e socio cultural de Goián.

O

Concello de Tomiño celebrou o pasado 26 de agosto unha nova edición do Foro Fortaleza. O Foro é unha entidade con competencias asesorativas que busca crear un marco de reflexión conxunto compartido

cos veciños portugueses. Para elo, arquitectos, historiadores, entidades sociais e responsables políticos de ambas marxes aunan o seu pensamento na procura de ideas en pos do proxecto de Recuperación da Fortaleza de San

Tomiño observa as estrelas

A observación correu a cargo dun especialista que adentrou aos participantes no mundo da astronomía. Esta actividade forma parte da diversidade de actividades organizadas dentro do proxecto “Descubrindo as nosas Fortalezas” cuxo obxectivo é difundir e pór en valor a fortaleza de San Lourenzo de Goián e o seu entorno.

Pintores de Tomiño protagonizan unha exposición co gallo das festas patronais

O

Concello de Tomiño organizou a “Noite de Estrelas en San Lourenzo”, actividade enmarcada dentro do proxecto “Descubrindo as nosas Fortalezas”. O evento consistiu nunha observación astronómica o sábado 3 de setembro na fortaleza.

O

Concello de Tomiño organizou a súa tradicional exposición de pintura coincidindo coa celebración das festas patronais na honra da Virxen do Alivio. Esta é a XXIX edición e tivo como novidade que tódolos expositores foron pintores e pintoras noveis do municipio. A exposición contou en total con 38 obras de 20 autores. Ademais, este ano,

cóntase coa presenza dos pintores e pintoras durante a semana que achegarán de xeito persoal ás súas obras, fomentando deste xeito o contacto directo coa pintura e, en particular, coa pintura que se fai en Tomiño. Tamén se turnarán pintores e pintoras experimentadas na materia que exporán os seus coñecementos aos visitantes.

Setembro de 2011 - Tomiño

21

“Europa nas fronteiras” une en Tomiño a mozos de distintas nacionalidades

D

ende o 7 ao 14 de setembro un grupo de mozos e mozas de diferentes zonas fronteirizas de Europa participaron no curso Europas nas Fronteiras organizado pola OMIX de Tomiño dentro do programa europeo Xuventude en Acción.

O obxectivo do curso era formar aos participantes para que no 2012 se poida realizar un intercambio xuvenil de grupo e así coñecer outras realidades fronteirizas en países como Estonia, Letonia, Austria, Eslovenia, República Checa ou Polonia. Este é un proxecto pio-

neiro no Baixo Miño, xa que se trata do primeiro curso de formación que se realiza nesta comarca dentro deste programa e seguramente non será o último, pois a Concello de Tomiño vén de ser acreditado como organización SVE, o que permite enviar e acoller voluntarios e voluntarias dentro do Servizo Voluntariado Europeo. O programa Xuventude en Acción é un programa de Educación Non Formal, e durante o seu transcurso o grupo de participantes coñeceu de primeira man a fronteira no

Baixo Miño, atravesando o río dende Vila Nova de Cerveira a Goián nun pequeno bote, visitando o Forte de San Lourenzo, Valença e o Monte Santa Trega. Viaxe reivindicativa en ferri Para mostrar o apoio ás reinvindicacións da continuidade do ferri Caminha-A Guarda, o xoves 8 pola mañá este grupo de mozos e mozas realizou este traxecto, que exemplifica a importancia e a necesidade das comunicacións nas fronteiras.

O Concello de Tomiño homenaxea a Robustiana Costas no día grande do Alivio

Obradoiro de xadrez
A Concellería de deportes do Concello de Tomiño promocionou o xadrez a través dun obradoiro na praza do Seixo. O evento tivo lugar o pasado 9 de setembro e nel participaron máis de 20 xogadores. A iniciativa foi promovida dende a Concellería de Deportes en colaboración coa escola especializada Xadrez Galego S.L. con sede en Vigo. Con dez anos de experiencia, no último ano esta entidade está a promover este deporte polos municipios. A idea é promocionar o xadrez e fomentar a creación de clubs nos concellos. A concelleira tomiñesa de deportes, Cristina Martínez, adiantou que “esta iniciativa responde a un obxectivo claro de diversificación da oferta de actividades deportivas. Sobre todo pensando naquelas que non son maioritarias”.

O

Concello de Tomiño rendeulle unha homenaxe a Robustiana Costas, máis coñecida como “Tana”, rexente do antigo Hotel Tana. No marco dos festexos patronais, o Concello organiza un acto cívico no que se homenaxea a algún tomiñés ou tomiñesa que polo seu labor sexa un referente do municipio. Hai xa varios anos que o Hotel Tana pechou, pero deixou a súa pegada na historia da vila. Na súa intervención, Tana falou da dureza de rexentar un negocio aberto e moderno: ”non é fácil neste ano no que estamos facerse unha idea do que foi naquel momento emprender o proxecto dun hotel. Falo do ano 1976, nun Tomiño totalmente rural.” Pero tamén recordaba emocionada: “ao meu hotel chegaban deputados, catedráticos, mestres, médicos e toda clase de xente traballadora, incluso de países veciños, que me fixeron vivir un sinfín de anécdotas”.

A Alcaldesa, Sandra González, resaltou que a homenaxeada “foi unha muller emprendedora, adiantada ao seu tempo, que soubo sacar adiante un establecemento innovador e arriscado, que deu prestixio a Tomiño durante moitos anos”.

22

A Guarda - Setembro de 2011

As Festas do Monte remataron co agarimo e a diversión de sempre
Juan Louzán ras as festas do Carme, 3ª Mostra das Tradicións Mariñeiras, San Queitano, Festas do Monte, San Roque, Virxe da Guía, Romería de Santa Trega e Festas das Mercedes na Gándara, remata o verán 2011 co agarimo de sempre. As respectivas comisións de festas ofrecéronnos o mellor programa posible dada a crise presente. A Mostra Mariñeira volveunos emocionar coas artes de pesca tradicionais, pandeireteiras miñotas e o máis enxebre do mar. Mostremos un profundo e recoñecido agradecemente á Comisión das Festas do Monte polo seu enorme traballo, entrega e capacidade mostrados durante os 12 anos da súa sobresaliente xestión. Salvo sorpresas, na próxima edición destas festas teremos outra Comisión. A última deixou un listón moi alto.

T

Julia agradeceu a presencia de todas as representacións políticas da Guarda. Destacou que “a poesía non entende de cores fóra da cultura”. O párroco de Santa María, don Jesús, abriu as portas da igrexa para conmemorar o 25 aniversario da Asociación Arpegios Cantábile. Este evento forma xa parte imprescindible do programa das Festas do Monte. A Rondalla Antorcha, María José Baz, o pianista Diego Fernández Rodríguez, Coro Cantácile e a mezzo soprano Mirían Valado Montero, deleitaron aos presentes con total embeleso. Todo foi marabilloso, pero foi apoteósica a actuación da mezzo soprano guardesa Mirian Valado. A súa voz é un puro diamante da ópera. Os guardeses acudiron tamén a unha cita obrigada ao Rosal: XXII Festival de Músicos Xoves, o 20 de agosto coa gran actuación da Banda Infantil do Rosal e tamén da banda da Agrupación Musical do mesmo concello. Tamén actuaron os portugueses da Banda Musical da Casa do Povo de Tangil e a Banda Municipal de Valga. O día seguinte foron a Coral Alameda, de Pontevedra, a Coral Ecos do Folón, de

Fornelos, e por último a Coral da Agrupación Musical do Rosal. Os maiores aplausos foron para os rosalinos. Das Festas do Monte cabe destacar como sempre o desfile do sábado 13, e o domingo 14 a subida ao Monte Trega para degustar o xantar máis enxebre do Baixo Miño. Pola tarde a néboa convertiuse en orballo, pero ninguén se achicou por iso, e cantaron e bailaron hasta que a tradicional troulada da desfeita baixou do monte agotados para non prescindir da última verbena, pero a choiva estropeouna. Todo o programa foi moi apetitoso e de todos os acontecementos a xente disfrutou moito, pero foron destacados o festival folclórico e o concerto homenaxe á Terceira Idade celebrados no auditorio San Bento. As Festas remataron coa famosa e popular tirada de fogos de luces que abarrotaron o perímetro do porto guardés.

A gran Julia Sobrino non só brilla como unha consumada coreógrafa do grupo do Lusco o Fusco, senón que nos emociona cada ano coa entrega de Premios de Poesía Feliciano Rolán. Este ano foi o XXV Premio con etiqueta de prestixio e consolidada popularidade.

Setembro de 2011- A Guarda

23

Obradoiro de Astronomía na Guarda
Durante a noite do pasado sábado 27 de agosto tivo lugar unha nova xornada de observación astronómica na Guarda, desta vez dende o Monte Santa Trega. A observación, dirixida polo astrónomo Xosé Chacón, consistiu nunha iniciación para interpretar o ceo nocturno coa axuda dun láser verde, seguida da observación das principais constelacións e estrelas, da súa magnitude e da diferenza cos planetas e satélites.

Este verán os guardeses salvaron vidas
O Concello da Guarda e o Centro de Transfusión de Galicia (CTG), impulsaron unha iniciativa que tivo como obxectivo promover a participación dos veciños e veciñas nas campañas de doazón de sangue, e deste xeito garanti-lo correcto desenvolvemento do labor asistencial nos centros sanitarios galegos, que precisaron ó redor de 30.000 doazóns de sangue nos meses de verán para cubrir todas as necesidades. Mediante esta iniciativa pretendíase mellorar a información sobre este acto altruísta, para que a participación solidaria dos veciños da Guarda chegase aos hospitais co obxectivo de compartir a nosa saúde e salvar vidas.

Observando os petroglifos ao luar no Monte Trega
concello da Guarda e o Instituto de Estudos Miñoranos organizaron unha nova edición da ruta nocturna polos petróglifos do Monte Trega o venres 19 de agosto. O punto de encontro foi o Centro Cultural da Guarda ás 22.00 horas.

O

por membros do citado colectivo. No monte de Santa Trega coñécense ata vintecinco superficies con gravados rupestres, e unha boa parte deles localízanse nas rochas que serven de base ós muros das construcións do poboado castrexo. Espirais, círculos, cazoletas e liñas foron postas ó descuberto en diferentes escavacións arqueolóxicas. As visitas nocturnas son unha das mellores formas de ver os motivos e releves dos petroglifos, que polo día, coa incidencia directa dos raios do sol pasan desapercibidos.

O arqueólogo Xosé Lois Vilar, membro do Instituto de Estudios Miñorianos, falaou no salón de actos das esceas de caza nos petroglifos galegos. Rematada a charla, visitáronse algúns dos gravados rupestres do monte Trega guiados

24

A Guarda - Setembro de 2011

NOVAS ANDAINAS DE OUTONO NA GUARDA

SÁBADO 17 DE SETEMBRO Trilho das brandas de Sistelo (Arcos de Valdevez) Distancia: 10 km -Dificultade media Ruta guiada: Ignacio González Saída: 8.00 h. da esplanada da Sangriña Chegada estimada á Guarda: 16.00 Prezo da inscrición: Adultos 8 €; menores 14 anos 4 € Pequeno percorrido polas ladeiras da serra da Peneda. Percorrido en autobús ata a bonita aldea de Sistelo (Arcos de Valdevez) desde a cal se emprenderá o camiño en dirección ao lugar de Padrao para observar as brandas, típicas construccións pastorís diseminadas pola montaña. O camiño sube ata os 850 metros de altitude e logo comeza a descender á beira do río Vez ata o punto de partida. SÁBADO 22 DE OUTUBRO Ruta Panorámica de Vigo Distancia: 7 km - Dificultade baixa. Ruta guiada: Miguel Fernández Saída: 8.30 h. da esplanada da Sangriña Hora estimada de chegada á Guarda: 14.00 Prezo inscrición: Adultos: 7 €; menores 14 anos 3 € Trátase dunha ruta guiada que se inicia na Praza dos Leóns -A Madroa- e remata

no IFEVI. O percorrido permite contemplar elementos da paisaxe como a Ría de Vigo, as illas Cíes, a enseada de San Simón e o estreito de Rande. Como elementos do patrimonio destacan o castro da Madroa e as mámoas do Vixiador. Entre os elementos naturais polos que pasa o percorrido caben destacar as Brañas do Fondón, o Parque Forestal da Madroa, a Lagoa Mol e o Bosque de ribeira do Lagares. SÁBADO 26 DE NOVEMBRO Do Torroso a Valga (A Guarda, O Rosal, Oia) Distancia 13 km. Dificultade media-baixa Saída 9.00 da Alameda da Guarda Ruta: Ignacio González Chegada estimada á Guarda: 16.00 Prezo: de balde Esta ruta percorre a parte Sur da serra da Groba. Desde a Alameda da Guarda diríxese ao monte Torroso escollendo a pista que pasa polo Pico da Bandeira e que continúa en dirección ao alto da Portela. Continúa pola pista central ata o desvío sinalizado da capela de San Martiño e desde aquí continúa ata a Valga, xa no concello de Oia. Emprenderase viaxe de volta por pistas forestais distintas que conducen de novo ata o Alto da Portela e O Torroso.

Bo dominio no Torneo de Volley Praia da Guarda

D

urante a fin se semana do 27 e 28 de agosto tivo lugar na praia da Lamiña (A Guarda) unha nova edición do Campionato de Volley Praia que se vén disputando tradicionalmente na última fin de semana de agosto como unha das actividades incluídas no programa “Despide o Verán” organizadas polo Concello da Guarda. Nesta edición participaron dezaoito parellas na categoría masculina e sete na categoría mixta, demostrando todos os inscritos unha máis que aceptable preparación e dominio deste deporte que se traduciu en longos partidos moi igualados e que se resolveron pola mínima no terceiro set. O resultado foi o seguinte: Campións torneo mixto: 1ºs clasificados: Andrea e Javi 2ºs clasificados: Andrea e Juan 3ºs clasificados: Jose e Arantxa Campións torneo masculino: 1ºs clasificados: Héctor e Cristian 2ºs clasificados: Diego e Noé 3ºs clasificados: Alex e Yago

Setembro de 2011 - A Guarda

25

O presidente, Manuel Mártínez Peniza, preocúpase de que “as xogadoras sexan responsables dentro e fóra do campo en defensa dun escudo, camiseta e afección”

A U.D. Guardesa arranca a nova temporada chea de ilusións
der e valorar o esforzo que facemos as xogadoras, o equipo técnico e a directiva para lograr que este club funcione con seriedade e deportividade. Temos moitas ilusións e esperanzas. Formamos un grupo humano e deportivo moi xeitoso. Claro que nalgúns momentos hai enfados pero isto forma parte do entramado do club. Son moitas horas as que lle dedicamos a este grupo”. A plantilla da U. D. Guardesa está formada por 17 rapazas, todas da comarca e cunha media de idade de 20 anos. Caridad de Santiago, Andrea Estévez, Andrea Vicente, Mónica Martínez, Laura Valcárcel, Marta Visado, Sofía Rodríguez, Sara Rodríguez, Maika Prol, Mabel González, María Guisantes, Nuria Martínez, Lidia Lorenzo, Estefanía Fernández, Ana Reyes, Lorena Fernández e Alba Justo. É unha plantilla moi curta e para aumentala a directiva publicou carteis pedindo á mocidade feminina que se anime a xogar ao fútbol. Cando as cousas van mal nin Santiago Apóstolo é capaz de conseguir os puntos perdidos. Neste sentido o presidente Manolo ten presente que “os clubs modestos traballamos con escasos medios, de aí que nos sintamos moi orgullosos do que temos e facemos. Cada vitoria é un éxito para todo o club. Estamos moi unidos e isto dános forzas para seguir nesta aventura deportiva. Somos modestos pero xa saboreamos o éxito cando gañamos a Liga e a Copa do Condado, e hai 5 anos, en Padrón, fronte ao Friol, de Lugo, gañamos a Copa da Xunta de Galicia”. A pretemporada comezou con amistosos onde se atoparon con falla de adestramentos, colocación, marcaxes, pases de tacón dentro da área contraria con goles cantados… Nun mes cúranse estes pecadiños.

Manuel Martínez Peniza e Jose Luis Fernández, presidente e adestrador do U.D. Guardesa

Juan Louzán

O

adestrador, José Luís Fernández, asegura que as rapazas “ se baleiran no campo. Adestran e xogan con choiva, frío ou calor. Non se queixan. Competimos en Preferente Autonómica, con 12 clubs e procuramos dar boa imaxe. Pídolles que se comporten con amor propio e actitude deportiva e disciplinada. Non teño queixa delas. Son boas persoas, obedientes e fan o que poden e saben. Algunhas levan comigo 14 anos, polo que somos case da mesma familia. Destaco a entrega total das xogadoras, alegría, forza e ilusión por gañar os partidos. Contaxian a sua alegría cando gañan”. O presidente Manolo é moito

máis esixente: “Que as xogadoras sexan responsables dentro e fóra do campo en defensa dun escudo, camiseta e afección. Dentro da nosa modestia e altruismo é normal desexar unha unidade entre todos. Unha disciplina, unha entrega polas nosas cores. Adestrar todas xuntas con entusiasmo para estar en forma ante rivais máis poderosos. Aprender cada día máis estratexia e mellor técnica en cada adestramento. Como presidente gústame soñar con estas cousas, pero encóntrome con xogadoras moi novas e impetuosas ante as diversións propias da súa idade. Pero en calquera caso estou moi contento con elas porque dan todo o que poden”. Manolo Martínez afirma que “a hinchada guardesa sabe compren-

Manuel Martínez e Jose Luis Fernández xunto coas xogadoras do club

26

Cultura - Agosto de 2011

Sabías que...
M.R. a parva? Preguntamos QUE e non QUEN; non falamos do adxectivo feminino de PARVO (<PARVAM) que etimoloxicamente significa pequeno e do que sae o significado que debes ter en mente. Falamos dese momento da mediamañá no que te detés a inxerir algún alimento. Tradicionalmente a “parva” facía referencia a unha copiña de augardente, unha cunquiña de viño, un anaco de boroa ou calquera outra cousa que se tomase antes do xantar. O nome de parva vénlle por ser unha comida “pequeniña” polo que respecta o valor etimolóxico que comparte coa “parva” que hai un anaco tiñas na cabeza. rixe ten o topónimo que dá nome ao concello de “Mos”? Está nas pedras a xeito de “moas”(<MOLAS) que aínda hoxe podemos ver en distintos puntos do municipio. Nesta zona as palabras terminadas en –OA deron unha solución en –O tónico (FILLOA-FILLÓ, MOA-MÓ) así se entende que MOS sexa o conxunto de pedras con forma de moas que hai na zona. E non só aquí senón que outras zonas de Galicia conservan este topónimo (Mos en Cambados, Mo en Cumiar-Ponteareas ou Matamá-Vigo) As zonas onde din FILLOA teñen o mesmo topónimo baixo a forma MOA ou AS MOAS. Relacionado con este temos o apelido e topónimo MOAR E MOARES (lugares onde abunden este tipo de pedras) O resultado no dominio lingüístico do castelán é MUELA ou LAS MUELAS. o “mirandés”? Pois non é un que mire moito ou ande de “miranda”, senón que é o xentilicio de Miranda do Douro e, polo tanto, o nome que se lle dá a variante lingüística románica que se fala naquela zona. Trátase dun idioma da familia astur-leonesa que sobreviviu nos falantes desta comarca trasmontana ata a actualidade. Os seus habitantes chegaron a pensar que era un “portugués mal falado” e na actualidade hai iniciativas para normalizar o seu uso en máis ámbitos que o familiar que é onde permanece máis vivo. aprendizaxe de linguas estranxeiras estimula o cerebro? Parece bastante obvio, pero o apuntarse a aprender algunha lingua distinta da que falas ten moitos efectos secundarios positivos; axúdanos a ser máis tolerantes, mellora as nosas habilidades sociais, fainos máis empáticos, estimula partes do cerebro que temos dormidas, fomenta a nosa sociabilidade, ábrenos portas a novos mundos, fainos medrar como persoas, fainos perder o medo a movernos polo mundo… Quedarmos só no inglés cando falamos de linguas estranxeiras fainos, polo tanto, restrinxir moito a nosa potencialidade para vivir no mundo.

Historia do “ILG” no seu 40 aniversario
Manuel Rosende

É

O

“ILG” (Instituto da Lingua Galega) naceu como un centro de investigación dedicado ao estudo e promoción da lingua de Galicia na Universidade de Santiago de Compostela na primavera do ano 1971. Nos últimos anos da ditadura xa se albiscaba o agromar desta “primavera” para o idioma galego. No ano 1968 houbo mobilizacións que convulsionaron a universidade compostelá e repercutiron en Galicia enteira, pois nelas a lingua galega foi un eixo fundamental. Xa no ano 1970 apróbase a Lei Xeral de Educación, que prevé a introdución do galego, do catalán e do éuscaro como linguas de estudo no ensino; nese contexto idéase a creación de institucións de investigación lingüística vinculadas á universidade. Nas vésperas do día das Letras de 1941 presentaron o ILG ante os medios de comunicación. O día 26 de xullo de 1971 constitúese o Padroado do Instituto da Lingua Galega e apró-

O

banse os seus primeiros estatutos. Comeza entón un intenso labor de investigación e de traballo que, paseniñamente, traerá á luz material fundamental para a normativización do idioma e do seu prestixio social; Lecturas Galegas 1, a revista Verba, Anuario galego de filoloxía, a grande empresa do Atlas Lingüístico Galego, as Bases e as Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, e un longo ronsel de proxectos e publicacións. As últimas escadas que vén de subir o ILG están na rede, ao difundir a través da súa web (www.ilg.usc.es) o resultado destes 40 anos de traballo, como mostra, o Dicionario de Pronuncia da Lingua Galega que xa está dispoñible en liña.

Falar ben en galego non será decisivo para acceder ás 190 prazas que convoca a CRTVG
M. R. Compañía da Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) iniciou un proceso selectivo histórico de persoal ao que optan 2.200 persoas para tan só 193 postos. O criterio de máis peso será a antigüidade polo que as persoas non ligadas a esta entidade terán máis dificultades para atopar un traballo na Radio e Televisión públicas de Galicia.

A

que accedan a este traballo persoas con boa locución pois son 30 puntos máximo os que se darán para este aspecto básico nunha radio ou Tv. Con estas medidas hase consolidar a mala praxe lingüística no medio público con erros moi evidentes para os galegos, como faltas de ortografía nos titulares dos telexornais, presentadores e presentadoras que non pronuncian as palabras galegas coa correspondente fonética e entoación galega ou construcións acastelanizadas moi impropias dunha radio e Tv públicas e de calidade.

É

A alarma soou en relación á parte lingüística que non é eliminatoria ao ter un valor de só 15 puntos de 120 máximos, tampouco se garante

Celebran un festival de culturas minorizadas no Val de Aosta
M.R.

A

G

alicia, Sardeña e mailo Quebec foron os convidados de honra na III edición deste festival que se celebrou no Val de Aosta os días 8, 9 e 10 de setembro. Esta iniciativa naceu para favorecer a defensa e o recoñecemento das realidades culturais minoritarias do mundo. A administración galega desprazou ao Secretario Xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, ao Val de Aosta para participar nunha mesa redonda onde se analizou desde o pun-

to de vista político, os retos actuais das comunidades políticas singulares e minoritarias que teñen culturas con lingua propia. A representación galega completouse cos filólogos Manuel González (académico da RAG) e Antón Santamarina (profesor na área de filoloxía románica na USC) que explicaron ao auditorio situación social do idioma galego. A parte festiva puxérona Carlos Núñez e a Banda de Gaitas Xarabal no Teatro Romano do Val de Aosta. A actividade desta 3ª edición estivo repartida entre as

mesas redondas, foros de reflexión, visionados de audiovisuais, música, postos de mostra e visitas guiadas a puntos de interese do Val de Aosta. Ao ser a Sardeña, o Quebec e mais Galicia os convidados a actividade centrouse en descubrir a realidade destas culturas, tal e como nas edicións anteriores foran protagonistas os pobos vasco, occitano, corso, bretón, catalán e ladino.

Agosto de 2011- Cultura

27 Diego Ameixeiras
(Xerais, 2011)

Asasinato no Consello Nacional
Miguel Anxo Fernández retome no 2011 as peripecias de Frank Soutelo en Lume de cobiza, ou que Carlos Reigosa recupere en A lei das ánimas o detective Nivardo Castro que protagonizara Crime en Compostela, novela que inaugurou nos 80 esta modalidade no noso sistema literario. A estes títulos teriamos que engadir a última obra de Francisco Castro, In vino veritas, e incluso, aínda que só sexa de maneira tanxencial, Todo é silencio de Rivas e Non hai noite tan longa de Agustín Fernández Paz. A novela que nos ocupa tamén entraría neste grupo. Diego Ameixeiras xa tiña abordado o policial en relatos anteriores, aínda que neste caso a temática creou máis expectación. O título e o contido remiten ao Asesinato en el comité central de Montalbán. Na obra galega o crime acontece no seo do BNG, tras a derrota electoral de 2009 que acabou co goberno bipartito. Cando o ruxeruxe facía novo candidato do partido a Mario Dacosta en substitución de Óscar Quiroga, o primeiro é asasinado. Á marxe da investigación oficial, o BNG decide contratar o detective Cudeiro, personaxe próximo ao anarquismo na súa mocidade e que agora abeira as lindes do zen, e sobre o que descansa boa parte da eficacia da narración. O morbo está servido no intento de descifrar qué personaxes reais se atopan detrás dos ficticios, xa que as descricións, malia a retranca (ou precisamente por iso) non conseguen agochar os referentes extraliterarios. Para moitos, isto constituíu o interese principal do libro, non exento de polémicas. Sen dúbida é un dos seus mellores ingredientes, sen que isto supoña ningunha

Inma Otero Varela

N

os últimos meses estamos a ver o auxe extraordinario que a novela policial está alcanzando nas nosas letras. Un dos revulsivos, á parte da crecente presenza que o xénero ten nas literaturas occidentais, parece ser o éxito de vendas de Domingo Villar que, por certo, está a piques de sacar a terceira entrega das pesquisas de Leo Caldas. A esta moda apúntanse autores noveis, tanto desde as editoriais consagradas como desde outras menos coñecidas, pero tamén autores de máis renome. Algúns deles xa se tiñan achegado ao xénero negro que foi e é, de todos os que constitúen a chamada subliteratura, o de máis sona en Galicia. De todos os xeitos, coido que non é casual que

valoración de carácter pexorativo e, sen dúbida, propiciu que nun mes saíse a segunda edición. Mais isto non bota por terra o esmero na construción da trama e na resolución de todas as frontes abertas. Tampouco o relevo doutros motivos argumentais secundarios tratados con fina ironía, o que converte a novela nun xogo satírico no que entran a Guerra Civil (ou a presenza abrumadora da contenda na literatura dos últimos anos, se se prefire), o tratamento dalgúns acontecementos políticos por parte da prensa ou as supostas loitas que na actualidade existirían dentro do nacionalismo, e das que se tenta afondar nas causas a través das alusións a algúns episodios da historia da formación. A suma de todos estes factores propiciaron que Asasinato no Consello Nacional, malia que a crítica, ao contrario dos lectores máis convencionais, non adoita avalar este tipo de textos, se fixese co Premio Irmandade do Libro ao Mellor Libro do Ano 2010. É un dato a ter en conta para decantarmos por este policial que deu que falar abondo no momento da súa publicación.

ende 1986 e até 2008, coa excepción da fonda crise vivida entre outono do 1992 e 1997- que no noso país mancou o desenvolvemento até 1998-1999-, viviuse un periodo de crecemento económico desigual, baseado na construción inmobiliaria, na dotación de infraestruturas varias e na dispoñiblidade abundante e barata de crédito bancario, que posibilitou o consumo e mais a merca da vivenda malia existir unha tendencia xeral de crecemento real de salarios moito máis baixo ca o dos prezos durante todo este periodo, tendencia moi potenciada coa implementación do euro en 2002.

D

máis presente na Andalucía, Madrid ou Mediterráneo, que denotaba unha tendencia en algún mozos e mozas (e de seguro, nos seus pais e nais) a desprezar a formación e o estudo como xeito de socialización laboral e desenvolvemento persoal. Nalgúns territorios españois, durante o periodo 19982008, ducias de milleiros de mozos e mozas incorporáronse ao mercado laboral orfos dunha formación persoal e profesional á altura do século XXI. Ao tempo, nas nosas cidades, fomos esquecendo en amplos sectores valores como o do cumprimento da palabra dada, a solidariedade e a cooperación co veciño. Tamén, en moitos casos, os valores do estudo, do traballo ben feito e do esforzo para substituilos polo suposto -e ás veces non ponderado- interese económico inmediato, pola adhesión

CADERNO DA VIAXE

U-los valores
*Xoán Antón Pérez Lema: Avogado

aos valores da masa, polo egoísmo e polo chamado “escaqueo” ou lei do mínimo esforzo. Ao tempo, agás durante a toma de conciencia que supuxo o movemento “Nunca Máis” no outono do 2002 e inverno do 2003, moitos dos nosos concidadáns galegos desvencelláronse de toda preocupación sobre o noso ambiente e territorio, abríndose paso na nosa cidadanía pretensións de “pelotazo” moi curtopracista que puñan en risco o noso país e tendían á súa mediterranización.

E, en último de contas, coexistiu todo este proceso co desleixo, en moitos sectores urbanos, a respecto da nosa lingua e cultura e mesmo a respecto das nosas orixes persoais e familiares, como se fosemos quen de ser outra cousa ca galegos. Na Galicia contribuiu a esta perda de valores a falla dunha coherente elite intelectual, política e empresarial que puxera os valores comunitarios, de cohesión social e de galeguidade por riba dos seus egoísmos, individualismos e localismos.

Durante este periodo formamos na Galicia as xeracións mellor preparadas da nosa historia, malia que tivemos a ocasión de albiscar un fenómeno moito

28

Cultura - Agosto de 2011

A sella e un selleiro de vocación: Xavier Fernández Lage (I)

Francisco González Groba auga, un líquido moi abundante na Terra, é un dos recursos máis prezados porque é imprescindible para a vida de todos os seres vivos, dos que a maioría está composto por máis dun 80 por cento deste elemento.

A

era, por exemplo, un adolescente. Por iso non sorprende a lenda sobre a construción do acueduto de Segovia, que se fixo, segundo se di, por aquela moza que prometeu darlle a súa alma ao diaño a cambio de que lle fixese chegar a auga diariamente ao pé da súa casa. Na fonte pública, no verán,na época de estiaxe, amoreábanse as sellas esperando para ser enchidas cando lles tocara a súa quenda, que entre nós era respectada polos usuarios do manancial sen as liortas que sucedían noutros lugares, debido a ese sentimento de solidariedade e respecto que existiu entre a veciñanza. Cando unha persoa recollía a súa sella puña a encher a seguinte, e así... A sella (ou balde) é un recipiente que se utilizaba para transportar auga. O material empregado para a súa construción foi diverso: madeira, barro, vimbios (recubertos de pez no interior), etc. Pero o material máis utilizado para a construción da sella e que se impuxo foi a madeira. En Galicia empregouse a de carballo, que é boa, pero bastante pesada, polo que foi substituída pola de castiñeiro, que é máis lixeiro. Tamén se empregou a de cerne de cerdeira. Nas zonas de porto de mar, empregábase a teca, madeira de moita calidade e que se atopaba con facilidade nos desmantelamentos de barcos. En Asturias unha das máis usadas era a de teixo. A sella nos seus orixes é posible que se obtivese dun tronco de madeira baleiro no seu interior por efectos do tempo e dos fungos, que só puidese necesitar pórlle un fondo. Tamén xunguindo cuns aros de madeira dúas metades dun tronco coas mesmas características do anterior. Pero todo evoluciona, porque o home vai descubrindo os segredos e as posibilidades que a natureza nos ofrece para ter unha vida máis digna. Como consecuencia, foi capaz de construír ferramentas para traballar a madeira e construír sellas coas características máis recomendadas para cada momento histórico.

Por iso non facía falta ter que atopar un tronco oco para facerse cunha sella. Construíronas con doelas porque ademais da ferramentas necesarias xa conseguiran tamén uns coñecementos matemáticos importantes, ademais da destreza do artesán (carpinteiro) necesaria para tal labor. As sellas ademais do seu destino habitual tamén se utilizaron como elemento de actividades lúdicas. Así sabemos que noutros tempos se celebraban carreiras e bailes con sellas na cabeza para demostrar as habilidades dos participantes. Hoxe esta destreza está practicamente perdida. O artesán que constrúe as sellas é o selleiro; en realidade é un carpinteiro con coñecementos suficientes e capacidade tamén para a construción de toneis. Algúns deles tiveron esta profesión como medio de vida. Por iso atendían os encargos que lles facían os seus clientes, e os excedentes da produción poñíanos en venta nas feiras ou eran ofrecidos nas tendas tradicionais das parroquias, que tan boa función social realizaron ao longo do tempo. Como recordo debo dicir que aínda hoxe lembro a sella que estaba exposta na tenda do chorado Manolo de Telmo na parroquia de Angoares, xa que era un lugar onde os seus veciños podían conseguir calquera cousa necesaria. Hoxe esta profesión está practicamente extinguida porque todos, afortunadamente, contamos con abastecemento de auga domiciliaria e non se necesitan as sellas para o transporte da auga. Pero, a pesar diso, sempre quedan persoas con moita sensibilidade que se resisten a que se perda a memoria das nosas formas de vida pasadas porque coidan que é un patrimonio que hai que conservar e transmitir ás novas xeracións. Un paradigma desas persoas, para min, é Xavier Fernández Lage, veciño de Nogueira, Ponteareas. De Xavier falaremos no próximo número de Hermes e Atenea, porque consideramos de interese a súa actividade.

Hoxe na nosa vida cotiá non representa ningún problema o abastecemento de auga para o domicilio, porque só fai falta abrir a billa: o demais vén só. Pero esta marabilla, porque o é, está á nosa disposición desde hai relativamente moi pouco tempo. Non debemos esquecer que as traídas de auga (moi rudimentarias) chegaron ás cidades nos primeiros anos do século XX. Co paso do tempo este servizo foi estendéndose a outros núcleos menores de poboación ata que nos primeiros anos da década dos setenta empezaron as traídas nos barrios dalgunhas parroquias de Ponteareas, que, hai que recoñecelo, foron un avance moi interesante. Ata esa data a xente tiña que conseguir a auga ben dun pozo (quen o tiña) ou acudindo á fonte pública, que en moitos casos estaba lonxe do domicilio. E, por enriba, trasladala ata a casa en caldeiros ou noutros recipientes, pero cando era para beber ou cociñar empregaban a SELLA, que nós coñecemos co nome de BALDE. Hoxe en España -un dos países mais consumidores de auga- necesitamos aproximadamente 150 litros por persoa e día. O consumo familiar de auga nos tempos aos que antes faciamos referencia nada ten que ver co de hoxe, xa que 10 litros por persoa e día podían ser suficientes para aquela maneira de vivir na que a hixiene persoal estaba moi relaxada ata que chegaba o verán, que era cando se podía quitar o loito monárquico que se puxera no lugar dos calcetíns. Tamén había que levar auga para os animais domésticos. Total, un grande esforzo que fatigaba a calquera e con maior razón se o encargado dese labor

Agosto de 2011 - Cultura

29

Homenaxe a Álvaro Cunqueiro no centenario do seu nacemento

A

delegación da Xunta de Galicia en Madrid acolleu o pasado 12 de setembro a conferencia “Álvaro Cunqueiro e o Xornalismo”, que pronunciou a profesora lucense Monserrat Mera Fernández, especialista no autor galego. Con este acto, a Casa de Galicia únese á conmemoración do centenario do seu nacemento, que se cumprirá o próximo 22 de decembro, “na moi nobre vila de Mondoñedo” como lle gustaba dicir ao insigne escritor.

nato, tamén se sentía xornalista, “unha relación amor-odio que expesou en múltiples ocasións”. “A maior achega de Cunqueiro ao xornalismo é ‘O envés’, unha columna que publicou durante vinte anos en Faro de Vigo, para paliar os efectos negativos do xornalismo e na que recorre ao antiperiodismo e dá noticia da cara oculta das noticias”. “A pesar do tempo que transcorreu desde a súa publicación, a maior parte das columnas xornalísticas de Cunqueiro segue sendo actual, segue tendo vixencia. Algunhas ata poderían publicarse hoxe mesmo sen problemas; só habería que cambiar o quen e o cando, en ocasións o onde”, dixo Mera e leu varios retrincos de artigos que así o confirman. Como curiosida-

de, Mera comentou: “este verán estiven nunha estancia investigadora en Harvard e tiven a oportunidade de dar unha charla alí sobre o xornalismo de Cunqueiro e sorprendeume que os seus textos e a súa visión do mundo lles resultasen tan interesantes a persoas que, na súa maioría, descoñecían a súa obra”. Pechou o acto o director, tras un breve coloquio no que se compararon aspectos de Cunqueiro con García Márquez. Por alusións interveu a escritora Marta Rivera da Cruz, especialista no escritor colombiano, para recordar que, efectivamente, “Márquez tiña unha avoa galega; na súa obra citou a Cunqueiro e ambos tiñan en común unha gran influenza da tradición oral”. A idea final, coa que todo o mundo estivo de acordo, pronunciouna Ónega: “o centenario do nacemento de Cunqueiro é unha estupenda desculpa para volver lelo e é a mellor homenaxe que podemos renderlle”.

O delegado da Xunta e director da Casa, José Ramón Ónega López, destacou na presentación a importancia deste día “tanto pola confereciante como polo personaxe tratado. Mondoñedo e Cunqueiro son palabras máxicas repletas de soños e silencios”. Ónega lembrou as palabras de Cela para definilo, “ese fermoso anaco de terra no que presumen de facer dos silencios a súa festa perpetua, vila desde a que o mundo se ve amodo” e por iso “a Cunqueiro hai que lelo amodo, sen présa, saboreando o seu estilo, a forma, o que conta...”. A relatora, Monserrat Mera, fixo un repaso pola biografía de Cunqueiro, que ilustrou con diversas imaxes, algunhas inéditas como a do carné de prensa que puido localizar grazas ás investigacións realizadas e que publicou en numerosos artigos, libros e colaboracións. Cunqueiro herdou da súa nai o amor pola lectura e do seu pai, boticario, a súa admiración pola natureza. Estudou Filosofía en Santiago “aínda que do mesmo xeito que no Instituto pasou máis horas na biblioteca que nas aulas”, explicou Mera. Pese a que era un fabulador

30

Cultura - Agosto de 2011

MESTRES E MESTRAS PARA A HISTORIA

Paulo Novás Souto
Anxo S. Porto Ucha

P

aulo Novás Souto foi nado en San Paulo, se ben tiña nacionalidade española. Seus pais puxéronlle o nome de Paulo en recordo da cidade brasileira, na que eran, daquela, emigrantes. De acordo cos datos ofrecidos por V. Luís Lamela García en Inmolados gallegos, onde constan algúns lembrados pontevedreses fusilados en 1936 por defenderen a democracia e a liberdade, debeu nacer no ano 1900. Fíxose mestre polo Plano de Estudos de 1914. Foi mestre da escola mixta de Santa María de Sacos. Segundo consulta realizada nos fondos da antiga Escola Normal de Pontevedra, no curso 1925-26 fixeron as prácticas na súa escola Fernando Gándara Gómez e Juan Gándara Barros. No curso seguinte 1926-27 aparecen como alumnos en prácticas Juan Gándara Gómez e o citado Fernando Gándara Gómez.
Arriba, á dereita, con traxe escuro e garabata, Paulo Novás co alumnado do Instituto

Estivo logo en San Adrián de Cobres. No referido estudo de V. Luís Lamela figura unha certificación de Juan Salgueiro Barreiro, Presbítero, Capelán do Convento Colexio de Trinitarias de Noia, anterior cura ecónomo da citada parroquia de San Adrián de Cobres entre 1925 e 1930, na que certifica “que durante los dos últimos [años], poco más o menos, estuvo al frente de la escuela de niños de la mencionada feligresía Don Paulo Novás Souto, como maestro en propiedad”. Creada en 1931 unha sección de Escola Preparatoria de Ingreso no Instituto de Pontevedra, Paulo Novás accedeu a esta praza. Entre a importante documentación que aporta Lamela García sobre o proceso seguido no Consello de Guerra, con motivo dos acontecementos que se sucederon na capital do Lérez despois do 18 de xullo de 1936, hai un escrito do Catedrático e Secretario do Instituto Nacional de Segunda Ensinanza de Pontevedra, Nicolás Niño Sanz, do 1 de outubro de 1936, no que certifica que “en un Libro de Actas de Sesiones de Claustro celebradas por el de este Instituto, y en la correspondiente al día 24 de Octubre de 1931, existe un acuerdo que copiado literalmente dice: “ESCUELA PREPARATORIA- Acordado en este Centro el establecimiento de una Escuela preparatoria para ingreso en el mismo, el Sr. Director propone para desempeñarla al Maestro Nacional de S. Adrián de Cobres (Vilaboa) D. Paulo Novás Souto. Se aprueba la propuesta y se faculta al Sr. Borrás para fijar gratificación que haya de concedérsele”. Entre as innovacións que se introduciron coa chegada da Segunda República estaba esta Escola Preparatoria, para facilitar o acceso do alumnado á Segunda Ensinanza. Sabemos que en 1931 se estableceu provisionalmente un Plano de estudos baseado nos anteriores de 1903 e 1926. No Proxecto de Bases da Ensinanza Primaria e Segunda Ensinanza, aprobado en Consello de Ministros e lido na Cámara polo Ministro de Instrución Pública, o institucionista

Fernando de los Ríos, o 9 de decembro de 1932, concretábase un bacharelato de sete anos. En 1934 implantouse este bacharelato, cun exame de reválida ao final, que sería substituído por un “Exame de Estado” na Lei de 1938. Para seren admitidos (base quinta) os alumnos e alumnas deberían ter dez anos cumpridos e exhibir un certificado do director dunha escola primaria nacional, municipal ou inspeccionada tecnicamente polo Estado, no que se acreditaría a suficiencia; do contrario, deberían someterse a una exame de ingreso no Instituto. Isto explica a presenza de Paulo Novás Souto na Preparatoria do Instituto de Pontevedra. Sabemos que posteriormente, ao aumentar o número de alumnos e alumnas, ampliouse a tres seccións. A coeducación foi outra das grandes conquistas republicanas, xunto á eliminación da Relixión das materias do currículo. O estourido da guerra civil rompeu con aquel proceso. Paulo Novás era amigo de Bibiano F. OsorioTafall, director do Instituto nos primeiros anos da República, e afiliado ao partido de Izquierda Republicana, da que era Secretario Provincial. Do Comité de Defensa da República. Paulo Novás pertencía igualmente á Asociación “Casa del Maestro”, de Pontevedra. Aparece formando parte da Comisión Organizadora en 1933 e como Tesoureiro da mesma, na constitución da mesma o 1 de maio de 1934. Figura tamén en Escuela Vivida, o órgano da Asociación, nun Manifesto de adhesión ao homenaxe a Marcelino Domingo, xunto a Osorio-Tafall, Luz Poza Juncal e outros. Na mesma revista, consta entre os asistentes ao Curso de Extensión Cultural, celebrado en Pontevedra polo Seminario de Estudos Galegos en 1935. Localizámolo no repetido BOPP de 1 de setembro de 1936 entre os que se suspenden dos seus cargos de mestres polo tristemente recordado Gobernador Civil de Pontevedra, Ricardo Macarrón Piudo. Apa-

rece tamén na “Relación de individuos que han sido detenidos por los sucesos de julio último, PONTEVEDRA NORMAL QUINTA BRIGADA, 1936. Tratábase da Escola Normal, convertida agora, por esas contradicións que ten a vida, en cárcere para os propios mestres. Os esforzos para salvalo foron infrutuosos. O citado Presbítero, compañeiro en San Adrián de Cobres, certificaba ao seu favor que “su conducta como maestro en la referida escuela fue intachable, dedicándose exclusivamente y con máximo entusiasmo a la formación, educación e instrucción de sus educandos y enseñando con celo el catecismo de la Doctrina Cristiana. Era defensor de la propiedad, religión, familia cristiana, mostrándose enemigo de judaísmo, marxismo y masonería, siendo defensor entusiasta de España, sin resabios de separatista y todo esto puedo certificarlo, porque debido a su buena conducta moral, religiosa y social, le admití a vivir en mi compañía en la casa rectoral, hasta que de allí salí por ser destinado a la Villa de Bueu en Dbre. de 1930”. Hai tamén outro escrito de Enrique Furio Otero, xefe de Negociado de Terceira Clase do Ministerio de Instrucción Pública e Belas Artes, afecto á Secretaría do Instituto Nacional de Segunda Ensinanza de Pontevedra, na que certifica, co Visto e Prace do Director, Secundino Vilanova, que “Don Paulo Novás Souto, Maestro que fue de la Escuela Preparatoria de Ingreso de este Centro, cumplió siempre con su deber en el desempeño del referido Cargo”. Non valeu de nada. Despois do Consello de Guerra, Paulo Novás Souto, xunto con outros compañeiros, foi fusilado en Pontevedra o día 12 de novembro de 1936 aos 36 anos. Na honra de todos eles, no rueiro de Pontevedra existe a rúa “12 de novembro”, en lembranza daqueles pontevedreses de ben. O seu expediente consta no AGA, co número 32/13218.

Agosto de 2011- Cultura

31

Historia do deporte (VII)
primeiras noticias documentadas de competicións atléticas na antigüidade localízanse en Grecia e en Irlanda sendo polo tanto o atletismo a forma organizada de deporte máis antiga. Na literatura grega clásica atopánse descricións de carreiras celebradas na Hélade de, polo menos, mil anos antes do nacemento da era cristiá, asociadas a festas relixiosas. Inda que uns autores datan a orixe dos Xogos Olímpicos, que recibían ese nome porque se celebraban na cidade de Olimpia, ao noroeste do Peloponeso, no ano 1222 e outros no 884, ámbolos dous antes de Cristo, o primeiro vencedor ao que lle coñece o nome foi Coroebus, gañador da carreira de velocidade, ‘stadio’, no ano 776 antes de Cristo. Ao principio a proba do ‘stadio’ era a única carreira do programa. Máis tarde engadíronse outras como o ‘diaulos’ que eran dous stadios, o ‘dólico’, que era unha carreira longa cuxa lonxitude oscilaba entre sete e vintecatro stadios e unha proba combinada, o ‘pentatlón’, que incluía a carreira do stadio, salto de lonxitude, lanzamentos de disco e xavelina e loita. Os vencedores recibían grandes honras, e algunhas das súas proezas eran relatadas por famosos escritores e filósofos. De feito, coñécese a maior parte dos nomes dos antigos campións olímpicos grazas ás listas compiladas por celebridades como Hipias, Aristóteles e Escisión o Africano. A pesar das investigacións e especulacións de diversos autores e estudosos, resulta perfectamente comprensible que non se dispoña de información fiable sobre as marcas alcanzadas polos atletas na antigüidade.

Historia do atletismo (I)
Xoan Xosé Pérez Labaca atletismo, palabra que procede do grego ‘athlos’, loita, vén sendo un deporte que abrangue un abano de probas agrupadas en carreiras, saltos, lanzamentos, probas combinadas e marcha. Ten como finalidade superar o rendemento dos adversarios en velocidade, resistencia, en forza nos lanzamentos e desprazamentos mediante saltos horizontais ou en altura. Segundo foron pasando os tempos o número de probas, ben individuais ou colectivas, ten variado, así como tamén as mentalidades. Quizais o atletismo, en diferentes vertentes ou en todas, sexa o deporte máis

O

universal nas distintas competicións afeccionadas a tódolos niveis, xa que a simplicidade e os poucos medios necesarios, en moitas das súas disciplinas, para a súa práctica, fan que sexa moi doada a participación e explican a súa difusión e o seu éxito. Os primeiros vestixios de competicións atléticas remóntanse ás civilizacións antigas. O atletismo foi desenvolvéndose ao longo dos séculos, desde as primeiras probas ata a súa regulamentación. Poden atoparse pegadas das actividades atléticas en baixorrelevos exipcios que se remontan ao ano 3500 antes de Cristo, pero as

Outros acontecementos importantes da antiga Grecia eran os xogos “píticos”, os xogos “nemeos” e os xogos “istmicos”. Os xogos “píticos” tiñan lugar na terra do famoso oráculo, en Delfos, e alcanzando unha grande resonancia case equiparable á dos Xogos Olímpicos. Nestes encontros atléticos tamén eran concedidas grandes honras aos vencedores. Co paso do tempo, os premios adquiriron tal magnitude que para conseguilos os participantes remataron por facerse inevitablemente profesionais. Tristemente, xa daquela, os atletas recorrían ocasionalmente a beber beberaxes misteriosas para mellorar o seu rendemento, pois os premios que recibían os vencedores eran dun valor considerable en relación col nivel económico da época e os incentivos eran tan grandes que o risco de inducir á corrupción chegou a un punto extremo que, xunto con outros factores, levou ao Emperador Teodosio, no ano 393, a decretar o final dos Xogos Olímpicos. Durante oito séculos non se celebraron competicións organizadas de atletismo. Isto foi todo na historia do atletismo en Oriente, centro daquela da ocultura mundial, pero en Occidente, en Irlanda, tamén os celtas facían os seus encontros, dos que falaremos no vindeiro capítulo.

Xornal Galego de Deportes e Cultura
Director: Carlos Rey Bárcenas. Edita, maqueta e imprime: Publicaciones Tameiga, S.L. Enderezo: Avenida do Aeroporto, 83, Tameiga, Mos. Pontevedra.

Enderezo electrónico: redaccion@hermeseatenea.com publicidade@hermeseatenea.com director@hermeseatenea.com Teléfonos: 986487480/658585049 Coordinador: Guillermo Rodríguez Colaboradores: Alicia Rocha, Vicente Alló, X. A. Pérez Lema, Pablo Glez Mariñas, Anxo Fernández Saborido, Antonino García, Emilio Ínsua, Anxo S.

Porto Ucha, Xoan Xosé Pérez Labaca, Raúl Daniel Sotelo, Manuel Rosende, Inma Otero, Miguel Andión, Juan Louzán (Madrid), Coki (Nova Iorque), Carlos Barros Fotografía: Arquivo, Hernández Publicidade:Sandra Araujo, Guillermo Rodríguez, Suso Vieito e departamento propio Depósito Legal: VG195-2011

Este xornal imprímese en papel reciclado