Você está na página 1de 28

Semblanzas

(tras da lenda)

Realizacin dunha publicacin dixital de semblanzas. Secuencia de traballo. LINGUA GALEGA E LITERATURA 1 curso de ESO

Material de referencia: Un libro de relatos, Berritzegune Nagusia As imaxes empregadas estn tomadas da rede con licenza para compartir.

CC Xano Cebreiro. Proxecto interdisciplinar A escola d@s av@s, IES d'A Pobra do Caramial

1. Precisando lmites

Comezamos, oralmente e en grupo, cunha refexin. Os textos literarios teen un valor especial entre ns. Mais: Son os nicos que nos fan imaxinar? Son todos pura fccin? Non hai outros tipos de texto que nos sorprenden por xogar coa lingua? Que credes que caracteriza, entn, a literatura? Para que serve? Valorade, en parellas e unha vez contestado o anterior, se ser literatura o seguinte texto do escritor uruguaio Eduardo Galeano. Argumentade a vosa postura. Outro msculo secreto Nos ltimos anos, a Avoa levbase moi mal co seu corpo. O seu corpo, corpo de araia cansa, negbase a seguila. - Menos mal que a mente viaxa sen billete dica. Eu estaba lonxe, no exilio. En Montevideo, a Avoa sentiu que chegara a hora de morrer. Antes de morrer, quixo visitar a mia casa. Con corpo e todo. Chegou en avin, acompaada pola mia ta Enma. Viaxou entre nubes, entre ondas, convencida de que a en barco; e cando o avin atravesou unha tronada, creu que andaba en carruaxe, aos tumbos, sobre o empedrado. Estivo un mes na casa. Coma papillas de beb e roubaba caramelos. En plena noite espertaba e quera xogar ao xadrez ou pelexaba co meu av morto haba corenta anos. s veces intentaba algunha fuga cara praia, pero enredbanselle as pernas antes de chegar escaleira. Ao fnal, dixo: - Agora xa podo morrer. Dxome que non a morrer en Espaa. Quera evitarme as enleas burocrticas, o traslado do corpo e todo iso: dixo que ela ben saba que eu odiaba os trmites.

CC Xano Cebreiro. Proxecto interdisciplinar A escola d@s av@s, IES d'A Pobra do Caramial

E volveu para Montevideo. Visitou toda a familia, casa por casa, parente por parente, para que todos visen que regresara ben e que a viaxe non tia a culpa. Entn, semana de chegar, deitouse e morreu. Os fllos botaron as sas cinzas debaixo da rbore que ela escollera. s veces, a Avoa vn a verme en soos. Eu camio beira dun ro e ela un peixe que me acompaa deslizndose, suave, suave, polas augas. Eduardo Galeano: O libro dos abrazos. Para pechar esta introducin, escollede un dos vosos avs ou avoas, presentdeo/a e contade algo interesante que lle sucedera. Preparade antes un pequeno guin.

2. Que imos facer?

Nesta unidade imos traballar o texto narrativo, e mis concretamente o relato biogrfco, ou sexa, aquelas historias curtas que se centran na vida dunha persoa personaxe: que fan unha semblanza, que destacan uns feitos vividos polo protagonista, que sintetizan unha biografa especial, etc. O obxectivo fnal compoer un relato sobre a vida dun antepasado noso e confeccionar entre todos e todas un libro dixital. Que se converta en literatura a vida de algun coecido, ou dalgn familiar dun coecido, unha das mellores motivacins para ler. Por iso, son moitas as expectativas que pode crear a nosa publicacin colectiva, que ser, se facemos ben as cousas, ben recibida. Antes de comezar, en todo caso, posicionmonos sobre os elementos desta proposta e decidamos como levala a cabo do mellor xeito, segundo se indica a seguir. Contesta, individualmente, as seguintes cuestins. Cres que se pode escribir un relato interesante basendose na vida de persoas de varias xeracins atrs? Por que razn? Precsanse feitos espectaculares (guerras, aparicins) para crear un relato biogrfco literario? Por que?

CC Xano Cebreiro. Proxecto interdisciplinar A escola d@s av@s, IES d'A Pobra do Caramial

Podemos compartir ideas e sentimentos con algun dunha poca pasada e identifcarnos con el? Cales? Que coeces ti dos teus bisavs e doutros familiares da sa idade? Que lle preguntas sobre os teus antepasados aos maiores da familia? Que sabes deses teus devanceiros? Que feitos da vida de calquera dun cres que se poderan destacar? Pensas que na ta familia pode haber algun que vivise uns feitos as? Que precisas facer para coecer como foi un devanceiro e como foron os feitos da sa vida? Agora, oralmente e en gran grupo, completaremos os nosos obxectivos de acordo co proxectado:

OBXECTIVOS: Organizar as caractersticas da narracin Extraer o tema de relatos biogrfcos Procurar e seleccionar informacin oral .. ..

PROCESO Estudar o xnero da narrativa biogrfca Comprender e analizar as sas caractersticas Planifcar a escrita e recoller informacin Redactar e revisar o borrador Confeccionar a publicacin e avaliar o proceso

Tamn importante que revisemos os criterios de avaliacin bsicos. Habera que modifcar algo?

CC Xano Cebreiro. Proxecto interdisciplinar A escola d@s av@s, IES d'A Pobra do Caramial

3. Formas de narrar
Vas ler tres textos que pertencen ao tipo narrativo. Por esa razn teen unha serie de caractersticas en comn que vas identifcar agora ao cubrir unha folla de anlise. Mais son exemplo de tres xneros (narrativos) diferentes: o conto ou relato, a noticia e o cmic. Deste xeito, tamn lles vas asignar trazos que non comparten cos demais, especfcos. Le os textos comprensivamente e cubre, discutndoo previamente en parellas, o cadro que aparece mis abaixo. Estes son os textos: a) Conto de Castelao

CC Xano Cebreiro. Proxecto interdisciplinar A escola d@s av@s, IES d'A Pobra do Caramial

b) Noticia sobre Sofa Casanova

c) Cmic de Xaqun Marn

CC Xano Cebreiro. Proxecto interdisciplinar A escola d@s av@s, IES d'A Pobra do Caramial

CC Xano Cebreiro. Proxecto interdisciplinar A escola d@s av@s, IES d'A Pobra do Caramial

CADRO Conto Relato Cntanos unha historia Existe un narrador Sucede nun tempo e nun espazo Hai personaxes Hai dilogos Hai imaxes fusionadas co texto Serve para entreter fundamentalmente Serve para informar fundamentalmente Emprega s unha linguaxe coidada Emprega unha linguaxe informal ou tamn coidada Contn feitos reais da actualidade Transmite feitos fcticios Non valora os feitos D unha perspectiva subxectiva, valorativa, dos feitos Aparece nos xornais Aparece en lbums, revistas ou libros Aparece en libros Noticia Cmic

4. O relato

Imos profundar nesta tarefa nas caractersticas da narracin literaria. Ten en conta que logo ters que consideralas hora de planifcar o teu texto. Vas acceder a uns contidos sobre a narracin a travs dunha breve exposicin oral recollida en vdeo. A actividade consistir en completar un mapa que organiza eses contidos. A continuacin, entre todos revisaremos o feito ata chegar a un mapa comn o mis axeitado posbel. Velaqu o vdeo: http://player.vimeo.com/video/30640494 O mapa incompleto:

CC Xano Cebreiro. Proxecto interdisciplinar A escola d@s av@s, IES d'A Pobra do Caramial

CC Xano Cebreiro. Proxecto interdisciplinar A escola d@s av@s, IES d'A Pobra do Caramial

5. Semblanzas

Vexamos agora como aplicamos os conceptos anteriores na prctica. Farmolo traballando con tres textos biogrfcos. Unha vez entendidos, cubre a fcha que est a seguir. Os textos son de lvaro Cunqueiro, a alumna Mara Mosquera e Xaqun Lorenzo (en vdeo).

CC Xano Cebreiro. Proxecto interdisciplinar A escola d@s av@s, IES d'A Pobra do Caramial

Intervencin de Xaqun Lorenzo (Infancia e adolescencia):

http://player.vimeo.com/video/30640801

FICHA DE APLICACIN Leiras de Tardiz Persoa na que est narrado o relato Tipo de narrador dentro dese punto de vista Madria de guerra Infancia e adolescencia

CC Xano Cebreiro. Proxecto interdisciplinar A escola d@s av@s, IES d'A Pobra do Caramial

Introducin (sinala desde onde ata onde vai)

N ou desenvolvemento (sinala desde onde ata onde vai)

Desenlace (sinala desde onde ata onde vai) Personaxe protagonista Algn personaxe secundario (se o hai) Datos que nos indican o tempo externo Duracin do tempo da historia (tempo que abrangue do comezo ao fnal)

6. Que contan?
Intentaremos agora mellorar as destrezas de comprensin global dun texto narrativo, posto que hai ideas que se suxiren e non se expresan directamente. En concreto, traballaremos a extracin do tema e a elaboracin dun resumo. Para desenvolver a primeira desas habilidades, vas ler dous relatos moi breves e decidir, a travs dunha actividade interactiva, cal o tema mis acado para cada un deles. Resolve razoadamente, posto que vai ser importante, ao fnal da secuencia, que saibas determinar cal o tema do texto narrativo que vas escribir. Para resumir adecuadamente, partiremos dun relato un pouco mis longo. Neste caso ters que redactar. Ao fnal poremos en comn os resultados. En ambas as actividades, contas co apoio dunha lista de control que debes seguir na orde na que se presenta.

CC Xano Cebreiro. Proxecto interdisciplinar A escola d@s av@s, IES d'A Pobra do Caramial

1.a) Lista para determinar o tema:

1.b) Prctica de extracin do tema. Centra o tema destes dous relatos Antonio Van al moitos anos, pero sigo vendo, cos ollos de por dentro, o Antonio. Fillo de solteira. Mendicante. A fama e a tristura aniaban nas sas fazulas. Non tivo escola. Viva de morillns, tarrelos, abruos, xiropatos, amoras... Viva -- un dicir-- do que cadraba. Un da viu unha porta aberta. Os moradores da casa andaban no agro. Antonio entrou. Abriu a artesa, de tampa correda. Colleu un anaco de broa e pxose a comer, sentado nas lousas da cocia. Al o atoparon. E dronlle unha tolena. Subose na aldea, e o Antonio non volveu sar da casupa, onde moraba coa sa nai. Senta medo e vergoa; anguria e carraxe. Non falaba. Bata coa testa nas paredes, como se quixese vingarse do mundo. Foise ensumindo. Foise quedando no so limpo. Unha chuviosa ma de Nadal apareceu morto. Acababa de cumprir nove anos. Xos Neira Vilas: Pan O neno padece moita fame e maltrato, polo que morre O sufrimento e a morte dun pobre inocente ante a insolidariedade Provoca moita pena que un neno morra por ser pobre O autor sorprndenos cunha historia dun neno moi dura

CC Xano Cebreiro. Proxecto interdisciplinar A escola d@s av@s, IES d'A Pobra do Caramial

A avoa A avoa de Bertha Jensen morreu maldicindo. Ela vivira toda a sa vida con ps de la, como pedindo perdn por molestar, consagrada ao servizo do seu home e da sa prole de cinco fllos, dona exemplar, nai abnegada, silencioso exemplo de virtude: xamais unha queixa sara dos seus labios, nin moito menos unha palabrota. Cando a enfermidade a derrubou, chamou o seu home, sentouno ante a cama e comezou. Ningun sospeitaba que ela coeca aquel vocabulario de marieiro borracho. A agona foi longa. Durante mis dun mes, a avoa vomitou desde a cama un incesante chorro de insultos e blasfemias dos baixos fondos. Ata a voz lle cambiara. Ela, que nunca fumara nin bebera nada que non fose auga ou leite, insultaba con voz rouquia. E as, insultando, morreu; e houbo un alivio xeral na familia e no vecindario. Morreu onde nacera, na vila de Dragor, fronte o mar, en Dinamarca. Chambase Inge. Tia unha linda cara de xitana. Gustballe vestir de vermello e navegar ao sol. Eduardo Galeano: O libro dos abrazos A familia e os vecios da avoa liberronse cando esta morre Os insultos da avoa cando presente a morte A liberacin rabiosa no fnal dunha vida sacrifcada Bertha Jensen morreu maldicindo con razn 2.a) Lista para a elaboracin dun resumo.

2.b) Prctica do resumo

CC Xano Cebreiro. Proxecto interdisciplinar A escola d@s av@s, IES d'A Pobra do Caramial

Resume o contido do seguinte relato atendendo as indicacins anteriores. Valentn e o coto Cando Valentn manifestou que tencionaba derrubar o coto, a xente riu. Ti toleaches dicanlle. Pero el non se engruaba: Poida que si, en boa hora. E oxal houbese mis tolos coma min na comarca. Valentn era, por fra, un home coma calquera outro. Mais, haba algo nel que non se va no resto dos vecios. Falaba pouco. Gustballe dar coa verdade das cousas. E dica que pode ir la, e anda mis lonxe, quen de certo se propoa chegar al. A xente non entenda por que dera naquela vrtola. O coto era inmenso. Para mis, estaba cheo de raiceiras e penedos. Pero el teimaba: Quero ver o sol dende que amaece, para que nos quente e para que derreta a xeada que cae pola noite. Ns tamn dicanlle, pero, que se lle vai facer... Aturar e acabouse. As cousas son as. Nin todos os homes da provincia xuntos poderan derrubar o coto. Intentaron facelo? Esa unha tolera, Valentn. Eu non digo que non. Pero o coto segue a, atallando as raiolas de cada ma. Cmpre acabar con el. Unha tardia, por certo inverniza, Valentn comezou o seu trafego. Mollouse. A auga baixaba por el a reverquer. Estaba enchoupado. Pero o trebn non o fxo recuar. Seguiu bourando da tras da. Cada pancada era como un novo alento; unha esperanza nova. Latexaba o seu sangue ao son da picaraa. Os vecios xa nin caso lle facan. Aquilo, a por de tempo, deixara de ser novidade para eles. Cadaqun atenda a sa vida pequecha; as sas fames e inquedanzas midas. S algn camiante forasteiro se detia para ollar aquel home que loitaba co imposible. A sona de Valentn chegou lonxe. Falaban del moitos que nin o coecan. Uns chambanlle tolo, e outros admirbano. Armronse lendas e cantigas. A el non se lle daba. S atenda o seu labor. Os anos foron pasando. Verns adoecidos e invernos de chovedeira e xeada. A Valentn saronlle enrugas. Tia o pelo branco e unha miga de lomba. Pero a sa vontade non crebara. Era mis rexa cada ma e cada anoitecer. Estaba certo de que triunfara naquela loita. Confaba no seu esforzo. Anda que envellecera por fra, tia a mesma fe de sempre. E bouraba co mesmo degaro. Sorra ollando o rebaixe, fondo e barrento, e a morea de terra con que recheara a quenlla. Anda que moi esnafrado, o coto segua diante del, sen mentes de se engruar para que as raiolas maanceiras baixasen aldea. Ben o saba Valentn. De a o seu teimoso bulir coa picaraa. Co tempo, os vecios decatronse da comenencia e da posibilidade de derrubar o coto. Tiveran que pasar moitos anos. Case unha vida enteira. Pero fn comprenderon o desacougo do vello Valentn. E fronse achegando con eixadas e legns. Todos cavaban. Semellaba un formigueiro. Brazos e ferramentas e lombos rebulindo. A aldea enteira naquel labor. Non se vira antes tanta xente nunha ceifa. O coto foi derrubado. Onde estivera a fachendosa croa, quedou unha leira achanzada. Agora entraba o sol na aldea dende que amaeca. Derretase a xeada no inverno. E os nenos trizaban coas raiolas. Valentn era moi vellio. Todos os das camiaba por onde estivera o coto. "Cmpre vixialo para que non volva erguerse", sinalaba. E cando lle falaban da sa obra, dica que fora un traballo de todos os vecios. Xos Neira Vilas: Contos de tres mundos
CC Xano Cebreiro. Proxecto interdisciplinar A escola d@s av@s, IES d'A Pobra do Caramial

Resumo:

7. Como contan?

Tamn importante coecer os recursos propios do xnero relato biogrfco para poder incorporalos adecuadamente producin que imos facer. Traballaremos, entn, o recoecemento dos elementos que constiten cada unha das sas partes, a expresin do tempo e do espazo e mais o uso dos tempos verbais. Partiremos dos textos, xa vistos, Leiras de Tardiz, Madria de guerra, Antonio e A avoa. Releos para cubrir a seguinte folla de anlise. CADRO (As tas respostas) 1. Que elementos dos seguintes, pertencentes introducin, aprecias en varios deses catro textos? (Especifca en cales) a) Datos persoais do protagonista (nome) : b) Referencia sa familia :
CC Xano Cebreiro. Proxecto interdisciplinar A escola d@s av@s, IES d'A Pobra do Caramial

c) Indicacin do lugar de nacemento ou onde viviu : d) Indicacin do traballo desempeado : e) Descricin bsica do protagonista : f) Avance do desenlace :

2. Indica en que relatos aparecen estes ns. a) O confito un feito dramtico dun perodo da vida : b) O ncleo unha historia destacada que presenciou o protagonista : c) O confito unha ruptura no comportamento do protagonista : 3. Cada un dos relatos ten un desenlace diferente. Di a cal corresponde cada un destes. a) Resolucin agardada e ampliacin dos datos da presentacin : b) Refexin crtica do protagonista : c) Resolucin dramtica do confito : d) Resolucin favorbel e proxeccin ao futuro :

4. Identifca en Leiras de Tardiz e en Madria de guerra expresins que, na Introducin, indiquen a localizacin (o lugar, o espazo). 5. Que clases de palabras (categoras gramaticais: substantivo, adxectivo) constiten esas expresins? Que tipo de frase ou sintagma (nominal, preposicional) forman? 6. Recolle elementos de Madria de guerra que nos indiquen momentos da historia ou cambios temporais, como Cando tia 21 anos.

7. Os tempos verbais mis frecuentes son o pretrito perfecto e o imperfecto de indicativo. Anota algunhas formas verbais de cada un deses tempos para cada relato.

CC Xano Cebreiro. Proxecto interdisciplinar A escola d@s av@s, IES d'A Pobra do Caramial

8. Escolle un pargrafo e reescrbeo poendo os pretritos perfectos en imperfecto de indicativo (ou ao revs). Que o que cambia? Que sensacins produce?

9. S un dos catro textos emprega en varios fragmentos o pluscuamperfecto. Indica cal e recolle as formas verbais correspondentes. 10. En dous relatos ten certa presenza o presente de indicativo, nun caso para conectar co tempo do narrador (o presente desde o que se narra) e noutro para a descricin do lugar. Indica que relato en cada caso.

8. Practicamos

Este o momento de facer unha prctica intermedia, previa escrita da semblanza para valorar as nosas destrezas. Trtase de converter unha noticia nun relato, xogar a pasar dun xnero a outro. Escolle unha das das novas que se reproducen abaixo e, partindo dos feitos que conta, redacta unha breve historia centrada na vida do protagonista da noticia. Non esquezas botarlle imaxinacin, non se trata dunha fcha biogrfca! Mais, coida a coherencia, claro. Unha vez rematado relato, intercambimolo en parellas para avaliar o resultado e facer suxestins de mellora considerando algunhas destas claves:

CC Xano Cebreiro. Proxecto interdisciplinar A escola d@s av@s, IES d'A Pobra do Caramial

- Distnguense as partes? - Caracterizou ben o personaxe principal? - O ttulo est de acordo co contido? - Consegue ser atraente e orixinal? - Mantn a persoa narrativa e a linguaxe a adecuada?

As noticias:

CC Xano Cebreiro. Proxecto interdisciplinar A escola d@s av@s, IES d'A Pobra do Caramial

9. O noso plan

Despois desa proba libre, xa podemos centrarnos no noso relato biogrfco. O primeiro que temos que facer tomar unha serie de decisins a respecto da situacin de comunicacin e dos elementos narrativos, ademais de realizar unha pescuda entre os familiares que nos achegue informacin interesante. Para iso, cubre a seguinte folla de planifcacin, tendo en conta que a primeira parte debes empregala na casa para preguntarlles s persoas de maior idade e recoller a informacin que elas che dean. FOLLA DE PLANIFICACIN DO RELATO A. PESCUDA DE INFORMACIN NO MBITO FAMILIAR (feitos reais)

Informante 1: 1. Que antepasado seu considera que tivo unha personalidade e unha vida interesantes?

Informante 2:

2. Que datos e relacins familiares recorda del?

3. Que sabemos da sa infancia e formacin?

4. Que traballo(s) desempeou?

CC Xano Cebreiro. Proxecto interdisciplinar A escola d@s av@s, IES d'A Pobra do Caramial

5. Algns feitos da sa vida dignos de contar.

6. Como se lembra del a familia?

B. SITUACIN DE COMUNICACIN E ELEMENTOS NARRATIVOS (feitos fccionalizados)

As tas decisins para planifcar a semblanza Datos bsicos do antepasado escollidos (nome, relacin familiar, lugar de nacemento, profesin) :

Feito biogrfco seu que pode constitur o ncleo do relato : Lectores aos que te queres dirixir (adolescentes, persoas maiores, pblico xeral) :

Distribucin dos feitos en cada parte do relato (introducin, n, desenlace) :

Persoa narradora (1 ou 3) e tipo de narrador que se empregar : Ton xeral que manter (tenro, misterioso, dramtico, cmico.) : Personaxes secundarios que aparecern : poca na que sucedern os feitos, contexto histrico : Lugares (espazos) do relato :

CC Xano Cebreiro. Proxecto interdisciplinar A escola d@s av@s, IES d'A Pobra do Caramial

10. Escribimos o borrador

Agora si podemos redactar, de acordo cos datos e decisins anteriores. Pero teremos que atender tamn esta lista de control para a escrita: Escribe partindo dos feitos distribudos nas tres grandes partes do relato. Na presentacin non faltarn os elementos: O n recoller o confito: O desenlace ser do tipo: Intenta sorprender o lector ao comezo: cun dato rechamante, adiantando parte do confito Lembra que non se trata de facer biografa histrica, senn literaria; podes e debes poer da ta parte con tal de non traizoar o personaxe. Emprega os tempos verbais propios da narracin, que son: . Mostra o avance do tempo de maneira breve e clara cando sexa importante no desenvolvemento dos feitos. Mantn todo o tempo o narrador escollido e o rexistro lingstico adecuado. A extensin mnima ser 10 lias e a mxima unha cara de folio.

Como ves, a lista non est rematada. Compltaa, revisando a actividade Como contan. A seguir, escribe o borrador da semblanza.

CC Xano Cebreiro. Proxecto interdisciplinar A escola d@s av@s, IES d'A Pobra do Caramial

BORRADOR:

CC Xano Cebreiro. Proxecto interdisciplinar A escola d@s av@s, IES d'A Pobra do Caramial

11. Revisamos o escrito

Tes un borrador seguro que estupendo, mais sempre mellorbel. Accede a el e edita a anotacin na que se atopa para incorporar, eliminar ou modifcar todo o que sexa preciso segundo o que se indica a continuacin. 1. Valora e mellora o texto se o ves necesario (releo varias veces):

Entndese o que queres contar? O texto claro e suxestivo ao mesmo tempo? Aprciase o ton que lle quixeches dar? Produce o efecto pretendido? Distnguense a introducin, o n e o desenlace? Sera preciso marcalos mis co punto e parte ou algn outro recurso? O comezo contextualiza o xusto e atractivo? Cumprira engadirlle algn dos elementos vistos (descricin)? Hai un desenvolvemento da historia interesante? Podes achegar algo mis da ta colleita que se adece ao que sabes do familiar personaxe? Caracterizaches minimamente os personaxes? importante describir os lugares para apoiar a narracin dos feitos? Fixchelo? Mantiveches o narrador de principio a fn e este fala cunha linguaxe adecuada? Xogaches ben cos tempos verbais do pasado?

CC Xano Cebreiro. Proxecto interdisciplinar A escola d@s av@s, IES d'A Pobra do Caramial

2. Usa o corrector ortogrfco para revisar o teu texto. Pode axudarche coa ortografa, as interferencias, etc. Consulta todas as dbidas que teas.

12. Publicamos
Por (case) ltimo, vas axeitar ese texto practicamente defnitivo que revisaches na actividade anterior e deixalo preparado para publicalo, por exemplo na revista do centro ou neste espazo colectivo da rede: http://enredeiras.com/lenda. Fai as seguintes melloras: 1. Tras centrar o tema do teu relato, escribe un novo ttulo que se achegue ao tema ou que o suxira (en calquera caso, non ser tan longo nin tan formal coma este). Evitars dese xeito ttulos xenricos como A mia bisavoa. 2. Engade unha imaxe que estea acorde co tema. Non se trata de poer unha escena dos feitos do relato, senn de facer visbel o confito, unha sensacin importante na semblanza ou un obxecto clave. Pode ser unha foto propia (sen presenza de rostros) ou unha imaxe da rede con licenza para compartir (en Google con Busca avanzada > Imaxes con licenza de reutilizacin).

Rematamos as as tarefas. Mais queda anda realizar a avaliacin do proceso, de toda a secuencia.

13. Avaliamos
Cubre a autoavaliacin e mais a avaliacin da secuencia que aparecen a continuacin e entrgaas.

CC Xano Cebreiro. Proxecto interdisciplinar A escola d@s av@s, IES d'A Pobra do Caramial

Contina abaixo

CC Xano Cebreiro. Proxecto interdisciplinar A escola d@s av@s, IES d'A Pobra do Caramial

Contina abaixo

CC Xano Cebreiro. Proxecto interdisciplinar A escola d@s av@s, IES d'A Pobra do Caramial

Remataches. Parabns!

CC Xano Cebreiro. Proxecto interdisciplinar A escola d@s av@s, IES d'A Pobra do Caramial

Você também pode gostar