Você está na página 1de 2

Acta nº 4

ACTA DA ASAMBLEA ORDINARIA 2008

Reunidos en Lanzós (Vilalba), a 22 de Febreiro de 2008, ás


21:00 h., en segunda convocatoria, coa asistencia de cincuenta
(50) socios desta Asociación, a Asamblea Xeral tratou os
seguintes asuntos.

Orde do día:

1.- Lectura e aprobación, se procede, do acta da sesión


anterior.

2.- Presentación do Estado de Contas.

3.- Presentación do Orzamento do ano en curso.

4.- Recollida de propostas para actividades e outras


actuacións deste ano.

5.- Rogos e preguntas.

Desenrrolo da sesión e Acordos adoptados:

1.- O secretario deu lectura á acta da sesión do día 23 de


Febreiro de 2007, aprobándose por unanimidade.

2.- Preséntase o estado de contas a 31 de Decembro de 2007


(ingresos e gastos, tanto do Campo da Festa como da
Asociación). Queda como segue:
Ingresos Gastos Diferencia
Campo da Festa 14.220,00 € 10.082,00 € + 4.137,96 €
Asociación 9.584,00 € 7.793,02 € + 1.790,98 €

3.- Apróbase por unanimidade o orzamento de 2008, que


queda fixado en 6.770,98 €.

4.- Os socios asistentes non definen actividades para levar a


cabo este ano 2008, quedando a disposición da Xunta Directiva a
súa definición.

5.- Rogos e preguntas. Hai unha proposta dunha socia


relativa á Lotería de Nadal. Propón que os socios non paguen
recargo de 3 € nun dos décimos de lotería. Vótase a man alzada e
recházase a proposta por maioría absoluta.

Sen mais asuntos que tratar, sendo as 23:30 h., dase por
concluída a Asamblea Xeral Ordinaria 2008.

Vº e prace A Presidenta Asdo. O Secretario


Dna. Mª Teresa Ramil Ramudo D. Xesús M. Ares Fraga

Você também pode gostar