Você está na página 1de 2

Resumo Blogger

Para acceder ao Blogger é necesario ter unha conta de correo Gmail. Podemos
abrila en http://gmail.google.com/. Este correo danos acceso a case todos os servizos
Google: Docs, Maps, Blogger, Calendar, Reader...
Podemos chegar ao blog da forma:
• No Gmail pulsamos en Mas – Todavía mas – Blogger. Imos ver o listado
dos blogs que temos creados e podemos elixir entre velo, crear entradas ou
cambiar a configuración (se somos administradores do blog).
• Escribimos o enderezo do blog no navegador e pulsamos no enlace
“Acceder” da parte superior dereita.

Escritura no blog
• Escribir un novo artigo – Creación de entradas. Hai que poñer un título, o
texto e as etiquetas que poden usarse como menú da páxina se o administrador
activa o gadget “etiquetas”. Ao pé do formulario hai dous botóns:
o Publicar o artigo
o Gardar borrador – o usamos cando non temos rematado o artigo.
o Pódese programar a data e hora de publicación cubríndoas nas casillas
que aparecen pulsando en “Opcións de publicación”.
• Modificación dun artigo – Creación de entradas – Editar entradas. Buscamos
o artigo que queremos modificar e pulsamos no enlace Editar da esquerda.
Tamén podemos modificalo pulsando no lapiciño que hai ao pé de cada artigo
cando vemos o blog identificados co noso nome de usuario.
A lista de artigo infórmanos tamén se é un borrador e se ten comentarios e
permítenos borrar os artigos.
• Moderación de comentarios (se o administrador a activou) – Creación de
entradas – Moderación de comentarios.
• Obxectos que podemos poñer nos artigos –
o Texto. Para darlle formato temos iconas parecidas ás do procesador de
texto: tipo de letra, tamaño, negrita, aliñacións... Importante fixarse se
estamos na pestana redactar ou edición HTML.
o Imaxes – 3ª icona da dereita. Hai que elixir a imaxe no disco, marcar a
aliñación e o tamaño da imaxe no artigo. Se non lle poñemos un vínculo,
os lectores do blog que fagan clic nela a verán ao seu tamaño orixinal.
o Vínculos – Escribimos a palabra ou frase que van servir de vínculo,
pulsamos na icona da cadeniña e no formulario que aparece pegamos ou
escribimos o enderezo da páxina enlazada. Pódense poñer vínculos as
imaxes e outros obxectos incluídos na páxina.
o Multimedia (reprodutores de son, vídeos, presentacións...) – Previamente
hai que aloxalos nun servizo externo ao blog (archive.org, Box.net,
Youtube, Slideshare, Issuu...). Estas páxinas proporciónannos un código
EMBED que temos que pegar na edición HTML do artigo.
Administración do Blogger
Para que os cambios teñan efecto hai que baixar ao pé da páxina e pulsar no botón
“Gardar configuración”.
• Título e descrición do blog – ponse na creación do blog pero poden
cambiarse na pestana Configuración – Básico. Nesta pestana tamén se
manexa a relación co Google: inclusión nas listas de blogger e permisos
aos buscadores para rastrear no blog.
• Enderezo do blog – tamén se pon na creación do blog. Pode cambiarse en
Configuración – Publicación.
• Formato da data e a hora – Configuración – Formato. Para que a hora
sexa correcta hai que poñer na zona horaria GMT+01:00 (Portonovo).
• Nº de entradas en cada páxina do blog – Configuración – Formato.
Pódense poñer nº de entradas ou número de días.
• Comentarios – Configuración – Comentarios. Hai que decidir quen pode
facer comentarios (todo o mundo, usuarios identificados, membros do
blog) e se van a ser moderados ou non.
A oderación faise na pestana Creación de entradas. Pode facela calquera
membro do blog.
• Permisos para escribir no blog – Configuración – Permisos. Hai que
pulsar no botón “Añadir autores” e poñer a lista de correos (gmail)
separados por comas. Os autores van recibir un correo coas instrucións
para confirmar a invitación.
Na lista de autores que aparecen nesta pestana hai botóns para eliminalos
ou facer que tamén sexan administradores.
• Deseño do blog –
o Cambio da plantilla – Deseño – Seleccionar plantilla nova.
o Cambio de cores – Deseño – Fontes e cores. Primeiro eliximos no
cadro da esquerda o que queremos cambiar (cor do título, do texto,
do fondo, tipo de letra...) e despois eliximos a cor.
o Gadgets – Deseño – Elementos da páxina. Pulsando en “engadir
un gadget” danos acceso ao catálogo de Blogger. Se imos poñer un
doutra fonte temos que elixir “HTML/JavaScript” nesta lista e
pegar o código que copiamos na páxina onde o conseguimos.
• Copia de seguridade – Configuración – Básico. Na parte superior hai un
enlace “Exportar blog”. Está pensado para trasladar as entradas a outro
blog, pero podemos usalo para facer copias do texto.

Você também pode gostar