Você está na página 1de 5

CONTEXTO HISTÓRICO

CONTEXTO A Segunda República Española foi o estado democrático


e republicano que existiu en España no período que abarca desde o 14 de
abril de 1931, data de proclamación da mesma e da saída de España do rei
Alfonso XIII, e o 1 de abril de 1939, data da victoria definitiva do bando
insurxente na Guerra Civil Española que seguiu ó golpe de estado do 18 de
xullo de 1936.
Durante este período os sucesivos gobernos intentaron facer
progresar o país con reformas e medidas máis igualitarias para todas as
clases traballadoras. Intentáronse levar a cabo reformas de toda índole nos
distintos sectores. Algunhas, como a reforma agraria entraba en conflicto
cos sectores conservadores causando máis crispación e enfrontamento
social.
Os gobernantes republicanos, dotados dun amplo respaldo
democrático tralas primeiras eleccións parlamentarias, parecían en
condicións de poñer en marcha ou acelerar moitos dos procesos de
modernización política e socioeconómica polos que viñan clamando desde
facía décadas as mentes máis lúcidas do país: unha reforma do sistema
representativo, que terminara coas lacras do caciquismo; un novo modelo de
Administración civil e militar, que dotara ao Estado de maior eficacia e que,
ao mesmo tempo, descentralizárao, abrindo paso a procesos de
rexionalización y autogoberno; un novo marco de relacións laborais, que
mellorara as condicións angustiosas de gran parte da poboación asalariada;
unha reforma agraria, que satisfixese as demandas de propiedade de terras
do campesiñado e facilitara a racionalización da agricultura; procesos de
secularización, que puxeran fin á tradicional unión entre a Igrexa católica e
o Estado monárquico...
As eleccións xerais de 1933 foron gañadas pola dereita.
Inmediatamente o xefe de goberno Lerroux do Partido Radical e apoiado
pola dereitista CEDA, comeza a cambiar a lexislación progresista do
anterior período, perdéndose todo o adiantado. Pero as esquerdas únense
nunha ampla alianza de oposición chamada "Fronte Popular", que aínda que
circunstancial supón a única defensa que lle queda á República fronte ao
fascismo e ós conservadores monárquicos.
A Fronte popular gaña as eleccións e consegue 257 deputados. Azaña
forma goberno, sen os socialistas e comunistas que aínda que o apoian
desexan entrar no goberno. A dereita encaixa moi mala derrota e comeza
unha marea de actos terroristas co fin de romper a estabilidade do país. O
goberno d afronte popular responde ilegalizando a falanxe e metendo no
cárcere aos eu principal dirixente. Os militares máis reaccionarios
comezaron a preparar un golpe de estado. Á parte dos xenerais esta vez
tamén houbo civís implicados na trama.
Nas grandes cidades as mostras de apoio do pobo á República son
multitudinarias, destacando o primeiro de maio en Madrid. A situación xeral
vaise radicalizando e os actos violentos da falanxe son contestados coa
queima de igrexas.
El xeneral Mola, cerebro do golpe de estado que se preparou pon
data en principio para o 10 de Xullo e distribúeo traballo: Franco
encargarase de África, Goded de Valencia, Queipo do Llano tomará
Andalucía y o propio Mola farase cargo de Navarra e Burgos. Finalmente
acórdase retardar ad ata, por desacordos coa falanxe e os tradicionalistas.
Namentres e dentro do mesmo plan o 12 de Xullo, prodúcese un feito
determinante: o tenente da garda de asalto e publicamente esquerdista,
José Castillo é asasinado por falanxistas. Os seus propios compañeiros
executan ao dirixente dereitista José Calvo Sotelo, como vinganza. Isto
serve de escusa aos golpistas para desencadear o golpe de Estado,
inicialmente o 17 de Xullo en Canarias e Marrocos e o día 18 no resto de
España.
El goberno reacciona tarde e mal, negándolle inicialmente ao pobo as
armas que lle reclama, perdendo nalgúns casos unha oportunidade perfecta
para para-la sublevación. A partir dese momento España queda dividida en
dúas zonas, unha baixo control gobernamental e outra baixo control dos
sublevados e non existe unha clara vantaxe militar por parte de ningún dos
dous bandos o que fai prever una guerra longa, a guerra civil española.

MANUEL CASTRO GARCÍA, CASTRO DO VINTE

Tras días de investigación coa miña


familia paterna fun descubrindo a historia de
Manuel Castro García,coñecido como “Castro
do Vinte” aludindo a un pobo de Oza dos Ríos
no cal naceu e viviu, aínda que para as seus
netos e fillos era máis coñecido como “o vello
Castro”. As entrevistas que fixen foron ao seu
neto (meu pai) Juan Manuel Rodríguez Castro
e ao xenro José Manuel Rodríguez Rozas, tamén coñecido como Piñeiro (meu
avó).
Manuel Castro García (nado en 1903) foi concelleiro en Oza dos Ríos
(A Coruña) durante a Segunda República pola “Fronte Popular”, coalición de
partidos de esquerdas coa finalidade de defender a República fronte ao
fascismo e aos monárquicos conservadores. Pero a victoria da “Fronte
Popular” nas eleccións xerais veuse truncada polo golpe de estado do 18 de
Xullo de 1936 que desencadeou na Guerra Civil. Isto provocou un
enfrontamento militar entre o bando republicano e o bando nacional, do cal
o último sairá vencedor. Debido a isto moita xente foi perseguida,
executada ou encarcerada pola súa ideoloxía. Este foi o caso do meu bisavó.
Unha noite veu un amigo seu que era garda civil á súa casa. Este
recomendoulle que fuxise xa que ao día seguinte tiñan pensado vir a buscalo
xunto cun veciño seu para fusilalos. Entón avisou ao seu veciño e botáronse
ao monte onde estiveron durante uns seis anos en continuo movemento.
Había máis xente que estaba fuxida pero non só por motivos ideolóxicos, por
exemplo os guerrilleiros e entre eles cabe
mencionar ao “Foucellas” que estaba por aquela
zona. Benigno Andrade García era coñecido
como “Foucellas” e era natural de Cabrui
(Mesía). Viviu corenta e catro anos dos cales
dezaseis pasounos no monte fuxindo da garda
civil. Benigno morreu executado no cárcere da
Coruña o 26 de Xullo de 1952. Casualmente,
estando o meu avó (xenro do “Castro do vinte”)
no Goberno militar facendo o servicio militar de
conductor, ordenáronlle que recollese ao
verdugo de Burgos na estación do tren para que
o levase ao cárcere da Coruña onde executaría a
“Foucellas”. Segundo Piñeiro: “Foucellas tiña
como traballo roubarlle aos ricos para darllo aos pobres”. Aínda que Manuel
non pertencía á partida do “Foucellas”, foi moi probable que estivesen nalgún
momento xuntos xa que andaban polos mesmos sitios e seguro que se
axudarían mutuamente.
Durante os seis anos que pasou “o vello Castro” no monte tivo que
aturar condicións climatolóxicas moi desfavorables:choiva, neve, saraiba ...
Ademais, non podían vivir nun sitio fixo xa que a garda civil estaba
continuamente vixiando os montes en busca de guerrilleiros e fuxidos. Por
iso, tal como conta Piñeiro con tristura, Manuel e os seus amigos levaron
unha gran alegría o día que se fixeron cun enorme paraugas porque xa tiñan
onde durmir. É difícil imaxinar como puideron sobrevivir seis anos sen poder
durmir nunha casa quente e estar a carón dos seus fillos, porque Manuel
cando tivo que marchar da casa deixou atrás a vida coa súa muller Ángela e
as súas tres fillas.
Mais a súa muller nunca se esqueceu del, periodicamente surtíalle de
alimentos mediante un sistema de símbolos que tiñan acordado entre os
dous. Ela facía vida normal polo día para que non sospeitase ninguén nada e
pola noite actuaba. Ía onde lle deixaran a marca e alí agochaba os víveres,
por exemplo baixo unha árbore ou nunha leira de millo.
Pero non era todo tan sinxela, Ángela sufría constantes acosos,
ameazas e agresións por parte da garda civil. Juan, neto do vello Castro,
recorda episodios que lle contou a súa avoa. Algúns deles son os seguintes.
Por exemplo, algunhas noites chegaban
de súpeto e daban culatazos cos
mosquetóns nas portas e nas contras
das fiestras as cales son de madeira
moi gorda e aínda hoxe podemos velas
marcas como se amosa nesta
fotografía. Despois disto, entraban e
rexistraban a casa. Os nenos, que
naquela época tiñan desde 6 a 10 anos,
espertábanse e botábanse a chorar. A
garda civil e algún falanxista interrogábana a berros: “Onde está Castro!
Vírono onte por aquí!”. Ela sempre respondía dicíndolles que levaba sen velo
dende que se fora e nunca o traizoou.
Noutra ocasión, ía cunha das súas fillas en brazas (Irene, nai e muller
dos entrevistados) e rodeárona gardas civís a cabalo para asustala e que
confesase. Botábanlle enriba os cabalos para meterlle medo. Como levaba
unha meniña en brazos, ela preocupábase de cubrir e defender á súa filla
antes que a ela mesma. Así estiveron en numerosas ocasións pero ela nunca
lle fallou ao seu marido.
Pasados os seis anos, aconselláronlle a Manuel que se entregase
porque todo estaba perdido e non podía gañar unha batalla que xa chegara
ao seu fin. Entón, amparouse na “Lei de responsabilidades políticas”, que
fora promulgada o 9 de febreiro de 1939, a cal exculpaba a toda persoa que
non cometera delictos de sangue. Pero cando se entregou, tres anos despois
de que fose promulgada a lei, metérono preso no cárcere da Coruña durante
seis meses. Ao saír do cárcere seguiu co seu traballo, compra e venta de
madeira (maderista).
Unha frase que sempre dicía e recorda o seu neto é a seguinte:
“cando veñan os nosos...”. Referíndose con esto á caída do réxime e o desexo
dun goberno comunista. Tamén era anticlerical, cando vía a un cura na
taberna dicíalle: “faldeiro vai para a misa”. Outra mostra de anticlericalismo
por parte del foi a participación na queima dos santos San Pedro e San Pablo
da parroquia do Vinte.
Pasados os anos sucedeu un feito moi curioso na súa familia. Unha das
súas fillas casouse cun membro da falanxe e garda de Franco. Esta voda
nunca foi do seu agrado e teñen xurdido algunhas discusións entre estes
dous membros da familia.
Manuel Castro García morreu no ano 1968. Despois, trala chegada da
democracia, a súa muller Ángela cobrou unha indemnización de un millón de
pesetas polo encarceramento inxusto que sufrira o seu marido. Pero todo
isto non servía para borrar os duros e amargos recordos desta época.
Cando conseguiu saír do cárcere parecía que todo volvería á
normalidade pero non foi así. Nunca recuperou a súa vida xa que perdera
seis anos da súa vida fuxido no monte sen ter motivos para fuxir, só ser fiel
á súa ideoloxía e loitar por ela.

Você também pode gostar