Você está na página 1de 6

Texto de presentacin para os arquitectos Luis Gil e Cristina Nieto.

Arquitectura y territorio rural 2012, Fundacin Mara Martnez Otero, Callobre, A Estrada.

Empezo por revisar os documentos de Luis e Cristina que fun acumulando, e de primeiras me atopo cun texto divulgativo elaborado para rapaces de instituto. Partindo do exemplo dun obxecto e o seu funcionamento, en concreto dunha radio da marca Tvoli un dos seus fetiches introducen a idea de ocupacin fsica a travs do volume, neste caso sonoro e invisible, e o relacionan a modo de smil co modo de ocupacin da arquitectura. A partir de aqu describen pequenas cuestins e exemplos que parten da idea de ncleo coma orixe e referencia para a expansin e ocupacin espacial, e a organizacin funcional. Xa ao principio do texto, Luis e Cristina recrdannos o que dixera Aldo van Eyck, que todo o que un arquitecto pode aprender prodcese antes dos seis anos. Isto remitiume a unha pelcula da artista Rene Levi, titlase Leroy Merlin porque toda a accin se desenrola nunha das tendas da multinacional da bricolaxe. A metraxe cntrase exclusivamente nun primeiro plano do rostro dun beb, o fillo da artista, que reacciona segundo a nai o pasea no carrio da compra polos diferentes corredores. Non vemos o que mira pero si toda a estimulacin producida por un entorno en movemento. dicir, a pelcula mstranos a tempo real un instante nese proceso de separacin dende o ncleo-nai cara exterior. Luz, cor, textura, son, temperatura, etc., conformando a experiencia da arquitectura antes de arquitectura. O propio Roland Barthes referase as sensacins que lle producan as fotografas da sa infancia e esclarecedor cando nos di: s ela [a infancia], ao mirala, non me fai lamentar o tempo abolido. Pois non o irreversible o que nel descubro, senn o irredutible. Esa mirada da infancia quedar impregnada de todo tipo de experiencias que no percorrido da vida derivarn en obras onde o arquitecto adulto buscar en cada proxecto a forma na que permanece algo diso que para el irredutible. Pode que a arquitectura que emociona a Cristina e Luis, a que buscan, tea algo diso, est impregnada dunha lxica que vai mais al das continxencias contemporneas, son organismos vivos en expansin que atenden ao seu uso e onde o arquitectnico se concibe coma un territorio de relacins de ida e volta entre habitante, funcin, tempo e espazo. Imaxino a Cristina e Luis no principio de cada proxecto pensando sen prexuzos formais, buscando ese elemento que sirva de orixe e dende o que establecer o programa de uso. Isto marca a toma de medida, a escala, e finalmente unha formalizacin que non mais que o reflexo dos lmites que marcan as relacins do programa para que este funcione con transicins axeitadas nos modos de habitar, tanto nos usos convencionais coma nos do simple estar, pensar. Por iso dira que son arquitectos mais de terreo, de pensamento debuxado nun continuo bosquexo de lapis. Gustan de acompaar a construcin dende a primeira incisin na terra, ver como emerxe e acompaar o devir do proceso nos seus mais mnimos detalles, e neste sentido viven o seu oficio ca lxica do artesn, e disto tamn fala o seu gusto polo material, polas sas calidades e a sa adecuacin no conxunto. Por iso tamn a sa reflexin ao redor de obxectos tan cargados de lxica construtiva coma uns simples zocos, que Luis describe coma prenda-invento-moble. Di prenda porque abrigan, di invento-moble pola sa lxica contundente de elemento que nos separa e nos eleva do chan, hbil mquina fronteiriza entre a xeografa e o corpo que permite a vida en climas adversos. Isto denota unha visin xenuna que admira as formas artelladas pola depuracin do uso ao longo de xeracins, nada que ver ca morria enxebre de restaurar os smbolos da tribo cunha visin folclrica e mentireira que xustifica con argumentos pseudohistricos a preservacin, por exemplo, dunha fachada polo simple feito de ser de pedra. E disto deben saber un pouco das persoas que se ocuparon de separar o gran da palla cando inventariaron o patrimonio da provincia de Pontevedra. Esta experiencia laboral, que para uns arquitectos novos podera parecer como antittica as sas enerxas vitais, creo, ou imaxino, que foi tomada coma unha experiencia de aprendizaxe que os vacinou contra as tentacins egocntricas do arquitecto-autor ou o arquitecto-firma, dicir, contra a reducin da arquitectura a produto de consumo, ao deseo de formas transfronteirizas desvinculadas do contexto, simple importacin de estndares e modas, e a tantos outros males que se contaxiaron na poca delirante das vacas gordas e o star system. Non debeu ser fcil resistir nas sas conviccins entre tanto rudo, pero a cada pouco que contino a ler os seus escritos non deixan de agromar sentencias que afondan na verdadeira cuestin que para eles debe ocupar arquitecto, a construda.

De a a sa filiacin ideolxica con xente como Francisco Jarauta ou Carles Mart. Nun texto do segundo que agora releo, La cimbra y el arco, se avoga pola recuperacin da obra arquitectnica na sa singularidade e concrecin coma tema principal de estudo e debate. Algo aparentemente tan obvio tivo e ten a sa axeitada reivindicacin polos habituais desenfoques e equvocos ao redor da labor esencial do arquitecto contemporneo. Unha confusin que se manifesta tanto polo protagonismo meditico e pomposo de moitos dos seus protagonistas, como por actitudes sociopolticas que deberan ser auxiliares en canto reflexins contextuais, e non o centro da investigacin arquitectnica. Esa esencialidade reclamada por Mart quedou marcada coma un trazo caracterstico do facer de Cristina e Luis, e isto se reafirma en cada memoria de proxecto que repaso, sexa nas reflexin sobre a morfoloxa-funcionalidade dunha lmpada, unha escaleira ou un edificio. Normalmente se comeza por un intento de definicin o mais preciso posible, o que sera o ncleo orixinal e idea motriz, para ir derivando cara unha especificidade que demostra todo o proceso conceptual do deseo final.

Non hai retrica e apenas se encontra unha cita a non ser unha definicin de dicionario, vaise directo razn construtiva do obxecto, actitude que tamn se reflicte en certa austeridade ou incluso dureza no resultado final das sas construcins, que en ocasins incluso poderan ter certos trazos brutos ou brutalistas e non me refiro con isto estilo arquitectnico . Pero isto non debe dar a confusin, coma xa apuntei a sa metodoloxa artesanal proclive ao coidado extremo da estereotoma, aos detalles de lxica construtiva, pero sen que estes se xustifiquen ou deriven no ornamental. Coma exemplos brutalistas: as vellas vigas de madeira que atravesan os teitos de das das sas ltimas rehabilitacins, ou a conservacin dos piares mixtos de formign-mampostera no tico da vivenda de Vedra, ou as formacins rochosas que quedaron vista na base da vivenda do arquelogo en Cerdedo. Dende unha visin purista pdense apreciar coma elementos sucios dentro da nova arquitectura, incluso coma nostlxicos, pero final todo obedece a algo tan sinxelo como integrar o que segue a funcionar tanto a nivel construtivo coma memorstico, dicir,

interveen coma fitos que nos recordan que a rehabilitacin dun edificio fundamentalmente unha rexeneracin de enerxas dentro dun proceso colectivo e entrpico, e que a frecha do tempo seguir o seu curso cara o seguinte estado de runa, sexa este cando sexa. Non casual que o propio clientearquelogo compartise a idea de deixar visible a rocha sobre a que se asenta a sa casa, ambos oficios comparten unha conciencia temporal que para Cristina e Luis esencial dende a propia cimentacin. Neste sentido parece que gustan de remarcar este primeiro elemento construtivo con certa autonoma formal, como imaxinando un estadio futuro da construcin onde s quede este debuxo orixinario como runa-memoria do asentamento.

Pero que hai unha adaptacin da forma ao carcter do proxecto tamn o demostran intervencins mais limpas en forma coma o estudio para un msico e unha pintora. O espazo suave se o comparamos cos detalles anteriormente citados, a ausencia do superfluo demstrase aqu nun baleiro que est pensado para a expansin do son e da luz, e as favorecer a concentracin que esixen tanto a experiencia musical como a pictrica. Este espazo remteme directamente a un texto do artista Jrgen Partenheimer sobre as condicins espaciais que favorecen o pensamento creativo e a experiencia esttica. Titlase Ao xenio do lugar e reflexiona sobre o estudo do espacio de traballo coma proceso que conduce posibilidade das imaxes, que prepara o interior da imaxe e nos fai conscientes dela intercambiemos imaxe por meloda no que se refire espazo do pianista. No mesmo ensaio ctase a Marcel Proust nunha reflexin sobre Jan Vermeer van Deift onde fala precisamente do feito de iluminar (claircir: aclarar, clarificar) e que, por extensin metafrica, nos leva a idea de lugares iluminados no sentido de lugares conscientes:
A grandeza da verdadeira arte consiste en atopar aquela realidade da que vivimos tan afastados, captala de novo e levala conciencia; realidade da que nos afastamos cada vez mais, e que, con todo, a nosa propia vida. A verdadeira vida fin descuberta e esclarecida e, polo tanto, a nica verdadeiramente vivida por ns, a que, en certo sentido habita en tdolos homes en cada momento... Os homes non a ven, porque non procuran iluminala.

Dentro deste esprito est o seu traballo noutro estudio, neste caso o da escritora Luisa Castro. O que nun principio non era mais que o encargo de mobiliario libreras e mesa de traballo derivou na creacin dun lugar con entidade propia. Coma os propios arquitectos sinalan non se trata dunha zonificacin do espazo senn dunha arquitectura dentro doutra arquitectura, idea que eles mesmos desenrolarn na sa presentacin. S quero subliar que no seu mtodo, e previamente ao propio deseo, est a cuestin das calidades do lugar coma requisito para o pensamento e a condicin do propio traballo da escritora. elocuente o debuxo que ilustra o programa desta obra: unha barca para a creacin que navega entre o flur das actividades cotins da sala de estar e o mar de tellados que se divisan pola xanela situada a babor e a poente. Toda a arquitectura contida en das libreras: na de escritura unha das baldas se expande para conformar a tboa de traballo nunha relacin de altura con respecto cadeira de sempre da escritora, sa espaleira a

outra librera pechando o marco do lugar. Todo pensado para crear unha orde das cousas que remite ao texto de Foucault sobre o tema, no mesmo se incide na contraposicin entre lugares confusos e escuros e lugares reflexionados, iluminados. Tampouco debemos esquecer que o lugar da confusin un reflexo do noso interior, est dentro de nosoutros e se manifesta a travs dun estado anmico que deriva en conduta acrtica e inconsciente.

No texto xa citado de Jrgen Partenheimer recrdanos que o requisito para un pensamento e unha accin colectiva a coincidencia do contexto: lugar, obra e tempo, e a claridade da idea do contexto, cuxa funcin se quere concretar. Consecuencia deste requisito ser entn o lugar da realizacin da idea. No caso do estudio de Luisa Castro o lugar xa contia un aroma, os arquitectos s precisaron retocalo ca mxima levedade, coma con fume tal e como eles din na memoria do proxecto. Tampouco est de mais citar outras das imaxes que acompaaron as sas reflexins: O gabinete de San Xerome nas versins de Durero e Antonello da Messina. Se estou hoxe aqu a presentar a Cristina e Luis ten que ver ca relacin de amizade que comezou hai xa uns anos, creo que no 2008, nun evento cultural na mia vila que acertadamente se chamou _a cultura abre-casas. Esta xuntanza reuniu xentes de tdolos mbitos culturais co fin de celebrar e despedir un edificio tan memorstico coma o vello Cine Laln: exposicin de arte, msica, danza, poesa, contacontos ou conferencias que deron un ltimo alento de vida ao edificio, enerxa que Luis plasmou no debuxo que ilustra o pster do programa e que anda colga sobre unha cortiza na mia cocia. O debuxo consiste na planta do edificio traspasada por unha unha luz que emerxe dende a sala de proxeccin e percorre coma enerxa amarela cada unha das estancias. Parceme unha boa imaxe coma smil dos necesarios intercambios entre as diferentes reas da creacin, e estas xornadas, aqu en Callobre, constiten outro fantstico exemplo. Dende aquel da comezou entre ns un continuo intercambio de coecemento entre arquitectura e arte e todo o que o rodea. Fixemos viaxes a runas contemporneas, visitamos exposicins e percorremos edificios de lvaro Siza, John Hejduk, Fernando Blanco ou Manuel Gallego. Compartimos os procesos creativos nos

nosos respectivos estudios ou a p de obra, ou nos demos libros que complementan o continuo intercambio de coecementos dende a arte e a arquitectura. Nunha ollada rpida mia librera atopo cousas de Herman Hertzberger, Reima e Raili Pietil ou Van de Laan, que conforman un pequeno ndice dos seus intereses. Nos ltimos tempos eu lles falo de Helmut Federle, un pintor suzo que precisamente ten varias colaboracins arquitectnicas. Agora mesmo temos en proceso o proxecto do meu estudio na antiga nave do muo-serra do meu av en Agolada. Dada a situacin econmica un proxecto sen futuro construtivo inminente, pero que nos serve coma divertimento no sentido de xogo de sensibilidades. Coma cliente virtual recordo con especial cario a primeira visita ao edificio, faleilles das mias vivencias, do seu aspecto pasado e das actividades que al se desenrolaban. Ao pouco tempo recibn un primeiro bosquexo de proxecto. Transcribo un pequeno pargrafo:
[...] arranco coas tas palabras sobre a ta visin de cando recordas de neno toda a envolvente da nave chea de pilas de madeira a secar [...] As que penso que, coma en moitos outros casos de proxectos sempre falta a envolvente, a enerxa que envolve a tdolos organismos mentres estn vivos, un uso que se prolonga mis al do propio espazo fsico concreto, tal coma o dominio e influencia das pedras de imn, que antes de chegar a elas xa funcionan (esa metfora que sabes que uso tanto) [...] entendo o que me contas, non dos teus recordos, senn das tas reminiscencias en tanto que para ti se trata dunha memoria dos sentidos e non simplemente dun informe sobre o tempo pasado. Desta forma focalizo o meu traballo e proposta creativa sobre o contorno, o resto no interior s edificio, cun mnimo de estratexia e dieiro, que agora che fago explcito.

Ese recordo da madeira foi o que inundou a mia primeira visita a unha das sas obras, era a rehabilitacin da vivenda de Vedra. Xa de volta o meu olfacto permaneca enchido polo olor da carpintera. Chamei a Luis e pregunteille polas tipoloxas e usos:
Estrutura, sollado e zonas onde tocan mans e ps ou fregona: Castieiro do pas Recubrimentos e particins non en contacto con mans e ps: Pieiro e Abeto Madeiras ao exterior, vents e solaina: Iroko

Esta enumeracin terminou por incorporarse esa mesma noite a un texto meu coma se de tres versos se tratase. Xa dende aquel da a sa arquitectura integrouse na mia memoria sensorial coma unha respiracin, unha latencia que busco cada da, cada hora, neste tempo en que respiramos o aire da fin do mundo. Grazas, dixovos xa cos protagonistas.

lvaro Negro, Laln, Da da Patria, 2012.

Você também pode gostar