Você está na página 1de 6

Rede fluvial do Concello de Vigo: Afluentes do Lagares (Ro Eifonso).

3 de Marzo de 2013.

PERFIL DA RUTA.

DATOS E CARACTERSTICAS: Afluentes do Lagares (Ro Eifonso). Dificultade: Media-Baixa. Percorrido completo: 9 km. Duracin: 3:30 h Altura mxima: 483m. (Parque Forestal de Beade). Altura mnima: 35m. (Srdoma) Pendente mxima: 23.1 % - 31.5 % Observacins: moi recomendable o uso de bastns para camiar, as como calzado axeitado, con sola con bo agarre e proteccin no nocello. No percorrido hai algn tramo con forte pendente e en mal estado, debido s chuvias, no que teremos que extremar a precaucin.

II. IDEAS A DIVULGAR.


1. Regos tributarios do Lagares: o Eifonso Logo de percorrer durante as das etapas previas o cauce completo do Lagares, continuamos a rede fluvial do Concello de Vigo, cun dos seus regos tributarios mis importantes e caudalosos: o ro Eifonso. Asemade conta para o seu caudal cos regos de o Mao e O Pontecela. O ro Eifonso nace moi preto do Campus Universitario de Lagoas-Marcosende, no Monte das Lagoas, a 450 metros de altitude, entre a Pedra Cabaleira (501 m) e as Pereiras (514 m). Atravesa as parroquias de Bembrive, Beade e Srdoma durante os 6 quilmetros do seu percorrido. Gran parte do seu traxecto est marcado no PRG-5, sendeiro homologado e en bastante bo estado de conservacin. Na sa cabeceira poderemos disfroitar dalgunha das fragas e bosques de ribeira mellor conservadas do Concello de Vigo. Este un percorrido para disfrutar da beleza do ro. De fervenzas como a de a Bouzafra e das fragas, nas que se deixan ver os primeiros sinais e pegadas da incipiente primavera pois xa son numerosas as rbores, coma os salgueiros (Salix atrocinera), que escomezar a gromar.
Salgueiro (Salix atrocinera)

Ademais poderemos observar as primeiras floracins de plantas tan dos nosos bosques e tan efmeras: cncaros (Prmula vulgaris), anmonas (Anemona nemorosa), amarelles (Narcissus spp.), violetas (Viola odorata) cuxas flores aparecen, coma moitas das anteriores, moi cedo e anticipando a primavera anda que a sa floracin soe rematar un mes antes do vern.

Cncamo (Primula vulgaris)

Amarelles (Narcissus cyclamineus). Endemismo galaico-portugus

Anmonas (Anemone nemorosa)

violeta palustre (Viola odorata)

Dixase ver tamn a pegada do home pois pasaremos por pontellas e muos, antigas aldeas ocultas polo bosque e a vexetacin, abandoadas, como a do Poboado da Fraga de Bembrive (Bene Vivere) e que son testemuo etnogrfico do nacemento de ncleos poboacionais nos albores dos habitantes do noso concello e bisbarra, dende a idade do bronce ata chegar o S. XVIII. Ou tamn a Capela de San Cibrn, tradicionalmente coecida como a Capela da festa dos Ramallos, baixo unha carballeira e cuxa historia, moitsimo mis recente, tampouco ten desperdicio porque sexa moito mis moderna.

2. Eifonso, o ro agreste ao abeiro do bosque A diferenza do Lagares que naca vello, pois xorde nunha zona chaira que percorre de vagar, parndose en braais e lameiros, o ro Eifonso nace bravo, nos montes de Beade. Descende apresurado, formando saltos e fervenzas, para calmarse no seu tramo final, antes de unirse ao Lagares.

A cabeceira do Eifonso un dos territorios mais abruptos do concello, de ah que este tramo alto do ro sexa unha zona sen apenas intervencin humana, na que predominan os bosques. Aqu atopamos algn dos bosques de ribeira e fragas mais extensas e mellor conservadas de Vigo.

Ro eifonso no tramo alto.

O Eifonso nace e atravesa unha das maiores zonas forestais de todo o Concello, precisamente este comezo no interior do bosque o que lle da ro gran valor ecolxico. Os bosques son moi importantes no ciclo hidrolxico, e inflen directamente no ro, protexndoo e alimentndoo. Nos terreos forestais, sobre todo os ocupados por bosques autctonos caducifolios, a acumulacin de materia orgnica crea un solo moi rico. O profundo solo forestal, xunto coas follas acumuladas, as capas de musgo e o resto da vexetacin fan que sexa unha autntica esponxa, unha reserva de auga. Calculouse que as terras con bosques acumulan ata 4 veces mais auga que as terras nas que hai pastos, e ata 18 veces mais que os solos desnudos.

Os solos das fragas reteen gran cantidade de auga e a soltan pouco a pouco.

A auga da choiva infltrase no solo da fraga, recargando as os acuferos, que alimentan a ros e regatos durante todo o ano, incluso nos meses de vern onde as precipitacins son escasas. Esta capacidade dos bosques para acumular auga importante na prevencin das inundacins e a erosin. A vexetacin protexe a terra durante as fortes chuvias. Ademais a auga filtrada e purificada tras atravesar a capa de terra. Os grandes bosques inflen tamn no clima, suavizando as temperaturas e aumentando a humidade e as precipitacins. As races das rbores absorben auga das capas profundas do solo. Esta auga pasa atmosfera pola evapotranspiracin das follas, onde se forman as nubes e a chuvia. Nun da caluroso unha rbore caducifolia madura pode captar da terra e evaporar ata 300 litros de auga.

3. A importancia da vexetacin de Ribeira. Os ros no seu estado natural estn rodeados e protexidos por bosques de ribeira. Estes bosques son dos medios mais ricos e diversos dende o punto de vista biolxico, ademais de ter unha beleza e un encanto especial, difcil de describir. Ro e bosque de ribeira forman un todo, unha unidade con das pezas que non poden existir por separado. As rbores da ribeira protexen e fixan as marxes do ro frente erosin. Os restos de follas, ramas e troncos son o alimento de multitude de organismos acuticos, e a base da cadea trfica. A sombra das rbores controlan os cambios bruscos de temperatura na auga, mantendo unhas condicins estables. O que favorecen a toda a comunidade de organismos vivos do ro.

Trazado da senda do Eifonso.

Referencias. www.google.earth jmalonsor.mywebcommunity.org/index.php?...fraga http://www.upd.depontevedra.es/index.php. Para foto: Poboado da Fraga de Bembrive. Gua das plantas de Galicia. Xos Ramn Garca Soto. 2009. Ed. Natureza-Xerais. http://www.panoramio.com/photo/34833586 para brotes de Salix atrocinera. www.galiciamaxica.eu

Você também pode gostar