Você está na página 1de 12

Emilio Rodríguez

Laura Pardo

11
• Evolución da informática.
• Concepto de TIC
• Globalización de internet.
• Web 2.0
• Brecha dixital.

11
Xeracións de computadoras

1. Primeira Xeración (1945-1955)

Chámaselle así a xeración de tubos ó baleiro e válvulas.

Caracterizouse por máquinas moi grandes e pesadas. Moi lentas nos


seus procesos, tanto que a resolución de programas longos implicaba varios
días de espera. Pese a todo foi moi útil pois podía resolver 5.000 cálculos por
segundo.

11
2. Segunda Xeración (1955 - 1965)

Chamábase dos transistores e sistemas en Lote.

Nas computadoras desta xeración reemplazáronse as válvulas polos


transistores. Con iso púidose reducir o tamaño dos ordenadores e aumentar a
súa velocidade de traballo. Anque aínda eran un pouco lentas.

3. Terceira Xeración (1965 - 1980)

Chámase de circuítos integrados e de multiprogramación. O grande


descubrimento deste período foron os circuítos integrados denominados CHIP.
O circuíto integrado consiste nun grande número de compoñentes electrónicos
(transistores, resistencias, etc..) miniaturizados e encapsulados nun espazo de
poucos centímetros. Este descubrimento produciu grandes cambios en canto ó
tamaño das computadoras; en velocidade, en compatibilidade, e introducindo
novas técnicas de programación.

11
4. Cuarta Xeración (1980-1990)

Denomínaselle de computadora persoal. Chámaselle así xa que os


microprocesadores son chips moito máis pequenos que conteñen nun
centímetro cadrado, miles. Se fan memoria quere dicir que a computadora
ENIAC con 18.000 válvulas, que ocupaba máis dunha habitación, hoxe se
resume nun centímetro cadrado. Desta forma moitas familias comezaron a ter
computadoras nas súas casas, como por exemplo as TEXAS INSTRUMENT
99/4A, COMMODORE 64 e 128, SPECTRUM.

11
5. Quinta Xeración (1990) Ata a Fecha

Na actualidade os países máis adiantados, entre os que figuran Xapón


e EEUU están investigando e producindo, os primeiros prototipos de novos
ordenadores que formarán a quinta xeración. (Estes terán a capacidade de
realizar deducións empregando a linguaxe do home). Esta Quinta Xeración que
recen comeza denominarase: Computadora intelixente ou intelixencia artificial.

Computadoras que se destacaron nesta xeración : PC AT 80286, PC


AT 80386, PC AT 80486. PC AT 586 PENTIUM PENTIUM PRO PENTIUM II
PENTIUM III

11
Denomínanse Tecnoloxías da Información e da Comunicación, en
adiante TIC, ó conxunto de tecnoloxías que permiten a adquisición, produción,
almacenamento, tratamento, comunicación, rexistro e presentación de
informacións, en forma de voz, imaxes e datos contidos en sinais da natureza
acústica, óptica e electromagnética. As TIC inclúen a electrónica como
tecnoloxía base que soporta o desenrolo das telecomunicacións a informática e
o audiovisual.

A instrumentación tecnolóxica é unha prioridade na comunicación de


hoxe en día, xa que as tecnoloxías da comunicación son a diferenza entre unha
civilización desenrolada e outra en vías de. Estas posúen a característica de
axudar a comunicarnos porque desaparecen as distancias xeográficas e o
tempo.

11
A chegada de Internet, como fora a da máquina de vapor a finais do
século XVIII, supuxo unha revolución na vida dos que lles tocou vivir esta
época en xeral, e da comunicación en particular.

Internet veu a culminar o proceso de informatización que se veu


desenrolando dende fai décadas, dando lugar ó nacemento dunha nova era, a
Dixital. A revolución dixital permitiu que por un mesmo canle poidamos enviar
texto, imaxe e son, a velocidade da luz. Pero a maior revolución supúxoa
internet, sobre todo coa súa popularización nos últimos anos, o que terminou
acabando cas últimas fronteiras da comunicación. Esto supuxo que a cultura
dos distintos países se iguale e conflúan cara unha cultura común, unha cultura
de masas.

11
Como consecuencia desta revolución, o periodista perdeu o monopolio
da información, hoxe todo o mundo informa, toda institución, empresarial,
cultural ou política, ten o seu propio medio de información. Hoxe en día. Na era
de Internet, cada un de nós pode transformarse nun vehículo de información.
Pero isto é unha arma de dobre fío. Se a información fluíra en varias direccións,
e as fontes de orixe non foran sempre as mesmas, este proceso globalízante
non sería negativo. Sen embargo esto dista moito da realidade.

Por tanto, mentres que a información proveña sempre dos mesmos


puntos e ademais se trate de sacar proveito desta situación mediante unha
“imposición” duns costumes, unha forma de vida e en definitiva dunha mesma
cultura, non podemos dicir que Internet favorecera a un enriquecemento das
disintas culturas que poboan o planeta.

11
A Web Social, ou Web 2.0, nace como complemento aos servizos xa
existentes en Internet: a web, os servizos e portais de busca de información
(google, yahoo), os sistemas de comunicación (correo electrónico, foros, etc).
Céntrase nas contribucións de usuarios da rede para o seu desenvolvemento,
aportando ou revisando e modificando os contidos, de todo tipo e formato,
presentes na rede.

Por outra parte, todos os servizos da Web 2.0 implican un cambio


básico no fluxo de información e de datos. Nos servizos baseados na Web 1.0
o fluxo de datos era desde os servidores aos clientes, é dicir, o fluxo era de
baixada ou intercambio de datos desde o emisor ao receptor. Agora, nos
servizos baseados na Web 2.0, a tendencia invertese e comeza a haber tanto
fluxo de baixada de datos e información, como fluxo de subida de datos desde
o cliente ao servidor; o receptor convertese tamén en emisor.

11
En consecuencia, todos estes servizos proporcionan un avance tanto
tecnolóxico coma intelectual e ademais o mesmo tempo permiten a todos os
usuarios cunha conexión a internet participar neste avance informático a nivel
xeral.

11
Brecha dixital é unha expresión que fai referencia á diferenza
socioeconómica entre aquelas comunidades que teñen accesibilidade a
Internet e aquelas que non, aínda que tales desigualdades tamén se poden
referir a tódalas novas tecnoloxías da información e da comunicación (TIC),
como o computador persoal, a telefonía móbil, a banda ancha e outros
dispositivos. Como tal a brecha dixital baséase en diferenzas previas ó acceso
ás tecnoloxías. Este termo tamén fai referencia ás diferenzas que hai entre
grupos segundo a súa capacidade para empregar as TIC de forma eficaz,
debido ós distintos niveis de alfabetización e capacidade tecnolóxica. Tamén se
emprega en ocasións para sinalar as diferenzas entre aqueles grupos que
teñen acceso a contidos dixitais de calidade e aqueles que non. O termo
oposto que se emprega con máis frecuencia é o de inclusión dixital e o de
inclusión dixital xenuína.

11

Você também pode gostar