Você está na página 1de 28

IES UNIVERSIDADE LABORAL

Profesora: Rosa María Cid Galante


COMENTARIO DE RELEVO(PERFIL TOPOGRÁFICO)

Iniciamos o comentario indicando que tipo de gráfica e explicamos en que consiste esa representación ( perfil
topográfico elaborado polas liñas ou curvas de nivel que son liñas que unen puntos de igual altitude). Logo diso
sinalamos a dirección que ten e citamos as unidades do relevo que van aparecendo dende un punto A a un B como se
estivésemos lendo. Posteriormente fragmentamos o comentario en tantos apartados como unidades van aparecendo. De
cada unidade imos indicando:

a)Orixe xeolóxica desa unidade


b)Tipo de relevo desa unidade
c)Altitude (se se indica no corte)
d)Tipo de rochedo
e) Serras importantes desa unidades

COMENTARIO DE CLIMOGRAMA

“Trátase da representación gráfica dun clima, mediante barras e liñas. As barras representan as precipitacións e as liñas
as temperaturas. En canto ás precipitacións...

• Precipitacións (indicar que son as precipitacións, como se miden e como se poden originar):
– Abundancia
– Regularidade
– MIRAR EN QUE ESTACIÓN CHOVE MÁIS, meses que chove máis e meses que chove menos
(indicar mm segundo a gráfica)
– FORMA DE CAER AS PRECIPITACIÓNS
• Temperaturas (indicar que é a temperatura, como se mide):
– Temperatura media anual
– Amplitude térmica (ver gráfico)
– Temperatura do verán, indicar o mes máis quente e a súa temperatura
– Temperatura do inverno indicar o mes máis frío e a súa temperatura
– Aridez: aridez mensual (Gaussen)
– A aridez xeral (Meyer)
• Identificación do clima
• Localización xeográfica
• Relación do clima con outros elementos do medio.

COMENTARIO DE MAPA DO TEMPO

a) Coñecementos previos Débense observar os distintos elementos de que están compostos:


1. Liñas isobaras, que son aquelas que unen puntos con igual presión e indícannos a existencia dos centros de acción:
- Altas presións ou anticiclóns (símbolo: A), que son as causantes de ceos despexados e tempo estable. Recoñécense
porque as liñas isobaras superan 1.015 milibares.
- Ciclóns ou baixas presións (símbolo: B), causantes dos ceos nubrados e da estabilidade. Recoñécense porque neles as
liñas isobaras teñen menos de 1.015 milibares de presión.
A dirección do vento sempre vai das altas ás baixas presións, aínda que discorre paralelo ás liñas isobaras debido ás
forzas que actúan sobre el. A proximidade ou distancia entre as liñas, que é o chamado gradiente de presión, tamén nos
indica a velocidade do vento, que será maior se están máis próximas.
2. Frontes, marcan a liña e dirección do avance dunha masa de aire, pode ser unha fronte fría, se o aire é frío ou máis
frío que o aire que a rodea, unha fronte cálida (representado por unha liña con semicírculos), se se trata dunha masa de
aire cálida. Existe tamén a fronte ocluido (representado por unha liña que alterna triángulos e semicírculos), que se
produce pola mestura das masas de aire dunha fronte fría e outro cálido, o que supón que a choiva cesa ou é moi débil.
O aire frío (representado por unha liña con triángulos), ao pesar mais, forma unha especie de cuña e levanta ao aire
quente, xerando estabilidade. O aire inicia un xiro contrario ás agullas do reloxo e orixínase a borrasca ou baixa presión
(zona de converxencia de ventos).
b) Comentario e interpretación dun mapa do tempo en superficie
Sinalaranse as causas e consecuencias do tipo de tempo representado, sabendo que durante o ano produciranse
múltiples e distintas situacións barométricas que condicionarán a sucesión de tipos de tempo. Entre as causas, pódense

Profesora: Rosa María Cid Galante 2


indicar as masas de aire xeradoras dunha determinada situación atmosférica (masa de aire tropical mariño, tropical
continental, polar continental, polar marítimo e pingas frías)
Entre as consecuencias, que podemos deducir do mapa do tempo representado,
destacamos:
- Precipitacións: localización e intensidade.
- Ventos: dirección e intensidade
-Nubosidade.
Ao final do comentario pódese determinar o tipo de tempo concreto e a estación do ano da que é característica esta
situación. Tamén é importante analizar que incidencia pode ter no medio físico, é dicir, nos chans, pendentes,
vexetación, cursos fluviais, etc.,

COMENTARIO DUNHA CLISERIE

En primeiro lugar deberase indicar que se trata dunha representación esquemática dunha cliserie (definimos cliserie) de
vexetación dunha determinado lugar.

Farase referencia ás circunstancias relacionadas coa súa situación xeográfica dentro do conxunto da península ibérica,
enmarcándoa dentro da rexión bioxeográfica á que pertence.

Aludirase a como a montaña modifica as condicións climáticas, con mención ás temperaturas, precipitacións e
insolación como elementos relevantes, e as súas alteracións, tanto en función da altitude como da disposición do relevo,
tendo en conta a orientación xeral da cadea montañosa.

Darase conta das variacións máis relevantes que se observan en relación á altitude ( a baixas altitudes especies máis
termófilas e as diferenzas entre a solana e umbría, destacando as principais desarmonías entre a vertente Norte e a Sur,
(aparición da enciñeira e do carballo na zona sur ou meridional e a faia na norte. Por que?)

COMENTARIO DE HIDROGRAMA

1. Identificar o tipo de réxime dun río

Coeficiente de caudal mensual k= caudal medio de cada mes/caudal medio anual.

Valor 1=sen variación de caudal

Valor superior a 1= augas altas

Valor infeior a 1= augas baixas

Réximes nivales e mixto: os puntos onde se sitúan as medicións están en posicións elevadas preto dos nacementos dos
ríos (por iso teñen pouco caudal). Teñen en común que a finais de primavera e no verán, teñen máis caudal polo desxeo.

Réxime nival (puntos a máis de 2500m): máis caudal no verán (de 3 k: coeficiente de caudal) con desxeo

Réxime nivo-pluvial (puntos situados entre 2000 e 2500m) máis caudal en maio ( de 2k), pero estiaxe no verán (-1k)

Réxime pluvio-nival (puntos situados entre 1600 e 1800m) pico en abril-marzo. Estiaxe no verán ata outono.

Réximes pluviais: caudal en función das choivas que acompañan a cada clima:

Pluvial-oceánico: alto módulo absoluto ( 200 m/s) máis caudal no inverno. Suave estiaxe

Pluvial mediterráneo continental: baixo caudal absoluto (-20 m/s) máis caudal na primavera e outono. Importante
estiaxe.

Pluvial mediterráneo litoral do levante: baixo caudal (-20 m/s) irregular, picos en outubro, febreiro e maio (ao ter tres
picos distínguese do continental). Suave estiaje.

Profesora: Rosa María Cid Galante 3


Pluvial mediterráneo litoral do sur subtropical. Escasísimo caudal absoluto (-10 m/s) longo estiaje (de marzo a
novembro), distínguese dos nivales en que ten o pico este réxime ten o pico no inverno

2. Identificar a zona xeográfica á que pertence. Precisamos as rexións nas que pode situarse, segundo o clima ao que
pretenza

4. Facer un comentario sobre as confederacións ás que pode pertencer, os recursos hídricos 4isponibles destas
confederacións.

Finalizar comentando en xeral o uso do auga e as infraestruturas necesarias.

COMENTARIO DE MAPAS TEMÁTICOS

Ademais do mapa topográficos, considerados como unha cartografía básica que plasma os elementos que determinan un
espazo xeográfico, tanto físicos como humanos, existen tamén outros mapas especiais. Os principais son:

Mapa de isolíneas : Unen puntos de igual valor dun fenómeno Mapa de diagramas: Superponen mediante un diagrama (barras,
mediante unhas liñas. Os máis representativos son: mapas de círculos)… o fenómeno que se quere representar no espazo
temperatura( liñas isotermas), mapas de precipitacións ( isoyetas), cuantificándoo, é dicir indicando a cantidade do aspecto que se
mapas de alturas ( isohipsas), mapas de aridez, de densidades…↓ quere representar nun espazo determinado.

Mapa de coropletas: Localizan con cores ou trazados diferentes


Mapa de frechas ou de liñas: Mapas de frechas e liñas que indican
nun espazo o valor que ocupa o fenómeno xeográfico
desprazamentos. O grosos dos trazados van en proporción co
representado. Segundo sexa maior ou menor a intensidade da cor
volume do desprazamento ( migracións, fluxos turísticos,
ou do trazado así será a importancia do feito ( densidade de
comerciais) ?
poboación, porcentaxes do PIB. Importancia industrial…)

Profesora: Rosa María Cid Galante 4


Mapas distorsionados: Cambian o tamaño real dos países para
facelo proporcional ao feito que representan. Tamén esquematizan Mapas de figuras: Utilízanse diferentes figuras xeométricas;
os contornos facéndoos xeométricos para poder calcular a círculos, cadrados, puntos, para localizar fenómenos puntuais
superficie. O país representado sempre debe ser reconocible. nun espazo. O seu tamaño debe ser proporcional á importancia
Recórrese á utilización de círculos, cadrados ou triángulos , do fenómeno. Algúns mapas de figuras utilizan símbolos.
preferentemente.

Profesora: Rosa María Cid Galante 5


Mapas temáticos ou corocromáticos: Mediante cores diferentes
representan todo tipo de fenómenos indicando a súa localización
( xeolóxicos, botánicos, demográficos. →

GUIÓN – COMENTARIO DE MAPAS TEMÁTICOS.

1º PRESENTACIÓN DO MAPA: A presentación do mapa é imprescindible para realizar unha análise correcta. Na
presentación debe sinalarse os aspectos xerais e identificativos do a fonte: Tipo de mapa, fenómeno xeográfico que
representa ( relevo, densidade de poboación, zonas industriais…). Hai que ter en conta o título do mapa e a súa lenda.
Espazo xeográfico ao que se refire (Península, Europa, Comunidade Autónoma…) e cronoloxía ( data)

2º ANÁLISIS XERAL:

-Definición do fenómemo xeográfico representado

-Identificación espacial mais significativa, diferenciando a grandes liñas as diferentes áreas. En moitas ocasións
utilízase a diferenciación de zonas superiores ou inferiores ás medias numéricas expresadas na lenda.

3ºCOMENTARIO:
- Explicación do fenómeno xeográfico analizado en cada área, determinando as causas e consecuencias. No caso de que
o mapa presente unha lenda moi extensa pódense unificar áreas para simplificar o comentario, detallando o criterio que
se utiliza para a unificación. O ideal é diferenciar tres ou catro áreas.
4. Non hai que esquecer que na maioría dos comentarios de mapas. O epígrafe da pregunta indícache as áreas que
se deben comentar. Neste caso o comentario realízase especificamente atendendo ás preguntas.

4º CONCLUSIÓN: O comentario debe finalizar cunhas breves conclusións xerais do fenómeno analizado ( ideas máis
significativas). Tamén neste último apartado pode facerse previsións futuras sobre o fenómeno representado. Nalgún
caso pode ser interesante facer referencia a algún aspecto moi significativo do tema que non se sinalou anteriormente no
comentario realizado.

COMENTARIO DE GRÁFICOS E ESTATÍSTICAS

A representación de fenómenos xeográficos a través de gráficos e estatísticas converteuse nunha ferramenta cada vez
máis utilizada. Se converteu nunha técnica básica de traballo e investigación no coñecemento xeográfico actual. A
información ofrécese a través de datos numéricos, e neste caso resulta moito máis fácil comprendelos e analizalos, así
como observar a súa evolución no tempo e ata comparalos entre si, se se representan nun gráfico.
Elaboración dun gráfico. As características que deben presentar pódense resumir nos seguintes puntos:
1. Os datos que se van a representar deber ser seleccionados, xa que se son moi abundantes o gráfico sería difícil de
realizar e de interpretar.
2. A escala empregada ha de ser adecuada aos valores representados. Para iso hai que ter en conta as cifras máximas e
mínimas que se van a reflectir.

Profesora: Rosa María Cid Galante 6


3. Deben estar encabezados por un título que indique claramente cal é o fenómeno que se representa. Xunto ao título
escribirase a súa referencia cronolóxica e a fonte de onde se obtiveron os datos.
4. Hai que seleccionar distintas cores para diferenciar claramente o que se quere representar e facilitar a súa
visualización.
5. Finalmente é preciso elixir o gráfico máis adecuado aos datos que queremos representar. Utilízanse principalmente os
seguintes tipos de gráficos

Gráfico lineal

Xeneralmente representa a evolución dun ou varios fenómenos nun período de tempo. O valor represéntase mediante
unha liña. Permite establecer comparacións entre diferentes feitos xeográficos.

Gráfico de barras

Representa un fenómeno mediante barras cunha altura proporcional. Estas poden ser horizontais, verticais ou
compostas. Utilízase para representar a evolución dun mesmo feito en distintos espazos ou para representar a súa
evolución.

Gráfico de sectores

Utilízanse para representar datos que forman parte dun conxunto, dun mesmo aspecto xeográfico. A representación
mediante sectores ofrécenos o valor cuantitativo que cada datos ten dentro do conxunto. É moi adecuado para establecer
comparacións.

Comentario de Gráficos: Comentar un gráfico consiste en saber ler e interpretar a información que proporciona.

1. PRESENTACIÓN: Empezarase identificando o tipo de gráfico e o fenómeno ou fenómenos xeográficos ao que se


refire, o espazo xeográfico ao que corresponde e a cronoloxía. Non esquecer que cada tipo de gráfico representan os
feitos de xeito distinto segundo os obxectivos e aspectos que se pretendan analizar.

2. ANÁLISE. A análise debe seguir as seguintes pautas

1- Definir os fenómenos xeográficos representados


2. Indicar a tendencia xeral de cada fenómeno ( aumento ou diminución) ou ben identificar diferentes partes
cando se observan variacións.
3. Se o gráfico representa a evolución de varios fenómenos hai que establecer comparacións entre eles.

3. COMENTARIO: O comentario consiste en determinar, coa maior precisión posible, as causas e consecuencias que
determinan a evolución dos datos representados, tendo en conta os seguintes apartados:
1. Comezar cos valores iniciais. Onde se reflicte a situación de orixe.
2. Se hai oscilacións, identificalas cronolóxica ou espacial mente, explicando as causas das mesmas.
3. Cando os datos son comparativos hai que facer referencia ás dúas ou máis situacións que se reflicten.

Profesora: Rosa María Cid Galante 7


4. A comparación pode facerse ou ben sobre todo o período ou ben sobre cada unha das partes establecidas.
5.. Terminarase o comentario, explicando as causas e consecuencias dos valores finais.
4. CONCLUSIÓNS: Finalizarase o comentario coa idea ou ideas básicas que resultaron da interpretación así como
indicando a previsible tendencia no futuro.

COMENTARIO DE DATOS ESTATÍSTICOS: TABOAS

Elaboración dunha táboa estatística.:

As táboas estatísticas presentan os datos ordenados dun xeito cuantitativa, por medio de porcentaxes ou ben mediante
cifras absolutas. A información pode referirse a un só aspecto ou ben a varios aspectos pero que están relacionados.
Tamén poden presentarse a cuantificación dun mesmo datos referido a diferentes espazos co obxectivo de establecer
comparacións.
Generalmente as táboas estatísticas contan cos seguintes elementos:
1. O título, que informa sobre o contido da táboa, o tempo e o lugar ou lugares considerados.
2. Varias columnas que posúen un encabezamiento que indica o contido de cada unha delas.
3. Os valores referidos ao aspecto estudado na táboa, que poden ser absolutos( miles, millóns) ou relativos ( %)
4. A fonte, que indica a procedencia dos datos que contén a táboa. Convén sinalar a data da bibliografía utilizada ou a
do ano en que se tomaron os datos.

PRODUCIÓN DE ENERXÍAS RENOVABLES ( en % )


Variación
Enerxía 1988 1992
1998-1992
Solar 0,12 0,50 302
Eólica 0.01 0,08 419
Biomasa 0.56 0,63 191
Minihidráulica 0.16 0,39 144
Madioambiental 0.01 0,02 100
Xeotérmica 0.04 0,10 165
Total 0.91 2,72 220

Fonte:: Méndez, M., y Molinero, F: Geografía de España

ESPERANZA DE VIDA AO NACER ( 1900-2010)


ANOS TOTAL MULLER HOME
1900 34.8 35,7 33,8
1950 62.1 64,3 59,8
1960 69.8 72,2 64,5
1970 72,4 75,1 69,6
1980 75,6 78,6 72,5
1990 76,5 79,3 73,6
2000 78,7 82,5 75,4
2010 80 84,3 76,6

Fonte:: INE

Comentario de estatísticas:

Profesora: Rosa María Cid Galante 8


Comentar unha estatística consiste en saber ler e interpretar a información que proporciona. Ao ser datos cuantitativos é
imprescindibles ter coñecementos de operacións matemáticas e saber obter a media dos datos ( para ofrecela en
determinados casos)

1. PRESENTACIÓN: Empezarase identificando o tipo de fonte xeográfica ( táboa estatística) e os datos que ofrece ( o
título da táboa), o espazo xeográfico ao que corresponde, a cronoloxía, e a forma na que se ofrecen os datos ( valores
absolutos ou relativos)

2. ANÁLISE. A análise debe seguir as seguintes pautas:

1- Definir o fenómeno xeográfico representa


2. Indicar a tendencia xeral de cada fenómeno ( aumento ou diminución) ou ben identificar diferentes partes
cando se observan variacións. Neste último caso é necesario dividir a serie en partes.
3. Se a estatística presenta a evolución de varios fenómenos hai que establecer comparacións entre eles.

3. COMENTARIO: O comentario consiste en determinar, coa maior precisión posible, as causas e consecuencias que
determinan a evolución dos datos representados, tendo en conta os seguintes apartados:

1. Comezar cos valores iniciais. Onde se reflicte a situación de orixe.


2. Se hai oscilacións, identificalas cronolóxica ou espacial mente, explicando as causas das mesmas.
3. Cando os datos son comparativos hai que facer referencia ás dúas ou máis situacións que se reflicten.
4. A comparación pode facerse ou ben sobre todo o período ou ben sobre cada unha das partes
5. Terminarase o comentario explicando as causas e consecuencias dos valores finais.

4. CONCLUSIÓNS: Finalizarase o comentario coa idea ou ideas básicas que resultaron da interpretación así como
indicando a previsible tendencia no futuro.

COMENTARIO DE IMAXES DE XEOGRAFÍA

• INTERPRETACIÓN

Debemos observar de forma atenta os elementos máis relevantes da imaxe e distinguir se é un espazo natural ou
humanizado; neste último caso, indicaremos se é unha paisaxe agraria ou rural, urbana, industrial ou de servizos.

• ANÁLISES DOS ELEMENTOS

Consiste en enumerar e describir os elementos visibles na imaxe, para o cal debemos diferencialos uns de outros
distinguindo, por exemplo, entre os elementos físicos (relevos, solos, vexetación, cursos de auga) e os elementos
humanos (núcleos de poboación, edificacións, usos do solo, infraestruturas, etc.).

• COMENTARIO DA IMAXE:

Trátase de aplicar sobre os elementos da imaxe os coñecementos que temos deles. Debemos, en definitiva, destacar as
súas características principais e a relación entre os seus elementos, expoñer a súa evolución, as súas transformacións e
as causas destas, avaliar a acción humana sobre a paisaxe e tirar conclusións:
-Se se trata dun espazo natural, debemos deducir o medio climático que representa e explicar as súas
características, e a vexetación que se dá nel.
-Se é unha paisaxe humanizada, debemos comentar as condicións económicas do espazo representado, valorar
o impacto das actividades humanas e expresar razoadamente a nosa opinión para conservalo ou reconstruílo.

COMENTARIO DE TEXTOS XEOGRÁFICOS

Os tipos de textos xeográficos:

Profesora: Rosa María Cid Galante 9


• Segundo a súa natureza, o texto pode ser de carácter científico, periodístico, un ensaio, un informe, etc.
• Segundo a súa temática, os textos xeográficos poden clasificarse en textos de xeografía física e textos de
xeografía humana:
o Textos de xeografía física: máis frecuentes tratan de xeomorfoloxía, climatoloxía, hidrografía,
bioxeografía ou edafoloxía.
o Os textos de xeografía humana comprenden temas moi diversos como a poboación, o poboamento, as
actividades económicas, a xeopolítica, os desequilibrios espaciais, a ordenación do territorio, etc.

COMENTARIO DE TEXTOS XEOGRÁFICOS:

Deben seguir estes pasos:


• Preparación do comentario:
o Informarse previamente sobre o tema xeográfico que trata o texto.
o Lectura comprensiva do texto e a procura nun dicionario do significado das palabras que se
descoñezan.
o Subliñado das ideas principais e secundarias, así como dos termos xeográficos que aparezan.
o Elaboración dun esquema que inclúa as ideas principais e relacione cada unha delas coas ideas
secundarias. Para iso, segundo os casos, pode seguirse a mesma orde en que aparecen as ideas no
texto, ou poden agruparse por temas.

• Interpretación do texto:
o Tipo de texto: segundo a súa natureza e temática
o Autor, título, data do texto
o Espazo xeográfico ao que se refire e cronoloxía da información, se consta no texto.

• Comentario do texto:
o Aclaración de termos xeográficos do texto subliñados na fase de preparación.
o Realización dun resumo introdutorio que inclúa o tema do texto e as ideas principais e secundarias
que trata, tomando como base o esquema que realizamos na fase de preparación.
o Explicación de cada grupo de ideas do esquema, que se poñerán en relación cos coñecementos que se
teñen sobre o tema. Poden mencionarse causas, consecuencias, etc.

Profesora: Rosa María Cid Galante 10


1.- Definir a tipoloxía da imaxe ou do documento: identifica-lo sistema de representación (gamas, lineal etc.), así como a información que
contén e a súa estrutura (tipos de datos, escalas…), localizala no espazo e no tempo, fonte de información, data.
2.- Centrar o comentario (análise, explicación e interpretación) nos acontecementos reflectidos: unidades do relevo reflectidas (podes ir por
tramos) e expoñer toda información que se saiba.
3.-Conclusión (pode relacionarse con aspectos diversos como tipoloxía de solo, influxo na agricultura, asentamento humano, etc...)

Profesora: Rosa María Cid Galante 11


1.- Definir a tipoloxía da imaxe ou do documento: identifica-lo sistema de representación (gamas, lineal etc.), así como a información que
contén e a súa estrutura (tipos de datos, escalas…), localizala no espazo e no tempo, fonte de información, data.
2.- Centrar o comentario (análise, explicación e interpretación) nos acontecementos reflectidosTemperaturas, precipitacións, oscilación
térmica, aridez, etc...Hidrografía, vexetación.
3.-Conclusión (pode relacionarse con aspectos diversos como tipoloxía de solo, vexetación, influxo na agricultura, asentamento humano,
etc...)

Profesora: Rosa María Cid Galante 12


Profesora: Rosa María Cid Galante 13
1.- Definir a tipoloxía da imaxe ou do documento: identifica-lo sistema de representación (gamas, lineal etc.), así como a información que
contén e a súa estrutura (tipos de datos, escalas…), localizala no espazo e no tempo, fonte de información, data.
2.- Centrar o comentario (análise, explicación e interpretación) nos acontecementos reflectidos: altas presións, baixas presións, frontes,
ventos, isobaras, isotermas, ventos.
3.-Conclusión : tempo que vai a haber na península.

Profesora: Rosa María Cid Galante 14


Profesora: Rosa María Cid Galante 15
1.- Definir a tipoloxía da imaxe ou do documento: identifica-lo sistema de representación (mapa e tipo de mapa, gamas, lineal etc.), así
como a información que contén e a súa estrutura (tipos de datos, escalas…), localizala no espazo e no tempo, fonte de información, data.
2.- Centrar o comentario (análise, explicación e interpretación) nos acontecementos reflectidos: Precipitacións en España e tipos de
precipitacións e forma desta, distribución irregular dos recursos hídricos en función da climatoloxía.
3.-Conclusión (pode relacionarse con aspectos diversos como tipoloxía de solo, influxo na agricultura, vexetación, asentamento humano,
etc...)

Profesora: Rosa María Cid Galante 16


1.- Definir a tipoloxía da imaxe ou do documento: identifica-lo sistema de representación (gamas, lineal etc.), así como a información que
contén e a súa estrutura (tipos de datos, escalas…), localizala no espazo e no tempo, fonte de información, data.
2.- Centrar o comentario (análise, explicación e interpretación) nos acontecementos reflectidos: réximes fluviais, meses de altos e baixos
caudais, determinar a tipoloxía de réxime e por que
3.-Conclusión (pode relacionarse con aspectos diversos como tipoloxía de solo, influxo na agricultura, asentamento humano, etc...)

Profesora: Rosa María Cid Galante 17


1.- Definir a tipoloxía da imaxe ou do documento: identifica-lo sistema de representación (gamas, lineal etc.), así como a información que
contén e a súa estrutura (tipos de datos, escalas…), localizala no espazo e no tempo, fonte de información, data.
2.- Centrar o comentario (análise, explicación e interpretación) nos acontecementos reflectidos: os escalonamentos da vexetación na
montaña
3.-Conclusión (pode relacionarse con aspectos diversos como tipoloxía de solo, influxo na agricultura, asentamento humano,
aproveitamento económico, etc...)

Profesora: Rosa María Cid Galante 18


1.- Definir a tipoloxía da imaxe ou do documento: identifica-lo sistema de representación (mapa e tipoloxía de mapa, gamas, lineal etc.), así
como a información que contén e a súa estrutura (tipos de datos, escalas…), localizala no espazo e no tempo, fonte de información, data.
2.- Centrar o comentario (análise, explicación e interpretación) nos acontecementos reflectidos e neste caso a vexetación e en concreto a
localización do carballo na península: características da árbore, factores que inflúen no seu desenvolvemento, aproveitamento económico....
3.-Conclusión (pode relacionarse con aspectos diversos como tipoloxía de solo, influxo na agricultura, asentamento humano, etc...)

Profesora: Rosa María Cid Galante 19


1.- Definir a tipoloxía da imaxe ou do documento: identifica-lo sistema de representación (mapa e tipo de mapa, gamas, lineal etc.), así
como a información que contén e a súa estrutura (tipos de datos, escalas…), localizala no espazo e no tempo, fonte de información, data.
2.- Centrar o comentario (análise, explicación e interpretación) nos acontecementos reflectidos: Recursos hídricos en España, balance,
distribución, accións que se emprenderon para corrixir o desequilibrio hídrico.
3.-Conclusión (pode relacionarse con aspectos diversos como tipoloxía de solo, influxo na agricultura, asentamento humano, etc...)

Profesora: Rosa María Cid Galante 20


1.- Definir a tipoloxía da imaxe ou do documento: identifica-lo sistema de representación (mapa e tipo de mapa, gamas, lineal etc.), así
como a información que contén e a súa estrutura (tipos de datos, escalas…), localizala no espazo e no tempo, fonte de información, data.
2.- Centrar o comentario (análise, explicación e interpretación) nos acontecementos reflectidos: a industria en España (ver libro)
3.-Conclusión (pode relacionarse con aspectos diversos como asentamento humano,, renda per cápita, densidade de poboación,
inmigración, etc...)

Profesora: Rosa María Cid Galante 21


1.- Definir a tipoloxía da imaxe ou do documento: identifica-lo sistema de representación (gamas, tipo de gráfica, lineal etc.), así como a
información que contén e a súa estrutura (tipos de datos, escalas…), localizala no espazo e no tempo, fonte de información, data.
2.- Centrar o comentario (análise, explicación e interpretación) nos acontecementos reflectidos tipoloxía de empresas en España (ver libro)
3.-Conclusión (pode relacionarse con aspectos diversos como características da industria en España, I+D, incentivos estatais e Plans de
desenvolvemento...)

Profesora: Rosa María Cid Galante 22


1.- Definir a tipoloxía da imaxe ou do documento: identifica-lo sistema de representación (gamas, tipo de gráfico, etc.), así como a
información que contén e a súa estrutura (tipos de datos, escalas…), localizala no espazo e no tempo, fonte de información, data.
2.- Centrar o comentario (análise, explicación e interpretación) nos acontecementos reflectidos: Enerxía consumida en España. Definir
enerxía, tipos de enerxía que consumimos en España, produción desta (ver libro) e consumo desta.
3.-Conclusión (pode relacionarse con aspectos diversos como a dependencia exterior en materia enerxética, avances na investigación das
enerxías renovables...

Profesora: Rosa María Cid Galante 23


1.- Definir a tipoloxía da imaxe ou do documento: identifica-lo sistema de representación (gamas, lineal etc.), así como a información que
contén e a súa estrutura (tipos de datos, escalas…), localizala no espazo e no tempo, fonte de información, data.
2.- Centrar o comentario (análise, explicación e interpretación) nos acontecementos reflectidos: redes de transporte que hai en España,
definilas, explicar as características (ver libro)
3.-Conclusión (pode relacionarse con aspectos diversos densidade de poboación, núcleos neurálxicos industriais, etc.

Profesora: Rosa María Cid Galante 24


1.- Definir a tipoloxía da imaxe ou do documento: identifica-lo sistema de representación (gamas, lineal etc.), así como a información que
contén e a súa estrutura (tipos de datos, escalas…), localizala no espazo e no tempo, fonte de información, data.
2.- Centrar o comentario (análise, explicación e interpretación) nos acontecementos reflectidos: indicar como é a natalidade, a mortalidade,
esperanza de vida, datas destacadas nos que hai aumento ou perda de poboación, forma da pirámide.
3.-Conclusión: consecuencias desta estrutura de poboación, inmigración, fecundidade....

Profesora: Rosa María Cid Galante 25


1.- Definir a tipoloxía da imaxe ou do documento: identifica-lo sistema de representación (mapa e tipoloxía de mapa, gamas, lineal etc.), así
como a información que contén e a súa estrutura (tipos de datos, escalas…), localizala no espazo e no tempo, fonte de información, data.
2.- Centrar o comentario (análise, explicación e interpretación) nos acontecementos reflectidos: definición de cidade, xerarquía, metrópole,
indicar a distribución da xerarquía...(ver libro)
3.-Conclusión (pode relacionarse con aspectos diversos como industria, turismo, redes de transporte....)

Profesora: Rosa María Cid Galante 26


1.- Definir a tipoloxía da imaxe ou do documento: identifica-lo sistema de representación (gamas, lineal etc.), así como a información que
contén e a súa estrutura (tipos de datos, escalas…), localizala no espazo e no tempo, fonte de información, data.
2.- Centrar o comentario (análise, explicación e interpretación) nos acontecementos reflectidos: plano, tipo de planos, partes, edificación...
3.-Conclusión (pode relacionarse con aspectos diversos como relevo, hidrografía, vías de comunicación...

Profesora: Rosa María Cid Galante 27


Repite o mapa as veces que poidas

Repite o mapa as veces que poidas

Profesora: Rosa María Cid Galante 28

Você também pode gostar