Você está na página 1de 17

1

Runas: a fecundidade da destrucin


Hctor Longarela Rodrguez
E assim, nas runas, o que vemos e
sentimos uma esperana aprisionada, que
quando esteve intacto o que agora vemos
desfeito qui no era to presente: no
havia alcanado com sua presena o que
consegue com sua ausencia.
MARA ZAMBRANO

As runas remiten a mido ao fragmentario do ser, aos restos e vestixios dunha
existencia sometida inexorablemente encrucillada que trazan o tempo e o espazo.
Testemuas do potencial creador e transcendente do ser humano, as como tamn do
poder imparable da natureza e o tempo. As runas son a destrucin que da conta da
creacin, as runas son o reduto material onde se recoecen os dous polos que
comprenden a existencia: a creacin e a destrucin, a vida e a morte. As runas, a fin
de contas, son un fenmeno complexo que pode espertar diversas reaccins e efectos
en funcin da perspectiva, do tempo e do espazo dende as que se contemplen. Non
cabe dbida de que, mis al de remitir a un espazo de destrucin e de morte, as
runas son tamn poiesis no sentido etimolxico, dicir, son vida, sentimentos e, sobre
todo, un espazo proclive creacin. S deste modo se explica a inxente cantidade de
obras pictricas, fotogrficas, cinematogrficas e literarias nas que as runas xogan un
papel chave. Ben sexa como ambientacin, ben como motivo principal ou ben como
smbolo ou metfora, as runas aparecen de maneira recorrente en obras de diferentes
disciplinas artsticas e de distintos perodos histricos. Facendo gala do esprito
fragmentario da materia, este traballo non ten mis aspiracins ca reunir, como se de
vestixios ou restos se tratase, un breve compendio de exemplos artsticos onde as
runas xogan un papel importante. Non se pretende construr un todo ben armado e
cun propsito claro e especfico: a arquitectura deste traballo non aspira a
materializarse nun edificio textual equilibrado, polo contra, quere e desexa ser unha
runa de runas, un espazo incompleto construdo a partir de retrincos e fragmentos de
historia e arte disgregados, ou o que o mesmo, a materializacin incompleta dunha
runa construda con pedras escollidas aleatoriamente doutras runas. Deste xeito,
partindo do esprito incompleto das runas, neste traballo intentarase trazar un breve
percorrido histrico da presenza das runas no arte occidental, especialmente na
literatura e na poesa hispnica, partindo dende a antigidade grecolatina ata chegar
aos nosos das. Polo camio analizaranse fotos, cadros e, sobre todo, poemas nos
que as runas deixaron para a posteridade a sa pegada. Quedarn por seguro runas
que explorar, pedras que non formarn parte desta runa sui generis que estou
construndo, mis con todo, espero acadar o meu humilde obxectivo: espertar interese
pola relacin runa-arte e demostrar a poiesis,o poder creador, que xace baixo as
pedras dunha runa.
As runas exerceron e exercen unha fascinacin no ser humano dende tempos
inmemoriais. Diversas culturas en diversos perodos histricos trataron o tema das
2

runas, sendo as perspectivas, formas, xneros e significacins que adquire o motivo
das runas moi diversos. Neste sentido, as runas pdense considerar coma un tema
ou motivo universal no arte, ou polo menos no arte europeo e occidental, xa que
supera con creces calquera lmite temporal, nacional, xenrico ou disciplinario. No
entanto, para comezar a explorar a presenza das runas no arte preciso establecer
un punto de partida que, se ben moi probable que non sexa a orixe primixenia,
polo menos o primeiro testemuo escrito que se conserva en occidente. Estoume a
referir ao caso dos escritos da antigidade latina onde as runas e o contraste do
presente co pasado xogan un papel crucial. Algns exemplos de poemas fnebres
onde as runas xa aparecen atpanse na Antoloxa palatina, as como nalgunha elexa
de Propercio, como o caso da IV, 1 ou a IV, 10. Precisamente ser este o xnero no
que se de un maior nmero de composicins poticas que xiran en torno ao topos das
runas, que se empregar con ton fnebre para contrapoer o presente fronte ao
pasado. Propercio, Tibulo ou Virxilio na sa Eneida sentarn as bases do xnero
elexaco, que nos seus inicios empregouse para comparar o pasado humilde e rural de
Roma co seu presente imperial e esplendoroso. Haber que esperar ata a Farsalia de
Lucano para que o motivo das runas se una ao do presente esplendoroso de Roma.
No libro IX, Csar contempla as runas da cidade de Troia, que constiten o
antecedente mtico da sa Roma imperial. Ademais da poesa, preciso mencionar a
presenza das runas noutro autor clsico como Servio Sulpicio Rufo, que escribiu
unha das reflexins mis importantes sobre as runas na epstola includa nas
Epstolas o Cartas de Marco Tulio Cicern:
Quirote decir una cosa, que a m me ha dado gran consuelo; que por ventura
ser tambin parte para aliviar tu dolor y sentimiento. Volviendo yo de Asia, y
navegando desde Egina hacia Megara, pseme a mirar todas aquellas tierras
alrededor. A las espaldas tena Egina, enfrente a Megara, a la mano derecha a
Pireo, y a la izquierda a Corinto: que todos ellos en tiempos pasados haban sido
pueblos muy ilustres, y ahora destruidos y arruinados estn delante de los ojos.
Comenc a considerar de esta manera entre m mismo: qu es posible, que
nosotros hombrecillos flacos, nos hayamos de airar porque alguno de nosotros se
muera o le maten, siendo nuestra vida de suyo corta, viendo en presencia tantos
cuerpos de pueblos destruidos y asolados hasta los cimientos? Vuelve en ti,
Servio, vuelve en ti, y acurdate que has nacido mortal. Creme, amigo Cicern,
que con esta consideracin qued no poco consolado. (Orga, Jos y Toms
de, 1780: Tomo I, Libro IV, seccin V, p. 433).
Como se pode apreciar, nesta carta o tema das runas xa aparece asociado ao
tema da condicin efmera do ser humano, reflexin que se leva ao plano ntimo
para actuar a modo de consolatio existencial, unha derivacin temtica moi
fecunda na poesa de runas espaola e italiana.
Por outra parte, en relacin ao perodo clsico, cabe sinalar das particularidades que
se dan en relacin ao tema das runas. En primeiro lugar, que a orixe do tema situase
en Roma e non en Grecia, polo que sera un dos escasos exemplos de creacin latina
que non ten un antecedente e que, polo tanto, non unha adaptacin dun caso grego
anterior. En segundo lugar, o tema das runas en Roma non nace vinculado s
reflexins sobre o tempo, tan abundantes no barroco, nin sobre o poder da natureza,
mis propias do romanticismo, senn que se asocian ao tema da deusa Fortuna. No
caso de Propercio e outros poetas coma Ovidio, o tema da cidade destruda entronca
3

coa exaltacin da grandeza e poder imperial de Roma as coma tamn co tema da
Fortuna e o destino (Ferri Coll, 1995: 23).
A irrupcin do elemento temporal e do perecedoiro da vida humana, que tanta
repercusin tivo na poesa espaola do barroco, non se da, a excepcin do exemplo
de Servio Sulpicio, segn Ferri Coll, ata a Idade Media, onde o tema das runas
empregado como exemplum moral para sinalar a forza dos castigos divinos cados
sobre as culturas pags e, segundo a mente cristi medieval, pecadoras. As ocorrera
nun texto atribudo a San Juan Crisstomo do sculo IV. No entanto, preciso sinalar,
tal como fai Stanko B. Vranich, que o tema das runas apenas foi cultivado na Idade
Media, unha poca brbara de acordo coa sensibilidade dos humanistas
renacentistas onde as runas foron saqueadas e empregadas de xeito principalmente
funcional e pragmtico, isto , como canteira da que extraer pedras coas que construr
os novos castelos e fortificacins. Houbo que agardar ata o sculo XIV para que as
runas resucitasen do seu letargo da man do poeta italiano Petrarca, que un dos
primeiros exemplos da sensibilidade renacentista e un humanista pioneiro na defensa
das runas e da elevacin do seu estatus ata categora de obxecto esttico. A partir
da labor de recuperacin iniciada polo poeta toscano, os exemplos de escritos e
poemas que tratan o tema das runas comezaran a sucederse de forma tmida ao
longo do sculo XV, onde destacan composicins como Hypnerotomachia Poliphili de
F. Colonna, e cristalizarn definitivamente no sculo XVI, poca onde se produce unha
verdadeira explosin da poesa de runas, que ser extensamente cultivada en
composicins neolatinas, onde se poden destacar os poemas de Landino e
Sannazaro, e que tamn penetrar nas diversas literaturas nacionais en lingua
romance, adquirindo caractersticas propias segundo o lugar, o tempo e o autor que
trate o tema.
Mencin especial merecen das composicins do sculo XVI, xa que a sa influencia
ser absolutamente determinante no desenvolvemento da poesa de runas no
Renacemento e Barroco espaois, italianos, franceses e ingleses. Trtase do
epigrama neolatino De Roma de Vitalis e do soneto Superbi colli de Castiglione. O
primeiro foi un dos poemas neolatinos que mis repercusins tiveron na literatura
romance da Europa do seu tempo. Neste epigrama xa aparecen recollidas moitas das
caractersticas que definirn a poesa de runas do Renacemento espaol: fascinacin
ante o esplendor do pasado clsico romano, interese arqueolxico, sensibilidade
humanista na valoracin dos logros da creacin humana, reflexin existencial sobre o
tempo e as ansias de permanencia, etc. O poema supn unha ruptura coa perspectiva
da moral cristi da Idade Media, o poeta agora dixase cativar polo sublime das runas
en lugar de extraer leccins morais sobre a inconsistencia da vida terreal e a forza do
castigo divino do pecado. O poema sera imitado por Du Bellay en Francia, Spenser en
Inglaterra e Quevedo en Espaa. Pola sa parte, o soneto de Castiglione ten o mrito
de ser un dos primeiros exemplos que une o tema das runas co sentimento amoroso.
O seu poema iniciar unha tradicin moi fecunda onde o tema das runas, mis que
espertar fascinacin arqueolxica polas civilizacins do pasado ou reflexins de corte
existencial acerca de avatares exteriores coma o tempo ou o espazo, verase luz do
petrarquismo e da sensibilidade interior. A contemplacin das runas ser o pretexto
para perderse na paisaxe ntima e interior dos sentimentos e emocins persoais. O
4

tormento interior do namorado ponse en relacin coa visin da paisaxe exterior en
runas, atopando consolo na condicin finita da vida terreal.
Os vistos anteriormente son os antecedentes dos que xurdir a poesa de runas en
Espaa, cuxo primeiro exemplo o soneto Boscn, las armas y el furor de marte do
poeta de tendencia italianizante Garcilaso de la Vega. Neste soneto Garcilaso imita a
va petrarquista do tratamento do tema das runas asociado ao da pena de amor feito
por Castiglione, pero neste caso, en lugar de cantarlle as runas de Roma, cntaselle
s de Cartago. Vranich explica o cambio de Roma por Cartago en base desfeita que
as tropas de Carlos V fixeran na cidade aeterna, o que levara a Garcilaso e,
posteriormente a Cetina, a cantarlle a Cartago para evitar problemas. (1977: 735)
Neste soneto, Garcilaso retoma o tpico das runas para asocialo ao tpico
petrarquista do lume como metfora da paixn amorosa, de tal modo que o poeta
establece un paralelismo entre o lume que arrasou con Cartago e o amor que o
queima por dentro reducndoo a cinzas. Paisaxe exterior e interior, historia xeral e
historia persoal volven a aparecer unidas nesta primeira manifestacin do tema de
runas na poesa espaola.
A partir da sa introducin a travs de Garcilaso e o gran desenvolvemento que
acadou na obra de Fernando de Herrera, o tema das runas non parou de estenderse
durante todo o Renacemento e o Barroco espaois, sendo cultivado por unha
extenssima nmina de poetas, adquirindo novas significacins e ampliando o espectro
de runas, que evolucionaron dende as runas clsicas ata chegar a exaltacin das
runas nacionais como as de Sagunto ou Itlica. O Renacemento e o Barroco espaois
deixaron poemas de runas de fermosa factura, pero deterse no anlise de cada un
deles superara o humilde propsito deste traballo, pois son moitas as grandes figuras
da poesa dos sculos de ouro espaois que trataron o tema: Rodrigo Caro, Lope de
Vega, Quevedo, Pacheco, Rioja No seu lugar, intentaremos esbozar brevemente os
trazos que adquiriu o tema das runas no Renacemento e no Barroco, prestando
atencin s diferenzas principais que se deron no tratamento do topos en mbolos
dous perodos.
No Renacemento o tratamento das runas dbese observar luz do zeitgeist
humanista e do clima optimista que percorra Europa por aquel entn. O
descubrimento de Amrica abrira novas perspectivas, o rexurdimento da antigidade
grecolatina arroxara luz al onde reinaban as tebras da barbarie medieval e en
Espaa a mquina imperial iniciada polos reis catlicos e continuada por Carlos V
marchaba vento en popa. Esta situacin repercutiu nunha poesa de runas de talante
humanista e de ton, se ben non exactamente optimista, si bastante afastada do talante
moral medieval e barroco e da tintura dramtica e angustiosa que adquiriu neste
ltimo. As runas encarbanse cunha actitude arqueolxica e cunha sensibilidade
histrica que valoraba a magnificencia das civilizacins pasadas, desembocando a
mido nun ton pico que non rexeitaba as notas eruditas e mitolxicas. O
petrarquismo segua moi vivo tamn, sendo frecuente a asociacin das runas cos
sentimentos persoais do poeta. A comparacin do presente co pasado saa a relucir
en moitos poemas, mostrando unha visin desenganada sobre o inaprensible do
tempo, mais con todo, en moitos casos, o optimismo ante esta situacin prevaleca
sobre o pesimismo, pois fronte ao deterioro das creacins materiais contrapase a
eternidade do ideal, tal como se amosa neste soneto de Herrera:
5

Las torres, cuyas cumbres levantadas,
clarissimo Marques, mirais al cielo;
las colunas, que Alcides en el suelo
por termino dex de sus jornadas;
seran al fin por tierra derribadas,
i cubiertas de olvido en negro velo;
quel tiempo tiene a muerte i triste duelo
nuestras mortales obras condenadas.
Mas el alto, el eterno monumento,
quel ingenio divino de Fernando
os fabrca con arte milagrosa,
siglos i siglos durar sin cuento;
vuestro nombre i el suyo celebrando,
de donde sale el Sol, a do reposa.
Pola sa banda, o barroco continuou tratando os mesmos temas e tpicos da poesa
renacentista, pero retorcndoos ata espremelos ao mximo e levndoos a novos
lmites. A perspectiva dende a que se abordaban era agora diferente, pois as
circunstancias histricas xa non eran as de antano. O imperio comezaba a mostrar
sinais dunha decadencia que semellaba imparable e o novo clima contrarreformista
propiciou unha intensificacin da moral catlica tradicional en detrimento do esprito
aberto e humanista da poca anterior. Os poemas tinxronse as de pesimismo,
melancola e angustia vital, ante os que a filosofa senequista e neoestoicista eran as
respostas mis habituais. Deste modo, a poesa de runas empregouse neste perodo
para transmitir leccins tico-morais a modo de exemplum a travs do tratamento de
tpicos clsicos como o carpe diem, o vanistas vanitatum, o memento mori, o tempus
fugit, o comtemptus mundi, o ubi sunt ou o sic transit gloria mundi. Un bo exemplo o
poema A Roma sepultada en sus ruinas de Quevedo:
Buscas en Roma a Roma oh peregrino!
y en Roma misma a Roma no la hallas:
cadver son las que ostent murallas
y tumba de s proprio el Aventino.

Yace donde reinaba el Palatino
y limadas del tiempo, las medallas
ms se muestran destrozo a las batallas
de las edades que Blasn Latino.

Slo el Tiber qued, cuya corriente,
si ciudad la reg, ya sepultura
la llora con funesto son doliente.

Oh Roma en tu grandeza, en tu hermosura,
huy lo que era firme y solamente
lo fugitivo permanece y dura!
Como se pode observar, as runas emprganse neste poema como unha forma de
reflexionar sobre o paso do tempo a travs do espazo. As runas son testemua do
paso do tempo, do seu cambio inevitable. O movemento natural trunfa sobre as ansias
de estabilidade humana igual ca o Tber imponse por riba da cidade de Roma. As
creacins humanas, a pesar da sa beleza e esplendor, son temporais e non poden
loitar contra o seu deterioro e morte, o que esperta un sentimento de melancola,
carencia e ausencia no poeta. O espazo destrudo fica como testemua da forza do
movemento temporal imposible de deter. Quevedo, moi infludo por Herclito, pretende
6

transmitir as leccins do efmero da condicin humana e de que a nica estabilidade
posible a que vive no cambio, para o que se serve dun dos elementos que, xunto co
xardn, mellor combinan coa imaxe das runas: o ro.

Como se pode observar nestas das pinturas do francs Claudio de Lorena (a primeira
pola esquerda Paisaxe con Tobas e o Arcanxel Rafael, e a segunda As tentacins
de San Antonio), as escenas relixiosas aparecen presentadas nunha paisaxe de
runas ambientada con fortes contrastes de luz. O motivo das runas aparece
asociado, non de forma casual, ao do ro, que tal como vimos no soneto de Quevedo,
foi un recurso moi frutfero no tratamento barroco das runas. Unha pintura similar
deste artista barroco que tamn presenta o ton melanclico e desalentador destas
paisaxes con runas e motivos acuticos Marina con Ezequiel chorando nas runas
de Tiro. O caso de Claudio de Lorena xa anticipa o que ser unha das constantes na
pintura do sculo XVIII: os cadros paisaxsticos presididos por runas.
O tema das runas seguiuse a cultivar unha vez finalizado o perodo barroco, se ben
certo que con menor intensidade e menos innovacin. A ampliacin semntica e
variacin que experimentou o tpico durante o sculo XVII detense no sculo XVIII,
cuxo tratamento das runas decae no xnero privilexiado ata entn, a lrica, mentres se
expande moito mis noutras disciplinas como a pintura, onde o tema das runas xa tivo
precedentes no sculo XV co Martirio de San Sebastin de Mantegna e se cultivou no
sculo XVI con Marten van Heemskerk, Duprac e Dosio e no XVII cos grabados de
Sadeler e os cadros de Poussin e Claudio de Lorena. A perspectiva tamn cambia no
sculo XVIII, sendo agora o punto de vista arqueolxico e cientifista o que domina o
interese literario polas runas, mis ca melancola propias do barroco e da posterior
etapa romntica. Polo tanto, pdese considerar a ilustracin coma un parntese
academicista, ou mesmo como unha etapa de transicin entre as runas barrocas e
romnticas, na que son poucos os poemas de runas destacados en lingua espaola,
entre os que cabera mencionar o soneto Caste, altiva Roma, en fin caste de
lvarez de Toledo ou Las ruinas do conde de Torrepalma. Mis interesantes resultan
en cambio as obras pictricas que presenta Starobinski no seu ensaio A melancola
entre as runas. O autor suzo reflexiona neste ensaio sobre o tema das runas
relacionndoo coa sa presenza no arte pictrico do XVIII, onde o motivo das runas
evolucionou dende uns inicios onde s seran un elemento decorativo que agrega
profundidade temporal profundidade espacial, como no caso de Magnasco, ata
7

chegar a erixirse no motivo central do cadro, como acontece no caso de pintores coma
Hubert Robert ou Pannini, a propsito do cal afirma que o aspecto documental vence,
o lenzo rene curiosidades dispersas, obtendo un efecto de museo. (1964:183)


Abof que observando a vedute de Pannini apenas se poden rastrexar restos desa
angustia e malestar vital que as runas espertaban no caso da poesa barroca. Por
outra parte, o pathos dos claroscuros caractersticos da pintura barroca deixan paso
aqu a unha luz tenue e clida que transmite as sensacins de serenidade e harmona
das que gustaba a mente racional e acadmica do neoclasicismo. A composicin
equilibrada e os contornos ntidos axudan a compoer unha estampa sen sobresaltos
e case que buclica, na que un pastor coas sas ovellas e o seu can presta atencin
8

s ensinanzas que a deusa Fortuna lle proporciona sobre o valor arqueolxico desas
runas. Natureza e cultura, pasado e presente, cultura popular e cultura erudita
aparecen neste cadro sen revelar tensin algunha e sen espertar mis sentimentos ca
paz e calma. Habera que esperar un tempo ata que comezasen a aparecer cara finais
de sculo novas obras portantes dunha sensibilidade diferente, como o caso na
pintura de Piranesi, autor de mente e perspectiva alucinada que compuxo cadros de
runas escuras e desproporcionadas que producan un efecto desacougante no
espectador ao manifestar a insignificancia do ser humano, ou na literatura de
Chautebriand e Volney, que facan gala dun gusto polo antigo e a ambientacin
histrica ou orientalista e na que a contemplacin das runas, no caso do segundo,
manifstase como unha experiencia do sublime que esperta ao mesmo tempo
sentimentos contrariados de terror e delicia. Atopmonos, polo tanto, na antesala dun
novo movemento, o Romanticismo, no que as runas, ao contrario do que ocorra na
sensibilidade neoclsica, rexurdirn de xeito apaixonado e vehemente.
O Romanticismo chegou a Espaa de maneira tarda e moitos dos seus elementos
foron adaptados ou suprimidos, pero, a pesar de todo, as runas sobreviviron na
variante hispnica do movemento, tal como testemuan os moitos exemplos que se
poden atopar en obras literarias como os relatos e novelas de Cecilia Bhl de Faber
(Fernn Caballero), as lendas de Bcquer e diversas obras teatrais ambientadas en
escenarios medievais onde as runas aparecen con frecuencia, como o caso, por
exemplo, de El mariscal Pedro Pardo de Emilia Pardo Bazn:
Tiempo vendr que el noble ya no cia
la cota y el arns, ni empue lanza,
y solo envuelva en sedas y brocados
su carne sin vigor, afeminada:
tiempo en que sus castillos no el alerta
se escuche, ni vigile la atalaya,
y solo cante el bho en sus ruinas,
al travs de las hiedras, y las zarzas! (Ribao, 2000: 91)
Na poesa os exemplos son menos numerosos, ao contrario do que ocorreu noutras
partes de Europa como Alemaa, onde a lrica de Hlderlin non parou de visitar runas.
Inda as, pdese rastrear algn exemplo, como na rima V de Bcquer, onde se lee:
En el lad soy nota,
perfume en la violeta,
fugaz llama en las tumbas
y en las ruinas yedra.
Comparando as palabras de Bcquer coas de Pardo Bazn salta vista a recorrencia
imaxe da hedra, que un dato revelador acerca do tratamento que reciben as runas
na nova sensibilidade romntica. Al onde os poetas barrocos empregaban imaxes
como o ro, smbolo do tempo, os romnticos decantaranse preferentemente pola
hedra, a flor, as herbas ou a maleza, smbolos todos do poder da terra e a natureza.
Este xiro hai que entendelo en relacin s circunstancias histricas das que xurde o
movemento romntico como oposicin, por un lado, ao neoclasicismo e, por outro,
sociedade industrial. Os romnticos europeos rexeitarn os valores academicistas e
eruditos de equilibrio e harmona asociados antigidade grecolatina para volver s
races populares nas que se cre est contido o esprito da nacin. Deste xeito, fronte a
9

frialdade dos ideais clsicos, os romnticos volvern a sa mirada Idade Media,
considerada no sculo XVIII como un perodo de barbarie, onde os intelectuais
romnticos pretenden atopar a paixn e o fervor popular do que careca o
neoclasicismo e a Ilustracin. Esta circunstancia propiciar que as runas favorecidas
xa non sexan as clsicas, tal como aconteca nos sculos XVI, XVII e XVIII, senn as
medievais, nas que, mis que o pracer arqueolxico de descifrar o seu significado e a
historia que contian, o que se buscaba era a contemplacin do sublime. Os
humanistas renacentistas a mido asumiran as runas romanas coma textos
amputados que era necesario reconstrur, dicir, que podan ser lidas e interpretadas
para coecer a historia de civilizacins pasadas e proxectar as as sas ensinanzas no
presente a travs de reflexins sobre o tempo ou a fortuna. Pola contra, os romnticos
non buscarn ese coecemento erudito, senn mis ben a experiencia contemplativa,
sentimental e melanclica do sublime. Terror, esquecemento, ausencia, carencia
era o que se buscaba nas runas, que remitan decoto morte do humano. Por outra
parte, dende finais do XVIII iniciouse en Europa a revolucin industrial, o que
transformou profundamente as relacins espaciais. A cidade erixiuse no centro
indiscutible da actividade fabril propiciando o xodo rural ao tempo que a proliferacin
de fbricas e novas construcins arquitectnicas comezaron a cambiar a morfoloxa
das antigas vilas e cidades. Neste novo contexto no que o ferro se impoa cada da
mis pedra, os romnticos europeos volveron a vista ao mundo rural e a natureza,
tidos como ltimos redutos que conservaban unha pureza inda non contaminada pola
voracidade industrial. Esta actitude de volta ao mundo natural deixar a sa pegada
no tratamento das runas onde agora, mis ca ser un pretexto para reflexionar sobre o
tempo, sern empregadas para opoer a caducidade e debilidade do humano fronte
forza e esprito irredento da natureza, co cal se senten identificados, como se viu na
rima de Bcquer.
Como se pode apreciar, o uso romntico das runas pouco ten que ver co que fixeran
anteriormente os neoclsicos, tal e como se viu a propsito desa veduta de Pannini
que espertaba sentimentos de paz. Neste sentido, a perspectiva que os intelectuais do
XVIII tian das runas pdese entender mellor luz das reflexins que o socilogo
alemn G. Simmel plasmou no seu ensaio de 1911 The ruin. Este autor concibe as
runas, entre outras moitas cousas, como unha manifestacin de equilibrio entre a
forza da vontade e do esprito, de tendencia ascendente, e a forza da natureza, de
tendencia descendente. As runas seran a manifestacin do equilibrio entre estas
das tendencias, o que explicara a sensacin de paz que poden espertar:
When we speak of "returning home," we mean to characterize the peace whose
mood surrounds the ruin. And we must characterize something else: our sense that
these two world potencies the striving upward and the sinking downward-are
working serenely together, as we envisage in their working a picture of purely
natural existence. Expressing this peace for us, the ruin orders itself into the
surrounding landscape without a break, growing together with it like tree and stone-
whereas a palace, a villa, even a peasant house, even where they fit perfectly into
the mood of their landscape, always stem from another order of things and blend
with that of nature only as if in afterthought. (1958: 383)
Este equilibrio sereno do que fala Simmel (e que tamn percibe Mara Zambrano
cando afirma que nas runas arquitectnicas uma fuso entre a natureza e a histria
tem lugar, uma pacificao, uma reconciliao de onde nasce essa especial beleza
(2010: 4)) seguramente o que percibiron moitos dos intelectuais e artistas do XVIII,
10

para quen as runas, ao contrario que os romnticos, non expresaran esa melancola
e sentimento trxico do que tamn falan Simmel e Zambrano, dicir, as runas como
vinganza da natureza sobre o esprito humano que a dobregou, unha vinganza latente
na materia dende o primeiro instante de construcin. Pola contra, os neoclsicos
percibiran as runas como un fenmeno hbrido no que natureza e esprito humano
conviven a partes iguais, dicir, como unha construcin que tan obra da natureza
coma da vontade humana. No Romanticismo esta relacin concibirase como
traxicamente desequilibrada, o que remarcara a insignificancia do ser humano fronte
ao sublime da natureza, que desembocara vez en sensacins de beleza e
melancola. Estas sensacins romnticas estn tamn moi relacionadas co que sinala
Starobinski a propsito das runas, nunha lia moi similar que posteriormente seguir
Marc Aug en El tiempo en ruinas. Para Starobinski, o esquecemento e a ignorancia
son dous factores chave na potica das runas. Tal e como el di la potica de la ruina
es siempre un sueo ante la invasin del olvido, no que para que haxa beleza es
preciso que la destruccin sea bastante lejana para que se hayan olvidado las
circunstancias precisas en que se produjo: en lo sucesivo se la puede imputar a una
fuerza annima, a una transcendencia sin forma (1964: 180). Deste xeito, a runa
pasa a ser o monumento dun esquecemento ou dunha significacin perdida.
Paradoxicamente, a maior parte das veces un edificio construdo orixinalmente para
recordar algo, como monumento para conmemorar algn feito ou personalidade,
cando se converte en runa pasa a ser o monumento dun recordo perdido, un
monumento que pasou de significar algo a significar esquecemento, ausencia e
abandono. Neste sentido, tanto para Starobinski como para Aug preciso que non se
recorden datas, que non se poida reducir a runa ao devir histrico, senn temporal. O
coecemento arqueolxico e o pensamento histrico mataran a beleza mtica da
runa.
A propsito das runas como paz e traxedia, como historia e tempo, como recordo e
esquecemento, como cultura e natureza, como soo mtico e cra realidade preciso
citar un dos poemas de runas mis fermosos que pariu a lrica hispnica do sculo
XX. Estoume a referir a Las ruinas, poema de Luis Cernuda contido en Como quien
espera el alba. Sen que serva de precedente, reproducirei este extenso poema, xa que
as caractersticas que presenta e a sa bela factura as mo aconsellan:
Silencio y soledad nutren la hierba
Creciendo oscura y fuerte entre ruinas,
Mientras la golondrina con grito enajenado
Va por el aire vasto y bajo el viento
Las hojas en las ramas tiemblan vagas
Como al roce de cuerpos invisibles.

Puro, de plata nebulosa, ya levante
El agudo creciente de la luna
Vertiendo por el campo paz amiga,
Y en esta luz incierta las ruinas de mrmol
Son construcciones bellas, musicales,
Que el sueo complet.

Esto es el hombre. Mira
La avenida de tumbas y cipreses, y las calles
Llevando al corazn de la gran plaza
Abierta a un horizonte de colinas:
Todo est igual aunque una sombra sea
De lo que fue hace siglos, ms sin gente.

Levanta este titnico acueducto
Arcos rotos y secos por el valle agreste
11

Adonde el mirto crece con la anmona.
En tanto el agua libre entre los juncos
Pasa con la enigmtica elocuencia
De su hermosura que venci a la muerte.

En las tumbas vacas, las urnas sin cenizas,
Conmemoran an relieves delicados
Muertos que ya no son sino la inmensa muerte annima,
Aunque sus prendas lees sobrevivan:
Pomos ya sin perfume, sortijas y joyeles
O el talismn irnico de un sexo poderoso,
Que el trgico desdn del tiempo perdonara.

Las piedras que los pies vivos rozaron
En centurias atrs, an permanecen
Quietas en su lugar, y las columnas
En la plaza, testigos de las luchas polticas,
Y los altares donde sacrificaron y esperaron,
Y los muros que el placer de los cuerpos recataban.

Tan slo ellos no estn. Este silencio
Parece que aguardase la vuelta de sus vidas.
Mas los hombres, hechos de esa materia fragmentaria
Con que se nutre el tiempo, aunque sean
Aptos para crear lo que resiste el tiempo,
Ellos en cuya mente lo eterno se concibe,
Como en el fruto el hueso encierran muerte.

Oh Dios. T que nos has hecho
Para morir por qu nos infundiste
La sed de eternidad que hace al poeta?
Puedes dejar as, siglo tras siglo,
Caer como milanos que deshace un soplo
Los hijos de la luz en la tiniebla avara?

Ms t no existes. Eres tan slo el nombre
Que da el hombre a su miedo e impotencia,
Y la vida sin ti es esto que parecen
Estas mismas ruinas bellas en su abandono:
Delirio de la luz ya sereno a la noche,
Delirio acaso hermoso cuando es corto y es leve.

Todo lo que es hermoso tiene su instante, y pasa.
Importa como eterno gozar de nuestro instante.
Yo no te envidio, Dios; djame a solas
Con mis obras humanas que no duran:
El afn de llenar lo que es efmero
De eternidad, vale tu omnipotencia.

Esto es el hombre. Aprende, pues, y cesa
De perseguir eternos dioses sordos
Que tu plegaria nutre t tu olvido aniquila.
Tu vida, lo mismo que la flor es menos bella acaso
Porque crezca y se abra en brazos de la muerte?

Sagrada y misteriosa cae la noche,
Dulce como una amiga que acaricia,
Y en su pecho, donde tal ahora yo, otros un da
Descansaron la frente, me reclino
A contemplar sereno el campo y las ruinas.
12

Como se pode observar, neste poema, que non o nico no que Cernuda trata o tema
das runas, o poeta andaluz consegue unir nunha sntese perfectamente trabada case
tdalas tradicins e ideas vistas anteriormente neste traballo. Barroco, Neoclasicismo
e Romanticismo deixan a sa pegada na visin e na voz potica do hispalense, en
cuxo poema as runas son paz e son traxedia, son equilibrio e serenidade entre
natureza e construcin humana, son desacougo existencial fronte a idea do tempo e a
morte, son soo escuro de beleza e melancola, son irremediablemente a realidade da
dura existencia humana, son Historia da humanidade vista luz da intrahistoria
persoal do sentimento e a paisaxe interior.
O caso de Cernuda non debe estraar, pois foron moitos os poetas espaois que ao
longo do sculo XX e comezos do XXI trataron o tema das runas, ben de forma
central ou ben de forma colateral. Na propia xeracin do 27 Jorge Guilln escribiu
Ruinas con miedo e La venus de Itlica, mentres que Vicente Aleixandre dedicoulle o
seu poema A una ciudad resistente s runas de Numancia. O tema aparece nas
composicins garcilasistas de Ridruejo e tamn na poesa dos autores do grupo
Cntico de Crdoba. A nmina de autores que trataron o tema na segunda metade so
sculo XX e comezos do XXI moi extensa, tal como recolle a antoloxa Las runas en
la poesa espaola contempornea de Martos Prez: F. Brines, A. Nez, A. Colinas,
J. Cortines, J. Lamillar O que caracteriza poesa de runas espaola
contempornea a sa heteroxeneidade a tdolos niveis. O tratamento vara dun
autor a outro oscilando entre diferentes tradicins, asumindo unha visin mis xeral e
exterior ou mis concreta e ntima, cun ton melanclico s veces ou de denuncia social
outras, sobre todo na poesa do realismo social dos anos 50 e 60, onde os desastres
ocasionados pola Guerra Civil inda estaban moi presentes. Tamn destaca a
variedade de runas s que se lle canta actualmente, amplindose considerablemente
o espectro respecto s pocas anteriores, pois agora, por exemplo, entran runas
latinoamericanas, que anteriormente s foran tratadas por poetas hispanoamericanos
como Heredia, Neruda ou Paz, pero non por espaois como o caso do corus
Csar Antonio Molina, que lle canta a runas coma Machu Picchu. Tamn aparecen
poetas coma Juan Eduardo Cirlot, en cuxa poesa etrea de tintura surrealista e
existencialista as runas son empregadas recorrentemente coma un smbolo do Dasein
heideggeriano. O ser no tempo e a morte impregnan toda a poesa de Cirlot, onde
unha sensacin de runas sobrevoa todos os seus versos, nos que aparecen
fragmentos, cachos e runas constantemente. Por outra parte, a sa paixn polo
medievo as como por civilizacins da antigidade lvano a compoer os poemas
romanos, os poemas de Cartago ou o seu afamado ciclo Bronwyn de marcados
aires medievais. A survivance derridiana, ese existir activo-pasivo do que falaba o
filsofo francs, casa perfectamente coa sensacin de runa que espertan os poemas
de Cirlot, quen no seu dicionario de smbolos nos di o seguinte sobre as runas:
Su sentido simblico es obvio y literal; significan destrucciones, vida muerta. Son
sentimientos, ideas, lazos vividos que ya no poseen calor vital, pero que todava
existen, desprovistos de utilidad y funcin, en orden a la existencia y el
pensamiento, pero saturados de pasado y de realidad destruida por el paso del
tiempo. Las ruinas son un smbolo equivalente al de las mutilaciones en lo
biolgico. (1997: 396)
Outro aspecto destacado da poesa contempornea de runas o feito de que xa non
s se lle cante a runas antiqusimas de civilizacins pasadas, senn tamn aos restos
deixados polo pasado recente. Os residuos deixados pola modernidade son reciclados
de forma potica na lrica de autores coma, por exemplo, A. Jimnez Milln, quen no
seu poema Fbrica abandonada subverte a tradicin ao presentar un reguero de
humo, engranajes y cables oxidados, ventanas al vaco, vidrios sucios ou un eco
de voces en las naves, en lugar das clsicas columnas, frisos ou capiteis da poesa
renacentista ou barroca. Este mesmo interese polas runas contemporneas aprciase
13

en moitos outros produtos culturais actuais. Pelculas, novelas, bandas deseadas,
videoxogos e fotografas recranse non s en paisaxes presididas por runas clsicas
e medievais, senn tamn en edificios abandonados, barrios suburbiais e perifricos
deixados da man do esquecemento, en lugares desfeitos trala guerra, etc. Un exemplo
desta tendencia , por exemplo, o fotgrafo Gabriele Basilico, quen a mido pretende
retratar cidades baleiras ou en runas a travs do obxectivo da sa cmara.

Gabriele Basilico, Beirut.
Sen embargo, preciso sinalar que o tema das runas contemporneas non est
exento de certa polmica, pois hai quen, coma Marc Aug, non as considera runas.
Este autor segue unha lia argumentativa similar de Starobinski, contida xa en parte
no ensaio fundacional de Simmel, segundo a cal, as runas deben achegarnos a un
pasado irrecuperable. Para falar de runas non basta con que haxa destrucin, senn
que ademais esta debe ser ocasionada polo tempo. Para Aug as runas teen que
ser unha consecuencia do tempo e sinala que as destrucins ocasionadas por
catstrofes naturais ou pola tecnoloxa humana non seran propiamente runas. Como
exemplo pon o caso dos restos e vestixios que ocasionou a guerra dos Balcns, que
tan s duraran o mesmo que durase a guerra. Mis ca remitir permanencia que
aspiraban alcanzar as construcins antigas, eses restos remiten ao efmero da
arquitectura moderna. E que para Aug, o que el chama supermodernidade
caracterzase por unha presentizacin da experiencia do tempo na que as
construcins xa non se fan para que duren nin pretenden, coma as antigas, acadar a
permanencia, senn que estn pensadas para a sa substitucin continua, isto , eses
edificios nunca sern runas, senn escombros doados de recoller. en base a esta
presentizacin continua onde as runas adquiren importancia no mundo
contemporneo:
El tiempo puro es ese tiempo sin historia del que nicamente puede tomar
conciencia el individuo y del que puede obtener una fugaz intuicin gracias al
espectculo de las ruinas (2003: 47)
14

As runas teran, polo tanto, a funcin pedagxica de ensinar ao individuo a
experiencia do tempo puro para permitirlle volver a crer na Historia nunha poca que
se afana en representar a sa morte a travs da obsesin co presente.
O certo que o libro de Aug dunha riqueza tal que dara para outro traballo. A
variedade de perspectivas dende as que contempla o espectculo das runas na
actualidade as como as reflexins de profundo calado que contn fan de El tiempo en
runas unha lectura indispensable no que a runas se refire, como evidencian a
reflexin que fai sobre o papel que xogan as runas na sociedade do espectculo
conectndoas co turismo ou as achegas que fai sobre a relacin do arte
contemporneo coas runas, na que amosa exemplos coma esta escultura de Anne e
Patrick Poirier titulada co verso horaciano Exegi Monumentum Aere Perennius:

Ao meu parecer, esta escultura resulta moi interesante, pois presenta o tema das
runas dende unha perspectiva totalmente posmoderna que se manifesta na irona e
ambivalencia do ttulo as como na filosofa do espctaculo, a performance e o
simulacro que subxace baixo a sa construcin.
Finalmente, non quero deixar escapar a ocasin para apuntar outra das tendencias
que Aug constata no arte contemporneo en relacin as runas. Trtase desas obras
que en lugar de empregar as runas para reflexionar sobre o pasado, que era o comn
nas tradicins anteriores, prefiren retomar a lia xa contida nos escritos de Volney de
empregar as runas para construr o futuro. Durante todo o sculo XX e na actualidade
dronse moitas obras que se imaxinan un futuro distpico e posapocalptico no que as
runas son un elemento moi recorrente. Tal o caso, por exemplo, dese fabuloso foto-
drama de Chris Marker chamado La Jete no que se nos presenta un mundo en runas
tras o acaecemento da Terceira Guerra Mundial. Nesta obra de ciencia ficcin
15

amsanse fotografas como a de embaixo, na que o Arco do triunfo, smbolo desa
nacin cuxo emblema Libert, Egalit e Fraternit, aparece totalmente desfeito. O
futuro de La Jete, como o de tantas outras obras distpicas, non est exento de
crtica social, pois as runas do futuro son a testemua dos erros presentes.

Como conclusin, gustarame remarcar a enorme fecundidade que entraa o tema das
runas para o arte e as humanidades. Como vimos neste traballo, o tema non parou de
cultivarse e medrar dende os seus inicios na poesa, en concreto, na elexa, ata
chegar sa presenza diversa e heteroxnea na actualidade, onde se poden rastrexar
exemplos en poesa, teatro, narrativa, pintura, cine, escultura As perspectivas
dende onde se abordaron as runas arquitectnicas e as ideas e reflexins que
espertaron tampouco pararon de evolucionar e diversificarse: reflexins metafsicas,
experiencias melanclicas, crtica social, construcin de paisaxes quintaesenciados e
buclicos Todo o cal me leva a considerar as runas como unha gran canteira que
os artistas acudiron, acoden e, moi probablemente, acudirn na busca de novas ideas
e experiencias estticas coas que construr as sas creacins. Por outra parte, no
plano terico os traballos sobre as runas e a sa relacin co arte son e foron moi
abundantes, o cal non quere dicir que non haxa futuro entre runas, pois son varias e
moi interesantes as lias de estudo futuras que ofrece este campo de investigacin
como, por exemplo, o estudo do impacto das runas noutras culturas diferentes da
occidental (Aug sinalaba que a obsesin coas runas era un fenmeno unicamente
occidental), a investigacin sobre o uso que se fai das runas na construcin de
ambientes distpicos en medios emerxentes como o videoxogo ou a banda deseada
ou a anlise da lectura que fan e da relacin que manteen coas runas os
movementos da contracultura urbana, os cales se reapropian daqueles espazos
suburbiais, perifricos e marxinais mantidos nas runas do esquecemento e o deterioro
por parte do centro e os reciclan en novas manifestacins artsticas como o graffiti, co
que a partir dos despoxos e residuos das urbes da sociedade de consumo constren
novos espazos artsticos. Este o caso do artista urbano co que poerei punto e final
ao meu traballo: Borondo.
16


Como se pode observar, a obra deste artista xa manifesta unha relacin coas runas
diferente da que mantian os creadores de antano. No caso de Borondo, xa non
suficiente unha contemplacin da runa que inspire a creacin dunha nova obra, senn
que a runa move accin ao artista urbano, que non crea a partir da runa, senn que
crea en e sobre a propia runa, de tal xeito que a transforma ideal e materialmente
nunha obra de arte. Esta accin transformadora tamn revela unha lectura das runas
diferente da que se faca en perodos coma o Renacemento ou a Ilustracin. Agora as
runas e a civilizacin da que xurdiron xa non inspiran respecto e consideracin, senn
que son asumidas como residuos insignificantes da modernidade e a industrializacin,
coma moles de ladrillo e cemento que deben ser recicladas e s que necesario
humanizar dotndoas de significado e alma artstica. Como se pode apreciar, as
runas arquitectnicas teen futuro tanto na prctica como na teora artstica e, por
moito que se empee o tempo, perdurarn na terra mentres perdure o impulso creador
humano.

Bibliografa:
-Aug, M. (2003): El tiempo en ruinas, Barcelona, Gedisa.
-Cirlot, J.E., (1997): Diccionario de smbolos, Madrid, Siruela.
-Ferri Coll, J.M. (1995): Las ciudades cantadas: el tema de las ruinas en la poesa
espaola del Siglo de Oro, Universidad de Alicante.
-Martos Prez, M.D. (2008): Las ruinas en la poesa espaola contempornea. Estudio
y antologa, Universidad de Mlaga.
17

-Orga, Jos y Toms de; (1780): Epstolas o cartas de Marco Tulio Cicern
vulgarmente llamadas familiares, Valencia. Edicin online en:
http://books.google.es/books?id=2dUfAZAak08C&pg=PA500&lpg=PA500&dq=epistola
s+familiares+servio+sulpicio&source=bl&ots=X2fJQoJyrd&sig=KNLzZBKb4_OwIMNxw
ppk3s6C65k&hl=gl&sa=X&ei=7jvcUazLM8uv7Aa45oD4Cg&ved=0CDgQ6AEwAQ#v=o
nepage&q=epistolas%20familiares%20servio%20sulpicio&f=false
-Ribao Pereira, M. (2000): El mariscal Pedro Pardo, drama indito de Emilia Pardo
Bazn en Madrygal: Revista de Estudios Gallegos ao 2000, n 3: 75-92. Online en:
https://www.google.es/url?sa=t&rct=j&q=&esrc=s&source=web&cd=1&cad=rja&ved=0
CCwQFjAA&url=http%3A%2F%2Frevistas.ucm.es%2Findex.php%2FMADR%2Farticle
%2Fdownload%2FMADR0000110075A%2F33551&ei=2VvhUYzVGpDb7AaCkYDoAQ
&usg=AFQjCNGUp6r3AMmf0D6c452M_I6D8Q9U8A
-Simmel, G. (1958): The Ruin en Two Essays: The Handle, and The Ruin, Hudson
Review, 11:3 (1958:Autumn) p.371. Traducin inglesa do ensaio de 1911 Die Ruine.

-Starobinski, J. (1964): La melancola en las ruinas en La invencin de la libertad
1700-1789, Barcelona, Ed. Skira, pp.179-188.

-Vranich, S.T. (1977): La evolucin de la poesa de las ruinas en la literatura espaola
de los siglos XVI y XVII en Gordon, A. M. e Rugg, E. (1980): Actas del sexto congreso
internacional de hispanistas, Toronto, AIH, pp.765-769. Online en:
http://asociacioninternacionaldehispanistas.org/actas/AIH_06_1.pdf
-Zambrano, M. (2010): Uma metfora da esperana: as runas en Revista Sopro n37
de outubro de 2010, pp.1-4. Traducin portuguesa do ensaio Una mtafora de la
esperanza: las ruinas publicado orixinalmente na revista Lyceum, vol VIII, n. 26,
Havana (Cuba), maio de 1951. Online en: http://culturaebarbarie.org/sopro/n37.pdf

Você também pode gostar