Você está na página 1de 2

1- Como e por que traballa un editor independente?

2- Poderías contarnos os teus proxectos actuais e futuros?

3- Como consegue un libro de artista, unha revista, ou calquera outro tipo de libro/publicación
independente expresar o seu contido?

4- Inventaches/creaches algún modelo para abordar o tema da distribución? Cales son as túas
influencias, se é que as hai? Hai algún tipo de símbolo ou imaxe xeral ou referencial que
marque as túas decisións á hora de publicar?

5- Como consegue un editor independente manter a súa independencia, a súa autonomía e


como consegue atopar a audiencia?

6- Que é unha gran audiencia para ti?

7- Como consegue unha iniciativa editorial a pequena escala asegurar a súa presenza
continuada no actual contexto editorial?

8- Cres que as institucións, centros de arte, espazos públicos poden operar como
distribuidores/provedores sustentables de comunicación e información libre, gratuíta?

9- Existe unha carencia de posición crítica actualmente?

ENTRE/VISTA
mesóstico das palabras ARTISTA – EDITOR – ARTE – LIBRO

quizAis a túa pRegunta necesiTe sEr rEspondida inmeDiatamente: é Imposible que os


arTistas innOvadores Rexeiten introduci-La Innovación nos seus liBros de aRte hOxe en
día. a Arte está pResente en Todos os Elementos. Ler os propIos liBros fai saltaR una
chispa que prende un incendiO: A continuación son os aRtistas e ediTores Innovadores oS
que garanTen que sigA ardendo.

Estes libros que eDitamos permIten que lles presTemos atenciOn dun modo máis
Relaxado —eclipsAndo así outRas formas arTísticas—, como rEcipientes liberan as
percepcións do lector. como artistA, editoR e poeTa, esta posIbilidade vén Sendo
basTante seductorA, xA que ningunha outRa obra de arTe nos pErmite esta Liberdade
(i)limItada para gozar liBremente do noso espíRito creativO.

Ler lIbros é Básico na foRmalización do pensamentO: extEnsión De Ideas medianTe


publicaciOns; presentaR mAteriais de lectuRa heTeroxéneos como Estrutura… e os/As
lectoRes len persoalmenTe, Independentemente; inStalar libros en fonTes de
coñecemento mAiores, como bibliotecAs. ao pasaR as páxinas riTmica-mEnte, quizais
partindo dE aDiante e Indo cara aTrás, cOmo eles queiRan, os Lectores reInventan o seu
liBro a paRtir do nosO.

divulgAr os teus libRos sempre Trae bastantEs crebacabezas, Dado que Implica unha
exTraña cOmbinación; son libRos, pero sAense dos foRmatos Típicos dE desEño Das
edIcións, dos xéneros esTablecidos Ou das técnicas naRrativas tradicionais.

A veRdadeira incerTeza rEspecto aos libros xérase canDo se reflexIona sobre o seu
esTatus cOmo elementos difeRenciados; os Libros dende un punto de vIsta Basicamente
cRítico sOn considerAdos como algo categoRicamente diferenTe a outras formas artístIcas
—materiaiS aparTheid, «intelectuAlmente lixeiros». tAmén os difeRenciamos,
erroneamenTe, con detErminadas actitudes. é habituaL que moitos dos artIstas que
puBlican libRos nOn son reAlmente aRtistas, desaforTunada-mEnte...

poLo tanto o paradoxo que Implican os nosos liBros é o seguinte: poR que o vídeO, ou
cAlquera outRo Tipo de sucEdáneo, se considEra apto para o comisariaDo, asImilable,
menTres que Os libRos daLgún modo non funcIonan como «oBra de aRte» que poida ser
exposta xuntO a outrAs foRmas arTísticas contEmporáneas? NormAlmente poRque Teñen
moita versatIlidade.

oS libros Teñen o don da versAtilidade.

Alec Finlay
Información sobre as publicacións: www.alecfinlay.com

Você também pode gostar