Você está na página 1de 25

Mercado Laboral: Contratación

4
Mercado Laboral: Contratación

Índice
4

Pax

1. Evolución da contratación. Pacto de Lemos/Provincia/Galicia. ……………….. 5

2. Contratación segundo xénero. Pacto de Lemos. …………………………………. 8

3. Contratación segundo idade. Pacto de Lemos. …………………………...……... 10

4. Contratación segundo sector de actividade. Pacto de Lemos. ……………….. 11

5. Contratación segundo tipoloxía contractual. Pacto de Lemos. …………..……

19

Os datos que se empregaron na realización deste informe foron obtidos do Instituto Galego das
Cualificacións.
Mercado Laboral: Contratación

Informe de Contratación. Outubro 2009.

Rematado o mes de outubro do presente ano, procedemos a analizar o comportamento


que tivo o mercado laboral en termos de contratación no citado mes.

Comezaremos por observar a evolución experimentada pola contratación ó longo do ano


2009 e posteriormente precisaremos a variación rexistrada respecto ó ano precedente tanto no
conxunto da contratación coma incidindo nas distintas variables.

En base ó antedito, iniciamos a análise amosando as cifras de contratos rexistrados nos


distintos eidos territoriais estudados.
Mercado Laboral: Contratación

1. Evolución da Contratación. Pacto de Lemos/Provincia/Galicia.

No presente epígrafe imos mostrar o número de contratos formalizados no que vai de


ano 2009 tanto no Pacto de Lemos coma na provincia e en Galicia e a variación interanual
habida en relación o ano 2008.
4

 Táboa 1.1. Contratos e variación interanual. Pacto de Lemos/Lugo/Galicia. Ano 2008-09


Contratos e variación interanual da contratación.
Pacto de Lemos/Provincia/Galicia. Ano 2009
Pacto Xan. Feb. Mar. Abr. Maio Xun. Xul. Ago. Set. Out. Total
2009 465 322 528 454 445 581 748 522 602 505 5172
2008 666 518 469 545 522 535 796 433 648 627 5759
Var. 08-09 -30,18% -37,84% 12,58% -16,70% -14,75% 8,60% -6,03% 20,55% -7,10% -19,46% -10,19%
Lugo Xan. Feb. Mar. Abr. Maio Xun. Xul. Ago. Set. Out. Total
2009 5262 4493 4850 4883 5036 6037 8353 5667 5968 5763 56312
2008 6954 5748 5228 6171 5852 6705 9031 5917 6443 6702 64751
Var. 08-09 -24,33% -21,83% -7,23% -20,87% -13,94% -9,96% -7,51% -4,23% -7,37% -14,01% -13,03%
Galicia Xan. Feb. Mar. Abr. Maio Xun. Xul. Ago. Set. Out. Total
2009 54595 46535 49122 51244 50820 63321 82481 54628 65253 63119 581118
2008 75377 63160 57930 68035 63429 68386 85906 61012 74260 72793 690288
Var. 08-09 -27,57% -26,32% -15,20% -24,68% -19,88% -7,41% -3,99% -10,46% -12,13% -13,29% -15,82%

Ollando os datos da táboa anterior apreciamos que a contratación no Pacto de Lemos


reduciuse nun 19,46% no mes de outubro con respecto ó mesmo período do ano 2008. Esta
caída da contratación no mes do outubro provoca que a contratación acumulada do ano 2009
se sitúe un 10,19% por debaixo da contratación rexistrada no mesmo período do ano 2008,
fronte o -9,06% que se rexistraba no mes de setembro.

A nivel provincial e autonómico tamén se observa que o número de contratos rexistrados


no mes de outubro sufriu un decaemento con respecto ó ano 2008 pero cunha menor
intensidade que no Pacto de Lemos. Así mentres no Pacto a contracción da contratación
cifrábase nun -19,46%, na provincia sitúase nun -14,01% e en Galicia nun -13,29%. Sen
embargo, no conxunto do ano o decaemento da contratación no Pacto de Lemos é máis morno
que na provincia e en Galicia onde se sitúa nun -13,03% en un -15,82% respectivamente.

Por último, sinalar que no Pacto de Lemos a contratación caeu no mes de outubro un
16,11% respecto ó mes anterior. Este dato é certamente relevante, pois si ben a contratación
mensual rexistra flutuacións importantes dependendo da oferta de emprego existente nas
distintas épocas do ano, non deixa ser significativo que a caída da contratación do Pacto no
mes de outubro se sitúe nun -16,11% cando na provincia soamente se reduce nun 3,43% e en
Galicia nun -3,27%. Así mesmo, a contratación só se reduciu un 3,24% no intervalo outubro-
setembro do ano 2008 no Pacto de Lemos, de aí a relevancia da contracción rexistrada no
presente ano.
Mercado Laboral: Contratación

 Gráfico 1.1. Evolución mensual da contratación. Pacto de Lemos. 2008-09

 Gráfico 1.2. Evolución acumulada da contratación. Pacto de Lemos. 2008-09

 Gráfico 1.3. Variación interanual da contratación mensual e anual. Pacto de Lemos/Provincia/Galicia.


Mercado Laboral: Contratación

Analizada a evolución da contratación durante o mes de Outubro no Pacto de Lemos,


na provincia e en Galicia, pasamos a observar o comportamento da mesma nos distintos
concellos que conforman o Pacto de Lemos. A táboa 1.2. mostra os contratos rexistrados por
concellos no mes de outubro e os que se levan formalizados no que vai de ano.

 Táboa 1.2. Contratos por concellos e variación interanual. Pacto de Lemos. Ano 2008-09
Contratos por concellos e variación interanual.
Pacto de Lemos. Outubro 2009
  Outubro Acumulado Ano
  2009 2008 Var.08-09 2009 2008 Var.08-09
Bóveda 15 14 7,14% 183 145 26,21%
Carballedo 7 11 -36,36% 103 124 -16,94%
Chantada 86 116 -25,86% 748 931 -19,66%
Folgoso do Courel 3 9 -66,67% 86 143 -39,86%
Monforte de Lemos 271 343 -20,99% 2562 2978 -13,97%
Pantón 14 28 -50,00% 199 182 9,34%
A Pobra do Brollón 14 13 7,69% 146 117 24,79%
Quiroga 27 45 -40,00% 473 466 1,50%
Ribas de Sil 7 3 133,33% 79 56 41,07%
O Saviñao 14 11 27,27% 210 175 20,00%
Sober 31 15 106,67% 160 181 -11,60%
Taboada 16 19 -15,79% 223 261 -14,56%
Pacto de Lemos 505 627 -19,46% 5172 5759 -10,19%
Elaboración propia. Fonte: IGC

Dentro dun conglomerado relativamente amplo como son os concellos que conforman
o Pacto de Lemos, obviamente imos atopar comportamentos diferenciados en canto a
evolución da contratación no pasado mes de outubro. Así, apreciamos que hai concellos que
incrementaron o número de contratos con respecto ó mesmo período do ano anterior, entre
eles atopamos os concellos de Bóveda, A Pobra de Brollón, Ribas de Sil, O Saviñao e Sober.
Estamos ante concellos nos que o volume de contratación é baixo e que pólo tanto son
proclives a variacións bruscas na contratación. En boa parte do concellos citados anteriormente
o incremento de contratos moveuse entre 1 e 4 contratos. Soamente Sober rexistra un aumento
significativo pasando de 15 contratos en outubro de 2008 a 31 en 2009.

Entre os concellos que rexistran un descenso da contratación, destacar a importante


baixada do número de contratos nas cabeceiras de comarca. Así Chantada sufriu a perda de
Mercado Laboral: Contratación

30 contratos (25,86%), Monforte de Lemos de 72 contratos (20,99%) e Quiroga de 18


contratos (40,00%). Outro concello que rexistra un decaemento relevante do número de
contratos é Pantón con 14 contratos menos en Outubro deste ano (50,00%). Os concellos de
Carballedo, Folgoso do Courel e Taboada tamén padeceron reducións na contratación cifradas
en 4, 6 e 3 contratos respectivamente.

Esta heteroxeneidade no comportamento da contratación do mes outubro nos distintos


concellos do Pacto de Lemos, trasládase o acumulado do ano de tal xeito que a metade dos
concellos que conforman o Pacto evidencian cifras de contratos superiores no presente ano
que no 2008. Entre eles destaca Ribas de Sil cun aumento da contratación cifrado nun 41,07%
no que vai de ano que se traduce en 23 contratos máis deste ano respecto ó precedente. Póla
súa banda, Bóveda, A Pobra de Brollón e O Saviñao amosan incrementos superiores ó 20%. 4
Entre as cabeceiras de comarca, soamente Quiroga mostra aumento no número de contratos
no que vai de ano ( 1,50%).
En canto os concellos que evidencian unha tendencia decrecente da contratación
destacar que Folgoso do Concello leva rexistrados case o 40% menos de contratos ó longo do
ano 2009 con 57 contratos menos. En termos reais, o número de contratos afecta
fundamentalmente a Chantada e Monforte de Lemos con 183 e 416 contratos menos
respectivamente a data de outubro e contraccións do 19,66% e 13,97% cadanseu.

 Gráfico 1.4. Variación interanual da contratación mensual e anual. Concellos Pacto de Lemos.
Mercado Laboral: Contratación

2. Contratación segundo xénero. Pacto de Lemos. Outubro 2009.

No presente apartado, introducimos a variable de xénero como criterio analítico do


comportamento da contratación no pasado mes de outono. A táboa 2.1 mostra as cifras de
contratación feminina e masculina do mes de outubro e o acumulado do ano.
 Táboa 2.1. Contratos mensual e acumulada segundo xénero e variación interanual. Pacto. Outubro 2009.
Contratos segundo xénero e variación interanual.
Pacto de Lemos. Ano 2009
  Outubro Acumulado Ano
  2009 2008 Var.08-09 2009 2008 Var.08-09
Muller 268 341 -21,41% 2466 2809 -12,21%
Home 237 286 -17,13% 2706 2950 -8,27% 4
Total 505 627 -19,46% 5172 5759 -10,19%
Elaboración propia. Fonte: IGC

A táboa anterior reflicte que a baixada do número de contratos en outubro afecta tanto
a mulleres coma mulleres, sen embargo amosa maior intensidade no xénero feminino onde, a
pesar de supoñer o 53,07% do total de contratos do mes, se rexistra unha perda de 73
contratos ( 21,41%) fronte aos 49 da contratación masculina (17,13%).

Os datos acumulados do ano son un fiel reflexo do apuntado no mes de outubro, neste
senso a contratación feminina segue sendo a principal afectada ó rexistrar un volume de
contratación un 12,21% inferior ó do ano precedente ( 343 contratos) mentres que no caso da
contratación masculina o decaemento acumulado sitúase nun 8,27% menos ( 244 contratos).
O decaemento da contratación rexistrado no mes de outubro supuxo que a contracción da
contratación feminina se incrementase en 1,27 puntos porcentuais e en 0,95 puntos
porcentuais no caso da contratación masculina.

 Gráfico 2.1. Contratación feminina. Pacto de Lemos. 2008-09

 Gráfico 2.2. Contratación masculina. Pacto de Lemos. 2008-09


Mercado Laboral: Contratación

 Gráfico 2.3. Variación interanual de contratos mensuais e anuais por xénero. Pacto de Lemos. 2008-09

3. Contratación segundo idade. Pacto de Lemos. Ano 2009.

Continuamos coa análise da contratación no mes de outubro, empregando agora a


variable de idade dos contratados como criterio analítico. A táboa seguinte reflexa as cifras de
contratos rexistrados por intervalos de idade no Pacto de Lemos.

 Táboa 3.1. Contratos mensuais e acumulados segundo idade e variación interanual. Pacto. Outubro 2009.
Contratos segundo idade e variación interanual.
Mercado Laboral: Contratación

Pacto de Lemos. Ano 2009


  Outubro Acumulado Ano
  2009 2008 Var.08-09 2009 2008 Var.08-09
16-19 19 25 -24,00% 226 310 -27,10%
20-24 90 101 -10,89% 832 963 -13,60%
25-29 109 127 -14,17% 917 980 -6,43%
30-34 64 81 -20,99% 731 868 -15,78%
35-39 67 79 -15,19% 625 721 -13,31%
40-44 59 73 -19,18% 578 750 -22,93%
45-49 48 62 -22,58% 521 470 10,85%
50-54 29 42 -30,95% 365 364 0,27%
55-59 12 18 -33,33% 237 221 7,24%
60-64 8 16 -50,00% 120 103 16,50%
M. 65 0 3 -100,00% 20 8 150,00% 4
Total 505 627 -19,46% 5172 5759 -10,19%
Elaboración propia. Fonte: IGC

A táboa anterior mostra a baixada da contratación en tódolos intervalos de idade. En


termos porcentuais, as baixadas de maior relevancia se producen naqueles intervalos onde a
contratación é menor, así o intervalo de 16 a 19 anos mostra unha recesión dun 24,00% no
referente o mes de outubro cunha perda de 6 contratos mentres que nos intervalos con idades
superiores aos 50 anos a baixada da contratación sitúase en valores superiores ó 30%. En
termos absolutos, os maiores decaementos corresponden os intervalos de 25-29 anos e 30-34
anos que rexistran unha perda de 18 e 17 contratos, respectivamente, deste mes de outubro
respecto ao mesmo mes do ano 2008.

No acumulado do ano, mantense a tendencia observada en meses precedentes, que


se caracteriza pólo incremento do número de contratos nos intervalos de maior idade e a
contracción nos intervalos de menos de 44 anos.

 Gráfico 3.1. Variación interanual de contratos mensuais e anuais por idade. Pacto de Lemos. 2008-09
Mercado Laboral: Contratación

4. Contratación segundo sector de actividade. Pacto de Lemos.


Deseguido observamos o comportamento da contratación nos distintos sectores que
conforman o tecido do produtivo do Pacto de Lemos. A táboa que introducimos a continuación
amosa os contratos formalizados durante o mes de outubro nos catro grandes sectores de
actividade económica.

 Táboa 4.1. Contratos segundo sector de actividade e variación interanual. Pacto de Lemos. Outubro 2009.
Contratos segundo sector de actividade.
Pacto de Lemos. Ano 2009
  Outubro Acumulado Ano
  2009 2008 Var.08-09 2009 2008 Var.08-09
4
Primario 21 26 -19,23% 192 265 -27,55%
Secundario 35 46 -23,91% 378 474 -20,25%
Construción 54 81 -33,33% 693 929 -25,40%
Servizos 395 474 -16,67% 3909 4090 -4,43%
Total 505 627 -19,46% 5172 5759 -10,19%
Elaboración propia. Fonte: IGC

A contratación durante o pasado mes de outubro mostrou un comportamento recesivo


en tódolos sectores en comparanza có mesmo período do ano 2008. En termos absolutos, a
maior contracción rexistrouse no sector servizos cunha perda de 79 contratos. Sen embargo,
estamos ante o sector que presenta unha menor baixada en termos porcentuais ó tratarse do
sector que fomenta maior número de contratos, en concreto a caída da contratación neste
sector situouse nun -16,67%. O sector da construción evidencia o descenso da contratación
cifrado nun 33,33% con 27 contratos en outubro de 2009 que no mesmo período de 2008. Os
sectores primario e secundario tamén padecen unha baixada do volume, cifradas nun -19,23%
e nun -23,91% respectivamente. En cifras reais, estas porcentaxes tradúcense en 5 e 11
contratos menos pois estamos ante os sectores que menos contratos rexistran.

No acumulado do ano 2009, segue a ser o sector servizos o que amosa unha menor
caída do volume de contratación cifrada nun -4,43% con 181 contratos menos no que vai de
ano respecto ó mesmo período do ano 2008. O sector da construción rexistra o maior
decaemento con 236 contratos menos no presente ano ( 25,40%).

 Gráfico 4.1. Variación interanual da contratación acumulada por sectores de actividade. Pacto de Lemos.
Mercado Laboral: Contratación

 Gráfico 4.2. Evolución da contratación por sectores. Pacto de Lemos.


Mercado Laboral: Contratación

4
Mercado Laboral: Contratación

Continuamos coa análise da contratación por sectores observando o comportamento


da mesma no xénero feminino e masculino. Na táboa seguinte podemos ver as cifras de
contratos formalizados con mulleres nos catro sectores principais do Pacto de Lemos.

 Táboa 4.2. Contratos segundo sector de actividade e variación interanual. Pacto de Lemos. Outubro 2009.
Contratación feminina segundo sector de actividade
Pacto de Lemos. Ano 2009
  Outubro Acumulado Ano
  2009 2008 Var.08-09 2009 2008 Var.08-09
Primario 5 5 0,00% 29 42 -30,95%
Secundario 11 12 -8,33% 128 123 4,07%
Construción 3 4 -25,00% 29 41 -29,27%
Servizos 249 320 -22,19% 2280 2603 -12,41% 4
Total 268 341 -21,41% 2466 2809 -12,21%
Elaboración propia. Fonte: IGC

O sector servizos absorbe practicamente a totalidade da contratación feminina có cal


as variacións en cifras reais da contratación nos sectores primario, secundario e da construción
son mínimas, en concreto no pasado mes de outubro o sector primario rexistrou o mesmo
número de contratos que en 2008 (5 contratos), e os sectores secundarios e da construción un
contrato menos (11 e 3 contratos respectivamente). Póla súa banda, no sector servizos a
contratación feminina diminuíu nun 22,19% con 71 contratos en outubro con respecto ó mesmo
mes do ano 2008. No acumulado do ano, a contracción da contratación feminina no sector
servizos ascende ó -12,41% e 323 contratos menos.

 Gráfico 4.3. Variación interanual da contratación feminina mensual e anual por sectores de actividade.
Mercado Laboral: Contratación

No referente a contratación masculina por sectores de actividade apreciamos, tal e


como reflicte a táboa 4.3, que esta se reduciu nos catro grandes sectores de actividade
económica, sendo especialmente significativa a baixada rexistrada no sector da construción.
Neste sector formalizáronse 26 contratos menos en outubro de 2009 en relación as mesmas
datas do ano 2008, o que supón un 33,77% menos de contratos. O sector industrial padeceu a
perda de 10 contratos que se traduce nun 29,41% menos de contratación mentres que no
sector primario a baixada de contratos situouse en 5 contratos menos que supuxo un 23,81%
menos de contratación. Por último, o sector servizos, principal fonte de contratación masculina,
soamente experimentou un 5,19% menos contratación que en cifras reais equivale a 8
contratos menos.

No acumulado anual, é o sector servizos o único que amosa un incremento no número


de contratos cifrado en 142 contratos máis no que vai de ano ( 9,55%). No resto de sectores, o
decaemento da contratación alcanza valores superiores ó 25%, sendo a construción o sector
máis afectado con 224 contratos menos rexistrados no que vai de ano (  25,23%). O sector
primario evidencia un perda de 60 contratos a data de outubro ( 26,91%) mentres que no
sector secundario a baixada do número de contratos sitúase en 101 contratos cun decaemento
do 28,77%.

Contratación masculina nos sectores de actividade económica. Pacto de Lemos.


 Táboa 4.3.
Outubro 2009.
Contratación feminina segundo sector de actividade
Pacto de Lemos. Ano 2009
  Outubro Acumulado Ano
  2009 2008 Var.08-09 2009 2008 Var.08-09
Primario 16 21 -23,81% 163 223 -26,91%
Secundario 24 34 -29,41% 250 351 -28,77%
Construción 51 77 -33,77% 664 888 -25,23%
Servizos 146 154 -5,19% 1629 1487 9,55%
Total 237 286 -17,13% 2706 2949 -8,24%
Elaboración propia. Fonte: IGC

 Gráfico 4.4. Variación interanual da contratación masculina por sectores de actividade.


Mercado Laboral: Contratación

Como remate deste apartado no que se analiza a contratación segundo sectores de


actividades, imos esfiañar o comportamento da contratación nas distintas actividades
económicas en base a clasificación CNAE por seccións. Neste punto cabe sinalar que no ano
2009 entrou en vigor unha nova clasificación CNAE que supuxo cambios en determinadas
actividades. Así e como exemplo ilustrativo deste cambios cómpre indicar que “Agricultura,
gandería e silvicultura” e “Pesca” que na clasificación CNAE 93 figuraban como seccións
independentes, na nova clasificación CNAE 2009 pertencen a mesma sección. O caso oposto
dáse na sección “Actividades Inmobiliarias e de aluguer; servizos empresariais” que na
clasificación CNAE 93 constituía unha única sección mentres que na clasificación CNAE 2009
se desagrega en tres seccións “Actividades Inmobiliarias”, “Actividades profesionais, científicas
e técnicas” e “Actividades Administrativas e Servizos Auxiliares”. Deseguido incluímos unha
táboa na que aparecen as seccións da clasificación CNAE 2009 e a súa equivalente na
clasificación CNAE 93. Na mesma observamos que dentro cada sección hai actividades
económicas que cambiaron de sector.
Mercado Laboral: Contratación

Equivalencia Seccións CNAE 2009 vs. CNAE 93


Seccións CNAE 2009 Seccións CNAE 93
A Agricultura, gandería, caza e silvicultura
A AGRICULTURA, GANDARÍA, SILVICULTURA E PESCA
B Pesca

B INDUSTRIAS EXTRACTIVAS C Industrias extractivas

C INDUSTRIA MANUFACTUREIRA D Industria manufactureira

D SUBMINIST. DE ENERXÍA ELÉCTRICA, GAS E AIRE ACONDICIONADO E Prod.e distribuc. de enerxía eléctrica e gas

D Industria manufactureira

E SUBMINIST. DE AUGA, ACTIV. SANEAMENTO, XESTIÓN DE RESIDUOS E Prod.e distribuc. de enerxía eléctrica e gas

O Out. Activ. sociais e de serv. prest. Comunid.


4
F Construción
F CONSTRUCIÓN
K Activ.inmobiliarias , serv. empresariais

G COMERCIO POR XUNTO E POLO MIÚDO; REP. VEHÍCULOS MOTOR G Comerc., rep. vehic. motor e art.persoal

H TRANSPORTE E ALMACENAMENTO I Transporte, almac. e comunicacións

I HOSTALARÍA H Hostalería

D Industria manufactureira

I Transporte, almac. e comunicacións


J INFORMACIÓN E COMUNICACIÓNS
K Activ.inmobiliarias , serv. empresariais

O Out. Activ. sociais e de serv. prest. Comunid.

K ACTIVIDADES FINANCEIRAS E DE SEGUROS J Intermediación financeira

L ACTIVIDADES INMOBILIARIAS K Activ.inmobiliarias , serv. empresariais

K Activ.inmobiliarias , serv. empresariais


M ACTIVIDADES PROFESIONAIS, CIENTÍFICAS E TÉCNICAS
N Activ. sanitarias , serv. sociais

N ACTIVIDADES ADMINISTRATIVAS E SERVIZOS AUXILIARES K Activ.inmobiliarias , serv. empresariais

O ADMINISTRACIÓN PÚBLICA E DEFENSA; SEG.SOCIAL OBRIGATORIA L Admón. pública, defensa e S.S.obrig.

P EDUCACIÓN M Educación

Q ACTIVIDADES SANITARIAS E SERVIZOS SOCIAIS N Activ. sanitarias , serv. sociais

R ACTIVIDADES ARTÍSTICAS, RECREATIVAS E DE ENTRETEMENTO O Out. Activ. sociais e de serv. prest. Comunid.

A Agricultura, gandería, caza e silvicultura


S OUTROS SERVIZOS
O Out. Activ. sociais e de serv. prest. Comunid.

T ACTIV. FOGARES COMO EMPREGADORES DE PERSOAL DOMÉSTICO P Fogares que empregan persoal doméstico

U ACTIV. DE ORGANIZACIÓNS E ORGANISMOS EXTRATERRITORIAIS Q Organismos Extraterritoriais

Feita a puntualización dos cambios rexistrados na Clasificación Nacional de


Actividades Económicas (CNAE), procedemos a mostrar os datos de contratos rexistrados nas
distintas seccións de actividade económica no pasado mes de outubro e no acumulado e a
variación interanual para ámbolos dous períodos. A estimación da variación interanual requiriu
a adecuación e agrupamento das seccións que rexistraron cambios de maior relevancia.
Mercado Laboral: Contratación

Contratación nas seccións de actividade económica (Clasificación CNAE). Pacto de


 Táboa 4.4.
Lemos. Outubro 2009.
Contratos segundo Seccións CNAE 2009
Pacto de Lemos. 2009
2008 Out. Ano 2009 Out. Ano Var. Out. Var. Acum.
A Agricultura, gandería, caza e silvicult. 26 264
A Agricultura, Gandería,Silvicultura e Pesca 21 192 -19,23% -27,27%
B Pesca 0 1
C Industrias extractivas 0 46 B Industrias Extractivas 2 11   -76,09%
D Industria manufactureira 43 420 C Industria Manufactureira 31 352 -27,91% -16,19%
E Prod.e distrib. enerxía eléctrica e gas 3 8 E Subm. Auga, Activ.Saneam., Xest. Resid. 2 15 -33,33% 87,50%
F Construción 81 929 F Construción 54 693 -33,33% -25,40%
G Comerc., rep. veh. motor e art.persoal 80 664 G Comerc. Xunto e miúdo; Rep.Veh.Motor 52 555 -35,00% -16,42%

I Transporte, almac. e comunicacións 36 390


H Transporte e Almacenamento 47 374
33,33% 0,00% 4
J Información e Comunicacións 1 16
H Hostalería 75 685 I Hostalería 71 715 -5,33% 4,38%
J Intermediación financeira 4 38 K Activ. Financeiras e de Seguros 5 32 25,00% -15,79%
L Actividades Inmobiliarias 0 3
K Activ.inmobiliarias , serv. empresar. 73 418 M Activ. Profesionais, Científicas e Técnicas 11 80 -43,84% -18,42%
N Activ. Administrativas e Serv. Auxiliares 30 258
L Admón. pública, defensa e S.S.obrig. 58 531 O Admón. Pública e Defensa; S.S. Obrig. 50 594 -13,79% 11,86%
M Educación 26 155 P Educación 18 154 -30,77% -0,65%
N Activ. sanitarias , serv. sociais 57 563 Q Actividades Sanitarias e Servizos Sociais 50 483 -12,28% -14,21%
R Activ. Artísticas, Recre. e de Entretemento 46 561
O Out. Act. Sociais/Serv. prest. Comunid. 64 639 -7,81% 0,00%
S Outros Servizos 13 78
P Fogares empregan persoal domést. 1 7 T Activ. Fogares Empreg. Persoal Domést. 1 6 0,00% -14,29%
  Total 627 5758   Total 505 5172 -19,46% -10,18%
Elaboración propia. Fonte: IGC

A observación da táboa anterior presenta como aspecto máis positivo ó crecemento da


contratación na sección de “Transporte e Almacenamento” cifrado en 11 contratos no mes de
outubro ( 33,33%). Entre as actividades que amosan decaemento na contratación, destacar a
“Construción” que perdeu 27 contratos no mes de outubro con respecto ó mesmo período do
no anterior ( 33,33%) e o “Comercio”, actividade na que a baixada se sitúa en 28 contratos (
35,00%). O conxunto formado por “Actividades Inmobiliarias”, “Actividades Profesionais” e
“Actividades Administrativas” presenta 32 contratos menos no mes de outubro de 2009 en
relación os datos da sección “Actividades Inmobiliarias; Servizos Empresariais” en outubro de
2008, o que supón un 43,84% menos de contratos.

No acumulado do ano, observamos que soamente tres seccións amosan un


incremento nas cifras de contratos, así a sección “Administración Pública, Defensa e
Seguridade Social Obrigatoria” leva rexistrados no que vai de ano 63 contratos máis o que
equivale a un crecemento do 11,86%. Na “Hostalería”, o aumento da contratación cífrase en 30
contratos que se traduce nun incremento da contratación do 4,38%. Por último, a sección
“Subministración de Auga, actividades de saneamento e xestión de residuos” presenta 7
contratos máis cun incremento do 87,50%. Neste caso, parte do incremento pode deberse a
inclusión nesta sección de actividades relacionadas coa “Xestión de Residuos” que en anos
anteriores se incluía na sección “Outros servizos sociais e servizos prestados á comunidade”.

Entre as actividades que padecen un decaemento no volume de contratos destaca a


“Construción”, actividade na que o número de contratos baixou en 236 unidades ( 25,40%). No
“Comercio” obsérvase unha diminución de 109 contratos no que vai de ano ( 16,42%) mentres
que a sección “Actividades Sanitarias e Servizos Sociais” perde 80 contratos a data de outubro
que se traduce un decaemento da contratación cifrado nun 14,21%.
Mercado Laboral: Contratación

Hai outras dúas actividades que amosan cifras preocupantes, así “Agricultura, gandería e
pesca” presenta unha decaemento do 27,27% e 73 contratos menos no acumulado do ano,
mentres que nas “Industrias Extractivas” a contratación diminuíu nun 76,09% que se traduce en
35 contratos menos.

5. Contratación segundo tipoloxía contractual. Pacto de Lemos.


4
Analizada a contratación do mes de outubro nos sectores do tecido produtivo do Pacto
de Lemos, deseguido procedemos a introducir a tipoloxía contractual como elemento analítico
da contratación durante o pasado mes de outubro. Neste senso, a táboa 5.1. reflexas as cifras
reais de contratos rexistrados nas distintas modalidades contractuais durante o mes de outubro
e no acumulado do ano 2009.

 Táboa 5.1. Contratos segundo tipoloxía. Pacto de Lemos. Outubro 2009.


Contratación segundo tipoloxía contractual.
Pacto de Lemos. Ano 2009
  Outubro Acumulado Ano
  2009 2008 Var.08-09 2009 2008 Var.08-09
Indefinido 48 63 -23,81% 540 718 -24,79%
Indefinido tempo parcial 15 11 36,36% 150 179 -16,20%
Temporal 302 364 -17,03% 2883 3277 -12,02%
Temporal tempo parcial 113 150 -24,67% 1066 1019 4,61%
Prácticas/Formación 7 16 -56,25% 172 185 -7,03%
Outros 20 23 -13,04% 361 380 -5,00%
Total 505 627 -19,46% 5172 5758 -10,18%
Elaboración propia. Fonte: IGC

A táboa anterior reflicte que os “Contratos Indefinidos a tempo parcial” é a única


modalidade que rexistrou un incremento no número de contratos no pasado mes de outubro,
aínda que este incremento ascendeu soamente a 4 contratos ( 36,36%). O resto de
modalidades presentan un descenso no volume de contratación, descenso que afecta
principalmente os “Contratos temporais” e os “Contratos Temporais a tempo parcial”, así nos
primeiros a perda ascende a 62 contratos ( 17,03%) en outubro en relación ó mesmo período
de ano 2008 mentres que no caso dos “Contratos Temporais a tempo parcial” o decaemento
cífrase en 37 contratos ( 24,67%). En canto os “Contratos Indefinidos” indicar que no mes de
outubro de 2009 formalizáronse 15 contratos menos ( 23,81%) que no mesmo período de
2008. En termos porcentuais, a maior recesión do número de contratos corresponde os
“Contratos Prácticas/Formación” cun 56,25% menos de contratación no mes de outubro
pasando de 16 contratos en outubro de 2008 a 7 na mesmas datas de 2009.

No acumulado anual de contratos, observamos que os “Contratos Temporais a tempo


parcial” son a única tipoloxía contractual que presenta mellores números no ano 2009 que no
2008 con 47 contratos máis rexistrados no ano 2009 ( 4,61%). En termos porcentuais, as
tipoloxías máis afectadas pólo decaemento da contratación son as contratacións indefinidas,
Mercado Laboral: Contratación

neste senso os “Contratos Indefinidos” presentan un 24,79% menos de contratos no presente


exercicio, o que equivale a 178 contratos indefinidos menos. No que fai os “Contratos
Indefinidos a tempo parcial” a baixada da contratación sitúase nun 16,20% con 39 contratos
menos no que vai de ano. En cifras reais, a modalidade máis afectada é a que xera maior
contratación, neste caso os “Contratos Temporais”, que presentan 394 contratos menos no
período xaneiro-outubro de 2009 ( 12,02%).

 Gráfico 5.1. Variación interanual da contratación mensual e acumulada por tipoloxía.

Para completar a análise da contratación segundo tipoloxía, observamos o


comportamento da mesma atendendo as variables de xénero. A táboa 5.2 mostra os contratos
formalizados con mulleres atendendo as distintas modalidades contractuais analizadas.

 Táboa 5.2. Contratación feminina segundo tipoloxía e variación interanual. Outubro 2009.
Contratación feminina segundo tipoloxía
Pacto de Lemos. Ano 2009
  Outubro Acumulado Ano
  2009 2008 Var.08-09 2009 2008 Var.08-09
Indefinido 15 26 -42,31% 203 233 -12,88%
Indefinido tempo parcial 12 10 20,00% 105 135 -22,22%
Temporal 151 181 -16,57% 1222 1456 -16,07%
Temporal tempo parcial 81 115 -29,57% 790 787 0,38%
Prácticas/Formación 5 5 0,00% 83 58 43,10%
Outros 4 4 0,00% 63 140 -55,00%
Total 268 341 -21,41% 2466 2809 -12,21%
Elaboración propia. Fonte: IGC

Observando a táboa anterior cómpre destacar a importante redución do número de


contratos indefinidos cifrada nun -42,31% e 11 contratos menos no mes de outubro.
Mercado Laboral: Contratación

Anteriormente indicabamos que a baixada da contratación indefinida total situábase en 15


contratos có cal podemos afirmar as mulleres son as principais afectadas polo decaemento da
contratación indefinida no mes de outubro. Os datos reais mostran que o descenso máis
elevado do número de contratos se produce nos “Contratos temporais a tempo parcial” e nos
“Contratos temporais”, onde se formalizaron 34 e 30 contratos menos respectivamente. Os
“Contratos Prácticas/Formación” e a categoría “Outros” non amosan variación de outubro de
2009 en relación o mesmo período do ano precedente. Os “Contratos Indefinidos a tempo
parcial” aumentan lixeiramente ( 20,00% e 2 contratos máis).

No acumulado do ano 2009, sobresae o relevante incremento dos “Contratos


Prácticas/Formación” cifrado nun 43,10% e 25 contratos máis no período xaneiro-outubro de
4
2009. Os “Contratos temporais a tempo parcial” rexistrados no ano 2009 tamén superan aos
formalizados no ano anterior, aínda que o incremento é mínimo (3 contratos /  0,38%).
Destacar por último a menor incidencia que ten o decaemento dos “Contratos Indefinidos” nas
mulleres, así mentres os “Contratos Indefinidos” no total de contratación baixan un 24,79% na
contratación feminina soamente decaen un 12,88%.

 Gráfico 5.2. Variación interanual da contratación feminina mensual e acumulada por tipoloxía.

Finalizamos esta apartado relativo a contratación segundo tipoloxía precisando o


comportamento da mesma no referente aos homes. A táboa 5.3 reflexa as cifras de
Mercado Laboral: Contratación

contratación masculina durante o mes de outubro e no acumulado do ano dentro das diferentes
tipoloxías contractuais analizadas.
 Táboa 5.3. Contratación masculina segundo tipoloxía e variación interanual. Pacto de Lemos. Outubro 2009.
Contratación masculina segundo tipoloxía
Pacto de Lemos. Ano 2009
  Outubro Acumulado Ano
  2009 2008 Var.08-09 2009 2008 Var.08-09
Indefinido 33 37 -10,81% 337 485 -30,52%
Indefinido tempo parcial 3 1 200,00% 45 44 2,27%
Temporal 151 183 -17,49% 1661 1821 -8,79%
Temporal tempo parcial 32 35 -8,57% 276 232 18,97%
Prácticas/Formación 2 11 -81,82% 89 127 -29,92%
Outros 16 19 -15,79% 298 240 24,17%
4
Total 237 286 -17,13% 2706 2949 -8,24%
Elaboración propia. Fonte: IGC

A observación da táboa 5.3 mostra que o decaemento da contratación masculina


durante o mes de outubro afectou fundamentalmente os “Contratos Temporais” e os “Contratos
Prácticas/Formación”. Os “Contratos temporais” diminuíron en 32 unidades en outubro deste
ano con respecto ó pasado mentres que os “Contratos Prácticas/Formación” reducíronse en 9
unidades que se traduce nun 81,82% menos no número de contratos. Os “Contratos
Indefinidos” experimentaron unha baixada do 10,81% o que equivale a 4 contratos menos do
mes de outono de 2009 en relación as mesmas datas do ano 2008. Dentro da contratación
masculina a única modalidade contractual que viu aumentado o número de contratos durante o
mes de outubro foi “Contratos indefinidos a tempo parcial” pero as cifras que estamos a barallar
son irrelevantes.

No acumulado do ano destaca a forte baixada dos “Contratos Indefinidos”, cifrada nun
-30,52%, que en termos reais supón 148 contratos menos no que vai de ano. Por riba desta
cifra soamente atopamos a perda de 160 contratos dentro da tipoloxía “Contrato Temporal”,
que se traduce nunha baixada do 8,79% ó tratarse da modalidade contractual máis empregada.
Dentro da contratación masculina, unha terceira modalidade contractual amosa un descenso no
número de contratos no conxunto do ano, esta modalidade son os “Contratos
Prácticas/Formación”, que no transcurso do ano 2009 evidencia unha perda de 38 contratos ( 
29,92%).

O resto de tipoloxía amosa un aumento do número de contratos formalizados con


homes, sendo a categoría “Outros” a que mostra un maior crecemento con 58 contratos máis ( 
24,17%), seguido dos ““Contratos temporais a tempo parcial” que aumentaron en 44 unidades
( 18,97%).

 Gráfico 5.3. Variación interanual da contratación masculina mensual e acumulada por tipoloxía.
Mercado Laboral: Contratación

Para rematar e a modo resumo, recapitulamos os aspectos máis salientables observados


na análise da contratación no mes de outubro.

 A contratación presentou durante o mes de outubro unha contracción dun 19,46%


respecto o mesmo mes do ano 2008, cifra sensiblemente superior á rexistrada a nivel
provincial e autonómico onde a contratación se reduciu nun 14,01% en un 13,29%
respectivamente. No conxunto anual, a contratación presenta números menos
negativos que nos demais eidos xeográficos, así no Pacto a contratación baixou un
10,19% no que vai de ano fronte ó 13,03% provincial e ó 15,82% autonómico.

 A nivel concello destaca a relevante perda de contratos nas cabeceiras de comarcas,


de xeito que Chantada perde o 25,86% de contratos no mes outubro de 2009 respecto
ó mesmo período do ano precedente. En Monforte de Lemos a contratación cae un
20,99% no mesmo período mentres que en Quiroga a baixada da contratación ascende
ó 40%. Entre os concellos que aumentan o volume de contratación, destaca Sober que
pasa de 15 contratos en outubro de 2008 a 31 na mesma data de 2009.

 O decaemento da contratación durante o mes de outubro afectou en maior medida ás


mulleres que os homes, en concreto a contratación feminina reduciuse nun 21,41%
fronte ó 17,13% da masculina. Esta tendencia mantense no conxunto do ano, así a
contratación feminina presenta unha baixada do 12,21% mentres que na masculina
sitúase no 8,27%.

 A análise da contratación segundo idade reflexa unha diminución do número de


contratos en tódolos intervalos de idade. No conxunto do ano aumentan os contratos
Mercado Laboral: Contratación

nos intervalos de máis de 45 anos e redúcense nos intervalos comprendidos entre os


16 e 44 anos. Por sectores, percíbese a redución do número de contratos nos catro
grandes sectores do tecido produtivo cunha especial relevancia no sector da
construción que sofre un descenso do 33,33% no seu volume de contratos. No
acumulado do ano, o sector servizos está a padecer en menor medida os efectos do
decaemento da contratación presentando unha baixada do contratos do 4,43%.

 Na análise por tipoloxías, observamos que as modalidades máis afectadas son as que
xeran maior número de contratos, en concreto os “Contratos Temporais” reducíronse
nun 17,03% e os “Contratos temporais a tempo parcial” nun 24,67%, que equivale a 62
e 37 contratos menos respectivamente. Os “Contratos Indefinidos” decaeron nun
23,81% o que supón 15 contratos rexistrados menos no mes de outubro. No conxunto 4
do ano, esta última é a modalidade máis afectada pólo decaemento da contratación ó
experimentar unha baixada do 24,79% que se traduce en 178 contratos menos no que
vai de ano 2009 respecto ó mesmo período do ano precedente.

Você também pode gostar