BASES DO PREMIO DE BLOGS

DO
IES GARCÍA BARBÓN
1.- Coa pretensión de potenciar o uso educativo das Tecnoloxías da
Información e da Comunicación entre todos os estudantes,
convocamos o Premio de Blogs Escolares 2015.
2.- Poden participar todos os alumnos e alumnas matriculados no
IES García Barbón.
3.- O blog será individual –non se admiten blogs colectivos- e
redactado preferentemente en lingua galega –pode ter entradas
noutras linguas impartidas no centro- e creado en 2014 ou 2015.
4.- Para poder participar hai que enviar un correo electrónico
detallando os datos solicitados no modelo que se facilita na parte
inferior.
5.- Os criterios xerais de valoración dos blogs fixan a súa atención,
de maneira preferente, na elaboración de contidos propios e de
calidade. Valoraremos a orixinalidade das aportacións e os
comentarios recibidos.
6.- Os temas do blog atenderán preferentemente ás ensinanzas
cursadas, o teu futuro académico e profesional ou as túas reflexións.
Complementariamente, tes a posibilidade de engadir outras
aportacións diversas sempre que sexan creacións propias.
7.- Un grupo de profesores e profesoras realizará a avaliación dos
blogs e elixirá os tres premiados.
8.- Haberá tres premios que está previsto entregar a finais do mes
de xuño de 2015. Poderá haber premios especiais.
9.- O xurado prestará especial atención na verificación da autoría
das distintas aportacións ao blog e na obrigatoriedade de citar a
procedencia da información, no caso de non ser da nosa autoría. En
caso contrario, o blog queda fóra do Premio.
Ficha de datos
Nome e apelidos:

Premio de Blogs 2015
Curso e grupo:

Nome do blog:

Url do blog:

Breve comentario sobre o blog:

Remitir a ficha de datos a: premioblogs2015@gmail.com
Máis información en: http://premioblogs2015.blogspot.com.es/

Sign up to vote on this title
UsefulNot useful