Você está na página 1de 7

ANEXO: APROXIMACIÓN AO TRABALLO

CIENTÍFICO.-

1.- O TRABALLO DOS CIENTÍFICOS: O MÉTODO HIPOTÉTICO-


DEDUCTIVO.-

No decurso do século XVII prodúcese unha revolución no desenvolvemento do traballo dos científicos
que ata esa época procuraban tan só descubrir a finalidade dos procesos que ocorrían na natureza aos
que consideraban deseñados por un “artesán”. Amosaban os sabios desa época certo desprezo pola
procura dunha confirmación das súas hipóteses por medio de experimentos. No século XVIII, gracias a
figuras como Bacon ou Galileo, o traballo dos científicos amósase máis “ambicioso”. O seu sistema
evoluciona cara ao que poderíamos definir como método hipotético-deductivo. En tal método, os
procesos de creación do pensamento científico adoitan pasar por unha serie de etapas que poderiamos
esquematizar do seguinte xeito:

 Observación
 Formulación da hipótese.
 Recollida de información: a información bibliográfica
 Verificación da hipótese e deseño experimental
 Recollida de datos: expresión cuantitativa e cualitativa de datos.
 Interpretación dos resultados: xeralizacións: leis e teorías.
 A comunicación dos resultados.

A).- OBSERVACIÓN DE FEITOS..- A observación científica permite determinar feitos. Un feito é


calquera experiencia, cambio, acontecemento ou suceso que sexa o bastante estable e que estea
apoiado en probas suficientes como para que sexa posible telo en conta nunha investigación.

B).- RECOLLIDA DE INFORMACIÓN: A INFORMACIÓN BIBLIOGRÁFICA.- Unha vez


establecido o problema, o científico recolle a información de todos os traballos realizados por outros
científicos sobre o devandito problema. Tales informacións aparecen en libros e sobre todo en revistas
científicas que deben ser rigorosamente revisadas para evitar repetir traballos xa realizados por outros e
tentar de aproveitarse das experiencias, sistemas de traballo, ou materiais utilizados por outros
investigadores en experiencias semellantes.

C).-INFERENCIAS E FORMULACIÓN DA HIPÓTESE.- Cómpre agora definir o concepto de


inferencia: sería calquera proceso co que acadamos unha conclusión a partir de certos datos
procedentes.
Tras moitas inferencias podemos deseñar una hipótese: unha primeira resposta ás investigacións que
se inician. Estas hipóteses son inferidas das observacións realizadas pero non pasan de ser máis que
meras suposicións que deben ser verificadas a través de experimentos.
Así, por exemplo, en Xeoloxía, ademais da existencia dun núcleo externo líquido temos inferido a
existencia do núcleo interno sólido, e a existencia de correntes de convección importantes no núcleo
externo líquido. A partir destas inferencias temos formulado unha hipótese que tenta explicar a xénese
do campo magnético terrestre: a convección do núcleo líquido en torno ao núcleo interior sólido
orixina o campo magnético bipolar. Se embargo, tal afirmación non deixa de ser unha hipótese ata que
deseñemos experimentos ou realicemos observacións indirectas que permitan confirmala.

65
D).- A VERIFICACIÓN DA HIPÓTESE : O DESEÑO EXPERIMENTAL.- Os científicos,
baseándose, en moitos casos, en traballos anteriores deseñan un método experimental para asegurarse
da validez das súas hipóteses. Normalmente os experimentos son totalmente controlados; é dicir o
científico reproduce procesos en que todos os factores se repiten agás un –a variable- da que se
pretende coñecer a súa influencia. Ao conxunto de experiencias onde se modifica a variable chámase
grupo experimental. Ademais se realizan observacións onde a variable non inflúe para establecer deste
xeito comparacións. Estes traballos constitúen o chamado grupo control.
A variable é un aspecto da realidade que podemos medir. Daquela cómpre distinguir:
 Variable dependente: e o fenómeno que aparece, desaparece ou cambia cando o investigador
aplica, suprime ou modifica outra variable á que chamamos independente.
 Variable independente: o factor que o investigador proponse observar e manipula de xeito
deliberada para establecer relacións coa variable dependente.

F).- REXISTRO DE DATOS: EXPRESIÓN CUANTITATIVA E CUALITATIVA DOS DATOS.- Os


datos tomados exprésanse mediante distintos tipos de gráficos ou táboas: histogramas, diagramas de
barras, táboas, etc....Cómpre que cando se analice calquera xeito de expresión de datos se podan
detectar algúns dos procesos que seguen:
• Relacións lineais ou exponenciais directas ou inversas.
• Tendencias (crecentes, decrecentes ou asintóticas)
• Máximos, mínimos, valores óptimos.
• Superación dos niveis preestablecidos
• Presencia de ciclos
• Presencia de fases ou desfases con outras variable

G.- A INTERPRETACIÓN DOS RESULTADOS: INFERENCIA, XENERALIZACIÓNS E


TEORÍAS.- A análise dos resultados das experiencias tras rigorosos sistemas de tratamento estatístico,
nos que non imos entrar, permite chegar aos científicos a unha ou varias conclusións. Despois, moitos
outros grupos de científicos repetirán esta experiencia en idénticas ou parecidas situacións tentando
chegar as mesmas conclusións. Para elo cando os científicos fan públicos os seus traballos deben
subministrar a información necesaria para que os experimentos podan ser reproducidos por outros
grupos de investigadores.
Cando unha hipótese ten sido exposta a moitas verificacións experimentais e nunca foi desmentida se
xeneralizan as conclusións e convértese no que nós denominamos unha Lei Científica. Cando varias
Leis Científicas chegan a ser asumidas por grandes grupos de científicos acadan a categoría de Teoría
Científica. Cómpre dicir para rematar este apartado que as Teorías e Leis Científicas nunca son
definitivas e absolutos e en calquera momento poden ser obxecto de revisión o substitución por outras
Teorías novas producto de novos experimentos. De tódolos xeitos existen teorías de grande
permanencia como ocorre coa Lei da Gravitación Universal. Estas teorías adoitan coñecerse como Leis
Naturais, máis tampouco acadan a certeza definitiva.

H).- A COMUNICACIÓN DOS RESULTADOS.- Faise a través de revistas especializadas que polas
súas esixencias para a publicación supón unha garantía de rigorosidade para a comunidade científica.

2.- OS SISTEMAS E OS MODELOS NOS ESTUDIOS AMBIENTAIS.-

Definimos medio ambiente como o conxunto dos compoñentes físico-químicos (atmosfera, hidrosfera
e exosfera), biolóxicos (seres vivos) e sociais (humanidade) que causan efectos directos ou indirectos,
nun prazo curto ou longo, sobre os seres vivos e as actividades humanas. Cómpre dicir que os
compoñentes do medio ambiente non actúan de xeito illado, senón que interaccionan entre eles.
Daquela, calquera intervención no medio natural produce unha cadea de consecuencias a xeito de

66
efecto dominó. Un exemplo claro é a tala de árbores para conseguir madeira que non só ameaza con
deixarnos sen ese recurso senón que produce unha cadea de efectos: facilita a erosión e destrucción do
chan, actúa sobre a fauna, produce diminución dos recurso hídricos, incrementa os niveis de dióxido
de carbono, etc...

2.2.- CONCEPTO DE SISTEMA, SUBSISTEMA E MODELO.-

Un sistema é un conxunto de partes que están interrelacionadas entre elas, é dicir que cada unha das
súas partes actúan sobre outras. O que interesa ao científico que estudia o sistema é o comportamento
global das partes xa que do comportamento desas partes e das interrelacións entre elas xorden as
propiedades que non aparecen nos estudios illados de cada unha delas. Este xeito de observar e estudiar
ou describir procesos coñécese co nome de teoría de sistemas dinámicos ou dinámica de sistemas.
Cada sistema está constituído por un conxunto de variables que se unen mediante frechas que indican
as relacións entre as variables. Agora ben, cada unha delas poderíase representar como un conxunto de
variables relacionadas entre si. Cada unha destas variables constituirían un subsistema.

Un modelo é unha versión simplificada dunha realidade complexa. Para representar unha realidade
mediante un modelo compre facela máis sinxela, eliminando os detalles que non son relevantes e
elixindo outros que si o son e que poden ser medibles: é o que chamamos variables.

En ciencias medioambientais
a realidade obxecto de
estudio é un sistema no
sentido que definimos máis
arriba, é dicir un conxunto de
elementos que interactúan.
Para o seu estudio utilizamos
modelos simplificados de es
sistema de enorme
complexidade que constitúe o
medio ambiente: utilizamos,
daquela, modelos de
sistemas.
Modelo sistémico

2.3.- MODELOS DE SISTEMAS DE CAIXA NEGRA: SISTEMAS ABERTOS E PECHADOS.-

Nos estudios con modelos sistémicos adoitamos representalos de dous xeitos: os modelos de caixa
negra e os modelos de caixa branca.
Nun sistema representado mediante un modelo de caixa negra non se entra dentro do sistema. Só
interesa representar as entradas e as saídas de materia,
enerxía, etc... , é dicir os seus intercambios co contorno.
Velaí a razón da súa utilidade na realización de balances.
Dentro destes sistemas de caixa negra podemos distinguir:
 Sistemas abertos: son aqueles nos que se producen
entradas e saídas de materias ou enerxía. Por exemplo unha cidade sería un sistema aberto xa que
entran materias e enerxía, e dela saen os refugallos e os productos fabricados nela.
 Sistemas pechados: son aqueles nos que non existen intercambios de materia, anque si de enerxía.
Unha charca podería ser un sistema pechado se nela non entran materiais externos producíndose
unha reciclaxe da materia no seu interior. Sen embargo nela entra e sae enerxía solar e sae enerxía
calorífica.

67
 Sistemas illados ou adiabáticos: son aqueles nos que non existe intercambio de materia nin de
enerxía co exterior. Anque non sexa totalmente certo, o noso sistema solar podería ser considerado
un sistema illado.

2.4.- MODELOS DE SISTEMAS DE CAIXA BRANCA: AS RELACIÓNS ENTRE OS


ELEMENTOS DUN SISTEMA.-

Cando na representación dun sistema entramos no


propio sistema, é dicir, cando pretendemos establecer
as variables que hai dentro de el, e as relacións
causais entre esas variables, estamos construíndo un
modelo de sistema de caixa branca. As relacións que
se establecen entre as variables denomínase causais
xa que establecen conexións causa/efecto. Estas relación represéntanse por frechas e poden ser
clasificadas do seguinte xeito:

2.4.1.- Relación causais simples:


representan influencias dun elemento
sobre outro. Poden ser directas,
inversas ou encadeadas.
 Directas: aquelas nas que un aumento
de A produce un aumento de B ou
unha diminución de A produce unha
diminución de B. Represéntanse cun
signo (+) sobre a frecha.
 Inversas: aquelas nas que un aumento
de A produce unha diminución de B
ou viceversa. Indícanse cun signo (-)
sobre a f recha.
 Encadeadas: represéntase por una
serie de variables unidas mediante
frechas con signos (+) ou (-).

2.4.2.- Relacións causais complexas:


son as relacións dun elemento sobre
outro que implican que este último
actúe sobre o primeiro. Coñécense
como bucles de realimentación ou de
retroalimentación (en inglés feedback) e poden clasificarse como positivas ou negativas.
 Bucles de realimentación positiva: son aqueles nos que se A aumenta B e este a súa vez
aumenta A. Represéntanse por un círculo pechado con un signo (+) no centro. O bucle de
realimentación positiva reflicte a posibilidade dun sistema que medra de xeito
descontrolado polo que se
di del que presenta un
comportamento explosivo
que desestabiliza os
sistemas. Este crecemento
represéntase mediante
unha curva coñecida como
curva de crecemento
exponencial ou curva en J.
Un caso típico de
68
realimentación positiva será a relación entre o tamaño dunha poboación e a taxa de
nacementos (TN)

 Bucles de realimentación negativa ou homeostático s:


son aqueles nos que o aumento de A produce aumento
de B, pero nos que aumento de B produce diminución de
A. Dito doutro xeito, o aumento da causa produce o
aumento do efecto pero este aumento do efecto produce
a diminución da causa. Represéntanse por un círculo pechado cun signo (-) no centro.
Semella sinxelo comprender que estas
relacións estabilizan os sistemas, xa que
o crecemento dun factor produce un
efecto que tende a atenuar este medre, e
o decrecemento dun factor produce
efectos que conduce o se crecemento.
Es por iso polo que estes bucles
Ccurva sigmoide
noméanse como estabilizadores ou
homeostáticos. Un caso típico de
realimentación negativa é o dos
termóstatos das calefaccións: se a temperatura baixa a calefacción encéndese; se a
temperatura sobe, a calefacción remata por apagarse. No caso do crecemento do tamaño da
poboación o bucle negativo das defuncións estabiliza o sistema convertindo a curva en J
en curva sigmoide.

A aplicación dos modelos de caixa


branca, e o estudio das relacións
causais, permite a observación,nos
estudios medioambientais das
seguintes situacións:
• Homeostase: é dicir a
presencia de relacións causais que tenden ao mantemento do equilibrio, e dicir, a
estabilidade
• Desequilibrios: é dicir, a alteración das relacións causais entre os elementos que
destrúen a estabilidade, impedindo a homeostase
• Perturbacións: alteracións das relacións causais que producen cambios na organización
do sistema

3.- A TERRA COMO SISTEMA.-

A terra é un conxunto de subsistemas interrelacionados. Estes subsistemas, que actúan como sistemas
cada un deles serían:
 Atmosfera: ou capa gasosa que rodea a terra.
 Hidrosfera: ou capa de auga líquida que cubre parte do planeta.
 Xeosfera: o parte sólida do planeta (anque parte das súas capas internas poden estar líquidas) e que
estaría composta pola litosfera, a astenosfera a mesosfera e o núcleo.
 Biosfera: ou capa formada polos seres vivos.
 Edafosfera:ou capa constituída polo solo

Cómpre engadir que no decurso da asignatura poderán aparecer outros subsistemas que non temos
citado: a Criosfera ou capa de xeo, a Ecosfera ou parte da terra onde existe vida sen apoio

69
artificial, a Tecnosfera ou sistema artificial construído polo ser humano ou a Sociosfera conxunto
de institucións sociais ou políticas desenvolvidas pola humanidade para xestionar as relacións entre
elas e cos ecosistemas.

4.- CIENCIAS AMBIENTAIS: INFORMACIÓN E NOVAS TECNOLOXÍAS

4.1.- A TELEDETECCIÓN.-

Chamamos teledetección á recollida de calquera información utilizando as radiacións


electromagnéticas emitidas ou reflectidas pola superficie da Terra ou pola atmosfera. Podemos resumir
a historia da teledetección do seguinte xeito:
• A fotografía aérea: inicialmente en branco e negro e logo en color, sobre papel e
utilizando a luz visible (a comprendida entre o infravermello e o ultravioleta). Pouco a
pouco fóronse incorporando o ultravioleta (para a busca de manchas de petróleo) ou o
infravermello. Finalmente acabouse utilizando a chamada fotografía multiespectral na
que se disparan simultaneamente varia cámaras que utilizan cada unha das películas
sensibles a cada zona do espectro.
• Un paso importante foi a utilización dos satélites que varrían a superficie da Terras
subministrando abondosa información sobre os distintos sistemas do planeta. Asemade
desenvólvese unha tecnoloxía que permite o uso de radiacións electromagnéticas antes
non utilizadas, como o infravermello térmico ou as ondas de radar e microondas .
Así, os satélites actuais como o Landsat ou o Spot rexistran electrónicamente os datos
que ao ser dixitalizados poden ser procesado informaticamente. Así podemos asignar as
distintas radiacións distintos cores do espectro visible aparecendo as imaxes chamadas
en falsa cor que permiten apreciar mellor distintos detalles que interesan aos
científicos. Nestes intres cumpre sinalar a importancia dos datos do satélite TOMS no
tema da destrucción da capa de ozono. Tamén a utilización simultánea de dous satélites
con ángulos diferenes permite a realización de imaxes estereoscópicas para apreciar
mellor o relevo. Tamén a superposición de imaxes de dous cores diferentes (imaxes
anaglíficas) permiten a visión en relevo.
• Cómpre sinalar tamén a importancia dos sistemas de posicionamento global vía satélite
(GPS) que permiten adxudicar a calquera obxecto o punto do planeta unhas
coordenadas espaciais con erros milimétricos. Existen 28 satélites. Cada aparello GPS
reciben sinais de alimenos dous satélites que por triangulación cada 15 segundos indica
a lonxitude a a latitude de calquer obxecto móbil
A información recollida por estas tecnoloxías abrangue aspectos moi variados sobre as características
do planeta. Citaremos ó algunhas para facernos unha idea:
• Recoñecemento das distintas litoloxías. (fotografía aérea de luz visible), estructuras
xeolóxicas como pregues, cabalgamentos, fallas, etc. (fotografía aérea de luz visible).
• Zonas volcánicas, incendios, focos de contaminación (utilización do infravermello
térmico).
• Estructuras xeolóxicas baixo vexetación , imaxes baixo nubes, representación do r
levo dos terreos, movementos da superficie das augas, esvaramento de ladeiras, mareas
negras, vigor da vexetación etc. (radar)
• Desparazamento e evolución das masas de xeo nos glaciares (microondas)
• Emigracións, desprazamento se poboacións, localización de individuos de especies en
perigo de extinción, etc. (GPS)

4.2.- SISTEMA DE INFORMACIÓN XEOGRÁFICA (SIX) .-

70
A revolución tecnolóxica que supuxo a informática tamén tivo repercusión nos estudios xeolóxicos,
biolóxicos e medioambientais coa aparición dos Sistemas de Información Xeográfica. Un SIX ou GIS
(en inglés) é un sistema informático capaz de realizar unha xestión completa de datos xeográficos.
Dito doutro xeito, un SIX, xestiona unha base de datos espaciais referenciados (situados segundo as
súas coordenadas). Os SIXs crean e estructuran numerosos datos a partir de moi diversas fontes de
información como os mapas clásicos, os sistemas variados de teledetección, o GPS, e doutras bases de
datos existentes. Asemade posibilita o análise, a visualización e a edición de mapas. Os SIX son
sistemas complexos que esixen fortes inversións e presentan dificultades técnicas de xestións que só
son accesibles a especialistas nesta materia. Sen embargo a súa utilidade é enorme en numerosos
campos relacionados coas ciencias medioambientais como poden ser a procura de recursos, na
prevención de riscos e na xestión dos Espacios Naturais

Asemade, o desenvolvemento de aplicacións informáticas ten permitido a aparición de programas


sinxelos para microordenadores de menor costo e facilidade de manexo, que cumpren funcións
semellantes aos SIX, pero de xeito mías sinxelo e modesto, pero que non poden confundirse con eles.
Citaremos os que seguen:

• DESKTOP MAPPING (DM).- Son aplicación sinxelas de xestión de datos de carácter


espacial que funcionan en entornos como Windows, MacOS, etc. Xunto a aplicación se
subministran os datos espaciais básicos que interesan ao cliente. De todos os xeitos
cómpre indicar que o DM ten limitacións importantes como a imposibilidade de
incorporar novos datos ou do traballo tridimensional.
• CAD MAPPING SYSTEMS.- Son sistemas que permiten ao deseño e a visualización
de mapas a partir de datos de diferentes fontes. Diferéncianse do DM en que nesta caso
pretende deseñar algo que non existe e no reflectir unha realidade xerada a partir de
programas xa existentes

71

Você também pode gostar