Você está na página 1de 17

TEMA III.- A XEOSFERA.

1. - CONCEPTOS XERAIS: ESTRUCTURA DA TERRA E CICLO


XEOLÓXICO.
1.1.- ESTRUCTURA DA
XEOSFERA.-

Nomeamos xeosfera á parte do planeta


que está por debaixo da cortiza sólida.
Vexamos a súa estrutura seguindo
criterios de composición ou dinámicos.

1.1.1.- Estrutura composicional.-


A utilización das ondas sísmicas, e
tamén o estudio dos meteoritos
(materias de semellante composición
aos que deron orixe á Terra) permitiu
aos científicos de mediados do século
XX establecer unha estrutura en capas
que se diferenciaban pola súa
composición química, e cuxos límites
(descontinuidades) eran determinados
polos cambios de velocidade, e de
dirección das ondas sísmicas. Vexamos
estas capas nas que se dividen os 6370
km de Xeosfera seguindo estes criterios
de composición química.
Cortiza: formada por silicatos lixeiros
ricos en aluminio. Hai unha cortiza
continental máis grosa (media de 35
km) rica en silicatos de alumino sodio e
potasio (cortiza granítica) e outra
cortiza oceánica máis fina, rica en
silicatos e aluminio, calcio e ferro
(cortiza basáltica). Ambas cortizas están
separadas do manto pola
descontinuidade de Mohorovicic .
Manto: tamén de composición
silicatada, aínda que estes silicatos son
máis ricos en magnesio, e, por iso, máis densos . A rocha constituída por estes silicatos
chámase peridotita. O manto chega case ata os 3000 Km onde se atopa a descontinuidade de
Gütemberg que o separa do núcleo exterior líquido.
Núcleo: formado fundamentalmente por Fe en aliaxe con menores cantidades de Ni e con S y
O. O núcleo externo é liquido, e o interno sólido. Están separados entre eles pola
descontinuidade de Wiechert-Lehman, situada en torno aos 5000 km. Ambos núcleos teñen
idéntica composición.

1.1.2.- Estrutura dinámica.-

O Descubrimento nas partes altas do manto dunha capa en estado semifluido o astenosfera,
sobre a que parecen desprazarse os fragmentos ríxidos da litosfera, produciu o establecemento

35
nos anos 70 dun novo modelo de Xeosfera ao
que nomeamos modelo dinámico. Este modelo
resultou máis útil para entender o
comportamento das capas do interior terrestre.
As capas nas que dividimos a Xeosfera neste
modelo serían:
• Litosfera: abranguería a cortiza e a
parte do manto situado por encima da
astenosfera (manto litosférico). A súa
principal característica é a de estar rota
en placas en cuxos bordos danse
choques, rozamentos e separación
responsables da forte actividade sísmica e volcánica destas partes do planeta.
• Astenosfera: é unha capa semifluída (en estado de fusión parcial) que comeza a
profundidades variables entre os 200 e os 300 Km. O seu grosor e por iso variable e
semella que non é unha capa continua xa que non aparece en determinadas zonas.
• Mesosfera: constituída
pola parte do manto situada
baixo a astenosfera.
Atópase en estado sólido
aínda que semella estar
sometida a movementos de
convección tal como
veremos máis adiante.
• Endosfera: se corresponde
con el núcleo.

1.2.- IDEA GLOBAL DE CICLO


XEOLÓGICO.

O pensamento xeolóxico
tradicional, tense inclinado a
considerar que a actividade
xeolóxica da Terra desenvólvese
de xeito cíclico seguindo pautas
continuadas de actividade e
repouso. Describíanse daquela os
procesos xeolóxicos por medio
do chamado ciclo xeolóxico que
se dividía en dúas partes:
• Procesos internos:
comprenden os procesos oróxenicos de formación de relevo, os procesos de
magmatismo e metamorfismo, e a fracturación (“Rifting”) e a deriva dos continentes.
Os axentes desta parte do ciclo serían as altas temperaturas e presións xeradas no
interior da Terra e a fonte última de enerxía para estes procesos será a calor interna
do planeta
• Procesos externos: inclúen a meteorización, a erosión, o transporte dos materiais
erosionados e a súa sedimentación ata forma rochas sedimentarias. Os axentes deste
ciclo serían os compoñentes da atmosfera e da hidrosfera (aire, ríos, xeos, mar, etc.) e
a enerxía que actúa como motor deses procesos proceden da irradiación solar que
quenta a superficie e as capas baixas da atmosfera do noso planeta.

36
A Xeoloxía moderna ten deixado estes conceptos algo caducos, é non é certo que os
procesos externos e internos aconteza de xeito continuado no tempo, uns tras outros. A
pesar diso moitos libros ou temas da materia teñen unha estrutura baseada nas
concepcións cíclicas dos procesos xeolóxicos. Tal ocorre coas dúas seguintes preguntas.

2.- PROCESOS XEOLÓXICOS INTERNOS: BORDOS DE PLACAS E


PROCESOS ASOCIADOS.-
Os procesos xeolóxicos internos que son máis coñecidos son aqueles que teñen carácter
paroxístico, por ter grande espectacularidade e son a cotío causantes de desastres naturais: tal
é o caso de volcáns e terremotos. Menos coñecidos, por ocorrer nun “tempo” máis lento, son
outros procesos xeolóxicos de orixe interna como: a fracturación dos continentes (“Rifting”) ,
a deriva destes continentes, as colisións continentais e os procesos de xénese de relevo
(Oroxénese). Todos eles teñen unha orixe común perfectamente explicada por unha teoría
unificadora da Xeoloxía que foi desenvolvida a partir dos anos 70 do pasado século: estamos
a falar da teoría da Tectónica Global que resumiremos nas vindeiras preguntas.

2.1.- CONCEPTO DE PLACA: TIPOS DE PLACAS, TIPOS E BORDOS DE


PLACAS.-

2.1.1.- Concepto de placa.-

Xa dixemos que o descubrimento da capa de baixa velocidade (astensofera) modificou as


nosas concepcións sobre o interior da Terra. Desde aquela admítese que a primeira capa da
Terra non remata na descontinuidade de Moho, senón moito máis abaixo, na astenosfera.
Chamouse Litosfera a esta primeira capa constituída pola cortiza e por una parte do manto ao
que se nomeou Manto
Litosférico.

No 1968 Le Pichon avanzou


no establecemento da estrutura
da litosfera ao afirmar que esta
atópase fracturada en varias
placas, que esvaran sobre a
astenosfera. Nas fracturas
litosférica que constitúen o
bordo destas placas existen
dorsais, onde se constrúe fondo
oceánico, fosas oceánicas,
onde se destrúe fondo
oceánico, ou fallas onde os
bloques separados se
desprazan en sentido contrario.
Estes procesos converten aos

37
bordos de placas nos lugares de maior actividade sísmica e volcánica do planeta.

2.1.2.- Os límites de las placas: bordos de placa.

Distinguimos tres tipos de bordos ou límites de placas. Vexamos:

• Bordos construtivos: Os que se localizan nas zonas de dorsal. Chámanse construtivos


porque a saída de magma neles fai crecer o fondo oceánico. Os movementos das placas
nestes bordes teñen carácter diverxente.
• Bordos destrutivos: aparecen asociados ás fosas oceánicas, que corresponden ás zonas
de subducción (destrución del fondo oceánico baixo un continente ou baixo cortiza
oceánica). Estas fosas presenta un importante vulcanismo e unh forte actividade sísmica
con hipocentros que debuxan un plano inclinado (Zona de Benioff). Nos bordos de placas
destrutivos os movementos das placas contiguas son converxentes. Tamén son
converxentes os bordos de placas onde comisionan os continentes, tal como ocorre no
Himalaia.
• Bordos de transformación, como a falla Azores-Xibraltar ou a zona da falla de San
Andrés onde as placas móvense na mesma dirección pero en sentido contrario, polo
que se coñecen tamén como bordos transcurrentes.

2.2.- PROCESOS ASOCIADOS AOS BORDOS DE PLACAS:

2.2.1.- Os bordos de placas construtivos ou diverxentes: dorsais e expansión do fondo


oceánico.-

Todos os océanos do planeta están percorridos por fracturacións litosféricas ás que


denominamos dorsais oceánicas. Estas dorsais
son elevacións de en torno a 1 Km de altitude,
cunha ampla depresión central chamada Rift.
Transversalmente, as dorsais están fracturadas
transversalmente por una serie de fallas
chamadas transformantes.

As dorsais constitúen lugares onde afloran enormes cantidades de magma procedentes do manto,
que se consolidan formando fondo oceánico
Rifting e formación dunha dorsal novo. Este proceso de creación de fondo
oceánico produce a expansión dos océanos e
polo tanto a deriva dos continentes situados nos
seus bordos. Loxicamente esta creación de
fondo oceánico está compensada pola destrución
das mesmas cantidades de cortiza nas zonas
chamadas de subducción que constitúen os
bordos destrutivos que veremos cedo. A
expansión do fondo oceánico produce
movementos en sentido contrario nas zonas das
transformantes, polo que son zonas de gran
intensidade sísmica.

Existen tamén no planeta zonas de dorsais


incipientes, que corresponden a zozas de
fracturación dos continentes, chamadas tamén de “rifting continental”. O Rift africano sería unha
zona destas características que indicaría a incipiente fracturación do África
38
2.2.- Bordos destrutivos: os oróxenos.-
Nos lugares onde as placas sofren movementos de carácter converxente aparecen o que en
Xeoloxía se denominan oróxenos . Etimoloxicamente, o significado do termo oróxeno é
claro: un lugar onde se xera relevo. Mais na moderna Xeoloxía, o seu significado é máis
preciso: son bordos de placas de carácter converxente onde se dan procesos subductivos
que producen xénese de relevo, pero tamén sismicidade, metamorfismo e magmatismo.
Xeralmente este proceso produce unha nova cadea de montañas.
Engadiremos ademais que existen algúns lugares de características oroxénicas (como
relevo, sismicidade, magmatismo, etc.) pero que están aínda somerxidas: referímonos aos
chamados arcos insulares, moi abondosos no Pacífico, como poden ser Xapón, as Filipinas,
Marianas e outros. Atendendo, pois, á situación das placas que converxen, teriamos os
seguintes tipos de oróxenos:

CLASE DE ORÓXENO EXEMPLOS


ORÓX. DE ACTIVACIÓN OCÉANO/CONTIENENTE ORÓXENO ANDINO Andes, A Serra Nai...
(Con subducción) OCÉANO/OCÉANO ARCO INSULAR Marianas, Xapón Filipinas...
ORÓX. DE COLISIÓN CONTINENTE/CONTINENTE ORÓXENO DE COLISIÓN Himalaia, Alpes, Bética...

ORÓXENO ANDINO ARCO INSULAR ORÓXENO DE COLISIÓN

2.3.- O MOTOR DAS PLACAS: A CALOR INTERNA DO PLANETA.-

A enerxía responsable dos procesos internos da Tectónica das Placas é a calor interna que
existe no nos planeta. Faremos un sinxelo estudio da súa orixe e dos seus efectos:

2.3.1.-A orixe da calor interna do planeta.-


Un feito que semella evidente é que o interior do noso planeta é quente, e que esta calor
procedente das zonas profundas da Terra disípase a través da súa superficie. A primeira
pregunta que xorde é: ¿Cal é a orixe desta calor? Tense barallado diversas posibilidades, pero
os xeólogos parecen estar de acordo en que a orixe é dobre:
• En primeiro lugar trátase da calor primitiva da Terra, que aínda se conserva. Esa
calor procede das colisións entre os materiais (asteroides, fragmentos, protoplanetas,
etc.) que orixinaron o planeta, e, sobre todo, da calor producida polo movemento das
partículas cando o planeta diferénciase nun núcleo férrico e nun manto silicatado.
• A outra fonte de calor interna son os procesos de desintegración radioactiva de
elementos inestables como o U238, o K40, e o Th232. Estes elementos xa foron
detectados na cortiza e no manto, e sospeitamos da súa existencia no núcleo da Terra.
2.3.2.- A transmisión da calor interna: a convección.-
A convección, é o xeito máis común de transmitirse a calor nas capas fluídas. O mecanismo é
o seguinte: as partículas máis internas son máis quentes e pesan
Punto menos, polo que tenden a
ascender disipando a súa calor nas partes altas e arrefriando. Ao arrefriar, aumentan o seu
quente
peso polo que descenden para quentarse, diminuíndo o seu peso e ascendendo de novo,
repetindo o proceso.

39
Parece ser que é a convección o auténtico motor do movemento das placas. Nese senso tense
discutido moito sobre o modelo
convectivo do planeta, xa que, aínda que
existen poucas capas líquidas no seu
interior, as masas sólidas deben fluír
debido ás altas presións e temperaturas.
Non hai acordo sobre o modelo, mais o que
amosamos na figura é o que parece ter
máis defensores: os materiais quentes
ascenden desde as profundidades do manto
a través de penachos térmicos que
producen na superficie puntos quentes
(Hawai, Islandia, Yellowstone), e asemade
ascenden de forma difusa (fluxo difuso).
Compensatoriamente, o descenso do
material frío céntrase no que temos
MODELO
CONVECTIVO
denominado subducción, producindo a
fracturación do fondo oceánico orixinando
así dorsais.
2.3.3.- A disipación da calor interna: o fluxo térmico.-
Pois ben, sexa por un sistema o por outro, a calor do interior da Terra chega á superficie onde
se libera nalgún destes dous procesos:
• Disipando a calor á atmosfera, é dicir, a través do fluxo térmico. O fluxo térmico é
pois a cantidade de calor que perde a Terra por unidade de superficie e por unidade
de tempo. Calculouse esta cantidade que é aproximadamente 1,5. 10-6 H F U. (1
HFU=10-6cal/cm/seg.). Relacionado con este concepto está o de gradiente
xeotérmico, que refírese ao incremento da temperatura coa profundidade. Este
incremento calculouse en 33º C/ Km. Está claro que este incremento só pode ser
válido en zonas superficiais, pois de seguir aumentando a temperatura a esta
velocidade, o interior do núcleo acadaría valores inimaxinables. Indicaremos
finalmente que é existencia do gradiente xeotérmico a base da compresión dos
chamados recursos enerxéticos de orixe xeolóxica.
• Constituíndo a enerxía que produce todos os acontecementos xeolóxicos da
epiderme do planeta que foron estudados na pregunta das placas tectónicas.:
movemento de continentes, volcáns, terremotos, magmatismo, etc.

2.4.- OS BORDOS DE PLACAS NAS NOSAS LATITUDES.-

A península ibérica sitúase preto do complexísimo límite de placas que separa a placa

40
Africana da Euroasiática, tal como podes ver no debuxo de abaixo. Ao leste do estreito de
Xibraltar a situación e claramente
compresiva polo que as manifestacións
sísmicas son moi probables,
especialmente no triángulo do mar de
Alborán, onde fallas contiguas á dorsal
fan o terreo extraordinariamente
inestable.

Ao oeste do estreito o borde ten máis


carácter transcurrente (ou de
transformación), e está formado pola
chamada falla de Azores-Xibraltar que
constitúe un bordo de placa de
transformación

Tamén compre salientar a presenza de


A actividade sísmica nas nosas latitudes
fallas importantes no norte da península,
especialmente a chamada falla Nordpirenaica, que se prolonga ata o atlántico cruzando
Galicia coa falla Leste Oeste. Esta falla é moi estable, debido a presión do continente
Africano nas súa proximidades polo que sofre desprazamentos que xeran abundante
actividade sísmica.

Finalmente, como comentaremos no terceiro trimestre, Galicia está moi fracturada debido a
súa complexa historia xeolóxica, e estas pequenas fracturas aínda hoxe activas, xeran unha
actividade sísmica de grao medio/baixo por todo o territorio galego

2.5.- EFECTOS PAROXÍSMICOS DA TECTÓNICA GLOBAL: VOLCÁNS E


TERREMOTOS
XÉNEXE DE VOLCÁNS
2.4.1.- Volcáns.- Dorsal
Oróxeno de Punto
XÉNESE.- Xa vimos que a activación quente

dinámica interna do planeta,


alimentada pola enerxía que chega á
superficie a través dos movementos
de convección produce, en
determinadas circunstancias, xénese
de magmas por algún dos
mecanismos que agora comentamos:

Bordos de placas:
• Zonas de subducción: o rozamento das placas na subducción produce unha elevación
da temperatura que pode chegar a fundir as rochas situadas encima da placa que
subduce. Ademais, a mestura de substancias volátiles, sobre todo auga, rebaixan o
punto de fusión facilitando a transformación das rochas en magma. (fusión
adiabática)
• Zonas de dorsal: o ascenso de columnas de rochas de manto produce a súa
descompresión e a consecuente fusión (fusión adiabática) xerando magma.

41
Zonas intraplaca: as plumas térmicas convectivas (penachos térmicos) asociados aos puntos
quentes son grandes columnas de manto que ascenden descomprimíndose e fundindo, e tamén
as zonas de “rifting” (fracturación) continental

ELEMENTOS DUN
VOLCÁN.- As masas
magmáticas xeradas desta
forma ascenden á superficie a
través de fracturas ou fundindo
os materiais por onde pasan, ata
formar grandes depósitos
subsuperficais chamados
cámaras magmáticas que, se
encontran saída á superficie,
producen erupcións volcánicas.
Sobre a Terra existen nestes
intre cincocentos volcáns
activos dos cales entran en
erupción vinte ou trinta. Moi
poucos permanecen en constante actividade ; a meirande parte deles dormen durante ducias
ou centeas de anos ata que, de xeito súbito, entran en actividade.Na figura tes un volcán co
seus elementos máis característicos: cámara magmática, cono volcánico, cheminea, cráter,
columna eruptiva, colada de lava e choiva piroclástica.

PRODUCTOS QUE EXPULSA UN VOLCÁN.- En canto aos materiais que bota un


volcán, veremos que poden ser de tres tipos:
• Gasosos.- Son unha mestura de hidróxeno, vapor de auga, monóxido e dióxido de
carbono, ácido sulfhídrico, trióxido de xofre, ácido clorhídrico e cloro. Veremos a
importancia dalgúns destes gases pois pertencen ao grupo dos denominados gases de
invernadoiro de importante efecto climático (CO2, vapor de auga, etc). Outros gases son
velenosos, e poden producir a morte das persoas que os inhalan. (Gases de xofre,
Cianhídrico etc.)
• Líquidos.- Son as denominadas lavas, rochas fundidas que chegan líquidas á superficie
para consolidarse e dar lugar ás rochas volcánicas. Estas lavas flúen polas abas dos
volcáns orixinando as chamadas coladas de lava.
• Sólidos.- Son os chamados piroclastos, produtos sólidos lanzados ao aire en erupcións
moi explosivas. Moitos corresponden a material pulverizado sólido, outros a materiais
lanzados en estado líquido que solidifican no aire, e outros corresponden a material de
cráter arrancado pola explosión. Clasifícanse, segundo tamaño en: cinzas, puzzolanes,
lapilli e bombas volcánicas. Cando caen sobre a terra parcialmente fundidos
denomínanse escorias. Os piroclastos máis finos, como as cinzas, ou as puzzolanas poden
percorrer distancias e caer en zonas afastadas do cráter como choiva piroclástica
producindo o soterramento de bens e construcións.
• Coladas piroclásticas. Chamadas tamén nubes ardentes, son mesturas de gases,
fragmentos de lavas e cristais sólidos que baixan a grande velocidade e a curta altura sobre
las ladeiras dos cráteres producindo efectos devastadores

42
2.5.2.- Terremotos.-

Xa temos comentado que nos límites de placas os materiais están sometidos a esforzos de
compresión nas zonas de subducción e de colisión continental, o de distensión, cando cesan

43
esas compresións ou nos momentos de “rifting”. En todos os casos a cortiza aparece moi
fracturada, polo que a compresión ou distensión producen o desprazamento sobre as fracturas,
producindo terremotos.

As rochas da cortiza nestas circunstancias compórtanse dun xeito moi peculiar: diante dos
esforzos de compresión ou distensión responden con deformacións elásticas, acumulando
tensións ata certo punto, ata que a forza libérase desprazando os bloques fracturados e
ceibando esa enerxía acumulada en forma de onda sísmica.

A enerxía sísmica libérase como un tren de ondas a partir do foco ou hipocentro. Chamamos
epicentro á zona da superficie terrestre que está na mesma vertical do foco, e, polo, tanto o
lugar onde a magnitude do sismo é máxima. Esta enerxía sísmica fai vibrar as partículas, que
transmiten a súa vibración a partículas contiguas, e estas, a súa vez ás contiguas a elas: de esta
forma a vibración avanza en forma de raio sísmico. Estas vibracións poden ser recollidas por
uns aparatos chamados sismógrafos que representan estas vibracións nos sismogramas.
Estes sismogramas amosan a existencia de distintas ondas que circulan a diferente velocidade:

VELOCIDADE REFRACIÓN SISMOGRAMA


DAS ONDAS DAS ONDAS

· Ondas profundas: son as que circulan polo interior do planeta e son recollidas polos
sismógrafos despois de cruzar partes da cortiza, o manto ou o núcleo: de aí a súa
utilidade para o coñecemento do interior do planeta. Son as ondas P, as máis rápidas e
as primeiras en chegar, e as ondas S máis lentas, incapaces de circular por medios
fluídos. Ambas ondas son de baixa enerxía e non causan ningún tipo de problema ás
construcións humanas. A súa utilidade é a posibilidade de ser utilizadas como
instrumento para o coñecemento do interior da Terra, utilizando as súas propiedades
de velocidade e refración. (Ver figura)
· Ondas superficiais: se producen por interacción das profundas coa superficie da
Terra, e transmítense por esta superficie en forma circular a partir do epicentro. Son
ondas de gran enerxía e responsables da devastación asociada aos terremotos. Existen
dous tipos de estas ondas:
· Ondas L (Love): vibran no plano que corresponde á superficie do terreo e de
velocidade de propagación de 2-6 Km/s.
· Ondas R (Reyleigh): máis lentas, de 1-5 km/s, de vibración circular e moito máis
doadas de percibir polas persoas

2.6.- O CICLO DE WILSON.-

Tuzo Wilson resume, nun ciclo de leva o seu nome, os procesos asociados a creación e
destrucción da cortiza terrestre e que pode ser considerado como un bo resumen da teoría da
tectónica global que estamos estufado. Todos estes procesos pódense resumir nunha especie
de sucesión cíclica que parte da facturación dun supercontinente e o desprazamento dos
bloques fracturados ata colisionar e orixinar, de novo, outro gran supercontinente. O proceso
móstrase, esquematicamente, na ilustración e consta das seguintes fases:

44
a).- FRACTURACIÓN DO CONTINENTE.- A afluencia masiva de magma do manto
produce un abombamento e adelgazamento da cortiza terrestre ata o seu total fracturación.

b).-FORMACIÓN DUN RIFT.- O abombamento e a fracturación en zonas da litosfera


termina co afundimento de toda a zona formando unha depresión ou fosa tectónica á que
chamamos Rift. Inicialmente ese rift é ocupado por lagos (Ex.: zonas dos lagos de África
Oriental), denominándose Rifts Valleys.

c).-EXPANSIÓN DO FONDO DO OCEANO.- Os magmas do manto comezan a fluír a


través das gretas do rift producíndose separación dos bloques fracturados; a zona deprimida
do Rift acaba sendo ocupada polo mar que separa os bloques fracturadas convertidos en novos
continentes. Así se creou unha dorsal oceánica cuxa actividade afastará aos continentes
fracturados pola creación de por creación de novo fondo oceánico. Estes mares, inicialmente
pouco profundos, teñen nos seus fondos unha intensa precipitación de sílex e rocas calizas
(ex. o mar Vermello, un océano recentemente nado). O Atlántico é un océano xa maduro que
alcanzado as súas dimensións actuais tras case 200 millóns de anos de expansión.

d).FRACTURACION DO FONDO OCEÁNICO.- Se xorde, polas razóns que sexan, unha


resistencia aos movementos continentais impulsados pola expansión do fondo oceánico,
pódese producir unha fracturación do fondo oceánico, facilitada polo peso dos sedimentos que
adoitan depositarse en el nas proximidades dos continentes. Produciríase entón a
transformación dun bordo continental
pasivo en activo.

e).- SUBDUCCION.- Unha vez


producida a fractura, comeza o proceso
de destrucción da cortiza oceánica
(impulsado pola expansión do fondo
oceánico), xeralmente baixo os
continentes, proceso ao que habemos
denominado subducción. A subudcción
da placa produce unha intensa
actividade sísmica con hipocentros en
planos inclinados (zona de Beniof) e a
fusión da cortiza sobre ese plano con
gran actividade volcánica.

f).- APARICIÓN DE NOVAS


DORSALES.-A aparición de novas
dorsais como a que se forma na parte
esquerda do esquema, aínda que non se
representa nel, pode producir un
cambio no desprazamento dos
continentes, ou ata a subducción da
propia dorsal, o que detería o proceso
de creación da cortiza nesa zona.
(Podería ocorrer iso na Dorsal
Pacífica).

g).- COLISIÓN CONTINENTAL.-A subducción do fondo oceánico que separa dous


continentes termina coa colisión destes e a formación dun novo supercontinente, pechándose
o ciclo.

45
2.7.- A DERIVA DOS CONTINENTES.-

Unha das consecuencias máis espectacular da expansión do fondo oceánico e a deriva


continental . Aínda que esta deriva foi explicada pola tectónica de placas, foi anticipada polo
Xeólogo Alfred Wegener na primeira parte do século XX. Wegener foi capaz de demostrar
que hai 200 millóns de anos todos os continentes estaban xuntos nun continente único
chamado Panxea, que se fracturou, e os seus fragmentos derivaron tal como amosamos nos
debuxos de abaixo

A deriva continental nos


últimos 200 millóns de
anos

Alfred
Wegener

46
3.- PROCESOS XEOLÓGICOS EXTERNOS DE INTERESE
MEDIOAMBIENTAL.-
A xénese de relevo que se produce nos bordos de placas por subducción ou colisión
continental (oróxenos) é seguida dun proceso de destrución do relevo. (Gliptoxénese) . Xa
temos comentado que a enerxía solar alimenta aos axentes xeolóxicos externos (auga, vento,
etc...) no arrasamento da superficie terrestre por medio de procesos como a meteorización, a
erosión, o transporte del material erosionado ou a sedimentación; desta forma os axentes
externos modelan o relevo favorecendo a destrución das zonas elevadas e favorecendo o
transporte dos materiais denudados ata as zonas máis deprimidas.

3.1.- A METEORIZACIÓN.-

A meteorización que é o nome que damos aos procesos de abrandamento ou fragmentación


que por acción dos compoñentes atmosféricos sofren as rochas que se atopan na superficie.
Sen esta acción previa dificilmente a auga ou o vento poderían realizar a súa acción erosiva.
Veremos máis adiante tamén a importancia que teñen os procesos de meteorización das
rochas para o desenvolvemento do solo e para a instalación dunha cuberta vexetal.

Cómpre non confundir o concepto de meteorización co de erosión que é o proceso que segue
á meteorización e que supón o arranque dos materias previamente meteorizados que serán
transportados ata outros lugares polos distintos axentes externos. Cando os materias
erosionados e transportados se sedimentan e compactan xeran as chamadas rochas
sedimentarias.

Distinguimos dous tipos de meteorización:

Meteorización física ou mecánica.- Supón a simple fragmentación da rocha sen cambios


químicos nos seus minerais. A meteorización física é producida pola acción da atmosfera ou
das variacións de temperatura sobre as rochas da superficie. A forma máis común de
meteorización física e a chamada xelifración (ou xelivación) e dicir o papel de “cuña” que
realiza a auga de chuvia cando se conxela no interior das fendas da rocha. Isto produce a
veces a acumulacións de fragmentos de rochas coñecidas en galego como pedreiras
(canchales).

Meteorización química.- Supón unha reacción química dos compoñentes dea atmosfera
(CO2, O2 o H2O) cos minerais da rocha, o que supón a perda da súa competencia. Os
principais procesos de meteorización química que veremos no decurso da materia, son:
 Hidrólise dos silicatos.- A reacción dos silicatos coa auga transforma estes
silicatos en arxilas ou os destrúe totalmente, liberándose en ambos casos
numerosos catións que pasan a enriquecer o solo (Na+, Ca,++ Mg++, K+, etc.). A
hidrólise parcial dalgúns silicatos do granito que se transforman en arxilas
explica a perda de competencia que sofre o granito cando se transforma no que
en Galicia coñécese como “sábrego”. Cómpre indicar a importancia deste
proceso tanto na formación do solo como no aporte de substancias nutritivas de
orixe mineral o das arxilas responsables da estrutura do solo, todo elo
características relevantes na fertilidade.
 Carbonatación.- Prodúcese pola reacción dos minerais co CO2 disolto en auga.
Produce procesos de alteración total ou parcial dos silicatos, pero a súa acción
máis importante é a reacción cas rochas calcarias (calizas, rochas insolubles de
carbonato de calcio) que se transforman en bicarbonato favorecendo a súa

47
disolución. Estes procesos son a base química da acción xeolóxica en terreos
Kársticos

3.2.- METEORIZACIÓN E XÉNESE DE RELEVOS EN TERREOS GRANÍTICOS.-

A circunstancia de estar o granito fortemente diaclasado como consecuencia da


descompresión debida a erosión dos materias superficiais, e da hidrólise dos seus silicatos,
explica as formas graníticas tan comúns en Galicia como os chamados “bolos” ou penedos. A
xénese destas formas pódense resumir nas seguintes etapas, tal como amosamos no gráfico da
dereita:

a) granito presentada o diaclasado ortogonal de orixe


descompresiva a través da cal circula a auga
b) A auga meteoriza o granito nun proceso de hidrólise
parcial, transformando o granito en sábrego
c) escorrenta arrastra o sábrego deixando só o granito
interno inalterado en forma de bolos
Outras formas características dos terreos graníticos, e de
xénese semellante son os chamados Castelos (Torn) e as
Cacholas (Taffone)

3.3.- O RELEVO EN ZONAS CALCARIAS: O RELEVO


KÁRSTICO.-

Denominamos rochas calcarias ou calizas ás que teñen composición de carbonato de


calcio(Ca(CO3)). En zonas con esta litoloxía o modelado presenta unha peculiaridade: o
desgaste producido pola auga ten lugar tanto desde o exterior como desde o interior, debido á
formación, por disolución del carbonato de calcio, de simas e cavernas. O resultado deste
modelado recibe o nome de Kárstico.

3.3.1.- Acción química kárstica.-

O proceso básico neste modelado é a disolución da rocha calcaria. Os ións procedentes desta
disolución son transportados polas correntes de auga superficiais ou subterráneas ata o mar,
pero parte deles precipitan polo camiño, en superficie, e, sobre todo, no interior das covas.
Vexamos a descrición da reacción química reversible que representa estes procesos de
disolución/precipitación:

CO3 Ca + CO2 + H2O 2 CO3H- + Ca++

É dicir, o carbonato de calcio, insoluble, reacciona co dióxido de carbono disolto en auga (en
realidade con CO3= + 2H+), e transfórmase en bicarbonato de calcio, que , por ser soluble,
disólvese en ións de bicarbonato e ións de calcio. Tal é o sentido da reacción de esquerda a
dereita; noutras condicións a reacción prodúcese en sentido contrario, de dereita a esquerda, e
os ións bicarbonato e calcio reaccionan para dar carbonato de calcio, que, por ser insoluble,
precipita (estalactitas, estalagmitas e outras formacións calcarias).

3.3.2.- Evolución.-

A evolución dos Karst consiste n o agrandamento progresivo das cavidades e o afundimento


por derrubamento cando estas acadan certo tamaño. Ao final quedará unha paisaxe de aspecto
ruiniforme con grandes zonas chas arxilosas e sobre as que aparecen bloques calcarios e

48
pináculos. Que se acade ou non este estadio final dependerá basicamente de dous factores:
A profundidade
do nivel de
base: cando
menos profundo
sexa o nivel de
base, antes se
alcanzará o
estadio final.
O clima: canto
máis chuvioso e
cálido máis
rápido será o
proceso. Por iso
nas rexións
ecuatoriais son
abundantes os
clamados Karst
en Torres
formados pola
erosión das rochas calcarias sobre niveis de base pouco profundos.

3.3.3.- Karst non calcarios.-

Existen accións xeolóxicas subterráneas


semellantes á acción Kárstica en terreos doutras
rochas solubles non calcarias como as zonas
xesíferas ou de cloruros. A Península Ibérica é
moi abundante en ambas rochas polo que se
producen karst no calizos con certa abundancia, ZONAS
sobre todo en xesos, aínda que non acadan o KÁRSTICAS
desenvolvemento dos karsts
calcarios típicos.

3.4.-A ENERXÍA DOS PROCESOS EXTERNOS.-

A enerxía que move os procesos externos é a enerxía solar que se irradia


sobre a Terra. Xa vimos que parte de esa enerxía é reflectida (efecto
albedo) pero unha parte importante dela é absorbida pola superficie da
Karst en torres Terra e transmitida á atmosfera e á hidrosfera en forma de calor
(infravermello), activando os procesos externos actuando
fundamentalmente de dúas formas:
Evaporando a auga do mar ou dos lagos dotando a esa auga de enerxía
potencial que se libera cando esa auga volve ao mar a través das
precipitacións e dos cursos continentais, transformándose en enerxía cinética causante dos
procesos de erosión transporte que caracteriza o ciclo externo.
Quentando de forma diferente á atmosfera e xerando diferenzas de presión que provocan os
movementos de masas de aire responsables da acción eólica.

4.- OUTROS CONCEPTOS XEOLÓXICOS DE INTERESE EN


CIENCIAS MEDIOAMBIENTAIS.-

49
En temas anteriores, ou posteriores, aparecerán unha serie de conceptos relacionados coa
xeosfera que agora enunciamos:

A XÉNESE DE XACEMENTOS.- Chamamos xacemento a aqueles lugares onde un recurso


se atopa concentrado de tal xeito que a súa extracción sexa rendible. Os xacementos poden ter
unha dobre orixe: interna ou externa. No segundo trimestre, no tema de recursos, estuderamos
estas orixes.

SISTEMAS DE LADEIRA.- Un dos procesos xeolóxicos externos que máis nos interesan
desde el punto de vista dos riscos que xeran son os relacionados co retroceso de ladeiras
(fenómenos gravitatorios de ladeira) válidos tanto para as vertentes dun val como para
calquera tipo de pendente (fallas por ex.). Os procesos que producen retroceso de ladeiras
poden ser resultado da acción da auga, pero tamén efecto da gravidade que produce grandes
movementos de masas. Son es seguintes: Creep ou reptación, solifluxión, fluxos de lodos,
deslizamentes rotacionais e traslacionais, derrubamento e desprendementos. Serán estudados
no tema de riscos no terceiro trimestre.

LITOLOXÍA E RISCOS XEOLÓXICOS.- Cómpre agora recordar as litoloxías


relacionados coa xénese de riscos tal como veremos en temas posteriores, no terceiro
trimestre:
• A litoloxía calcaria e de xesos e outras rocas solubles facilita procesos de disolución
subterránea responsable de perigos derrubamentos.
• A litoloxía arxilosa produce o fenómeno de solos expansivos (que varían de volume) o
que produce tamén riscos para as construcións

LITOLOXÍA E ACUÍFEROS.-Recordaremos que a formación de acuíferos esixe a


alternancia de rochas permeables e impermeables. As rochas sedimentarias detríticas son
importantes na xénese de acuíferos. Así, as arxilas e as margas son rochas de moi baixa
permeabilidade, mentres que a máxima permeabilidade corresponde as areas.

En canto as rochas magmáticas (granitos) e metamórficas (lousas, xistos) lembrarás que en


principio son rochas impermeables que non permiten o paso da auga. Sen embargo estas
rochas adoitan estar fracturadas existindo unha permeabilidade secundaria que permite a
circulación da auga a través da rede de fracturación. Tamén comentamos a facilidade de
alteración dalgúns granitos que se converten en sábrego areoso que se comporta como as
areas contendo reservas de auga.

5.- A XÉNESE DA PAISAXE.-

Tal como estudamos, a xénese da paisaxe está fortemente influenciada polas condicións
climáticas que
determinan o axente
modelador e as formas
que xera (vento, xeo,
ríos, etc.). Pero non
debe desprezarse a
importancia que tivo na
xénese da paisaxe os
procesos internos do
pasado e os tipos de
litoloxías. Finalmente
non debemos esquecer

50
a importancia dos procesos xeolóxicos de orixe interna que seguen activos nestes intres e que
xeran paisaxe, como son o vulcanismo recente ou os procesos de movementos verticais da
cortiza (epiroxénicos) .

51

Você também pode gostar