Você está na página 1de 20

FONTES DOCUMENTAIS EN GALEGO DO S.

XIII -ata 1260- NOS ARQUIVOS DE


SANTIAGO DE COMPOSTELA. DESCRICIÓN E ESTADO DA CUESTIÓN

Raquel Rodríguez Parada∗

Universidade de Santiago de Compostela-Instituto da Lingua Galega


raquel.rodriguez.parada@usc.es

Neste artigo damos conta dun conxunto de documentos notariais en galego do século XIII que se
custodian nos arquivos, públicos e privados, da cidade de Santiago de Compostela. Como
baliza cronolóxica establecemos os sesenta primeiros anos deste século por producirse durante
este período a emerxencia do galego como lingua escrita. Dado o o interese que teñen os textos
para o estudo da lingua e da sociedade medieval, proporcionamos unha breve nota histórica e
unha descrición dos arquivos composteláns en que se localizan, teléfono de contacto, persoal
responsable, horarios de apertura, etc. coa finalidade de facilitarlles o traballo aos
investigadores.

Tamén facemos referencia aos documentos galegos que dende a Desamortización de


Mendizábal forman parte dos fondos do Arquivo Histórico Nacional, dos cales hoxe podemos
consultar unha copia nos arquivos da cidade compostelá; finalmente, nos anexos, recollemos
unha relación de todos os textos citados co correspondente rexesto e información catalográfica
de interese.

Palabras clave: documentación medieval, galego, arquivística.


Enderezo postal: rúa Xesteira 21, 3ºI, 15220 Bertamiráns (Ames); enderezo do ILG: Praza da
Universidade 4, 15782 Santiago de Compostela; tfno. 617 81 76 42;
raquel.rodriguez.parada@usc.es/raquel.rodriguez.parada@edu.xunta.es.

1
FONTES DOCUMENTAIS EN GALEGO DO S. XIII -ata 1260- NOS ARQUIVOS DE
SANTIAGO DE COMPOSTELA. DESCRICIÓN E ESTADO DA CUESTIÓN1

Raquel Rodríguez Parada

Universidade de Santiago de Compostela-Instituto da Lingua Galega

«...bieron e aga adreçar los almarios de las escrituras por manera que aya
en ellos tres llabes las quales tengan tres benefiçiados cada uno la suya y no se puedan abrir sin todos tres
estar presentes, en los cuales dichos armarios mandan que se pongan todos los prebilegios libros y
escrituras que estan en el tesoro ansi las escrituras [...] dichas tres llabes le mandan las trayan a cabildo
para que sus merçedes las den a las personass que la ayan de tener
en la dicha guardda y confiança» (1533, petición da Mesa capitular).

Está comunicación está en relación coa miña tese de doutoramento, Documentos notariais en galego do
século XIII. Edición e estudo lingüístico, que a día de hoxe conta cun corpus de aproximadamente un
cento2 de documentos de carácter xurídico (notariais) éditos e inéditos datados entre os anos 12003
e 1260 e custodiados en arquivos galegos e de fóra da comunidade -como consecuencia da
Desamortización de Mendizábal de 1835- fundamentalmente, no Archivo Histórico Nacional
(AHN). Malia isto, aquí, por cuestións de espazo e tempo, centrarémonos exclusivamente no
inventariado dos documentos que durante esta época -os primeiros sesenta anos do século XIII- se
localizan nos arquivos composteláns. Ademais, coa finalidade de facilitar o traballo aos
investigadores, aproveitaremos para facer unha descrición de todos os arquivos, públicos e
privados, que existen en Santiago de Compostela en que se custodia documentación medieval en
prosa notarial desta época.

Non quero continuar sen antes indicar que a descrición relativa aos arquivos está feita dende a
perspectiva dunha filóloga, con todas as eivas que isto poida ter, pois é a man dunha filóloga e non
a dunha historiadora a que vai redactar este artigo.

1 A documentación notarial durante a Idade Media

O motivo da escolla deste marco cronolóxico explícase por ser a data en que se está conformando
o idioma galego e en que se incrementa o uso do romance nas escrituras, pois é a partir da segunda
metade do século XIII -como se pode ver na gráfica que segue- cando a produción documental en
lingua galega se xeneraliza ao poñerse por escrito unha lingua que na oralidade xa estaba
consolidada. En Galicia, esta substitución do latín polo romance cadrou aproximadamente co
pontificado do arcebispo Diego Xelmírez, que se iniciou entre finais do século XI e comezos do XII,
e, como apunta Monteagudo (1994: 171), unha das primeiras mostras dese novo romance está
precisamente na Historia Compostellana -“ex intestinis [...] vaccae quod gallaeco vocabulo duplicia

1
O noso agradecemento a todo persoal responsable dos arquivos e a Francisco Carracedo, que amablemente
nos facilitaron os datos precisos para a elaboración deste artigo; a Déborah González, Inma López e Damián
Suárez, que nun mes de agosto en que o horario das bibliotecas era incompatible co meu, e abusando da súa
amizade, me conseguiron algúns exemplares nas diversas bibliotecas de Santiago de Compostela. Tamén a
Ana Boullón polas súas suxestións, a Xavier Varela por permitirnos acceder ao TMILG mentres estaba en
construción, a Ricardo Gutiérrez Pichel por facilitarnos información sobre a documentación de Sobrado de
Trives e, finalmente, a Maka Pérez por toda a súa axuda.
2
A día de hoxe -ano 2006- coñecemos 116 documentos datados neste período, pero é posible que cunha
minuciosa busca nos arquivos acaben vendo a luz máis textos que aumenten esta relación; de feito o número
de documentos que rexistramos nós xa aumenta con respecto aos 112 citados por Boullón (2005: 46).
3
Aínda que tomamos o ano 1200 como data de partida do noso estudo, temos que aclarar que o primeiro
texto notarial que consideramos, un híbrido entre latín e galego, data do 20 de febreiro de 1227 (López 1916:
89-90, apud. Boullón 2004: 14).

2
nuncupatur”-, obra custodiada no arquivo da Catedral de Santiago de Compostela, á que nos
referiremos máis adiante.

Número de documentos notariais en galego do s. XIII (ata 1260)

98
100

75

50

25
11
3 4

Cómpre destacar que a documentación que se conserva en galego deste período non é moi
abundante, pois na inmensa maioría dos textos desta época a lingua de uso habitual é o latín,
empregado por notarios e escribáns de acordo cos esquemas xurídicos que ata o momento lles eran
coñecidos. Coa incursión paulatina do romance percíbese unha fase de convivencia entre as dúas
linguas, na cal a nova lingua emerxe, sobre todo, na parte dispositiva dos documentos, dado que é a
que presenta maior variación entre uns textos e outros (Lorenzo 2004: 31-2).

A custodia dos fondos aos que nos referimos tena nunha alta porcentaxe o Arquivo Histórico
Nacional de Madrid, institución nada en 1866 coa misión de darlles cabida aos fondos documentais
espoliados durante a Desamortización de Mendizábal, isto explica que conte con máis do 26,74%
da documentación conservada en Galicia (Barreiro Fernández 1988: 119).

Polo tanto, o groso da produción de documentos notariais en galego, salvando un número


reducido de textos anteriores4, data da segunda metade do século XIII; unha situación semellante
dáse en Portugal, en palabras de Ivo Castro (1991: 3-4):

«A producto regular de documentos em português só é conhecida a partir da segunda metade do século


XIII: em 1255 começam a ser escritos em português alguns dos documentos saídos da Chancelaria de D.
Afonso III [...]. Antes de 1255 existiu também uma diminuta produção primitiva portuguesa constituída
por documentos de carácter notarial escritos em português, cuja importância é excepcional para o estudo
da primeira fase da história da língua: o Testamento de Afonso II (1214), a Noticia de Torto (ca. 1214) e dois
documentos do Mogadouro».

Actualmente somos coñecedores do gran volume de documentos redactados ao longo da Idade


Media en Galicia e verbo disto, Barreiro Fernández (1988: 12) chegou a situar a nosa comunidade
entre as que contan con un dos patrimonios documentais máis importantes de toda a Península
Ibérica, mais nesa mesma obra tamén facía fincapé en algo que non quero deixar de comentar: a
necesidade de que estes traballos de edición de fontes documentais sexan feitos por grupos de
traballo e estean apoiados polas institucións. Esta, na nosa opinión, será a única maneira de poder
facer fronte á edición de moitos dos textos, pois hai que indicar que a meirande parte deles
4
A día de hoxe -ano 2006- coñecemos 19, incluíndo aqueles escritos nun romance híbrido latín-galego (algúns
citados en Boullón 2004a: 14-18): 1227-febreiro-20, 1228 (Monteagudo: [2005]), [1228], 1231-agosto-25,
1232-decembro-21, 1233-febreiro-4, 1234-1236, 1240-setembro-14, 1240-decembro-3, 1242-1252, 1242-1252,
1243-marzo, 1243-outubro-15, 1244-xaneiro, 1245, 1247-marzo-8, 1247-abril-6, 1250, 1250-xullo-12.

3
pertencen a fondos privados e, case sempre, para facilitar o traballo é preciso solicitar
reproducións, que a maioría das veces supoñen un custo difícil de asumir por un particular.

2 As fontes documentais nos arquivos composteláns

Os seis documentos en galego que se custodian nos arquivos de Santiago de Compostela dentro do
marco cronolóxico estudado son textos orixinais en pergameo, datados a partir da segunda metade
do século XIII e cinco deles pertencen a fondos de sés eclesiásticas, mosteiros ou conventos; isto
non é de estrañar ao seren os scriptorios eclesiásticos medievais -non só de Galicia, senón de todo
Europa- uns magníficos centros culturais e, polo tanto, lugares idóneos para presenciar o agromar
do romance na escrita, motivado pola necesidade de poñer por escrito a lingua empregada pola
poboación. A este factor debemos engadirlle que durante a Idade Media o auxe das peregrinacións
a Santiago de Compostela convertérona nunha cidade con gran proliferación de centros monásticos
onde tiñan acollida diversas ordes relixiosas.

Os textos localizados nos arquivos de Santiago supoñen, polo tanto, un 5,17% do total da
produción notarial en galego ata 1260 e, tipoloxicamente, son todos documentos xurídicos que
teñen que ver coa administración destes centros relixiosos. En total, computamos unha partilla,
dúas sentenzas, unha venda e dous foros, que constitúen unha representativa mostra da tipoloxía
textual máis abundante no medievo, cando menos, en Galicia.

A seguir recollemos o número de textos que se custodian en cada arquivo e indicamos, de existir
máis dun, as datas do máis e do menos antigo:

10

2
1? 1 1
1?

0
AA A CS A CSF (A CSC) A HDS AHUS

nº de textos máis antigo último ata 1260


Arquivo do San Paio de Antealtares 2 1255 1256
Arquivo da Catedral de Santiago 1? 1250
Arquivo do Convento de San Francisco 1? 12??
Arquivo Histórico Diocesano de
1 [1253-1254]
Santiago
Arquivo Histórico Universitario 1 1260

Neste cadro pode verse como das décadas estudadas é a de 1250 a 1260 a que concentra a
meirande cantidade de documentación en galego.

3 Os arquivos de Santiago de Compostela

Tras a revisión de guías, catálogos, artigos sobre fontes documentais e obras publicadas que
recollen documentación desta época depositada nos arquivos da cidade compostelá, propuxémonos
sistematizar esta información por arquivos, públicos e privados, coa intención de facilitarlles aos

4
investigadores o acceso aos fondos documentais cos que traballamos. Para iso, e coas limitacións
que pode ter unha filóloga ao serlle alleo o terreo da arquivística e da catalogación, recollemos
información sobre os arquivos en que se gardan estes documentos e proporcionamos unha breve
nota histórica. Os datos de cada institución que indicamos son a localización, enderezo postal,
teléfono, fax, persoa responsable e/ou de contacto, páxina web e e-mail, de existir, e tamén o
horario e días de apertura. A referencia a cadanseu arquivo vai acompañada de información relativa
á documentación medieval, sexan coleccións sexan documentos illados, e/ou inventarios, mais aquí
só reflectimos a bibliografía das obras que nos foron útiles para o noso traballo e, polo tanto, que
se encadran dentro da franxa cronolóxica estudada.

3.1 Os arquivos públicos

De todos os arquivos públicos que existen na cidade de Santiago de Compostela -Arquivo da


Igrexa de Santa María de Sar, Arquivo do Consello da Cultura Galega, Arquivo do Consello de
Contas, Arquivo Municipal de Santiago e Arquivo do Instituto de Estudios Galegos Padre
Sarmiento- só no Arquivo Histórico Universitario atopamos documentación notarial en romance
galego pertencente ao século XIII.

3.1.1 Arquivo Histórico Universitario (AHUS)

Enderezo: Casas Reais 5, 15782


Teléfono: 981 55 99 38
Fax: 981 57 40 95
Persoa responsable (directora): Mª José Justo Martín
Páxina web: http://www.usc.es/arquivo/index.php
E-mail: arqmjj@usc.es ou arqivoh@usc.es
Horario: de 9:30 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h de luns a venres; en xullo e agosto de 9:00 a 14:00 h.

A orixe do Arquivo Histórico Universitario (AHUS) está estreitamente ligada ao nacemento da


Universidade de Santiago, a pesar de posuír documentación anterior á súa fundación dende o
século XIII. Nel deposítanse todos os fondos documentais xerados pola Universidade ao longo da
súa historia e, dende o século XIX, tamén acolle os fondos documentais non universitarios
adquiridos, doados ou cedidos (segundo se recolle no tít. I, art. 2.2. do Regulamento do arquivo
universitario). Posteriormente, encargouse da custodia de fondos relativos á cidade de Santiago e ao
seu contorno e é neste momento en que ingresa neste centro a documentación notarial relativa a
conventos, mosteiros, cabidos catedralicios, confrarías e outras institucións eclesiásticas que
sufriron os espolios da Desamortización.

Inicialmente tivo a súa sé na sancristía do Colexio Fonseca; posteriormente -no ano 1769-
trasladouse ao Colexio da Compañía, a onde se conta que chegaron os documentos nunha
procesión na que ían todos os graduados coas súas insignias; despois estivo situado no 3º andar da
Facultade de Xeografía e Historia, na Praza da Universidade e, dado que os locais non reunían as
condicións necesarias, no ano 1990 trasladouse ao antigo edificio da Casa Simeón, na zona histórica
de Santiago, que foi dedicado e restaurado para darlle cabida a todo o volume de documentación.
Dos seis andares cos que conta, tres están totalmente dedicados ao depósito de documentos.

No que respecta aos textos que custodia, como ocorreu con moitos dos arquivos, nas súas orixes a
documentación estaba gardada en arcas e hoxe en día estase inventariando nunha base de datos e
os seus fondos estanse dixitalizando, co cal calquera usuario pode ter información sobre eles e
consultalos, sen previa petición, usando o nº de identificación e chave webahus1, a través da sección
de consulta da súa páxina web [http://www.usc.es/arquivo/fondos/acceso.htm]. Hai que destacar que é un

5
proxecto que se puxo en marcha na meirande parte dos arquivos, non só da comunidade, senón
tamén no resto de Europa e, en concreto, no AHUS comezouse en 1997. Esta mesma iniciativa está
sendo levada a cabo polo AHN aínda que os seus resultados, polo de agora, non son moi visibles no
que ao tratamento da documentación antiga se refire.

De todos os fondos do século XIII que conserva o citado AHUS, do noso interese por estar en galego
e ser anterior a 1260 é o pergamiño nº 165 da colección Blanco Cicerón5, con data do 13 de maio de
1260. O texto recolle unha “Venda feita por Xoán Eanes e a súa muller Mariña Sánchez a dona, Urraca
Fernández da herdanza que tiñan na vila de Condelle, parroquia de San Xoán, por 15 soldos”.

Hai que indicar que entre a documentación coa que conta este arquivo atópanse copias
microfilmadas dalgúns dos documentos das seccións Clero e Códices custodiados no AHN, xa que
foron solicitados á dita institución. Entre a documentación microfilmada do século XIII podemos
destacar os documentos de Xubia, de San Martiño Pinario, de San Paio de Antealtares, da Catedral
de Santiago, de Monfero, de Oseira, de Toxosoutos, o tombo de Lourenzá e outros moitos. De
todos eles, merece especial atención este último, o tombo, -(Cód. AHUS 39, Cód. AHN 1044B), pois
nel recóllense dous textos anteriores a 1261 escritos en galego, que citamos e inventariamos no
anexo II. O primeiro, de febreiro de 1258 é un preito entre “O concello de Ribadeo e o abade de
Lourenzá polas rendas do porto de Rinlo en Ribadeo” e no outro, datado o 22 de agosto de 1259, “María
Panguil entrégalle a un fillo de Fernán González a manda que este ordenou que se lle dera”. Ademais
destes dous, merece mención unha carta de foro datada o 15 de outubro de 1243, que a pesar de estar
escrita en latín presenta moitas partes en galego; nela “Don Álvaro González concédelle un foro aos
habitantes de Piñeiro”.

3.1.1.1 Documentación medieval (in)édita

Martínez Sáez, Antonio (1988): El monasterio de Sobrado de Trives. Estudio histórico y diplomático. Tese de
doutoramento inédita. Universidade de Granada, 82-83, doc. nº 40 [13 de maio de 1260].
Rodríguez González, Ángel e José Ángel Rey Caíña (1992): «Tumbo de Lorenzana», en Estudios
Mindonienses 8, 126-127, doc. nº 3 [15 de outubro de 1243]; 203, doc. nº 163 [febreiro de 1258] e
148, doc. nº 107 [22 de agosto de 1259].

3.1.1.2 Inventarios

Arquivo Histórico Universitario de Santiago de Compostela (marzo de 1998): Inventario de microfilm


da sección de clero e códices do Archivo Histórico Nacional. Inventario impreso inédito.

3.2. Os arquivos privados (relixiosos)

A cidade de Santiago conta cunha serie de arquivos privados, todos eles relixiosos, de grande
interese para o estudo da Idade Media; entre eles merecen atención o da Catedral de Santiago, o do
Convento de San Francisco, o do Convento de Santa Clara, o do Convento de Belvís, o de San
Paio de Antealtares e o de San Martiño Pinario. Actualmente, mentres que algúns xa non custodian
documentación antiga, outros contan cuns fondos medievais dignos de mención, tal é o caso do
arquivo do convento franciscano, do catedralicio ou do benedictino de San Paio.

Hai que destacar o dificultoso que resulta nalgúns casos poder acceder aos fondos documentais
destes arquivos de custodia eclesiástica, pois á vez que uns contan cun inventariado da
documentación e persoal especializado ou comprometido, outros, ao non teren persoal dedicado a
5
Os fondos pertencentes á colección Blanco Cicerón foron depositados no ano 1974 pola familia Blanco
Cicerón, de onde toma o nome a citada colección, e coñécense fundamentalmente pola abundante
documentación relativa ao goberno político de Galicia durante o século XIX.

6
estas tarefas, descoñecen parte dos fondos que posúen e, como consecuencia, non valoran este
material documental. Noutras ocasións este problema vese agravado polos reducidos horarios de
consulta, no mellor dos casos, ou por estaren suxeitos á vontade do/a arquiveiro/a ou responsable,
o cal dificulta enormemente a investigación.

3.2.1 Arquivo Histórico Diocesano de Santiago de Compostela (AHDS)

Enderezo: Praza da Inmaculada 5, 15704


Teléfonos: 981 56 28 00 e 981 58 38 84
Fax: 981 56 36 91
Páxina web: http://www.archicompostela.org/archivo/memoria.htm
E-mail: ahdsantiago@archicompostela.org
Persoa responsable (director): Salvador Domato Búa
Persoa de contacto: María Presedo Arnau
Horario: de 10:00 a 14:00 h, de luns a venres durante todo o ano.

Este arquivo dende o ano 1975 ocupa o edificio de San Martiño Pinario onde xa se conservaban
fondos relacionados coa creación da diocese dende a Idade Media; posteriormente en 1994, coa
finalidade de buscar mellores condicións, as instalacións víronse ampliadas e habilitáronse máis
espazos para acoller os seus fondos. Actualmente o equipo de traballo está dedicado á recuperación
e inventariado da riqueza documental e á descrición da documentación xa existente.

No que respecta á documentación que custodia, tamén se está traballando na súa catalogación e
dixitalización e nun prazo breve de tempo poderemos consultalos en rede na páxina que aínda está
en elaboración: http://www.archicompostela.org/archivo/default.htm.

Os fondos documentais que custodia divídense en varias seccións e, en concreto, de todo o século
XIII coñécense 279 documentos (Barreiro Fernández 1988: 45). A pesar deste volume de
documentación, case todos os documentos están escritos en latín e do noso interese para este
estudo só temos noticia dunha sentenza datada en xaneiro, entre os anos 1253-1254?: “Sentenza nun
preito entre o abade de Antealtares, Xoán Chambarín e a súa muller María Rodríguez”. Foi editada por
López Ferreiro (1901: 182-184) e posteriormente reproduciuna Martínez Salazar (1911: 12-14),
quen recolleu a lectura do anterior; con todo, Lucas Álvarez (1999: 541, vol. I) cando o buscou en
1999 non o atopou entre os fondos custodiados neste arquivo. Actualmente no AHDS están
revisando e catalogando toda a documentación relativa a San Martiño Pinario (Cód. AHUS 39, Carp.
Clero, pergameos 512 a 517), pero nin nos fondos do propio arquivo nin nos custodiados no
Arquivo Histórico Universitario se atopa este pergameo.

3.2.1.1 Documentación medieval édita

López Ferreiro, Antonio (1901): Colección diplomática de Galicia Histórica. Santiago de Compostela:
Tipografía Galaica, 182-183, doc. nº 30 [xaneiro de 1253-1245].
Martínez Salazar, Andrés (1911): Documentos gallegos de los séculos XIII al XVI. A Coruña: Casa de
la Misericordia, 12-14, doc. nº 6 [xaneiro de 1253-1245].

3.2.1.2 Inventarios

Temperán Villaverde, Elisardo e Antonio Cepeda Fandiño (2000): Arquivo Histórico Diocesano. Fondo
General (Mosteiro de San Martiño Pinario de Santiago de Compostela). Santiago de Compostela: Xunta
de Galicia.

7
3.2.2 Arquivo de San Paio de Antealtares (AA)

Enderezo: rúa Antealtares 23, 15704


Teléfono: 981 58 31 27
Fax: 981 56 06 23
E-mail: sanpelayo.archivo@gmail.com
Persoa responsable (arquiveira): Mª Mercedes Buján Rodríguez
Horario: 16:00 a 18:00 h, de luns a venres.

Este convento, actualmente feminino, tivo o seu antecedente no mosteiro de San Pedro de
Antealtares -logo San Paio- un dos máis antigos da cidade ao ser erixido xunto ao sepulcro do
apóstolo e, precisamente, do seu emprazamento procede o nome de Antealtares. A reforma
monástica emprendida a fins do século xv supuxo o traslado dos monxes ao Mosteiro de San
Martiño Pinario e San Paio acolleu dende 1499 a comunidade de monxas benedictinas.

Na actualidade dispón dun riquísimo arquivo -a súa arquiveira dá conta de 417 documentos
pertencentes ao século XIII (Mercedes Buján 1988: 57)- en que se recollen fondos de San Martiño e
de moitos outros conventos e mosteiros galegos como froito da convivencia dos relixiosos de
diversas localidades en San Paio. Este variado fondo, ao que xa se referiron Jiménez Gómez (1973:
114) e Lucas Álvarez (2001: 78), viuse minguado considerablemente por dous incendios -un no ano
1659 e outro posterior- pola invasión francesa e pola xa referida Desamortización de 1835.
Actualmente hai documentación relativa a este arquivo no AHUS (Cód. AHUS 54, Carp. Clero,
pergameos AHN 520 e 521), que neste caso foi vendida pola comunidade benedictina para poder
facer fronte aos problemas económicos que atravesaron tras a espoliación.

Verbo da documentación estudada, custódianse no seu arquivo dous documentos en galego, en


concreto, dúas cartas de foro pertencentes aos fondos de Sobrado de Trives; a primeira, datada o
10 de xullo de 1255, coa referencia VII/48, foi editada por Duro Peña (1967: 59-60) e Martínez Sáez
(1988: 63-64): “Mariña Rodríguez, abadesa de Sobrado de Trives, afóralles a Vasco Fernández e á súa
muller Mariña Pérez a cabana de Cazapedo”. A outra do 1 de marzo de 1256, coa referencia VII/48,
tamén foi editada polos citados autores (Duro Peña 1967: 60-61 e Martínez Sáez 1988: 65-66) e
recolle o “Foro da herdade de Vilanova feito pola abadesa de Sobrado de Trives, Mariña Rodríguez, a
Domingo Míguez e Feveiro Míguez”.

É de destacar que neste arquivo teñen xerocopias dos fondos do mosteiro que se custodian no
Arquivo Histórico Nacional (Carp. Clero, pergameos, AHN 520 e 521); trátase de textos de Camanzo,
Ramirás e Sobrado de Trives. Precisamente, na documentación do mosteiro de Sobrado atópase un
texto do 22 de xaneiro de 1255 en galego, do que damos conta no anexo II: “Foro feito por dona Marina
Rodríguez, abadesa de Trives, a Xoán Cerdeira do casal que o mosteiro ten xunto á igrexa de Cerdeira”.

3.2.2.1 Documentación medieval (in)édita

Duro Peña, Emilio (1967): “El monasterio de San Salvador de Sobrado de Trives”, Archivos Leoneses
21, 59-60, doc. nº 8 [10 de xullo de 1255] e doc. nº 9 [1 de marzo de 1256].
Martínez Sáez, Antonio (1988): El monasterio de Sobrado de Trives. Estudio histórico y diplomático. Tese de
doutoramento inédita. Universidade de Granada, 61-62, doc. nº 29 [22 de xaneiro de 1255], 63-
64, doc. nº 30 [10 de xullo de 1255] e 65-66, doc. nº 31 [1 de marzo de 1256].

3.2.2.2 Inventarios

Buján Rodríguez, María Mercedes (1996): Catálogo archivístico del Monasterio de Benedictinas de San Payo
de Ante-Altares. Santiago de Compostela: Consorcio de Santiago.

8
3.2.3 Arquivo da Catedral de Santiago de Compostela (ACS)

Enderezo: Praza da Inmaculada 1, 15705


Teléfono: 981 57 56 09
Páxina web: http://www.archicompostela.org/web/index_.htm
Blog: http://archivium-sancti-iacobi.blogspot.com/
E-mail: acs@planalfa.es
Persoa responsable (director): José María Díaz Fernández
Persoas de contacto: Xosé Manuel Sánchez (Historia medieval) e Arturo Iglesias (Historia
moderna)
Horario: 10:30 a 13:30 h e de 17:00 a 20:00 h, de luns a venres.

Este arquivo hai que datalo no descubrimento do sepulcro do apóstolo, momento en que a igrexa
compostelá precisaba conservar os documentos internos como forma de defensa dos seus intereses
e disto, precisamente, fala o arquiveiro Bernardo no prólogo que precede ao Tombo A. Inicialmente
e ata o século XV o arquivo formou parte do tesouro da sé e durante o mandato de Diego de
Xelmírez (1093-1104) viu crecer considerablemente os seus fondos, pero sería despois o arcebispo
Berenguel (1317-1330) o que se preocupou pola conservación e tratamento dos documentos ao
encargarlle esta tarefa aos arquiveiros. Os fondos deste arquivo recolléronse en diferentes
dependencias da catedral coa finalidade de buscar un maior espazo e, posteriormente, coa
Desamortización pasaron a formar parte da Administración dos bens nacionais.

No que respecta á documentación que custodia, sabemos que é a máis importante de Galicia cun
tesouro documental incalculable entre o que se atopan o Codex Calixtinus, o Liber Sancti Jacobi, os
tombos da Catedral, o Tombo de Iria, A Historia Compostelana e infinidade de documentos ata un total de
1.808 do século XIII, segundo os datos achegados por Barreiro Fernández (1988: 33). Entre os
fondos deste arquivo localízase a colección López Ferreiro, antigo arquiveiro da catedral, que conta
con 398 unidades documentais, das que 123 pertencen á época medieval.

Cómpre destacar que dende hai uns anos o labor do responsable viuse reforzado pola colaboración
de dous historiadores que se dedican á catalogación e organización dos fondos. Ademais, a área de
documentación medieval no mes de xullo de 2006 colgou da rede un blog (http://archivium-sancti-
iacobi.blogspot.com/) a través do cal podemos coñecer acotío as tarefas que se desenvolven no arquivo
e outras novas de interese e consultar o catálogo completo dos documentos soltos que,
recentemente, se verá ampliado cun novo catálogo máis extenso en que se traballa actualmente. O
servizo de correo electrónico e a páxina web (http://www.archicompostela.org/web/index_.htm) son
algunhas das ferramentas de agradecer por parte dos investigadores.

O noso interese por achegar os datos relativos a este arquivo levounos a citar un documento de
1250, a pesar de estar en romance galego unicamente as fórmulas de traslado, que se incorporaron
cando se copiou o tombo, entre 1326 e 1330 (González Balasch 2004: 25). Trátase dunha sentenza
pertencente ao Tombo B da Catedral, datada o 12 de xullo de 1250, escrita nos folios 79r, [79v], 80r,
120v e 121r do dito tombo: “Fernando III sentenza que debe pagarse maniádigo na terra de Santiago e
que todos os carniceiros composteláns teñen que tributar ao arcebispado”. Recentemente González
Balasch (2004: 235-236) fixo unha edición deste tombo na cal recolleu parcialmente este texto.
Ademais do documento citado hai outro texto do mesmo tombo catalogado na colección dos
documentos soltos do propio arquivo con data do 15 de decembro de 1223 e, na información que
o acompaña, explícase que está escrito en galego; evidentemente, esta é unha data temperá para
atoparmos un documento escrito integramente en galego e, de feito, é así: o texto non está escrito
en galego, senón en latín, lingua en que o edita González Balasch (2004: 130-132).

3.2.3.1 Documentación medieval édita

9
González Balash, María Teresa (2004): Tumbo B de la Catedral de Santiago. Santiago de Compostela:
Ediciós do Castro, 235-236, doc. nº 111 [12 de xullo de 1250].

3.2.3.2 Inventario

Colección de documentos soltos do Arquivo da Catedral de Santiago de Compostela:


http://www.catedraldesantiago.es/archivo/pdf/doc_sueltos.pdf

3.2.4 Arquivo do Convento de San Francisco (ACSF)

Enderezo: Campillo de San Francisco 3, 15705


Teléfono: 981 58 16 00, ext: 350
Fax: 981 57 19 16
Persoa responsable: José García Oro
Horario: é preciso acordalo co responsable.

O Convento de San Francisco conta cunha das mellores bibliotecas de Galicia, pois segundo nos
comentou o seu responsable é a segunda da comunidade franciscana en canto ao volume e valor
dos fondos que tutela. A pesar de que o arquivo deste convento a miúdo é tratado como parte da
biblioteca, neste caso ímonos referir ao Arquivo da Provincia Franciscana de Santiago, que é o que
ocupa o noso interese, dado os fondos que nel se tutelan. O nacemento deste arquivo,
aproximadamente no século XVI, estaba destinado a recoller a documentación interna relativa á
comunidade franciscana, exercendo como foco de centralización de toda a documentación que
posuía a orde. De aí o rico e variado fondo co que conta, entre o que se atopa unha serie de
documentos -dos séculos XII ao XVI- procedentes do Convento de Santa Clara de Santiago (Eiján
Moyano 1969?, Rodríguez Núñez 1993), que nos interesan especialmente por estaren algúns en
galego e pertenceren ao intervalo cronolóxico en que traballamos.

O decreto desamortizador apenas afectou aos fondos do convento debido a que a documentación
relativa á organización da propia orde, que se supuña que existía, non era de interese xeral e, por
iso, hoxe só se conservan pezas soltas, que foron recollidas por frades ou persoas que lles deron
valor a estas pezas.

Actualmente os fondos do arquivo están estruturados en varios lotes, pero non existe un catálogo
que os investigadores poidan consultar e ademais, no que respecta ao arquivo, non se está
traballando na organización desta documentación. Barreiro Fernández (1988: 61) contaba 121
documentos do século XIII no arquivo deste convento, polo tanto, non descartamos a posibilidade
de que no futuro apareza algún documento máis que nos interese pero, polo de agora,
referirémonos a un pergameo orixinal pertencente aos antigos fondos do Arquivo do Convento de
Santa Clara (ACSC), pois Clara Rodríguez (1993: 22 e 24) só dá o rexesto e Gloria Eiján (1969?: 34)
ofrece a lectura na súa memoria de licenciatura inédita: a priori, poderíamos datalo o 20 de marzo? de
1247? “Partilla entre Rodrigo Rodríguez, Fernán Rodríguez e María Rodríguez en Santa María de Caamaño”,
custódiase no ACSF e leva a referencia 1/15, pero pertence ao antigo fondo de ACSC coa antiga
referencia 26/36.

Verbo desta datación, hai que dicir que a primeira liña, onde se sitúa a data, está practicamente
ilexible por mor da humidade que borrou as letras; Clara Rodríguez (1993: 22) leu «era de LXXVª» e
Gloria Eiján (1969?: 243) refírese ao documento dicindo que «el gallego se encuentra
esporádicamente en 1 documento, no compostelano, del año 1243»6. A pesar destas dúas
6
O rexesto que recolle Eiján Moyano (1969?: 34) para este texto é o seguinte: «Carta de plácito e compromiso
otorgada entre Gonzalo Rodríguez por si y su mujer, y Fernand Rodríguez, María Rodríguez, hijos de Ruy
Muniz, por el que se distribuyen entre si por terceras partes las casas y bienes que tienen en la feligrisía de

10
propostas, polo estadio da lingua e o tipo de letra sospeitamos que o documento é posterior, a
pesar de que neste momento aínda non somos quen de indicar unha data exacta.

3.2.3.1 Documentación medieval inédita

Eiján Moyano, Mª Gloria (1969?): El Monasterio de Santa Clara de Santiago. Memoria de licenciatura
inédita. Universidade de Santiago de Compostela, 34, doc. nº 17 [20 de xaneiro de 1247].

3.2.4.1 Inventario

Rodríguez Núñez, Clara Cristela (1993): La colección documental de Santa Clara de Santiago (1196-1500).
Santiago de Compostela: El Eco Franciscano = Liceo Franciscano 136-138, 22, nº 13 [recolle o
rexesto dos documentos do ACSC que actualmente se custodian no ACSF].

3.2.5 Arquivo do Convento de Santa Clara de Santiago (ACSC)

Enderezo: rúa Santa Clara s/n


Teléfono: 981 58 38 88
Persoa responsable (abadesa): Mª de los Ángeles Couto Anido
Horario: cómpre acordalo coa responsable.

Este convento fundouse durante a baixa Idade Media, probablemente preto do río Sarela e
posteriormente, como se le nun documento de 1297, sabemos que as clarisas solicitan o seu
traslado a un lugar próximo aos franciscanos (De Castro 1983: 102). Segundo se recolle na
documentación conservada, estivo moi vinculado coas familias burguesas da terra de Santiago, que
frecuentemente fixeron doazóns.

A colección documental procedente deste arquivo, en palabras de Rodríguez Núñez (1993: 10), é
probablemente unha das máis importantes das conservadas para a Galicia medieval e, ademais, os
documentos que dende o século XIII se custodiaban víronse ampliados no século XVI con
documentación dos franciscanos de Santa María a Nova e da comunidade relixiosa de Santa
Cristina da Pena no momento da súa desaparición. Ao igual ca outros centros relixiosos, os seus
fondos sufriron diversas vicisitudes dende a Desamortización, o que supuxo a súa dispersión e
fragmentación en diversos arquivos e, como consecuencia, o maior volume de documentación do
ACSC pasou aos fondos do Arquivo do Convento de San Francisco (ACSF), ao Arquivo Histórico
Diocesano (AHDS), ao Arquivo Histórico Universitario (AHUS) e ao Arquivo Histórico Nacional
(AHN). Polo tanto, no actual Convento de Santa Clara só se conservan unha vintena de libros e 6
mazos de papeis soltos, todos posteriores ao século XVI, pero que conteñen algunhas copias de
documentos medievais que non se atopan nos outros arquivos (Rodríguez Nuñez 1993: 10).
Merecen ser destacados os catro libros de Pauta redactados no ano 1757, que dan conta do
riquísimo fondo documental co que contaba o convento: exactamente 59 libros enumerados
correlativamente, outros cinco máis sen numeración correlativa, un caixón de privilexios e papeis,
oito mazos de papeis soltos e preitos e un tombo redactado no ano 1812, hoxe desaparecido; aínda
así cómpre ser cautos porque estes libros presentan, como xa apuntaba Rodríguez Núñez (1993:
10) problemas de datación, pois ás veces toman o ano da era polo ano do nacemento de Cristo e só
dan conta da documentación que consideraban máis relevante en caso de preito. Deses 59 libros
consérvanse 20, que hoxe están espallados por diversos arquivos -dos que xa falamos- e conteñen
150 documentos do século XIII, pero a meirande parte están escritos en latín. Eiján Moyano (1969?:

Santa María de Caamaño con todos los derechos y obligaciones inherentes a dichos bienes». A autora
equivócase na referencia ao indicar que pertence aos fondos do ACSF 1/16 no canto de 1/15.

11
XL)recolle unha porcentaxe do 85% da documentación escrita en latín sobre un escaso 15% escrita
en galego.

Despois de consultar a obra de Barreiro Fernández (1988: 61) sospeitabamos que algún dos 4
documentos do século XIII conservados neste arquivo podía estar redactado en lingua galega, con
todo no dito convento non atopamos noticia de ningún deles; en pergamiño só consultamos un
orixinal bastante deteriorado, polo que non puidemos saber a data, malia deducir -polo tipo de
letra- que pertence aos séculos XIV ou XV. Ademais deste hai outro documento enrolado e datado en
1444 sobre Santa María de Neda, que Gloria Eiján (1969?: XL) define como rolo procesual e data,
igualmente, na data que propoñemos. Tamén consultamos unha fotocopia dun texto do século XV,
que probablemente se trate do pergamiño de 1410 unido á capa dun libro do que falaba Eiján
Moyano (1969?: XXVII) «Uno de los libros tiene unido a la portada un pergamino del año 1410, pero
las demás escrituras están hechas en papel y cosidas».

3.2.5.1 Documentación medieval

Eiján Moyano, Mª Gloria (1969?): Santa Clara de Santiago. Memoria de licenciatura inédita.
Universidade de Santiago de Compostela [transcribe parte da documentación deste convento
pertencente a diversos séculos].

3.2.5.2 Inventario

Rodríguez Núñez, Clara Cristela (1993): La colección documental de Santa Clara de Santiago (1196-1500).
Santiago de Compostela: El Eco Franciscano = Liceo Franciscano 136-138, [recolle só o rexesto
de todos os documentos do ACSC que se custodian no ACSF].

3.2.6 Arquivo do Convento de Santa María de Belvís (ACB)

Enderezo: rúa de Belvís 2, 15703


Teléfono: 981 58 76 70
Persoa responsable (arquiveira): Imelda Alonso Iglesias
Horario: cómpre acordalo coa responsable.
Este mosteiro fundouse arredor do século XIV mercé ás doazóns feitas por familias nobiliarias
galegas, que non tardarían en formar parte da institución e unirse ás primeiras dominicas
procedentes de Zamora.

A través da consulta do inventario dos fondos medievais de Barreiro Fernández (1988: 61)
coñecemos a existencia de 2 documentos do século XIII gardados neste arquivo, que poderían estar
escritos en galego. Logo de poñernos en contacto coa arquiveira, comprobamos que o documento
máis antigo procedente da colección documental e custodiado alí está en galego e data do ano 1305,
como así recolle Rodríguez Núñez (1989: 10 e 69) no seu estudo sobre este convento -trátase
dunha doazón que dona Teresa González lle fai aos frades predicadores de Galicia. Polo tanto, é
posible que os dous documentos aos que se refería López Alsina (1988: 61) procedan dos fondos
que o mosteiro dominico ten no AHUS, pois un data do 29 de xuño de 12917 e o outro do 24 de
xuño de 12928.

7
É unha doazón ao convento de Samos do beneficio da igrexa de San Salvador de Collantres e da ermida de
San Xulián do Mar (Rodríguez Núñez 1989: 67).
8
Recolle unha confirmación que fai o arcebispo fray Rodrigo da concesión do beneficio de Collantres e da
ermida de San Xulián do Mar ao mosteiro de Samos (ibidem).

12
4 As fontes galegas do Arquivo Histórico Nacional (AHN) nos arquivos composteláns

O recente traslado dos papeis de Salamanca a Cataluña non nos deixou indiferentes e, por iso,
consideramos pertinente comentar brevemente a presenza de fondos galegos no Archivo Histórico
Nacional (AHN), que dende o seu nacemento en 1866 estivo destinado a conservar a documentación
de institucións eclesiásticas desamortizadas en 1835, ata entón custodiada nas contadorías
provinciais de bens nacionais e na Real Academia da Historia, segundo dispón unha orde do 1 de
outubro de 1899; a pesar de que, por diversas circunstancias, só foi trasladada parte da
documentación a Madrid.

Verbo dos documentos de mosteiros galegos que ten baixo a súa tutela, é preciso destacar que na
sección Clero, ordenados xeograficamente por provincias, recóllense documentos de diversos
mosteiros e conventos galegos, entre eles San Paio de Antealtares, San Martiño Pinario, o convento
de Santa Clara e o de San Francisco, segundo indica a relación de Sánchez Belda (1953) -Documentos
reales de la Edad Media referentes a Galicia: Catálogos de los conservados en la Sección de Clero del Archivo
Histórico Nacional. O inventario da documentación galega da sección Clero pódese consultar
unicamente na sala de investigadores do propio AHN, pois este volume non está a disposición do
público nas bibliotecas, nin en Galicia nin noutros puntos da Península, sendo un obstáculo para os
investigadores, que temos que desprazarnos ata alí para coñecer os fondos cos que conta. Tras un
intento frustrado por conseguir unha copia deste catálogo, hai un ano nunha visita ao Arquivo
Histórico Provincial de Pontevedra (AHPPo) descubrimos que teñen unha copia microfilmada do
dito inventario, o cal nos pode facilitar enormemente o traballo previo á visita ao AHN en Madrid.

Antes de finalizar, quero reiterar a presenza nalgún arquivo da nosa comunidade de fondos
microfilmados de documentos galegos custodiados no Arquivo Histórico de Madrid, tal é o caso
do tombo de Lourenzá ao que xa nos referimos, do cal se conserva unha copia microfilmada no
AHUS, xunto con outra moita información pertencente ás seccións Clero e Códices: San Martiño de
Xubia, tombo novo da Catedral de Lugo, Oseira, San Xusto de Toxosoutos, Sobrado de Trives,
Caaveiro, Monfero, entre outros. Tamén engrosan esta lista os documentos pertencentes a San Paio
de Antealtares: 122 documentos datados entre 968 e 1517, conservados nas carpetas 518 e 523, aos
que temos que restarlles 107 documentos que pertencen a mosteiros femininos unidos a San Paio
-Ramirás, Ansemil, Santa María de Sobrado de Trives e Chouzán- a partir do ano 1499, cando
pasou a ser feminino. Un deles está en galego, a pesar de que o seu estado de conservación non é
bo ao estar cheo de marcas de humidade, roturas e estar exposto a varios axentes que o
deterioraron.

No seguinte cadro reproducimos estas copias de fondos galegos do AHN presentes nos arquivos
composteláns:

nº de textos máis antigo último ata 1260


Tombo de Lourenzá no AHUS 3 1258 1259
Sobrado de Trives no AA 1 1255

Centrándonos no período cronolóxico estudado, volvemos constatar que é a partir de 1250 cando
se concentra a maior produción de documentación notarial redactada en galego, a pesar de falarmos
dun corpus de só 4 textos.

Malia estas solicitudes, sempre esporádicas, de fondos galegos ao AHN, recentemente o deputado
nacionalista Francisco Rodríguez pronunciouse verbo das 4.100 pezas documentais,
fundamentalmente da época medieval, que foron levadas ao AHN no século XIX logo da
Desamortización, producíndose así unha grande desfragmentación dos arquivos galegos.
Inicialmente a súa proposta solicitaba o traslado dos fondos galegos á nosa comunidade, pero ao

13
final optouse por facer un convenio co dito arquivo que permitise microfilmar o material galego
que se custodia nos seus fondos para poder consultalo en Galicia dunha maneira cómoda e rápida,
sen termos que andar desprazándonos á capital cada vez que queremos ler cun pouco de fiabilidade
un documento. Esta proposta foi aprobada na Comisión de Cultura do Parlamento o 21 de xuño
de 2006 e actualmente está sendo sometida a estudo pola Consellería de Cultura. Agora só nos resta
esperar a que nun prazo breve de tempo poidamos consultar, cando menos, unha copia dos nosos
documentos en Galicia.

A pesar do rigor co que abordamos a busca de documentos deste período é posible que non estean
todos os que son e sobre isto hai que facer unha chamada de atención ás autoridades competentes,
públicas e e privadas, para que o patrimonio documental que chegou ata nós, en moitos casos
deteriorado e minguado, non caia en mans da desidia.

5 Cabo

Trinta anos despois de que Jiménez Gómez publicara a Guía para el estudio de la Edad Media
atrevémonos a ofrecer unha panorámica de unicamente sete arquivos coa idea de proporcionar
información que permita alixeirar o traballo dos investigadores. Durante estes anos é evidente que a
meirande parte dos arquivos avanzaron na mellora do seu traballo, por exemplo, aproveitando as
vantaxes que nos ofrecen as novas tecnoloxías ou dotándose de persoal especializado pero, nalgúns
deles, aínda falta moito por facer.

Sabemos que dende o século XIX houbo un interese pola publicación de documentos medievais que
tamén afectou á prosa notarial e dende entón, dende diversas universidades, estase promovendo a
elaboración de edicións, máis ou menos rigorosas, sobre estes documentos (Boullón Agrelo 2004b:
709-770). Aínda así cómpre un consenso para que as edicións se fagan uniformemente entre todos,
coa indicación das abreviaturas e sendo fieis ao que o alí se nos di. Só desta maneira contaremos
cun dos principais recursos da investigación histórica e filolóxica.

A modo de conclusión queremos facer fincapé na necesidade de prestar máis atención a estas pezas
documentais que forman parte da nosa historia dende diversas ópticas: histórica, lingüística,
paleográfica, xurídica, etc., de conservalas e facilitarlles, na medida do posible, a consulta ás persoas
interesadas. Ao mesmo tempo e sen entrar no debate de se os documentos orixinais deben voltar a
Galicia ou non, o que si reclamamos é a chegada dunha copia de todos eles, pois son un patrimonio
cultural ao que non debemos renunciar.

Outro dos aspectos que cómpre tratar é a necesidade de catalogar e organizar moitos dos fondos
que se conservan en arquivos relixiosos e que, por diversas cuestións, permanecen amoreados
século tras século sen ningún tipo de atención. Só coa intervención das institucións públicas estes
fondos descoñecidos poderán ver a luz e ser catalogados debidamente.

14
Anexo I:
Inventario das fontes documentais en galego do s. XIII -ata 1260- nos arquivos
composteláns9

Ofrecemos seguindo a orde cronolóxica unha relación de documentos éditos e inéditos, que se
custodian nos arquivos santiagueses e que se encadran no período estudado. Tras a data e o rexesto
indicamos unha serie de datos catalográficos tales como a referencia á(s) edición(s), reedición(s)
e/ou reprodución(s) do documento, de existiren, o arquivo en que se custodia coa referencia
debidamente cotexada e, cando o consideramos oportuno, engadimos algunha observación.

1. 12??-marzo?-20: “Partilla entre Rodrigo Rodríguez, Fernán Rodríguez e María Rodríguez en


Santa María de Caamaño”.

Ref.: Eiján Moyano 1969?: 34, doc. nº 17 -edítao.


Rodríguez Núñez 1993: 22, doc. nº 13 –dá o rexesto.
Arq.: ACSF 1/15, pertencente aos antigos fondos procedentes de
Santa Clara, ACSC 26/36. Perg. orixinal: 23,5x12 cm. Estado de
conservación regular, xa que hai anacos ilexibles. Minúscula
diplomática con tendencia cursiva.
Obs.: Inédito. Rodríguez Núñez datou o texto o día 20 do ano 1237
ao ler «era de LXXVª». A autora equivócase na referencia ao
indicar que pertence aos antigos fondos do ACSC 1/16 no canto
de 1/15. Eiján Moyano (1969?: 34) dátao no ano 1243.

2. 1250-xullo-12: “Fernando III sentenza que debe pagarse maniádigo na terra de Santiago e que
todos os carniceiros composteláns tributen ao arcebispado”.

Ref.: López Ferreiro (1975): 193-194.


González 1986: 380, vol. III, doc. nº 801 -fai a lectura do fol.
120v, pero omite a fórmula de traslado.
González Balasch 2004: 235-236, doc. nº 111 -fai unha edición
do texto dos folios 79r, [79v] e 80r e parcial da fórmula dos
traslados; indica en nota que o texto dos folios 120v e 121r
«presenta ligeras variantes con respecto al de los fols. 79r-80r.»
(2004: 236).
Arq.: ACS CF/33, fols. 79r, [79v], 80r, 120v, 121r. Perg. orixinal:
46,2x32,5 cm. Gótica de privilexios. Bo estado de
conservación.
Obs.: Só están en romance galego as fórmulas de traslado, que se
incluíron cando se copiou o tombo -entre 1326 e 1330 (cfr. §
3.2.3 deste artigo).

3. [1253-1254?]: “Sentenza nun preito entre o abade de Antealtares (Santiago) e Xoán


Chambarín e a súa muller María Rodríguez”.

Ref.: López Ferreiro 1901: 182-184, doc. nº 30 -edítao.


Martínez Salazar 1911: 12-14, doc. nº6 -recolle a lectura de
López Ferreiro.
Boullón 2004a: 27-28 -recólleo no catálogo de documentos.
Souto Cabo 2006: 20.
9
Algúns destes textos editareinos en E. Corral Díaz, L. Fontoira Surís e E. Moscoso Mato (eds.) (no prelo): A
mi dizen quantos amigos ey. Estudos filolóxicos en homenaxe a Xosé Luís Couceiro. Universidade de Santiago de
Compostela.

15
Arq.: AHDS (San Martiño). Orix. perdido.
Obs.: López Ferreiro (1901: 182) indica que no documento orixinal a
data estaba borrosa, pero en 1253 era meiriño maior de Galicia
Rodrigo Suárez; Martínez Salazar (1911: 12) engade que Rodrigo
Suárez seguía sendo meiriño en 1254. Tendo en conta isto,
Boullón (2004a: 27-28) data o texto entre os anos [1253 e 1254],
en xaneiro. Posteriormente, Souto Cabo (2006: 20) propón os
anos 1251 e outubro de 1256, ao comprobar que o dito meiriño
aparece citado xa nun texto de Oseira (ACOu, doc. nº 662) e a súa
actividade prolóngase ata 1256 (AHN, Sigilografia, carp. 11, nº 6).

4. 1255-xullo-10: “Mariña Rodríguez, abadesa de Sobrado de Trives, afóralles a Vasco


Fernández e á súa muller Mariña Pérez a cabana do Cazapedo”.

Ref.: Duro Peña 1967: 59-60, doc. nº 8 -edítao.


Martínez Sáez 1988: 63-64, doc. nº 30 –edítao e recolle a foto do
documento.
Boullón 2004a: 29, –recólleo no catálogo de documentos.
Souto Cabo 2006: 65, doc. nº 19 -recólleo no inventario de
documentos.
Gutiérrez Pichel (no prelo): doc. nº 2 -edítao.
Arq.: AA, Pergamiño. Mosteiro de Sobrado de Trives, doc. nº 474.
Perg. orixinal: 18,5x16,5 cm. Minúscula diplomática. Carta
partida. Excelente estado de conservación.

5. 1256-marzo-1: “Foro da herdade de Vilanova feito pola abadesa de Sobrado de Trives,


dona Mariña Rodríguez, a Domingo Míguez e Feveiro Míguez”.

Ref.: Duro Peña 1967: 60-61, doc. nº 9 -edítao.


Martínez Sáez 1988: 65-66, doc. nº 31 -edítao.
Boullón 2004a: 32 -recólleo no catálogo de documentos.
Souto Cabo 2006: 65, doc. nº 28 -recólleo no inventario de
documentos.
Gutiérrez Pichel (no prelo): doc. nº 3 -edítao.
Arq.: AA, Perg. Mosteiro de Sobrado de Trives, doc. nº 475. Perg.
orixinal: 14,5x15 cm. Minúscula diplomática. Carta partida. Bo
estado de conservación.

6. 1260-maio-13: “Venda feita por Xoán Eanes e a súa muller Mariña Sánchez a dona
Urraca Fernández da herdanza que tiñan na vila de Condelle, parroquia de San Xoán,
por 15 soldos”.

Ref.: Martínez Sáez 1988: 82-83, doc. nº 40 -edítao.


Boullón 2004a: 47 -recólleo no catálogo de
documentos.
Souto Cabo 2006: 70, doc. nº 100 -recólleo no inventario de
documentos.
Arq.: AHUS. Pergameos, Col. Blanco Cicerón, perg. nº 165. Perg.
orixinal: 13,5x14,5 cm. Minúscula diplomática. Bo estado de
conservación.

16
Anexo II:
Inventario de copias microfilmadas de documentos en galego do
s. XIII -ata 1260- nos arquivos composteláns procedentes do AHN

1. 1243-outubro-15: “Don Álvaro González concédelle un foro aos habitantes de


Piñeiro”.

Ref.: Rodríguez González e Rey Caíña, 1992: 126-127, doc. nº 86


-edítano.
Souto Cabo 2006: 37-38 e 64, doc. nº 3 –recólleo no inventario
de documentos.
Arq.: AHN. Clero. Lourenzá. Tombo 1044B. Fols. 68r-68v. Perg.
orixinal: 23,7x1,55 cm. Gótica humanística. Bo estado de
conservación.
Obs: Está escrito en latín, pero recollémolo aquí por presentar moitas
partes en galego. Souto Cabo (2006: 37) indica que a datación
deste texto é dubidosa e afirma que «(...) podemos situar o
documento no día 10 de Outubro de 1232, segundo se propom,
ou, se se preferir, no quadro temporal que vai de 1231 a 1238,
período em que Sancho Pais foi meirinho». Con todo, no
inventariado de documentos do autor (2006: 64) para o mesmo
documento a data que se propón é o 15 de outubro de 1232.

2. 1255-xaneiro-22-: “Foro feito por dona Marina Rodríguez, abadesa de Trives, a Xoán Cerdeira
do casal que o mosteiro ten xunto á igrexa de Cerdeira”.

Ref.: Martínez Sáez 1988: 61-62, doc. nº 29 -edítao.


Boullón 2004a: 29 -recólleo no catálogo de
documentos.
Souto Cabo 2006: 65, doc. nº 17 -recólleo no inventario de
documentos.
Arq.: AHN. Clero. Antealtares. Sobrado de Trives. Carp. 521, doc. nº 4.
Perg. orixinal: 15x16,4 cm. Minúscula diplomática. Bo estado de
conservación.

3. 1258-febreiro: “O concello de Ribadeo e o abade de Lourenzá preitean polas rendas do porto de


Rinlo en Ribadeo”.

Ref.: Rodríguez González e Rey Caíña, 1992: 203, doc. nº 163


-edítano.
Souto Cabo 2006: 66, doc. nº 46 -recólleo no inventario de
documentos.
Arq.: AHN. Clero. Lourenzá. Tombo 1044B. Fols. 108r-108v. Perg.
orixinal: 23,7x1,55cm. Gótica humanística. Bo estado de
conservación.

4. 1259-agosto-22: “María Panguil entrégalle a un fillo de Fernán González a manda que este
ordenou que se lle entregase”.

Ref.: Rodríguez González e Rey Caíña, 1992: 148, doc. nº 107


-edítano.
Souto Cabo 2006: 68, doc. nº 80 -recólleo no inventario de
documentos.

17
Arq.: AHN. Clero. Lourenzá. Tombo 1044B. Fol. 77v. Perg. orixinal:
23,7x1,55 cm. Gótica humanística. Bo estado de conservación.

18
Bibliografía e ciberbibliografía10 citada

Archivo Catedralicio: http://www.archicompostela.org/web/index_.htm.


Arquivium Sancti Iacobi=Área de documentación medieval do Arquivo da Catedral de Santiago
(ADM-ACS): http://archivium-sancti-iacobi.blogspot.com/
Barreiro Fernández, Xosé Ramón (coord.) (1988): Inventario das fontes documentais da Galicia medieval I.
Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.
Boullón Agrelo, Ana Isabel (2004a): «Catálogo dos documentos éditos en galego anteriores a 1260»,
Cadernos de Lingua 26, 5-46.
Boullón Agrelo, Ana Isabel e Fernando R. Tato Plaza (2004b): «Fontes para o estudo da lingua
medieval», en R. Álvarez e A. Santamarina (ed.): (Dis)cursos da escrita. Estudos de filoloxía galega
ofrecidos en memoria de Fernando R. Tato Plaza. [A Coruña]: Fundación Pedro Barrié de la Maza,
709-770.
Boullón Agrelo, Ana Isabel (2005): «Consideracións sobre os primeiros textos escritos en galego na
Idade Media», en A. Boullón Agrelo, F. Fernández Rei e X. L. Couceiro (coords.): As tebras
alumeadas. Estudos filolóxicos ofrecidos ó profesor Ramón Lorenzo. Santiago de
Compostela: Universidade, 45-68.
Buján Rodríguez, María Mercedes (1988): «Arquivo de San Paio de Antealtares», Inventario das fontes
documentais da Galicia medieval I. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 57.
Buján Rodríguez, María Mercedes (1996): Catálogo archivístico del Monasterio de Benedictinas de San Payo
de Ante-Altares. Santiago de Compostela: Consorcio de Santiago.
Castro, Ivo (1991): Curso de história da língua portuguesa. vol. I. Lisboa: Universidade Aberta.
Castro, Manuel de (1983): «El real monasterio de Santa Clara de Santiago de Compostela», Archivo
Ibero Americano, tomo XLIII, nº 169-170.
Colección de documentos soltos do Arquivo da Catedral de Santiago de Compostela:
http://www.catedraldesantiago.es/archivo/pdf/doc_sueltos.pdf
Corral Díaz, Esther, Lidia Fontoira Surís e Eduardo Moscoso Mato (eds.) (no prelo): A mi dizen
quantos amigos ey. Estudos filolóxicos en homenaxe a Xosé Luís Couceiro. Santiago de Compostela:
Universidade.
Díaz Fernández, Xosé María (1993): «O arquivo» en X. María García Iglesias (dir.): A Catedral de
Santiago de Compostela. Laracha (A Coruña): Editorial Xuntanza, 429-458.
Duro Peña, Emilio (1967): «El monasterio de San Salvador de Sobrado de Trives», Archivos Leoneses
21, 49, 7-86.
Eiján Moyano, Mª Gloria (1969?): El Monasterio de Santa Clara de Santiago. Memoria de licenciatura
inédita. Universidade de Santiago de Compostela.
González, Julio (1986): Reinado y diplomas de Fernando III. Documentos (1233-1253). vol. III. Córdoba:
Publicaciones del Monte Piedad y Caja de Ahorros de Córdoba.
González Balash, María Teresa (2004): Tumbo B de la Catedral de Santiago. Santiago de Compostela:
Ediciós do Castro.
Gutiérrez Pichel, Ricardo (no prelo): «O mosteiro de San Salvador de Sobrado de Trives: primeira
documentación romance», Murguía. Revista da Historia. Santiago de Compostela.
Jiménez Gómez, Santiago (1973): Guía para el estudio de la Edad Media Gallega (1100-1480). Santiago
de Compostela: Universidade.
López, Atanasio (1916): Estudios críticos-históricos de Galicia. Santiago de
Compostela: El Eco Franciscano.
López Ferreiro, Antonio (1901): Colección diplomática de Galicia Histórica. Santiago de Compostela:
Tipografía Galaica.
López Ferreiro, Antonio (1975): Fueros municipales de Santiago y de su tierra. Madrid: Ed. Castilla.
[Edición facsímil: Santiago de Compostela: Imp. del Seminario, 1895].
Lorenzo, Ramón (2004): «Emerxencia e decadencia do galego escrito (séculos XIII-XVI)», en R.
Álvarez, F. Fernández Rei e A. Santamarina (eds.): A Lingua Galega: historia e actualidade: actas do I
Congreso internacional, 16-20 de setembro de 1996. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua
Galega e Consello da Cultura Galega. vol. III, 27-153.
10
Foi revisada por derradeira vez o 2 de agosto de 2008.

19
Lucas Álvarez, Manuel (1999): El Archivo del Monasterio de San Martiño de Fóra o Pinario de Santiago de
Compostela. 2 vols. Santiago de Compostela: Seminario de Estudos Galegos.
Lucas Álvarez, Manuel (2001): San Paio de Antealtares, Soandres y Toques: tres monasterios medievales
gallegos. Sada: Ediciós do Castro.
Martínez Sáez, Antonio (1988): El monasterio de Sobrado de Trives. Estudio histórico y diplomático. Tese de
doutoramento inédita. Universidade de Granada.
Martínez Salazar, Andrés (1911): Documentos gallegos de los siglos XIII al XVI. A Coruña: Casa de la
Misericordia.
Monteagudo Romero, Henrique (1994): «Aspectos sociolingüísticos do uso escrito do galego, o
castelán e o latín na Galicia tardomedieval (ss. XIII-XV)», en E. Fidalgo e P. Lorenzo (coords.):
Estudios galegos en homenaxe ó profesor Giuseppe Tavani. Santiago: Xunta de Galicia, 169-185.
Monteagudo Romero, Henrique ([2005]): O foro do burgo do Castro Caldelas, dado por Afonso IX en
1228. O documento máis antigo escrito en galego en Galicia. Santiago de Compostela: Sección de Lingua
do Consello da Cultura Galega:
http://www.consellodacultura.org/mediateca/pubs.pdf/doc_en_galego.pdf#search=%22foro%20do%
20burgo%20monteagudo%22.
Rodríguez González, Ángel e José Ángel Rey Caíña (1992): «Tumbo de Lorenzana», en Estudios
Mindonienses 8, 11-325.
Rodríguez Núñez, Clara C. (1985): El monasterio de dominicas de Belvís de Santiago de Compostela. Ferrol:
Estudios Mindonienses.
Rodríguez Núñez, Clara C. (1993): La colección documental de Santa Clara de Santiago (1196-1500).
Santiago de Compostela: El Eco Franciscano = Liceo Franciscano, 136-138.
Sánchez Belda, Luis (1953): Documentos reales de la Edad Media referentes a Galicia: Catálogos de los
conservados en la Sección de Clero del Archivo Histórico Nacional. Madrid: Dirección General de
Archivos y Bibliotecas.
Souto Cabo, J. Antonio (2006): «Inventário dos máis antigos documentos galego-portugueses»,
Agália 85-86, 9-88.
Temperán Villaverde, Elisardo e Antonio Cepeda Fandiño (2000): Arquivo Histórico Diocesano. Fondo
General (Mosteiro de San Martiño Pinario de Santiago de Compostela). Santiago de Compostela: Xunta
de Galicia.

Siglas citadas

AA = Arquivo de Antealtares. Convento de San Paio. Santiago de Compostela.


ACB = Arquivo do Convento de Belvís. Santiago de Compostela.
ACOu = Arquivo da Catedral de Ourense.
ACS = Arquivo da Catedral de Santiago.
ACSC = Arquivo do Convento de Santa Clara. Santiago de Compostela.
ACSF = Arquivo do Convento de San Francisco. Santiago de Compostela.
AHDS = Arquivo Histórico Diocesano de Santiago de Compostela.
AHN = Archivo Histórico Nacional. Madrid.
AHPPo = Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra.
AHUS = Arquivo Histórico Universitario de Santiago de Compostela.

20

Você também pode gostar