Você está na página 1de 8

~vento _ son _~

Conto musicado interactivo. Interludio en dous


actos.
Marisa Irimia e Juan Carlos Vázquez Otero

CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN
Actividade: Vento_Son. Conto musicado interactivo. Interludio en dous actos.
Marisa Irimia e Juan Carlos Vázquez Otero
Data: 29 de abril de 2010
Lugar: Auditorio Municipal de Riveira
Duración: 60 minutos.
Participantes: Alumnado de primaria.

2
LIMIAR

Preséntase un espectáculo escénico-musical enraizado nun contexto pedagóxico,


coordinado e reflexivo sobre a Educación na actualidade. Este proxecto nace baixo a clara
determinación de incidir de forma complementaria no ámbito docente e de promover a
posta en común de novos recursos didácticos e expresivos.

Descrición da obra
Título: Vento_Son (Inspirado na obra orixinal: “A viaxe do Vento Pequeno” de
Concha López Narváez ).
Autores: Marisa Irimia (adaptación dramática e dirección artística).
Juan C. Vázquez (música orixinal).
Actores: Marisa Irimia (recitadora - contadora).
Juan C. Vázquez (músico, violinista e pianista).

Público-interactivo

O público intervén activamente durante toda a representación.

No Primeiro Acto (“Concerto Didáctico”), interactúan empregando distintos instrumentos


non-convencionais baixo a pauta do profesormúsico.

No “Interludio” interveñen activamente no ensaio dunha canción infantil (“Vento_son”),


que cantarán de xeito recorrente no transcurso da representación do Conto : “A viaxe do
Vento Pequeno” (Segundo Acto).

3
Acto I

(Concerto Didáctico).
Juan Carlos Vázquez, profesor de
música, inicia unha sesión didáctica musical.

Presenta a música dende varios puntos de vista, non sen antes facer unha referencia ao valor
real é simbólico do silencio. Realiza unha breve introdución sobre a compoñente material e
científica dos sons e de como se producen. Presenta, polo tanto, as distintas familias de
instrumentos musicais. Finalmente fai alusión ao que se considera o instrumento máis
completo: a voz.

Para ilustrar o mecanismo de funcionamento da voz humana recorre a un tubo


convencional, que ó ser movido de forma circular produce un efecto sonoro semellante á
voz humana.

Marisa Irimia interrompe a Juan Carlos e prodúcese un momento de confusión. Ao parecer


foron programadas unha sesión de contacontos e un concerto didáctico á mesma hora e no
mesmo lugar. Tratan de aclarar dita inconveniencia e finalmente deciden combinar ambas
actividades. Marisa contará a historia de Vento Pequeno e Juan Carlos acompañaraa coa
súa música:

Interludio.

Ensaio da canción “Vento_son” cos nenos e nenas que, posteriormente, cantarán en


distintos momentos do conto.

Acto II

(Conto musicado).

Vento Pequeno non ten oficio. Se quere voar, voa. Sopra cando quere. Non ten horario.
Cando sexa grande, quere ser importante. Emprende unha serie de viaxes polo mundo. En
cada unha de esas viaxes sentirase acompañado por un eco de voces e tubos envolventes.

(Irrompen na acción dramática as voces dos nenos asistentes, que ao mesmo tempo axitan
uns tubos sonoros que acompañan a canción “vento son”.)

Vento Pequeno coñece outros ventos; ventos altos, ventos grandes, ventos serios e
importantes... Mais en ningún deles descubre a súa verdadeira vocación. Finalmente, moi
canso, chega á cidade e diríxese ao parque, alí atópase cun vello e unha nena. Decídese.
Vento Pequeno será o vento do parque.

4
Proxecto Vento_Son

Sinais de identidade do proxecto “Vento_Son”

Baséase nos postulados da psicopedagoxía, achegando novos recursos técnicos, didácticos e


expresivos.

Enfoque temporosecuencial sen intervención previa.

A acción-interacción circunscríbese ao ámbito temporal da propia representación


escénicomusical.

Potenciadora das capacidades creativas e a curiosidade intelectual e científica dos


espectadores.

Concibímola como un proceso completo e complexo á vez, no cal a curiosidade intelectual,


creatividade, imaxinación e diversidade son factores determinantes para obter un resultado
final óptimo.

Personalizada e orientadora

A representación deberá ter en conta as características propias e a capacidade de


desenvolvemento do alumnado- espectador.

Integral

Preténdese que o alumnadoespectadores-actores desenvolvan todas as súas capacidades a


través do ensino das artes e conciban a súa actividade como un todo no cal se
interrelacionan os coñecementos máis diversos, tanto técnico, tecnolóxicos, académicos,
intelectuais, artísticos, culturais, etc.

Activa

Pensamos que os nosos alumnos- espectadores-actores deben participar de forma activa no


seu proceso de aprendizaxe. Desa forma non concibimos o alumnado como un mero suxeito
receptor e pasivo, e cremos conveniente empregar unha metodoloxía participativa e
recíproca.

5
6
Marisa Irimia Palmeiro:

Contacontos, ilustradora e animadora á lectura.

Estudou Belas Artes na Facultade de Belas Artes de San


Fernando, Universidade Complutense de Madrid.

Como ilustradora ten publicados numerosos libros:

Narrativa e contos infantís (editoriais Sotelo Blanco, Xerais,


Anaya, Hercules de Ediciones e Casals); Libros de texto
(editoriais Edebe e Casals).

Realizou exposicións na Biblioteca Nacional de Madrid e no


Museo do Pobo Galego.

Participou na feira do libro de Bos Aires 2008 con obradoiros de


ilustración e conferencias no Colexio Santiago Apóstol da
cidade.

Imparte obradoiros de ilustración e cómic para la “Junta de


Andalucía” na Biblioteca do Estado de Málaga.

Realiza obradoiros de ilustración para nenos así como de ilustración e narración destinados
e formación do profesorado.

Colabora como contacontos para os concellos de Ferrol, Oleiros, Culleredo, Santa Comba,
Centros Socioculturais de Santiago de Compostela e Arteixo Participa nas campañas de
“Animación á Lectura” da Xunta de Galicia, tanto no apartado de Creación como
Animación. Colabora como contacontos e “animadora á lectura” con diferentes editoriais:
Xerais (Anaya), Oxford, Casals, Shale, Vicens-Vives; con actividades sobre o libro e a
lectura.

Percorreu as Bibliotecas de Galicia e Asturias premiadas co premio “María Moliner” do


Ministerio de Cultura con sesións de Kamishibai (espectáculo narrativo tradicional
xaponés, onde se combinan as ilustracións co recitado dun conto).

7
Juan Carlos Vázquez Otero:

Profesor Superior de Música polo Conservatorio de Vigo na


especialidade de violín. Estudou con Antonio Seijo, Inara
Vesbaskick,Laura Quintillán e Norma Livio.

Así mesmo realizou estudios de piano e composición no mesmo


Conservatorio con
Juan Trillo.

Realizou o Máster en Pedagoxía (C.A.P.) na Universidade de


Santiago de Compostela.

Traballou tres anos no Colexio Fingoi de Lugo onde se formou


coa pedagoga Alicia
Vallejo.

Na actualidade traballa para a Consellería de Educación e


Ordenación Universitaria e é o Xefe de Estudos do Conservatorio
de Grao Profesional de Melide.

Publicou obra musical pedagóxica (principalmente destinada a coros infantís), unha serie de
composicións para piano e voz con poemas de Uxío Novoneyra e Manuel Antonio, así
como obra de cámara e sinfónica.

Compuxo a banda sonora da curtametraxe “Clown”, de Jesús Surrivas.

Como violinista colaborou con diversas orquestras de ámbito galego:

Orquestra Clásica de Vigo, Xove Orquestra de Galicia e Orquestra Sinfónica de Melide,


actuando nos principales auditorios de Galicia (Teatro García Barbón de Vigo, Teatros
Rosalía e Colón de A Coruña, Palacio da Ópera de A Coruña, Auditorio de Galicia
(Santiago de Compostela), Círculo das Artes de Lugo, Auditorio de Ourense, Teatro Jofre
de Ferrol, Palacio de Congresos de Pontevedra; no Auditorio Nacional de Madrid, nos
auditorios de León, Salamanca, Burgos, e no auditorio de Villareal (Portugal). Na
actualidade compatibiliza a súa actividade docente, interpretativa e creativa coa
investigación en psicopedagoxía infantil dende o punto de vista do ensino da música e as
demais artes.

Dende setembro de 2009 traballa con Marisa Irimia no proxecto pedagóxico e artístico
“Vento_son”.

Você também pode gostar