Você está na página 1de 4

Achegas da Asociacin Lazoiro ao proxecto Instalacin de Pantaln en Salvaterra de Mio

publicado no BOP o 30 de agosto do 2016 e aprobado na Xunta de Goberno Local do Concello


de Salvaterra o 19 de agosto do 2016.
Dna. Samanta Vzquez Fernndez, con Documento de Identidade n xxxxxxxxx e enderezo a efecto
de notificacins na avenida Galicia nmero 30, 2A do Concello de Salvaterra de Mio (CP 36450),
como vicepresidenta da ASOCIACIN LAZAOIRO e actuando en nome e representacin dela
(CIF nmero G-94086642; inscrita

no Rexistro Central de Asociacins co n 2013/017882,

Seccin 1), presenta as seguintes


ALEGACINS
1) Sobre a necesidade da construcin do Pantaln tendo en conta os impactos nos hbitats
de interese comunitario
O lixeiro estudo previo realizado sobre a obra que se pretende levar a cabo considrase inapropiado
e insuficiente, ningunha administracin, nin o propio Concello de Salvaterra de Mio indica
claramente a necesidade e/ou xustificacin da construcin do xa nomeado Pantaln, cuxo custo
aumenta ata os 240.481,46, e que permite atracar a un nmero de ate 25 embarcacins.
O impacto do atraque e uso de ditas embarcacins tampouco avaliado de forma consciente e
satisfactoria. Trtase este dun dos poucos espazos anda non desnaturalizados da zona, logo de que
nos ltimos anos a ribeira natural do ro Mio -dende a parroquia de Oleiros at case a
desembocadura do Tea ao seu paso por Salvaterra- fora eliminada a consecuencia do abuso de
obras civs con materiais non naturais que non respectaron o hbitat preexistente. Este feito forzou
migracin de grande parte da fauna cara ribeira portuguesa, as como a desaparicin de grande
parte da flora. Dbese considerar tamn, que a nova obra non s desnaturalizar esta zona, senn
que ademais cambiar o seu ritmo ao non ter sido empregada nunca po un nmero tan amplo de
embarcacins nuticas, especialmente de motor e nas pocas non estivais.
Polo tanto, debemos ter en conta que estamos a falar dunha zona fronteiriza dentro dun espazo
declarado parte das Zonas Especiais de Conservacin (ZEC), formando a sa vez parte dos
Lugares de Importancia Comunitaria (LIC) -zonas de Europa designadas de interese polo seu
potencial e contribucin restauracin do hbitat natural- que inclen ecosistemas de fauna e flora

silvestres. Estas emanan das directivas 92/43/CEE da Unin Europea, polo que pasan a formar
parte da Rede Natura 2000.
Por outra banda, e derivado da nosa primeira intervencin nestas alegacins, o feito de que no
estudo de impacto ambiental aparezan retratadas especies inexistentes nesta zona fluvial, ou nin
sequera preto dela, demostra que verdadeiramente o estudo foi relatado de forma equvoca e
contraditoria, tratndose, quizais, dalgunha adaptacin doutro proxecto. Cabe recordar aqu, tamn,
que o Concello de Salvaterra ten a obriga legal de comunicar e contar coa posterior aprobacin a
travs de informe favorable da Consellera de Medio Rural e da Confederacin Hidogrfica MioSil, competentes mbolos dous nesta materia.
Consideramos tamn que o proxecto Instalacin de Pantaln en Salvaterra de Mio debe ser
comunicado s Administracins Portuguesas competentes. Sera un acto de mala fe por parte das
administracins galegas non facelo.
1) Sobre especies protexidas e impacto ambiental na flora e fauna.
As consecuencias da construcin do susodito proxecto afectaran especial e negativamente s
seguintes especies:
1. Nymphoides peltata, unha planta acutica cuxo estatuto de conservacin o de Perigo
crtico e Especie Ameazada. Anda que se atopa maioritariamente localizada na marxe
portuguesa, a sa proximidade e posible alto emprego de embarcacins favorecen sen lugar
a dbidas a sa reducin, facilitando a extincin desta especie na zona.
1. O aumento do rudo perturbar o hbitat de diversas especies de aves, tales como a colonia
de Riparia ripara (avin zapador), Cetia ceti (ruiseor bastardo), Phalacrocorax aristotelis
(cormoran), Apus apus (vencejo), etc.
2. Na zona na que se instalar o embarcadoiro existe un importante hbitat de Lutra lutra
(lontra do Rio Mio), que tamn se ver afectada especialmente ao considerarse de hbitat
acutico.

3. A presenza de leos derivados da chegada de barcos a motor ao futuro pantaln, ademais de


repercutir negativamente en toda a flora e fauna, supn un risco evidente para actividades
amplamente practicadas como son a pesca da lamprea, especie icnica do pobo
3) Impactos negativos sobre o turismo.
Os puntos anteriores ademais de evidenciar o empobrecemento dunha zona xa atractiva de por si, ao
pertencer REDE NATURA 2000, son suficientes como para referendar a vaga xustificacin coa
que conta o proxecto, cuxa argumentacin sobre o aumento do turismo derivado parece pobre e
pouco estudada.
4) Insuficiencia do estudo de viabilidade.
O feito de que nos ltimos anos se tean producido amplas subidas e baixadas no nivel do ro fai
dubidar da viabilidade e duracin deste proxecto. Ben sabido que un pantaln de condicins
similares existente no Concello de Tui foi arrastrado polas riadas de anos pasados.
5) Sistema de videovixiancia.
O proxecto pasa por alto a existencia da Lei Orgnica de Proteccin de Datos, que debe ser aplicada
derivada da instalacin destes sistemas de vdeovixiancia.
6) lncumprimento do artigo 5.3 do Estatuto de autonoma
O artigo 5.3 do Estatuto de autonoma, encomndalle ao poderes pblicos de Galicia que garantan o
uso normal e oficial da lingua galega, e potencien o emprego do galego en todos os planos da vida
pblica, cultural e informativa. O proxecto Instalacin de Pantaln en Salvaterra de Mio atpase
integramente en casteln, inclundo en diversos pargrafos o nome do pobo castelanizado,
incumprindo as a Lei 5/1988, do 21 de xuo, do uso do galego como lingua oficial de Galicia
polas entidades locais.
Por todo o anterior, a Asociacin Lazoiro SOLICITA que se tean en conta as alegacins ao
proxecto de cara a introducir as modificacins suxeridas tendentes a preservar e recuperar realmente
os valores naturais do espazo protexido, evitando anda mis a sa desnaturalizacin.

En Salvaterra de Mio, a 2 de outubro de 2016.


A vicepresidenta

Samanta Vzquez Fernndez

SEOR ALCALDE DO CONCELLO DE SALVATERRA DE MIO


SECRETARA DO CONCELLO DE SALVATERRA DE MIO.

Você também pode gostar