Você está na página 1de 2

Por onde comezar.

O deporte do monopatín ou, no argot anglosaxón "skateboard" apareceu en Estados Unidos, na zona
de California nos anos 50. Principalmente iniciárono xóvenes que practicaban o surf. Como non
sempre facía bo tempo para practicar o surf, e as praias non quedaban precisamente preto para todos
eles, optaron por saciar as súas ganas de practicalo surf cunha táboa de madeira e catro rodas,
deslizándose polo asfalto nas rúas. Estes rudimentarios inicios foron o amencer do que hoxe
coñecemos, pero houbo moita evolución dende entón.
Durante os anos 60, 70 e 80, prolifera como outro deporte, pero empeza a despuntar pola destreza
que mostran os que o practican e os seus movementos inusuais naqueles tempos. Tamén pola
liberdade que reflexa a súa forma de vida e porque, como todo o que se espalla hoxe en día no
planeta, producía unhas ganancias de millóns de dolares para as marcas que fabricaban material e
roupa.
A finais dos anos 80 e xa nos 90 pasa a ser máis coñecido no noso país, cámbiase o modo das táboas
antigas polas que coñecemos a día de hoxe como "pepinos", sucédense as aparicions de revistas
nacionais e internacionais, chega máis material do estranxeiro, aparecen moitos videos producidos
polas marcas hoxe en día iconos do deporte coma H-Street, Powell Peralta, Blind ou Santacruz, e
por decilo así, aséntase por fin no país, aínda que nunca sairá da sua posición marxinal con respecto
a outros deportes, quizais pola minoría que representa ou quizais porque non pretende competir por
deporte, senón pola diversión.

Unha das partes que menos se coñece deste movemento deportivo, desta forma de vida que algúns
mozos prefiren á practica doutros deportes de masas, véxase fútbol ou baloncesto, ou touros, é a
unión e a amizade que se proceden uns os outros. Ninguén queda excluido, xa sexa máis ou menos
mañoso ou mostre máis ou menos destreza realizando as diferentes variantes de trucos, o importante
e pasar un bo rato. Todos se coñecen, respétanse, axúdanse e conviven diariamente na zona onde
escollan realizar este deporte. Ós patinadores gústalles reunirse para practicar algo que lles motiva,
que os fai entreterse, realizar algo ata as súas máximas consecuencias, como pode ser chegar a vivir
delo.

¿Cómo afrontan os patinadores un deporte coma éste nunha cidade como Ourense?
O deporte, como se especifica na RAG é, textualmente, unha actividade que ten como fin o
desenvolvemento das facultades físicas da persoa que o realiza, podendo ser esta actividade
practicada en conxunto ou de forma individual. Pero para que o deporte do monopatín sexa
considerado como tal, fan falla máis cousas que non aparecen nesta definición, e existen poucos
pros e moitos contras.
Os clichés e mailos estereotipos que rodean esta práctica deportiva son ás veces infundados.
-Os que patinan, son uns vándalos que destrozan a cidade.
-O monopatín é un xoguete pra nenos e con 22 anos non deberías montar nel.
Se un rapaz xoga ó futbol coa súa pelota na rúa, e rompe un cristal dunha casa ou dun comercio,
¿directamente convértese en patinador? Hoxe en día, pódense contar cos dedos de ambas mans os
españois que poden vivir do monopatín, pero un dato a ter en conta e que ningún deles baixa dos 22
anos.
Posiblemente ó caso que apela a xente do vandalismo sexa un problema de infraestructuras non
dotadas específicamente para cada caso. As deficientes instalacions que posúe o Concello de
Ourense para a práctica do deporte do monopatín, (algunhas delas resisten en condicións totais de
inseguridade despois de máis de 18 anos de uso) localízanse no único lugar da cidade legalmente
habilitado para o deporte do monopatín, no Pabillón dos Remedios. Este deporte e outros coma o
BMX, que usan as mesmas instalacións, son practicados diariamente por máis de 50 rapaces
ourensáns, na súa maioria comezando a idades de 13 ou 14 anos, incluso de menos.
A falta deste apoio administrativo para dotar ós concellos de instalacións preparadas ven suscrita, en
parte, á desinformación que ten a xente sobre este deporte. Esta desinformación para a xente e para
os concellos ten como un dos grandes inconvintes a proliferación de empresas autodenominadas
constructoras de "skateparks" ou de zonas de ocio, que din crear solucións "baratas", auténticas
aberracións construidas para suplir a falta de instalacións deportivas dun concello e que logo
atopamos na xeografía galega. A decisión de construir estos parques he tomada normalmente polo
concello sen contar coa experiencia e os consellos dos patinadores da zona e que, ó longo, saen
caras xa sexa por ser completamente inútiles ou impatinables, ou porque os materiais son febles e
non aguantan un só inverno, como é o caso do que aconteceu nas instalacións construidas no
Pabillon dos Remedios en maio de 2009, estragadas a día de hoxe, tirando literalmente os cartos.

Unha das solucións que se debería ter en conta é a construcción dunha zona cuberta, onde fora
posible patinar tanto en verán coma en inverno ou en días con choiva, xa que a humidade é un dos
enemigos para este deporte. Mentres a solución non acontece, os rapaces fanse valer e suplen esta
falla de instalacións coa búsqueda de zonas alternativas onde pasar os días húmidos de inverno e
primaveira. Unha solución momentánea, e que da resultado, son as naves avandoadas. Nelas,
calquer anaco de madeira ou metal é reciclado en cuestión de minutos para formar parte dun
obstáculo improvisado. O "todo vale" e a filosofía do "faino ti mesmo" son parte da rutina diaria
dos rapaces de Ourense. Córrense riscos ó facer ésto, pero se non fora deste modo, acabarían por
discorrer outro, xa que nas prazas públicas ou soportais non son sempre ben recibidos.

Ainda que todavía son poucos, cada día máis pais apoian ós seus fillos no desenvolvemente deste
deporte, xa sexa permitindo que o realicen, apoiando económicamente ós rapaces cos gastos que
supón facerse con material como táboas, rodas ou eixos (ó igual que sería a compra de botas de
fútbol, balóns ou raquetas noutras disciplinas, por nomear algún caso), ou sinxelamente
participando con eles no seu disfrute e ocio diarios, preparando viaxes para patinar noutros parques
habilitados para o monopatín fora da provincia ou da comunidade galega. O importante é que
buscan que os seus fillos vivan a súa mocidade sans e alegres. Creo que nese aspecto, sexa o
deporte que sexa, a finalidade é común, pero no monopatín, está garantizada.

Volvo á pregunta e podo dicir sen dúbida algunha, que eles disfrutan, teñan unha zona habilitada
verdadeiramente construida para tal fin, ou con dous anacos de madeira mal colocados.
Simplemente é unha das características que rodean á maioría de deportes, pídenllas o corpo.

Você também pode gostar