Você está na página 1de 16
A ESCULTURA FIGURADA CASTREXA Purificacion Soto Arias Purific Soto Arias A cultura dos castros ten a stia expre: sion plistica figurada na escultura mont mental de vulto redondo, realizada en pedra, fundamentalmente granito, desen- volvendo un estilo peculiar cunha linguaxe formal e repertorio propios. Ao gusto por unha estética sinxela, tendente ao esque. matismo dos trazos figurativos, realizada cunha técnica en ocasions ruda, tineselle un repertorio baseado na figura humana e nas representacions de animais ou escultu- ra zoomorfa, Non obstante, ainda estamos lonxe de podermos ofrecer unha imaxe completa do fendmeno artistico, mos aos inevitabeis debates dos especialis- tas, sen dubida ricos e interesantes, sobre a orixe, desenvolvemento e evolucién da plastica castrexa O feito de que a escultura castrexa se achara as mais das veces fora de contexto arqueoléxico non axuda a mellorar estas perspectivas. Son moi poucas as pezas apa recidas no interior dun deposito arquealo- xico €, nestes casos, case nunca relaciona- das cunha estratigrafia clara. Por via de regra, os achados de pezas escultoricas apa- recen de forma casual, labrando a terra 20 pé dos castros, realizando unha obra ou nunha aldea proxima, Estas reutilizacions da escultura castrexa nos muros causaron a maioria das veces graves danos nas p: dificultando ainda mais 0 seu estudio € comprension. Tradicionalmente vénse clasificando 0 conxunto escultorico figurado en dous gran- des grupos: escultura antropomorfa ou humana e escultura asisti omorfa. O primeiro € © grupo mais mutrido, onde se concentran a maioria dos exemplares existentes, Destaca todas as estatuas dos guerreitos galaico-por- tugueses e as figuras sedentes como pezas mais singulares e caracterfsticas. Tamén comprende outras figuras antropomorlas de dificil interpretacion, como son as cabezas humanas e alguns exvotos. A sua area de distribucion varia sensibelmente depen- dendo do tipo iconografico ao que nos refi- ramos: 0s guerreiros e as sedentes son caracteristicos da zona sur da Galiza e do Norte de Portugal, € dicir, a parte cor pondente aos castrexos bracarenses; as cabezas, pola contra, tefien unha distribu strexo | cion mais ampla polo (provincias da Coruna e Lugo O segundo grupo forr animais ou zoomorla, onde se representar cabe: mente “verrons ao a escultura de 1s de animais chamados na bibliografia existente: baixo esta denominacion aparecen cabe de suidos (poreo ou porco bravo: tamén pode haber cabras, ovellas, ti Todas mais sos e cans. S pezas castrexas co servadas foron concibidas para encaixar nun muro, Distribuense preferentemente polo territo- como veremos mais adiante rio do casirexo bracarense. PRINCIPAIS TEMAS ICONOGRAFICOS OS GUERREIROS Son esculturas de vulto redondo que representan unha figura masculina de pé exhibindo os atributos militares e adornos persoais, en actitude parada, Tratase de A Escuttura FiGURADA CASTREXA 19 Gaerciros Figura sedentes 16 Fgura oraneoferentes © Cabeass bumanss 1A. Cabeza de animais ies Bee 180 Purifica pezas monumentais, de tamaio real ow maior, hieréticas e cunha enorme rixid cos brazos pegados ao corpo e as pernas xuntas, aspectos potenciados pola stia fron- talidade. Normalmente as figuras aparecen incompletas e fracturadas polo colo, sen cabeza, ou por debaixo dos xeonllos: unha rotura moi habitual. Mais gracias a0 seu caracteristico estilo € relativamente sinxelo realizar atribucidns de pezas soltas e actual- mente podemos definir 0 modelo estandar € as stias principais variantes. As caracteris- ticas do icono son semellantes en todos os exemplares conecidos, 0 que parece demos- trar que existiu un modelo comin. E unha imaxe xenérica, unha representacion estén- dar que non parece personalizar a ninguén en particular. Constituen 0 grupo iconogra- fico mais caracteristico da cultura castrexa € un tipo escultérico individualizado den- tro de toda a plastica peninsular da idade do ferro, O modelo xenérico pode levar o cabelo curto, barba, bigote e casco; este ultimo cénico ou hemisférico con viseira. A stia vestimenta componse dunha ttinica ou saio curto (Sagum), que remata na metade das coxas, leva manga curta e colo en pico: algins presentan esta prenda ricamente decorada. Unha fenda lonxitudinal perco: re polo centro o peito e as costas, indican- do a existencia dunha postbel coiraza ou simplemente, remarcando a anatomia. Un cinto mais ou menos complicado ci esta camisa, formado por unha serie de baquetons ou molduras con presillas late- rais, e nas costas leva sempre un remate ci cular ou fibela que en ocasiéns € soporte dun motivo decorative de esvésticas ou trisceles. Poden aparecer descalzos ou cal- dos, neste caso levan uns botins cerrados € a canela cunha proteccion ou knemidas prenda de uso comin entre os romanos ¢ outros pobos indixenas peninsulares como os celtiberos A panoplia componse do caracteristico escudo e un punal curto que non é como os que aparecen nos habitats castrexos, nin de as nin falcada, senon dobre globular, con pomo redondo na conteira da vaifia ¢ no mango: parece estar sempre envainado en Tepouso. SO en tres casos coneci (Santa Comba e Armed) levan tamen unha espada lixeiramente cruzada sobre o peito, de folla ancha e alongada, con pomo na ante lunes escultres mall reds de gutreros te: ACF. da Sha 2 Lenn 5 Cencie Sn lad Mont, Minho Capeluos A ESCULTURA FIGURADA CASTREXA 181 182 Purificacion Soto Arias empunadura, do tipo parazolium, suxeita con correas de coiro. O escudo pequeno e redondo, cun umbo central resaltado, leva a suxeicién pola parte posterior e en oca- sions vai adornado cunha decoracion labi- rintica, Foi denominado caetra polos roma- nos e € caracteristico da cultura castrexa, ainda que a stia existencia esta documenta- da desde o século V a. C. nos guerreiros ibéricos dos relevos de Osuna (Sevilla). En canto aos ornamentos, adoitan levar torques, unha grosa moldura que rodea 0 colo cos remates na parte frontal, sobre o escote. Un ou ambos brazos estan sempre adornados con brazais ou viriae, represen- tados por unha serie de molduras lisas paralelas; raramente leva pulseiras no ante- brazo, onde tamén poden aparecer as corre- as de suxeicion do escudo. Respecto das caracteristicas formais, represéntase sempre de pé, en actitude de parada militar, serena mais rotunda. A pesar de seren esculturas de vulto redondo, con vista polas catro caras labradas, sobre- sae a sta frontalidade e rixidez: en ningun caso pretenden expresar movemento, 0 que, xunto ao esquematismo nos trazos anatomicos, lembra 0 estilo arcaico, en contraposicién ao clasicismo, no que pre- domina a preocupacién pola proporcion e a organicidade. O hieratismo conségueno cunha postu- ra frontal, cos brazos pegados ao corpo € as pernas xuntas. O escudo sobre o ventre suxéitase con ambas mans nunha posicion xa tipica do icono: a man dereita cos dedos vista repousa sobre a cactra, 4 vez que empufa a arma, mentres que a esquerda non se ve porque o sostén por detras. En moi poucas ocasiéns existe un canon que garde as proporciéns anatomicas. Polo con- trario, os brazos adoitan ser ou moi curtos ou moi delgados, as pernas xuntas (as veces 6 se diferencian por unha simple escision lonxitudinal) son enormes, descomunais, especialmente as coxas, reforzando a idea de bloque monolitico e o concepto de forza que transmite 0 conxunto. Esta tendencia 4 Acsauerds, gueres ce: 1,2 Lezenho Campos 2 Gen Panes Nebado A certs, gas de 1 Seto Ovo 8 Fate SenJege de Vela aa shat A ESCULTURA FIGURADA CASTREXA desproporcion das extremidades non impi- de que se coiden certos trazos anatémicos, en especial os que salientan a fortaleza das coxas ¢ os xeonllos. Durante moito tempo creuse que estas figuras de guerreiros carecian de pés € que © tipo iconografico era asi, dada a frecuen- cia con que aparecian rotos pola barriga da perna. Hoxe contamos con suficientes exemplos de xogos de pés asociados a esta- tuas completas (dous exemplares en Santa Comba de Cabeceiras de Basto, en Braga) incluso pés in situ, dentro dun deposito arqueoloxico. A principio dos anos oitenta apareceron uns pés de guerreiro castrexo sobre un pedestal cOnico de granito sen labrar, incrustado entre ditas penas 4 entra- da do castro da Citania de Sanfins (Porto), nunha situacion que hoxe xa se considera valida en xeral para este tipo de estatuas. A tendencia € que aparezan dous guerreiros por depésito, como se desprende das pare- lias achadas en Cendufe, Monte Mozinho, Armed, Santa Comba de Basto, Sanfins ¢ Lezenho, polo que se pensa que poderian situarse flanqueando as portas dos castros. Isto en principio eliminaria a posibilidade de interpretar esta estatuaria como de caracter funerario. Podese definir unha serie de variantes pola riqueza e decoracion da vestimenta, 0 escudo ow a fibela traseira do cinto. Os gue- rreiros de Lezenho, Cendufe, San Julio, Monte Mozinho, Campos e Meixedo, todos no Norte de Portugal, levan o sagum estam- pado a base de motivos curvilineos, espirais € “SS” concatenados, en rexistros verticais no torso; mentres que na saia son mais fre- cuentes as orlas horizontais ¢ os reticulados de rombos, mais ou menos complexos; un tipo de decoracién esta tltima pouco fre- cuente na arte castrexa: jrepresentan asi a trama do tecido de lino ou la? Outros gru- pos apuntan diferencias na técnica por posuiren unha factura moi basta, o que pode ser interpretado como un sinal evolu- tivo ou territorial. Neste grupo destacan os guerreiros de Capeludos e Sabanle (Pontevedra): os trax destes guerteiros non mantefien o “canon” estindar; torso, brazos ¢ sobre todo 0 escudo son despro- porcionadamente pequenos, ¢ 0 de Sabanle, ademais, dobra o brazo ata apoiar unha man enorme sobre o peito, rompendo 183 ts Purificacion Soto Arias ‘Arba, querero ge Santa ‘Comes de Retos Ge Basic (Forte: ACE oa Shay ‘cere, Figura oo castro Ge Logoss, epee Musee do Po Gale, tamén a postura formal. No extremo con- trario estarfan pezas mellor labradas coma as de Monte Mozinho, unha delas repre- senta a metade inferior dun guerreiro desde a cintura, coas pernas separadas, nun xesto técnico mais atrevido do normal, e a outra tamén € unha perna exenta, de moldeado ‘moi naturalista. A localizacion destas esculturas coinci- de coa area bracarense, entre o Douro e 0 Mio, e cunha distribucion preferente na metade occidental atlantica, relacionada, nna maioria dos casos, cos vales dos princi- pais rfos; no sur da Galiza contimian por toda a cunca do Mifio, O guerreiro mais setentrional sitiiase no territorio do con- vento lucense, perto de Lugo. FIGURAS SEDENTES Identificanse dous tipos de figuras hhumanas sedentes: un correspondente a0 territorio bracarense € outro ao lucense. Comezando polas primeiras, as do castrexo meridional son figuras humanas sentadas, mais cunha linguaxe formal e estlistica moi semellante a dos guerreiros. Comparten uns atributos morfoléxicos similares, como a adopcion dunha actitude hieratica, ainda que mais serena no caso das sedentes, ¢ dunha vision dominante frontal, ainda que estean traballadas polas catro caras; tefien en comiin asi mesmo 0 tipo de vestimenta, umha tiinica con colo en pico, brazais en ambos brazos € torques. En conxunto, os guerreiros castrexos ¢ as figuras sedentes meridionais definen as caracteristicas da plastica castrexa figurada, referida 4 gran escultura, ou escultura monumental Trétase dun personaxe sentado sobre umha cadeira ou trono de respaldo baixo, cos brazos pegados ao corpo, do xeito que xa viramos nos guerreiros, ¢ apoiados sobre os xeonllos, onde sostefien uns vasos ou unha patera. As pemas xuntas van pegadas 4 cadeira que, a sua vez, non se separa do bloque de granito. O conxunto de perfil forma un perfecto dobre angulo recto, a0 estilo das estatuas exipcias de faradn senta- do: lombo ergueito, hieratismo e actitude solemne. Ningunha das esculturas chegou e s6 unha conserva tor- a nos con caby ques arredor do colo, curiosamente coloca- do co remate para a parte posterior, leva is e na tunica tamén se sinala 0 colo de pico nas costas, Nun caso vese o remate por debaixo los xeonllos e 0 do vestid 20. A cadeira €sumamente sinxela, composta de tres ele- mentos: 0 respaldo, cos extremos superio: remata nas patas traseiras eo asento ¢ as, exemplar completo esta descal: res torneados, formando unha unica p patas dianteiras forman angulo recto, Jas sobre un ranitico e as formas consé- as St re bloque cibico se rebaixando a pedra ata conseg perfil desexado, case 4 maneira dun baixo- rrelevo; n mn existen espacios excesivamen: te ocos e € nula a concesién ao movemen- to, asi como 4 anatomia. O modelado mais atrevido conséguese no torso ¢ nos br © estilo podiase definir de novo como ainda qu icono resulta completamente comprensibel e probabelmente para os seus contempora- neos tamén resultaba de facil e inmediata lectura, incluidos os atributos. arcaico, non de concepto: 0 So contamos con tres exemplares, un deles de factura sumaria, achado no castelo de Lanhoso, uns 25 cm sen cabeza) € encdntrase en de conservacion. As outras dias figuras encontréronse en Xinzo de Limia, son moi similares entre si, de mellor factura e responden plenamente ao tipo descrito, miden arredor de 70 em sen cabe- za; a que conserva o torques sostén dows cilindros ou vasos de libacién, a outra, algo € de pequenas dimensions P pésimo estad mais estilizada e con triple braceira nos ‘ostén unha especie de patera no seu regazo. Foron interpretada: figura masculina e feminina. O certo € que s esculturas non achegan ningun trazo guerreiros mostra- ban unha forte anatomia, mesmo as veces desproporcionada, unido as cabezas barba- de atribuir a funcion guerreira aos homes, estas figuras dous bra: como le xénero; asi como das conservadas ¢ 4 “loxica sedentes, polo contrario, son asexuadas. Foron interpretadas como deusas mai rettatos de oferentes, representaciéns de matres romal estas figuras poderian ter, non cabe dubida as; 4 marxe da funcion que 185 Purificacion Soto Arias de que o tipo iconografico, estatua sedente, procede do mundo grego ou helenizado, 0 referente mais proximo do cal estaria nas damas sedentes entronizadas do ambito ibérico, coas que comparten algunhas caracteristicas formais. Do punto de vista artistico, no estilo destas damas detéctase unha clara xerarquizacién dos intereses que levan ao escultor a prestar mais aten- cin a uns atributos que a outros. Segundo o profesor Bianchi Bandinelli é un “prurito anticlisico” 0 recargamento dos sinais externos que indican dignidade ou riqueza, 0 descoido dos efectos compositivos ou das restriciéns formais pola prioridade dos contidos simbélicos. Estas tendencias son observabeis en toda a estatuaria figurada castrexa, por exemplo a desproporcion nas pernas dos guerreiros, a. inorganicidade xeral da anatomia ou a coidadosa represen- tacion de determinados atributos coma as armas ou as xoias O outro grupo de figuras sedentes per- tencentes ao territorio lucense € de menor calidade técnica e forte esquematismo xeral, mais igualmente de grande tamano, arredor de 80 cm de altura. Tratase doutra parella que se atribue ao castro de Logrosa (Negreira). Malia a ser escultura de vulto redondo s6 ten unha cara realmente labra- da, moi parcialmente os laterais e nada a parte posterior; a posicién recollida cos brazos sobre o regazo en actitude oferente, xunto a0 seu aspecto troncopiramidal, tanto na seccion transversal a altura da base como lonxitudinal, acentila a sensacion de figura sedente e con elas foron relacionadas de forma xenérica. Estas dias figuras sobresaen ademais pola forma da cabeza, que se representa plana na parte superior, 0 que se interpreta como un toucado ou tiara que cae polos laterais da cabeza; ademais, como as de Xinzo, semella que levan ambas © torques colocado cara a atras, aparecendo na vision frontal s6 a moldura A reunion dos principais atributos, figu- 1a posibelmente feminina, sedente, en acti- tude orante/oferente/solemne, cous mans recollidas sobre o regazo (tema desenvolvi- do nas de Xinzo e en fase esquematica en Logrosa), con torques no colo, colocado cos remates cara ds costas (outro simbolo?, ide xénero?), sittianos no mesmo ambiente ico- nogrifico, onde a conexién de novo se esta- blece cara ao mundo ibérico de damas sedentes, feito reforzado pola presencia da tiara nas esculturas de Logrosa. De igual forma, a funcion deberia estar relacionada con ambientes funerarios ou como idolos de recintos sacros: ambos mundos moi pouco cohecidos ainda na cultura castrexa. As dife- rencias morfoestilisticas entre os dous tipos de icono remitennos a unha cuestidn terti- torial, pois na area meridional do mundo castrexo existe un maior desenvolvemento da técnica escultorica; mais poderian estar indicando distinta funcionalidade. OUTRAS FIGURAS ANTROPOMORFAS. Atenderemos aqui un conxunto hetero xéneo de figuras antropomorfas, algunhas de moi dificil filiacion e interpretacién, a0 que se lle suma xa non a circunstancia de non posuir contexto ningtin, senén que. debido ao seu reducido mimero, forman feitos singulares. Asi ¢ todo, inscribense nun universo comun 4 estatuaria das figu- tas sedentes, 0 vinculo coa cal ¢ mais de tipo icnogratico ou simbélico que referido a caracteristicas estilisticas ou formais. Estas figuras adoptan unha postura se~ mellante, cos brazos en forma de “U” sobre © regazo, sen proporcién ninguna e cunha tinica vista frontal ou case; a stia actitude de figuras sedentes, nalguns casos posto de manifesto claramente; son de factura basta € sumaria, Todas conservan a cabeza, coa cara moi plana, os trazos debuxados moi sumariamente e case sen pescozo ou pou- cas veces resaltado; poden levar torques. Aparecen cos atributos sexuais fortemente remarcados sobre outros aspectos, polo que son interpretadas como idolos relacionados coa fecundidade. Neste grupo estaria a fi- sedente de Briteiros, onde o ase propio bloque de pedra, tallando os seos gura para remarcar o xénero; 0 dolo do castro de Gengo (Viana do Castelo), cos atributos masculinos esculpidos, a figura fusiforme do castro de Vilaps ria (L de an esquematisme cuns brazos extraordinariamente pequenos € desproporcionados. Ta neste grupo deben entenderse uns pequenos exvotos entre 10 e 20 cm), alguns traballado pedras brandas e en baixorrelevo relaciona- dos coa idea de fecundidade, coma os acha- dos en Sant 188 Soto Arias CABEZAS HUMANAS De forma semellante ao grupo de cabe- zas de animais, estamos perante esculturas de vulto redondo realizadas ao final dun bloque granitico ou peafia mais ou menos Cénico ow troncocénico, concibido para ir aixado nalgunha construcién arquitec- tonica. Distribuense preferentemente polo en territorio dos castrexos lucenses e unha das stias principais caracteristicas formais vén dada pola rudeza na factura e © esquema- tismo nos trazos fisiondmicos, reducindose a técnica empregada ao baixorrelevo. Tal € como vimos describindo, esta ¢ unha cali- dade tipica da area lucense, a actitude desta fronte s artes plisticas en pedra é ben dife- rente 4 dos castrexos meridionais Os rostros son planos, nada realistas. idos con técnicas sumarias, en que tan os ollos, desde simples concavida- des ata avultamentos mais traballados; 0 nariz, plano, parte das sobrecellas e anchea na base; a boca, elemento pouco visibel, € unha simple incision horizontal; rara vez se aprecian as orellas ou o cabelo, En ocasions a sintese chega a tal extremo que se cons- nie un rostro a partir do rebaixe dos ollos, de forma que se remarca o arco superciliar. de onde parte o nariz triangular e chato (mesmo plano que a cara), conseguindo un xesto. moi caracteristico denomina cabs por exemplo unha das cabezas do Baran, en Paradela (Lugo), ou a de San Mamede do castro, en Silleda Os exen anse dividir en dous tipos: aquelas cabez: reducidas a baixorrelevo sen traballar o vulto, serian as duias do castro de Baran e a do castro de Cortes, as tres en Paradela, ¢ un segundo grupo que gusta mais d pir, ainda que os tra curuxa” ou rostro en “I”, c wres con que contamos pod 0s do rostro A ESCULTURA FIGURADA CASTREXA 189 sendo sumarios, onde a cabeza se sitta ao « final dun bloque granitico a modo de peana. O caso mais caracteristico deste segundo grupo represéntao a cabeza de San Mamede no castro de Silleda (Pontevedra); a pesar de que non ten nin pelo nin boca nin orellas, é unha escultura de vulto redondo, que case representa un torso (ata os ombros insinuados) sobre un piar troncocénico desbastado, coas arestas redondeadas, realizado en esteatita. A pedra branda permite unha labra onde se reflicten profundos golpes de escoupro, como se de madeira se tratase. A partir da contraposicion de planos moi marcados chegase a abstraccién dun rostro (rostro en T”) de gran forza plastica e de trazos enig- maticos, Tamén no norte da provincia de Pontevedra estarian nesta lina as cabezas de Remesar e Moreira Nova, as duias no conce- No da Estrada Estas obras tefien unha grande difusion por todo o ambito europe da idade do ferro, con quen compartimos este tipo de icono, presentando unba longa pervivencia no tempo: esta tipica face castrexa identifi- carase de novo nas estelas funerarias galai- corromanas ¢ incluso en obras da tempera idade media. A descricién e interpretacion deste morfotipo, pola stta condicién de ele- ‘mento atemporal, esta en fase de estudio e discusion. O seu caracter sacro ou relixioso (cabezas de deuses, idolos protectores ou mascaras funerarias) non pode ser conve- nientemente interpretado mentres non s da stia localiza- analicen as caracteristi ion. Para cerrarmos este grupo hai que nomear as cabezas bifrontes ¢ cuadrifrontes que, como o seu nome indica, se identifi- can por levaren diias ou catro caras labra- das en planos opostos igualmente como apéndice dun bloque pétreo, © exemplar de maior pericia pola labra dos trazos seria 0 cuadriface de Pontedeume Este tipo de icono garda relacion coas representaciéns multiples de Hermes ou Hecate gregos, como divindades relaciona- das coas encrucilladas de caminos, que 4 sa vez teen concomitancias cos Lares Viali is romanos. Sempre se resaliou a enor- me difusion dest Gallaecia, onde se concentra a maioria dos testemufios epigraficos peninsulares que. ademais, tenten unha distribucion preferen- te no territorio do convento lucense, como altura divindades viarias na este tipo de es ANIMAIS. al do cas. encia na zona orien A stia pre: trexo bracar .¢ ou en territorio astur seu especial desenvolvemento no occidente da meseta peninsular (cultura dos verra- cos), fai que e escultorica se exclua ou se trate superticial- mente na bibliografia, Sen em cabezas de animais de vulto redondo, reali- e tipo de manifes acion zadas ao final dun bloque de granito f stia localizacién nun paramento ou similar encéntranse distribuidas desde 0 Miao ata en Portugal, onde ran a stia maxima expresion. Tras-os-Mont No territorio castrexo representan sobre todo suidos (gporco ou xabaril?). © tata mento escultérico destes animais, dentro do modus operandi sintetizador xeral des astrexa, € un crito para toda a estatuaria pouco mais naturalista que no caso das cabezas humanas, como Ile corresponde 4 tradicion plastica desta area meridional. As cabez: emparentadas do punto de vista iconogrs is de animais galaicas es co cos verracos da cultura dos v tor suroccidental da meseta peninsular ¢ norte de Estremadura), datados entre os séculos IV-II a, C. e relacionados, ainda que non de forma exclusiva, con ambientes funerarios. Os verracos castrexos catactert zanse por representar s6 a cabeza do ani- mal, mentres na meseta peninsular se esculpen de corpo enteiro. POR QUE XORDE A ESCULTURA? A necesidade de dotar a escultura figu rada castrexa dun contexto cultural que explique 0 seu sentido, orixe e filiacion levou 4 formulacién de duias teorias opos- tas; por un lado, viuse a plistica castrexa como unha manifestacion empobrecida da arte romana provincial ¢ tanto a sia orixe como o seu desenvolvemento reduciuse a doutra banda, algtins autores viron desde o principio un ese marco cronoloxico cardcter plenamente indixena cunha crono- loxia prerromana a partir da andlise compa- rativa e estilistica aplicada no contexto da idade do ferro pleno (arredor dos séculos M-H a. C tratalo xunto aos restantes elementos da cultura material, economia, organizacién social e ideoloxta, para construir un marco O estudio da plistica hai que explicativo e dotar no posibel a escultura de funcion ¢ significado. As obras maiores $6 xorden no ambien- te de sociedades desenvolvidas, de corte urbano e ao servicio ou estimulo das stias elites, 4s que se pretende representar ou urbano”, nos oppida do territorio bracarense, onde se exaltar. Sera neste escenario realizaran as mellores pezas escultéricas. Determinados atributos, como a ouriva ria ou o armamento, presentes tanto no rexistro arqueoléxico como nas esculturas humanas, permitennos deducir a existencia dunhas elites posuidoras de tales distinti- polo tanto. social ou xerarquizacion. Outras caracteris- vos ¢ unha diferenciacion 11 ticas da funcion guerreira desta elite com- plétanse cos estudlios de historia antiga, a partir da cal se abren novos enfoques que axudan a formar este marco de referencias necesario para contextual castrexa e a soci a escultura lade que a creou. Advirtense elementos de filiacion celti- berica, como armas, cascos ¢ ourivaria, ¢ incluso iconografia dos verracos. Mais tamén ao longo do primeito~m reciben intermitentemente poderosos influ- xos de procedencia mediterranea por via atlantica e meridional, Especialmente nota beis son os que se producen no comezo da 2" idade do ferro, en que se pode conside- r ante”, con influ wun periodo “helen cias iberopunicas, ainda non comprendidas e valoradas en toda a stia magnitude, mais ie parecen explicar a adopcion dunha determinada preferencia na absorcién dal- gins iconos escultoricos, sobre todo as damas sedentes e certas esculturas de tipo votivo Da anilise da distribucion da escultura deducese unha compartimentacion do \de a distintas preferen- territorio que respe cias estilisticas, mais ademais podese esta- blecer unha rel ninado tipo de poboacion grande tamanto e con notabel desenvolve lacién entre a escultura maior e detei mento urbano e arquitectonico: a area bra- carense vai destacar como a zona mais dinamica e receptora das novidades e modas do momento; mentres que o territo- rio lucense, mais remiso a adopcion destas correntes escult6ricas, mantén unha tradi- ntiva que pode ser porta- Jora de interesantes testemunos de orde cion plastica dist relixiosa e simbélica.

Você também pode gostar