Você está na página 1de 6

Bravi, A. (2014).

Griechische Kunstwerke im politischen Leben Roms und Konstantinopels
(Vol. 21). Walter de Gruyter. pp. 54-56

Bravi, A. (2014). Griechische Kunstwerke im politischen Leben Roms und Konstantinopels
(Vol. 21). Walter de Gruyter. pp. 54-56

6. Marte no Circo: o decoro guerreiro do Xuño Bruto
Unha estatua sedente do Ares de Skopas presentouse nun templo de mármol que
Hermodoro de Salamis concebira para Bruto Galaico e que data do 138 a.d. C. A
estatua do Ares que Bruto Galacio puxo nese templo de Marte no circo entre o 136
e o 131 a.d. C, tiña características que presentaban ao Marte romano con
signicados heroicos, festivos e polìticos e que estaban persoalmente vencellados
ao habitus e status do xefe militar:

A iconografía non é habitual para o deus Marte. Non se presenta nin de pe nin
armado no campo de batalla con insignias do lexionario pola parte de atrás.
Queríase identificar ao Ares de Skopa nunha estatua sedente dun deus ou heroe
sen roupa ou desarmado que se poidese atopar en calquera campo referido a
Marte no que se encontrarse o templo e que dalgún xeito representase a súa
apariencia. Con todo, aínda non podemos falar dunha identifación segura e
razoada. Sen embargo, podemos intentar recobrar os seus valores semióticos.
O clima social daqueles anos pode parecer proclive a salientar certos valores da
gens Iunia. Xuño Bruto Galaico representaba a nobilitas tradicional e
conservadora responsable da morte de Tiberio Graco, xusto no tempo no que foi
levantado o templo.
No 133 a d C. o Capitolio foi o escenario das loitas entre os descendentes de Tiberio
Graco e os seus inimigos dirixidos por P. Cornelio Escipión Naso. Tiberio Graco foi
condeado a morte por adfectatio regni pois quería ser tirano mentras que Escipión
foi comparado con Bruto, o primeiro cónsul da República. No templo de Fides no
Capitolio parece que apareceu unha copia do grupo dos tiranicidas. Podemos
imaxinar o valor que os xuños deron a Marte nesa situación como símbolo da
revolta antimonárquica da aristocracia. Xa no mesmo momento no que se cruza o
umbral do templo de Marte podemos sentir o que significaba esa construcción.
Pois mesmo na entrada atopouse unha inscripción do escritor Accius en
Saturnien:

Este Marte sedente sen armas representa a un deus que pode estar moi conectado
coa representación da gens Iunia. No mesmo lugar tomou nota Plinio unha

Venus que fora creada polo mesmo escultor. En Grecia xa se coñecía a relación
mais en Roma foi datada por primeira vez nun rito do século 3 a d C e despois
estivo esquecida durante moito tempo. No 217 a d C relacionouse a Venus nun
banquete de deuses con Marte. Na República e no Imperio representouse a parella
en diferentes variantes. Os seus significados teñen que ver coa Homonoia
/Concordia pública e privada. Venus aparece parcial ou totalmente vestida e leva
insignias coma a diadema. Con frecuencia aparece mirando a Marte que aparece
representado a miúdo pouco vestido e cun aspecto xuvenil. A atracción erótica
dos dous é un tema recurrente no mundo da casa, como se pode ver en murais ou
en releves de porcelana de plata na domus de Pompeia. Aquí podemos ver a
miúdo a Venus acompañada de Cupido, o deus que xoga coas armas da
estatua/figura sedente de Marte no campo de Marte. Nas casas pompeianas Venus
é a que domina a escena. O Marte que está ou deitado ou de pé xoga un papel
secundario. Estas representacións privadas refírense á concordia da casa entre o
dominus e a domina. No tempo de Augusto Marte aparece presentado
oficialmente como pai xunto con Venus como nai Esta antiga divinidade da casa
xuliana está vencellada con Marte como antepasado de todos os romanos. O
imperio de Roma fúndase na base desta concordia.
Se consideramos o motivo da concordia como característico da aristocracia da
media Repúblcia, poderíamos entender ao Marte sedente coa Venus sen roupa no
Templo de Marte do Bruto Galaico como protagonistas dunha reconciliación das
gentes na aristocracia romana despois dos acontecementos sangrentos ao final da
época dos Gracos. A parella expresaría representacións que cobraron vida nun
marco social especial que os vencellaría á ideología da armonía ou concordia, que
se manifesta na descendencia de Rómulo por parte de Marte e de Eneas por parte
de Venus. A iconografía deste Marte grego permitiríamos achegarnos a un marco
metafórico. A concordia das gentes antigas preséntasenos a través dunha
representación de Marte e de Venus que garantiría debido a unión de ámbolos
dous a continuación das gentes dominantes de Roma. Non podemos probar tal
sentido de xeito estricto pero con seguridade Marte e Venus poden interpretarse
no contexto das fontes do século dous a d C como protagonistas divinos da
guerra, da victoria e da tradición militar.