Você está na página 1de 24

teatro clsico

3 eso

departamento de grego
ies de melide. curso 2016-17

ALUMN@:
Teatro de Dioniso, Atenas

Vista area do teatro de Epidauro

Santuario de Asclepio, en Epidauro

Capsa con volumes de papiro


1. FUNCIN E CARACTERSTICAS BSICAS DO TEATRO EN GRECIA

O teatro grego ten o seu mximo esplendor na Atenas


democrtica do s. V a. C, no chamado sculo de Pericles.A
representacin teatral un acto:
- Relixioso: forma parte do culto a Dioniso e nel tena a sa
orixe. As sas festas anuais eran no mes de xaneiro as
Leneas , e no mes de marzo as Grandes Dionisias .
- Social: un espectculo popular, de goce do ocio de forma
colectiva. Implica a participacin do espectador, a sa
reflexin sobre problemas humanos e temas polticos.
A representacin teatral est organizada pola polis ou
Estado en forma de concurso, cun premio para o mellor poeta trxico e outro para o mellor poeta cmico.
Os cidadns ricos costeaban as representacins co pago de impostos e reciban honores se a obra era
premiada. Estes "patrocinadores" denominbanse coregos.

2. ELEMENTOS ESCENOGRFICOS

Tdolos compoentes da obra teatral levaban mscara e


disfrace.
- Na traxedia: vestiduras solemnes e luxosas, mscaras de expresin
trxica e o coturno, un calzado de madeira con sola bastante grosa. Este
calzado especial aumentaba a altura dos actores conferndolles unha
"elevacin moral".
- Na comedia: disfraces de animais, mulleres e grotescos en xeral e
mscaras cmicas.
En cada representacin teatral intervian:
- Actores: ata un mximo de tres, polo que cada un deba representar
varios papeis:
Protagonista: actor principal
Antagonista: segundo actor
Terceiro actor: faca todos os demais papeis
Os actores eran sempre homes e desempeaban papeis femininos cando era necesario. s veces podan
intervir nenos e personaxes mudos, que non eran actores profesionais. Os actores recitaban e cantaban na
escena.
- O coro: era fundamental na traxedia. Faca a funcin dun personaxe mis que dialogaba cos actores sobre o
que estaba acontecendo. Os seu compoentes denominbanse coreutas; e estaban dirixidos polo corifeo, que
quen toma a palabra cando haba que recitar. O coro cantaba e danzaba na orquestra.
En toda peza teatral, especialmente na traxedia, soe haber un momento de mxima tensin ou clmax
que se sucede dun anticlmax. No clmax soe producirse a morte trxica do protagonista ou algn outro
personaxe. A representacin da morte era tab no drama grego, polo que este momento non poda ser posto
en escena e deba ser referido por outro personaxe, normalmente un mensaxeiro.
Un dos recursos para aumentar a tensin dramtica a chamada irona trxica, utilizada
principalmente por Sfocles. Prodcese cando un personaxe vctima dun discurso de dobre sentido, que
coecen os espectadores, pero el non.
Nas pezas teatrais haba unidade espacial e temporal: a accin desenvolvase nun escenario nico
(un so lugar) e nunha xornada (un so da)

Teatro grego. Px. 1


3. OS XNEROS TEATRAIS

Traxedia Comedia
Temas heroicos ou lendarios (mitolxicos) ficcin
Tratamento tono solemne e grandioso tono desenfadado
Personaxes heroes ou heronas personaxes populares, animais, deuses ou heroes
ridiculizados...

Na traxedia grega exprsase claramente o sentimento


CRONOLOXA
trxico da vida: cntrase no dolor humano.
Todo xira en torno heroe trxico. Nas traxedias de
490-479 a. C. Guerras Mdicas: Os gregos
Sfocles, o heroe un personaxe que, a pesares de ser vencen s persas (Batallas de
moralmente superior s demais, non pode evitar cometer unha Maratn, Termpilas, Salamina,
falta (hybris, en grego) que altera a orde moral establecida ou Platea...)
aceptada pola sociedade. O destino, que est por riba de deuses e 477 Confederacin Dlica: alianza militar
humanos, equilibrar de novo a balanza. O heroe pasa por unha para controlar o perigo persa
situacin de angustia que compartida polo pblico, espertando liderada polos atenienses, con base
nel paixn e compaixn. final o heroe acepta o destino e a na illa de Delos Talasocracia
ateniense
xustiza divina que o liberan da sa angustia.
462 a. C. Reformas democrticas de
A funcin da traxedia era a de formar o pobo, darlle
Pericles y Efialtes que aumentan
unha leccin de temperanza e moderacin. O pblico nas competencias da asemblea
representacins liberaba as sas paixns, producndose nel unha 431- 404 a. C. Guerra do Peloponeso:
liberacin (catarse, en grego). Esparta enfrntase a Atenas para
tentar frear a sa poltica
A comedia persegua fins semellantes s da traxedia: imperialista.
liberar home das sas angustias e opresins. O heroe cmico 429 Peste de Atenas: morre Pericles.
por medios fantsticos consegue liberar a Atenas dos seus males: 421 Paz de Nicias: tratado por 50 anos.
415 Expedicin a Sicilia: o belicista
a guerra, os malos gobernantes, as incomodidades, os malos
Alcibades consegue permiso da
poetas... chegando a un estado de felicidade. Na comedia hai
Asemblea para axudar a colonias
unha ensinanza mis directa, amsanos unha situacin menos atenienses. contra Siracusa.
distante que na traxedia. dicir, o espectador atpase mis cerca Alcibades, desterrado por
do heroe cmico, que vive unha situacin coti, que do heroe acusacin de sacrilexio, abandona
trxico que vive unha situacin extraordinaria. a expedicin e refuxiase en
Esparta. Esparta acude en axuda
4. PRINCIPAIS AUTORES TEATRAIS GREGOS de Siracusa. Fracasa a expedicin.
413 reandase a guerra. Esparta pide axuda
Trxicos: a Persia e equipa a sa flota. Na
- Esquilo (525-428 a. C.) do que se conservan 7 traxedias. batalla de Decelia Esparta cerca a
- Sfocles (496-406 a. C.) 7 traxedias Atenas por terra.
- Eurpides (480-406 a. C.) 18 traxedias 411 Triunfo da oligarqua, rxime non
democrtico, en Atenas.
Cmicos: Sublevacin do exrcito e
- Aristfanes (445-385 a. C.) 11 comedias (Comedia Vella ou poltica) proclamacin de Alcibades como
- Menandro (342-294 a. C.) 1 comedia e fragmentos (Comedia Nova) xefe supremo.
- 405 Batalla de Egosptamos: derrota
definitiva de Atenas.
- 404 Atenas derriba os muros longos e
entrega a sa flota. Tirana dos
Trinta: rxime de terror cun
goberno oligrquico proespartano.
- 403 restablecemento da democracia en
Atenas. Crises econmicas e
sociais.

Teatro grego. Px. 2


5. EURPIDES (480-406 a. C.)

A sa vida transcorre no s. V a. C. Viva retirado na illa de Salamina e posua


unha boa biblioteca, feito excepcional na Atenas desta poca. A diferenza doutros
literatos da sa poca, non participou activamente na poltica.
Eurpides o poeta trxico de quen conservamos mis obras (19); sen
embargo en vida recibiu moitos menos premios teatrais que Sfocles.

Trazos da sa obra:

Eurpides o representante dunha poca en cambio porque:


- Racionaliza os mitos e os humaniza, concedendo unha maior importancia s accins humanas. O home non
est sometido ao destino, o responsable da sas accins. Ex.: Penteo, anda que peca de soberbia e
comete unha falta ou hybris, era un ser querido para Cadmo e protexa ao seu av na sa vellez.
- Trata os temas do seu tempo con claridade: problemas matrimoniais, a humillante situacin da muller, as
relacins sexuais, o enorme poder do amor, o mundo dos escravos, os horrores da guerra...
- Cuestinase o papel dos deuses: a xustiza de Zeus, a validez dos orculos de Apolo...Critica a uns deuses
que actan levados por vinganzas persoais. Ex: a vinganza de Dionisio contra os habitantes de
Tebas, que non o recoecan como deus, excesiva.
- Humanizacin os personaxes e trata dos mitos de forma innovadora: ofrece novas versin de mitos e
presenta personaxes moi achegados aos homes do seu tempo, coas sas dbidas e medos, mis
apartados do heroe trxico que est por riba dos demais humanos. Trata os mitos dende un punto de
vista tamn mis humano, o home responsable dos seus actos, dubida do papel dos deuses.
Ex: Penteo, anda que peca de soberbia e comete unha falta ou hybris, era un ser querido para Cadmo
e protexa ao seu av na sa vellez.

Estilo de Eurpides:

- Resta importancia coro, que non comenta a accin da obra, senn que trata temas cotins prximos aos
espectadores: a situacin da muller, os problemas do matrimonio, as penas dos humanos, os
desastres da guerra, a loanza da natureza... Os coros, anda que non tean peso no argumento, son
dunha gran beleza lrica.
- Emprega s veces o deus ex maquina, dicir, unha figura divina que apareca no escenario suspendida
dunha especie de gra no final dalgunhas obras, aportando unha solucin ao conflicto creado.

AS BACANTES

Foi a ltima traxedia escrita por Eurpides, representada no 406 a. C. Est dedicada ao culto de Dioniso e
nela se nos describen os seu ritos mistricos. Dioniso era considerado coma un deus importado de Oriente,
procedente de Asia (Lidia e Frixia) e o seu culto estendeuse rapidamente por Grecia.
Dioniso ou Baco era o deus do teatro, do vio, da paixn e do exceso e os seus
ritos eran secretos, solo os coecan os iniciados, que celebran no seu honor
orxas (Grecia) ou bacanais (Roma). O deus sola representarse acompaado
do taso (a sa compaa) formado polas mnades ou bacantes, as sas
sacerdotisas, stiros, silenos, prapos
Nas nosa traxedia, o deus Dioniso acompaado das bacantes chega a
Tebas procedente de Asia, para establecer en Grecia o seu culto. Penteo,
tirano de Tebas e neto de Cadmo, ngase a recoecelo como deus e
pretende prohibir o seu culto, que altera a orde da polis e fai que se lle unan
mulleres que viven salvaxemente no monte Citern, entregadas aos ritos
orxisticos. Penteo decide espiar s bacantes, pero descuberto por elas que,
instigadas por Dioniso, acaban despezndoo. A sa propia nai gave, en pleno
Teatro grego. Px. 3
xtase dionisaco, a autora da sa morte ao confundilo cun len.
Recibe as Penteo o castigo pola sa falta ou hybris, pola sa soberbia ao non querer recoecer ao deus e
desor os consellos dos mis ancins e sabios, Cadmo e Tiresias, que lle aconsellaban prudencia, moderacin
e humildade ante a divindade. Dioniso presntasenos coma un deus estrao e ambiguo: por un lado o que
da a alegra, a felicidade, a vida, a liberdade..., pero tamn o deus da xtase, do exceso, do delirio e da
morte.

Xenealoxa da estirpe de Cadmo, fundador de Tebas

Glosario das Bacantes

Acten: neto de Cadmo que viu espida a Artemisa e por elo morreu
despezado polos seus propios cans de caza.
Aqueloo: deus ro de Etolia (noroeste de Grecia), pai da ninfa Dirce
Axio: ro de Macedonia (norte de Grecia), que desemboca no mar Exeo,
perto de Salnica.
Bromio: sobrenome de Dioniso, que significa o que brama ou berra
Cbele, Cibeles: deusa frixia da Nai Terra, equivalente a Xea ou a Rea.
Citern: monte prximo a Tebas.
coribantes: bailarns con casco que celebraban o culto a Cibeles.
Crico: promontorio de Cilicia (sur da actual Turqua)
Chipre: illa na que, segundo os mitgrafos, naceu Afrodita
Dirce: ninfa, filla do deus ro Aqueloo, que foi sacerdotisa de Dioniso.
Como vinganza por maltratar a Antope, unha das amantes de
Zeus, foi despezada por un touro e o seu corpo convertiuse en
manancial.
ditirambo: composicin potica interpretada por un coro en honor a Dioniso, antecedente da traxedia.
Equin: un dos espartos, homes que naceron de dentes de dragn sementados por Cadmo. Destes dentes
xurdiran xigantes que ameazaban a Cadmo, quen guindou unha pedra entre eles e provocou unha
pelexa. Equin sobreviviu e casou con gave, con quen tivo a Penteo.
Evoh!, evo!: berro das Bacantes para invocar a Dioniso.
Febo: sobrenome de Apolo, que significa o luminoso
Frixia: rexin de Asia Menor (actual noroeste de Turqua)
Lidia, Lidios: rexin de Asia Menor (actual sudoeste de Turqua)
Lidias: ro de Macedonia (norte de Grecia) que desembocaba no ro Axio
Moiras: as tres deusas que tecan o destino dos homes, as Parcas romanas.
Nisa: lugar ou monte de Tracia onde se supn que naceu e se criou Dioniso
Rea: titnide, filla de Xea, irm e esposa de Cronos, nai de Zeus. s veces se identifica con Cibeles ou Cbele.
Pafos: cidade de Chipre na que naceu Afrodita
Pieria: rexin de Macedonia, nas ladeiras do Olimpo. Unha das sedes das musas.
taso: compaa de Dioniso, composta polas Mnades ou Bacantes, stiros, silenos, prapos...
tirso: vara que se ataban pias e follas de hedra ou vide, cetro simblico nos ritos de Dioniso.
Tmolo: monte de Lidia.

Teatro grego. Px. 4


6. CUESTIONARIO SOBRE AS BACANTES DE EURPIDES

(Cuestins posibles a desenvolver no comentario de texto)

1. Funcin do prlogo.

2. Fai un cadro xenealxico sobre a estirpe de Cadmo

3. Quen era Tiresias? Investiga algunha das sas


caractersticas e en que outras traxedias aparece?

5. Explica as diferenzas entre as distintas xeracins a cerca


do culto a Dioniso: a postura dos mis vellos (Cadmo e
Tiresias) fronte a do mis novo (Penteo) respecto ao culto
aos deuses e comntaa.

6. Penteo un nome parlante, xa que a palabra grega


penthos significa dolor. Explcao.

7. Explica a falta ou hybris que comete Penteo e que castigo


recibe.

8. Explica cal a funcin do mensaxeiro.

9. Dioniso o deus do vio, da liberdade, da vida na


natureza salvaxe. Explica cal a sa funcin liberadora con
respecto s mulleres. Que vida levan servindo a Dioniso e
que vida e tarefas faran nas sas casas? Explica a
declaracin de gave na px.73, cando volve orgullosa da
cacera.

10. Comenta a irona trxica presente na obra, centrndote


nas alusins a Acten e nas palabras de gave do final

11. Busca e comenta trazos de Eurpides presentes na obra:


humanizacin dos personaxes e mitos, cuestionamento do
papel do deuses...

12. Explica que era o deus ex machina e como aparece este


recurso na obra.

13. Resume o tema da traxedia en das lias e o argumento


en non mis de dez lias.

14. Sita nun mapa da Grecia antiga os seguintes lugares:


Tebas, monte Citern, Lidia, Frixia, Tracia, monte Olimpo.

Teatro grego. Px. 5


7. FUNCIN E CARACTERSTICAS BSICAS DO TEATRO EN ROMA

ORIXES

Pouco sabemos das orixes do teatro romano, xa que as primeiras representacins eran
improvisacins de carcter popular que seguramente non se puan por escrito. Podemos fixar o nacemento
oficial do teatro a principios do s. III a. C., data na que Roma entra en contacto coa cultura grega ao
conquistar o sur de Italia e Sicilia, importantes colonias gregas denominadas "Magna Grecia". Os autores
romanos comezan a adaptar comedias gregas, convertndose en continuadores dunha cultura superior
deles.

A REPRESENTACIN TEATRAL

Mentres que os gregos adoitaban aproveitar unha ladeira ou declive do terreo para construr os
teatros e dispor as gradas, os romanos por medio de arcos e estruturas abovedadas puideron levantar
edificios independentes. A prctica eliminacin do papel do coro nas representacins romanas, fixo que a
zona semicircular (orquestra) que lle estaba reservada quedase notablemente reducida.
O escenario romano dispua de un decorado
fixo (escena), que simulaba unha estrutura
arquitectnica: unha especie de edificio con tres portas,
adornado con tres pisos de galeras con columnas, na
que se representaba a accin, que normalmente tia
lugar na ra, diante de tres casas.
Os actores eran sempre homes, que podan
representar varios papeis, incluso femininos,
cambiando de indumentaria e de perruca (na comedia
non era tan frecuente o uso das mscaras como os
actores gregos). Tamn usaban coturnos, uns zapatos
de sola grosa que lle daban unha maior elevacin.

8. A COMEDIA ROMANA

Roma herdou os xneros literarios gregos, e dentro do drama cultivou con mis xito a comedia que
a traxedia.
En Grecia, coa Comedia Vella de Aristfanes (s.V a. C.) podase criticar a personaxes concretos; pero
cando Menandro escribe a Comedia Nova, xa non hai esa liberdade, polo que centra os seus temas na vida
coti. Os personaxes son sempre os mesmos e inconcretos: o escravo enredante confidente das aventuras do
seu amo, o pai de familia consentidor, o parsito lambn e adulador, o soldado fanfurrieiro, as mulleres
case sempre de "vida alegre".... Se a comedia de Aristfanes era unha forma de loita poltica, a de Menandro
s pretenda facer rir.
A comedia romana basease na Comedia Nova grega., e por iso recibe o nome de "palliata" (< Pallium,
manto grego co que cubran os actores). Son representacins de ambientacin grega: os personaxes, o
escenario xeogrfico, os costumes...
A comedia romana evolucionou elementos da comedia e traxedia gregas como os coros, que eran
partes recitadas e/ou cantadas por un grupo de persoas (os coreutas). Estas partes desenvolvanse na
orquestra, onde o coro tia tamn especie para danzar. Na comedia nova haba partes musicais nos
entreactos, xa que estas partes musicais ou cantica eran moi do gusto do pblico.
Os comedigrafos traducan ou adaptaban obras gregas, s veces usaban un procedemento chamado
contaminatio, que consista en mesturar dous argumentos de comedias gregas.

Teatro grego. Px. 6


9. PRINCIPAIS AUTORES TEATRAIS ROMANOS

Cmicos:
- Plauto (251-184 A. C.) do que se conservan 20 comedias
- Terencio (190-159 a. c.) 6 comedias
Trxicos:
- Sneca (4 a. C.- 65 d. C.) 8 traxedias (para ser lidas)

10. PLAUTO (251-184 A. C.)

Introduce en Roma a Comedia Nova. Plauto un home do pobo que vive


nunha situacin econmica e poltica difcil e escribe para sobrevivir: ten que
contentar o pblico para conseguir que os maxistrados costeasen a
representacin. Anda que os personaxes son gregos e a escena soe ser Atenas,
Plauto axeita a Comedia Nova a Roma:
- Suprime chistes refinados e explica costumes descoecidos para os
romanos. Os seus chistes basanse na dobre interpretacin, na
esaxeracin, no equvoco, na burla aos forasteiros, provincianos,
campesios..
- Utiliza os prlogos como explicacin da peza, pero tamn para acadar a atencin do pblico.
- Escolle argumentos choqueiros e ridculos, xa de por si cmicos, inspirados na vida coti
- Busca a complicidade do pblico, que coece o engano mentres que o personaxe afectado ignrao.
- Conserva os personaxes fixos da Comedia Nova, que son tipos populares do agrado do pblico: o
senex (vello cutre e rosmn e s veces consentidor do fillo), o servus (escravo intelixente e enredante,
normalmente o protagonista), o adulescens (mozo de boa familia mullereiro e consentido), o leno/a
(alcaiote/a avarento), a meretrix (prostituta) o parasitus (chupn) que so pensa en comer e beber a
conta dos demais, o miles gloriosus (soldado fanfurrieiro) que se gaba de todo pero que no fondo
un covarde, o vello avaro que capaz de perder a sa familia antes que gastar o seu dieiro
- Insprase nas comedias gregas e s veces funde das nunha: contaminatio

Hoxe conservamos unhas vinte comedias de Plauto entre as que destacan Anphitrin, Asinaria,
Aulularia, Casina, Os Xemelos, O Miles gloriosus (O soldado Fanfurrieiro), Mostellaria (a Pantasma), Cistellaria (O
cestio)....
Plauto, que sempre viviu entre as clases baixas, leva esas clases escena: o escravo o protagonista
do seu teatro e a sa diversin son os conflitos amorosos e familiares dos seus amos. O seu teatro reflicte
extraordinariamente a linguaxe falada pola xente, o latn vivo e vulgar.

Argumento de Pseudolus

Calidoro, un mozo de boa familia, est namorado da Fenicia, unha


meretriz a quen seu amo, o leno Balin, quere vender por 20 minas a un
soldado. Calidoro, que non quere perder Fenicia, non pode conseguir esa
cantidade porque seu pai, o vello Simn, non est disposto a que seu fillo
siga dilapidando a fortuna familiar. O escravo Psudolo conseguir
solucionar o problema enganando a todos e logrando,incluso, beneficiarse
a si mesmo.

Teatro grego. Px. 7


11. CUESTIONARIO SOBRE PSEUDOLUS DE PLAUTO
(Cuestins posibles para o exame)

1. Resume en poucas lias o argumento e o tema da obra.

2. Identifica s personaxes fixos da comedia romana.

Personaxe Nome na comedia Descricin do personaxe


servus
senex
senex
adulescens
meretrix
lenus

3. frecuente que Plauto nas sas comedias utilice "nomes parlantes" para denominar s seus personaxes,
con elo pretende que o espectador supoa as funcin deles nada mis escoitar o seus nomes. Di que
personaxes derivan dos seguintes termos gregos e cal a sa funcin.

Termo latino ou grego Nome do personaxe/s Funcin do personaxe/s


pseudos () mentira, trampa
harpax
( ) o que rapina,
ladrn
kals () bo, nobre, fermoso

ballo () lanzarse, disparar


(en sentido ertico)

4. Onde se desenvolve a accin? Por que son gregos os nomes dos personaxes e hai tantas palabras en grego
na obra? Como se chama a comedia romana que se basea na comedia nova grega? de onde vn ese nome?

5. Deduce da lectura desta comedia como era a situacin dos escravos/as: que relacin podan ter co seu
amo, que traballos deban realizar, que castigos podan recibir. Investiga como un escravo romano poda
deixar de selo e como se chamaban os que conseguan a liberdade.

6. Busca informacin dos seguintes personaxes relacionados coa mitoloxa e explica as pasaxes nas que saen:
- A Sibila, px. 34 se non as le (as taboas) a
Sibila, ningn outro poder interpretalas
- Dirce, px. 44, Balin ameaza con facerlle o
mesmo que a Dirce a unha das sas
meretices se non lle trae agasallos dos
seus clientes.
- Neptuno, px. 82: a que se refire o cocieiro con
estes son os condimentos para os
rabaos de Neptuno?
- Medea e Pelias, px. 84: investiga quen eran e
se certo o que di o cocieiro, que
Medea coa sa pocin e velenos Medea e Pelias
converteu a Pelias nun mozo.

Teatro grego. Px. 8


7. Explica o seguinte dilogo entre Simias e Psudolo na px. 91: no
foro nin un de cada dez homes poden dicir que se coezan a si mesmos/ xa
empezan coa filosofa. Investiga a orixe desta a mxima, cocete a ti
mesmo, e a quen se lle atribua.

8. Na px. 96, a comezo da escena IV, Simn di: Vou ver como van a fazaas do
meu Ulises, si xa se apoderou da estatua da fortaleza Baliona Isto unha clara
referencia ao Paladio, busca informacin sobre este obxecto en
https://es.wikipedia.org/wiki/Paladio_(mitologa) ou noutro lugar e explica
esta frase.

Ulises e Diomedes roubando o Paladio

9. Repasa os teus apuntes do calendario romano e explica o dilogo da px. 111


entre Simn e Psudolo: Si.- Creo que ti, descarado, podes beber nunha soa hora as
catro colleitas mis abundantes do monte Msico/ Ps.- Mellor que sexa unha hora de
inverno, que mis curta.

11. Busca exemplos do humor de Plauto: xogos de palabras, dobres sentidos,


esaxeracins

12. Sita no mapa de Grecia os lugares que aparecen mencionados na comedia: Atenas, tica, Macedonia,
Delfos, Caristo (Eubea), Sicin (hoxe Sykiona, cerca de Corinto)

BIBLIOGRAFA

- Introducin desta unidade didctica


- Introducin a Pseudolus, de Plauto, ed. Prosopon, a cargo de P. A. Jimnez Manzorro
- Diccionario de mitologa griega y romana. P. Grimal. Ed. Paids
- Diccionarios de mitoloxa (signatura 292, Biblioteca)

Teatro grego. Px. 9


MAPA DA GRECIA CLSICA

Sita nun mapa da Grecia antiga os seguintes lugares que saen na traxedia Bacantes: Tebas, monte
Citern, Lidia, Frixia, Tracia, monte Olimpo.

Sita no mapa de Grecia os lugares que aparecen mencionados na comedia Psudolus: Atenas, tica,
Macedonia, Delfos, Caristo (Eubea), Sicin (hoxe Sykiona, cerca de Corinto)

Teatro grego. Px. 10


LECTURAS 3 DE ESO. CURSO 2016-17

Tal como aparece na programacin didctica, obrigatorio facer das lecturas para a materia de cultura
clsica.

Unha das lecturas ten que ser unha das obras de Teatro Clsico que se representan en Lugo, que ser
obxecto de exame o venres 24 de marzo, que supor 5 puntos da nota da 2 avaliacin:

- Bacantes, de Eurpides, ed. Prosopon


- Pseudolus, de Plauto, ed. Prosopon

Para preparar estas obras entrgase unidade didctica con cuestins posibles para o exame.

A outra lectura pdese escoller entre as obras que figuran abaixo. Desta lectura presentarase un resumo coas
seguintes caractersticas, que supor 3 puntos da nota da 2 avaliacin:
- Deber entregarse antes das 00.00 do 24 de marzo
- Farase envo por correo electrnico ou en papel, se non hai outra posibilidade
- A extensin non deber ser superior a das caras de A4, letra arial (ou similar) 11, a dobre espazo.
- Consultar pautas para facer resumo e mirar exemplos na seguinte ligazn:
http://aspasiamelide.blogspot.com.es/2013/01/como-exponer-un-libro.html

O resumo debe seguir o seguinte esquema:

1. Datos do libro
Ttulo
Autor/es
Editorial
Xnero (cmic, novela, teatro)
2. Resumo: non debe superar nunca as vinte lias
- Contexto: onde? cando?. O lugar e a poca na que transcorre a accin.
- Descricin (breve) do personaxe/s principal: Quen?
- Desenvolvemento da accin: como? O argumento da obra
3. Opinin persoal:
- Fxome en aspectos do libro e comntoos:
. estilo do autor/a
. temas que trata e como os trata
. s un cmic: debuxos, texto e a sa relacin
. se unha obra non ambientada nas antigas Grecia e Roma, comento o seu referente clsico
. analizo a sa mensaxe
- Gustoume porque.../ Non me gustou porque...
- Se coezo outras versins da obra ou outros formatos dela (pelcula, novela, cmic, vdeo, peza
teatral...) comntoo brevemente e comproo.
4. Imaxes: da portada ou de pxinas que me gustaron, ou aquelas que consideramos que resumen o esprito
da obra.
5. Fontes: se consultei algn libro ou pxina na rede, ctoo ao final do esquema

IMPORTANTE: se se detecta calquera tipo de copia da rede ou de outras fontes, a puntuacin ser 0.

Lecturas 3 de ESO. Px. 1


TEATRO

A outra obra de teatro que non se escolleu para o exame:


- Bacantes, de Eurpides, ed. Prosopon
- Pseudolus, de Plauto, ed. Prosopon

NOVELAS

Alexandre, Marilar, A cabeza da Medusa, , ed. Xerais. Das rapazas dun instituto de Vigo sofren
unha violacin cando volven dunha festa. Moi interesante tratamento do mito da
Medusa, que ao igual que as protagonistas pasa ser culpable en lugar de vtima. Fcil de
ler, engancha.

Davis, Lindsey La plata de Britania, ed. Edhasa. Estupenda novela policaca que d conta das
aventuras do detective Marco Didio Falco na Roma do emperador Vespasiano. a
primeira novela da serie e nela Falco ter que desprazarse lonxana Britania para
descubrir unha conspiracin contra o csar Para bos lestores/as.

vano, Brigitte, Cuentos y leyendas de los Juegos de Olimpia, ed. Anaya. Relatos ambientados
nos xogos de Olimpia do a. 432 a. C., s que asisten como espectadores importantes
personaxes como Pericles ou Scrates. Fcil de ler.

Feijoo, Pedro, Os fillos do mar, ed. Xerais. Simn Varela un mediocre arquitecto residente en
Vigo. Un da recibe unha chamada dunha seora da alta sociedade viguesa, Isabel
Llobet, para que lle faga unha reforma nunha fonte da sa propiedade, nun pazo de
Canido. Aos poucos das de comezar a reforma, Simn atopa un cofre pechado.
Simultaneamente, a seora, xa maior, morre en estraas circunstancias. A partir de
aqu, o arquitecto vese involucrado nunha intrigante trama na que tamn parece estar
envolta a familia da muller morta. Novela trepidante de aventuras, novela de intriga,
escrita con ton humorstico, que nos remonta a tempos pasados da historia de Vigo e contn un
potente referente clsico. Fcil de ler, pero con 432 px.

Gndara, Lola Gurdate de los Idus de Marzo, ed. SM, Novela de intriga ambientada ao final da
Repblica, cando Csar asasinado. Esta morte cambiar as vidas de Druso e a sa
irm Porcia, xa que o seu to, Mario Domitio, est involucrado no asasinato e deber
suicidarse para salvar o seu honor. Fcil de ler.

Graves, R. Mitos da antiga Grecia, ed. Xerais. Libro moi sinxelo de ler que nos conta os
principais mitos gregos.

Graves, R., La hija de Homero, ed. Edhasa. Magnfica versin da Odisea, na que a autora do
poema homrico sera unha muller, unha princesa siciliana que se retra a si mesma como
Nauscaa. Para boas/os lectores, anda que fcil de ler.

Lecturas 3 de ESO. Px. 2


Grenier Christian, Cuentos y leyendas de los hroes de la mitologa, ed. Anaya. Antoloxa de
contos mitolxicos, moi fcil de ler.

Homero (adaptacin de Jean Martn) Cuentos y leyendas de la Ilada, ed. Espasa-Calpe Antoloxa
de contos mitolxicos sobre a Guerra de Troia, moi fcil de ler.

Homero (adaptacin de Jean Martn), Cuentos y leyendas de la Odisea, ed. Espasa-Calpe.


Antoloxa de contos mitolxicos sobre a Odisea, moi fcil de ler.

Lawrence, C. Serie Misterios Romanos: Ladrones en el foro, Los secretos del Vesubio, Los Piratas de
Pompeya... de ed. Salamandra. Serie de intriga protagonizada por catro nenos romanos,
de distinta condicin social e cultural, que se dedican a resolver misterios. Moi fcil de
ler.

Lillo Redonet, F., El aprendiz de brujo, ed. Merial. Antoloxa de contos mitolxicos, moi fcil de ler.

Lillo Redonet, F., O Medulio. O norte contra Roma, ed. Toxosoutos. Novela histrica ambientada
nas guerras de cntabros, astures e galaicos contra o invasor romano. Fcil de ler.

Lillo Redonet, F., Teucro, o arqueiro de Troia, ed. Toxosoutos. Novela inspirada no mito de
Teucro, o arqueiro grego que regresa da Guerra de Troia e, segundo fontes mitolxicas,
chega costa atlntica e funda a cidade de Pontevedra.

Martn, Isabel La curandera de Atenas, ed. Booket. Novela entretida e fcil de ler que se
desenvolve na Atenas clsica, protagonizada por unha muller que coece a Hipcrates, o
mis famoso mdico da antigidade e aprende del a arte da medicina.

Navarro Durn, Rosa, A Odisea contada aos nenos, ed. Rodeira. Versin da Odisea moi fcil de
ler.

Nucci, G., Las aventuras de Ulises, ed. Siruela. Versin da Odisea moi fcil de ler.

Nez, Pablo Las hijas del Csar, ed. El Andn. Novela de intriga ambientada en Lucus Augusti
(Lugo) a onde chegan as fillas do Csar cunha perigosa misin: resolver un conflito entre
pobos galaicos enfrontados.

Lecturas 3 de ESO. Px. 3


Riordan, Rick, Serie Los hroes del Olimpo: El hroe perdido, El hijo de Neptuno..., Ed. Montena.
Serie fantstica de gran xito, continuadora de Percy Jackson y los dioses del Olimpo.
Agora centrarase na xigantomaquia e nos heroes do Vlaro de Ouro, Xasn e os
Argonautas.

Riordan, Rick, Serie Percy Jackson y los dioses del Olimpo: El ladrn del rayo, Los dioses del
Olimpo... de. Ed. Salamandra. Serie fantstica de gran xito, ambientada no EEUU
actual, onde o protagonista, Percy Jackson, vese involucrado nunha serie de aventuras
ao descubrir que fillo de Poseidn

Sautereau, Franois, Cuentos y leyendas del nacimiento de Roma, ed. Anaya. Antoloxa de
contos mitolxicos da antiga Roma, moi fcil de ler.

Scarrow, Simon, Gladiador, lucha por la libertad. ed. Edhasa. Marco un mozo romano, fillo
dun centurin, pasa a ser escravo ao ser asasinado o seu pai, que tia numerosas
dbedas. Convrtese en gladiador e deber investigar o pasado oscuro da sa familia
para salvar a sa vida. Boa novela de intriga que engancha. fcil de ler.

Schacht. Andrea, El oro del gladiador, ed Anaya. Novela de misterio na antiga Roma, onde os
amigos dun gladiador morto teen que buscar un tesouro agochado por el. Moi fcil
de ler.

Sutcliff, Rosemary, Las aventuras de Ulises. La historia de la Odisea, ed. Vicens Vives.
Esplndida versin da Odisea de Homero.

Sutcliff, Rosemary, Naves negras ante Troya. La historia de la Ilada, ed. Vicens Vives.
Esplndida versin da Ilada de Homero.

Lecturas 3 de ESO. Px. 4


CMICS

Broeders, Ken, Apstata, ed. Yermo. Serie ambientada no s. IV d. C. Baseada na traxectoria


de Xuliano o Apstata, moi bo debuxo, documenta ben o final do Imperio Romano
de Occidente coas sas tensins internas. Para lectoras/es maduros.

Calatayud, M. Los 12 trabajos de Heracles, Ediciones de Ponet. Magnfica versin dos


traballos de Heracles nun estilo pop-art, con clara inspiracin na cermica grega e
nos frescos minoicos e micnicos. A partir de 3 de ESO.

Dufaux, Jean e Delaby, Philippe, Murena, ed. Planeta DAgostini. Magnfica serie de 9 tomos
que describe a vida dun patricio romano na Roma imperial de Claudio e Nern,
moi ben documentada (cita a Suetonio). Moitas escenas de loita de gladiadores,
erticas e da vida coti na Roma Imperial.

Goscinny, R. &Uderzo, A. Asterix, ed. Varias, tamn animacin en DVD. Famossima serie
dos irredutibles galos, que documenta en clave de humor a romanizacin da Galia
e outras provincias do Imperio Romano. Traducida a infinidade de idiomas,
includos latn e grego clsico. Ferramenta imprescindible que se pode usar en
primaria

Fernndez, Juanra & Guerrero, Mateo, Gloria Victis, ed. Norma. Estupenda serie
ambientada na Hispania do s. I d. C., protagonizada por un xoven auriga que
quere vingar a morte do seu pai nunha carreira pouco limpa. Debuxo incrible,
excelente para documentar os ludi e vida coti no Imperio Romano. Moi fcil de
ler, engancha, a partir de 1 de ESO.

Ferran, Sbastian. Ulises I, II, III e IV, ed. Sexto Piso. Odisea en catro tomos, accesible para
3 ESO, completo, dinmico, fcil de ler.

Homero, Ilada y Odisea, el manga, ed. Herder. Resumo correcto da Ilada e Odisea de
Homero, parte dunha coleccin de clsicos universais en manga da ed. Herder.
Fcil de ler, manga con maquetacin occidental. A partir de 1 de ESO.

Marini, Enrico, guilas de Roma, Norma Editorial. Serie que vai no 4 volume, que narra as
aventuras de dous amigos que se criaron xuntos: un patricio romano, fillo de
romano e xermana, e un prncipe xermano levado a Roma como refn. boa
documentacin histrica sobre as campaas contra os xermanos. Descricins moi
interesantes da vida coti, villae, urbanismo, exrcito con escenas erticas.
Lecturas 3 de ESO. Px. 5
Marazzano e Frussin La expedicin. I El len de Nubia. Dibolo Ediciones. Aventura dunha
lexin que deserta para buscar unha civilizacin perdida, mis al de Nubia romanas
conquistando, fcil de ler, datos interesantes. Ten mis volumes.

Miller, Frank, 300, Norma Editorial. Cmic no que se basea a famosa pelcula que rende honra
aos 300 espartanos mortos nas Termpilas durante as Guerras Mdicas, pero moito
mellor e sen maniquesmo excesivo. A partir de 3 de ESO

Milligan, P. Greek Street, ed. Planeta de Agostini. Moi interesante versin dos mitos gregos
nun Londres actual escuro e marxinal, con claras referencias dos Atridas, Edipo,
Casandra, Aquiles e Patroclo, as Furias... A partir de 3 de ESO.

Mitton, Ives & Rocca, Simon, Vae victis! ed. Norma. Serie en cinco volumes ambientada na
conquista das Galias por Csar. Herona protagonista inspirada na Boadicea
histrica. Moi boa ambientacin documentacin histrica. O primeiro tomo mis
denso. Para lectoras/es maduros e con interese na historia.

Papadatos, A. & Kawa & di Donna. Democracia, ed. Alianza. Magnfica historieta que
transcurre na Atenas dos s. VI-V a. C., xusto antes da Batalla de Maratn.
Marabillosamente contextualizada, explica o nacemento da democracia con
reflexins filosficas. Mellor para lectoras/es de 1 de BAC.

Prez Navarro & Saur, Martn. La Odisea, Norma Editorial. Boa adaptacin do clsico
homrico, debuxo algo abigarrado e cargado en blanco e negro. Mellor a partir de
4 de ESO.

Riordan, Rick & Vewnditti, R. e outros. El ladrn del rayo. Percy Jackson y los dioses del
Olimpo Ed. Salamandra. Adaptacin das novelas de R. Riordan, anda que se
parece mis pelcula que o texto, fcil de ler a partir de 1 de ESO.

Roga, Irene. La cancin de Ariadna, ed. Glenat, manga que relata as aventuras dunha
princesa grega que s ten en comn o nome coa Ariadna da mitoloxa. Fcil de
ler.

Lecturas 3 de ESO. Px. 6


Rossi & Le Tendre, La Gloria de Hera, Ed. Planeta DeAgostini. Historia de Heracles antes
dos Doce traballos, cando o seu nome era Alceo e non gaara o seu sobre nome
Heracles ou a gloria de Hera. Cntrase en aspectos menos tratados como a
dualidade e relacin co seu irmn xemelgo Ificles. Bos debuxos, para boas
lectoras/es.

Rossi & Le Tendre Tiresias, Ed. Planeta DeAgostini, Deliciosa historia de Tiresias, que
ademais de famoso adivio, viviu como muller e como home. Bos debuxos, moi
interesante reflexin sobre a identidade sexual. Para lectoras avezadas/os. A
partir de 3 de ESO.

Rubn, David. El Hroe I e II, Astiberri Ediciones. Magnfica versin libre sobre Heracles e
os 12 traballos. Presntasenos a un Heracles nun contexto intemporal, con
elementos do pasado, presente e futuro. O tomo II amosa un Heracles maduro e
atormentado. Para lectores/as iniciados no cmic, mellor a partir de 3 de ESO.

Stevenson, Noelle, Leadoras, ed. Sapristi. Primeiro volume dunha serie que promete. Libro
de aventuras con heronas femininas: rapazas trastes, aventureiras e sen medo
que estn de campamento. Referente clsico sorpresa. A partir de 1 de ESO

Thomas, Roy e Seplveda, M. A. La Ilada, ed. Marvel. Magnfico en canto ao texto e


minuciosidade, respectando o texto homrico co seu estilo pico. Debuxos na lia
de superheroes de Marvel. Mellor a partir de 1 de BAC.

Thomas, R. La guerra de Troya, ed. Marvel. Bo e minucioso resumo da guerra de Troia,


obviando os acontecementos da Ilada, tratados nun tomo parte. Mellor a partir
de 1 de BAC.

Thomas, R. e Tocchini, G. La Odisea, ed. Marvel. Como os anteriores, adaptacins


magnficas en canto ao texto, que conserva o estilo pico, moi completas e ben
adaptadas. Debuxos a todo color tpicos de superheroes de Marvel. Para
lectoras/es consolidadas. Mellor a partir de 1 de BAC.

Lecturas 3 de ESO. Px. 7


Williams, Marcia. La Ilada y la Odisea, ed. Acanto: Resumo moi completo e simptico
das das obras. Moi sinxelo, a partir dos 8 anos. Descatalogado, 11 exemplares
no IES de Melide

Williams, Marcia: Los mitos griegos, ed. Acanto, seleccin de 12 mitos gregos, simptico e
ben explicado. Moi sinxelo, a partir dos 8 anos. Descatalogado, no IES de Melide
10 exemplares.

Yamazaki, Mari & Tori, Miki, Plinius, ed. Ponent Mon. Serie manga de romanos centrada
na figura de Plinio o Vello. Historieta interesante e amena, que a travs das
memorias deste famoso naturalista nos ofrece unha visin da ciencia no mundo
antigo. Fcil de ler. A partir de 3 de ESO

Lecturas 3 de ESO. Px. 8


APUNTAMENTOS
APUNTAMENTOS
APUNTAMENTOS
1. FUNCIN E CARACTERSTICAS BSICAS DO TEATRO EN GRECIA

2. ELEMENTOS ESCENOGRFICOS

3. OS XNEROS TEATRAIS

4. PRINCIPAIS AUTORES TEATRAIS GREGOS

5. EURPIDES. BACANTES

6. CUESTIONARIO SOBRE BACANTES

7. FUNCIN E CARACTERSTICAS BSICAS DO TEATRO EN ROMA

8. A COMEDIA ROMANA

9. PRINCIPAIS AUTORES TEATRAIS ROMANOS

10. PLAUTO. PSEUDOLUS

11. CUESTIONARIO SOBRE PSEUDOLUS

Bacantes, grupo Noite Bohemia

Você também pode gostar