Você está na página 1de 12

http://www.doa-music.

com
mailto:doa@doa-music.com

O grupo Doa nace na Coruña en 1978, sendo fundadores Bernardo Martínez


(frauta e percusión), Xoan Piñón (guitarra, laúde, mandolina) e Enrique Ferreira
(violoncelo). Comeza acompañando en formato trío a Xosé Quintas Canella,
posteriormente coa incorporación de Miro Casabella (voz, cítola e zanfoña) e
Xaquín Blanco (gaita e frauta), Doa grava o seu primeiro traballo “O son da
estrela escura” en 1979.

Outras formacións posteriores contarán, para os directos e gravacións, con


músicos como Carlos Castro, Baldo Martínez, Rosa Cedrón, Pepe Bordallo,
Xavier Jurado, Alfonso Morán, Nora McEvoy, Francisco Luengo, Manuel Varela,
Luciano Pérez, Xavier Cedrón, Roberto Grandal, Javier Ferreiro, Óscar
Fernández e un longo etc. (ver todos os compoñentes en:
http://gl.wikipedia.org/wiki/DOA_(grupo_musical)

Poderiamos considerar ao grupo Doa como un dos referentes dos grupos


de Galicia anteriores á década dos 80.
O seu estilo musical -nos primeros tempos- está baseado en integrar
tendencias musicais diversas coa música tradicional e medieval de Galicia,
traballando nos arranxos dun xeito persoal e heterodoxo.
Estas características dan ao grupo unhas formas musicais propias que se irán
conformando en anos sucesivos.

A súa filosofía está baseada en fuxir do autoplaxio e a repetición de fórmulas


musicais, afastándose tamén das presións comerciais que exercen unha
excesiva influencia sobre o estilo dos grupos.
Doa utiliza modos de expresión contemporáneos; a improvisación como forma
de traballo e a mestura de instrumentos populares (gaitas, zanfoñas etc) con
tecnoloxías de última xeración (midis, intrumentación electrónica etc).
Fai numerosas xiras por Galicia, España, EEUU e Canadá dando a coñecer pezas
inéditas do Camiño de Santiago, Cantigas de Santa María (Afonso X O Sabio) e
composicións baseadas na estrutura musical propia de Galicia.

Poderiamos resumir a filosofía musical de Doa co manifesto do seu primeiro


disco “O son da estrela escura”:

"Fisterra, no cabo do Camiño de Santiago, é a Estrela Escura, a derradeira


estrela da Vía Láctea. Ata non se sabe canto tempo antes do cristianismo
foi punto de magnetismo misterioso que fixo chegar ás terras de Galicia,
moitas e variadas culturas dos pobos indoeuropeos. Isto foi semente para o
desenvolvemento dunha música popular, cunha riqueza estilística única nacida
de motivacións máxicas.
Este traballo é unha pequena antoloxía de pezas tradicionais de diferentes
épocas e raíces. Na súa elaboración partimos do estudo das partituras
existentes nos distintos cancioneiros. Non nos propuxemos facelo dun xeito
ortodoxo; máis ben guiados -dun xeito subxectivo- pola sensibilidade da que é
posuidora esta terra".

DISCOGRAFÍA
"O son da estrela escura" (1979)
(Ruada). Reeditado no 2003 en SON de Galicia (La Voz de Galicia).

Arranxos e adaptación: Bernardo Martínez, Xoan Piñón, Miro Casabella.


Produción: Miro Casabella, Xoan Piñón, Bernardo Martínez.
Dirección musical: Bernardo Martínez, Miro Casabella, Xoan Piñón, Pedro
Puértolas.
Supervisión lingüística: Xoán Carlos Rábade.

Compoñentes

Bernardo Martínez: frauta travesa, frauta irlandesa, percusión.


Xoan Piñón: guitarra acústica, laúde, mandolina, dulcimer, clave.
Miro Casabella: voz, zanfoña, cítola.
Pedro Puértolas: violín.
Enrique Ferreira: violoncelo.

Técnico de gravación: José Vinader.


Estudios de gravación: Kirios (Madrid) Outono 1979.
Deseño carpeta: Alberto Carpo.
Foto portada e interior: Xoan Piñón.
Foto contraportada: Xurxo Lobato.
Temas

1. Festas de Loor. ( Afonso X El Sabio ).


2. Danza do Rosal. (Popular).
3. Danza das Espadas. (Popular).
4. La Pernette. (Anónimo francés).
5. Carballesa. (Popular).
6. Cantiga V. (Martín Codax).
7. Romance de Doña Eusenda. (Anónimo).
8. Cabalgata de Ribadavia. (Popular).
9. A Casadiña infiel .(Popular).
10. Cantiga II. (Martin Codax).

"Polaridade" (1984)
(Sociedad Fonográfica Asturiana, Ion Producciones).

Coa colaboración de Victor Manuel (voz e produción). Reeditado en 2002 en


formato dixital por Dos Acordes SL. Cedida a edición de 500 exemplares a
"Nunca Máis".
Contido

Polaridade é un disco clave na edición musical galega pois, por primeira vez,
se produce unha fusión entre a música tradicional e as formas de
interpretación contemporáneas (composición, improvisación en estudio....).
Instrumentos eléctricos, tradicionais e tecnoloxía dixital xúntanse para crear
un son persoal que definirá a tendencia da música galega nos anos vindeiros.

Arranxos e adaptación: Xoan Piñón e Carlos Castro.


Produción: Victor Manuel San José para a Sociedad Fonográfica Asturiana.
Dirección musical: Xoan Piñón, Carlos Castro.

Compoñentes

Carlos Castro: vibráfono, táboa india, percusión, sintetizadores e piano.


Xoan Piñón: guitarra acústica, guitarra eléctrica, laúde, mandolina e frauta
sopranino.
Pepe Bordallo: baixo.
Javier Jurado: frauta travesa e soprano.

Colaboradores

Xaquín Blanco: gaita galega, bombarda e gaita de Northumberland.


Victor Manuel: Voz en "Baile de Pandeiras" por gentileza de Discos CBS.
Julio Blasco: contrabaixo.

Técnico de gravación: Jesús N. Gómez.


Estudios de gravación: Doublewtronics (Madrid) Outono 1984.
Corte de acetato dixital: Tim Young CBS (Londres).
Deseño carpeta e fotos: Xoan Piñón.

Temas

1. Viva Ramón. (Xoan Piñón). Arr.: Xoan Piñón.


2. Ce Fu en Mai. (medieval francés). Arr.: Carlos Castro.
3. Resa Med Lekaré. (Popular sueco). Arr.: Carlos Castro.
4. Cantiga XV. (Cantigas de Sta. María). Arr.: Xoan Piñón, Carlos Castro.
5. Canción dos Piratas. (Popular alemá). Arra.: Xoan Piñón, Carlos Castro.
6. Danza de Marte. (Cantigas de Sta. María). Arr.: Xoan Piñón, C. Castro.
7. Baile de Pandeiras. (Popular galego). Arr.: Xoan Piñón, Carlos Castro.
8. Forcarey-122. (Popular galego, Afonso X) Arr.: X. Piñón, C. Castro.
9. Cantiga 77. (Cantigas de Sta. María). Arr.: Xoan Piñón, Carlos Castro.
10. Brandle de Poitou. (Tradicional francés). Arr.: Carlos Castro.
11. Marcha de viandantes. (Cantigas de Sta. María). Arr.: Carlos Castro.

"Perfiles" (1986)
(Sociedad Fonográfica Asturiana, Ion Producciones).

Contido

Disco de fusión no que se mesturan distintos estilos: folk, jazz e


contemporáneo.
Para a súa produción realizouse un gran traballo de investigación sobre formas
sonoras e adaptacións musicais.
Os temas populares constrúense sobre estruturas musicais pouco frecuentes
na música popular galega.

Compoñentes

Rubén Pérez: guitarras.


Manuel Varela: teclados.
Javier Jurado: frautas, bombarda.
Carlos Castro: vibráfono, percusións.
Pepe Bordallo: baixo.

Colaboradores

Amancio Prada canta "Maio" por xentileza de Discos Arbola.

Técnicos de gravación: René Coupaud, Pedro Bastarrica.


Estudos de gravación: FOLO (Gijón). Maio de 1986.
Fotos e deseño de carpeta: Xoan Piñón.
Arranxos e adaptacións: Carlos Castro.
Produción: Doa para a Sociedad Fonográfica Asturiana.

Temas

1. Vala.
2. Perfiles.
3. Calixto II.
4. Cantiga 143.
5. The Galtee Reel.
6. Maio.
7. O Tempo do Antroido.
8. Allemande.
9. Danza de Palos.
10. Cantiga Provenzal.

"Arboretum" (2002)
(Doa / Xingra).

Contido

Manifesto no que se identifica Galicia cun xardín botánico; como reserva biolóxica,
social e cultural dun país produtor dos elementos básicos para a vida.

Doa, tras unha paréntese no tempo na que se adica a compoñer na intimidade,


presenta un traballo distinto ao das correntes imperantes na música galega.
Cun corte neoclásico e uns arranxos moi elaborados, algúns temas dotan a este
disco dunha profundidade similar á da música de cámara.

Adopta como referencia literaria a obra de Uxío Novoneyra Os Eidos ; "Eiquí


sempre foi bosque ..."e como referencia xeográfica a serra do Courel"

Compoñentes
Xaquín Blanco: gaitas galega e irlandesa, wisthle e percusión.
Xoan Piñón: guitarra acústica, laúde, mandolina, banjo e bouzouki.
Javier Ferreiro: percusión.
Nora McEvoy: violín.
Roberto Grandal: acordeón.
Alfonso Morán: contrabaixo.
Luciano Pérez: organistrum.
Xavier Cedrón: violín en "Ancello do silencio" e "O Cabalo do Souto".

Arranxos e adaptación: Xaquín Blanco, Xoan Piñón e Bernardo Martínez.


Dirección musical: Xaquín Blanco e Xoan Piñón.

Estudos de gavación: Bruar (A Coruña).


Técnicos de gravación: Javier Ferreiro, Xosé Puga e Nani García.
Mesturas: Nani García, Xosé Puga, Javier Ferreiro, Xoan Piñón e Xaquín Blanco.
Produción: Doa / Xingra.

"Eiquí sempre foi bosque..." do poema Devesa da Rogueira (Os Eidos) de Uxío
Novoneyra.
Fotos e deseño do CD: Xoan Piñón.

O termo "Arboretum" de orixe latina tradúcese ao inglés como "Xardín botánico".

Temas

1. A Mariña. Xoan Piñón (Arr.: X. Piñón).


2. Camiñando polo tempo. Baseado en Afonso X. (Arr.: X Blanco, X.Piñón).
3. Ancello do silencio. Baseado en Afonso X. (Arr.: X. Blanco, X. Piñón) B.
Mtínez).
4. Reviravoltas. Popular galego (Arr.: X.Blanco, X.Piñón, B.Martínez).
5. Como soños de nacre. Popular galego (Arr.: X. Blanco, X .Piñón, B. Martínez).
6. Intro Cascaxeira. Xoan Piñón (Arr.: X. Piñón).
7. Cascaxeira. Xoan Piñón (Arr.: X. Piñón).
8. Fonte espello da lúa. Popular galego (Arr.: X. Blanco, X. Piñón, B. Martínez).
9. Irei a Ribadavia. Popular galego (Arr.: X. Blanco, X. Piñón, B. Martínez).
10. Seadur. Xaquín Blanco (Arr.: X. Blanco, X. Piñón).
11. O cabalo do souto. Bernardo Martínez (Arr.: X. Blanco, X. Piñón, B. Martínez).
12. A xiga do Paddy. Popular irlandés (Arr.: X. Piñón, X. Blanco).

“A Fronda dos Cervos” (2006 - 2009)

portada provisional

Dende a súa particular visión, o grupo Doa recrea o mundo da literatura medieval
galego-portuguesa (Cantigas de amigo, de amor e de escanio e maldicir, as
Cantigas de Santa María e o Códice Calixtino); adaptando e compoñendo novas
melodías baseadas nas estruturas melódicas da música medieval galego-
portuguesa.
A Fronda dos Cervos inclúe un amplo estudo crítico literario dos textos por
Federico Perez.
Este traballo foi gravado despois da xira de concertos “Cantigalia” DOA + Rosa
Cedrón (2005) e non está editado en soportes comerciais.
No ano 2009, A Fronda dos Cervos foi gravado de novo coa voz de Susana de
Lorenzo, facendo unha nova mestura e masterización axeitada a segunda versión
Formación (2010)

Susana de Lorenzo: Voz


Xaquín Blanco: gaitas, frautas e cromorno.
Bernardo Martínez: percusión, teclados.
Xoan Piñón: guitarras e laúde.
Oscar Fernández: zanfoña.

Colaboracións

Voz solista: Rosa Cedrón (versión 2006)


Voces: Leilía (versión 2006)
Estudo crítico literario: Federico Pérez.
Prólogo: Eva Veiga.
Deseño gráfico: Miguel Pinheiro.
Produción musical: Bernardo Martínez.
Gravación voces: Mare (2006), Pablo Barreiro (2009)
Mesturas: Xosé Manuel Tasende
Documentación: Guillermo Escrigas.

Temas

1. Estes meus ollos. Música: Afonso X. Texto: Joam Garcia de Guilhade.


(Adaptación : B. Martínez, X. Piñón).
2. Levousa fremosa. Música Xoan Piñón. Texto: Pero Meogo.
3. Voda mozárabe. Música: Afonso X. (Adaptación: X.Blanco).
4. Sancti Iacobi. Música: Códice Calixtino. (Adaptación: X. Piñón).
5. Martin Codax II. Música e texto: Martin Codax.
(Adaptación: B. Martínez, X. Piñón, Miro Casabella).
6. O Maroot. Música: Afonso X. Texto: Cantigas de Escarnio.
(Adaptación: X. Piñón).
7. Sedíme na hermida de San Simón. Música : Xosé Quintas Canella.
Texto: Mendinho.
8. Porque no mundo menguou a verdade. Música : Xosé Quintas Canella.
Texto : Airas Nunes
9. Verdes herbas. Música: Bernardo Martínez. Texto: Pero Meogo.
10. Gran Dereit. Música: Afonso X. (Adaptación: Óscar Fenández).

Arranxos : Doa

Você também pode gostar